A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este
Obradoiro de escrita creativa
Impartido por: Francisco Castro, recoñecido
escritor galego (In vino veritas, Xeración Perdida, O ceo
dos afogados)
Os luns, 19 e 26 de novembro, das 18:00 ás 20:00 hna AVV Camiño Vello de Coia (rúa Marín, 1, barrio de Coia)
Para inscribirse deben chamar aotelf. 986 20 59 42
de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:00Dirixido a persoas adultas ás que lles gusta escribir.
Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa,
quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a ampla experiencia que dan os
anos e a memoria, e de converter as súas vidas en literatura.
Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir
poemas, relatos, contos... sempre en actividades moi sorprendentes.