Download - O apalpador ud
CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo
Curso 2013 - 2014
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
0 Apalpador
O Apalpador, tamén coñecido como
Pandingueiro na comarca de Trives ou
Apalpabarrigas noutras zonas de Galicia, é un
home xigante que vive nas montañas, ten unha
gran barba vermella, usa boina, viste unha
casaca esfarrapada e chea de remendos, leva
zocas mais cando chega á casa pon as
zapatillas. Gústalle fumar en pipa.
Xeografía
A figura do Apalpador está ben recollida nas zonas do Courel, Loúzara,
Cebreiro e Terra de Trives.
Algúns investigadores din que habería que seguir indagando por zonas
de Quiroga, os Ancares e o Bierzo para coñecer a extensión desta figura do
Nadal galego.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Lenda
O Apalpador é un carboeiro xigante de barba vermella coma o lume, que
vive nas devesas e bosques do leste de Galicia. Traballa facendo carbón, e
aliméntase con bagas silvestres, castañas, noces... e dos animais que el
mesmo caza.
O Apalpador baixa das espesas devesas na noitiña do 31 de
decembro, a noite do Ano Vello. O Apalpador palpa as barrigas ás meniñas e
meniños e se se ve que as barriguiñas están cheas e a neniña/o non pasou
fame, dille:
- Así cheo ou delgado así esteas todo o ano.
Senón a ten fica calado. Despois, deixa unha presiña de castañas para
que non pase fame durante todo o ano e uns agasallos dos que el mesmo
fixo.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Cantiga
Pola excitación da chegada do Apalpador e dos agasallos, os meniños e
meniñas non poden durmir e rebolen. Para lles faceren sosegar, os vellos
cántanlles as cantigas.
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Malvela: http://www.youtube.com/watch?v=j23sS21ziZc
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Recuperación da figura do Apalpador
En 2001. José André López Gonçales escribiu unhas palabras sobre o
Nadal galego na revista Vaga-lume. No artigo, fala de que nalgunhas
comarcas da alta montaña do leste de Galicia, mantíñase ata datas moi
recentes a tradición do Apalpador , un xigante con oficio de carboeiro , que,
no Nadal, baixaba ás aldeas e vixiaba que os meniños vivisen con fartura e
en lembranza da súa visita deixáballes unha presa de castañas e agasallos.
No ano 2006, o mesmo historiador pública un traballo sobre a figura do
Apalpador no Portal Galego da lingua.
http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf
A partir do ano 2007, unha serie de asociacións culturais, entre as que
destacamos a Gentalha do Pichel de Compostela, deciden recuperar este
personaxe da nosa tradición antes de que se perda.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Outras figuras semellantes
Olentzero, Olentzaro ou Olantzaro é
unha figura da tradición vasca de Nadal.
É un carboeiro mitolóxico que trae
agasallos o día de Nadal aos nenos e
nenas.
O Angulero, Asturias, é un pescador
especializado na captura de anguías que entrega
agasallos ás nenas e nenos na véspera de Nadal.
O Esteru, Cantabria, é un leñador
bonachón que o Día de Reis leva agasallos
e ledicia ás nenas/os para de Cantabria.
Esteru e o seu fiel axudante, Burru,
dedícanse todo o ano a cortar madeira,
excepto en Nadal, cando dedican os seus
esforzos a facer xoguetes para dar aos
nenos.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1. Comprensión lectora.
1. Como se chama a personaxe que trae castañas e agasallos aos
nenos e nenas de Galiza?
o Olentzero
o Apalpador
o Esteru
2. Que outros nomes recibe o Apalpador?
o Angulero e Pandingueiro
o Apalpabarrigas e Angulero
o Pandingueiro e Apalpabarrigas
3. Quen é o Apalpador?
o É un home pequeniño cunha gran barba branca.
o É un home moi alto cunha gran melena laranxa.
o É un home xigante que leva barba vermella.
4. Como viste o Apalpador?
o Traxe amarelo e boina.
o Casaca esfarrapada e chea de remendos, zocas e boina.
o Chapeu e pantalón de cor negra.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Que noite baixa a visitar ás meniñas e meniños?
o A noite de Ano Vello.
o O 25 de decembro.
o O Día de Reis
6. Que lles palpa aos meniños e meniñas?
o A fronte.
o A barriga.
o As meixelas.
7. O Apalpador déixalles...
o Unha presa de noces e agasallos.
o Nada.
o Castañas e agasallos.
8. Como están os nenos e nenas a noite que esperan a visita do
Apalpador?
o Rebulindo.
o Cheos de medo.
o Moi quedos.
9. Cal é o oficio do Apalpador ?
o Carboeiro.
o Leñador.
o Pescador
10. A figura do Apalpador esta presente en toda Galicia?
o Non.
o Tradicionalmente nas zonas do Leste de Galicia.
o Si.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2. Coñecemos novas palabras.
Busca no dicionario o significado das seguintes palabras:
Devesa – ficar - apalpar – cachela - cemba - mega
3. Xogamos coas palabras.
Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co
APALPADOR
APALPADOR – APALPABARRIGAS - CASTAÑA- ESTERU – DEVESA –
OLENTZERO – CARBOEIRO – AGASALLO – AGUINALDO - BARRIGA
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Fai este encrucillado relacionado co Apalpador.
