Transcript
Page 1: Mapa Exposición Proxectos - Galiciencia · Un ano máis, ¡e con este xa van dez!, os investigadores e emprendedores do futuro veñen a Tecnópole para mostrarnos os seus proxectos

Un ano máis, ¡e con este xa van dez!, os investigadores e emprendedores do futuro veñen a Tecnópole para mostrarnos os seus proxectos innovadores na Galiciencia. Todos eles, desde os máis novos aos máis experimentados, defenderán as súas investigacións científicas e as súas ideas para novos servizos e produtos.

Como xa vén sendo habitual e para que os nosos visitantes teñan ocasión de aprender cousas novas, sumámonos á conmemoración que cada ano se fai de áreas de coñecemento concretas. Nesta edición haberá talleres temáticos relacionados coa celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz. E para que todos poidamos gozar aínda máis da feira científica máis importante que se celebra en Galicia.

ACTIVIDADES PARALELASTALLER DE PERIODISMO CIENTÍFICO: V EDICIÓN DA REVISTA OFICIAL DE GALICIENCIAOs alumnos dos centros de ensino que acoden ás Aulas Tecnópole que o desexen (cun máximo de 10) terán a oportunidade de exercer de xornalistas de divulgación científica durante o desenvolvemento da Galiciencia. Para o que dúas semanas antes da súa celebración aqueles alumnos de Secundaria e Bacharelato que se mostraron interesados nesta actividade, recibirán formación práctica sobre as claves do periodismo científico. En paralelo ao desenvolvemento da Galiciencia elaborarán a V Revista Oficial da Galiciencia: con artigos, reportaxes, crónicas, fotografías..., de todo o acontecido no certame. O último día da feira entregarase a revista aos asistentes e enviarase aos centros de ensino que acudiron á Galiciencia.O taller pretende que os participantes aprendan a importancia de divulgar a ciencia, de preguntar cando algo non se entende o suficiente como para sabelo explicar, de coñecer os xéneros xornalísticos e os seus recursos, e a importancia de comunicarse e a divertirse coñecendo de preto a experiencia e as esixencias dunha profesión real.

PROXECTO AUDIOVISUAL COLABORATIVO: VÍDEO GALICIENCIA 2015Animarase aos participantes na Galiciencia a elaborar vídeos (cos seus teléfonos e tablets) para captar os mellores momentos da feira. Estableceranse os temas a gravar e repartiranse entre os participantes (os bloques temáticos realizaranse co obxectivo de que haxa material audiovisual de toda a feira e os seus mellores momentos). O persoal de Tecnópole realizará a selección dos vídeos e a montaxe final que se colgará na web e nas redes sociais para darlle a máxima difusión posible ao material que se obteña.

Exposición permanente "10 galiciencias" Promovida pola Consellería de Economía e Industria. Un percorrido en imaxes pola evolución histórica dos dez anos da Galiciencia. A exposición está composta por 10 paneis, cada panel contén as mellores fotografías de cada ano da Galiciencia.

Exposición "Un Universo de Luz"Realizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), con motivo da celebración en 2015 do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, declarado así por Nacións Unidas. Ao longo de 20 paneis, a mostra trata de describir diferentes aplicacións da luz, resaltando o papel que xogan no noso día a día e en como melloran a calidade de vida das persoas.

Xogando coa Luz. 50 min. Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.

Desde as cavernas, os humanos foron conscientes da importancia da luz. E desde os albores da civilización, fomos desenvolvendo tecnoloxías asociadas a esta. Desde primitivos sistemas de iluminación a complexos sistemas ópticos.

Esta charla estrutúrase en torno ás propiedades físicas da luz, da que estudaremos a súa orixe, o seu comportamento óptico, o seu espectro, a procedencia das cores e os espectros de emisión, entre outros temas.

Todos os contidos estarán ilustrados con experiencias de grande espectacularidade. Entre outras cousas, veremos a través de materiais opacos e descubriremos as misteriosas propiedades das cores.

Novas tecnoloxías baseadas na luz. 50 min. Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.

O taller ten como eixo central a luz e as súas aplicacións técnicas. Para poder tratar o tema de forma axeitada, faremos unha introdución sobre as súas características e propiedades, percorrendo a historia sobre o seu coñecemento e o proceso de descubrimento das súas características.

A continuación, mergullarémonos nas tecnoloxías baseadas na luz, que dende a invención das primeiras lentes seguiron unha evolución incrible que chega ata os nosos días.

Láser: A navalla suíza da luz. 50 min. Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP.

Todos soñamos algunha vez con ter unha espada láser como a da Guerra das Galaxias. A mala nova é que as espadas láser non existen, a boa é que a luz láser vale para case todo o demais. Cos láseres podemos medir, cortar, gardar e transmitir información, analizar a materia, crear hologramas, destruír obxectivos militares ou atrapar partículas (si, o raio tractor existe).

