Transcript
Page 1: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

1

O CASTELO DA LÚA 1.-LOCALIZACIÓN A ensenada de Rianxo fórmase pola desembocadura do Río Grande, Beluso e do O Te. Este último desemboca na conocida como Punta e Praia da Torre. Xa este topónimo danos conta da existencia neste lugar dalgunha fortaleza destinada a protexer a costa dos contínuos ataques de piratas e saqueadores que asolaban as nosas costas xa dende o século VII. Na punta da A Torre podemos ver estes antigos restos na forma dos cimientos e os arranques de grosos muros de varias construcións como torres e murallas defensivas. Sobre él construéuse unha pasarela elevada que cruza o río do Té para chegar ata a praia da A Torre. É fácil adiviñar a súa antiguedade, xa que amontoados e desperdigados veremos unha gran cantidade de bos sillares coas suas marcas de "canteiros" que nos situaría na época medieval dos séculos XI al XIII. A punta do Pazo ou da Torre, onde se ubicaba o castelo, era rodeada de auga cando a marea subía.

2.-HISTORIA E DESCOBREMENTO ARQUEOLÓXICO 2.1.-A FORTALEZA MEDIEVAL NUNHA VILA

COSTEIRA

O Castelo da Lúa sitúase nunha pequena península que recibe o nome de Punta do Pazo, outorgándolle unha posición estratéxica excepcional, ao norte da ría de Arousa. A fortaleza foi construída por Paio Gómez Chariño, primeiro señor xurisdicional de Rianxo no século XIII, en compensación pola súa labor na conquista de Sevilla. Entre fins do século XV e o 1532 o edificio foi usado coma cárcere, sendo abandonada

Page 2: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

2

a partires desa data. No século XVIII, entre as ruínas, disporase un obradoiro de cerámica popular.

No século XV Rianxo é unha vila mariñeira que obtén a principal parte dos seus recursos do mar. A vila aparece incluída dentro das rutas de cabotaxe, estando ben situada en relación coa rede de camiños terrestres. No mapa da ría, realizado por Pedro Teixeira, aparece a vila de Rianxo así coma a fortaleza, referenciada xa daquela coma Castillo viejo.

2.2.-SOUTOMAIOR: OS SEÑORES DO CASTELO E A PUGNA POLO PODER

A fase álxida do castelo estará relacionada coas disputas entre a familia Soutomaior, coma señores do castelo, e o poder arcebispal de Compostela. No 1426, o rei esixe a Paio Gómez de Soutomaior o derrubo da fortaleza, por tela edificado sen permiso do arcebispo de Santiago, orde que non será acatada.

Page 3: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

3

2.3.-A INVESTIGACIÓN ARQUEOLÓXIA E

HISTÓRICA

Con motivo da construción do paseo que une a fortaleza coa praia de A Torre, o equipo de arqueólogos de Mario César Vila e Andrés Bonilla Rodríguez, puxeron á luz máis do 50% do xacemento onde se descubríu a forma case rectangular do edificio con unha muralla exterior que rodeaba o conxunto, un foso no seu lado sur excavado en rocha, e outra muralla interior que formaba o patio de armas. No seu interior existía unha torre de homenaxe central flanqueada por dous baluartes e os restos de outras dependencias

Page 4: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

4

2.4.-O ESTABLECEMENTO DUN ALFAR DE

CERÁMICA POPULAR TRAS O ABANDONO DO

CASTELO

Coa fortaleza en ruínas constrúese un alfar de cerámica popular que funcionará ata a segunda metade do século XVIII. A descuberta deste obradoiro cerámico supuxo unha novidade desde o punto de vista arqueolóxico. Os milleiros de fragmentos de pezas cerámicas desbotados por presentar roturas ou erros de fábrica, localizados nos estratos superiores do xacemento, permitiron fixar as bases para caracterizar a cerámica común ou popular de Galicia na época moderna (séculos XVI-XVIII). Fisicamente eran unhas cerámicas moi resistentes. As súas formas a compuñan olas, tapadeiras, xerras, botellas, barreños, pratos e cuncas, principalmente.

Todo alfar cerámico debe contar con tres materias primas básicas que son a auga, a arxila e a madeira coa que quentar o forno. O subministro sería doado debido á

Page 5: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

5

posición do alfar na punta do Pazo e tamén se limitaría a posible propagación do lume.

2.5.-O FORNO CERÁMICO

Foi construído en cachotería de granito con arxila, estando composto por unha boca de combustión e unha cámara de cocción. Os paralelos máis directos atópanse nos fornos tradicionais de Gundivós (Sober, Lugo) e Betanzos (A Coruña), onde, como aquí, se realizan estruturas sinxelas, cunha soa cámara de tipo descuberto e sen grella.

2.6.-EDIFICIOS E ELEMENTOS CONSTRUCTIVOS

1. Foso: Para illar o castelo da liña de costa escavouse o foso sobre a rocha. Accederíase á fortaleza mediante unha ponte levadiza.

