Download - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
CURSO 2011/2012
IES JOHAN CARBALLEIRA
GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE BACHARELATO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
curso 2011/2012
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
2
ÍNDICE:
INTRODUCCIÓN
COMO TOMAR UNHA DECISIÓN
INFÓRMATE E DECIDE
BLOQUE I. COÑECEMENTO DUN MESMO
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. ................................................ 5
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. ...................................................... 6
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO. ........................................... 7
4. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ........................................... 8
Acceso e datas de interese.
Ciclos Formativos na provincia de Pontevedra.
5. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL ............................................................ 13
Ensinanzas de grao superior de Música e Danza.
Artes Plásticas e de Deseño.
Arte Dramática.
6. ESTUDOS UNIVERSITARIOS .................................................................... 15
Probas de Acceso á Universidade (PAU). A Selectividade.
Datas da selectividade.
O Sistema Universitario de Galicia.
Outras Universidades e titulacións non impartidas no SUG.
7. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS SUPERIORES .............................. 20
8. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS ......................................................... 21
9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL ................................................ 23
BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN
10. AGORA DECIDO. ...................................................................................... 24
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
3
INTRODUCIÓN. O Departamento de Orientación do IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU) elaborou a Guía de
Orientación Académica e Profesional para o alumnado de Bacharelato.
Trátase dunha guía que pretende facilitar a toma de decisión vocacional e implicar a
familia nesta importante decisión. A guía é un documento “vivo” que se modificará no
transcurso deste ano académico 2010/2011 en función de nova normativa, aparición de novos
documentos da administración e sobre todo en función das dúbidas e preguntas que o
alumnado realice nas titorías de Orientación Profesional e no blog de orientación:
http://orientador123.blogspot.com/
COMO TOMAR UNHA DECISIÓN
Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional.
Recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da
túa familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos
titores e do orientador.
Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá da mera información, non
obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido
prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento
da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.
A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,
aptitudes, características da personalidade, valores e estilos de aprendizaxe, entre outros
aspectos; e confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso.
Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques:
A. Coñecemento dun mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en
cada unha das materias que estudaches e sobre as características das diferentes
actividades profesionais.
B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e
profesións que tes ó teu alcance e profundizarás nas características daquelas que
mellor lles acaen ós teus intereses: ciclos formativos, carreiras universitarias, ou
outros estudos e profesións, En que consiste?. Terás información sobre centros de
estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese...
C. A toma de decisión. Xa estás preparado/a ¡Agora decide!
INFÓRMATE E DECIDE. que facer o curso que vén?
Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só nin precipitadamente (pensar
“xa o decidirei ó rematar o curso ou a selectividade” é un gran erro). Tes que valorar as túas
capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.
Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade
insuficiente pode corrixirse cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi
claros sobre o que queres facer, terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa
organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do
que te propoñas.
O abandono dos estudos universitarios ou ciclos formativos, na maior parte dos casos,
débese á falta de interese, a non ter claro que queremos facer ou que queremos ser, á falta de
esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
4
Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre
diferentes aspectos que inflúen na toma de decisións:
1. Informa á túa familia de todas as opcións que existen e ás que terías acceso.
2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada
con eles.
3. Pídelles a súa opinión e escoita os seus consellos. Eles queren o mellor para ti.
4. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.
5. Valorade a situación económica dos diferentes estudos.
6. Consultade as Bolsas e Axudas ó estudio.
(Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Negociado de Becas. Rúa Edificio Administrativo Campolongo, Rúa Fernández
Ladreda Nº43- 7º/8º Andar, 36003 PONTEVEDRA. Tel: 988386651)
Para ter unha información adecuada, terás varios cauces no IES JOHAN CARBALLEIRA:
1. Información xenérica que che facilitará o orientador no segundo e terceiro trimestre.
2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación.
3. O taboleiro do departamento de orientación, onde o orientador porá información moi
interesante e actualizada: bolsas, conferencias de estudos, probas de acceso, novos
estudos...
4. O programa informático Orienta 2011/2012 de J. Sádaba.
5. Charlas informativas de diferentes Universidades. XORNADAS DE
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
- Universidade de Vigo. (Ourense, Pontevedra e Vigo)
- Universidade de Santiago de Compostela. (Santiago e Lugo)
- Universidade de A Coruña (Coruña e Ferrol)
A partir destas vías coñecerás toda a información da que dispón o Instituto sobre
Universidades, estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de
interese... co fin de facilitarche a toma de decisión vocacional: que titulación universitaria,
CFGS ou que outros estudos prefires.
Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para
tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, á parte de
estudar moitísimo para sacar o título de Bacharelato e despois a
Selectividade, terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu
alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-
profesional.
Non dubides en preguntarlle ó orientador do Centro todo o que non entendas ou que
non apareza nesta guía.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
5
BLOQUE I. COÑECEMENTO DUN MESMO.
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.
Cuestionario sobre estudos
Nome:....................................... Apelidos: ……………………………………………………
Idade:..............Curso:.....................................Data...........................
1. ¿Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.
1................................................. 4....................................................
2................................................. 5....................................................
3................................................. 6....................................................
2. As que che resultan máis difíciles son:
1................................................ 4...................................................
