Download - O club da calceta
OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA AS MIL E UNHA HISTORIAS FÁLANOS DE
O CLUB DA CALCETA
O primeiro libro que lemos durante este curso foi O club da calceta, acerca do que tratamos diferentes aspectos na nosa reunión.
Sobre este libro propuxemos como traballo a elec-ción do personaxe femenino máis atractivo para cada-quén, buscamos un elemento que o caracterizase e ser-vise como símbolo da súa personalidade na obra. Ade-mais, relacionámolo co personaxe masculino co que se relacionaba.
Só houbo dúas mulleres que non gozaron do be-neplácito dos membros de As mil e unha historias, Anxos e Elvira, sobre as que si disertamos na xuntanza. Isto explica que non figuren neste folleto.
O resultado das reflexións do club figuran a conti-nuación.
Matilde traballa limpando casas e portais,
ao que adica gran parte do seu tempo. Co
seu home Manuel, ten unha relación pési-
ma, é un home que, cando chega á casa,
quere que todo estea preparado para el e
non permite que Matilde sexa impuntual
por ningún motivo.
Cando Matilde lle conta a Manuel que vai
asistir ao club da calceta os xoves á noiti-
ña, este dille que iso non serve para nada
e que só vale para perder o tempo. Aínda
así, Matilde decide asistir ao club, o que
orixina outro problema máis na súa relación con Manuel.
Cando Matilde visita a casa de súa nai, descobre no faiado obxectos per-
tencentes á súa tía Davinia (mulleres vestidas con traxes de militar, domado-
ras…) . Isto, xunto coas aparicións de Davinia morta ante ela, faille pensar que
está nas súas mans cambiar a súa vida e superar o seu complexo de sobrepeso.
O que máis me gusta de Matilde, é que é unha muller sinxela e moi preocu-
pada pola súa casa e polo seu marido, pero cando esta preocupación é excesiva
non deixa de ser un problema, deixa de vivir para ela e vive exclusivamente para
os demais.
Cristina Ledo Freire, 4ºA
MATILDE
Para min a persoa máis importante ou a que máis destaca é Matilde, a típi-
ca muller traballadora que fai o imposible por conseguir con que vivir. Matilde
foi unha das persoas deste libro que máis me gustou porque nalgúns aspectos
véxome reflectida nela, como na forma de ter curiosidade ante todo e pasar to-
dos os obstáculos que se lle poñan por diante aínda que che custe o tempo que
sexa. Tamén hai algunhas cousas que non me gustaron tanto dela pois eu non me
avergoñaría do meu físico e disfrutaría máis da vida, porque no caso de Matilde,
que ten un home que trabilla, é más fácil vivir: ela pasa os días preocupada por
se chega tarde ás casas ás cales ía limpar, se o seu marido lle rifaba por non ter
a comida feita e moitas cousas así.
Alba Rivas Cabanas, 4ºA
Elemento que caracteriza a Matilde
É unha muller moi grande, gorda e forte. Ten unha rutina diaria e vai sem-
pre "coma un reloxo", como di sempre o seu home. Tamén se recoñece porque a
pantasma da súa tía Davinia é a que lle dá o empurrón que necesita para meterse
no clube da calceta.
O máis relevante de Matilde
O máis relevante da súa persoa é, xa digo, a súa puntualidade e que, pese ó
seu gran tamaño, non se quere enfrontar ó seu home.
O que máis me gustou e o
que menos do personaxe
A min en realidade non me
gustou o libro, pero o que me-
llor estaba era esta parte,
posto que a min gústanme as
historias fantásticas e este
capítulo era sen dúbida o máis
máxico de todos. O que menos
me gustou do capítulo foi a
rutina coa que facía as cousas
e a súa puntualidade; tampou-
co me gustou a súa covardía
ante o home.
A relación de Matilde e o seu home, Manuel
Ten unha relación de sumisión profunda... Sente o deber de cumprirlle to-
dos os gustos e de estar á hora na casa para facerlle de comer. Pola súa parte o
home é moi machista e trata a Matilde coma se fose unha escrava: critica que é
moi puntual pero ó mesmo tempo estalle dicindo que non ten as cousas cando as
ten que ter e que está perdendo o tempo no clube de calceta.
Eu, persoalmente penso que a culpa de que Matilde sexa tan sumisa é da nai
e da avoa, posto que así a educaron: pensando en que iba a acabar sendo como a
tía Davinia
Noelia Cartoy Pacín 4ºA
Vou a falar sobre a vida de Matilde, un dos personaxes femeninos desta
obra. Unha muller un pouco maltratada polo vida que lle tocou. As súas orixes
eran aldeás, pero residía na cidade. Só pensaba en controlar cada minuto do seu
tempo para dar realizado todo o traballo planeado tanto fóra da casa, xa que
era asistenta do fogar, como na súa propia, na que compartía vida co seu home, o
Manuel. Era unha muller con moi pouca autoestima debido entre outros factores
ó seu físico e ó pouco que ela se valoraba.