2. Fachada dianteira: Configurada pola liña de muralla, a porta de acceso e os baluartes.

Page 6: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

6

3. Porta de acceso: Posiblemente tería un arco de medio punto de factura gótica, flanqueada por baluartes.

4. Liña de muralla: Recinto de defensa e delimitador do espazo do castelo.

5. Antemural. Muro externo para frear os embates do mar e protexer a cimentación da muralla da salinidade. Estaría construído cunha estrutura de cachotería duns 2m de altura. Del apenas se conservan rebaixes no rochedo sobre os que se asentaría.

6. Patio de armas: De planta rectangular onde se realizarían actividades de carácter castrense. O nivel de solo estaría sobre a rocha viva, do que non conservamos restos.

7. Casa forte do castelo: Edificio principal das dependencias do castelo, anexo á torre da homenaxe, de dúas plantas.

8. Muro de fase posterior: O castelo sufrirá transformacións e destrucións ao longo dos seus case tres séculos de vida, converténdose en cárcere na última fase de uso.

9. Forno cerámico: Co castelo en ruínas, instálase un alfar cerámico que perdurou ata a segunda metade do século XVIII, do que unicamente se conserva o forno.

10. Torre da homenaxe: Edificio principal da defensa do castelo, símbolo do poder feudal.

11. Patio norte: Dende onde se accedía ao resto das dependencias, desenvolvéndose actividades de carácter cotiá.

12. Edificios acaroados á muralla: Edificios destinados a dependencias, con fins  domésticos, dun só andar.

Page 7: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

7

13. Baluarte norte: Sería a proa da fortaleza, protexendo o extremo norte do edificio no límite do rochedo e defendendo a poterna.

14. Poterna: Porta secundaria aberta na muralla do castelo, con saída ao peirao, na desembocadura do río Te.

2.7.-AS MARCAS DE CANTEIRO

Detalle de marcas de canteiro na igrexa de Santa Comba de

Rianxo.

Boa parte dos perpiaños que formaban parte do castelo conservan marcas de canteiro. Correspóndese con signos gravados na pedra que probablemente servirían para sinalar o traballo realizado por cada traballador ou obradoiro, e así coñecer o prezo de cada pedra.

Page 8: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

8

2.8.-O ABANDONO E ESPOLIO DA FORTALEZA

Do seu mal estado falan os visitadores que o arcebispo compostelá envía ás súas fortalezas a fin de valorar o estado das mesmas. Tras o

abandono do castelo no 1532, este sufrirá o espolio das súas pedras, moitas da cales foron empregadas para a construción, como no caso do campanario barroco da igrexa parroquial de Santa Comba de Rianxo ou no propio peirao da vila.

2.9.- A VIDA NO CASTELOAs evidencias materiais achégannos trazos da vida cotiá dos habitantes e visitantes do castelo. Este non foi a residencia habitual do seu señor, máis si dunha pequena gornición militar, como reflicte un documento de 1457, que describe o armamento do que dispuña a persoa encargada da custodia da fortaleza.

Page 9: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

9

Entre os obxectos fornecidos polas intervencións arqueolóxicas, acháronse vaixelas, moedas,  armas e pezas metálicas de uso persoal coma alfinetes, cadeas ou fibelas. Moitos destes produtos foron traídos de lonxe, algúns deles procedentes da costa do levante, Andalucía ou Portugal. Os mariñeiros e comerciantes rianxeiros exportaban peixe cara esas latitudes e aproveitarían a viaxe de volta para traer estes valiosos obxectos.

Da dieta dos habitantes do castelo, dan mostra a cantidade de cunchas de moluscos recuperadas, así coma os restos óseos pertencentes á fauna doméstica e á caza.

Page 10: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

10

2.10.-LIÑA DO TEMPO

S. XIII

C. 1225: Nace Paio Gómez Chariño, posiblemente en Pontevedra.

2ª metade do S. XIII: Construción da fortaleza por Paio Gómez Chariño, primeiro señor de Rianxo.

1295: É asasinado Paio Gómez Chariño en Ciudad Rodrigo (Salamanca).

S. XIV

Inicios do século XIV: Xoana Mariño de Rianxo, filla da Paio Gómez Chariño, convértese en señora da fortaleza de Rianxo e do seu territorio.

S. XV

1426: O rei Xoán mándalle a Paio Gómez de Soutomaior que derrube a reconstrución que está a facer do castelo de Rianxo.

Mediados do S. XV: Reformas por parte de Sueiro Gómez de Soutomaior.

Page 11: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

11

1465: Destrución do castelo na segunda revolta irmandiña.

Posterior a 1465: Reconstrución por Sueiro Gómez de Soutomaior.

1480: Nova destrución por parte do gobernador real Fernando Acuña.

Fins do século XV: O edificio convértese en cárcere.

S. XVI

1532: Abandono da fortaleza.

S. XVI: Xurisdición directa da torre por parte do arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca.

1544 e 1547: Visitas e taxación da fortaleza de Rianxo por parte da Mitra de Santiago de Compostela.