2................................................ 5..................................................
3................................................ 6..................................................
3. ¿En que 3 materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
1(+)................................................ 1(-)...................................................
2(+)................................................ 2(-)...................................................
3(+)................................................ 3(-)...................................................
4. Cando sacas boas(+) ou malas (-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)
(+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas.
(+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte.
(+)Tes interese nesa asignatura. (-)Pouco interese pola túa parte
(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores
(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................
5. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
O método de estudo.
O tempo de estudo. A túa forza de vontade e constancia.
O hábito lector.
Nada.
.................................................................
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
6
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar unha
listaxe de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles
diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.
Esta sesión farémola na sala de informática do instituto.
Entre algúns test que faremos estarán.
- A) “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses
profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas
modalidades do bacharelato e o alumno/a ten que pensar cál das opcións lle interesan
máis.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm
- B) “Test de preferencias Orienta 2011/2012”. Dous test que pertencen ao programa
Orienta 2010 de Julián Sádaba.
- C) “Test de intereses profesionales universitarios”. Neste caso terás que elexir entre
actividades profesionais.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestun.htm
- D) “Test de formación profesional II”. Avalía a preferencia en relación a 23 familias
profesionais.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optesfp2.htm
ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.
A) TEST DE BACHARELATO:
B) TEST ORIENTA 2010/2011:
C) TEST DE INTERESES UNIVERSITARIOS PROFESIONALES:
D) TEST DE FORMACIÓN PROFESIONAL:
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
7
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS
PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a Lei Orgánica de Educación (BOE, 04/05/06) están
reflectidas no seguinte cadro.
Cadro 1. Esquema do Sistema Educativo Español segundo a LOE elaborado polo MEC.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
8
4. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
ACCESO E DATAS DE INTERESE.
Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou
mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Para o acceso directo, o alumnado debe posuír o título de BACHARELATO ou
estudos equivalentes. (Non é necesario ter a selectividade).
Quen non teñan o título de Bacharelato pode acceder mediante proba de acceso.
Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acreditar os coñecementos e as habilidades
suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta dunha parte
xeral e dunha parte específica relacionada coas materias do bacharelato do campo
profesional do ciclo formativo.
Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 19 anos ou que os
cumpran no ano en que se realicen as probas, ou ben que posúan o Título de Técnico.
A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos CFGS presentarase por
duplicado na secretaría de calquera dos IES e CIFP onde se impartan ensinanzas de
formación profesional específica no mes de xaneiro de 2011 (ver táboa 1) e o centro
entregaralle á persoa solicitante unha copia selada desta. Na páxina web
http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición.
Se queres máis información asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta a
páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.
O calendario de matriculación nos CFGS especifícase na seguinte táboa:
Probas de acceso Datas Grao superior
Datas Grao medio
Inscrición para a proba. 23 de xaneiro ao 3 de febreiro
27 de febreiro ao 9 de marzo
Celebración da proba 30 de marzo 25 de maio
(Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm)
CICLOS FORMATIVOS EN PONTEVEDRA.
En Pontevedra estanse a ofertar neste curso 2010/2011 os seguintes ciclos formativos:
Consignas:
CS Ciclo Formativo de Grao Superior.
IES Instituto de Educación Secundaria.
CPR Centro Privado
Baiona 36019657 IES Primeiro de Marzo Tel. 986355111
Grao superior CS20001 Animación sociocultural
Bueu 36019463 IES Johan Carballeira Tel. 986323270
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
CSFME02 Construcións metálicas
Caldas de Reis 36000417 CPR San Fermín Tel. 986540075
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo
Cambados 36019396 IES Francisco Asorey Tel. 986520161
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos
36000481 IES Ramón Cabanillas Tel. 986542950
Grao medio CMINA02 Aceites de oliva e viños
Cangas 36019475 IES de Rodeira Tel. 986303933
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
36000922 IES María Soliño Tel. 986300803
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
Cañiza, A 36015101 IES da Cañiza Tel. 986651347
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos
Estrada, A 36002359 IES Antón Losada Diéguez Tel.
986570336
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM15001 Fabricación á medida e instalación de
carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Gondomar 36020261 IES Terra de Turonio Tel. 986384016
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Grove, O 36019232 IES Monte da Vila Tel. 986732161
Grao medio CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Guarda, A 36019244 IES A Sangriña Tel. 986609015
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Illa de Arousa, A 36020209 IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura Tel. 986527101
Grao medio CM03001 Mergullo a media profundidade CM03002 Operacións de cultivo acuícola
Grao superior CS03002 Produción acuícola
Lalín 36013758 IES Laxeiro Tel. 986787051
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS17002 Mantemento de equipo industrial
