Download - Os climogramas
Os climodiagramas(climogramas)
Conceptos
- Climograma: sistema de representación gráfica simultánea dos valores de temperatura e precipitación ó longo dun ano, a través dun só eixe de ordenadas, quedando a compoñente temporal (os me- ses) implícita dentro da propia representación.
- Climodiagrama: é a representación dos valores de temperatura e precipita-ción por medio dun sistema de coordenadas, relacionándose ambos elemen-tos climáticos para un período determinado de tempo, normalmente un ano. No eixe de abscisas dispóñense regularmente os meses do ano e o eixe de ordenadas desdóbrase, quedando distribuídos nun deles os valores de tem- peratura e no outro os valores de precipitación.
Os intervalos dos valores de temperatura e precipitación sobre os eixes de ordenadas soen distribuirse de xeito que ambos sigan unha relación, moi fre-cuentemente a do índice Gaussen.
É este tipo de representación gráfica a que se empregará habitualmente co no-me de climogramas, aínda que, en puri-dade son climodiagramas.
- Curva/diagrama ombrotérmica: a representación destas vai ligada ó índice de Gaussen, que valora o período de tempo bioloxicamente seco.
Aquí, o trazado é liñal continuo tanto para as precipitacións como para as temperaturas.
Datos de partida
- Datos mensuais de: (recurrimos ao INE para obter estes datos; ano 2010; estación meteorolóxica: A Coruña)
* temperatura media mensual: (en ºC)
* precipitación media mensual: (en mm)
Media anual Enero Febrero Marzo Abril Mayo J unio J ulio Agosto Sept. Octubre Nov. Dic.
14,9 10,1 10,2 12 14,7 15,6 17,6 19,5 20,2 18,8 16,2 12,5 10,9
Total Enero Febrero Marzo Abril Mayo J unio J ulio Agosto Sept. Octubre Nov. Dic.
1.100,90 150,3 116,7 60 42,1 88,6 82,2 35 8,7 30,5 155,3 201,8 129,7
Elaboración do gráfico
Para a realización tradicional e manual podemos seguir as seguintes pautas:
http://www.youtube.com/watch?v=FofPyi_I6rk
Hoxe recórrese a programas informáticos que nos facilitan o traballo:
http://www.youtube.com/watch?v=2Z__AR-288U (aínda que a calidade non é a mellor, nin é de todo correcto e completo, sírvenos de aproximación)
http://www.youtube.com/watch?v=m822H6diPY0 (visualmente non é mellor, pero segue as pautas de utilizar o índice de Gaussen para establecer os inter- valos de temperatutas e precipitacións)
http://www.ign.es/espmap/fichas_clima_bach/pdf/Clima_Ficha_03.pdf Neste enlace atopamos esta síntese.Fíxate: ao final indícanos un lugar para buscar datos.
É convinte un cadro sinóptico dos valores: estes deben encadrarse nalgún destes tipos/subtipos. (e se fósemos capaces de ter en mente un cadro coma este?)
Comentario do climograma Unha vez que sabemos elaborar o climograma, debemos saber iniciar o co-mentario, xa que estivemos manexando eses datos.
Pero debemos ter máis información para poder facer un comentario com- pleto: isto é, coñecer os tipos de climas e as súas variantes ou matices.
1º.- Análise dos datos:
* Temperaturas: media máxima e mínima anual
amplitude térmica anual: é a diferencia entre as dúas anteriores
curva: en xeral, será sempre similar nos casos que nos competen (pero no hemisferio sur sería á inversa)
análise dos valores das tª de verán e inverno
análise temperatura media anual
* Precipitacións: total anual (fixámonos nos valores “brutos” do ano)
distribución das mesmas ao longo do ano: por estacións e por meses (fixarnos nos valores máximos e mínimos; se hai meses secos, cantos e cales, etc.)
* Aridez: aplicamos índice de Gaussen (aridez mensual) para anotar os meses se- cos.
aplicamos índice de De Martonne (aridez xeral ou anual) para aproximar a variante climática un pouco máis.
2º.- Comentario do climodiagrama a partir da análise dos datos:
Este vai depender, no acerto e calidade do mesmo:
1º.- na calidade/corrección e densidade da análise.
2º.- na base de coñecementos que teñamos.
Unha análise correcta cunha mala base de coñecementos resulta tan insuficiente como partir dun coñecemento memorístico amplo pero con deficiencias na análise.
A partir de todo o anterior indicaremos:
- clasificación do tipo e subtipo climático
- factores xeográficos e atmosféricos que o explican.
- localización xeográfica do mesmo.
- influencia do clima no ámbito natural e humano.
Podemos ver exemplos no seguinte enlace:http://es.slideshare.net/isaacbuzo/comentario-de-un-climograma?related=1
Fíxate que, aparte do enlace inmediato, á dereita tes outras opcións vinculadas co tema.
Outros enlaces explicativos:
http://apuntesdegeografia.files.wordpress.com/2010/11/comentario-de-un-climograma.pdf
que forma parte do blog:
http://apuntesdegeografia.com/practicas/climatologia/practicas-con-climogramas/
Para datos climáticos de diferentes puntos do Estado español:
http://www.educaplus.org/climatic/datclim_db.php?estacion=84870