Un elemento característo deste personaxe era un soño que se lle repetía
moitas noites e que consistía en que vía oucas bailando no fondo dunha lagoa na
que ela mesma estaba somerxida e da que acababa por saír voando.
Con respecto ó seu marido, o Manuel, era un home pequeno, que coñecera
na gasolineira mentres el estaba exercendo o seu traballo e foi o único que a
convidou a saír. El pensaba que todas as labores do fogar as debía facer a muller
e así era, el non participaba nestas en absoluto.
Debido ás aparicións que ela tiña dunha tía chamada Davinia, a cal prented-
ía que Matilde lle dera outro sentido á vida e que pensase máis nela mesma, pou-
co a pouco, vaino conseguindo. Primeiro, convenceuna de que tiña que apuntarse a
algunha actividade e ela elixiu apuntarse nun grupo de calceta. Tras uns meses
calcetando, mantendo largas conversas coas súas compañeiras, ela empezou a
valorarse, a buscar o porqué do seu soño e este acabouse cumprindo, xa que ela
consiguiu “voar soa na vida”. Tras ocorrer moitos feitos nesta obra, e moi axu-
dada polas súas amigas, cambiou a súa forma de pensar por completo. Abriu unha
tenda de las e, aínda que o seu home non estaba de acordo, superou todos os
obstáculos e comezou a poñerlle orde a este. Decidiu que na casa cada un ía fa-
cer a súa comida, lavar a súa roupa…
Eu penso que este personaxe foi moi forte, tivo moito afán de superación e
logrou cambiar o seu día a día radicalmente, opoñéndose a todo aquilo que lle in-
culcara a familia: que traballase, coidase ó Manuel e non se metese en líos.
Ángel Paz Sixto, 2ºBAC
A muller escollida por min vai ser Rebeca. Ela é a guapa do grupo, e a pe-
sar diso non está moi contenta de selo, porque lle ocasiona problemas no día a
día. Para min, o máis relevante da súa historia é como se percibe o feito de ter
un bo físico na sociedade, porque ata cando vai a unha entrevista de traballo,
ao home que lla fai non lle importa o seu cirrículum, nada máis ver o seu físico
xa lle quere dar o traballo.
O que máis me gustou de Rebeca é que non se deixa vacilar polos homes e
que salta á mínima para defenderse. O que menos me gustou dela é que non ti-
ña absolutamente ningunha amiga e iso creo que é algo negativo na vida dunha
persoa.
A relación coa figura masculina é como xa contei un pouco antes. Ela tiña
un noivo chamado Antón, pero a pesar de que ten unha noiva guapa non a quere
de verdade, porque xoga a dúas bandas, é dicir, non lle chega con ter só a Re-
beca, senón que ten a outra para cando esta lle falla. Paréceme unha forma de
ser un pouco machista e creo que ela non lle deixa as cousas de todo claras co-
mo debería. A Rebeca todos os homes a toman por tonta, no único que se fixan
é na súa guapura, e a ela isto pódelle porque, como é normal, ten moito máis
que aportar que un pelo louro e un físico espectacular, xa que como ser humano
ten sentimentos e esta incomodidade que sente con este tipo de homes faille
ser infeliz.
Lidia Díaz Otero, 2ºBAC
REBECA
Rebeca é unha rapaza loitadora que intenta superar as barreiras que lle im-
poñen por ser como é, unha rapaza moi guapa, tratando de decidir por ela mesma
a súa vida, iso implica o seu traballo, o lugar onde vivir, as súas relacións de ami-
zade e incluso a súa orientación sexual. Chamoume a atención como loita contra os estereotipos que a rodean, in-
cluso rexeitando traballos para non deixar que a súa imaxe tome as rendas da
súa existencia e conseguir así logros polas súas capacidades e non pola súa fer-
mosura. Por outra parte non me gusta que non reaccione adversamente cando
descobre que Antón, o mozo, lle é infiel, porque penso que se debería apartar
del automaticamente, aínda que máis tarde si o fai; non vexo este comporta-
mento acertado debido a que me parece un conformismo innecesario que non de-
bería mostrar, porque isto sométea ao noivo. Este personaxe identifícase con varios ob-
xectos, un deles é a mexedora que encontra na vivenda que compra. Este
obxecto provoca nela un sentimento de paz
e tranquilidade e por iso lle chama a aten-
ción. Por outra parte o currículum tamén é
significativo, porque é unha rapaza prepara
con estudos universitarios, pero, como xa
falamos antes, a súa imaxe de “loira impo-
ñente”, como se di no libro, encérraa nunha
cara bonita e as persoas só teñen en conta
a súa aparencia; un exemplo vémolo cando
vai a unha entrevista e o home que a entrevista inténtaa seducir.
En canto á relación que mantiña co home, xa
a tratamos ao principio, este considerábaa como un obxecto e non lle importaban
os sentimentos de Rebeca. Ademais ela parecía moi conformista con esta situa-
ción, aínda que ao final se rebela. Persoalmente creo que este personaxe é exemplo dos prexuízos da socie-
dade en xeneral, non só dos homes, e podemos aprender grandes valores para a
vida real que deberiamos ter presentes en todo momento.