36004137 IES Ramón Mª Aller Ulloa Tel.
986780114
Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas
Marín 36015159 IES Chan do Monte Tel. 986883305
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio
CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas
CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
Moaña 36004745 IES A Paralaia Tel. 986312217
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09001 Instalacións electrotécnicas
Neves, As 36019402 IES Pazo da Mercé Tel. 986648455
Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
36005671 EFAG A Cancela Tel. 986648250
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
10
Nigrán 36015184 IES Escolas Proval Tel. 986369402
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos
Poio 36020143 IES de Poio Tel. 986771295
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa Tel. 986640068
Grao medio CM01002 Xardinaría CMAGA01 Produción agroecolóxica
CMINA02 Aceites de oliva e viños
Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e
paisaxísticos
36014520 IES Pedra da Auga Tel. 986641017
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos
CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Pontevedra 36020064 CIFP Carlos Oroza Tel. 986847002
Grao medio CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración
CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría
Grao superior CS11004 Restauración CSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos
CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas
36014489 IES A Xunqueira Tel. 986873003
Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble
CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos CS15002 Produción de madeira e moble
36013761 IES A Xunqueira I Tel. 986872150
Grao medio CM18002 Laboratorio
Grao superior CSSSC01 Educación infantil
36006730 IES Frei Martín Sarmiento Tel.
986852087
Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS09001 Instalacións electrotécnicas CS12002 Estética CS19003 Dietética
CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico
36019268 IES Gonzalo Torrente Ballester Tel.
986863612
Grao superior CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e
operacións topográficas
36018677 IES Luís Seoane Tel. 986857860
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado
CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing
36006419 IES Montecelo Tel. 986850261
Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas
CM05003 Preimpresión en artes gráficas CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior CS05002 Produción en industrias de artes gráficas
CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía
36006717 IES Sánchez Cantón Tel. 986866505
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
36020192 CFEA de Lourizán Tel. 986805088
Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio
natural
Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e
paisaxísticos
Porriño, O 36019529 IES Ribeira do Louro Tel. 986333956
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS06001 Comercio internacional
Redondela 36019566 IES de Chapela Tel. 986453330
Grao medio CM20001 Atención sociosanitaria
CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior CS19003 Dietética CS19004 Documentación sanitaria
CSSSC01 Educación infantil
36016656 IES Pedro Floriani Tel. 986401911
Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
36018033 CPR Vigo Tel. 986400762
Grao medio CM06001 Comercio
CM09001 Equipos electrónicos de consumo CM16002 Electromecánica de vehículos
Salvaterra de Miño 36020337 IES de Salvaterra de Miño Tel.
986658238
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Sanxenxo 36019256 IES de Vilalonga Tel. 986744953
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
11
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
Silleda 36020350 IES Pintor Colmeiro Tel. 986580904
Grao medio CM02001 Condución de actividades físico-deportivas no medio natural
CM06001 Comercio
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing
Tomiño 36019751 IES de Tomiño Tel. 986623346
Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio natural
CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Tui 36014544 IES Francisco Sánchez Tel. 986600926
Grao medio CM06001 Comercio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing
Valga 36020362 IES de Valga Tel. 986559745
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior CSFME02 Construcións metálicas
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade Tel.
986270904
Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de
carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío,
climatización e produción de calor CMFME02 Soldadura e caldeiraría CMTMV01 Carrozaría
Grao superior CS15001 Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble CSFME02 Construcións metálicas
CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas CSIMA02 Mantemento de instalacións térmicas e de
fluídos CSTMV01 Automoción
36011579 IES A Guía Tel. 986375111
Grao medio CM06001 Comercio
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas CS06001 Comercio internacional
CS06002 Xestión comercial e márketing
36024461 IES Audiovisual de Vigo Tel.
986246834
Grao superior CS07002 Produción de audiovisuais, radio e espectáculos
CS07004 Son
36018173 IES de Teis Tel. 986373811
Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Grao superior CS12002 Estética CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en
rede
36013448 IES Manuel Antonio Tel. 986273800
Grao medio CM18002 Laboratorio
CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría
CMTCP01 Confección e moda
Grao superior CS11004 Restauración CS18002 Química ambiental
CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico CS19009 Próteses dentais
CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade
36011634 IES Politécnico de Vigo Tel. 986213025
Grao medio CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de
maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
Grao superior CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e
operacións topográficas CS08003 Realización e plans de obra CS09001 Instalacións electrotécnicas
CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS17002 Mantemento de equipo industrial CS17004 Prevención de riscos profesionais
CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica
36017430 IES Ricardo Mella Tel. 986253711
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE02 Instalacións de telecomunicacións
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos
CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos CS19002 Saúde ambiental CS19006 Imaxe para o diagnóstico
36011804 INST Marítimo Pesqueiro do Atlántico Tel. 986235608
Grao medio CM03003 Operación, control e mantemento de máquinas
e instalacións do buque CM03004 Pesca e transporte marítimo
Grao superior CS03001 Navegación, pesca e transporte marítimo CS03003 Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque
36011622 CPR Aloya Tel. 986420722
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado
CS11004 Restauración CSSSC01 Educación infantil
36013795 CPR CEBEM Tel. 986419899
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
12
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas
36011609 CPR Colegio Hogar Caixanova Tel.
986414311
Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas CM05003 Preimpresión en artes gráficas
CM09001 Equipos electrónicos de consumo CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos
CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica
Vila de Cruces 36020386 IES Marco do Camballón Tel.
986582251
Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Vilagarcía de Arousa 36019669 IES Armando Cotarelo Valledor Tel.
