Download - O Pronome Persoal en Galego
![Page 1: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/1.jpg)
Twan 12 1
1
O PRONOME
PRONOME: é unha categoría gramatical que vén definida polas seguintes características:
Forman parte dun sistema morfolóxico fechado e limitado.
Poden recibir morfemas de xénero (só aquí aparece o neutro), número e nalgúns casos de persoa.
Funcionalmete están relacionados con substantivos, adxectivos e adverbios.
Carecen de significado pleno e hai que relacionados co contexto e a situación no que se empregan.
Teñen valor deíctico, xa que indican ou mostran algo ou alguén.
1.- PRONOMES PERSOAIS: posúen tamén a flexión de persoa, de aí lle vén o nome.
1.1 TÓNICOS
PERSOA
SINGULAR
PLURAL
PRIMEIRA
Eu
min
Comigo
Nós / nosoutros
Connosco
SEGUNDA
Ti Vostede
Contigo
Vós / vosoutros Vostedes
Convosco
TERCEIRA
El, ela
si
Consigo
Eles, elas
Consigo
SUX
NON SUX
CON PREP
SUX e NON SUX
CON PREP
O pronome tónico EU só ten uso como SUX (ocasionalmente coma ATRIB).
O pronome VOSTEDE -aínda sendo de segunda persoa- esixe que o PRED vaia en
terceira.
O pronome EL/ELA/ELES/ELAS contrae coas preposicións DE e EN.
O pronome EL ten uns usos especiais:
SUX anticipador dunha oración impersoal: el parece que vai chover
Reforzo nas interrogativas: el, non saberás quen o fixo?
En forma pleonástica despois dun relativo para introducir unha explicativa de
relativo: teño un amigo que, el, mercou un cochazo e non o pagou
A diferenza entre Nós / nosoutros e Vós / vosoutros é que o primeiro designa un grupo
indeterminado de persoas mentres que o segundo designa un grupo coñecido tanto
polo emisor coma polo receptor.
O galego non ten a forma do pronome do castelán “ELLO” por iso a forma *ILO é
considerada coma un castelanismo e a forma ELO (cada unha das partes que compoñen
unha cadea) é un substantivo polo só pode usarse a forma do demostrativo neutro ISO.
![Page 2: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/2.jpg)
Twan 12 2
2
O PRONOME
1.2 ÁTONOS
PERSOA
SINGULAR
PLURAL
PRIMEIRA
Me
Nos
SEGUNDA
Che
Te
Vos
TERCEIRA
Lle
O, a -lo, -la -no, -na
Se
Lles
os,as -los, -las -nos, -nas
Se
C IND
C DIR
REFLEX
C IND
C DIR
REFLEX
1.2.0. Uso das segundas e terceiras formas do pronome de terceira persoa C DIR
A forma -lo, -la, -los, -las úsase:
o 1.- Nas concorrencias con nos, vos e lles: Non volo dixo; non llelas troxeron
o 2.- Tralas formas verbias acbadas en -r ou -s (agás o participio) Comelo; cómelo
o 3.- Despois do adverbio interrogativo) U? e do presentativo EIS. Ulos (cartos)? Eilos.
En ningún destes casos leva guión.
A forma -no, -na, -nos, -nas emprégase despois das formas verbais acabadas en diptongo decrecente: deixeino; rematareinos
1.2.1. Concorrencias dos pronomes átonos de CDIR e CIND
CI CD o / -lo
a / -la
os / -los
as / -las
me
mo
ma
mos
mas
che
cho
cha
chos
chas
lle
llo
lla
llos
llas
nos
nolo
nola
nolos
nolas
vos
volo
vola
volos
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas
![Page 3: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/3.jpg)
Twan 12 3
3
O PRONOME
O dativo de SOLIDARIEDADE é unha forma do pronome átono que se emprega cando
se quere implicar activamente ó receptor na acción expresada polo verbo. A
infromación non se altera pola presencia deste pronome.
SINGULAR
PLURAL
NON CORTESÍA
CHE
VOS
CORTESÍA
LLE
LLES
o O alumnos éche moi estudioso
o O rapaz fíxollenos un cadro precioso
O pronome SE: os seus usos.
Como pronome vai en oracións reflexivas e recíprocas facendo sempre a función de
C. DIR., en galego non se amiten construcccións reflexivas que leven outro
complemento directo.
