Download - Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da
Sociedade da Información
Ano 2009
Este documento distribúese baixo licenza Creative Commons 3.0 Spain Atribution/non Comercial Compartir baixo a mesma licenza dispoñible en: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
Edita: Santiago de Compostela, Marzo de 2010
Introdución da Secretaria Xeral
A través do “Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Socieda-
de da Información do ano 2009”, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica (SXMIT) pretende achegar os elementos necesarios para dar a coñecer e
avaliar que é o que se está a facer e con que ritmo se están a acadar os obxectivos
definidos neste ámbito, o que nos permite ter unha visión completa do desenvolve-
mento e do estado da Sociedade da Información en Galicia.
A pesar de que o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-
2010) aínda ten un ano de vixencia, a falta de planificacións anuais do mesmo e a
situación actual de crise económica obrigaron ao novo goberno, dentro das directrices
do “Plan TIC de Medidas Urxentes da Xunta de Galicia”, a abordar unha revisión da
estratexia a seguir para o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia.
A avaliación dos resultados acadados ata o de agora no marco do PEGSI e a prioriza-
ción de actuacións específicas neste eido por parte da SXMIT, materializáronse na
definición e na posta en marcha do “Plan de acción para o desenvolvemento da Socie-
dade da Información no 2010”, para dar resposta ás necesidades e esixencias do
contexto actual, aliñado cos obxectivos da estratexia TIC da Xunta de Galicia e no que
se enmarca a elaboración deste Informe de seguimento.
Neste sentido, cabe destacar o esforzo realizado pola Xunta de Galicia e o conxunto da
sociedade para que no 2009 se superase nun 1,3% o orzamento previsto nese perío-
do, acadando os 175,4 millóns de euros. Ademais, promovéronse varios plans opera-
tivos, especialmente nos eidos das infraestruturas de telecomunicacións, da educa-
ción, da xustiza e para o desenvolvemento do e-Goberno.
Esas cifras orzamentarias xunto co compromiso adquirido pola Xunta de Galicia para
continuar no deseño e posta en marcha de medidas para favorecer o desenvolvemen-
to da Sociedade da información en todo o territorio e en igualdade de condicións para
todos, e as tendencias mostradas nos datos publicados no Observatorio da Sociedade
da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA) conforman un futuro esperan-
zador.
Do informe podemos destacar o avance das infraestruturas de telecomunicacións,
principalmente no relativo ao plan de acendido da televisión dixital terrestre (TDT), a
posta en marcha do Plan de Banda Larga; os resultados da rede da dinamización e da
rede de telecentros; os avances en materia de eAdministración, así como no emprego
das TIC no ámbito da sanidade co despregue da e-receita, e o impulso ao sector em-
presarial da sociedade da información,
Finalmente, cómpre salientar que o desenvolvemento da Sociedade da Información é
unha tarefa de todos e para todos, administracións, cidadanía e empresas, polo que
desde aquí quero agradecer a súa colaboración a todos os axentes implicados ao tem-
po que facer unha chamada para xuntar as máximas capacidades e tratar de facer de
Galicia un modelo de referencia na inserción da comunidade no mundo dixital.
Mar Pereira Álvarez
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
ÍNDICE
RESUMO EXECUTIVO ................................................................ 7
Presentación ..................................................................................... 9
A estratexia da Xunta de Galicia en materia da Sociedade da Información ........ 11
Estado actual da Sociedade da Información en Galicia................................. 16
Avaliación económica ........................................................................ 27
Metodoloxía .................................................................................... 30
DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS ............................................... 33
Telecomunicacións ............................................................................ 35
Banda Larga ......................................................................................... 37
Televisión Dixital Terrestre (TDT).............................................................. 41
eGoberno ....................................................................................... 43
eGoberno ............................................................................................ 45
eAdministración Local ............................................................................. 47
eEducación .......................................................................................... 49
eSanidade ........................................................................................... 53
eXustiza .............................................................................................. 57
Outros servizos ..................................................................................... 61
Dinamización do uso das TIC ................................................................ 65
Cidadanía ............................................................................................ 67
Empresas ............................................................................................ 74
Contidos ............................................................................................. 79
Medio Ambiente .................................................................................... 83
Desenvolvemento rural ........................................................................... 85
Sector Empresarial da Sociedade da Información ....................................... 87
Apoio a Innovación ................................................................................. 89
Profesionais galegos da Sociedade da Información .......................................... 94
Apoio ao audiovisual ............................................................................... 96
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 6
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
7
RESUMO EXECUTIVO
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 8
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
9
Presentación
Na actualidade, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica configú-
rase como o órgano superior da Administración autonómica ao que lle corresponde
entre outros, o deseño e posta en marcha de medidas que contribúan a impulsar,
promocionar, e difundir o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia.
Consecuentemente, foi a encargada de avaliar os resultados acadados ata o de agora
no contexto do Plan Estratéxico e de priorizar as actuacións específicas na materia
que derivaron na definición e posta en marcha do Plan de Acción para o 2010.
Tamén ven de asumir as competencias relacionadas coa coordinación, asesoramento
e recollida da información das iniciativas realizadas tanto pola Administración galega
como polo resto de axentes en materia de Sociedade da Información, que se encarga
de divulgar e difundir a través da páxina web (imit.xunta.es).
Nun eido tan cambiante coma este, a SXMIT está a levar un seguimento de todas estas
actividades cun dobre obxectivo, por unha banda, analizar o
grao de execución das mesmas, de xeito que se poidan
detectar eivas sobre a planificación prevista e por outra,
estudar o resultado e impacto que estas actuacións están a
producir na sociedade.
Ademais, está a revisar de xeito permanente o diagnóstico e
a propia estratexia neste campo co obxecto de promover
novas actuacións que poidan dar o impulso para crear no-
vas oportunidades e así mellorar o nivel de vida dos cida-
dáns e a competitividade das empresas, a través dunha
maior integración das ferramentas e prácticas da Sociedade
da Información.
Froito destes traballos de control e recollida de información,
así como resultado da estreita colaboración co Observatorio
da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia
(OSIMGA) na análise e diagnose da nosa comunidade en
materia de innovación tecnolóxica e do uso das tecnoloxías da información e das co-
municacións nace este terceiro informe de seguimento das accións para o desenvol-
vemento da Sociedade da Información, correspondente ao ano 2009.
O seu obxectivo consiste en poñer en valor as principais medidas realizadas desde a
Xunta de Galicia no ámbito da Sociedade da Información, para que tanto a administra-
ción como os cidadáns teñan un marco de referencia onde poder visualizar o que se
leva feito, onde nos atopamos e cales son as propostas para seguir avanzando.
O informe, ademias de recoller a información principal das distintas actuacións des-
pregadas polos organismos implicados, tamén realiza unha análise económica das
actuacións no marco dos catro eixos operativos do Plan de Acción e repasa o estado
actual da Sociedade da Información en Galicia mediante unha avaliación dos princi-
pais indicadores neste eido.
Para finalizar cómpre agradecer a colaboración dos diferentes interlocutores de Presi-
dencia, das Consellerías da Xunta de Galicia e dos órganos dependentes que participa-
ron proporcionando a información necesaria para facer posible a elaboración do infor-
me de seguimento do ano 2009.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 10
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
11
A estratexia da Xunta de Galicia en materia da Sociedade da Información
Ao longo dos tres últimos anos, o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da información
foi a base para referenciar e planificar os proxectos e iniciativas que debían impulsar a
extensión da Sociedade da Información en Galicia, enmarcandoas nalgunha das oito
estratexias operativas que conformaban a súa estrutura principal, tal e como se resu-
me na seguinte figura:
Figura 1. Estratexias operativas do PEGSI
Estas oito estratexias agrupábanse en tres categorías atendendo ao seu ámbito de
actuación:
As estratexias sectoriais, que estaban dirixidas especificamente aos catro colecti-
vos nos que se ten segmentado a Sociedade da Información en Galicia -empresas
do sector TIC, tecido empresarial e produtivo, sector público, e cidadanía e socie-
dade en xeral- co obxectivo de implementar medidas máis orientadas ás necesida-
des e características de cada un, e polo tanto máis efectivas.
As estratexias transversais, que interviñan sobre factores presentes en todos os
campos de influencia do PEGSI, desde os estruturais ata os orientados ás aplica-
cións, contidos e servizos, isto é, aos aspectos que máis facilmente perciben os
usuarios como Sociedade da Información.
Unha estratexia instrumental, para incidir sobre os factores presentes en todos os
campos de influencia, desde os estruturais ata os orientados ás aplicacións, conti-
dos e servizos, isto é, aos aspectos que máis facilmente perciben os usuarios como
Sociedade da Información1.
Sen embargo, estas oito liñas estratéxicas que inicialmente foron deseñadas para
contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia aproveitando as innume-
rables vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), ofrecían, pola
súa densidade operativa, certas dificultades para facer fronte dunha forma áxil á con-
1 Para un maior coñecemento das liñas estratéxicas deseñadas polo PEGSI pódese acceder á seguinte ligazón: http://www.imit-xunta.es/portal/estrategia2/sociedadedainformacion2010/pegsi/presentacion.html
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 12
torna socioeconómica de crise actual, a unha xestión pouco eficiente dos recursos
tecnolóxicos e á falta de liderado TIC.
Co obxectivo de reconducir esta situación o novo goberno da Xunta aprobou, en xullo
de 2009 o “Plan TIC de Medidas Urxentes da Xunta de Galicia”(PMU), o primeiro paso
na planificación estratéxica no ámbito tecnolóxico da administración galega.
Figura 2. Planificación temporal da execución do Plan TIC de Medidas Urxentes
O PMU, cun período de vixencia dende maio de 2009 ata decembro do 2010, contem-
pla entre as súas actuacións, unha revisión da estratexia a seguir para o desenvolve-
mento da Sociedade da Información en Galicia, así como unha avaliación do impacto
producido polas actuacións desenvolvidas nos anteriores períodos.
Froito desta revisión deseñouse e púxose en marcha o “Plan de acción para o desen-
volvemento da Sociedade da Información no 2010”, orientado e adecuado ao contexto
actual e aliñado cos obxectivos da estratexia da Xunta de Galicia no ámbito das Tecno-
loxías da Información e as Comunicacións.
Neste Plan de acción fixáronse os catro novos eixos de actuación (Telecomunicacións;
eGoberno; Dinamización do uso das TIC e Sector Empresarial da Sociedade da Infor-
mación) que a modo de proxectos tractores ou singulares deberán ser acometidos no
2010, e servirán de guía á Xunta de Galicia en materia de Sociedade da Información.
Figura 3. Evolución das estratexias operativas do PEGSI cara o modelo en catro eixos de actuación proposto no Plan de acción para o desenvolvemento da Sociedade da Información no 2010
A identificación destes catro eixos realizouse atendendo aos seguintes criterios:
O grao actual de implantación das diferentes estratexias segundo a avaliación dos
seus indicadores.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
13
Os obxectivos estratéxicos da Xunta de Galicia.
Os obxectivos do Plan TIC de Medidas Urxentes da Xunta de Galicia.
Os principios básicos que rexen o plan de austeridade da Xunta.
Cómpre aclarar que este novo modelo operativo en materia da Sociedade da Informa-
ción non supón unha substitución, nin moito menos unha ruptura co corpus estratéxico
definido no PEGSI. As súas liñas de acción non desaparecen, senón que se difuminan
nalgúns casos e se aglutinan noutros ao redor dos catros eixos fixados polo novo Plan
de acción.
Trátase, xa que logo, dun esforzo por se adaptar ás esixencias dunha contorna socie-
conómica inestable e por establecer as bases dunha xestión máis eficaz e eficiente
das actuacións relacionadas coa sociedade da información.
A continuación percórrense os catro eixos de actuación, identificando en cada un deles
os proxectos ou liñas de acción no que se enmarcan.
Telecomunicacións As infraestruturas e os servizos de telecomunicacións son un recurso imprescindible
para o desenvolvemento de calquera comunidade posto que constitúen a vía de acce-
so ás aplicacións, servizos e contidos na sociedade da información. Os datos facilita-
dos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e pola Comisión do Mercado de Teleco-
municacións (CMT) sitúan a Galicia nos últimos postos no referido a porcentaxe de
fogares con acceso a banda larga. Ademais as diferenzas increméntanse entre a con-
torna urbana e a rural.
Por tanto, o despregue de redes de alta capacidade e extensión das infraestruturas de
telecomunicacións será un factor clave para o desenvolvemento de Galicia. De feito, o
escenario global de telecomunicacións para a extensión e pleno aproveitamento dos
novos servizos tecnolóxicos recolle diferentes actuacións:
Rede de banda larga. Para garantir a capacidade de acceso de todos os galegos á
sociedade da información, a Xunta de Galicia busca achegar a banda larga ás zo-
nas infraservidas polos operadores privados. Para lograr este obxectivo o Plan de
Acción contempla a necesidade de definir e executar un Plan de Banda Larga que
garanta a cobertura de calidade a toda Galicia.
Rede de Televisión Dixital Terrestre (TDT). A Xunta de Galicia busca conseguir unha
cobertura dun 98% da poboación galega neste servizo dixital antes do 3 de abril de
2010, en colaboración coa Fegamp, deputacións, concellos e o sector galego das
telecomunicacións. O Plan de Acción promove a posta en marcha de medidas de
apoio ao plan de acendido dixital, para facilitar o cumprimento dos prazos estable-
cidos no Plan Técnico Nacional de TDT.
Rede de telecomunicacións corporativa. Búscase modernizar toda a infraestrutura
tecnolóxica de telecomunicacións da Xunta de Galicia, facilitando así o acceso a
rede a todos os centros da administración, especialmente os ligados aos servizos
básicos: educación, sanidade, xustiza, administración local, etc.
Rede de investigación. Infraestrutura de alta capacidade que proporciona conecti-
vidade e servizos de internet de alta calidade á comunidade científica. Neste ámbi-
to, faise necesario levar a cabo a adquisición de fibra propia, o cal proporcionará
vantaxes no referente ao custo, capacidade, flexibilidade, eficiencia,… asegurando
a cohesión e mellorando a competitividade ao redor da ciencia e a innovación de
Galicia.
TELECOMUNICACIÓNS
eGOBERNO
DINAMIZACIÓN DO USO DAS TIC
SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
NOVOS EIXOS DE ACTUACIÓN
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 14
eGoberno O concepto de eGoberno representa o novo modelo de relación entre Administración,
cidadanía e empresas, que inclúe o soporte completo a todos os procesos entre Admi-
nistración e administrado, independentemente do lugar, momento ou canle de comu-
nicación que se utilice.