986512311
Grao medio CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
Grao superior CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing
CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
36012471 IES Castro Alobre Tel. 986501000
Grao medio CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36013771 IES Fermín Bouza Brey Tel. 986503800
Grao medio CM16002 Electromecánica de vehículos CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de
maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos
CS17002 Mantemento de equipo industrial
36018380 IES Miguel Ángel González Estévez Tel. 986504883
Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas
Vilanova de Arousa 36019414 IES A Basella Tel. 986554847
Grao superior CS18002 Química ambiental
Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:
http://www.edu.xunta.es/fp/
No menú atoparás información sobre:
- Novas de interese.
- Preguntas frecuentes.
- Probas de acceso. (Modelos de probas de acceso doutros anos)
- Oferta formativa 2011-2012, no mes de maio ou xuño aproximadamente
sairá a oferta 2012/2013.
- Catálogo de ensinanzas.
- Currículos
- Admisión.
- Normativa.
- Validacións
- Aplicación para a xestión
Nesta páxina atoparás no apartado de admisión as notas de corte do Bacharelato no caso de
telas, e se houbo prazas en setembro o curso pasado.
http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf
Dende os Ciclos Formativos de Grao Superior pódese acceder á universidade. Para máis
información entra na páxina: http://ciug.cesga.es/marcoacceso.html.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
13
5. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL
A. Ensinanzas de grao superior de Música e Danza.
Condicións de acceso:
Título de Bacharelato.
Título profesional (alumnado que rematou o terceiro ciclo de grao medio)
Proba de ingreso.
Duran de catro anos en diante, segundo a especialidade. O Título superior é equivalente a
todos os efectos ao de Licenciado Universitario.
B. Artes Plásticas e Deseño.
As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estrutura semellante á da
Formación Profesional Específica e comprenden un conxunto de Ciclos Formativos que se
organizan en Módulos Profesionais cunha formación teórico-práctica dunha duración que
estará en función da natureza da competencia profesional característica do título
correspondente.
Accédese mediante o título de Bacharelato ou equivalente e ademais requírese superar a
proba específica.
Ciclos Superiores en Galicia de Artes Plásticas e Deseño:
Escola de Arte Pablo Picasso (A Coruña). http://www.eapicasso.com/
- CS Artes aplicadas da escultura
- CS Cerámica artística
- CS Fotografía artística
- CS Ilustración
Escola de Arte Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
- Estudos superiores de Deseño de Moda
- Estudos Superiores de Deseño de Produtos
- CS Artes aplicadas da escultura.
- CS Fotografía artística
- CS Xoiería artística
- CS Arquitectura efémera
Escola de Arte Ramón Falcón. (Lugo)
- Estudos Superiores de Deseño Gráfico.
- Estudos Superiores de Deseño de Interiores.
- CS Gravado e técnicas de estampación.
- CS Cerámica artística.
- CS Fotografía artística.
Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño Aula D (Vigo)
- CS Artes plásticas e deseño
- CS Proxectos e dirección de obras de decoración.
Estudos Superiores de Conservación e restauración de bens culturais.
(Tres cursos académicos mais proxecto de fin de carreira, equivalente a unha diplomatura
universitaria)
Escola Superior de Conservación e restauración de bens culturais de Galicia.
Pontevedra, r/ Xeneral Martitegui, s/n; 36002. Tel. 986861251 Fax. 986861272
escola.restauració[email protected]
http://centros.edu.xunta.es/escolarestauracionpontevedra/
- Especialidade de Escultura, de Pintura e de Arqueoloxía.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
14
C. Arte dramática
Dirixidas á formación de profesionais do espectáculo, pedagogos e investigadores do
fenómeno teatral. Están formadas por un só grao de carácter superior e ten tres especialidades:
a. Dirección de escena e dramaturxia.
Esta especialidade ten dúas opcións:
- Directores de escena.
- Dramaturxia e teoría do feito teatral.
b. Escenografía.
c. Interpretación.
O alumnado escollera unha das catro opcións:
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o textual sexa o soporte do feito
interpretativo.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o corpo sexa o instrumento expresivo
fundamental.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que a manipulación de obxetos sexa o
elemento expresivo fundamental.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o canto, a danza e a música sexan os
elementos expresivos fundamentais.
Requírese estar en posesión do título de bacharelato e superar unha proba específica
correspondente a especialidade á que se opte. Unha vez superados os estudios Título Superior
de Arte Dramática, no que constará a especialidade e que será equivalente a tódolos efectos ao
Título de Licenciado Universitario.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD.Galicia).
Enderezo: Rúa Eduardo Cabello s/n. 36208 Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986 246 399 WEB: http://www.esadgalicia.com
Servizos: Dirección de Escena, Dramaturxia, Escenografía e Interpretación
Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).
Avda. Nazaret s/n. Madrid.
Tel. 91 504 21 51 // 91 504 43 42
www.resad.es
Requisitos: Con bacharelato sen selectividade ou maiores de 20 anos mediante unha proba de
acceso.