Correcto Incorrecto
Lávome polas mañás Lávome a cara plas mañás
Afeitase todos os días Aféitase a barba todos os días
Xoán e Manuela escríbense Xoán e Manuela escríbense cartas de amos
HAi verbos que non admiten pronome reflexivo ou que ao admitilo cambian de
significado: confesar/ confesarse
Non admiten reflexión: ADORMECER, CAER, CALAR, ESPERTAR, ESTREMECER,
FICAR, MARCHAR, MORRER, PARAR, PODRECER, QUECER, QUEDAR, RECORDAR,
RIR e CASAR
Como elemento integrante do PRED. sen outra función sintáctica pode se:
Pasiva reflexa: o verbo concerta co SUX paciente:
Fanse biscoitos todos os días do ano
Impersoal activa: o verbo está inmobilizado en terceira persoa do singular e o
paciente é o seu complemento directo.
Traballase moito nesta clase
Vívese ben neste país
O dativo de INTERESE
É o pronome que se emprega cando se ten un interese especial na acción porque dela se
produce un beneficio ou prexuízo. Se se elimina da oración esta segue tendo o mesmo
sentido.
![Page 4: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/4.jpg)
Twan 12 4
4
O PRONOME
FORMAS: me, che, lle, nos, vos e lles.
O dativo POSESIVO ou SIMPATÉTICO
É un pronote en función de CIND que sinala relación de posesión, pero sen aludilas
directamente (referidas a obxectos persoais, parentesco e partes do corpo).
Perdinlle a carteira
Tocouche nos pés
Colocación na frase do pronome átono
Nas oracións simples, na principal das subordinadas e nas coordenadas o pronome átono vai enclítico - despois do verbo e unido a el- ao verbo. (Isto fai que aumente o número de sílabas da palabra e polo tanto débense aplicar as normas de acentuación)
Excepcións:
1.
Cando se trata dunha oración negativa introducida por un adverbio de negación ou un indefinido con valor negativo, o pronome átono anteponse ao verbo:
o Non o vin; nunca che dirían a verdade; ningén lle mirou a matrícula.
Cando a oración está introducida por un indefinido, o pronome átono anteponse ao verbo:
Pouco nos contaron; algún cho dirá; algo me darán se llo digo.
o Exceptúanse cada, certo e varios que provocan a énclise.
Algúns admiten ambas as dúas posibilidades dependendo da entoación:
Algúns te viron / algúns víronte;
Algúns rapaces te miraron na priaa /algúns rapaces miráronte na praia
Cando a oración está introducida por adverbios, o pronome átono anteponse ao verbo:
Ben o sabes; mal che caeron; quizais mo empreste
o Cos adverbios de tempo (antonte, onte, hoxe, mañá, antes, agora, despois, entón, hogano, daquela, aos poucos...); lugar (aquí, alí, diante, detrás, dentro, fóra, enriba, debaixo, lonxe, ao pé, ao carón... ) e modo ( de golpe, de súpeto, amodo, ao cabo...), o pronome vai posposto ao verbo; aínda que nalgúns destes casos tamén se pode antepoñer.
Onte chamáronte; daquela dixéronnos a verdade; alí deixáronlle as súas cousas, aquí nos deixaron as nosas
o Os adverbios logo e agora provocan a próclise cando son sinónimos de axiña
Logo nos veremos; logo (despois) verémonos
![Page 5: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/5.jpg)
Twan 12 5
5
O PRONOME
En oración desiderativas e ponderativas con ou sen elementos que as introduzan, o pronome átono anteponse ao verbo:
Mal raio te parta! O demo te confunda!
Nas oración interrogativas e exclamativas introducidas por pronomes, determinantes ou adverbios interrogativos e exclamativos, o pronome átono anteponse ao verbo:
Que me queres, amor?; quéresme? Cantas cousas che trouxeron! /*me queres?
En enunciados nos que un elemento que normalmente vai colocado despois do verbo se antepón a este provoca que o pronome átono tamén o faga:
Tres mensalles (CD) lle enviou antes de romper
2. Nas proposicións subordinadas:
o Se van introducidas por unha conxunción ou pronome relativo, o pronome átono anteponse ao verbo:
Cando te chamaron, xa viñeras; vin os alumnos que me emprestaron o traballo.
Se hai unha certa distancia entre o nexo e pronome, este pode ir anteposto ou posposto ao verbo:
Esperaba que aqueles libros de lectura, obras mestras, (chos) trouxéra(chos) aquel teu amigo
o Se van introducidas por unha preposición, o pronome átono pode ir anteposto ou posposto ao verbo:
Ao lle dares a razón, condenácheste / Ao dáreslle a razón, condenácheste
o Se a proposición subordinada non leva nexo, aplícase a regra anterior agás no caso de comezo absoluto de frase:
Perdelo (o perder*) e pórse (se pór) a chorar, foi todo un.