No eido da Administración electrónica, a entrada en vigor da Lei 11/2007 do 22 de
xuño obriga a todas as administracións públicas a realizar un importante esforzo por
modernizarse e introducir as TIC en todos os ámbitos, para deste xeito garantir os de-
reitos dos cidadáns a relacionarse coa administración nos seus distintos niveis (local,
autonómica e estatal), a través dos medios electrónicos o que permite unha xestión
máis áxil e transparente.
Por este motivo a Xunta de Galicia busca potenciar o uso das TIC en beneficio da so-
ciedade galega a través de diversos plans de actuacións:
Plan eGoberno2013, no que se plantexa un novo modelo de prestación de servizos
públicos electrónicos, baseado nos principios de acceso universal, sen exclusión e
garantindo a todos os cidadáns o mesmo nivel de servizos, presente en ámbitos tan
diversos como sanidade e benestar, xustiza, educación, turismo, cultura e mesmo
na participación cidadá na actividade política (eDemocracia)
Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia.
eConcellos, unha iniciativa co ánimo de pór a disposición dos concellos de Galicia
unha oficina técnica de apoio e asesoramento no desenvolvemento das TIC e a
promoción de proxectos de modernización.
Dinamización do uso das TIC Xerar as condicións idóneas para que as TIC sexan accesibles e a posta en marcha dos
mecanismos necesarios para que tanto os cidadáns como as empresas galegas podan
aplicalas na consecución dos seus obxectivos asegurando a participación na Socieda-
de da Información en igualdade de condicións, son os principais obxectivos que a Xun-
ta de Galicia persegue con esta estratexia:
Como instrumento esencial para fomentar a
difusión, formación e iniciativas encamiñadas a
impulsar as TIC e a sociedade da información
en Galicia, o Plan de acción contempla a posta
en marcha da Nova Rede de Centros para a
Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede
CeMIT). Esta rede integrará aos instrumentos
existentes ata o de agora (Rede de Dinamiza-
ción, Rede de Telecentros e CNTG) baixo unha
estratexia clara e definida, que permita achegar
TELECOMUNICACIÓNS
eGOBERNO
DINAMIZACIÓN DO USO DAS TIC
SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
NOVOS EIXOS DE ACTUACIÓN
TELECOMUNICACIÓNS
eGOBERNO
DINAMIZACIÓN DO USO DAS TIC
SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
NOVOS EIXOS DE ACTUACIÓN
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
15
as actividades de formación e difusión no uso das novas tecnoloxía á meirande par-
te da poboación.
Polo que respecta á penetración destas tecnoloxías no sector empresarial, poten-
ciaranse as liñas de actuación orientadas a estimular e favorecer a integración das
TIC nos diferentes sectores produtivos, destacando neste ámbito a posta en mar-
cha dun centro demostrador de software para pemes, como lugar de encontro en-
tre a oferta do sector TIC e a demanda dos empresarios.
Ademais, neste mesmo eido está o impulso á implantación de software libre e o
uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que
faciliten a compartición e reutilización do software.
Sector Empresarial da Sociedade da Información O sector TIC galego debe converterse nun dos sectores produtivos claves no desenvol-
vemento económico e social de Galicia, pola súa condición de acelerador do cambio
tecnolóxico e polo seu carácter transversal ao resto de sectores.
Para acadar este obxectivo a Xunta artellará unha política
global que abranga todos os eidos de apoio ao sector,
dende a estruturación de redes de cooperación e innova-
ción até o financiamento ou o soporte á comercialización
no exterior. Algunhas das medidas que facilitarán a con-
verxencia de Galicia co resto de Comunidades Autóno-
mas neste ámbito concrétanse nun Plan integral de im-
pulso ao sector empresarial da sociedade da información
e en medidas de apoio á produción de contidos e servi-
zos innovadores.
Instrumentos de apoio ás políticas da Sociedade da Información Ademais das propias actuacións nos catro ámbitos prioritarios, o Plan establece medi-
das concretas para os instrumentos de apoio ás políticas da Sociedade da Informa-
ción, entre as que destaca a posta en marcha do Observatorio da Sociedade da Infor-
mación e da Modernización de Galicia.
Este Observatorio, resultado da integración do Observatorio Galego da Sociedade da
Información e do Observatorio Galego de Calidade e da eAdministración, nace coa
finalidade de avaliar o impacto das iniciativas de desenvolvemento da Sociedade da
Información e a modernización das administracións públicas de Galicia.
Estes catro eixos operativos definidos polo Plan de acción non só servirán de guía para
a elaboración do informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da So-
ciedade da Información 2009 senón que sentarán as bases para o deseño da nova
estratexia galega da sociedade da información para o período 2011-2014.
TELECOMUNICACIÓNS
eGOBERNO
DINAMIZACIÓN DO USO DAS TIC
SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
NOVOS EIXOS DE ACTUACIÓN
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 16
Estado actual da Sociedade da Información en Galicia
O establecemento dos catro eixos operativos que conforman o Plan de Acción é produ-
to dunha exhaustiva análise dos aspectos clave da situación de transformación na que
está inmersa Galicia na actualidade, como consecuencia do impulso que as novas
tecnoloxías da información e comunicación (TIC) están a exercer como instrumento
dinamizador da sociedade e mecanismo de promoción da modernización e do progre-
so da mesma.
A prospección e avaliación dos principais indicadores relativos ao avance das TIC na
nosa comunidade, permitiu establecer un diagnóstico a partir do que se determinaron
e priorizaron as áreas de mellora e se artellaron as medidas precisas.
TELECOMUNICACIÓNS
Galicia está inmersa no proceso de desenvolvemento das telecomunicacións e a So-
ciedade da Información onde as redes de banda larga son un impulsor da moderniza-
ción que debe permitir mellorar o benestar da cidadanía e aproveitar todos os medios
de dinamización económica dos seus sectores produtivos.
Sen embargo, con carácter xeral, pode dicirse que os datos actuais seguen a situar a
Galicia como unha das comunidades autónomas menos desenvolvidas en materia de
acceso ás infraestruturas e aos servizos de telecomunicacións e, por tanto, en progre-
so da Sociedade da Información.
Banda larga Segundo o INE no 2009 só o 38,3% de fogares galegos dispón de banda larga, o que
supón 13 puntos menos que a media española. No 2005 esta diferenza era de 7,3
puntos, o que implica que non se está a producir unha converxencia co Estado.
Ademais, o informe 2008 da CMT (Comisión do Mercado das Telecomunicacións) re-
centemente publicado, sitúa a Galicia con 14,8 liñas por cada cen habitantes, case
cinco puntos por baixo da media estatal (19,6 liñas).
Figura 4. Porentaxe de fogares con conexión a banda larga
Fonte: Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares. INE 2009
Cun maior grao de profundidade, o actual Mapa de Infraestruturas de Telecomunica-
ción de Galicia 2009 aborda á situación do acceso á banda larga na nosa comunidade
dende unha triple óptica: o sector residencial, os servizos públicos e os servizos em-
presarias. Segundo os datos facilitados polos operadores para a súa realización, no
sector residencial hai máis de 786.000 galegos que actualmente non poden acceder á
banda larga, o que representa case un 30% da poboación de Galicia.
21,1%
29,3%
39,2%
44,6%
51,3%
13,8%
19,4%
25,7%
31,8%
38,3%
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
2005 2006 2007 2008 2009
España
Galicia
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
17
Ademais, as provincias de Lugo e Ourense son as máis castigadas, por riba do 40% da
poboación destes dous territorios non dispón de banda larga, mentres que para o caso
de A Coruña e Pontevedra esa porcentaxe redúcese ata o 24% aproximadamente.
Estes datos reflicten a falta de vertebración territorial de Galicia e a desigualdade so-
cial en materia de acceso a servizos de telecomunicacións.
Se descendemos ao nivel dos núcleos de poboación, os datos tampouco son moi alen-
tadores, xa que máis da metade dos núcleos de poboación en toda Galicia non contan
con posibilidade de acceso a banda larga. En concreto, dos 30.759 núcleos de poboa-
ción do último censo, diseminados por toda a xeografía, máis de 17.000 non contan
con posibilidade de acceso á banda larga.
Por outra parte, a situación dos núcleos en canto ao acceso á banda larga é moi dife-
rente segundo a poboación dos mesmos, tal e como se amosa na seguinte gráfica:
Figura 5. Poboación con posibilidade de acceder á banda larga por tamaño de núcleo Fonte: Mapa de Infraestruturas de Telecomunicación de Galicia. Ano 2009
Con respecto aos servizos públicos, hoxe en dia hai en Galicia 1.421 entidades de
poboación nas que existe algún punto de demanda de banda larga por parte da admi-
nistración publica, das que o 41,4% non contan coa posibilidade de acceder aos servi-
zos e prestacións da sociedade da información.
Se afondamos nesta análise podemos atopar datos preocupantes en ámbitos como a
sanidade, a educación ou a xustiza:
Un terzo dos centros sanitarios contan cun acceso insuficiente a este servizo ou
directamente non teñen acceso ao mesmo.
Un 25% dos centros educativos presentan largos de banda insuficientes que deben
ser ampliados de cara a dar soporte ás actividades do centro e aos seus alumnos.
No 10% dos xulgados de paz tamén existen carencias na actualidade.
Un 53% das casas consistoriais carecen dun acceso a Internet coa capacidade
axeitada para a xestión administrativa e o despregue da e-administración local.
No caso das bibliotecas públicas municipais existen carencias de acceso nun 18%
do total.
Outros servizos públicos de interese xeral nos cales se detectan carencias no acce-
so a Internet de banda larga son os albergues e os telecentros. En canto aos pri-
meiros, un 48% do total de albergues amosa deficiencias de conectividade. Pola
súa banda, nun 43% dos telecentros, a capacidade das conexións das que dispo-
ñen non é suficiente para satisfacer as necesidades do centro.
0,00%
10,00%
20,00%
30,00%
40,00%
50,00%
60,00%
70,00%
80,00%
90,00%
Núcleos de menos de 100 hab. Núcleos entre 100 Hab. e 1.000 hab.
Núcleos de mais de 1.000 hab.
42,20%
63%
88,70%
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 18
Figura 6. Cobertura de Banda Larga nos servizos públicos Fonte: Mapa de Infraestruturas de Telecomunicación de Galicia. Ano 2009
Finalmente, estímase que a demanda empresarial de banda larga non cuberta ascen-
de a un 16,1% da demanda empresarial total de Galicia, o que resulta unha barreira
importante para o aproveitamento das TIC como motor para a dinamización empresa-
rial, e do crecemento dos sectores produtivos chave.
A situación é sensiblemente peor naquelas actividades empresariais fortemente vincu-
ladas co mundo rural. Un 64% das explotacións gandeiras están localizadas en zonas
onde non existen posibilidades de conexión de banda larga. No sector do turismo rural
as carencias na conectividade afectan ao 51% das casas de turismo rural.
Ademais estanse a executar accións para a implantación do servizo de banda larga
mediante as novas redes sen fíos nos 22 polígonos industriais que aínda sofren caren-
cias de conectividade, limitada ou nula. No servizo de acceso a Internet, ademais pre-
vese actuar noutros 11 polígonos que se atopan na mesma situación.
Televisión Dixital Terrestre (TDT) O Real Decreto 944/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional
da Televisión Dixital Terrestre deu lugar ao lanzamento da TDT en España e adiantou o
cese das emisións da televisión analóxica ao 3 de abril de 2010.
Segundo o Plan, as entidades que prestan o servizo de televisión terrestre
con tecnoloxía analóxica de cobertura estatal ou autonómica deben reali-
zar de maneira progresiva o cese de emisións en analóxico por áreas
técnicas2.
No caso de Galicia con 6 áreas técnicas, a Xunta está a acometer o plan
de acendido dixital, en colaboración coa FEGAMP, deputacións, concellos
e o sector galego das telecomunicacións co obxectivo final de conseguir
unha cobertura do 98% da poboación galega antes do 3 de abril de 2010,
sen embargo o retraso na primeira fase da desconexión das emisións de
televisión analóxica, prevista para o 30 de xuño nas áreas de Santiago e
Ourense Leste, puxo de manifesto a necesidade de reforzar as actuacións
neste ámbito.
2 Un área técnica é a zona do territorio cuberta desde o punto de vista radioeléctrico polo centro principal de difusión, os centros secundarios que tomen sinal primario de devandito centro e os centros de menor entidade que non tomen sinal primario do centro principal pero teñan cobertura. Un área técnica debe cubrir un tamaño de poboación de entre 100.000 e un millón de habitantes.
0,00%
10,00%
20,00%
30,00%
40,00%
50,00%
60,00%
70,00%
80,00%
90,00%
Casas Consistoriais
Albergues Telecentros Centros Sanitarios
Centros Educativos
Xulgados de Paz
47%52%
57%
70%75%
90%
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
19
Finalmente, é preciso aclarar que a transición á TDT, con independencia do despregue
de equipamento para ampliar as zonas de cobertura, tamén está a ofrecer certos
atrancos por o lado dos usuarios, dada a necesidade de realizar modificacións en moi-
tas das instalacións e a de instalar os decodificadores nos vellos televisores.
A pesar das trabas sinaladas, a tendencia en canto ao uso da TDT é positiva. Así, men-
tres que en xaneiro do 2009 a audiencia en Galicia era un 19,6% a mediados de ano
xa se alcanzaba un 36,2% de toda a televisión, fronte ao 42,9% de cota da televisión
analóxica.
Ademais en agosto de 2009 a TDT en Galicia superou por primeira vez cun 39,6% de
audiencia á tradicional analóxica. En xaneiro do 2010 a penetración da TDT acadaba
xa o 53,7% fronte ao 56,5% da media estatal.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 20
eGOBERNO
O sector público desempeña un papel esencial no modelo social de Galicia, facendo
posible que todos os galegos gocen dun elevado nivel de benestar, accedendo a servi-
zos básicos como o ensino e a sanidade ou gocen das prestacións sociais que lles
dean cobertura ante calquera situación desfavora-
ble, temporal ou permanente.
Na actualidade, a entrada en vigor da Lei 11/2007,
de 22 de xuño obrigou a todas as Administracións
públicas a realizar un importante esforzo por moder-
nizarse e introducir as TIC en todos os ámbitos, para
deste xeito garantir os dereitos dos cidadáns a rela-
cionarse coa administración nos seus distintos niveis
(local, autonómica e estatal), a través dos medios
electrónicos.
Neste sentido, segundo o Observatorio da Sociedade
da Información e a Modernización de Galicia (OSIM-
GA) no 2009 o 53,3 % dos galegos contactou xa
nalgunha ocasión coa administración pública central, autonómica ou local a través de
Internet para obter información das páxinas web, o 28,8% para descargar formularios
oficiais, e o 15 % para enviar formularios cumprimentados, o que supón un incremento
con respecto a anos anteriores.