Outras cidades con Escolas Superiores de Árte dramática: Málaga, Murcia, Valencia, Sevilla e
Córdoba.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
15
6. ESTUDOS UNIVERSITARIOS.
Probas de Acceso á Universidade (PAU). A selectividade. Para acceder aos estudos universitarios, é necesario superar unhas probas de acceso, as
PAU (Probas de Acceso á Universidade). Esta nota terá un valor do 40% e o restante 60%
proporcionarao a nota media do bacharelato, ademais poderase subir esta nota se
voluntariamente se realiza unha Fase Específica.
A estrutura simplificada quedaría así:
EXERCICIO MATERIA PUNT. CALIFICACIÓN
PARCIAL
NOTA
SELECTIVIDADE
FASE XERAL
Lingua estranxeira 0 a 10
Nota da Fase Xeral:
Media aritmética
(mínimo 4 puntos)
FASE XERAL X 0.4
(40%)
BACHARELATO X 0.6 (60%)
(Mínimo 5 puntos)
Lingua e Literat.
Galega
0 a 10
Lingua e Literat.
Española
0 a 10
Texto Histórico
ou Filosófico *
0 a 10
Unha propia de
modalidade *
0 a 10
FASE
ESPECÍFICA
(voluntaria)
Materia 1 0 a 10
Ponderación das
materias segundo
titulación (x 0.2 / 0.1 /
0).
Sumarán as dúas con
máis nota.
NOTA ACCESO
UNIVERSIDADE
Materia 2 0 a 10 Nota selectividade +
nota ponderada das
dúas materias máis
altas da fase
específica
Materia X 0 a 10
* Elixir unha.
Se na cualificación global da Fase Xeral tes 4 puntos ou máis farase media ponderada
coa nota do Bacharelato (40% fase Xeral, 60% nota media do Bacharelato -que é a media
aritmética de todas as materias de 1º e 2º de Bacharelato menos Relixión-) Para superar a
selectividade terás que obter unha nota de 5 ou máis nesa media.
Esta nota será válida sempre e non caducará (non sucede o mesmo coa Fase Específica).
A nota de Acceso á Universidade vén definida pola seguinte fórmula:
• NMB: A Nota Media do Bacharelato puntuará o 60%.
• CFX: A Cualificación da Fase Xeral (media aritmética dos 5 exames) puntuará o 40%.
A esta nota sumaráselle a parte específica:
• M1 x A: Nota da materia de maior cualificación na parte específica polo parámetro de ponderación. • M2 x B: Nota da materia con segunda maior cualificación na parte específica polo parámetro de
ponderación
Dende o 2009 na materia de Lingua Estranxeira realízase unha proba de audición:
O obxectivo da proba de audición é comprobar o nivel de comprensión oral dos
alumnos e realizarase durante a última media hora da proba de inglés:( Exame escrito = unha
hora; proba de audición = 30 minutos).
Esta parte do exame constará dun texto de audición en inglés de carácter xeral, de
aproximadamente 500 palabras, que incluirá (a) unha introdución, cunha pregunta “modelo”
Nota de admisión: (NMB x 0,6) + (CFX x 0,4) + (M1xA) + (M2xB)
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
16
tipo “test” (multiple choice), que o alumno verá tamén escrita no folio; seguida por (b) o resto
do texto gravado, que o alumno debe escoitar con atención. O texto escoitarase dúas veces.
O alumno deberá contestar dez preguntas tipo “test” (multiple choice) con tres opcións: “a”,
“b” ou “c”, das cales deberá escoller só unha opción. Cada resposta terá un valor de 0,1
puntos que farán un total dunha nota máxima dun punto (1,0), os restantes 9 puntos resultarán
do exame teórico.
Na páxina web da CiUG está colgada unha versión gravada da proba da materia de Inglés.
ENDEREZOS DE UTILIDADE:
www.cesga.es/ciug
Todo sobre a selectividade en Galicia.
Toda a información que precises sobre as PAU.
Tamén sairán nesta páxina as notas publicadas ás
que poderás acceder co teu DNI.
www.selectividad.tv/
Problemas resoltos de selectividade e unha interesante guía de orientación universitaria, con
máis de 500 problemas resoltos.