Teresa Sixto, 1ºBAC A
Rebeca é unha rapaza loira, alta e moi guapa, polo que as súas amigas da fa-
cultade coas que foi perdendo trato a envexan. Ela conta con bos estudos, pero
por desgraza está a traballar como secretaria. Non é que seu traballo non lle
guste, o que pasa é que ela aspira a máis. Buscar traballo non tería que ser un
problema, xa que ela é un beleza, pero non lle gusta que iso inflúa, ela quere o
posto de traballo polo que sabe, non pola aparencia física. Súa nai non está orgu-
llosa dela, xa que ela quería que fose modelo, pero iso a Rebeca non lle gusta,
prefire atender as súas chámadas telefónicas, facer pedidos... Ela quere ser li-
bre, polo que busca un fogar onde vivir, onde afastarse da xente que a subesti-
ma, non pasar a vida vivindo con seus pais e seu irmán.
A súa relación cos homes non é tan boa como debería ser, porque ela é unha
muller o suficientemente guapa como para ter os homes que quixera, pero claro,
tería que buscar algún que a quixera de verdade, aínda que iso non sería doado.
Apareceu na súa vida Antón, un raparigo de pelo rizo, ollos verdes, que namorou
a nai de Rebeca xa que el tiña o que unha nai quere para os seus fillos. Pero
Antón só estaba con ela por interese, xa que dicía que combinaba ben co seu
descapotable.
E eu pregúntome: Tendo a unha muller tan fermosa na súa vida para que
diantres quererá máis? Non o entendo. Antón poñíalle os cornos a Rebeca con
Marta, a que lle daba ordes no traballo. Rebeca xa estaba farta. Todos os
homes cos que estivera a trataban igual, como un obxecto. Ela quixo cambiar iso.
Foi a unha entrevista de traballo, pero para maior desgraza resultou ser outro
tanto do mesmo, Xosé Barroso só se fixou no seu físico, non quixo saber nada do
seu curriculum.
Nesta historia podemos atopar algo positivo como que Rebeca quería aspi-
rar a máis, porque quería ter un bo posto de traballo, independizarse...
Pero tamén algo negativo, como que na vida real pasa o mesmo, que aos
xefes o que lles importa é o aspecto da persoa non os curriculums. Tamén é moi
difícil encontrar a unha persoa que te respecte, e non vexo normal que unhas
amigas a deixen de lado porque sexa moi guapa. Se o é, ben por ela, con que sexa
boa persoa e boa amiga é suficiente.
Como conclusión só podo dicir que me pareceu un libro moi interesante,
porque cada muller contábanos os seus problemas, cada unha delas por moi dife-
rente que fora ao mesmo tempo eran moi igual ao resto. Eu escollín a Rebeca en
particular, porque era coa que me sentín máis cómoda ao longo da historia e por
dicilo dalgunha maneira, a que mellor entendín.
Joana Puga, 1ºBAC B
Rebeca. Unha beleza que, ao contrario do que se poda pensar, está máis
que farta das consecuencias que ocasiona a súa aparencia. Alta, loira, ollos ver-
des, quizais todo o que unha muller poda desexar, pero ela non. Estando alta-
mente cualificada para moitos traballos, o único que consegue e que a tachen de
parva en todas as entrevistas ás que vai. Pero todos eses “porcos imbéciles” co-
mo di ela, están moi equivocados. Rebeca é unha rapaza moi lista, e quizais se
acostumara demasiado a que a trataran coma un obxecto (tanto homes coma mu-
lleres, xa que a súa nai está mais empeñada en que siga mantendo a súa figura
que en que sexa verdadeiramente feliz). Xa non lle sorprende que a paren pola
rúa ofrecéndolle un posto de traballo porque “teña a imaxe perfecta”, ou que as
súas amigas a deixaran de lado máis por envexa, que por outra cousa. A pesar da
falta de importancia que lle da a eses feitos, está moi suxeita á súa educación,
pois sempre mantén as formas, e garda moitas cousas para si, cousas que quizais
non debería gardar. Poucas veces di o que realmente pensa, e déixase levar polas
situacións. Tal vez, unha das cousas que máis ansíe, á parte de que a traten co-
mo persoa, e non como Barbie, sexa a súa independencia. A liberdade que pro-
porciona un fogar propio, un sitio onde retirarse ao final do día e poder descan-
sar. Un lugar fóra do “deberías presentarte a Miss España” ou do “a figura será
o que che dea de comer, cóidaa” de súa nai.
A incrible beleza de Rebeca non debería ser un obstáculo á hora de atopar
mozo, ou manter unha relación amorosa con alguén que realmente a quixera, “tan
simple, tan complexo” como di ela. As súas relacións cos homes non foron o que
se di precisamente “cor de rosa”. Quizais a figura máis representativa dos seus
amores, si se lles pode chamar así, foi Antón. Un máis. Rebeca, moi ao seu pesar,
comezou ilusionada coa súa relación, pero como non, esta vez non foi diferente.
