Download - Os cruceiros de santa cruz de lamas
OS CRUCEIROS DE SANTA CRUZ DE LAMAS E SAN MARTIÑO DE LAXE
Laura Fraga LouzánLucía Magariños BarrosAntón Francisco Fernández
ÍNDICE
• SAN MARTIÑO DE LAXE: -Conles
-Querguizo -Tramborríos
-Penagrande -Casal -Chaián de arriba
-Fontenla
• STA. CRUZ DE LAMAS: -Souto -Chaián de abaixo -Igrexa de Lamas
S. MARTIÑO DE
LAXE
Cruceiro de CONLES
LOCALIZACIÓN: En cruce de camiños, aldea de Conles, parroquia de S. Martiño de Laxe.
DATA: 1859.
CARACTERÍSTICAS: Presenta unha soa grada e sobre ela colocase o:
•Pedestal: No seu comezo cúbico, cunha zona rebaixada onde se localiza a inscripción, continúase en forma de chapitel invertido. Amosanos a seguinte inscripción:
“ESTE CRUZERO ES DE FRANCI…CRUZO AÑO DE 1859”
•Fuste: Prismático cuadrangular que aos 60cm faise octogonal.•Chapitel: Muy labrado, motivos vexetais ou xeométricos.
Anécdota:
Contan que un pastor que levaba sempre a pastar as súas ovellas a noite antes de San Roque ao anoitecer cando viña de buscalas e pasaba preto do cruceiro, veu algo que baixaba do ceo e se acercaba a imaxe que se encontraba na cruz, o pastor con medo marchou correndo para a casa, e a mañán seguinte cando volveu pasar por alí observou que a cruz non se encontraba no seu lugar, e dende aquela non se volveu a saber dela.
Cruceiro de QUERGUIZO
LOCALIZACIÓN: Na estrada principal do lugar de Querguizo.
DATA: 1983 (Maestro Paulino)
CARACTERÍSTICAS:•Grada cun escalón•Pedestal: Cúbico •Fuste: Cuadrangular cunha imaxe do San Roque na parte central.•Chapitel: presenta un chapitel simple sen volutas•Cruz:
ANVERSO: Presenta a imaxe do Cristo crucificado
REVERSO: Presenta a imaxe da Virxe María
Cruceiro de Tramborríos.
LOCALIZACIÓN: Na estrada principal entre Conles e Querguizo.
CARACTERÍSTICAS:•Gradas con cinco escalóns, este cruceiro consta tamén dunha fonte e dunha mesa de pedra.•Pedestal: presenta un pedestal cúbico con relevos na parte superior.•Fuste: Cuadrangular•Chapitel: Amosa volutas e un anxo en cada cara.•Cruz: é octogonal con remate en catro lóbulos.
ANVERSO: ten un cristo que está unida á cruz por só pés e mans
REVERSO: presenta a imaxe da virxe cas mans entrelazadas agarrando un rosario.
Cruceiro de PENAGRANDE
CARACTERÍSTICAS: Base cúbica cunha mesa adosada a ela.
-Pedestal: cilíndrico (posiblemente non pertencía en principio ao conxunto).
-Fuste: octogonal liso.-Chapitel: Volutas en ángulos
e nas caras querubines alados.-Cruz:, octogonal, rematada
en estrela de catro puntas.• ANVERSO: Cristo
totalmente destruido.
• REVERSO: Coronación da virxe.
LOCALIZACIÓN: Ao borde da estrada a uns 100m. da igrexa parroquial de S. Martiño de Laxe.
Cruceiro do CASAL
LOCALIZACIÓN: En cruce de camiños, “quinteiro”, lugar do Casal a 1 Km da igrexa parroquial de S. Martiño de Laxe.
CARACTERÍSTICAS: Policromado con vivos colores na súa parte superior.
-Gran base cuboidea, na parte superior, peto de ánimas adosado ao pedestal.
Peto de Ánimas: na parte inferior unha caixa recollida de limosnas. Sobre elas destacan tres figuriñas de medio corpo. A do medio agarrándose a un escapulario.