CONVOCATORIA DE XUÑO: días 6, 7 e 8. Convocatoria de setembro: días 19, 20 e 21. 1º Dia
MAÑÁ:
9:00 Presentación
10:00 Lingua Castelá e Literatura
11:30 Descanso 12:15 Historia de España /04 Historia da Filosofía
13:45 Fin de sesión
TARDE: 16:00 Lingua Galega e Literatura
17:30 Descanso
18:15 Lingua Estranxeira
19:45 Fin de sesión
2º Dia MAÑÁ:
9:00 Matemáticas II/ GregoII/Técnicas Exp.Gráfico-Plástica
10:30 Descanso
11:15 Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/ Deseño
12:45 Descanso 13:30 Química/ Latín/ Debuxo Artístico II
15:00 Fin de sesión
TARDE:
16:30 Bioloxía /Mecánica/ Historia da Arte 18:00 Descanso
18:45 Electrotecnia/ Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Artes Escénicas/Imaxe
20:15 Fin de sesión
3º Dia MAÑÁ:
9:00 Física/ Xeografía/ Análise Musical II/ 10:30 Descanso
11:15 Tecnoloxía Industrial II /Economía da Empresa
12:45 Descanso
13:30 Debuxo Técnico/Historia da Música e da Danza 15:00 Fin de Sesión
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
17
CALENDARIO PAU 2012 – ACCESO CURS0 2012-2013 22 de maio Límite para a avaliación final de Bacharelato nos centros de
Secundaria
23- 24 de maio Reclamacións ás cualificacións de Bacharelato
23-25 de maio Prematrícula PAU nos centros de Secundaria, onde se entregará a
cada solicitante un resgardo de matrícula co código de acceso á
aplicación NERTA e as instrucións
28- 29 de maio Matrícula dos centros nos LERD
1 de xuño Publicación na CIUG, LERD e centros de secundaria das listaxes
definitivas de matriculados por centros
4 de xuño Matrícula extraordinaria (alumnado de reclamacións)
6, 7 e 8 de xuño REALIZACIÓN DA PAU (FASE XERAL E FASE
ESPECÍFICA)
15 de xuño Publicación on line das cualificacións provisionais (a partir das
20:00 h)
18-20 de xuño Solicitude de 2º corrección e reclamación ás cualificacións da
PAU
18 de xuño -3 de xullo Solicitude ordinaria de admisión (Preinscrición)
25-27 xuño Solicitude de revisión á segunda corrección
2-31 de xullo Solicitude especial de admisión (preinscrición) para grao do SUG
con límite de praza
13-17 de xullo 1º prazo de matrícula
20-24 de xullo 2º prazo de matrícula
27-31 de xullo 3º prazo de matrícula
4-6 de setembro 4º prazo de matrícula
6 de setembro Data límite para a avaliación final de Bacharelato
11-23 de setembro 5º prazo de matrícula
19,20 e 21 de setembro REALIZACIÓN DA PAU (FASE XERAL E FASE
ESPECÍFICA)
OUTUBRO 6º, 7º e 8º prazo de matrícula
Para calquera consulta mirar o calendario xeral PAU 2012 – acceso curso 12-13
EXEMPLO (caso práctico de comparativa) Un alumno que queira facer Bioloxía e durante o bacharelato sacou en todas as materias 5 e na
selectividade sacou en todas as materias 5, correspóndelle a seguinte nota de acceso á
universidade:
Selectividade 2010
Nota media de Bacharelato 5. (60%)
Nota media de Fase Xeral: 5 (40%).................... Nota de selectivo: 5
Nota da Fase Específica:
- Bioloxía: 5 (ponderación 0.2) = +1
- Química: 5 (ponderación 0.2) = +1
............................ Nota de acceso á Universidade: 7
Valores de ponderación: http://ciug.cesga.es/PDF/ponderacions. pdf
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
18
O Sistema Universitario de Galicia. O SUG está formado polas tres Universidades Galegas:
Universidade da Coruña (Campus da Coruña e
Campus de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela
(Campus de Santiago de Compostela e Campus de Lugo) e a
Universidade de Vigo (Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense).
Nestas Universidades poderaste matricular unha vez superes as PAU nos estudos
universitarios de Grao ou tamén noutras titulacións propias que imparten as Universidades
como: Deseño e Moda, Hostelería, Arquitectura de interiores, piloto civil... que tamén teñen
boas saídas laborais (son estudos privados, polo que é moi importante informarse dos custos).
Se unha persoa quere facer o Grao de Fisioterapia tería que sacar unha boa nota, xa
que ten un límite de prazas de 60 alumnos, e se hai 230 preinscricións só poderán matricularse
os alumnos coas 60 mellores notas. Á nota das PAU do alumno nº60 con maior nota chámase
nota de corte, xa que os alumnos con notas inferiores a esa nota non poderán matricularse ese
ano nesa carreira.
As notas de corte varían de ano en ano, depende da demanda do alumnado e das notas
que alcancen en cada convocatoria; tamén varían dependendo da Universidade e Campus. É
importante coñecer as notas de corte, xa que son un bo indicador para a toma de decisión. A
puntuación vai ata 14 puntos e non ata 10, debido á fase específica que xa comentamos.
A asignación de prazas na titulación farase atendendo aos criterios de preferencia:
1º PAU aprobadas en xuño deste ano ou en anos anteriores.
2º PAU aprobadas en setembro do presente ano.
3º co antigo COU aprobado.
Podes atopar máis información na Guía do estudante:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2008.pdf
Outras Universidades españolas. Falar de todas as Universidades españolas sería moi extenso, por iso só imos pór os
enderezos WEB de cada unha, para adicarlle unha sesión na sala de informática á procura de
información. Nestas páxinas atoparás as titulacións que oferta e poderás consultar o plano de
estudos de cada titulación, entre outra información.