O concepto de “loira parva” seguiu presente nese home como en tantos ou-
tros. Quizais o que máis lle gustaba a Antón dela era o ben que encaixaba co seu
precioso coche. Un home dunha alta categoría tiña que ter unha moza de alta
categoría. Agora ben, iso non implicaba querela nin moito menos. Rebeca xa
acostumada ao seu papel de xoguete cos homes, seguía con Antón, a pesar de
que a súa relación non a completaba nin moito menos. A rapaza tivo que contem-
plar a gota que colmou o vaso para poder poñer punto e final á súa relación. Qui-
zais a labazada que recibiu o superficial do seu mozo non foi suficiente castigo,
pero daba o mesmo, Rebeca xa estaba farta. Pero as súas malas experiencias
cos homes non se limitaron á vida persoal, cómpre recordar que as loiras parvas
teñen un papel moi marcado na vida laboral. . Ela só quería aspirar a algo mellor,
un traballo lonxe de facer fotocopias e aturar aos arrogantes dos seus xefes. A
entrevista. Unha ventá que se abría coa posibilidade de encontrar un sitio axei-
tado para ela. Pero como non, soamente foi un golpe máis. Un de tantos dos que
Rebeca estaba acostumada a recibir. O entrevistador, resultou ser non outro
que o porco co que tivera xa un encontro anterior. Lonxe de querer empezar nin-
gún conflito, Rebeca comezou expoñendo o seu brillante currículo, sabendo que
estaba perfectamente cualificada para ese posto, inda que xa sabía o que lle
agardaba. Xosé Barroso, que así se facía chamar o (unha vez máis) superficial do
entrevistador, non fixo outra cousa que infravalorar as súas calidades, iso si, o
que non infravalorou foi o seu aspecto. O traballo sería seu grazas a el, inda que
non presentara o currículo, xa que o pasou por alto completamente. Como era de
esperar, Rebeca seguiu no seu modesto posto de secretaria. Aguantar aos seus
xefes era unha cousa, pero non estaba disposta a aturar os ollos babosos de Ba-
rroso chantados nela todo o día. (Será por todas as súas malas experiencias cos
homes, que ao final da historia se namora dunha muller?).
Dentro da súa historia, na miña opi-
nión, hai dous obxectos que represen-
tan un o lado bo da vida de Rebeca, e
outro o lado malo. O currículo. Un cla-
ro símbolo de todo o que a rapaza tivo
que soportar. A pesar de que non ha-
bía dúbida de que era brillante, nunca
se lle tivo en conta á hora de conse-
guir un posto de traballo. Os ollos dos
homes non miraron nunca máis aló da
súa figura, tal vez, se afondaran un
pouco máis, se darían conta da gran
intelixencia de Rebeca e da súa gran
personalidade. Pero non foi así. A sociedade de hoxe en día é demasiado superfi-
cial.
Por outra banda, atopamos o obxecto que reflicte o espírito de Rebeca por
loitar contra a súa situación. A mexedora. O lugar onde ela se imaxinaba calce-
tando, un traballo considerado “de vellas” pero que a ela lle encantaba, pois rom-
pía totalmente co seu estereotipo. A mecedora atopábase dentro das súa recen-
te adquisición, un pequeno piso co que por fin logrou a súa independencia, outra
das cousas que tanto ansiaba.
Segundo o meu criterio, atopo cousas positivas pero tamén negativas na
personalidade de Rebeca. É unha muller que a pesar de ser tratada como obxec-
to a maior parte das veces , non se deixa amolar e conserva o seu gran carácter.
Ten moi asumido como a ve a xente dende fóra, unha beleza parva, e incluso al-
gunhas veces ironiza para si a súa situación. Loita por conseguir un traballo me-
llor, na que a valoren polo que realmente é, e non polo seu físico, cousa á que es-
tá xa moi acostumada. Unha das cousas que máis ansía é a súa independencia. Po-
der vivir a súa vida. Dalgunha maneira é unha forma de liberarse. Suficientes
camiños lle marca xa a sociedade. Todos estes aspectos, considero que compo-
ñen o lado positivo de Rebeca. Inda que non hai moitos aspectos negativos na súa
personalidade, deberíamos destacar algunhas cousas. No seu traballo, recibiu
unha educación que a marcou moito na súa vida persoal. Ela sempre trata de gar-
dar as formas e ser educada cos demais. Isto non é malo, hasta certo punto.
Creo que nalgúns momentos se deixa pisar. Manter a compostura é unha calidade
que resulta moi beneficiosa para un traballo, xa que ante o público un debe ser
amable, pero non debemos levalo ao ámbito persoal. Cando Rebeca se ve introdu-
cida nun conflito, poucas veces expresa o que realmente pensa ou sente, simple-
mente se limita a responder mantendo as formas.
En conclusión teño que dicir, que tanto a historia de Rebeca, como a das
demais mulleres que formaban o Club da calceta me pareceu moi interesante e
probablemente recomendaría o libro.
