GUÍA DO ALUMNADO
INGLÉS COMO SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA
Segundo curso
BACHARELATO A DISTANCIA
Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente
Rúa San Clemente S/N 15705 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 580496; 981 580366 Fax: 981 572190
Correo Electrónico: [email protected] Páxina web: www.iessanclemente.net
Departamento de Inglés: 981 555911
2
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN 3
2. OBXECTIVOS XERAIS 4
3. CONTIDOS XERAIS 6 3.1. HABILIDADES COMUNICATIVAS 6 3.2. REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA. 7
4. LEXISLACIÓN 9
5. PRESENTACIÓN DO CURSO 9
5.1. MATERIAIS 10 5.2.OUTROS MATERIAIS 11 5.3. PREPARACIÓN PARA O ESTUDO 12 5.4. CONTIDOS MÍNIMOS 14
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 16
6.1. CRITERIOS XERAIS 16 6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS 17
6.2.1 AVALIACIÓN TRIMESTRAL 18 6.2.2 AVALIACIÓN FINAL 18
7. OUTRO MATERIAL RECOMENDABLE 18
8. PROTOTIPO DE EXAME 20
9. BIBLIOGRAFÍA 22
3
1. INTRODUCIÓN
O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais,
culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o
coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.
Ademais, o desenvolvemento de novas tecnoloxías converten as linguas estranxeiras nun
instrumento indispensable para a inserción no mundo do emprego.
A integración na Unión Europea de países con falantes de linguas diversas fai necesario
o coñecemento de linguas estranxeiras para facilitar a comunicación entre os membros desa
comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento
fundamental na construción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural,
ao mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a
cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.
O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a
aprendizaxe de linguas estranxeiras e insiste na necesidade de que as persoas desenvolvan
competencias suficientes para relacionarse con outros membros dos países europeos. En
consecuencia, estima que se debe dar un novo impulso á ensinanza de idiomas que axude a
desenvolver a idea de cidadanía europea e recomenda a adquisición dun certo nivel de
competencia comunicativa en máis dunha lingua estranxeira.
O currículo de Bacharelato contempla que os alumnos, por unha parte, continúen
desenvolvendo a súa competencia comunicativa na lingua estranxeira na que se iniciaron ao
longo das etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria e, por outra
parte, que adquiran un nivel axeitado de competencia comunicativa nunha segunda lingua
estranxeira que se puido iniciar xa na etapa anterior. Para o alumnado que curse outras
modalidades de Bacharelato, as administracións educativas poderán ofertar unha segunda
lingua estranxeira como materia optativa dentro do seu currículo.
A posibilidade de estudar unha segunda lingua estranxeira xa contemplada na Lei
Orgánica 1/1990 (LOXE) de 3 de outubro, (BOE do 4 de outubro) aparece recollida na Orde
4
de 2 de maio de 1996 (DOG nº 106), onde na introdución ao currículo se di que o estudo
dunha segunda lingua estranxeira “permitirá tanto a aproximación ás novas realidades culturais
coma ás relacións entre diferentes culturas en ámbitos académicos, científicos, humanísticos e
da vida cotiá”. Ademais ou artigo 8.3 da Orde do 18 de maio de 2000 (DOG nº 106) establece
que a segunda lingua estranxeira “deberá ser de oferta obrigada en tódalas modalidades” de
Bacharelatos. Se ben é certo que o marco legal establece as bases para facilitarlles aos
cidadáns a aprendizaxe de linguas estranxeiras, non podemos esquecer que o proceso de
unidade europea, xunto coa globalización a que vai estar sometido o globo terráqueo, demanda
o dominio de polo menos tres linguas, que no caso da nosa comunidade converteríanse en
catro dada a nosa condición de bilingües.
O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin
de facer eficaces os actos de comunicación. As destrezas que se desenvolverán serán
produtivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral, escrita e interpretación de
códigos non verbais) e baseadas na interacción ou na mediación.