S. XVII

1617: Os visitadores do castelo sinalan o estado ruinoso no que se atopa a fortaleza.

S. XVIII

1737: Con pedras procedentes do castelo constrúese o campanario da igrexa.

1738: Toma de posesión da fortaleza de Rianxo polo maestre de campo Don Benito José de Bazán y Mendoza, en nome do conde de Castronuevo.

2ª metade do S. XVIII: Abandono do alfar de cerámica popular.

S. XIX

1850: Artigo de J.R. Figueroa no que se presenta un gravado do castelo.

S. XX

Page 12: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

12

S. XX: O castelo serve de canteira para diversas construcións na zona.

S. XXI

2001-2010: Realízanse as intervencións arqueolóxicas que poñen ao descuberto os restos.

3.- LENDAS AO REDOR DO CASTELO

3.1. LENDA E ORIXE DO SEU NOME

Actualmente a fortaleza recibe o nome de Castelo da Lúa. Non obstante esta denominación non foi orixinal, sendo coñecida só dende tempos relativamente recentes.

Entre as hipóteses da nomenclatura, os investigadores apuntan a posibilidade da vinculación co apelido Luna dunha señora do castelo - Xoana de Luna, esposa do mariscal Don Sueiro - ou pola presenza na representación dun dos brasóns da familia. O certo é que o nome de Castelo da Lúa, aparece por primeira vez recollido nun artigo de J.R. Figueroa de 1850. Das lendas asociadas ao castelo, existe unha historia romántica, na que se conta que os brillos da lúa nocturna acabaron delatando a unha parella de namorados que fuxían nunha embarcación do castelo, cun funesto desenlace.

Page 13: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

13

Frontis do sartego de Sueiro Gómez de Soutomaior (Museo de

Pontevedra).

3.2. DIFERENTES LENDAS

3.2.1. VERSIÓN 1

Os cabaleiros da Orden do Temple, edificaron unha fortaleza . Froito daquelas batallas, fixeron prisioneria á fermosa filla do señor feudal que caeu derrotado na batalla. No castelo, un elegante cabaleiro, atopábase curando as súas feridas, cando se namorou da xoven, que rezaba, namorada del, pola súa recuperación.

Unha noite, na que a lúz da lúa creaba sombras e luces sobre o mar da ría que baña Rianxo, coa axuda dun dos "mesnadeiros" do señor feudal, os dous namorados tentaron fuxir por un dos pasadizos do castelo, salindo á praia e embarcando nun bote que os estaba agardando. Cando estaban surcando o mar, un dos entinelas do castelo, comenzou a gritar e a lanzar disparos de ballestas, en canto os divisou, sendo oelegante cabaleiro alcanzado por tres frechas mortais, que o arroxou ao mar. A rapaza, nun intento desesperado por salvar ao seu amado, arroxouse ao mar de Rianxo.Ao día seguinte, apareceron os dous corpos abrazados na ribeira da praia.Conta a lenda, que a partir de entonces, todas as noite de lúa , un faz de fermosos raios, se pousan sobre a rocha que é a sepultura dos amantes. e que á hora do alba, enrocecían os blasón que exhibía o castelo do cabaleiro da Orde do Temple.

Page 14: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

14

Os habitantes da villa de Rianxo, foron transmitindo, mediante coplas, esta narración, tamén contada e cantada polos xuglares da Idade Media. Contan que a lenda di cómo aquela postreira maldición da rapaza causou a destrución daquel castelo, coas ruína que aínda hoxe os rianxeiros coñecen polo nome de "O Castelo da Lúa"

3.2. VERSIÓN 2

Xa hai bastantes anos un mozo moi galán de Rianxo e unha moza de Taragoña víanse tódalas noites.

Para podérense ver tiñan un pasadizo que comunicaba as dúas beiras do río Te.

Os seus pais non estaban de acordo coa unión destes dous rapaces; por iso, un día pola noite, cando os dous mozos se ían ver polo pasadizo, cada parella de pais tapoou a saída maila entrada, quedando así atarpados os namorados.

Dende aquela hai un pozo moi profundo no desembocadura e mais no nacemento do río, un deles aínda non se sabe hoxe canto ten de profundidade.

As ruínas do castelo podense ver aínda hoxe, pola banda de Rianxo.

3.3. VERSIÓN 3

Ao parecer, certo día un home ao nadar cerca do lugar do castelo, viu uns relampos de 'frechas ardendo', e púxose a investigar.

Empezou a buscar documentos e descubríu que:

Nese castelo vivía unha fermosa muller que estaba namorada dun home pobre. Un día pola noite quixeron marchar nunha 'patela', pero o señor feudal mandou que os mataran . Deronlle ao mozo, de tal forma que a rapaza, de tan desesperada que estaba, arrimou a embarcación a unha pedra onde morreron. Alí estiveron 40 días, e ninguén os puido axudar.

Page 15: O Castelo Da Lúa (Recuperado) (Recuperado)

15

Esa pedra chámase a "Pedra dos namorados".

Comprobóuse científicamente que nesa rocha hai restos humáns petrificados.


Top Related