Universidades Públicas:
Universidad de Alcalá de Henares: http://www.uah.es/
Universidad de Alicante: http://www.ua.es/
Universidad de Almería: http://www.ual.es/
Universidad Autónoma de Barcelona: www.uab.es
Universidad Autónoma de Madrid: www.uam.es
Universidad de Barcelona: www.ub.es
Universidad de Burgos: www.ubu.es
Universidad de Cádiz: www.uca.es
Universidad de Cantabria: www.unican.es
Universidad Carlos III de Madrid: www.uc3m.es
Universidad de Castilla La Mancha: www.uclm.es
Universidad Complutense de Madrid: www.ucm.es
Universidad de Córdoba: www.uco.es
Universidade da Coruña: www.udc.es
Universidad de Extremadura: www.unex.es
Universidad de Girona: www.udg.es
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
19
Universidad de Granada: www.ugr.es
Universidad de Huelva: www.uhu.es
Universidad de las Islas Baleares: www.uib.es
Universidad de Jaén: www.ujaen.es
Universidad Jaume I de Castellón: www.uji.es
Universidad de La Laguna: www.ull.es
Universidad de La Rioja: http://www.unirioja.es/
Universidad de Las Palmas de Gran Canaria: www.ulpgc.es
Universidad de León: www.unileon.es
Universidad de Lleida: www.udl.es
Universidad de Málaga: www.uma.es
Universidad Miguel Hernández de Elche: www.umh.es
Universidad de Murcia: www.um.es
Universidad Nacional de Educación a Distancia UNED: www.uned.es
Universidad de Oviedo: www.uniovi.es
Universidad Pablo de Olavide: www.upo.es
Universidad del País Vasco: www.ehu.es
Universidad Politécnica de Cartagena: www.upct.es
Universidad Politécnica de Catalunya: www.upc.es
Universidad Politécnica de Madrid: www.upm.es
Universidad Politécnica de Valencia: www.upv.es
Universidad Pompeu Fabra: www.upf.es
Universidad Pública de Navarra: www.unavarra.es
Universidad Rey Juan Carlos: www.urjc.es
Universidad Rovira i Virgili: www.urv.es
Universidad de Salamanca: www.usal.es
Universidade de Santiago de Compostela: www.usc.es
Universidad de Sevilla: www.us.es
Universidad deValencia (Estudi General): www.uv.es
Universidad de Valladolid: www.uva.es
Universidade de Vigo: www.uvigo.es
Universidad de Zaragoza: www.unizar.es
Universidades Privadas: Universidad Alfonso X El Sabio: www.uax.es Universidad Antonio de Nebrija: http://www.nebrija.com/ Universidad Camilo José Cela: www.ucjc.es
Universidad Cardenal Herrera-CEU: http://www.uch.ceu.es/ Universidad Católica de S. Antonio de Murcia: www.ucam.edu Universidad Católica de Sta. Teresa de Jesús de Ávila: www.ucavila.es Universidad de Deusto: www.deusto.es Universidad Europea de Madrid (CEES). www.uem.es Universidad Internacional de Catalunya: http://www.unica.edu/ Universidad de Mondragón: www.muni.es Universidad de Navarra: http://www.unav.es/
Universidad Oberta de Catalunya (a distancia): www.uoc.es Universidad Pontificia de Comillas: www.upco.es Universidad Pontificia de Salamanca: www.upsa.es Universidad Ramón Llull: http://www.url.es/ Universidad San Pablo CEU: www.ceu.es Universidad SEK/Segovia: www.usek.es Universidad de Vic: www.uvic.es
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
20
7. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS SUPERIORES
Para axudar a sufragar os gastos derivados dos estudos universitarios ou de ciclo
superior, existen unha serie de bolsas, axudas e premios da Consellería de Educación,
Ministerio de Eduación e Ciencia e tamén doutros ámbitos privados.
Convócanse bolsas de educación para alumnado universitario:
o Para o alumnado que vai iniciar estudos universitarios,
o De mobilidade para o alumnado universitario e doutros estudos superiores,
o Para o alumnado que inicia os seus estudos fóra da nosa Comunidade Autónoma,
o Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co
obxectivo de coñecer a lingua dese país,
o Axudas complementarias do Programa de acción da Unión Europea de mobilidades de
estudantes Erasmus,
o Bolsas complementarias para a realización de prácticas en empresas europeas,
Programa Leonardo/Europracticum ou similares,
o Créditos aos estudantes universitarios,
o Programa de axudas para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca.
o Aula de verán Ortega y Gasset da Universidade internacional Menéndez Pelayo.
o Empréstitos para estudantes universitarios,
o Axudas a asociacións xuvenís e a federacións e confederacións de estudantes no
ámbito universitario,
o Premios nacionais,
o Programas de prácticas en empresas
Para ciclos de grao superior:
o Para o alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios,
o Bolsas para a formación práctica en centros de traballo (FCT),
o Premios extraordinarios de Formación Profesional.
Para máis información podedes visitar a páxina:
http://www.educacion.es/educacion/becas-y-ayudas.html
Tamén na web:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/guiaensinosuperior/GuiaEstudante2009.pdf (a partir da
páxina 197)
E nesta outra web poderedes atopar máis bolsas e axudas:
http://web.micinn.es/contenido.asp?dir=04_Universidades/AA2ConBAP.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
21
8. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS.
Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade e
outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso.
A continuación expomos algunhas profesións polas que podes amosar interese.
AZAFATAS AUXILIARES DE VOO.
Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son
títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2
anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de
idiomas.
ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requírese bacharelato e PAU. Ten unha
duración de tres cursos mais proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da
Universidade da Coruña, “Graduado en Arquitecturta de Interiores”.
Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp
INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel.
91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun título propio da
Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos.