Recorda que aprender o inglés non só serve para poder expresarse e comunicarse
noutro idioma, senón que tamén contribúe á túa formación intelectual xeral, reforzando as túas
capacidades cognitivas, desenvolvendo a túa propia autonomía, así como ampliando os teus
horizontes e coñecementos sobre outras culturas, o que che permitirá unha mellor
comprensión e valoración crítica do mundo que che toca vivir
Por suposto que non se che vai esixir neste primeiro curso, un nivel equivalente ao da
primeira lingua; pero si o suficiente para que, no segundo curso, poidas alcanzar unhas
competencias lingüísticas axeitadas.
Por outra banda, o feito de ter xa estudado outro idioma, vaiche reportar vantaxes á
hora de aprender a nova lingua con maior facilidade e, polo tanto, de adquirir un nivel moi
aceptable en pouco tempo.
2. OBXECTIVOS XERAIS
• Comprender e interpretar criticamente os textos orais, escritos e visuais emitidos en
situacións de comunicación habitual e polos medios de comunicación.
5
• Utilizar a lingua estranxeira de forma oral e escrita, co fin de comunicarse con fluidez e
corrección, mediante o uso de estratexias adecuadas.
• Ler de maneira autónoma sen axuda do dicionario textos de temática xeral ou
adecuados aos intereses dos alumnos, comprender os elementos esenciais e captar a súa
función e a organización discursiva.
• Utilizar estratexias de comprensión que permitan inferir significados descoñecidos de
léxico a través do contexto, o seu propio coñecemento do mundo e aspectos
lingüísticos tales como a formación das palabras, prefixos e sufixos, sinónimos e
antónimos, etc.
• Reflexionar sobre o funcionamento da lingua estranxeira na comunicación, co fin de
mellorar as producións propias e comprender as alleas, en situacións cada vez máis
variadas e imprevistas.
• Reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe, empregando recursos
autónomos, baseados na observación, corrección e avaliación, co fin de coñecer en
todo momento o estado da aprendizaxe e de continuar no futuro co estudo da lingua
estranxeira.
• Coñecer os aspectos fundamentais do medio sociocultural da lingua estranxeira, co fin
de acadar unha mellor comunicación e unha mellor interpretación das diferentes
culturas, na procura dun mellor entendemento internacional.
• Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio para acceder a outros coñecementos
e a outras culturas, facilitando deste xeito a comprensión da lingua e da cultura propias.
• Valorar criticamente outros modos de organizar a experiencia e estruturar as relacións
persoais comprendendo o valor relativo das convencións e normas culturais.
• Reflexionar sobre o funcionamento das linguas, establecendo paralelismos e contrastes
entre as linguas coñecidas e a lingua estranxeira.
6
• Reflexionar sobre os parecidos e as diferenzas entre as diversas culturas e desenvolver
respecto por elas, na procura dunha maior tolerancia entre os pobos.
• Desenvolver a imaxinación, a sensibilidade e a creatividade no uso e aprendizaxe da
lingua estranxeira.
3. CONTIDOS XERAIS
3.1. HABILIDADES COMUNICATIVAS
• Obtención de información global e específica de textos orais e escritos, identificando as
ideas principais contidas nos mesmos
• Predición e dedución de informacións en diferentes tipos de textos e comprobación
posterior das ideas ou suposicións anticipadas por medio dunha audición ou lectura
posterior.
• Identificación de palabras de enlace e elementos de referencia en textos para interpretar
a cohesión e coherencia dos mesmos.
• Lectura autónoma de textos escritos referidos á actualidade, á vida cultural ou
relacionados cos intereses profesionais, presentes ou futuros, dos alumnos.
• Comparación e contraste entre informacións sobre un mesmo tema publicados ou
emitidos en diferentes medios de comunicación.
• Participación activa en discusións ou debates sobre diversos temas, usando
argumentación e contra-argumentación, tanto oralmente como por escrito co fin de
resolver problemas de forma cooperativa ou tomar decisións en grupo sobre un tema
específico.