Lara Rubal Otero 1º BAC A
Para comprender a personalidade de Luz é máis que preciso ter en conta
o seu traballo, a súa vida, a rudeza das súas experiencias persoais, a crueza do
seu día a día. Só así é posible chegar a entender a súa abstracción diaria da
realidade, a súa necesidade de sentirse outra persoa con outra vida.
Luz foi una nena de infancia curta que tivo que medrar moi axiña nun mun-
do demasiado difícil. Filla dunha prostituta, viuse obrigada a seguir os pasos da
súa nai a unha idade na que a maioría das rapazas segue soñando cunha vida
perfecta, xunto ao home perfecto. Isto provocou que Luz observase a vida du-
nha maneira diferente ás demais, cunha rotundidade e crueldade maiores.
A consecuencia máis inmediata de tales penurias foi a necesidade de dei-
xarse levar a outros lugares, a outras vidas, sen saír da súa propia cabeza. Luz
imaxinaba que vivía en lugares exóticos, todos aqueles que as brasileiras rela-
taban para ela; soñaba que protagonizaba outras vidas, cun home ideal propio
das películas. Non obstante, o máis contraditorio é que, aínda que se deixase
levar polas súas fantasías, Luz non se enganaba a si mesma. Era plenamente
consciente da súa situación, non suavizaba a súa realidade, a diferenza dalgu-
nhas compañeiras dela que preferían mentirse, convencerse de que a súa situa-
ción non era tan mala como parecía, de que a vella realmente as trataba ben.
Luz séntese ben cando escapa dos lugares onde a recoñecen, onde ela é
unha prostituta. Gústalle camiñar polos barrios onde deixa atrás esa etiqueta
que a atormenta, onde ela é só unha muller máis, Luz.
Así mesmo, vive encerrada nunha coiraza que emprega para protexerse,
afástase das persoas e non deixa que ninguén se achegue a ela, polo menos non
ás partes máis profundas do seu ser. Esta situación unicamente cambia coas
compañeiras do club da calceta, que pouco a pouco van derrubando as súas ba-
rreiras e entran na vida de Luz coma un bálsamo calmante.
Segundo este dato, pode explicarse por que Luz é unha muller de poucas
palabras. Gústalle escoitar e fala só cando o considera necesario, mais, cando
fala, imprime a cada palabra unha relevancia pouco cotiá. Exprésase con rotun-
didade, demostrando unha gran intelixencia e unha perspectiva crítica. En moi-
tas ocasións as súas intervencións son crúas e directas, condimentadas con
ironía e, incluso, humor negro. Como se pode observar no libro, non é sinxelo
rebater os seus argumentos cando estes están baseados na súa propia expe-
riencia persoal. Incluso chega a describirse a si mesma como algo cínica.
Luz é considerada entre as súas compañeiras como unha muller sabia, a
pesar da súa escasísima escolarización. Ela atribúe ese mérito á súa capacida-
de para escoitar e reflexionar.
Finalmente, hai que destacar a fortaleza de Luz, como é capaz de enfron-
tarse ao seu traballo sen recaer nas drogas e como as substitúe pola súa pro-
pia imaxinación. Tamén a coraxe que amosou ao deixar o mundo da prostitu-
ción, aínda a sabendas dos golpes que ía recibir. E, por último, como foi capaz
SOBRE LUZ
de construír unha nova vida sobre esa escuridade xunto ás súas amigas do club
da calceta.
Da personaxe de Luz, podo afirmar que me gusta a súa orixinalidade e o re-
alismo que agocha. É unha personaxe diferente, nin un estereotipo coma Rebeca
nin unha caricatura coma Matilde. Representa a un colectivo de mulleres cunha
vida demasiado difícil e que merece un recoñecemento.
Apoio tamén da súa personalidade a capacidade de manter os pés no chan,
sendo consciente da súa realidade, a pesar de atoparse tantas veces nas nubes,
inmersa naquelas aventuras exóticas. Con este feito podo dicir que me sinto
identificada, polo que me provoca simpatía. En ocasións prefiro fantasiar ou re-
fuxiarme na lectura para escapar dalgún problema.
Tamén me agrada a súa fortaleza e como ao final decide loitar por cambiar
a súa situación. A idea da revolución contra esas figuras masculinas que as opri-
men xorde dela, xa non pode seguir soportando a súa situación polo que decide
plantarse, dicir basta. Con esa mentalidade, e contando co apoio das súas novas
amigas, é capaz de voltear a súa situación. Pasa así a axudar, xunto a Rebeca, a
mulleres traballadoras que se atopan condicionadas polo seu sexo no mundo la-
boral. Ademais, paréceme moi interesante a reflexión que fai ao final do libro,
preguntándose se terá a forza suficiente como para regresar ao mundo que
abandonou, co obxectivo de axudar a mellorar a situación de mulleres que sufri-
ron a mesma sorte ca ela.
En cambio, tamén hai outras características dela que podería reprocharlle,
a pesar de que me sexa difícil facelo tendo en conta as súas experiencias.