Hai un século, Einstein postulou o principio físico dos láseres. Logo de catro décadas de esforzo, os científicos construíron o primeiro prototipo. Neste taller xogaremos cos láseres e comprenderemos que teñen de especial en comparación coa luz ordinaria. Empregaremos os punteiros como unha navalla suíza de luz, que como todas as navallas hai que empregar con sentidiño.

Dos átomos á luz: unha exploración con sesión de vídeo streaming o xoves 19 de novembro de 10:00 a 11:00h. 50 min. Público xeral. O taller consiste nunha exploración experimental desde as propiedades dos átomos ata o comportamento da luz. Así como a materia está formada por unidades (átomos) que posúen unha estrutura (núcleo e electróns), a luz tamén está formada por unidades (fotóns) que actúan individualmente coa materia e pode producir cambios químicos que dependen da enerxía dos fotóns e da enerxía coa que os átomos están unidos. Os espectros son representacións da distribución de enerxía presente na luz e de como a luz interacciona cos materiais. A luz orixínase nos cambios de estado dos electróns nos átomos e a súa análise (espectroscopía) revela que átomos son responsables da emisión de luz. Vemos a luz debido a unha reacción fotoquímica nos pigmentos presentes nas células sensibles da retina, que soamente responden a un certo intervalo da radiación electromagnética (luz visible).

Robótica. 50 min. Alumnado de Primaria e Educación Especial.

A programación e a robótica están presentes nunha gran cantidade de elementos que nos rodean hoxe en día, polo que se fai necesario aproximarse aos seus conceptos básicos dunha maneira lúdica.

O taller trata de achegar os participantes á ciencia e tecnoloxía, combinando a construción e programación de robots dunha maneira práctica e activa.

Como verdadeiros enxeñeiros, mediante o traballo cooperativo, resolverán retos e problemas sinxelos, poñendo a proba os coñecementos adquiridos durante o taller.

Cando o Sol se deita. 50 min. Alumnado de Primaria e Educación Especial.

Neste taller trátase de achegar aos asistentes conceptos básicos sobre a luz e sobre a formación e a percepción das cores mediante a realización de varias experiencias que serán reforzadas con material audiovisual.

Ao finalizar o taller ,os participantes poderán concluír que o cerebro interpreta a información transmitida polos órganos da visión para construír a realidade.

1 Sistema de alerta temperá de inundación T2W2 Estudo do estado cardiovascular dos adolescentes de Ourense T2W3 Deseño dunha aplicación de compravenda de produtos agrícolas sen intermediarios Aulas Tecnópole4 Camiseta deportiva con LEDs preventiva para problemas de corazón Aulas Tecnópole5 Deseño e construción dun hovercraft Aulas tecnópole6 Sistema de proxección de imaxes holográficas Aulas Tecnópole7 Pastas de dentes con algas O Castro Internacional School8 Aproveitar as belotas do Quercus R. para fabricar aglomerados e outras cousas Colexio Guillelme Brown9 Elaboración de caramelos con vexetais edulcorantes diferentes do azucre Colexio Guillelme Brown10 Illamento e insonorización con paneis elaborados con cascas de cacahuete Colexio Guillelme Brown11 Bebidas enerxéticas naturais aptas para alérxicos fronte a bebidas comerciais Colexio Guillelme Brown12 Deseño dun biodixestor doméstico para obter gas nun cámping Escola Bertrán13 Estudo das sensacións producidas despois da actividade física Institut El Cairat14 Energy Harvesting mediante elementos pizoeléctricos Colegio Montecastelo15 edu.app A app para os profesores e estudantes de Galicia IES Rosalía de Castro16 Maqueta "Tren de lavado/secado de coches" IES Rosalía de Castro17 SOS.Tón IES Rosalía de Castro18 Espantallo móbil para viñas IES Rosalía de Castro19 Nin perdoo nin esquezo MAGMA20 Realidade aumentada no Museo Europeo de Arte Moderna de Barcelona MAGMA21 Sistema automático de detección de alérxenos usando códigos de colores Colegio SEK-Atlántico Internacional22 Modelo experimental de bastón con sensores robóticos para invidentes Colegio SEK-Atlántico Internacional23 Ten algunha vantaxe evolutiva os ollos claros? Colexio Abrente24 Dispersión de sementes de carnabudo por mamíferos no Courel CPI Poeta Uxío Novoneyra25 Controlamos o que pensamos? CPI Poeta Uxío Novoneyra26 Éxito de polinización de 3 especies de orquídeas no Courel CPI Poeta Uxío Novoneyra27 GalInercia, construción dunha goitibera. Proxecto técnico CPR Plurilíngüe Santa María-Maristas28 GalInercia, creación dunha goitibera. Proxecto empresarial CPR Plurilíngüe Santa María-Maristas29 As intuicións:Unha aproximación científica á precognición Fundación Eduardo Pondal30 A ciencia na cociña. Gastronomía molecular Galén31 Sci-Challenge: Proxecto Urtica IES David Buján32 Identificación de minerais e rocas mediante códigos QR IES David Buján33 Proxecto AQUA. Ciencia cidadá no teu fogar IES David Buján34 A Coruña aumentada. A Coruña enriquecida IES David Buján35 Un robot na miña aula! IES Concepción Arenal36 Ourense 3d. Un percorrido virtual baseado no mapeado de edificios CPR San José Josefinas37 Cambios en praias da Mariña Lucense IES de Ribadeo Dionisio Gamallo38 Estudo da vitamina C en froitas galegas fronte a foráneas IES Pintor Colmeiro39 Tabaco, o maior inimigo dos nosos pulmóns Lauaxeta Ikastola40 Creando novas canles de comunicación en educación Lauaxeta Ikastola41 Docunautas IES Xoán Montes42 Patrón de funcionalidade das algas en charcas intermareais da Ría de Vigo Colexio Plurilíngüe Alborada43 Recuperación da memoria histórica da Illa de San Simón segundo "Faro de Vigo" Colexio Plurilíngüe Alborada44 Estudo sobre o efecto de radiacións infravermellas no desenvolvemento das plantas Colexio Plurilíngüe Alborada45 Fabricación de galletas caseiras con fibra de froitas Colexio Plurilíngüe Alborada46 O río Miño dende o IES Pazo da Mercé IES Pazo da Mercé47 Estudo de poboación e alimentación de talitrus saltador na praia de Vilariño IES Mendiño - Axica Alborada48 Desmitificando mitos: “Efecto coriolis” IES Xermán Ancochea Quevedo49 Cámara de arrefriamento con Peltier - Cámara de néboa Seminario Diocesano de Lugo50 Xeradores eléctricos Seminario Diocesano de Lugo51 A auga da vida. Horta hidropónica CPR Plurilíngüe Divino Maestro52 Estudo sobre o consumo de bebidas enerxéticas e datos de IMC en Meis CPI Mosteiro-Meis

