Download - Organización saída proxecto ríos decembro
ORGANIZACIÓN SAÍDA PROXECTO RÍOS (DECEMBRO 2013)
Para levar a cabo as actividades de mostraxe formaremos tres grupos, cada
un deles sera dirixido por un profesor (Macamen, Gerado e Adán).
Os 13 alumnos de 1º Bacharelato irán con Adán, os 23 restantes de 4º da
ESO repartiranse entre os outros dous profesores.
Establecemos tres puntos de observación a nivel de tres pontes ao longo do
tramo de estudo do río Valiñadares (500 metros):
1. Ponte da Pousada (100 m augas abaixo e 100 m augas arriba)
2. Ponte da avenida de Buenos Aires (50 m augas abaixo e 50 m augas
arriba)
3. Ponte do Pasatempo (100 m. Augas abaixo e 100 m augas arriba)
ACTIVIDADES DOS GRUPOS
A) CALIDADE HIDROMORFOLÓXICA
1. Realización dun esquema e toma de datos do curso do río neste
punto. Para facelo débese observar a vexetación do bosque de
ribera, as construcións que haxa, os campos de cultivo ou
plantacións, as características do curso do río, o tipo de
solo,...considerando as dúas marxes do río. Determinaranse como
marxe esquerdo e dereito os que queden a esquerda e dereita do
observador disposto a favor de corrente.
2. Estado do bosque de ribera. Aplicaremos o chamado índice QRISI
baseado en tres parámetros: ESTRUTURA, CONTINUIDADE E
CONECTIVIDADE. Para elo cubriremos a ficha ó efecto.
3. Comprobación das alteracións ás que está sometido o río neste
tramo: usos do solo, impactos, desperdicios, colectores... Tamén
temos fichas para recabar esta información.
4. Comprobación do hábitat neste tramo: substrato de fondo, sombra
de río, heteroxeneidade, cobertura vexetal acuática... Tamén
temos fichas ó efecto.
5. Observación e descrición de restos patrimoniais: muíños,
lavadoiros, nasas, canas de pescar, barcas...Con fichas para
cumplimentar.
6. Medición do caudal do río: para saber este datos necesitamos
coñecer a velocidade e a sección.
Velocidade: Nos poñeremos nunha marxe do río e contaremos
10 pasos (serán 10 m) a favor de corrente. Dende o punto de partida
soltaremos un corcho no río que teremos amarrado a unha corda e
tomaremos nota cun cronómetro do tempo empregado polo corcho en
percorrer os 10 metros. Repetiremos a operación 4 ou 5 veces e
calcularemos a velocidade media. Lembrade velocidade= espazo/
tempo.
Sección: para calculala precisamos coñecer o largo (ancho) e a
profundidade do río. Para saber a profundidade introduciremos no
punto medio do río un pau ou vara e mediremos coa cinta métrica a
lonxitude que quedou sumerxida. Para coñecer o largo (ancho) dous de
vos dispoñeranse a ambolas dúas marxe do río e coa cinta métrica
mediremos a lonxitude. A sección será o produto de ambos.
O caudal será o produto da velocidade pola sección.
B) CALIDADE FÍSICO-QUÍMICA
1) Temperatura: introduciremos o termómetro na auga e facemos a
medición.
2) pH: botaremos a pastilla de pH no tubo de ensaio de 10 ml (grande)
con auga ata arriba. Axitamos, esperamos e comprobamos a medición
co papel de pH.
3) Nitratos: enchemos ata a metade o tubo de ensaio de 10 ml.
Introducimos a pastilla 1 de nitratos e axitamos. Despois duns
minutos engadimos a pastilla 2 e axitamos. Por último esperamos 5
minutos e comparamos coa escala colorimétrica.
4) Osíxeno disolto: Collemos unha mostra de auga no tubo pequeno.
Engadímoslle 2 pastillas para o osíxeno. Axitamos. Esperamos 5
minutos e comparamos coa escala colorimétrica.
5) Saturación de osíxeno: unha vez que temos o osíxeno disolto,
comparamos esta concentración coa temperatura e comprobamos na
táboa que temos ao efecto a saturación de osíxeno.
6) Transparencia: enchemos da auga do río o fondo dunha botella de
plástico e dispoñemos debaixo o disco Sacchi (turbidez). Anotamos a
medición. É importante facer a medición inmediatamente despois de
coller a auga para evitar a decantación.
C) CALIDADE BIOLÓXICA
1) Macroinvertebrados: capturaremos os macroinvertebrados cun
coador e depositarémolos en bandexas. Tomaremos mostras entre as
pedras, fondos areosos... dispoñendo a trampa en contra da corrente
e co lavado do follaxe que poida haber no río. Se é preciso
levaremonos as mostras ao laboratorio para unha observación
posterior. Debemos identificar as familias para poder calcular o
denimonado índice IBMWP que se basa nun código de cores.
Botaremos tamén as mangas de plancto para observar as mostras no
laboratorio.
2) Biodiversidade: tomaremos nota das especies máis representativas no
tramo. Contaredes coa axuda do profesor. Sacaremos fotos aos
especímenes, se é preciso, para facilitar a súa identificación. Neste
momento pode ser interesante posuír prismáticos que nos permitan
avistar aves o lugares máis alonxados dos arredores do noso treito.
3) Especies invasoras: temos unha ficha identificativa coas especies
invasoras máis frecuentes e características.
NOTA IMPORTANTE: COMO PARA O ESTUDO FORON
ESTABLECIDOS DOUS PUNTOS DE MOSTRAXE (PONTE DA
POUSADA E PONTE DO PASATEMPO) SOMENTE ESTES GRUPOS
FARAN AS MEDICIÓNS DE PARÁMETROS QUÍMICOS E DE
MACROINVERTEBRADOS.
PARA QUE TODOS POIDAMOS VER COMO SE FAI O GRUPO DA
PONTE DA AVENIDA DE BUENOS AIRES UNHA VEZ QUE
REMATE O SEU TRABALLO SUBIRÁ ATA A PONTE DO
PASATEMPO. ASÍ MESMO, O GRUPO DA PONTE DA POUSADA
TOMARÁ MOSTRAS DA AUGA DO SEU TRAMO E DESPOIS DE
REMATAR O SEU TRABALLO SUBIRÁ TAMÉN Á PONTE DO
PASATEMPO. SERÁ AQUÍ ONDE REALIZAREMOS AS ANÁLISES
DE PARÁMETROS QUÍMICOS CONXUNTAMENTE TODOS OS
INTEGRANTES DOS GRUPOS.