En primeiro lugar, que a revolución contra a figura masculina fose tan radi-
cal. Foi ela a que planeou nun comezo asasinar aos homes que provocaban a súa
dor. Considero que non é unha maneira axeitada de erradicar o problema. O asa-
sinato nunca está xustificado e, ademais, a súa morte non axuda aos centos ou
miles de mulleres que sofren unha situación semellante á das integrantes do
club da calceta.
En segundo lugar, recoñezo que non debe ser fácil apostar por unha educa-
ción ao medrar nun ambiente tan duro, mais penso que mentres estivo na escola
debeu loitar máis por ela, sobre todo tendo en conta que a educación podía ser
unha das cartas que lle axudarían a non seguir o camiño da súa nai, que lle permi-
tirían non ser explotada por ela. Non me gusta que se deixase levar ata chegar a
ser practicamente analfabeta.
Na miña opinión, tamén tiña que loitar antes por escapar da súa situación.
Certo é que abandonar ese mundo unha vez se entra nel non é sinxelo, mais coa
súa determinación penso que puido buscar apoio, enfrontarse a súa
nai.
Neste libro, considero que podería identificar a Luz con dous obxec-
tos diferentes, aínda que non moi afastados un do outro.
Por un lado, atópase o turbante que ela, ao comezo,
imaxinabae como a representación das súas fantasí-
as e que ía enrolando e desenrolando ao redor da
súa cabeza, distanciándose así das súas miserias.
Este turbante levouno á realidade no club da calce-
ta, tras ser animada polas compañeiras, e nel come-
zou a bordar a historia da tía Davinia, que as unía a
todas elas. Esta prenda recórdame á propia Luz, que se protexe agochándose en
si mesma xunto coas súas historias e tamén está cheo de fortaleza e intelixen-
cia, como cando recolle a crúa historia de Davinia.
Por outro lado, o libro negro co pé vermello debuxado que comprou Luz e
que gardaba con esmero. Este libro fala dunha muller casada cunha vida triste e
gris que acaba fuxindo desta realidade con outra muller. Ao igual que Luz, as sú-
as miserias eran causadas pola figura masculina e, ao final, ambas conseguen es-
capar delas axudadas por figuras do seu mesmo sexo. Este libro tamén supuxo
un punto de partida para Luz, que se empezou a cuestionar se ela tamén sería
capaz de escribir.
Finalmente, o personaxe masculino da obra co que se relaciona a Luz é un
enxeñeiro naval que traballa para unha importante empresa. Este home é un dos
clientes habituais de Luz e desexa sacala da prostitución. Quere que o acompa-
ñe a vivir con el, apoiándose na súa posición privilexiada e ofrecéndolle un fogar
e cartos. A Luz repúgnaa a actitude dese home, que a trata como se entre eles
existise algo íntimo, máis aló do contacto sexual, coma se el non estivese pagan-
do por gozar do seu corpo.
Luz négase a acompañalo, sente que simplemente vai cambiar de propieta-
rio. Pasará de ser explotada por súa nai a ser explotada por ese home, que sen-
tirá dereitos sobre ela. Luz non cre no príncipe azul das historias, que a sacará
dese mundo e lle proporcionará o cariño e o amor que sempre se lle negaron.
Simplemente opina que o enxeñeiro pasará a tratala como un obxecto, que pode
usar a pracer, aforrando pagar. Ela endexamais confiaría en ningún home que fo-
se capaz de comprar a carne dunha muller e, a raíz diso, será incapaz de sopor-
tar a calquera outro home.
Ademais de tratala como se fose a súa moza, tamén lle fala a Luz coma se
fose parva. Cando comenta o seu traballo séntese na obriga de explicarlle en que
consiste coma se falase cunha nena pequena, incapaz de entendelo. Isto axúda-
me a comprender a escasa consideración que tiña dela, que a imaxinaba pouco
máis que un anaco de carne carente de intelixencia.
En definitiva, Luz é un personaxe complexo con algúns matices interesan-
tes. Enfróntase contra todo aquilo que a oprime, despexando as sombras da súa
vida e transformándoas en luz.
Patricia Martínez Paz, 1ºBAC A
Eu elixín a Fernanda, pola súa valentía ante a vida, polo apoio do seu mari-
do Xoán e pola forza de vontade coa que superou as súas dificultades, neste
caso a falta dunha perna. Forza coa cal seguiu os seus soños, aínda que a súa
familia quizais nalgún momento determinado non cría que o podería facer, pero
soubo demostrar con intelixencia, tanto á familia que finalmente formou coma
a si mesma, que non hai límites nin barreiras, que o límite só está onde ti o
queiras poñer.
Un elemento característico dela, quizáis sexan as súas galiñas, que tive-
ron tanto significado na súa
vida: primeiro eran elas as que
a alonxaban do mundo real no
que a xente do seu contorno
pensaba que non chegaría nun-
ca a nada se non encontraba un
marido que a mantivera, ou non
estudaba, naquel mundo onde
ela non podía facer nada sen
unha perna ou o mundo dos
DP, como ela os chamaba. En
segundo lugar, foi entre elas onde coñeceu o seu primeiro e único amor, onde
puido saber que había alguén que miraba para ela, que se poñería (como en rea-
lidade se puxo) a unha perna se facía falta con tal de que lle dera unha oportu-
nidade, ese home que sempre a apoiou e conseguiu facerlle soñar. Por último,
despois de casar co Xoán, as galiñas foron as que lle fixeron ver que valía para
algo, que era ela a que alimentaba a eses seres inofensivos que ó mesmo tempo
alimentaban a familia, facíana útil no sentido de que ela tamén podía aportar
recursos para alimentar a súa familia.