• Narracións e descricións orais e escritas de acontecementos ou experiencias persoais e
redacción de distintos tipos de textos atendendo ás características que os definen.
• Uso das novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira.
• Construción de textos coherentes atendendo aos seguintes aspectos: corrección no uso
de elementos lingüísticos, estruturación de frases e paragrafo e relevancia das ideas
expostas en relación con un tema determinado.
• Planificación das mensaxes que se desexan transmitir tendo en conta aos
interlocutores, a atención comunicativa e os esquemas textuais axeitados.
7
• Participación na elaboración de proxectos, tales como a elaboración dun periódico, un
folleto, unha enquisa, unha sondaxe, etc., integrando as destrezas de forma apropiada.
• Audición de mensaxes emitidos por falantes con distintos acentos co fin de
familiarizarse con eles a hora de realizar as tarefas requiridas
3.2. REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA.
A) Funcións da linguaxe e gramática
1. Describir detalladamente a aparencia física, estado de saúde, carácter, gustos e intereses
dunha persoa real ou imaxinaria; describir e comparar obxectos e lugares.
• Presente Simple/ Presente Continuo
• Like/ enjoy/ love/dislike/ hate/ prefer… + xerundio ou to + infinitivo.
• Verbos non utilizados na súa forma continua: believe/ know/ seem, etc.
• Adxectivos. Comparativos e superlativos
• Phrasal verbs para expresar trazos físicos.
• Oracións de relativo especificativas e explicativas.
2. Expresar sentimentos e falar de relacións persoais.
• Be + adxectivos
• Comparacións: as if, as... as; as though.
• Verbos pronominais seguidos de adxectivos: look angry / smell good, etc.
• Phrasal verbs para falar do desenrolo das relacións persoais.
• Prefixos e sufixos para formar adxectivos.
3. Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir e advertir. Expresar obrigación e ausencia da
mesma, capacidade e necesidade.
• Must/ mustn’t
• Should/ ought to
• Need/ needn’t
• Have to/ don’t have to
• Can/ be able to/ could
• Can / could / may
4. Formular hipóteses e especular. Establecer condicións e falar de verdades xerais. Expresar
queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento.
8
• Oracións condicionais tipo I, II e III.
• Uso de Unless/ as long as/ provided that, etc.
• Uso de wish.
5. Narrar biografías, películas e demais acontecementos respectando as técnicas de expresión.
• Pasado simple e continuo
• Pretérito perfecto
• Could
• Expresións temporais: Ago/ since/ for/later/when/after/before/then, etc.
• Marcadores do discurso: conectores e outros recursos de cohesión.
6. Mostrar acordo e desacordo e dar explicacións
• So auxiliar + suxeito/ neither/nor auxiliar +suxeito . Too.
7. Analizar cambios en diferentes lugares, nas cousas e na sociedade. Facer suposicións ou
referencias a accións pasadas
• Pasado Simple/ Pasado Continuo
• Pretérito Perfecto + just/ yet/ already
• Pretérito Pluscuamperfecto
• Voz pasiva
• Usos de xerundio despois de preposicións e como suxeito.
• Adverbios de modo e intensidade.
8. Expresar causa, consecuencia e finalidade.
• Oracións subordinadas
• • Conectores
9. Relatar o que outra persoa dixo, preguntou, ordenou ou suxeriu. Preguntas indirectas.
• Estilo indirecto. Statements, questions, orders, suggestions (say/tell/ask/ suggest, etc.)
• Expresións temporais e de lugar: then, the day before, etc.
B) Léxico-semántico.
• Relacionado cos temas tratados: experiencias, traballo, estudos, novas tecnoloxías,
medio ambiente, relacións persoais, noticias, ocio, intereses, lugares, etc.
• Fórmulas e expresións.
9
C) Fonética
• Pronunciación de fonemas vocálicos, consonánticos, ditongos e tritongos de especial
dificultade: fonemas mudos, semivogais, semiconsoantes, etc.
• Pronunciación de formas débiles: have/has/was/were, etc..
• Pronunciación de formas contractas.