3. Coas perífrases verbais aténdese á regla xeral e no caso de ir enclítico pode facelo despois de calquera das formas verbais
Quero darllo/ quérollo dar
Se hai un elemento de relación entrambas as formas verbais o pronome átono pódese colocar en calquera das tres posicións
Ten que facelo / teno que facer/ ten que o facer
pero cando debe ir antes do verbo (segundo as normas anteriores) tamén se admite a posposición á perífrase aínda que non no medio das formas verbais.
Non o ten que facer / non ten que facelo/ non ten que o facer/ *non teno que facer.
Non llo quero levar / non quero levarllo/ *non quérollo levar
![Page 6: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/6.jpg)
Twan 12 6
6
O PRONOME
EXEMPLOS DE COLOCACIÓN DO PRONOME Por regra xeral, o pronome vai colocado sempre detrás do verbo e pegado a el.
Correcto Incorrecto
Morreume o can O can me morreu
Mañá levareite á festa Mañá te levarei
EXCEPCIÓNS:
Os adverbios de negación e afirmación, sempre que actúen sobre o verbo en cuestión (non, nunca, xamais, si, tamén)
Correcto Incorrecto
Non te vexo ben Non véxote ben
Si o axudou Si axudouno
Non, cuspiuno Non, o cuspiu
Si, bebeuno Si, o bebeu
Nestes casos non hai atracción do persoal a antes do verbo pois o adverbio non actúa sobre este é a COMA quen marca a separación e polo tanto os adverbios non inciden sobre o pronome
Os adverbios de dúbida (quizais, tal vez, seica, disque)
Correcto Incorrecto
Quizais che caia o cabelo como a teu pai Quizais caiache o cabelo como a teu pai
Seica o viron enredando aos birlos Seica vírono enredando aos birlos
Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, máis, menos, velaquí, velaí, en seguida, de seguida, sempre, algures, ben, cedo, igual ('do mesmo xeito'), mal, peor, mellor, tarde,...
Correcto Incorrecto
Só llo traerei se o atopo Só traere llo se atópoo
Aquí o ves Aquí velo
Igual cho emprestou outro día Igual emprestoucho outro día
Ben me prace que veñas Ben práceme que veñas
Velaí o traen preso Velaí tráeno preso
Enseguida o fixeron os rapaces Enseguida fixérono os rapaces
![Page 7: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/7.jpg)
Twan 12 7
7
O PRONOME
Con algúns adverbios é posible tanto a anteposición como a posposición. A escolla dunha ou doutra depende da secuencia. Son estes adverbios: aquí, alí, ai, alá, acá, aló, acó, acolá, así, logo, agora, sequera....
Correcto Incorrecto
Aquí o tes Aquí haiche moita froita
Así pásao mellor Así cho contou?
Agora cho dou Agora chámanlle a marquesiña
Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como.
Correcto Incorrecto
Canto lle deches ... ? Canto décheslle ... ?
Onde me viches onte? Onde víchesme onte?
Algúns indefinidos: Estes indefinidos son: ninguén, nada, ningún, algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo, todo. Outros indefinidos non provocan polo xeral a anteposición, se ben nalgún contexto pode ocorrer: algún, outro, un, os mais, os demais, moi, pouco, tal, tanto, tan. Hai tres indefinidos que nunca provocan a anteposición do pronome: cada, varios, certo.
Correcto Incorrecto
Alguén mo dixo Alguén díxomo
Nada che debo Nada déboche
Entrambos o comeron e non deixaron nada Entrambos comérono e non deixaron nada
Varios contáronme a historia Varios me contaron a historia
2. Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:
As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se ...
Correcto Incorrecto
Sei que me chamaches Sei que chamáchesne
Cando mo deas, convidareite Cando déasmo, te convidarei
Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás:
Cando o precede unha preposición.
![Page 8: O Pronome Persoal en Galego](https://reader037.vdocuments.co/reader037/viewer/2022100212/58d00c0a1a28abad3e8b5381/html5/thumbnails/8.jpg)
Twan 12 8
8
O PRONOME
Correcto
Para dicirlle iso cómpre valor
Para lle dicir iso cómpre valor
Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do infinitivo (teño que dicirche)
Correcto Incorrecto
Teñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia Teño que darche unha boa noticia
Che teño que dar unha boa noticia
Non o debes de facer Non debes de facelo Non debes de o facer
Non débelo de facer O non debes de facer
Non o hei mercar Non hei mercalo
Non heino de mercar
Tamén hai anteposición
Nas oracións desiderativas.
Correcto Incorrecto
O demo te leve! O demo lévete!
Mal raio te parta! Mal raio pártate!
Cando un membro do enunciado como obxectodirecto se despraza para o comezo.
Correcto Incorrecto
Un agasallo lles traio Un agasallo traiolles