Cómpre sinalar tamén que un 67,4% das empresas galegas de 10 e máis emprega-
dos/as con conexión a Internet interactuaron coas Administracións Públicas a través
da rede no último ano. Isto supón un incremento do 5,1% respecto aos datos do ano
2008 e sitúa ás empresas galegas en valores practicamente iguais á media estatal
(67,8%). As empresas de 10 e máis empregados/as de Galicia ocupan o noveno posto
no uso da e-Aministración con respecto ao resto de comunidades.
Ademais, a posta en marcha de programas como eGoberno2013, están a axudar no
desenvolvemento dun novo modelo de prestación de servizos públicos electrónicos,
baseado nos principios de acceso universal, sen exclusión e garantido a tódolos cida-
dáns o mesmo nivel de servizos, presente en ámbitos tan diversos como Sanidade e
Benestar, Xustiza, Educación, Turismo e a Cultura, Seguridade Cidadán e incluso na
participación cidadá na actividade política (eDemocracia)
Sanidade O Sistema Público de Sanidade de Galicia está a
apostar polo emprego das TIC como ferramenta in-
novadora na mellora da xestión dos centros e para
dar á cidadanía uns servizos de calidade.
Nesta liña, IANUS é o proxecto global de informatiza-
ción sanitaria da Consellería de Sanidade da Xunta
de Galicia que fai realidade o concepto de Historia
Clínica Electrónica única.
A integración de toda a información clínica nun do-
cumento dixital e a súa posta a disposición dos pro-
fesionais sanitarios permiten que calquera paciente
poida ser atendido en distintos puntos de Galicia en
calquera dos niveis asistenciais. Deste xeito, o facultativo está capacitado para tomar
a mellor decisión posible, xa que ten acceso a toda a información dispoñible que está
na rede sanitaria galega. O número profesionais con acceso a IANUS incrementouse
notablemente dende o 2005, superando nun 54,5 % as cifras do 2008, e pasando de
11 millóns de accesos aos 17 millóns, no mesmo intervalo 2008-09.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
21
Figura 7. Evolución do número profesionais con acceso a IANUS Fonte: Datos facilitados pola Consellería de Sanidade
Como columna vertebral da Historia Clínica Electrónica, IANUS compleméntase con
outros ambiciosos proxectos que impulsarán un novo modelo de atención sanitaria
como son a dixitalización da imaxe médica (actualmente operativa en todos o hospi-
tais) e a receita electrónica.
A e-receita, que comenzou a implantarse a finais do 2008, despois de case un ano
utilizase na maioría das áreas sanitarias, conseguindo que no ano 2009 foran prescri-
tas dixitalmente 41 millóns de receitas (o 63,81 por cento do total), das que 7,5 son
do formato e-receita. Ademais posouse de 8 farmacias conectadas ao sistema a finais
do 2008 a 867 no presente ano.
Educación En canto á incorporación das TIC ao ámbito educativo,
Galicia atópase nunha boa posición con respecto á
media do Estado, ocupando unha posición intermedia
en relación ao resto de comunidades autónomas.
O número medio de alumnos por ordenador nos cen-
tros educativos evolucionou positivamente nos últimos
anos, ata acadar cifras converxentes coa media do
estado. A principal fenda neste ámbito existe funda-
mentalmente entre os centros de titularidade pública e
os de titularidade privada onde o número de alumnos
por ordenador é moito mais elevado (4,2 puntos de
diferenza). Este mesmo suposto reprodúcese se aten-
demos ao número medio de profesores por ordenador.
Táboa 1. Número medio de alumnos por ordenador nos centros educativos Fonte: “Las cifras de la Educación en España. Estadísticas e indicadores. Ministerio de Educación”
Edición 2009
Por outra banda, a práctica totalidade dos centros públicos de ensino de Galicia dispo-
ñen de conexión a Internet. A banda larga continua sendo o tipo de conexión máis
0
5.000
10.000
15.000
20.000
25.000
2005 2006 2007 2008 2009
642 3.569
8.934
15.516
22.145
Total Centros Total Centros Públicos Total Centros Privados
2005/06 2006/07 2007/08 2005/06 2006/07 2007/08 2005/06 2006/07 2007/08
Media España 8 6,6 6,1 7 5,7 5,3 11,1 10,9 9,4
Media Galicia 10,5 7,9 6,3 9,9 7,9 5,5 12,9 11,3 9,7
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 22
empregado nos centros cun 75,7%. En cambio estas cifras sitúan a nosa comunidade
case dez puntos por baixo da media do estado neste ámbito.
Táboa 2. Porcentaxe de centros públicos con conexión a Internet e tipo de conexión Fonte: “Las cifras de la Educación en España. Estadísticas e indicadores. Ministerio de Educación” Edición 2009
Xustiza Nos últimos anos a incorporación das TIC no ámbito da Administración de Xustiza co-
meza a ser unha realidade, estando cada vez máis presentes no uso cotiá conceptos
como os sistemas de información, as redes de telecomunicación, a sinatura dixital, etc.
Maís a situación en Galicia indica que non se ten alcanzado un nivel adecuado de
aproveitamento das TIC na mellora e modernización dos seus procesos, posto que os
sistemas de información actuais non acadan a cubrir todas as necesidades dos profe-
sionais, existen procedementos iniciados que non están finalizados (rexistro en liña,
audiovisuais, etc.), e as infraestruturas de base necesitan melloras para construir so-
bre elas un proxecto integral de modernización.
Neste sentido, segundo os datos recollidos no Plan TIC de Medidas Urxentes de Xustiza
antes da posta en marcha das actuacións que nel se promoven, o número de equipos
instalados nos órganos xudiciais aínda que acada case 3.400 postos de traballo in-
formatizados, é preciso facer unha renovación importante dada a antigüidade do par-
que ofimático.
Figura 8. Postos de traballo informatizados en base aos anos de antigüidade dos equipos
Fonte: Plan TIC de Medidas Urxentes de Xustiza
Tamén se desprende do Plan TIC de Medidas Urxentes no ámbito da Administración de
Xustiza, unha serie de indicadores que nos mostran un certo atraso neste eido:
A implantación do sistema de información INFOREG 4.0 nos rexistros civís princi-
pais e nos rexistros civís delegados nos 270 xulgados de paz de Galicia, para facili-
tar a posta en marcha dos asentos rexistrais e o almacenamento electrónico de da-
tos acada a 221 xulgados, o 81% do total e: dixitalizáronse máis de 6.400 tomos
dos 45 rexistros civís galegos..
0
500
1.000
1.500
2.000
2.500
3.000
3.500
4.000
Anteriores a 2001
Entre 2001 e 2002
Entre 2003 e 2004
Posteriores a 2004
Total
130
1.012
1.727
525
3.994
Conexión a Internet
Tipo de Conexión Curso 2007/08
Liña Normal RDSI ADSL Outra
Media España 99,5 % 6,3 % 7,2 % 86,5 % 11%
Media Galicia 98,1 % 3,2 % 15,7 % 75,7% 3,5 %
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
23
En relación coa execuxión de escritos e notificacións certificadas vía telemática,
sistema Lexnet, nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma, o nivel de implan-
tación é moi baixo, estando en produción nuns 26 xulgados concentrados na pro-
vincia da Coruña, se ben alí onde está implantado ó sistema o nivel de uso é alto.
Táboa 3. Grao de implantación de Lexnet naos órganos xudiciais Fonte: Plan TIC de Medidas Urxentes de Xustiza
Finalmente cómpre engadir que a lexislación procesal esixe a gravación audiovisual
das vistas orais, polo que a Administración de xustiza ten implantados equipos de
videoconferencia e sistemas de gravación, aínda que precisan de melloras en nú-
mero e capacidades tecnolóxicas.
Provincia Organos Xudiciais
Prep. Ent. Formación Produción
Total % Total % Total %
A Coruña 95 47 49,7% 44 46,32 % 26 27,37 %
Lugo 29 4 13,79 % 0 0 % 0 0 %
Ourense 30 6 20 % 0 0 % 0 0 %
Pontevedra 87 6 6,9 % 6 6,9 % 0 0 %
Totais 241 63 26,14 % 50 20,75 % 26 10,79 %
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 24
DINAMIZACIÓN DO USO DAS TIC
As TIC convertéronse nos últimos anos nun instrumento imprescindible para a partici-
pación de cidadáns e empresas na Sociedade da Información, polo que vanse repasar
a continuación os principais indicadores que se usan como referencia para medir o
grao de uso e penetración nos tres ámbitos mencionados..
Cidadáns O nivel de emprego das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación e de Inter-
net entre os cidadáns en Galicia é o ámbito no que existen maiores diferenzas con
respecto ao resto de España.
Malia que a “Enquisa sobre o Equipamento e Uso de Tecnoloxías da Información e
Comunicación nos fogares 2009” do INE evidencia que en Galicia aumentou notable-
mente a utilización das TIC por parte da poboación, aínda se atopa lonxe da media do
Estado: o 54,3% da poboación galega utilizou o ordenador nos tres últimos meses,
unha porcentaxe 7,7 puntos maior que o valor acadado en 2007, pero 8,9 puntos por
baixo da media española.
Figura 9. Porcentaxe de persoas que empregaron o ordenador nos 3 últimos meses
Fonte: Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares. INE 2009
Os datos do INE tamén constatan un incremento na utilización de Internet por parte da
poboación galega: case a metade dos cidadáns galegos (49,8%) utilizaron Internet nos
últimos 3 meses, 6,8 puntos porcentuais máis que no 2007, e reducindo a distancia
coa media estatal a 10 puntos porcentuais en 2009.
Figura10. Porcentaxe de persoas que accederon a Internet nos 3 últimos meses
Fonte: Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares. INE 2009
52,1%54%
57,2%
61%63,2%
45,1%
48,7%
46,6%
52,1%
54,3%
40%
45%
50%
55%
60%
65%
2005 2006 2007 2008 2009
España
Galicia
44,4%
47,9%
52%
56,7%
59,8%
38,1%
41,9% 43%
47,6%
49,8%
35%
40%
45%
50%
55%
60%
65%
2005 2006 2007 2008 2009
España
Galicia
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
25
Empresas O tecido empresarial galego susténtase fundamentalmente sobre a
actividade desenvolvida por un armazón de pequenas empresas e
microPEMEs. Na actualidade, das 203.374 empresas existentes en
Galicia un 94,78% son microPEMEs (menos de 10 traballadores) e
autónomos, mentres que un 4,52% pertencen ao grupo das pequenas
empresas (entre 10 e 49 traballadores).
Sen embargo o grao de desenvolvemento da Sociedade da Informa-
ción nas empresas galegas está condicionado en parte pola profunda
fenda existente entre PEMEs e MicroPEMEs, principalmente no que respecta aos seus
niveis de equipamento tecnolóxico e de presenza na rede.
As empresas galegas de 10 e máis empregados/as están na actualidade nun nivel
similar ao resto das Comunidades Autónomas en canto a equipamento e presenza na
Rede: o 97,7% dispoñen de ordenador, o 89,3% dispón de conexión de banda larga e o
55,1% das que dispoñen de conexión a Internet teñen páxina web.
Figura 11. Equipamento TIC e presenza na Rede das empresas de máis de 10 empregados Fonte: Enquisa de uso de TIC e Comercio Electrónico (CE) nas empresas. INE 2009
Pola contra as empresas galegas de menos de 10 empregados/as (microempresas)
presentan niveis baixos de equipamento tecnolóxico e de presenza na Rede. Mentres
que un 57% deste tipo de empresas posúe ordenador, 9,2 puntos porcentuais por
baixo da media estatal, só un 43% (9,1 puntos por baixo da media estatal) dispoñen
de conexión de Banda Larga e o 19,5% das microPEMEs que dispoñen de conexión a
Internet teñen páxina web.
Figura 12. Equipamento TIC e presenza na Rede das empresas de menos de 10 empregados
Fonte: Enquisa de uso de TIC e Comercio Electrónico (CE) nas empresas. INE 2009
0%
20%
40%
60%
80%
100%
Galicia España
97,7% 98,6%89,3%
93,8%
55,1% 58,9%
Ordenador Conexión de Banda Larga Páxina Web
0%
10%
20%
30%
40%
50%
60%
70%
Galicia España
57%
66,29%
43%
52,1%
19,5% 21,87%
Ordenador Conexión de Banda Larga Páxina Web
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 26
SECTOR EMPRESARIAL DA SOCIEDADE DA INFORMACION
O sector TIC galego está a se converter nun dos sectores produtivos claves no
desenvolvemento económico e social de Galicia, pola súa condición de acelerador do
cambio tecnolóxico e polo seu carácter transversal ao resto de sectores.
O número de empresas deste sector en Galicia acada xa as 1.575 empresas e experi-
mentou un crecemento dun 21,8% entre 2005 e 2008, lixeiramente superior ao in-
cremento estatal (19,6%) neste mesmo período3.
Figura 13. Número de empresas do Sector TIC Fonte: Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia
Como consecuencia deste incremento, o nivel de emprego no sector TIC pasou dos
9.193 traballadores no ano do 2005 aos 16.327 no ano 2009 o que representa o
1,59 % da poboación ocupada galega. Malia a conxuntura actual da economía, o em-
prego neste sector segue unha tendencia crecente nos últimos cinco anos cun incre-
mento do 77,6%. Estas cifras constatan o peso do o impacto do sector TIC na produti-
vidade e desenvolvemento económico de Galicia.
Figura 14. Número de empregados do Sector TIC Fonte: Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia
Sen embargo, segundo os datos máis actualizados do Observatorio da Sociedade da
Información e da Modernización de Galicia, o sector empresarial das TIC contribúe co
2,13% ao PIB de Galicia, situándose por baixo da contribución deste sector ao PIB de
España que é do 3,06%.
Por outra banda, un 37,1% das empresas galegas do sector TIC de Galicia desenvolve-
ron actividades de I+D no 2008 (OSIMGA), observándose un descenso do valor de
10,6 puntos con respecto ao 2007, e situándose por baixo do 45,01% da media esta-
tal (INE).
3 Segundo o OSIMGA, no 2009 contabilizáronse un total de 1.542 empresas do Sector TIC en Galicia, o que supón un descenso con respecto ao ano 2008. Esta baixada explícase, en parte porque no 2009 aplicouse un cambio na metodoloxía de clasificación CNAE.