• Acentuación de palabras e frases.
• Entoación de frases.
• Ritmo
4. LEXISLACIÓN
• Real Decreto 831/2003, do 27 de xuño, polo que se establecen as ensinanzas comúns
da educación secundaria obrigatoria.
• Real Decreto 832/2003, do 27 de xuño, polo que se establece a ordenación xeral e as
ensinanzas comúns do bacharelato.
5. PRESENTACIÓN DO CURSO
Tendo en conta a realidade na que se atopa o alumnado que vén ao noso centro e
coñecedores da crise existente no ensino-aprendizaxe da lingua inglesa no noso pais, decidimos
escoller o libro de texto que máis abaixo detallamos coa esperanza de que ao remate dos dous
cursos o alumnado que teña escollido esta materia sexa capaz de manexar os CONTIDOS
MÍNIMOS que máis adiante se especifican.
As primeiras cinco unidades (files) do Pack que propoñemos estudaranse en primeiro
curso e as cinco restantes constituirán a materia de segundo curso.
Este curso ofréceche:
• orientación paso a paso.
• obxectivos claros de aprendizaxe e unha auténtica sensación de progreso.
• exercicios e contidos gramaticais fáciles de utilizar e entender.
• presentación do vocabulario organizada e estruturada.
• actividades de comunicación en situacións cotiás dende o primeiro momento.
• consellos para quitar máis proveito do estudo.
10
• práctica constante e avaliación.
Nivel 1
O final do Nivel 1 terás aprendido a expresarte de forma sinxela pero con corrección
no presente, no pasado e no futuro. Coñecerás 1.200 palabras e frases frecuentes, e serás
capaz de “defenderte” en diversas situacións prácticas.
English File 1 Self-study Edition correspóndese coas etapas A1 (Breakthrough) e A2
(Waystage) do Marco de Referencia Común do Consello de Europa (Common European
Framework).
Etapa A1
• Entende frases e expresións de uso frecuente e frases destinadas a satisfacer
necesidades concretas.
• Pódese presentar ao coñecer a xente nova e sabe presentar a outros.
• É capaz de preguntar e responder sobre detalles persoais como onde vive, a xente que
coñece e as súas pertenzas.
• Pode dialogar de forma sinxela, sempre e cando o interlocutor fale devagar e claro e
estea disposto a axudarlle.
Etapa A2
• Entende frases e expresións de uso frecuente relativas a temas de relevancia inmediata:
información persoal e familiar básica, compras, xeografía local, emprego, etc..
• É capaz de se comunicar en situacións sinxelas e habituais que requiran un troco
simple e directo de información sobre temas coñecidos e cotiáns.
• Pode describir, en termos xerais, temas da súa orixe, experiencia e entorno habitual, e
expresar as súas necesidades máis inmediatas.
5.1 MATERIAIS
Libro de Texto: English File 1. Self-study Edition Pack I. Editorial: Oxford University
Press, cos compoñentes que se detallan máis abaixo. As cinco últimas files (unidades).
11
• Manual do alumno
• Transcricións e solucionario
• CD audio (3)
• Gramática e práctica
5.2 OUTROS MATERIAIS
• Guía do alumno
• CD audio Listen and speak (1)
• Vídeo
• Guía do vídeo CD ROM
Manual do alumno
Presentación e práctica da linguaxe básica, con introdución, explicacións e instrucións
en castelán. Inclúe seccións especiais de vocabulario, un dicionario ilustrado e tests de
autoavaliación.
Transcricións e Solucionario
Contén a transcrición das gravacións incluídas nos CD audio e as respostas a todos os
exercicios.
CD audio
Material completo de comprensión oral para o curso.
Gramática e Práctica
Resumos de gramática en castelán e exercicios de gramática (con solucións) para cada
file.
Guía do alumno/a para a utilización do material de soporte do curso
Expón en detalle como utilizar os demais compoñentes e aborda os puntos gramaticais
con maior profundidade. Recoméndase usar esta Guía ao comezar o curso e sempre que se
12
necesite unha explicación mais detallada das actividades, da gramática ou do uso do
vocabulario.