María Taboada, 4ºB
FERNANDA
Fernanda, unha muller forte e alta, pero por desgraza coxa, ou se cadra
non tan desgraza porque a pesar da súa discapacidade ela fai unha vida normal
e conta cun home marabilloso que a quere, Xan, cousa que os seus pais daban
por imposible. O malo é o desprezo co que a trata algunha xente, como por
exemplo o condutor de autobús ó que ela sobe cada xoves e que por facela ca-
miñar e meterlle présa, sempre se detén cen metros máis adiante da parada e
cando ela está a piques de entrar dille cousas espantosas como: "Precisas re-
molque, coma sempre, coxa?". Ela nunca lle dá importancia a iso, pero cómpre
dicir que lle gustaría que a tratasen como unha máis. Menos mal que Fernanda
conta cunha casa na que se sente querida, na que fai o mesmo que as demáis.
Ela fai a comida, frega a louza... e incluso traballa no pequeno horto que ten
debaixo da casa e no que lle dá de comer ás súas galiñas. Iso para ela é vida,
abofé que sí.
Digamos que, non foi doado que Fernanda se deixase encanciliar polo seu
marido. Supoño que co paso do tempo se deu conta do significado da frase que
el un día lle dixera, "Tes uns ollos moi bonitos, gustaríame saber que hai de-
trás deles". Fernanda coñecera a Xan a través da sua irmá, e bendita foi a ho-
ra na que cruzaron palabra. Ao principio, ela non cría nada do que el lle conta-
ba. "Quen quererá unha muller coxa?", pensaba, "Seguro que só me trata así
para rirse de mín". Pero el quixo demostrar que Fernanda se equivocaba de ca-
bo a rabo, polo que fixo o seguinte: levou atada unha perna ao muslo durante
unha semana para saber o que ela sentía, para coñecer a súa vida diaria e o ti-
po de obstáculos aos que ela estaba sometida. Imaxino que foi iso o que a Fer-
nanda lle fixo darse conta de que el a quería de verdade. Iso, e todos os luga-
res que percorrían os dous, nos que el só tiña ollos para ela. Agora viven os
dous felices xunto coas súas fillas, porque si, tiveron dúas nenas, xa que Fer-
nanda fora coxa obviamente non interfería nas súas relacións sexuais. Grazas
á axuda do home, ela conseguiu o seu obxetivo na vida, ser condutora de auto-
bús, e así poder tratar as persoas como o que son, persoas. Xan axudoulle moi-
to nese tema. Ben, nese e en todos xa que Fernanda vive comodamente grazas
ao esforzo do seu marido. Amañou a casa para que ela puidera acceder a todos
os recunchos, comprou un coche no que ela pode subir con facilidade. Pódese
dicir que Fernanda encontrou o seu complemento perfecto.
Atendendo ao meu criterio persoal, no capítulo de Fernanda atopo ele-
mentos positivos e negativos. Un símbolo que fai que a historia de Fernanda
resalte é a corda co a que o seu marido atou a súa perna durante unha semana
para demostrarlle que o seu amor era verdadeiro. Penso que o seu personaxe
sofre unha grande evolución a medida que transcorre a historia e iso é digno
de destacar. Ao principio ela tiña pouca seguridade en si mesma, pero foina ob-
tendo a medida que pasaba o tempo, grazas ao apoio incondicional do seu
marido, Xan. Este é outro personaxe que dende o meu punto de vista se merece
un fortísimo aplauso, por todo o seu esforzo. Creo que representa moi ben o que
unha persoa namorada fai por outra, incluso ante circunstancias adversas, aínda
que este amor se ve moi idealizado, xa que na vida real o 99% das veces isto non
sucede así porque o nivel de machismo co que contamos é sorprendentemente
alto. Non fai falta ir moi lonxe, só retroceder unhas cantas liñas onde mencionei
a cantidade de cousas espantosas, repito, que o condutor de autobús lle dicía a
Fernanda. Esas palabras describen a discriminación e o desprezo ó que se ven
sometidas as persoas discapacitadas por non ser igual que as demais. Para mín a
xente que fai iso non merece outra cousa máis que un bo castigo, porque de se-
guro que si a eles lles pasara o mesmo, non lles ía gustar que os trataran de tal
maneira.
Como conclusión só poido dicir que querer é
poder, xa que Fernanda loita por ser feliz sin
que ninguén llo impida. Esta é unha lección
moral en toda regra da que debemos apren-
der: ser discapacitado non é un obstáculo se-
non unha superación.