0
500
1.000
1.500
2.000
2005 2006 2007 2008
1.2931.404
1.5141.575
0
2.000
4.000
6.000
8.000
10.000
12.000
14.000
16.000
18.000
2005 2006 2007 2008 2009
9.193 9.811
12.44113.521
16.327
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
27
Avaliación económica das actuacións para o desenvolvemento da SI en Galicia
Os catro eixos operativos entorno aos que xirará a nova estratexia galega en materia
da Sociedade da Información descritos nos epígrafes anteriores, tamén foron tomados
como marco de referencia para a elaboración dunha análise económica na que se
recolleron todos os investimentos realizados neste ámbito durante o último ano4.
Deste xeito, na táboa seguinte amósase a distribución orzamentaria para cada un dos
catros eixos, comparando ademais o orzamento executado no 2009 co previsto para
ese mesmo ano. Tamén se inclúe o orzamento executado e previsto acumulado nas
tres anualidades realizadas pola Xunta de Galicia, así coma o total estimado para os
catro anos de duración do Plano.
Táboa 4. Distribución do orzamento do PEGSI segundo a nova estratexia en catro eixos operativos definida pola Xunta. Fonte: Oficina de Seguimento das actuacións en materia da SI en Galicia
Da táboa anterior despréndese que o orzamento adicado pola Xunta de Galicia en
materia de Sociedade de Información no ano 2009, mais de 175 millóns de euros,
atópase un 1,3% por riba do estimado polo PEGSI para ese mesmo período. Esta cifra
cobra maior valor se temos en conta o contexto socioeconómico de crise e a política de
austeridade do Goberno, e que motivaron unha redución orzamentaria co obxectivo de
reverter ou cando menos, suavizar o seu impacto.
Durante esta anualidade resulta especialmente significativo o incremento con respecto
das cifras previstas para o ano 2009 (un 14,7 %), correspondentes ao eixo operativo
de eGoberno, como resultado dos fortes investimentos realizados pola Xunta de Gali-
cia para o desenvolvemento da eAdministración en todos os niveis (autonómico, local,
etc.) e en diferentes ámbitos (sanidade, xustiza, educación, …).
O orzamentos neste eixo distribuíronse fundamentalmente entre o mantemento e ad-
quisición de equipamento ofimático, a mellora das infraestruturas tecnolóxicas inter-
nas, o desenvolvemento de aplicativos e a evolución de plataformas orientadas á tra-
mitación dos procedementos administrativos e servizos en liña.
Tamén resulta destacable, o feito de que os investimentos realizados no eixo de Dina-
mización do uso das TIC se sitúen case nun 13% sobre as estimacións iniciais. Este
incremento, canalizouse en gran medida a través de axudas e subvencións a asocia-
cións, autónomos, empresas e á formación TIC, que condensaron máis do 62 % do
orzamento (24,89 millóns de euros).
4 A realización da análise económica en base aos catro novos eixos, non supón variación algunha sobre a distribución orzamentaria prevista para cada unha das oito liñas estratéxica definidas inicialmente no PEGSI.
2009 Acumulado 2007-2009 Previsto para o periodo
2007-2010 Executado Previsto Executado Previsto
Telecomunicacións 12.453.229,1 € 21.135.450 € 69.543.779,1 € 73.485.558 € 98.056.000 €
eGoberno 88.707.210,03 € 77.283.912 € 232.764.730,5 € 204.741.362 € 302.977.600 €
Dinamización do uso das TIC
40.218.543,87 € 35.001.107 € 128.805.772,3 € 99.122.457 € 138.453.400 €
Sector Empresarial da Sociedade da Información
34.077.561,4 € 39.786.560 € 90.754.810,4 € 96.499.560 € 139.980.000 €
TOTAL 175.456.544,4 € 173.207.029 € 521.869.092,4 € 473.848.937 € 679.467.000 €
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 28
Estas axudas complementáronse con importantes iniciativas orientadas a asegurar a
participación de toda a cidadanía na Sociedade da Información en igualdade de condi-
cións (Rede de Dinamización, Rede de Telecentros, Convenios de colaboración para o
impulso da SI, etc) e a garantir a posta en marcha dos mecanismos necesarios para
que as empresas galegas, especialmente PEMES e MicroPEMES, puideran aplicar as
novas tecnoloxías na consecución dos seus obxectivos (servizos de apoio e asesora-
mento en materia TIC, plataformas para a dinamización, impulso e promoción empre-
sarial, …)
Con respecto ao eixo do Sector Empresarial da Sociedade da Información, a Xunta de
Galicia realizou un importante traballo con obxectivo de impulsar a innovación empre-
sarial neste eido mediante a concesión de axudas por un importe de mais de 2,63
millóns de euros, ás que hai que sumar as liñas de axuda desenvolvidas para apoiar a
I+D+i galega a través do Programa IN.CI.TE (2,8 millóns de euros).
Tamén se enmarcan aquí todas as actuacións postas en marcha polo Centros Tecnoló-
xicos (CESGA, GRADIANT, RETGALIA, etc.), as iniciativas encamiñadas á formación dos
profesionais galegos das TIC, e ás medidas de apoio ao audivisual galego.
Finalmente, no eixo das Telecomunicacións, cuxo orzamento se sitúa sensiblemente
por baixo das espectativas iniciais, a maior parte dos investimentos executados
durante o 2009 (case o 74 %), foron destinados ao cumprimento das fases de apaga-
mento analóxico definidas no Plan Técnico Nacional de Televisión Dixital Terrestre
mediante a adquisición e mantemento das infraestruturas necesarias para o
despregamento desta nova tecnoloxía en toda Galicia.
En canto aos orzamentos previstos paro o despregamento da banda larga, diferíronse
co obxectivo de definir un plan que ordenara e canalizara os recursos dos que dispoñía
a Xunta de Galicia para dar unha resposta coherente ás necesidades da sociedade
galega neste eido.
Atendendo á distribución porcentual destes investimentos entre os catro eixos, repro-
dúcese case a mesma situación que nos dous primeiros anos de vida do plan, onde a
inversión en eGoberno se establece entorno a metade do seu orzamento, co obxectivo
de facer fronte á sempre complexa modernización dos servizos públicos.
Figura 15. Distribución porcentual dos orzamentos de 2009 entre os catro eixos operativos Fonte: Oficina de Seguimento das actuacións en materia da SI en Galicia
Cando a penas queda un ano para a extinción deste Plan Estratéxico 2007-2010 xa se
levan investidos máis de 521 millóns, o que supón estar situados un 10,1 % por riba
do orzamento acumulado previsto para os tres primeiros anos de existencia do PEGSI.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
29
292
208
283
783
2007
2008
2009
Total
Figura 16. Distribución do orzamento acumulado do PEGSI Fonte: Oficina de Seguimento das actuacións en materia da SI en Galicia
Por outra parte estes orzamentos atopan a súa materialización nun conxunto elevado
de accións, considerando como tal un grupo de medidas ou actividades homoxéneas
dunha ou varias consellerías para acadar un obxectivo determinado.
Entre estas accións podemos mencionar os concursos públicos para a contratación de
bens e servizos, convenios con entidades colaboradoras, ordes de axudas e subven-
cións, desenvolvemento de normativas e outras.
Como resultado do seguimento ao que foi sometido o plano desde a súa aprobación o
30 de marzo do 2007, lévanse detectadas ata o de agora un total 783 accións TIC.
Cómpre aclarar que o número de accións entre as estratexias operativas non se repar-
te por igual respondendo tanto a dimensión como a entidade do eixo estratéxico, así
como aos criterios de agrupación utilizados e outros parámetros como poden ser os
recursos dedicados, prazo de execución, etc.
Cos datos recollidos e presentados da actividade e orzamento dedicado e investido
pola Xunta de Galicia é salientable o pulo dado desde a Administración ao desenvol-
vemento da Sociedade da Información en Galicia, especialmente pola capacidade que
actualmente ofrecen as tecnoloxías da información e das comunicación para ofertar
igualdade de servizos, en todos os ámbitos, a todos os cidadáns e empresas unha vez
superadas as barreiras do que se vén a chamar fenda tecnolóxica e que se están a
enfrontar tanto desde a dotación das infraestruturas de acceso como da formación.
Figura 17. Número de accións en materia TIC (2007-2009)
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 30
Metodoloxía
Metodoloxía do seguimento A SXMIT, conta con diferentes instrumentos de apoio co obxectivo de facer fronte a
unha contorna tan cambiante e dinámica como é a da Sociedade da Información. Un
deles, a Oficina de Seguimento das actuacións en materia da SI en Galicia, naceu en
2007 co obxectivo de velar polo cumprimento das actuacións e das iniciativas neste
eido, ademais de monitorizar o seu grao de execución mediante a realización das se-
guintes tarefas:
Tarefa 1. Control e coñecemento da información publicada dende os diferentes
organismos da Xunta de Galicia no referente á Sociedade da Información. Para le-
var a cabo este seguimento a Oficina dispón de varios mecanismos:
Catálogo de fontes de información, que asegura o seguimento periódico de
toda a información en materia de Sociedade de Información xerada a nivel es-
tatal, autonómico e local (páxinas web, informes, diario oficial, plataformas de
contratación, novas de prensa, etc.)
Catálogo de entidades , a través da cal se identifican os responsables directos
de cada iniciativa e facilita o establecemento de lazos de comunicación.
Repositorio de Información, que permite levar a cabo un control da informa-
ción detectada, un resumo dos principais aspectos da mesma (descrición, ob-
xectivos, progreso, indicadores, responsables, orzamento, etc), da comunica-
cións establecida cos responsables ata a data e das medidas de promoción
tomadas ao respecto
Tarefa 2. Colaboración co OSIMGA no análise e diagnose da nosa comunidade en
materia tecnolóxica e da SI, conforme á transformación da realidade e á innovación
das tecnoloxías e dos servizos:
Prospección dos principais indicadores relativos ao avance das TIC na nosa
comunidade a través do Observatorio da Sociedade da Información e da Mo-
dernización de Galicia e dos responsables das diferentes iniciativas e proxec-
tos identificados.
Análise comparativo dos indicadores propios cos do resto de comunidades au-
tónomas do Estado e cos de ámbito estatal e europeo.
Determinación das áreas de mellora e puntos fortes da situación da Socieda-
de da Información na nosa comunidade.
Posta en coñecemento da situación e artellamento das medidas precisas.
Tarefa 3. Establecemento das medidas de comunicación e difusión axeitadas acer-
ca das actuacións e logros acadados polo goberno galego tanto de forma interna
coma externa, mediante a celebración de reunións informativas e de seguimento
periódicas do avance da Sociedade da Información, a través das que se persegue
identificar e clasificar as diferentes iniciativas detectadas con información de pri-
meira man así coma coñecer indicadores de avance das principais medidas.
Tarefa 4. Volcado de toda a información recompilada no portal web da Sociedade
da Información, a través do cal se lle da visibilidade as actuacións do Goberno Ga-
lego nesta materia, analízanse outros modelos dinamizados dende outras CCAA,
preséntanse boas prácticas, etc.
Tarefa 5. Elaboración do informe anual co resumo de todas as actuacións desen-
volvidas polos organismos dependentes da Xunta de Galicia relacionados co de-
senvolvemento e uso das TIC tanto no ámbito interno como na relación cos cida-
dáns e empresas e na difusión e promoción das vantaxes dos usos e servizos da
sociedade da información.
A través da Oficina de Seguimento identificáronse durante o último ano case 300 ac-
tuacións aliñadas con algún dos obxectivos dos diferentes eixos operativos do Plan de
Acción, executáronse as accións de comunicación necesarias cos interlocutores de
cada proxecto, preparando e realizando entrevistas de traballo cos mesmos a través
das cales se recolleu a información sobre a elaboración e execución das actividades, e
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
31
alimentáronse e actualizáronse as bases de datos documentais internas da propia
Oficina.
A realización destas labouras permitiu a redacción do Informe de seguimento das ac-
cións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 2009, no que se concen-
tran todas as actuacións dinamizadas neste eido durante o último ano.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 32
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
33
DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 34
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
35
Telecomunicacións
Este eixo operativo trata de desenvolver as infraestruturas para o acceso aos servizos
da Sociedade da Información, empezando polas infraestruturas de banda larga para
cidadanía e empresas, fundamentais neste contexto, e continuando polo despregue da
Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Para levar a cabo este propósito a Xunta de Galicia adicou durante o 2009, 12,4 mi-
llóns de euros, o que supón un 7% do orzamento total executado en materia de Socie-
dade da Información e que se materializaron na posta en marcha de iniciativas nalgún
dos eidos que se sinalan a continuación:
Banda Larga
Televisión Dixital Terrestre
Con respecto á banda larga, nos últimos anos, leváronse a cabo diversas actuacións
dende diferentes entidades, Administración estatal, autonómica, local e deputacións
provinciais, para tratar de estender este servizo a todos os núcleos de poboación de
Galicia. O conxunto de todas estas actuacións, dende o 2005, contou cun investimento
de entorno aos 225M€, dos que case o 50% -110M€- procedeu de fondos públicos.
Non obstante, os cambios tecnolóxicos co constante aumento de velocidade nos luga-
res xa conectados a banda larga, xa fose por cable ou ADSL, e sociais, con unha maior
necesidade dos usuarios para intercambiar contidos na rede, configuraron un mapa de
actuacións que careceron dunha política común de actuación en materia de despregue
e que non conseguiron diminuir a fenda dixital inicial ao prover só a prestación dun
servizo básico insuficiente para a maioría dos usuarios.
Ademais, tanto os datos sobre a accesibilidade a banda larga como da contratación
deste tipo de liñas seguen a situar a Galicia como unha das CCAA menos desenvolvi-
das na materia e, por tanto, en progreso da Sociedade da Información.
Consciente desta realidade a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Moder-
nización e Innovación Tecnolóxica, e despois de examinar as condicións de entorno
Figura 18. Proxectos de banda larga en Galicia
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 36
das infraestruturas de telecomunicacións, xa foran tecnolóxicas, económicas e sociais
a través da actualización do mapa de telecomunicacións, iniciou a finais do 2009 os
traballos de elaboración do Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013.
O Plan nace co obxectivo de garantir a capacidade de
acceso de calidade de todos os galegos á Sociedade
da Información, logrando unha penetración xeneraliza-
da das novas redes de telecomunicacións de banda
larga e contribuíndo así a consolidar a economía do
coñecemento.
Realizouse o primeiro Plan de Banda Larga
de Galicia que contará cun investimento de
102 millóns para o período 2010-2013
Para elo establece as directrices e liñas de acción para
que os diferentes axentes involucrados, tanto operado-
res, como Administración, leven a cabo o desenvolve-
mento das infraestruturas necesarias para dotar de
banda larga a toda a comunidade galega.
En relación á TDT, tecnoloxía que substituirá á televisión analóxica tradicional en abril
do ano 2010, a maior parte dos esforzos realizados durante o 2009, estiveron orien-
tados ao cumprimento das fases de apagamento analóxico definidas no Plan Técnico
Nacional de Televisión Dixital Terrestre.