CD audio Listen and speak
Exercicios de práctica para escoitar e repetir no coche ou no equipo de música persoal.
Vídeo
Unha serie de historias independentes, entretidas e cheas de humor. Cada historia
céntrase nunha estrutura lingüística básica e está adaptada para un nivel principiante.
Guía do vídeo
A Guía do vídeo explica como utilizar os episodios con eficacia dentro do programa de
autoestudo. Inclúe a transcrición do vídeo.
CD ROM
Contén exercicios de práctica interactivos que reforzan o aprendido en English File 1.
Inclúe a táboa de sons ingleses, unha lista do vocabulario activo e actividades para desenvolver
o vocabulario contido no Word bank.
5.3. PREPARACIÓN PARA O ESTUDO
• Antes de iniciar o curso, debes familiarizarte cos compoñentes que o integran. O teu
material básico de estudo constituirano o Manual do alumno e os tres CD audio. É
conveniente que teñas o caderniño de Transcricións e Solucionario sempre a man, como
referencia. Recomendámosche que uses un caderno para tornar apuntes mentres
realizas o curso. O caderniño de Gramática e Práctica ofréceche un resumo dos principais
contidos gramaticais. Se necesitas mais explicacións, consultar a Guía do alumno ou
poste en contacto co titor por teléfono, na Aula Virtual, no Foro, nos Chats, por
correo electrónico, por correo normal ou ben atendendo ás titorías presenciais.
• Familiarízate coa estrutura do Manual do alumno. O Manual do alumno está estruturado en
files e leccións. Cada lección conta cunha páxina de exercicios de práctica. Despois de
13
cada file, atoparás material de repaso e, ao final do libro, tes material de consulta e de
referencia.
• CD audio Listen and speak, o Vídeo, e o CD ROM constitúen unha parte importante
do programa de inglés. Proporcionan variedade e axúdanche a reforzar e practicar o
inglés de forma amena. Utilízaos despois de cada lección e cando acabes cada file. Se
non dispós de tempo suficiente, non é imprescindible que os utilices; non obstante,
recomendamos que os inclúas todo o que poidas no teu programa de estudo para obter
a máxima exposición á lingua inglesa e quitar o máximo partido do curso.
• Realiza o curso en orde cronolóxica. Non pases ao file seguinte ata que teñas o
convencemento de que entendes a anterior. As páxinas de práctica e os tests teñen a
finalidade de axudarche; tenta utilizalos con regularidade para reforzar os
coñecementos que vas adquirindo.
• Traballa ao teu propio ritmo. Podes decidir se prefires estudar durante períodos curtos
ou longos. Recomendámosche que estudes pouco tempo, pero con frecuencia.
• Cando se está a estudar sen profesor, é importante pórse metas que se poidan cumprir.
Márcate obxectivos realistas, segundo o tempo do que dispoñas, e tenta mantelos ; por
exemplo, cinco palabras novas ao día, unha lección á semana, un file ao mes, etcétera.
Dicionario ilustrado
Para o repaso ao final da lección, ou antes de comezar a seguinte, utiliza o Word bank
para revisar o vocabulario de leccións anteriores.
Páxinas de Práctica lingüística
Despois de cada lección, busca a páxina de Práctica lingüística correspondente, ao final
do file, e realiza os exercicios. Comproba as túas respostas no caderniño Transcricións e
Solucionario. Despois, aprende as palabras que aparecen no recadro Vocabulario.
Leccións Travel with English
14
As leccións Travel with English céntranse na linguaxe de situacións prácticas. Cada file
inclúe unha lección Travel with English. De igual modo que nas leccións principais, realiza todas
as actividades e fai uso do CD audio sempre que se indique.
Libro de Gramática e práctica
Este libro contén un resumo gramatical en cada unidade e á carón unha
variedade de exercicios para a práctica gramatical. As solucións atoparalas ao remate
deste libro.