Cruceiro de CHAIÁN DE ARRIBA
LOCALIZACIÓN: En cruce de camiños do lugar de Chaián a 1,5 km da iglesia parroquial de S. Martiño da Laxe.
DATA: 1792
CARACTERÍSTICAS: Non posúe gradas e presenta unha base en forma de tronco de pirámide.•Pedestal: Cúbico con calaveras nas esquinas. Da inscrición só se le claro:
“Devoción e .......... Es ano de 1792”•Fuste: Octogonal con varias figuras:
-San Antonio, fáltalle a cabeza-Restos de figura con lanza.
•Cruz: é octogonal e amosa a imaxe do Cristo crucificado.
NOTA: Antigamente non existía chapitel nin cruz, sobre o fuste aparecía a virxe, actualmente o cruceiro foi restaurado
Cruceiro de FONTENLA
LOCALIZACIÓN: Está a cincocentos metros da igrexa de san Martiño de Laxe.
DATA: 2004
CARACTERÍSTICAS:•Consta de tres gradas cunha mesa de pedra.•Pedestal: é cúbico.•Fuste: presenta un fuste cilíndrico acalanado.•Chapitel: é circular e liso.•Cruz: octogonal que presenta volutas nos catro lados.
ANVERSO: amosa a imaxe do Cristo crucificado.
REVERSO: imaxe da Virxe co neno Xesús no brazo esquerdo.
A procesión de San Roque que ten lugar todos os anos o día dezaseis de agosto ás sete da mañá pasa por todos e cada un destes cruceiros coa imaxe de San Roque(patrón do lugar), entre outras, parándose diante de cada un deles para rezar unhas oracións.
NOTA:
SANTA CRUZDELAMAS
Cruceiro do SOUTO
LOCALIZACIÓN: Na carballeira do lugar do Souto a 1km da igrexa parroquial.
DATA: 1801
CARACTERÍSTICAS:•Escalinatas con varias gradas.•Pedestal: Cuadrangular en forma de chapitel invertido con inscrición:
“ESTELOICONI COLAS CASAL A DVOCION DE D BLAS FAROÑA ANO 1801”•Fuste: Prismático, cuadrangular no seu comezo e logo octogonal onde presenta dous pequenos detalles a modo de repisas.•Chapitel: Moi labrado, follas de acanto, volutas e querubíns nos lados.•Cruz: Cilíndrica con dúas ou tres nudosidades.
ANVERSO: Cristo, apoia na cruz as mans, os pés e atadura de roupa. Cara con barba, peito ben traballado con costelas baixas e verticalizadas.
REVERSO: Virxe en oración apoiase sobre serpes.
Cruceiro de CHAIÁN DE ABAIXO
LOCALIZACIÓN: Na camiño principal de Chaián de abaixo.
DATA: 1793
CARACTERÍSTICAS:•Pedestal: En forma de base de pirámide. Presenta unha mesa de pedra diante.•Fuste: octogonal acanalado.•Chapitel: é simple e sen adornos.•Cruz: Octogonal lisa con lóbulos. Non presenta imaxes en ningún dos lados.•Presenta inscricións: “ES WARRIA JABAT CRUZERO CHAIEN DEBOZION DER PRC 1793” “I.N.R.I”
Cruceiro IGREXA I
LOCALIZACIÓN: Situada no cruce de camiños do lugar da igrexa a 200 metros desta.
DATA: 1799
CARACTERÍSTICAS:•Ao pé hai unha mesa que na superficie presenta unha franxa posterior lisa, no seu punto medio hai un posible burato pequeno tapado con cemento. A partir dese punto saen hacia diante e os laterais unhas canaletas profundas con doble relieve. •Os bordes laterais e frontais entán redondeados. •Chapitel: non presenta adornos.•Fuste: é liso•Cruz: é totalmente lisa coa seguinte inscrición:
“DJ ASO JYSO O IJOIC”
Cruceiro IGREXA II
LOCALIZACIÓN: Nun cruce de camiños entre o Souto e Sta. Cruz.
CARACTERÍSTICAS:•Consta de dúas gradas.•Pedestal: Cúbico coas esquinas redondeadas.•Fuste: octogonal•Non presenta chapitel.•Cruz: é simple rematada en lóbulos