Actualmente, e a pesar dos atrasos dos planos de acendido dixital da fase I (zona téc-
nica de Ourense-Leste e Santiago), estanse a cubrir notablemente os prazos de cober-
tura marcados polo citado Plan.
Neste eido tamén se levaron a cabo importantes medidas de acompañamento, como a
continuidade da Oficina Técnica da TDT e o desenvolvemento de accións divulgativas e
de formación dirixidas tanto a cidadanía en xeral como a profesionais.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
37
Banda Larga
Obxectivos
Nos últimos anos leváronse adiante diferentes
actuacións promovidas tanto pola Administación
do Estado, a autonómica ou mesmo polas admi-
nistracións locais, aínda que os resultados mos-
trados no informe de seguimento do ano pasado
así como no informe da CMT presentado en xullo,
indicaban que as porcentaxes de cobertura, así
como os niveis de contratación estaban por de-
baixo dos esperados.
O Plan de Extensión de Banda Ancha (PEBA) posto
en marcha no 2005 polo Ministerio de Industria,
Turismo e Comercio en coordinación coas comu-
nidades autónomas e rematado a finais do 2008,
indicaba unha cobertura do 100%. Sen embargo,
os criterios de medición baseábanse en paráme-
tros de velocidade e calidade baixos para as ne-
cesidades dos usuarios de finais da década, xa
que naquel momento considerábase banda larga
256Kbit/s e hoxe en día cando menos 1 Mbit/s.
Por mor desta situación, o propio Ministerio puxo
en marcha un subprograma de infraestruturas
dentro do Plan Avanza, no que se crearon liñas de
crédito para que as comunidades autónomas
promovesen plans axeitados as súas necesidades
sociais e xeográficas. Tamén os organismos da
Unión Europea están a axudar a solventar os
problemas da fenda dixital coas súas políticas.
En xullo, o “Informe de penetración dos servizos e
infraestruturas de telecomunicacións por provin-
cias e CCAA. 2008” da Comisión do Mercado de
Telecomunicacións (CMT) viña a confirmar que
tamén o nivel de contratación do servizo de ban-
da larga aínda que medraba de xeito significativo,
case un 16%, 5 puntos por riba da media estatal;
a penetración en valores absolutos, 14,8 liñas por
cada 100 habitantes, estaba case un 25% por
debaixo da media das comunidades autónomas,
e situaba a Lugo e Ourense nos últimos lugares
do ranking por provincias.
Por tanto, a Xunta de Galicia logo de examinar a
situación do grado de cobertura do servizo por
parte dos diferentes operadores de telecomuni-
cacións, así como do exame das necesidades,
análise da demanda tanto propia como dos con-
cellos, empresas e didadanía, que se realizou
mediante a actualización do mapa de infraestruc-
turas de telecomunicacións do 2009, aprobou en
setembro, a elaboración dun Plan de Banda Lar-
ga, plan que se enmarca dentro da estratexia
global de telecomunicacións que se prevé poñer
en marcha xunto co despregamento da infraestru-
tura de TDT, a modernización da rede de teleco-
municacións da Administración galega, así como
da rede de investigación de Galicia.
Accións salientables
O mapa de telecomunicacións 2009
A finais do 2009, e como paso previo e impres-
cindible para a elaboración do Plan de banda
larga, a Secretaría Xeral de Modernización e Inno-
vación Tecnolóxica, realizou os traballos de actua-
lización do mapa de infraestruturas de telecomu-
nicacións de Galicia, para o que se recompilaron
datos dos operadores dos diferentes tipos de
redes de telecomunicacións (telefonía fixa, móbil,
fibra óptica e televisión), así coma das deputa-
cións provinciais e dos con-
cellos galegos.
Por outra parte, seguindo a
terminoloxía europea dividí-
ronse as zonas en negras,
grises ou brancas, segundo
o número de operadores
existentes na mesma, dous
ou máis, un ou ningún res-
pectivamente. Cómpre en-
gadir que por mor da dispersión xeográfica, mes-
mo nos concellos máis poboados, só se poden
considerar como zonas negras, non susceptibles
de recibir axudas, aquelas áreas máis urbanas
dos núcleos principais dos concellos, onde existen
as redes de pares de cobre e de cable. Na seguin-
te figura realízase un resumo atendento á clasifi-
cación europea.
Figura 19. Distribución de concellos segundo zona predominante de oferta
Da análise da fígura anterior podemos extraer que
dos 315 concellos de Galicia, en 169 son predo-
minantes os núcleos de poboación sen infraestru-
tura de banda larga, é dicir, en ditos concellos
predominan as zonas brancas.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 38
Do mesmo xeito, en 106 concellos, os núcleos de
poboación predominantes son aqueles denomi-
nados como zonas grises, zonas nas que só existe
un operador que pode dar o servizo de banda
larga, e por tanto, non existe competitividade que
poida derivar en mellores servizos a un prezo
máis razoable.
Por tanto, só 40 concellos de Galicia contan cun
número predominante de núcleos de poboación
con máis dun operador que oferte conexión de
banda larga – as denominadas zonas negras-.
Ademais no mapa de telecomunicaciós tamén
quedaron patentes as grandes diferenzas existen-
tes entre os núcleos máis poboados e os menos
poboados, factor que contribúe ao crecemento do
desequilibrio territorial. Se descendemos a este
nivel obtemos datos pouco alentadores, posto
que máis da metade dos núcleos de poboación en
toda Galicia non contan con posibilidade de acce-
so a banda larga, en concreto, dos máis de
30.000 núcleos de poboación diseminados por
toda a xeografía galega, máis de 17.000 non
contan con posibilidade de acceso á banda larga.
Como aspecto, novidoso respecto de anos ante-
riores, no mapa incorporouse unha análise da
demanda, xa fora da propia administración e
ligada as políticas de saúde (historia clínica dixital
e receta electrónica), educación, xustiza ou mes-
mo a dispoñibilidade dun punto de acceso, cando
menos, no núcleo principal de todos os concellos
para poder acceder a e-administración, ou das
necesidades das empresas e da cidadanía.
Do informe executivo do estado da banda larga en
Galicia, resultado da análise de datos do mapa
extráense as seguintes conclusións:
Sector residencial
Máis de 780.000 galegas e galegos non teñen
posibildade de acceso a banda larga.
As provincias de Lugo e Ourense son as máis
castigadas neste aspecto, superando o 40% a
poboación que non dispón de acceso a Inter-
net fronte ao 21% de Pontevedra.
Nos núcleos pequenos de menos de 100 habi-
tantes a dispoñibilidade de banda larga rolda
o 40%, fronte ao 82,2 % dos núcleos maiores
de 1000 habitantes.
Servizos públicos
Moitos concellos non poden contar con servi-
zos públicos de calidade, un 53% das casas
consistoriais carecen de acceso axeitado, o
que está a xerar problemas co cumprimento
da Lei 11/2007 de acceso electrónico dos ci-
dadáns aos servizos públicos.
120 centros sanitarios, ao redor de 300 cen-
tros educativos e o 10% dos xulgados de paz
teñen deficiencias ou no poden acceder ao
servizo, así como o 18% das bibliotecas muni-
cipais.
Servizos empresariais
A situación no referido ás empresas de 10 o
menos traballadores e semellante ao indicado
no caso do sector residencial, situando a Gali-
cia entre as comnidades menos desenvolvi-
das: 42% das empresas contan con banda lar-
ga fronte ao 52% da media estatal.
Os datos son sensiblemente peores nas acti-
vidades ligadas ao mendo rural: explotacións
gandeiras e mesmo as casas de turismo rural.
Plan de Banda Larga de Galicia
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica inicou a finais do 2009 a elaboración
do Plan de Banda Larga co obxectivo de recoller a
situación do estado de desenvolvemento do servi-
zo en Galicia e logo de examinar as condicións de
entorno das infraestruturas de telecomunica-
cións, xa sexan tecnolóxicas, económicas e so-
ciais, definir posibles escenarios futuros e os
investimentos necesarios para acadar o nivel que
de unha resposta efectiva ás necesidades da
sociedade galega.
A innovación e continuo desenvolvemento dos
servizos de telecomunicacións esixe melloras de
calidade, capacidade e velocidade das redes que
os soportan e van acompañados dunha evolución
tecnolóxica destas redes, para que todos os usua-
rios teñan unha calidade e largo de banda que
garantan o acceso a todos os servizos de forma
axeitada.
Para poder aportar o máximo valor, a visión de
que se dispón é desenvolver e estender as novas
tecnoloxías e infraestruturas de tele-
Núcleos de poboación Ningún operador
(zona branca)
Un operador
(Zona gris)
Dous operadores
(Zona negra)
-100 hab 16247 11303 53
Entre 100 e 1000 hab 949 1956 54
Máis de 1000 hab 15 77 105
TOTAL 17211 13336 212
Táboa 5. Situación dos núcleos en canto ao acceso á banda larga segundo a poboación dos mesmos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
39
comunicacións de ban-
da larga aos cidadáns,
organismos públicos e
tecido empresarial de
Galicia, con especial
foco naquelas zonas
máis desfavorecidas ou
desatendidas, para
deste xeito ao impulsar
unha estratexia global
tratar de:
reducir o desequilibrio territorial na cidadanía,
contribuíndo ao benestar e desenvolvemento
social e a súa integración na sociedade da in-
formación e asegurar a vertebración dixital do
noso territorio.
impulsar o sector empresarial mediante o uso
das novas tecnoloxías de banda larga como
dinamizadoras económicas e xeradoras de
competitividade e innovación.
impulsar a modernización dos servizos públi-
cos mediante a utilización das novas infraes-
truturas de banda larga.
incentivar a participación dos distintos axentes
implicados e motivar a coordinación dos dis-
tintos organismos públicos para a unificación
de esforzos e maximizar o seu impacto.
O plan englobou dous tipos de accións, unhas
definidas como marco estratéxico e escenario
obxectivo e outras máis operativas, onde se deta-
llarán os plans de actuación, o modelo económico
e o modelo de despregamento.
Para a súa elaboración tivéronse en conta as
seguintes fases:
Fase 1. Recompilación da demanda potencial e
das infraestruturas existentes.
Fase 2. Análise comparativa da oferta e da de-
manda do servizo.
Fase 3. Priorización das zonas de cobertura.
Fase 4. Análise de factores de contorno relacio-
nados coas políticas de telecomunicacións.
O Plan de Banda Larga de Galicia presentouse o
19 de Febreiro do 2010 e cóntase con que as
primeiras medidas para favorecer o desenvolve-
mento de infraestruturas acorde coas necesida-
des e demandas das empresas, do sector público,
e da poboación galega, podan estar en marcha no
primeiro semestre.
O plan contará cun investimento de 102 millóns
de euros ata o ano 2013, fondos procedentes do
Plan Avanza e de fondos FEADER.
Subprograma Avanza Infraestruturas
Como xa se adiantou anteriormente, unha vez
concluído o PEBA, o Ministerio de Industria, Tu-
rismo e Comercio a través do Plan Avanza, dentro
do subprograma de infraestruturas puxo en mar-
cha no ano 2009 un novo programa, co obxectivo
por unha parte de dar cobertura de banda larga e
servizos de telecomunicacións ás contornas rurais
e illadas ás que o PEBA non chegara, e por outra,
desenvolver infraestruturas de redes troncais
para conectar aos concellos rurais ás grandes
redes de transmisión de datos, que no caso de
Galicia afecta a 72 concellos.
Guía para o desenvolvemento de infraestruturas para a innovación e o
desenvolvemento tecnolóxico
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, remitiu en novembro ao presidente
da Federación Galega de Municipios e as
empresas do sector TIC galego unha Guía de
Recomendacións en materia de infraestruturas.
Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual
En novembro do 2009 volveuse a reunir este
órgano, máximo órgano asesor da Xunta de Gali-
cia en materia de Telecomunicacións e Audiovi-
sual, que ten entre as súas funcións as de propo-
ñer medidas no ámbito das telecomunicacións e
do audiovisual, emitir informes sobre as liñas
estratéxicas, proxectos e demais temas relacio-
nados co sector, así como funcións de arbitraxe
na resolución de conflitos que se lle sometan.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 40
O Consello está adscrito á Secretaría Xeral de
Medios e pode funcionar en Pleno (polo menos
unha convocatoria ao ano), en Comisión Perma-
nente (dous veces ao ano) ou en comisións secto-
riais, que se crean no seno da comisión perma-
nente como órganos de traballo especializados.
O pleno deste ano reuniu a 95 membros, repre-
sentantes de todos os sectores, entidades e aso-
ciacións relacionadas co mundo das telecomuni-
cacións e audiovisual de Galicia (Administración
autonómica e local, universidades, sindicatos,
operadores de servizos, medios de comunicación
ou persoeiros de recoñecido prestixio).
Axencia Estatal de Radiocomunicacións
A Xunta de Galicia, mostrou a seu apoio decidido
a iniciativa do Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Telecomunicacións para a sede da futura axencia
se estableza en Galicia, xa que dita institución
terá unha importante proxección internacional,
contribuirá a crear unha relevante infraestrutura
de servizos relacionada coas telecomunicacións e
repercutirá positivamente na xeración de empre-
gos de alta cualificación.
Por outra parte, a Comisión de Industria do Con-
greso dos Diputados tamén aprobou unha propo-
sición non de lei, apoiada por todos os grupos
políticos galegos para instar ao Goberno do Esta-
do a estudar a candidatura para súa instalación
na nosa comunidade.
Infraestruturas para o desenvolvemento empresarial
A principios de ano empezaron a prestar servizo
de acceso a banda larga, as redes sen fíos con
tecnoloxía Wimax para dar servizo aos polígonos
industriais que segundo un estudo anterior reali-
zado pola Xunta de Galicia presentaban deficien-
cias ou ausencia do mesmo.
Entre as instalacións operativas dende entón
están: Cervo, Reboredo (Monforte), Acebreiro (A
Pastoriza) na provincia de Lugo, Vilar de Santos e
en Xinzo da Limia na provincia de Ourense e Se-
tepías (Cambados) na de Pontevedra.
En outono puxéronse en marcha os proxectos de
Curtis e Narón na provincia de A Coruña, Guitiriz,
Xove, Foz, Xermade, Muimenta (Cospeito) e Cas-
tro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), Merlín (Agola-
da) na de Pontevedra; Vilamarín, O Carballiño e
Pontedeva na de Ourense.
No mes de xaneiro do 2010, iniciaron a presta-
ción do servizo de banda larga as instalacións dos
polígonos de Boiro e Mirallos (Moraña).