Actividades
Como xa sabes, a educación a distancia baséase na realización de actividades, unhas de
autoavaliación, que podes corrixir ti mesmo, e outras de heteroavaliación, que serán as che
poida indicar o titor ao longo do curso.
Recorda que só debes enviar ou entregar ao titor as actividades que este che
propoña e aquelas que non entendas ben ou que che parezan difíciles.
5.4 CONTIDOS MÍNIMOS
Primeira avaliación
Unidade 6 Gramática
• Me/him; etc..; Why? Because... • There is/ are; some/ any • O pasado simple: was/ were • There was/ were • What time...?
Vocabulario
• Adxectivos: great/ awful, etc. • Mobiliario: sofa / lamp, etc. • at / in + un lugar, yesterday / last ... • Repaso: some / any, as preposicións • Pedir información para viaxar
15
Unidade 7 Gramática
• O pasado simple: go/ have • O pasado simple. Regular/ irregular • Was born (in/ on/ at) • O pasado simple: pronunciación • Could you tell me the way to...?
Vocabulario
• Lugares: cafe/ bank, etc. • Verbos: study / stay in, etc. • Datas, os ordinais 11th-31st • Repaso: verbos regulares. • Pedir indicacións
Segunda avaliación Unidade 8 Gramática
• O presente continuo: I’m listening • Presente simple ou continuo? • Plans futuros: (be) going to… • Could I speak to…?
Vocabulario
• Verbos: looking, running, etc. • A roupa: skirt/ boots, etc. • tomorrow / next ... • Chamar por teléfono
Unidade 9 Gramática
• O adxectivo comparativo + than • Predicións: (be) going to… • Adverbios: slowly/ quickly, etc • Nomes contables/ incontables • It’s/ they’re too (big)
Vocabulario
• Adxectivos: easier / more difficult, etc. • Maybe. / I think so. / I hope so. • Repaso: adxectivos
16
• Alimentos e bebidas, How much / many. ..? • Mercar roupa
Terceira avaliación
Unidade 10 Gramática
• Pretérito perfecto: Have you ever...? Vocabulario
• O participio pasado
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
6.1. CRITERIOS XERAIS
Para que te fagas unha idea do que debes estudar, e do modo en que debes orientar a
túa aprendizaxe, expoñémosche uns criterios de avaliación xerais que che poden servir de
orientación para seguir estudando inglés, unha vez que teñas aprobado o bacharelato.
Deberás ser capaz de extraer a información global dunha mensaxe oral, de temas que
che sexan familiares e cos que teñas traballado nas titorías. Estas mensaxes orais serán emitidos
por un interlocutor, á velocidade normal.
Tamén deberás ser capaz de extraer esta información global de documentos orais
breves con apoio audiovisual. Trátase de que sexas capaz de comprender textos gravados, ben
sexa en casetes ou en cintas de vídeo. Para levar isto a bo termo explicarémosche primeiro que
información debes extraer do que oias.
Participar en conversacións sinxelas, utilizando as expresións máis comúns na relación
social. Os temas abordados nestas conversacións estarán relacionados co tratado nas titorías e
coa túa experiencia persoal. Por exemplo, na titoría deberás saudar, pedir permiso, despedirte,
solicitar aclaracións, etc., no novo idioma que estás estudando.
17
Deberás extraer a información global e específica de textos escritos auténticos,
sinxelos, e de extensión limitada, como pode ser unha carta, anuncios publicitarios, letras de
cancións, folletos turísticos, etc.
Tamén terás que ser capaz de ler textos máis amplos coa axuda do dicionario. Por
exemplo, un conto ou unha novela curta, e extraer a idea principal ou argumento
Redactar textos sinxelos e habituais na comunicación escrita, e coa suficiente
corrección para que poidan ser comprendidos. Non importa que teñas algunhas incorreccións
morfosintácticas; o fundamental é que a túa mensaxe se poida entender, o que quere dicir que
fuches capaz de comunicarte.
Empregar os coñecementos que teñas adquirido sobre o código lingüístico do novo
idioma, tanto para comprender as correccións feitas polo titor como para autocorrixirte.