Xogando coa Luz. 50 min.

1EP Luz e Movemento CEIP Plurilíngüe Carballal- Cabral2EP Estudo sobre a importancia da industria da salgadura e as salinas en Vigo Colexio Plurilíngüe Alborada3EP Ano internacional da luz:os Hologramas Colexio Plurilíngüe Alborada4EP Ano internacional da luz:estudo da iridiscencia no mundo animal Colexio Plurilíngüe Alborada5EP Veracidade da información do contido en alcohol das cervexas "SEN" Colexio Plurilíngüe Alborada6EP A vida nunha gota de auga de mar:un minúsculo ecosistema Colegio Plurilingüe Alborada7EP Observacións sobre o funcionamento dos fermentos Colexio Plurilingüe Alborada8EP Caixa de música interactiva Fundación Eduardo Pondal9EP Estudo da presenza de amidón en alimentos Fundación Eduardo Pondal10EP Ortigator.O remedio para as picaduras de ortigas Fundación Eduardo Pondal1EP Vendo medrar as cebolas CPI Poeta Uxío Novoneyra2EP ¿Que condicións inflúen na aparición e crecemento do mofo? CPR Concertado Valle Inclán 1 3EP Lámpadas de lava Colexio Guillelme Brown4EP Que ricas son as pombiñas de millo! Colexio Guillelme Brown5EP Afectan as microondas na xerminación das sementes? Colexio Guillelme Brown6EP Non é maxia...É neve química! Colexio Guillelme Brown7EP Xogamos con mesturas:mesturas sorprendentes. Colexio Guillelme Brown8EP Para que serve unha centrifugadora? Colexio Guillelme Brown9EP Diversidade das macroalgas de Galicia O Castro Internacional School10EP Cremas faciais e corporais de algas O Castro Internacional School1EP O Cobertor do es-CALO-FRÍO Colexio Luis Vives2EP Sabías que nunca lle adicaron un día das letras galegas ao autor da 1ª Gramática CPR. Plurilíngüe Divino Maestro

1234567891011

26252423222120191817162829303132333435363738

15 27

121314

52515049484746454443424140391098

4567

123

Entrada

Tecnópole

Educación Secundaria Educación Primaria

Saída deem

erxenciaSaída de

emerxencia

Mapa Exposición Proxectos Mapa Exposición Proxectos

Poxectos Primaria

Proxectos Secundaria

Page 2: Mapa Exposición Proxectos - Galiciencia · Un ano máis, ¡e con este xa van dez!, os investigadores e emprendedores do futuro veñen a Tecnópole para mostrarnos os seus proxectos

20062007

20082009

2010 20112012

20132014

2015


Top Related