Faltan por rematar as instalacións de Porto Melo-
xo (O Grove), Monte Afieiras (Moraña), Pedreira
(Meaño), Botos (Lalín), Bamio (Vilagarcía) e Casti-
ñeiras (Bueu) na provincia de Pontevedra; Aguale-
vada (Noia) e Arzúa na Coruña e Pazos (Verín) en
Ourense.
Ademais do acceso a Internet con largo de banda,
a unha velocidade e prezos competitivos tamén
estarán dispoñibles en case todos os casos: a
transmisión de voz sobre IP, contas de correo con
antispam e antivirus, mensaxería de voz e fax,
vídeo supervisión (cámaras vixía para ver e gravar
o interior e o entorno da empresa), etc.
Outra característica destes proxectos e a súa
capacidade para extender os beneficios da insta-
lación non só ás empresas do parque senón ta-
mén a toda a poboación das zonas estremeiras
nun radio de 1,5 km ao redor da torreta e con
visión directa, xa que teñen a posibilidade de ser
usuarios e contratar a dispoñibilidade do servizo.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información
41
Televisión Dixital Terrestre
Obxectivos
Ademais da banda larga, outro dos servizos de
telecomunicacións básicos para a sociedade e de
actualidade é a Televisión Dixital Terrestre (TDT),
tecnoloxía que substituirá á televisión analóxica
tradicional en abril de 2010.
Do mesmo xeito que a banda larga, o desprega-
mento desta nova tecnoloxía presenta numerosas
dificultades no seu despregamento en Galicia
debido, principalmente, a dis-persión poboacional
e complicada orografía presentes na nosa comu-
nidade autónoma.
Para dar resposta a esta problemática a Xunta de
Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios e
de Retegal S.A. levou a cabo durante o 2009
numerosas actuacións co obxectivo de garantir o
cumprimento dos prazos de cobertura estableci-
dos polo Plan Técnico Nacional da TDT-.
Accións salientables
Acendido dixital
A transición do sistema análoxico á TDT terá im-
portantes vantaxes para a sociedade, desde a
mellora da calidade do sinal, ata a liberación
dunha parte importante do espectro, o que se ven
chamando dividendo dixital e para o que xa se
están a facer plans para desenvolver a banda
larga no rural mediante redes sen fíos ou a televi-
sión de alta definición.
Galicia segundo o Plan de Nacional de Acendido
Dixital está dividida en 3 fases e 6 zonas: Ouren-
se-Leste (16 concellos de Ourense), Santiago (39
concellos da provincia de A Coruña e 5 de Ponte-
vedra), Ares (50 concellos da provincia de A Coru-
ña e 1 de Lugo), Ourense-Meda (76 concellos da
provincia de Ourense, 8 de Lugo e 1 de Ponteve-
dra), Páramo (58 concellos de Lugo) e Domaio (5
concellos da provincia de A Coruña e 56 de Pon-
tevedra).
Os planos de acendido dixital da fase I previstos
para xuño de 2009, zona técnica de Ourense-
Leste e Santiago, sufriron un certo atraso ata os
últimos meses do ano, así o primeiro acendido
fíxose no centro de Cortegada (Riós) o 20 de ou-
tubro, ao que seguiron outros 18 centros emiso-
res. A inversión realizada na fase I acadou os 3,2
millóns de euros, dos que 2,4 corresponderon á
zona de Santiago para instalar 55 equipos.
Tamén se presentaron en novembro os plans de
acendido das áreas técnicas da fase II do plan
nacional de transición a TDT, da área técnica de
Meda (Ourense) e da de Ares (A Coruña) que
supuxeron a posta en marcha de respectivamen-
te, 73 e 37 novos centros emisores, cun investi-
mento total de 3,7 millóns de euros.
Ademais, o Ministerio de Industria, Turismo e
Comercio firmou dous convenios de colaboración
coa nosa comunidade en materia de TDT, un en
febreiro que supuxo a dotación de 1,65 milllóns
de euros para a fase I, e outro en outubro dotado
de 4,5 millóns para as fases II e III.
Deste xeito, a finais de xaneiro de 2010, están
finalizadas as fases I e II,que se corresponden cos
concellos en cor no mapa da figura que se pre-
senta a continuación, logo dos apagados analóxi-
cos que se produciron desde o 18 dese mesmo
mes. Quedan, por tanto, por rematar as zonas
técnicas da fase III (Páramo e Domaio) previstas
segundo o calendario inicial para o mes de abril.
Figura 20. Situación do despregue da TDT en Galicia (31-1-2010), acorde coas fases do Plan Nacional de Transición á TDT
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 42
Entre as vantaxes da dixitalización da televisión
pódense salientar o uso máis eficiente do espec-
tro radioeléctrico que permite incrementar o nú-
mero de canles dispoñibles, pasando dos 8 can-
les de televisión tradicionais aos 24 dixitais. Ta-
mén o sistema dixital elimina ruídos, interferen-
cias e dobre imaxe, é dicir, a TDT recíbese con
maior calidade de imaxe; pode ofrecer contidos
con formato de imaxe panorámico (16/9); múlti-
ples subtítulos e unha mellor calidade de son.
Por outra parte, a dixitalización do sinal permitirá
o desenvolvemento de novas funcionalidades que
van máis aló dos simples contidos audiovisuais:
guía electrónica de programas (EPG), o teletexto
dixital cunha contorna máis visual e amigable,
servizos interactivos (xogos, votacións, chats, etc),
emisión de canles de radio a través da televisión,
posibilidade nun futuro de acceder a contidos
mediante a modalidade de pago por visión, etc.
Cómpre salientar, tamén que nos próximos meses
ademais da finalización do Plan de Transición,
coa conseguinte ampliación a todo o territorio dos
multiplex das canles estatais, tamén aumentou e
vai aumentar a oferta de televisión de ámbito
autonómico. Primeiro, en febreiro do 2009 empe-
zou as emisións a segunda canle da Televisión de
Galicia (G2), en xaneiro de 2010 principiou Popu-
lar TV e nos próximos meses vai comenzar Vtele-
visión a outra canle de autonómica, así como as
emisións dos concesionarios das demarcacións
de ámbito local.
Figura 21.Demarcacións locai s da TDT
Finalmente, indicar que a transición á TDT, con
independencia do despregue de equipamento
para ampliar as zonas de cobertura, tamén está a
ofrecer certos atrancos polo lado dos usuarios,
dada a necesidade de realizar modificacións en
moitas dos cableados e antenas dos edificios e
instalar os decodificadores nos vellos televisores.
Neste sentido promovéronse plans de axudas
para repartir estes equipos a grupos sociais en
risco de exclusión como maiores con altos niveis
de dependencia, persoas con discapacidade ou
fogares con maiores de oitenta anos que se fixe-
ron efectivos en diferentes concellos de Galicia.
Porén, malia as trabas sinaladas, a tendencia en
canto ao uso da TDT é positiva. Así, mentras que
en xaneiro do 2009 a audencia en Galicia era do
19,6%, a mediados de ano xa se alcanzaba un
36,2% de toda a televisión, fronte ao 42,9% de
cota da televisión analóxica.
Ademais en agosto de 2009 a TDT en Galicia
superou por primeira vez cun 39,6% de audiencia
á tradicional analóxica, e finalmente en xaneiro do
2010 a penetración da TDT acadaba xa o 53,7%
fronte ao 56,5% da media estatal.
Oficina Técnica da TDT
Durante o ano 2009, a Secretaría Xeral de Medios
deulle continuidade a este servizo que naceu co
obxectivo de harmonizar, con todos os axentes
implicados no proceso, as diversas actuacións
necesarias para o aseguramento dun axeitado
despregamento da TDT en Galicia. Estas actua-
cións abrangueron, entre outras:
Elaboración de guías/titoriais de actuación
para o desenvolvemento dos proxectos de TDT
en Galicia e o asesoramento e soporte técnico
na demanda de información dos cidadáns.
Elaboración dun mapa de infraestruturas da
TDT en Galicia e sobre as medidas e controis
da cobertura real
Elaboración de xornadas de formación para os
instaladores de telecomunicacións e tarefas
de comunicación ao conxunto da sociedade.
Para facilitar a información do proceso transición
aos usuarios deseñouse a campaña “Comuníca-
te”, que incluía puntos de información fixos e
móbiles, anuncios en medios de comunicación, e
diverso material informativo, como as tituladoras
nas emisións das canles analóxicas para informar
dos cambios a realizar no equipamento dos foga-
res. Asemade, puxéronse a disposición dos cida-
dáns dous números telefónicos especializados
fundamentalmente sobre todo na sintonización
dos equipos, complementarios da web da oficina
www.tdtgalicia.es.
Ademais desenvolvéronse varias xornadas forma-
tivas, en colaboración coa Asociación Galega de
Empresarios Instaladores de Telecomunicacións e
os operadores Abertis e Retegal, para abordar
diferentes cuestións técnicas: características do
sinal, posibles problemas da rede de transmisión
e na recepción, e dos comportamentos dos recep-
tores dixitais existentes no mercado. Tamén outra
dirixida aos instaladores de telecomunicación
inscritos no rexistro coa categoría A, co obxectivo
de mostrar as condicións das instalacións de TDT
por satélite
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 43
eGoberno
O sector público desempeña un papel absolutamente esencial no modelo social de
Galicia, xa que fai posible que todos os galegos gocen dun elevado nivel de benestar,
accedan a servizos básicos como o ensino e a sanidade ou gocen das prestacións
sociais que lles dean cobertura ante calquera situación desfavorable, temporal ou
permanente.
Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica puxo en marcha o programa eGoberno2013, que plantexa un
novo modelo de prestación de servizos públicos electrónicos, baseado nos principios
de acceso universal, sen exclusión e garantido a todos os cidadáns o mesmo nivel de
servizos, presente en ámbitos tan diversos como sanidade e benestar, xustiza, educa-
ción, turismo e cultura, seguridade cidadán e mesmo participación cidadá na activida-
de política (eDemocracia).
No marco deste programa, que se está a converter nun dos eixos de actuación priorita-
rios, a Xunta de Galicia levou a cabo durante o último ano diferentes actuacións ás que
destinou un total de 88,7 millóns de euros co obxectivo de garantir eses servizos pú-
blicos de calidade.
O desenvolvemento do eGoberno é un dos
obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia
Esta contía que consitue o 51 % do orzamento total exe-
cutado en materia de Sociedade da Información, materializouse na posta en marcha
de diferentes iniciativas nalgún dos eidos que se sinalan a continuación:
eAdministración
eEducación
eSanidade
eXustiza
Outros Servizos Públicos de Calidade
A mellora dos servizos públicos pasa, polo tanto, por unha aposta e impulso decididos
polos servizos en liña. Esta implantación de novas funcionalidades cara o cidadán
debe realizarse dun xeito homoxéneo e aproveitando racionalmente as bases tecnoló-
xicas dispoñibles para a administración electrónica.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 44
A este respecto resulta fundamental a posta en marcha de iniciativas encamiñadas ao
desenvolvemento da eAdministración en todos os niveis (autonómico, local, etc.), que
van a repercutir positivamente na eficacia e eficiencia dos servizos públicos e permiti-
rán a apertura de novas canles de participación.
Entre as actuacións máis salientables relacionadas co impulso da eAdministración na
Xunta de Galicia, destacan a mellora que se está a realizar sobre a plataforma orienta-
da a servizos ou o desenvolvemento da sede electrónica ou portal do cidadán, a canle
que servirá de porta de acceso a toda aquela información e servizos on-line, que se
poñen a súa disposición da sociedade.
Nesta mesma liña a Xunta de Galicia colaborou durante o último ano coas administra-
cións locais galegas (deputacións e concellos) no proceso de adopción das TIC para a
súa adaptación á lexislación vixente, co obxectivo de dotalas de servizos públicos máis
eficientes e que requiran dun menor custo e esforzo para os cidadáns, a través de
actuacións destacables como a sinatura do “Protocolo de colaboración para o impulso
administración electrónica na contorna local” ou co inicio dos traballos para a elabora-
ción e desenvolvemento do Plan eConcellos.
Ademais, no eido da administración electrónica, un dos servi-
zos fundamentais no cal o emprego das TIC se está a facer
progresivamente máis patente é no sistema educativo, xa que
hoxe en día non se pode concibir unha sociedade sen un sis-
tema educativo enxergado coas novas tecnoloxías, non só co
obxectivo de incrementar a calidade da práctica pedagóxica se
non coma un contido chave para a formación básica de cal-
quera persoa.
O proxecto educativo Abalar crea a figura dos
Centros Educativos Dixitais
Así a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
puxo en marcha a finais de ano o proxecto Abalar, unha estra-
texia para a integración plena das TIC na práctica educativa en
Galicia e creando a figura do Centro Educativo Dixital, que no
2010 equipará máis de 700 aulas que alcanzarán a 14.000
alumnos e preto de 2.500 profesores.
Outro dos piares básicos dentro dos servizos públicos da administración é a sanidade.
A este respecto, o Sistema Público de Saúde de Galicia deulle continuidade a súa
aposta polo emprego das TIC como ferramenta innovadora na mellora da xestión dos
centros e para dar á cidadanía uns servizos de calidade. A través de Rede de Saúde:
Plan de Tecnoloxías da Información da Sanidade Galega para o período 2006-2009,
continuouse neste ano coa implantación da Historia Clínica Única (IANUS), a receita
electrónica, e cos servizos cara o profesional como a Oficina Virtual do Profesional
(FIDES) ou a plataforma de formación a distancia (Mestre).
Dentro deste eixo operativo cobraron especial relevancia durante o ano 2009, ademais
dos servizos relativos ao ensino e á sanidade, aquelas actuacións no eido da Xustiza
directamente relacionadas coa posta en marcha do Plan TIC de Medidas Urxentes no
ámbito da Administración de Xustiza en Galicia.
Finalmente, tamén se incluen neste liña de actuación todos aqueles servizos públicos
susceptibles dalgunha mellora a través do achegamento das TIC (cultura, turismo,
medio ambiente, traballo, etc.)
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 45
eGoberno
Obxectivos
Actualmente os cidadáns e as empresas deman-
dan das administracións públicas (local, autonó-
mica, estatal…) unha xestión máis áxil dos proce-
dimentos e transparente da súa actividade.
Ademais a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico
dos Cidadáns aos Servizos Públicos consagra o
dereito do cidadán a comunicarse coas Adminis-
tracións por medios telemáticos, obrigandoas a
dotarse das infraestruturas para soportalas e que
garantan a necesaria coordinación entre os distin-
tos niveis administrativos.