1. Parte do corpo que apalpa aos nenos e nenas.
2. Personaxe tradicional do Nadal en Asturias.
3. Profesión do Apalpador.
4. Froito que deixa aos nenos e nenas.
5. Nome que recibe na Terra de Trives.
6. Peza de vestir parecida a unha chaqueta que leva o noso personaxe.
7. Personaxe que visita aos nenos e nenas galegos na noite de Ano Vello.
8. Serra do leste de Lugo onde vive o Apalpador.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
4. Paseando por Galicia.
Sitúa no mapa de Galicia as comarcas onde o Apalpador lles trae
os agasallos aos nenos e nenas.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Investigamos
En Galicia, ademais da lenda do Apalpador, hai outra tradición sobre O Cepo de
Nadal, Busca información sobre que é o Cepo ou Tizón de Nadal.
No texto falamos de outras tres figuras que traen agasallos aos nenos e
nenas do note de España, pero existe algún máis?
Aquí vos deixo outra cántiga que fala da chegada do Apalpador, e xa van dúas,
pero será quen de atopar algunha máis?
Aí o vén o apalpador
pra facerche a revisión
se medraches ou minguaches
en talla e en musculación
Aí vén o apalpador
non é mestre nin doutor
é un vello das montañas,
onde crían as castañas
pra che dar a boa mantenza
da señora natureza.
Vén do Courel...que ben !
Vén dos Ancares...que grande !
Vén do Souto máis retorto
onde aínda moucha o moucho.
Maruxa de Baio (alcume de Sofía de Labañou) Recollido pola Coordinadora Galega dos Equipos de Dinamización Lingüística.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
6. Xogamos co Apalpador.
Rodea a figura do Apalpador que se repite.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Risca a figura que esta mirando en sentido contrario ás outras.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Constrúe o teu monicreque do Apalpador.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
7. Coloreamos
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
8. Lecturas
O Apalpador Vive nas devesas do Courel desde fai tanto tempo que ninguén sabe cantos anos ten. Pasa o día recollendo madeira, como cando era carboeiro, e no outono aproveita a viaxe e tamén vai ás castañas.
O Apalpador e a castaña máxica Este ano O Apalpador traerá agasallos a todos os galegos, como todos os anos, mais tamén traerá outra cousa... Unha castaña máxica que ten unhas curiosas propiedades.
O conto do Apalpador Inés vive na montaña. Achégase o Nadal e hai pouca comida na casa e coa axuda do seu cadeliño busca algo no bosque, mentres o fan son observados por uns seres pequeniños aos que lles gusta gastar bromas e vixiar como se portan os nenos e nenas.
Antón e O Apalpador Antón fai unha viaxe alucinante ao corazón do Caurel, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá unha personaxe mítico do Nadal galego. O Apalpador.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Apalpador vs. Papá Noel Nos misteriosos bosques do Courel están acontecendo cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintandalius decide indagar que sucede, atópase ca axuda dunha rapaza chamada Noa. Ambos emprenden unha fantástica viaxe na procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O Apalpador.
As aventuras do Apalpador. O tesouro dos mouros.
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures
A noite do Apalpador Poesía do Apalpador
En formato dixital
- Antón e o apalpador
http://issuu.com/cepaltamira/docs/conto_en_pdf
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
9. Vídeos e cancións sobre o Apalpador.
Vídeo documental
Entrevista sobre a figura mitolóxica galega do Apalpador na TVG
http://www.youtube.com/watch?v=_DGr9U4-gFU
e há de vir o apalpador. (documental feito por a Gentalha do Pichel.veciños falando dos seus recordos e cantando)
http://www.youtube.com/watch?v=hZMpYnt7AXk
fina e o apalpador ( muller do caurel lembrando a figura do apalpador)
http://www.youtube.com/watch?v=HVuy3gUT_04
Historia e contos Historia dO apalpador feita polos nenos do ceip nosa señora de xuvencos
https://www.youtube.com/watch?v=D7U4P1gPSTA
o conto do apalpador
https://www.youtube.com/watch?v=CV-jvl0Wfq4
CIFREGHO CONHECE AO APALPADOR
https://www.youtube.com/watch?v=2-E1gNuiExA
Cancións
O apalpador
https://www.youtube.com/watch?v=Ny8cb-eZxjo
KARAOKE - CANTIGA DO APALPADOR
https://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs
http://www.youtube.com/watch?v=RqqFwWaaacM#t=23 (Só a música)
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
10. Para saber máis.
Galicia Encantada
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1171
Web do Apalpador
http://www.apalpador.com/
O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate pdf
http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.
11. Recursos na rede http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/2012/11/lim-noite-do-apalpador.html
https://www.dropbox.com/s/pt9izrwsweyzark/O%20APALPADOR.pdf (UD)
http://www.slideshare.net/cucacambados/apalpador-7878360?ref=http://cuentoscancionespicto.blogspot.com.es/2011/05/o-apalpador.html
12. Bibliografía
- Galicia Encantada
- O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate.- José André
Lôpez Gonçâlez
- O Apalpador e o toro de Natal; ou «Papá Nöel» e a árvore de luzes1.- Carlos
Calvo Varela
- www.apalpador.com
- UD da Asociación Artabria