Esfórzate e arríscate en empregar a lingua que esteas estudando para facerte entender,
botando man de todas as estratexias que xa tes aprendido no estudo da primeira lingua. Trátase
de que perdas o medo á hora de utilizar a nova lingua ou, se o prefires, o medo a cometer
erros e a facer o “ridículo”.
Identificar os elementos socioculturais dos textos cos que traballes, e utilizalos para
comprender mellor estes textos. Por exemplo, saber distinguir se o texto, no caso de ser un
diálogo, supón a utilización dun rexistro culto ou popular; se existen diversas persoas,
identificar polo modo de falar se son xoves, adultas, ou unha mestura de ambas as dúas, etc.
6.2. CRITERIOS ESPECÍFICOS
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira moderna a distancia presenta grandes
dificultades, circunstancia que se ve agravada no caso da lingua inglesa, debido sobre todo ás
diferenzas que existen entre a lingua falada e a lingua escrita. Se ademais temos en conta a
problemática que se orixinaría no caso de facer exames de comprensión e expresión oral no
tempo que os calendarios nos dan para as probas trimestrais, parece aconsellable limitar os
exames só a probas escritas.
18
En consecuencia, os exames serán única e exclusivamente escritos e consistirán
en resolver exercicios iguales ou parecidos aos que aparecen no Caderno de
Actividades e nas Unidades do libro de texto.
É conveniente que realices todas as actividades de autoavaliación deste caderno
ademais das do libro de texto
Para unha orientación máis completa incluímos, máis adiante, modelos de exame que
che poden servir de guía práctica cando prepares a materia.
6.2.1 AVALIACIÓN TRIMESTRAL
Para aprobar cada unha das probas trimestrais o alumno/a deberá obter 5 puntos en
cada unha delas.
6.2.2 AVALIACIÓN FINAL
Para aprobar a materia o alumno deberá:
• Obter polo menos 14 puntos (sumando as notas das 3 avaliacións) sempre e cando
aprobase a 3ª avaliación.
• Ter dúas avaliacións aprobadas (unha delas ten que ser a 3ª) e obter un mínimo de 13
puntos.
Só haberá recuperación da 3ª avaliación para aqueles alumnos que aprobasen as dúas
anteriores.
O alumno que non se atope en ningún destes casos terá que presentarse ao exame final
de xuño.
7. OUTRO MATERIAL
Aínda que o material que se propón é autosuficiente, é dicir, que nel tes toda a
información necesaria para levar a bo termo estes estudos, convén que saibas da existencia no
19
mercado dunha gran variedade de libros de lectura graduados a diferentes niveis, que che
axudarán a entreterte ao tempo que mellorar o teu nivel de inglés. A gran maioría das editoriais
inglesas dedicadas á educación teñen series de "readers" ou libros graduados de lectura.
Polo que aos libros de consulta se refire, en especial dicionarios e gramáticas, cómpre
que teñas en conta que tamén existe unha oferta moi variada. En xeral, case que todos eles
están clasificados por niveis (básico, intermedio, avanzado). Merques o que merques, pide
sempre a última edición.
En dicionarios dispós de edicións bilingües (español-inglés, inglés-español) e
monolingües. Aínda que a utilización de dicionarios monolingües é moi aconsellable, debes
saber que esixe un bo nivel de inglés.
En canto ás gramáticas, as edicións monolingües son moi numerosas, aínda que tamén
podes encontrar edicións ou versións españolas nalgunhas editoriais ( Cambridge, Oxford,
Alhambra Longman, etc.).
Non obstante, as gramáticas que máis che poden interesar son as que permiten o
estudo autónomo, aquelas que dispoñen dunha parte práctica, de exercicios coa súa
correspondente clave de respostas. Infórmate ben, xa que moitas veces podes encontrar a
mesma gramática en edicións diferentes, con ou sen respostas, ou que estas estean editadas
nun volume separado. En calquera caso sempre podes consultar o teu titor.