Deste xeito resulta imprescindible mellorar os
servizos públicos a través dunha aposta decidida
polos servizos en liña, o que leva aparellado un
proceso primordial de calidade e modernización
das organizacións públicas.
Detrás dese propósito atópanse numerosos as-
pectos que trascenden ao tecnolóxico: cambio
cultural no concepto de servizo, integración fun-
cional e operativa das diferentes unidades e a
coordinación nas actuacións.
Estes conceptos, ademais, obrigan a un aprovei-
tamento racional e homoxéneo das bases tecno-
lóxicas que deben proporcionar os elementos
básicos para o desenvolvemento dos servizos a
cidadanía en cada ámbito de competencia.
Accións salientables
Plan Estratéxico Tecnolóxico Global
A SXMIT, como o órgano superior da Administra-
ción autonómica en materia TIC, con ámbito de
actuación sobre tódalas Consellerias, organismos
dependentes das mesmas, centros, servizos e
unidades, iniciou en 2009 os traballos de elabo-
ración do Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da
Xunta (PETGX).
O PETGX supón un proceso ambicioso pero realis-
ta de evolución do ambito TIC e dos procesos
operativos e de control das TI que lle dan soporte,
sendo o seu obxectivo asegurar a capacidade da
infraestrutura tecnolóxica e dos sistemas de in-
formación (corporativos e departamentais) para
satisfacer as necesidades de servizos TIC que
deben acompanar as actuacións estratéxicas da
Xunta de Galicia, e que demanden cada unha das
areas orgánicas, garantindo a calidade e conti-
nuidade do servizo e a seguridade e integración
da información, mediante:
Análise os actuais procesos de información e
identificación das necesidades en sistemas
TIC, así como dos servizos prestados aos cida-
dáns a través de canles telemáticos, tendo
presente o cumprimento da Lei 11/2007 de
acceso electrónico aos servizos públicos.
Definición duns obxectivos estratéxicos alcan-
zables e cunha clara orientación á prestación
dun servizo útil e de calidade para a propia
administración e a cidadanía.
Identificación e organización dun modelo de
relación e coordinación con outras administra-
cións e axentes afectados para dar resposta
ás necesidades da SXMIT dentro do novo mar-
co competencial definido no decreto da súa
constitución.
Establecemento dunhas liñas estratexicas de
actuación nas que o seu seguimento asegure
o cumprimento dos obxectivos definidos e que
enmarquen todas as actuacións do ámbito dos
sistemas de información da Xunta de Galicia.
Ademais identificar o modelo organizativo, de
xestión económico e de recursos materiais e
humanos preciso para levar a cabo a execu-
ción do Plan.
Definición do alcance, planificación e orza-
mento das actuacións que xurdan das liñas
estratexicas, co obxecto de que os decisores
politicos e responsables técnicos dispoñan
dun escenario operativo de proxectos que lles
permita dimensionar os recursos necesarios
no escenario temporal previsto.
Web institucional da Xunta de Galicia
A finais do 2009 a Xunta de Galicia presentou a
remodelación da web institucional xunta.es, co
obxectivo de converter ao portal na ferramenta de
referencia da Administración fronte á cidadanía.
http://xunta.es
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 46
Esta versión é un primeiro paso cara á nova posi-
ción da Xunta en internet, orientada a resaltar a
súa misión como canle de información e servizos
públicos á sociedade e supuxo unha reestrutura-
ción dos contidos existentes, unha reordenación
das áreas de portada e unha reestruturación das
páxinas interiores.
Ademais, o portal integrará a curto prazo unha
importante evolución aliñada co espallamento da
plataforma eTrámite entre os departamentos da
Xunta de Galicia, e incorporará servizos de valor
engadido para que cidadanía, empresas e colecti-
vos poidan desenvolver a súa relación cotiá coa
Administración dun xeito máis fácil e cómodo.
De maneira complementaria ao redeseño da pá-
xina web corporativa, no último ano fíxose un
importante esforzo para coordinar todas as web
vencelladas á Administración autonómica baixo
uns criterios mínimos comúns mediante:
Primeiro, la elaboración dun catálogo de webs, un
directorio que será integrado en versións futuras
de tal xeito que ó cidadán poderá dispoñer facil-
mente de información das áreas de servizo que
ten a administración pública.
Tamén, a creación dunhas directrices xerais a
seguir por calquera web vinculada a administra-
ción pública, en aspectos como: a xestión de con-
tidos; o uso de servizos colaborativos da web 2.0;
as canles audiovisuais e a publicación de docu-
mentos; a indexación e buscas xunto coas taxo-
nomías de clasificación; os criterios de asignación
de dominios e os criterios tecnolóxicos; os princi-
pios de accesibilidade e a aplicación de guías de
identidade corporativa; os manuais de estilo, etc.
Por último, a constitución do grupo de traballo
para a coordinación web.
Portal web iMit
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica puxo en marcha durante o 2009 un
novo portal web, iMit (Iniciativas de Moderniza-
ción e Innovación Tecnolóxica), co obxectivo de
converterse nun instrumento de comunicación,
divulgación e promoción das diversas actividades
que en materia de sociedade da información se
realicen dende a Xunta de Galicia. Polo tanto,
búscase que este espazo sirva de punto de refe-
rencia para a cidadanía dos plans e servizos pro-
postos dende a Administración autonómica.
Os contidos incluídos nesta web reflicten cal é a
estratexia da Xunta de Galicia en materia de pro-
moción, desenvolvemento e difusión da socieda-
de da información, unha estratexia integradora e
próxima á cidadanía que se plasma en todos os
plans e documentos que aquí se recollen.
Neste sentido, iMit concíbese como a canle de
comunicación acerca dos programas e proxectos
que se están a levar a cabo por parte da Adminis-
tración autonómica, así como doutra información
de interese sobre convenios de colaboración,
noticias ou actos que se poñan en marcha.
http://imit.xunta.es
Este portal web é pois reflexo do traballo que o
Goberno está a realizar neste campo e mostra
como as tecnoloxías da información e a comuni-
cación constitúen un dos seus eixes de actuación
estratéxicos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 47
eAdministración
Unha das medidas prioritarias identificadas no
Plan de Medidas Urxentes aprobado pola Secreta-
ría Xeral de Modernización e Innovación Tecnoló-
xica (en diante SXMIT) en xullo de 2009.
Neste plano definirase o modelo de eAdministra-
ción mediante actuacións encamiñadas a analizar
o grao de adecuación da administración galega
con respecto á Lei 11/2007, a garantir e normar
o dereito dos cidadáns ao acceso electrónico aos
servizos públicos, establecendo o modelo de rela-
ción cos cidadáns e empresas (sede electrónica,
multicanalidade, etc), redefinindo o posto de tra-
ballo do funcionario público, consolidando a plata-
forma tecnolóxica e de servizos, racionalizando
dos procedementos e a organización da adminis-
tración, etc.
Enmarcadas neste contexto, a Xunta de Galicia,
fundamentalmente a través da propia SXMIT co-
mo órgano ao que lle corresponde o impulso,
asesoramento técnico e apoio en materia de tec-
noloxías da información e as comunicacións, ao
longo do 2009 desenvolveu diversas iniciativas
destinadas a impulsar a eAdministración.
Por exemplo, na plataforma de administración
electrónica, creada para axilizar a tramitación de
procedementos e, en xeral, contribuir na mellora
da calidade dos servizos públicos.
En canto á xestión telemática dos procedementos
administrativos abordouse un proxecto de cons-
trucción dun sistema integral de tramitación de
administración electrónica coa finalidade de in-
corporar o cumplimento dos requerimentos da Lei
11/2007 e de proveer servizos comúns de admi-
nistración electrónica a calquera proxecto ou
iniciativa da Xunta neste ámbito .
Deste xeito ofrecerá servizos telemáticos aos
diferentes departamentos da Xunta como: inicio
de expediente, identificación, asinado, eDNI, xes-
tión de formularios, tramitación, control do proce-
so, arquivo, integración, auditoría e interoperabili-
dade entre sistemas e con outras administra-
cións, Seguridade Social, Correos, ministerios,
etc., que poden ser utilizados polos distintos de-
partamentos e outras administracións para, com-
binados axeitadamente, poñer en marcha novas
aplicacións informáticas.
Sede electrónica
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, comezou o desenvolvemento da
sede electrónica ou portal do cidadán, canle que
serve de porta de acceso ao cidadán a toda a
información e servizos en liña, que se poñen a
súa disposición de forma actualizada é xeralmen-
te personalizada.
Entre os servizos que ofrecerá a sede electrónica
podemos destacar o inicio de trámites, a consulta
de estados de expedientes, o acceso a publica-
cións oficiais (DOG), o taboleiro de anuncios, etc.
Esta canle serve de
porta de acceso ao
cidadán a toda
aquela información
e servizos on-line,
que se poñen a súa
disposición de for-
ma actualizada é
preferentemente
personalizada.
Entre os servizos que ofrecerá a sede electrónica
podemos destacar o inicio de trámites, a consulta
de estados de expedientes, acceso a publicacións
oficiais (DOG), taboleiro de anuncios, etc.
Identidade dixital do empregado público
A SXMIT tamén estivo a traballar durante o último
ano na definición dos criterios básicos a aplicar
de xeito corporativo nos seguintes supostos:
A identidade dixital do empregado público,
mediante o uso da certificación dixital, o so-
porte das mesmas, a loxística de asignación
de certificados, validación, etc.
A sinatura dixital, formas de uso e integración
na documentación, almacenamento, …
Finalmente, a identidade dixital do cidadán,
establecendo os criterios da identificación do
cidadán fronte a Administración nas canles te-
lemáticas, que poderán ser diferentes en base
os criterios de seguridade esixidos nos proce-
dementos.
Seguridade nos sistemas de información
Durante o 2009 a Secretaria Xeral de Moderni-
zación e Innovación Tecnolóxica, responsable de
supervisar, detectar e diagnosticar os problemas
de hardware ou software que puideran producirse
nos elementos de rede da Xunta de Galicia, co-
mezou os traballos de mellora da dispoñibilidade
dos servizos proporcionados pola Rede Corporati-
va, mediante a ampliación do Sistema de Protec-
ción contra Intrusos (IPS) Tamén se estivo a tra-
ballar no último ano na ampliación do Sistema de
Filtrado de Contidos actual que protexe a Rede
Corporativa na co-nexión a Internet xa que estaba
saturado e non tiña capacidade para analizar
todo o tráfico.
Mapa de Servizos de eAdministración e Interoperabilidade
A administración electrónica vai sempre vinculada
ao concepto de interoperabilidade nas súas acep-
cións organizativas, técnica e semántica.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 48
Deste xeito a Secretaría Xeral de Modernización
comezou a traballar na definición do chamado
“Mapa de interoperabilidade” no que se recolle-
rán os axentes implicados, procedementos, datos,
documentos que participan nos procesos da ad-
ministración pública. Isto permitirá identificar os
procedementos que se consumen en toda a ad-
minis-tración para así basearse en datos cuantita-
tivos a hora de tomar decisións sobre auto-
matización e interoperabilidade (conexións entre
aplicaciones, evitar presentación de documenta-
ción, etc).
Revisión do rexistro presencial e do rexistro telemático
En novembro consituiuse un grupo de traballo de
análise, para revisar o modelo existente de rexis-
tro presencial e de rexistro telemático, co obxecti-
vo de unificar e integrar todos os sistemas de
rexistro da administración autonómica, mellorar
os circuitos loxísticos de movemento de papel,
integrar a dixitalización e os servizos de adminis-
tración electrónica (compulsa electrónica) e revi-
sar os requerimentos do servizo de rexistro tele-
mático.
Formación do empregado da administración xeral da Xunta de Galicia
A Escola Galega de Administración Pública puxo
en marcha ao longo do 2009 un Plan de Forma-
ción Continua co obxectivo de capacitar aos em-
pregados públicos para realizar funcións e tarefas
en calquera posto de traballo ao longo da súa
carreira profesional.
Este Plan de Formación
incluía un total de 97
cursos de formación en
materia TIC que sumaban
un total de 2.420 horas
programadas. Entre al-
gúns dos cursos ofertados
podemos sinalar o curso de Oracle, o curso de
Base de datos Access, o curso de folla de cálculo
Excel avanzado ou o curso de Procesador de tex-
tos Word básico, entre outros.
Durante o último ano a EGAP tamén organizou
xornadas, entre as que destaca a “Xornada sobre
internet e servizos en nube: retos e oportunidades
para a empresa e a Administración”.
Esta xornada, absolutamente pioneira en España,
analizou a prestación de servizos «en nube» (cloud
computing), hoxe en día o desenvolvemento de
maior envergadura na internet. Utilidades que de
ordinario só se prestan desde o propio ordenador
ou rede corporativa, comezan a ofrecerse en cada
vez maior medida a través da rede: contas de
correo electrónico, tratamento de textos ou pro-
gramas esenciais para administracións ou em-
presas (para xestionar nóminas, por exemplo).
En virtude diso, os datos deixan de almacenarse
nos servidores do usuario (Administración, em-
presa, individuo), para facelo nos da empresa que
presta o servizo, ou como algúns prefiren dicir, en
internet, na «nube».
Esta evolución producirá sen dúbida importantes
vantaxes para a Administración e a empresa (ma-
ior cooperación e aforro de custos, entre outras
moitas), aínda que tamén apunta serios riscos
(intimidade e protección de datos, ou seguridade
destes).
Ademais no 2009 a EGAP puxo en marcha unha
experiencia piloto pioneira de formación telepre-
sencial en tecnoloxías da información, en ofimáti-
ca e en idiomas.
A plataforma sobre a que se apoia o piloto integra
as potencialidades de videoconferencia con ou-
tros servizos virtuais avanzados e ferramentas
para compartir ordenadores, escritorios e aplica-
cións en modo remoto. Este proxecto explota ao
máximo as capaci-dades da tecnoloxía para poñe-
las ao servizo da comunicación e a xestión do
coñecemento entre grupos dispersos, mantendo a
interactividade e a relación en vivo e en directo
entre o profesor e o alumno.
Esta plataforma desenvolveuse utilizando a tecno-
loxía multimedia, integrando imaxe, voz e datos,
para ofrecer ao alumno tódalas vantaxes da for-
mación presencial pero aproveitando tamén tóda-
las vantaxes da educación a distancia. En definiti-
va, a experiencia do alumno será como asistir a
unha clase presencial, pero a través dunha plata-
forma web. A plataforma ofrece dúas modalida-
des de traballo, en directo e en diferido.
