Download - Monte Castrove
O Castrove é unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra. Esténdese por terreos dos concellos de Barro e Poio, polo Leste; e Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo, polo oeste. Cae na ría de Pontevedra, en Raxó, no Costado dos Bois ( 77 m).
PRINCIPAIS ALTURAS DE NORTE A SUR:As Pozas: 459
Castrove: 613 m (o cume máis elevado)Outeiro dos Corvos: 608 m
Outeiro do Peón: 517 mChan do Couto: 317
Vista desde a Ría de Arousa
Mencer sobre o Castrove. Visto desde a Arousa
No cume do Castrove converxen os concellos de Barro, Pontevedra, Poio e Meis.
Cara oeste do Castrove
Cara leste do Castrove
Cara suroeste do Castrove
Vista desde A Pastora (Cambados)
XEOLOXÍA:As rochas dominantes son os granitos. Tamén hai pegmatitas, gneis glandular e xistos micáceos.
Península do Grove
Curiosa formación en pedra na parte baixa do Castrove.
REDE FLUVIAL:No Castrove nacen varios afluentes do río Umia (Cañón, Rego da Armenteira, Rego da Fonte Espiña ou Silván), subafluentes do río Lérez (Regos do Castrado, do Bispo e Cons; afluentes do Rons ou Gándara) e varios regatos que verten ás rías de Arousa (Río da Chanca) e de Pontevedra (Regos da Cancela, do Mouro, de Piñeiro, Esperón, Covelo, Muíños, Cruxeiro, Dorrón, Bordóns e Carabuxeira).
Rego da Armenteira (Umia)
Rego dos Muíños (Samieira-Poio) Río Cañón (Umia)
Rego do Pereiro (Poio) Rego dos Mouros (Poio)
Ocasionalmentes neva nos cumes do Castrove
Vistas cara á ría de Pontevedra
Bueu, cabo Udra, punta de Couso e as illas Cies
Poio, Pontevedra, a illa de Tambo e Marín
Poio, Pontevedra e Marín
A illa de Tambo e Marín
Poio e Pontevedra, no fondo as serras da dorsal galega.
Vistas cara á ría de Arousa
Vista xeral da ría, co val do Salnés no primeiro plano
O Salnés e, ao fondo, a serra do Barbanza
O Salnés
O Salnés, a illa de Arousa, Ribeira e a Curota.
O Salnés interior
O monte Lobeira e detrás Carril, Cortegada e Rianxo,
A desembocadura do Umia
O esteiro do Umia e, ao fondo, Aguiño.
A península do Grove e a illa de Sálvora.
O Grove e, diante, a illa da Toxa.
O Salnés, O Grove e a illa da Toxa.
Vistas cara ao interior do Val do Salnés
Á esquerda o monte Lobeira, no centro o Xiabre e á dereita o monte Xesteiras,
Interior do Salnés e o monte Xiabre.
O Salnés (Meis, Portas) e O Xiabre
FLORA Podemos distinguir a cobertura arbórea, maiormente plantacións de piñeiros e eucaliptos e pequenos núcleos de outras especies, nas proximidades das áreas de lecer, e exemplares illados de especies autóctonas (carballos, estripos, castiñeiros, pereiras bravas…) e as matogueiras de toxos e breixos, entre os que aparecen xestas, fentos, carrascas, abrodias…
Erica cinerea
Daboecia cantabrica
Abrodia (Asphodelus albus)
Toxo (Ulex gallii)
Toxo (Ulex europaeus)
Xesta (Cytisus striatus)Xesta (Cytisus scoparius)
FAUNA Ademais de gando en semilibertade, cabalos e algunhas vacas, no Castrove atopamos a fauna típica das matogueiras e das plantacións de piñeiros e eucaliptos: coellos, raposos, ratos, cortas e toupeiras entre os mamíferos; miñatos, corvos, pegas, petos, merlos, chascos, papuxas, picas, lavercas, paporrubios e ferreiriños entre as aves; lagartos arnales, lagartiños e cóbregas; sapos, común e corriqueiro,e salamántigas; numerosos insectos: grilos, saltóns, bolboretas,moscas e tabáns, escarabellos da madeira, cárabidos,… lesmas e caracolas.
Miñato común (Buteo buteo) Laverca (Alauda arvensis)
Chasco (Saxicola torquata)
Sapo corriqueiro (Bufo calamita)
Grilo (Acheta domesticus))Mosca escorpión (Panorpa communis)
Lesma (Arion ater)Escaravello da madeira (Dorcus parallelopipedus)
Vanessa atalanta Papilio machaon
Hipparchia Lycaena phlaeas
USOS:Gandeiría, caza, antenas de telecomunicación, deportes, lecer …Hai varias áreas recreativas e miradoiros.
Vista aérea da cara sur dos cumes do Castrove.No primeiro plano un campo de golf.
COMO CHEGAR: o acceso pódese facer desde Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis ou Poio. Séguese a estrada asfaltada ata a Escusa e a partir de alí vaise por pistas de terra. Hai varias rutas indicadas para camiñar ou para facer en bicicleta de montaña.
PROBLEMAS:Incendios forestais recurrentes, erosión, desaparición da vexetación autóctona…
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Cambados, novembro 2013