Tania Irimia Irimia, 1ºBAC B
De entre as seis mulleres das que se nos conta a historia en O club da calceta, a que máis me chamou a atención foi Fernanda, unha muller coxa de
nacemento que coa axuda e o apoio incondicional do seu marido Xan, fixo reali-
dade os seus soños: ser condutora dun autobús urbano.
O máis destacable deste personaxe e o que o caracteriza é a súa enorme
forza de vontade e a necesidade de sentirse útil. Nin a súa minusvalía física
poñería límites no seu futuro. Contra todo pronóstico, Fernanda casou e tivo
dúas fillas. Aínda que as dúbidas xurdían con frecuencia na súa cabeza. Pre-
guntábase se todo o que facía o seu marido por ela era porque realmente a
quería ou simplemete por compaixón, preguntábase se non sería unha carga pa-
ra el...
Esta inseguridade que ás veces presenta Fernanda é o que máis rexeito
da súa persoa. Non creo que por ter unha minusvalía dese calibre sexas unha
carga para ninguén, e menos para o teu marido, que se supón que é unha perso-
na que te quere e que daría a vida por ti se é necesario. Por outra parte, o que
máis me gusta é que finalmente se decide a dar o paso e lle confesa a Xan que
quere ser condutora de autobús. E conségueo, saca o carnet B, supera o reto
con creces, tanto que ata lle ofrencen ser monitora na autoescola, oferta que
Fernanda rexeita porque o seu soño non é ese, o seu soño é poder conducir o
autobús urbano e chegar a ser tan amable coa xente como o é un chófer que
ela recorda con agarimo e non coma ese outro que a insulta e tenta facerlle im-
posibles as súas viaxes en autobús.
O que máis admiro é o comportamento que ten Xan con ela, coa súa muller.
Xan non é coma os outros homes, non queda a comer fóra nin a tomar unhas cer-
vexas despois do traballo. Xan volve o antes posible á casa para estar con Nan-
da. Xan traballa horas e horas para poder comprar un coche que se adapte ás
necesidades da súa muller. Xan lévaa e vaina buscar a onde sexa necesario. E, o
máis importante, Xan apóiaa incondicionalmente, faille ver que é capaz de moitas
máis cousas das que ela pensa, faille darse conta de que o feito de que lle falte
unha perna non ten por que limitala se ela se esforza e pon da súa parte.
Andrea Díaz Vázquez, 2º BAC
Despois de pensar en todas as mulleres que pertencen ó club da calceta de-
cidín elixir o personaxe de Fernanda para este traballo. Cun marido, dúas fillas e
a falta dunha perna é unha muller soñadora que loita ata a fin polo que desexa.
Fernanda destaca polo seu afán de superación. O seu soño era ser condu-
tora do autobús urbano e, grazas ó apoio incondicional do seu marido Xan e á súa
gran vontade, finalmente consegue sacar o carne B, con tan bos resultados que
ata lle ofrecen unha praza como monitora, aínda que ela a rexeita xa que a súa
vocación é a de condutora.
Non todos se portaron tan ben con ela como o fai o seu marido. De pequena
non quería ir ó colexio. Os seus pais realmente non confiaban nela xa que pensa-
ban que nunca sería capaz de valerse por sí mesma. Ela, unha vez máis, demos-
trou a súa valía tendo dúas fillas, unha delas, a maior, xa se encontra estudando
en Santiago. Nalguna ocasión téñena rexeitado pola súa condición de minusváli-
da, como cando se presentou a unha entrevista de traballo para coidar uns ne-
nos. Topou tamén cun condutor de autobús que se riu da súa discapacidade.
Pódese deducir que este señor é o que falece nun accidente de tráfico máis
adiante…
En ocasións, Fernanda amosa inseguridades. A idea de que Xan está con ela
por compaixón ronda a súa cabeza, tamén pensa en que, seguramente, ela sexa
unha carga para el. Pero Xan aparenta dar todo por ela, vende o seu coche para
así, mercar outro adaptado para Nanda, renunciando así á súa liberdade xa que,
a partir de agora, deberá ser ela a que o leve aos sitios, invertindo así o papel
que ocupara cada un ata o momento. El pasa o máximo de tempo posible con ela.
O que máis me gustou desta muller foi a súa loita por acadar o que ela de
verdade desexaba. Para min é un bon exemplo para calquera persoa que poda su-
frir unha minusvalía, xa que, como para ela, iso non debe ser motivo para non ser
feliz e levar a cabo unha vida normal. A súa non foi sempre fácil, nin todos a
apoiaron pero ela sempre demostrou unha gran fortaleza.
O que máis rexeito dela son as súas inseguridades relacionadas con Xan.
Non creo que ninguén poda ter unha relación como a deles por compaixón, adem-
áis de que el en cada detalle lle demostra que a quere e apoia en todo momento.
Tamén entendo que esas inseguridades veñen derivadas dunha serie de situa-
cións que a puideron deixar marcada. Ter unha minusvalía non é fácil, sobre to-
do, cando te encontras con “persoas” como o condutor que a menosprezou.
Clara Vila, 1º BAC B