CIENCIAS POLICIAIS. Universidade de Vigo. Trátase dun título propio da
Universidade e ten unha duración de dous cursos, cos que se obtén o título de Técnico,
Especialista ou Máster en Criminoloxía na modalidade cunha duración de tres cursos,
acadando así o título de Graduado Universitario en Ciencias Policiais. Requisitos:
- Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, COU con ou sen selectividade
- FP
- Bacharelato LOGSE con selectividade
- Ciclo formativo de grao superior ou equivalente
- Probas de acceso para maiores de 25 anos
- Estudos estranxeiros convalidables.
DISEÑO E MODA..
A) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. Allariz. Ourense. (Tel.
988 43 61 80). Carreira de Deseño de Moda (titulación Privada).
B) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda. Título propio da
Universidade de Vigo.
Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002.
Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: [email protected]
Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto
de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa
moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade
profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa
profesión como:
Deseñador en estampación téxtil
Deseñador estilista
Deseñador técnico
Crítico de moda
Administrador de creación para a produción e a comercialización
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
22
PILOTO CIVIL.
O obxectivo deste Título é o de crear unha titulación universitaria que lles aporte aos
futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de
maneira que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado
laboral moderno. O título propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do
seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a
obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado
(avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A
obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola
Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste (AFN), que
conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de
Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O
título propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros
pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo
das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e
científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.
MILITAR.
Para ingresar en tropa e mariñeiría requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18
e 28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía
ou hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conduta cidadá, e posuir os
estudos esixidos para cada especialidade.
Para ingresar aos estudos superiores militares requírese ter superadas as PAU.
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia
Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70).
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de
antecedentes penais, e ter o permiso de condución da clase B.
POLICÍA NACIONAL
Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter
entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título
de ESO, compromiso de portar armas, non cumprir condena por delito doloroso e ter o
permiso de condución das clase A e B e da autorización (BTP).
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
CONTROLADOR AÉREO
Tes que estar en posesión dun título universitario oficial de Diplomado/Enxeñeiro
Técnico/ Arquitecto Técnico ou Licenciado/ Enxeñeiro /Arquitecto ou ter superado o
Primeiro Ciclo Completo dunha carreira universitaria de grao superior.
A idade preferente anos (non excluínte) é entre 21 e 28, requírese ter un nivel de inglés
alto e algúns coñocementos básicos sobre materias non específicas do control de
tráfico aéreo.
Unha páxina moi completa para obter información doutra formación diferente á universitaria
e á formación profesional é a páxina web do Ministerio:
www.cnice.mecd.es/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
23
9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL
9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS
Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un
posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades
autónomas, deputacións, concellos...)
O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-oposición.
Convócase unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro,
enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes
presentarte aos exames da oposición, unha vez que realices a matriculación nos prazos
propostos pola administración.
As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas,
dependendo do tipo de traballo.
Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín
Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG) e doutras Comunidades e
Provincias.
Na convocatoria indícase:
- Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición.
- As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de tests psicotécnicos,
temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas...
- Calendario das probas.
- Requisitos dos candidatos.
- Lugar e data de presentación das solicitudes.
Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco
escalas nas que se require titulación diferente.
CORPO TITULACIÓN REQUERIDA
Grupo A1 Titulación Universitaria de Grao /Postgrao
Licenciado, Arquitecto o Enxeñeiro
Grupo A2 Titulación Universitaria de Grao
Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico
Grupo B Título de Técnico Superior (CFGS)
Grupo C1 Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM)
Grupo C2 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Profesionais sen
requisito
Certificado de escolaridade.
Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/
9.2. RECOMENDACIÓNS
1º- Inscríbete na oficina do Servicio Galego de Colocación máis próxima ao teu domicilio.
2º- Prepara un bo plan de búsqueda de emprego:
- Presta atención aos avisos do INEM, consulta a diario a prensa e revistas
especializadas na oferta laboral.
- Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece
os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...)
- Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación.
3º- Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio. Asesórate na
Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos.
4º- Mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo
ao que aspiras.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES JOHAN CARBALLEIRA Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato
24
BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN.
10. AGORA DECIDO Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes
equivócanse de carreira, dous de cada tres perden polo menos un ano e un de cada dous non
sabe que estudar.
Para elixir ben tes que traballar os tres bloques xa comentados na introdución:
a. Empeza por coñecerte.
É imposible elixir ben un estudo superior sen saber:
o Como somos e que queremos facer na vida.
Por tanto, analiza os seguintes aspectos:
o Intereses, capacidades e notas.
b. Coñece todas as alternativas.
Tes que coñecer todos os estudos aos que podes acceder e ir eliminando aqueles
que non che interesen.
c. Recaba a máxima información da cada carreira.
Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco
carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber:
o A finalidade dese estudo.
o Dificultade da carrreira.
o As materias que hai que estudar (o plano de estudos).
o As materias máis difíciles.
o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. (Pódelo atopar nos planos de
estudos e nas páxinas web de cada universidade).
o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións.
o Pasarelas a outras titulacións.
o Universidades ou centros de formación onde se imparten.
o Diferenzas entre as distintas Universidades. (materias optativas,
especialidades, cursos complementarios, instalacións...)
o Custos e bolsas.