Download - Lecturas veran 2013
Recomendacións
para as
vacacións
Xuño -2013
Biblioteca
IES POETA AÑÓN
Outes
Cine Cómic e novela gráfica
O noso catálogo na rede http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED008
Web do centro
http://www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon
Blog do club de lectura
http://laretas.blogspot.com.es LARETAS
A partir de 12 anos A partir de 14 anos Lectores adultos
LA ASESINA A. Papadiamanti
A historia transcorre nunhas illas gregas tan fer-
mosas como pobres, O autor narra a estremecedo-
ra historia dunha hábil curandeira, viúva e nai
experta en todo tipo de artes curativas que decide
librar a varias familias das súas fillas pequenas ou
recentemente nadas, pois estas, segundo ela mes-
ma, serán só unha carga no medio de tanta mise-
ria...
UNA VACANTE IMPREVISTA JK Rowling
A historia desta primeira obra de Rowling para
adultos céntrase en Pagford, un imaxinario pueble-
cito do sudoeste de Inglaterra onde a súbita morte
dun concelleiro desata unha feroz pugna entre as
forzas vivas do pobo para facerse co posto do fale-
cido, factor crave para resolver un antigo litixio
territorial.
O RASTRO QUE DEIXAMOS A. Fdez. Paz
Volume que reúne por vez primeira textos dados a
coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes
medios ao longo do tempo, así coma outros que
permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un
regueiro de episodios fundamentais na súa vida,
retallos da memoria agrupados en dúas liñas esen-
ciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita.
EL INVIERNO DEL MUNDO Ken Follet
Continuación do primeiro libro da triloxía “La
caída de los Gigantes.” no que se relata a historia
de cinco familias europeas, na época da Primeira
Guerra Mundial. Un paseo pola historia dende
1933, momento do auxe do Partido Nazi en Ale-
maña ata 1949, o momento máis duro da guerra
fría, pasando pola Segunda Guerra Mundial.
EL INCREÍBLE CASO DE BARNABY BROCKET
John Boyne
Barnaby Brocket é un neno especial que pertence a
unha familia demasiado normal; peor aínda, tre-
mendamente normal, aburridamente normal. Os
seus pais e os seus irmáns son xente respectable e
non lles gusta nada chamar a atención; pero o seu
mundo ponse patas para arriba o día en que nace
Barnaby. A súa nai dáse conta de que algo vai mal
en canto empeza a notar as dores de parto, extraña-
mente intensos, aínda que o peor está por chegar: ¡o
seu bebé sae disparado e quédase flotando no teito
da habitación!
JULIA, LA NIÑA QUE TENÍA SOMBRA DE CHI-
CO
Julia é unha nena que non fai as cousas «como todo
o mundo», segundo lle din continuamente os seus
pais: «es igual que un mozo». Ata que un día desco-
bre que a súa sombra non é de nena, senón de ra-
paz, e por iso busca un lugar onde non ter sombra,
e nesa procura atopará un amigo co que compartir a
súa tristeza.
O CORAZÓN DE XÚPITER Ledicia Costas
Non é doado mudar de cidade e empezar de cero nun
novo instituto. Isla devecía por dar un paseo polo
espazo, avistando planetas a través do telescopio.
Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era
o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos
que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén
que semellaba saber moito de estrelas. As longas con-
versas até ben entrada a madrugada prenderan unha
luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba
as fronteiras do ciberespazo
ESCUELA DE FRIKIS Gitty Daneshvar
A Theo, Madeleine, Lulu e Garrison únelles só
unha cousa: cada un deles sofre dalgunha fobia. Os
catro acaban na misteriosa ESCOLA DE FRIKIS, un
lugar inaccesible e illado rexentado pola excéntrica
Mrs. Wellington e o seu maiordomo cego.
O CONTADOR DE ESTRELAS Jaureguízar
Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis
aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acom-
pañándo á nai nunha base do servizo antilumes, no
medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando co-
ñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da
astronomía e do namoramento.
RAPOEMAS Aid
Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se
musican os grandes clásicos da literatura galega.
Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros can-
tados desta maneira. A sorpresa vai ser grande.
MI HERMANDA VIVE SOBRE LA REPISA DE LA
CHIMENEA Annabel Pitcher
Pouco antes de cumprir dez anos, o pequeno Jamie
vaise a vivir ao norte de Londres co seu pai separado,
a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger
para empezar desde cero. pasaron cinco anos desde a
morte de Rose, a gemela de Jasmine, nun atentado
terrorista islámico en Londres. Os seus pais non con-
seguiron superar a dor e parece que Jasmine tampou-
co: tinguiuse o pelo de rosa, fíxose piercings e optou
por non comer. A familia veuse abaixo.
O NOSO AMOR SERÁ ETERNO XH R Corcón
O trobador Buserán era home forte, de mirada chea
de nobreza. A súa amada, Frolinda posuía unha bele-
za que estremecía os seres sensibles e o seu corazón
estaba enchido de bondade e xenerosidade. Com-
prenderon que nada na vida tería sentido se non a
vivían xuntos e xuraron que seguirían unidos, pasase
o que pasase. Rocío e Ramón, veciños da mariñeira
vila de Muxía coñecerán no acantilado da furna Bu-
serana a fermosa pero tráxica historia de amor eterno
entre o trobador e a súa namorada.