20
8. PROTOTIPO DE EXAME
Seminario de Inglés 2ª Lingua. 2º Curso.
Apelidos ___________________________________Nome____________________
A.- How much ...?/How many ...? Completa as frases co tempo correspondente dos
verbos.
1) He bought some fruit juice. How much did he buy?
2) She took a lot of photos. How_______________________take?
3) I don't drink a lot of coffee. How________________________ drink?
4) They spent a lot of money. How__________________________spend?
5) I'd like some oranges. How_______________________like?
B.- a / an /some /any. Completa.
1) We bought some nice fruit yesterday.
2) I haven't got______________very good car.
3) There aren't _____________shops in our street.
4) Are there _____________tissues in that box?
5) I'd like ______________apple, please.
6) There was_______________cheese in the fridge but there weren't_____________eggs.
7) Would you like_______________more coffee?
C.- Os adverbiais e expresións de tempo en futuro. Emparella as frases. 1) Are you going to study at a) the summer. 2) He's going to South America next b) evening.
21
3) Are we going to the cinema c) month. 4) She isn't going to meet us tomorrow d) the weekend? 5) They aren't going to work in e)tonight? D.- Verbos regulares e irregulares. Completa cos verbos seguintes en pasado.
(not) be cannot drive see get (not) have play read stay watch look 1) We stayed at home last night but we didn't _____________television. We___________ some computer games. 2) I saw all The Godfather films and I_____________________ the book. 3 ) We_____________ 30 km to a famous restaurant but we _______________a very good meal. 4) She _____________for her keys but she _____________find them. 5) He _____________a taxi. Luckily it _____________very expensive.
E.- O adverbio de modo. Escribe as frases substituíndo o adxectivo polo adverbio.
1) It was a really bad game. Both teams played really badly.
2) He's happy. He's smiling _______________
3) They were quick workers. They worked ___________________
4) Their English is very good. They speak English very________________
F.- O pronome complemento. Completa cos pronomes correspondentes.
1) Bye! See you on Monday.
2) “Why do you drink black tea?”. “Because I like ___________!”
3) “What do you think of politicians?”. “I hate______________.”
4) “We've got a problem. Can you help_________? “Sorry, I'm busy now. Can you come and
see ___________this afternoon?”
5) “Does Peter love Maria?” “Yes. He wants to marry__________but she doesn't
love__________”
G.- Completa con was / wasn't o were / weren't. 1) “Was it your birthday last week?”. “Yes, it____________” 2) “_________________ you at home last Wednesday?” “No, I________________”
22
3) “Where ______________your brother last month?” “He___________in Lisbon.” 4) “______________your parents at the party?” “No, they_______________” 5) “Where ____________you this morning?” “I_________at the dentist's.” 9. BIBLIOGRAFÍA
GRAMÁTICAS:
1)English Grammar for Eso (Con Cd ROM) Edición Español. Lance knnick. Burlington
Books
2)Essential Grammar in Use (Nueva Edición) con solucionario e instrucións en español.
Raymond Murphy. Cambridge University Press
3)Elementary English Grammar (New Edition). Dave Wills. Coollins Cobuild
4)English Grammar with exercises for Bachillerato. Rodrigo Fernández Carmona
Pearson Longmans
5)Elementary Language Practice for Spanish Students. Michael Vince (Con solucionario).
MACMILLLAN HEINEMANN
6) Grammar in Steps, Practice Book. David Bolton. Richmond Publishing.
DICIONARIOS:
1)Longman Pocket Plus
Diccionario Bilingüe. Español- Inglés; Inglés-Español
2)Cambridge Learners Dictionary (monolingüe). Cambridge University Press.
3)Larousse. Gran Diccionario. Español-Inglés; Inglés-Español. Laroussse Bordas.
4)Oxford Advanzado (Español-Inglés; Inglés –Español)
5)Oxford Pocket para estudantes de inglés. Español-inglés; Inglés-Español
6)Macmillan Diccioario Pocket.
Santiago de Compostela, xuño 2006.