Finalmente a Escola, creou o „Xogoleco‟, un xogo
interactivo que pretende impulsar o coñecemento
e as boas prácticas no tratamento da nova Lei de
contratos do sector público entre os traballadores
da Xunta de Galicia. Así, dun xeito sinxelo e diver-
tido, os empregados da Administración e todas as
persoas interesadas nesta normativa, poderán
familiarizarse con ela a través de cinco modalida-
des de xogo diferentes. O xogo está accesible a
través da páxina web da Escola
(http://egap.xunta.es/xogoleco).
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 49
eAdministración Local
Outro dos eixos fundamentais tanto do Plan de
medidas Urxentes da Xunta de Galicia como do
Plan Operativo de eGoberno 2013, é o desenvol-
vemento da administración electrónica é a mo-
dernización da Administración Local, último chan-
zo e interlocutora directa da administración coa
cidadanía.
Neste sentido a Xunta colaborou durante o último
ano coas Administracións Locais galegas (deputa-
cións e concellos) no proceso de adopción das TIC
para a súa adaptación á lexislación vixente, co
obxectivo de dotalas de servizos públicos máis
eficientes e que requiran un menor custo e esfor-
zo para os cidadáns.
Protocolo de colaboración para o impulso administración electrónica na contorna local
No marco da iniciativa eGoberno 2013 a sinatura
en setembro do 2009 do “Protocolo de Colabora-
ción entre a Xunta de Galicia, as Deputacións
Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Ponte-
vedra, e a Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da
e-Administración en Galicia” puxo de manifesto a
vontade de todas as Administracións de avanzar
nunha estratexia de apoio á modernización inte-
gral das Administracións e a súa adecuación á Lei
11/2007.
O protocolo busca establecer un marco de colabo-
ración permanente que permita a coordinación
das iniciativas que se van levar a cabo en Galicia
para a implantación dos servizos de Administra-
ción electrónica, co obxectivo é presentar un mo-
delo único fronte ao cidadán, aliñando os distin-
tos proxectos que se están a desenvolver e racio-
nalizando os investimentos.
Adicionalmente constitúese a “Comisión de Direc-
ción da Administración Electrónica en Galicia”, o
instrumento permanente de coordinación e cola-
boración administrativa, formado por represen-
tantes da Secretaría Xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica, da Consellería de Presi-
dencia, Administracións Públicas e Xustiza, a
Consellería de Facenda, das Deputacións provin-
ciais e da FEGAMP.
Elaboración do Plan eConcellos
A finais do 2009 a Secretaría Xeral de Moderni-
zación e Innovación Tecnolóxica iniciou os traba-
llos de elaboración do Plan, mediante unha pri-
meira fase de análise da situación actual de de-
senvolvemento da administración electrónica nos
concellos de Galicia, na que se identificaron os
servizos existentes, proxectos en marcha e caren-
cias a cubrir.
O fin do Plan eConcellos é identificar as actua-
cións necesarias no ámbito da administración
electrónica que deben acometer as distintas ad-
ministracións implicadas: Xunta, deputacións, e
concellos.
Oficina eConcellos
En novembro 2009 a SXMIT puxo en marcha a
Oficina eConcellos, unha oficina técnica virtual
cuxos obxectivos xerais pódense ver resumidos
nos seguintes puntos:
Identificar e informar sobre necesidades comúns
de administracións locais no desenvolvemento
dos seus sistemas e infraestruturas tecnolóxicas.
Impulsar a acción coordinada entre a Xunta e as
entidades locais, como elemento fundamental
para acelerar a incorporación das TIC nos conce-
llos de Galicia.
Por último, dar soporte aos concellos sobre os
proxectos a definir dentro do Fondos Estatais de
Emprego e Sostibilidade Local (FEESL.)
Informar as entidades competentes da situa-
ción global das actuacións municipais enfoca-
das hacia o uso das TIC.
Orientar as entidades locais no desenvolve-
mento dos seus sistemas, canalizando os es-
forzos hacía a reutilización dos proxectos lide-
rados polas autoridades autonómicas.
Coordinar os esforzos das administracións
locais e autonómica evitando que se aborden
proxectos de igual alcance en ambos ámbitos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 50
Entre as principais actuacións levadas a cabo
dende a súa creación destaca a participación na
elaboración do Plan eConcellos, a coordinación da
implantación do rexistro civil en liña nos xulgados
de paz e a publicación de dous documentos de
recomendacións, a “Guía de proposta para os
FEESL2010” e a “Guía de boas prácticas na im-
plantación dunha rede de telecomunicacións
municipal sen fíos”
Concellos dixitais
Durante o 2009 déuselle continuidade ao Pro-
grama Concellos Dixitais, enmarcado dentro do
Plan Avanza, a través do que se concedían axu-
das para subvencionar actuacións no eido da
administración local relativas a servizos e apli-
cacións de administración electrónica, servizos
dixitais dirixidos a cidadáns e empresas da
contorna local ou a elaboración de planos directo-
res da Sociedade da Información.
Na convocatoria de 2009 concedéronse un total
de 80 axudas cunha subvención asociada de
case 1 millóns de euros fronte ao 1.379.045 €
concedido ao abeiro deste mesmo Programa en
2008.
O progrma Concellos Dixitais xerou dende a súa
posta en marcha un investimento total de máis de
3,5 millóns de euros.
Teleformación para os empregados das administración locais
A Escola Galega de Administración Pública, reali-
zou 12 cursos de formación na modalidade de
teleformación para empregados ao servizo das
administracións locais, dos cales 7 estaban rela-
cionados coas novas tecnoloxías da información e
as comunicacións.
Curso TIC Horas
Curso de información europea na rede 25
Curso de base de datos Access 30
Curso de folla de cálculo Excel básico 25
Curso de folla de cálculo Excel avanzado 25
Curso de PowerPoint 25
Curso de procesador de textos Word básico 25
Curso de procesador de textos Word avanzado 25
Total 180 h
Táboa 6. Cursos TIC na modalidade de teleformación para emprega-dos das administración locais. EGAP 2009
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 51
eEducación
Obxectivos
As TIC xogan un papel fundamental no ensino, xa
que son un contido básico na formación de cal-
quera persoa e poden incrementar a calidade da
práctica pedagóxica, facilitar as relacións entre a
comunidade educativa e explotar as posibilidades
en canto a personalización do ensino, eliminación
de barreiras, etc.
Fronte aos tradicionais libros, vídeos e xogos, os
novos contidos educativos creados con recursos
tecnolóxicos permiten presentar a información
doutra forma. Os contidos fanse máis dinámicos
(interactividade) máis atractivos (presentación
simultánea de texto, sons e imaxes) e máis varia-
dos. Estas novas prestacións poden facilitar a
aprendizaxe e permitir melloras cognitivas sobre
todo dos alumnos con dificultades, ao aplicar
metodoloxías máis activas e menos expositivas.
Pero levar isto a práctica, supón un importante
esforzo para fomentar unha participación activa,
para integrar as vantaxes e afastar as malas prác-
ticas e dinamizar un proceso de desenvolvemento
social continuo e sostible para acadar unha cida-
danía, presente e futura, plenamente inserida na
Sociedade da Información.
Accións salientables
Proxecto ABALAR
Neste contexto a Consellería de Educación e Or-
denación Universitaria definiu a finais de 2009 a
estratexia para a integración plena das TIC na
práctica educativa en Galicia, o proxecto Abalar.
Este proxecto nace co obxectivo de integrar todas
as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os
esforzos cara a moder-
nización e mellora da
educación como parte
da estratexia transver-
sal do Goberno Galego
de promoción das TIC
a todos os sectores de
actividade, recollida no
marco da iniciativa
“egoberno2013”
Trátase xa que logo dunha estratexia educativa
global e integradora a longo prazo, definida con
obxectivos claramente determinados para maxi-
mizar o aproveitamento dos recursos na mellora
das competencias formativas das novas xeracións
de cidadáns, que coordina e impulsa un cambio
de modelo educativo en Galicia apoiado na for-
mación do profesorado e a modernización global
do ensino.
Abalar persegue tamén un salto cualitativo e
cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de
mellorar a súa eficiencia nun proceso de moder-
nización, integrando ás TIC en todos os ámbitos
educativos, apoiarase na posta en marcha de
forma coordinada de diferentes iniciativas en
cada un das seguintes áreas:
Equipamento e infraestrutura: garantirase a
dotación e o mantemento da infraestrutura TIC
para todos os centros educativos, favorecendo
a conversión dos centros educativos tradicio-
nais en Centros Educativos Dixitais , a través
da subministración de proxectores, pizarras
Dixitais, ultraportátiles a alumnos e profeso-
res, de cableado e canalizacións, do acondi-
cionamento de aulas, etc.
Este eixo aproveitarase da sinatura do Conve-
nio de Colaboración entre a Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria e o Mi-
nisterio de Educación para a aplicación en Ga-
licia do proxecto 'Escuela 2.0' e que suporá o
desembolso de catro millóns de euros por ca-
da unha das partes asinantes, co fin de inte-
grar as tecnoloxías da información e comuni-
cación (TIC) nos centros educativos.
Coa implantación do proxecto 'Escuela 2.0',
dotarase ás aulas galegas de 5º e 6º de prima-
ria e de 1º e 2º de secundaria obrigatoria de
taboleiros dixitais e conexión sen fíos a inter-
net. Ademais, cada docente, alumno e alumna
destes mesmos cursos terá o seu ordenador
portátil, que empregará como ferramenta de
traballo, tanto na clase como na casa.
Fomento da cultura dixital: Buscase a adop-
ción e integración cultural das TIC en todos os
ámbitos do proceso educativo. Nos docentes,
deseñando un plan de formación específico
para a súa habilitación no uso das TIC na prác-
tica docente, e proporcionándolles recursos
educativos dixitais para empregar nas distin-
tas materias. Nas familias, difundindo as no-
vas canles e soportes audiovisuais de comuni-
cación, favorecendo con elo o acceso aos ser-
vizos que proporciona a e-administración.
Contidos educativos: Dotarase ao profesorado,
así como ao resto da comunidade educativa
de contidos e recursos educativos dixitais. Pa-
ra elo facilitarase o desenvolvemento de novos
modelos pedagóxicos e a incorporación dos úl-
timos avances tecnolóxicos na educación, aro-
veitaranse as mellores prácticas desenvolvi-
das nos centros máis avanzados e fomentara-
se o espírito colaborativo e participativo dos
docentes para establecer unha comunidade
de desenvolvemento de contidos propios.
Integración e participación: Abalar contará cun
portal que será o referente dos servizos edu-
cativos en Galicia para toda a Comunidade,
que permitirá achegar a educación aos cida-
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 52
dáns e involucrando ás familias na educación
dos fillos, promoverá o desenvolvemento das
TIC no ámbito educativo, e fomentará a parti-
cipación colaborativa dos centros e da comu-
nidade docente, incorporando como peza fun-
damental o Repositorio de Contidos Educati-
vos de Galicia.
Nunha primeira fase (2009-2010), 'Abalar' equi-
pará máis de 700 aulas de primaria e se-
cundaria, alcanzando 14.000 alumnos e preto de
2.500 profesores. O proxecto, durante os próxi-
mos catro anos, estenderá as súas actuacións a
máis de 4.400 aulas distribuídas en 1.085 cen-
tros, o que permitirá dar cobertura técnica a
87.400 alumnos.
Novo Portal Web
A finais do 2009 a Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria comezou os traballos de
desenvolvemento dunha nova versión do portal
web (www.edu.xunta.es), que viu a luz a medida-
dos de febreiro do ano 2010.
A creación da nova web da Consellería, abordou-
se dende unha dobre perspectiva, a tecnolóxica e
a organizativa.
Dende o punto de vista tecnolóxico, o portal ante-
rior non resultaba operativo. Deste xeito foi preci-
so despregar unha nova plataforma baseada no
sistema de xestión de contidos que dotou a ao
novo portal de maior flexibilidade e escalabilida-
de, garantindo ao mesmo tempo un mantemento
máis doado do mesmo.
Dende a óptica organizativa, a web ofrece unha
nova imaxe tanto dende o punto de vista estético
como dende o punto de vista dos diferentes servi-
zos que se ofrecen aos usuarios.
Equipamento para os centros educativos públicos galegos
A Consellería de Educación e Ordenación Universi-
taria continuou durante o ano 2009 coa introdu-
ción das novas tecnoloxías nos seus centros a
través da dotación de equipamento informático.
Para elo licitou dous concursos, tanto para a ad-
quisición de ordenadores portátiles como para a
adquisición de ordenadores persoais e monitores
TFT/LCD para os centros educativos públicos
dependentes da Consellería por un importe total
de case 1.650.000 euros.
Modernización dos sistemas de información
A Consellería de Educación e Ordenación Universi-
taria durante o 2009 tamén realizou diferentes
traballos orientados á mellora e modernización
dos seus propios sistemas de información a
través das varias iniciativas como:
Aplicación para a xestión de títulos, co obxecti-
vo de dispoñer dunha ferramenta que permita
xestionar a emisión de títulos educativos de
ensinanzas non universitarias de xeito centra-
lizado e en contorno web.
Melloras na aplicación de xestión de persoal,
na aplicación de xestión
académica do ensino pa-
ra ensinanzas secunda-
ria e ciclos formativos
e na aplicación de xes-
tión de formación do
profesorado.
Migración da plataforma
de correo electrónico cor-
porativo a unha arquitectura baseada en soft-
ware libre en previsión de que o número de
usuarios vaia en aumento. Na actualidade a
plataforma de correo electrónico proporciona
servizo aos centros educativos, profesorado,
alumnos e servizos centrais da consellería cun
total de 50.000 contas de correo electrónico e
xestionando máis de 1.200.000 mensaxes
diarios.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
A biblioteca escolar serve de canle para a integra-
ción nos centros educativos das tecnoloxías da
comunicación que a sociedade vai desenvolven-
do, e ofrece a posibilidade de acceso igualitario
aos bens culturais, independentemente do estra-
to económico e cultural de procedencia, actuando
como axente de compensación social.
Partindo desta base a Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria convocou por quinto ano
consecutivo o Plan de mellora de bibliotecas esco-
lares, que se desenvolverá durante o curso
2009/2010, e no que se sufragaron, entre ou-
tros, os gastos comprendidos como concepto de
adquisición de equipamentos audiovisuais ou
informáticos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 53
eSanidade
Obxectivos
O achegamento das TIC ao eido da Sanidade
converteuse nun dos ámbitos de actuación priori-
tarios durante os últimos anos, co obxectivo de
facilitar aos cidadáns o acceso o ao sistema pú-
blico de saúde, favorecendo o emprego dos servi-
zos interactivos e de administración electrónica
na xestión sanitaria, de xerar sinerxías e promover
a cooperación intersectorial dentro do tecido em-
presarial e promovendo a integración dos profe-
sionais sanitarios na Sociedade da Información a
través da súa formación e capacitación.
A este respecto, o Sistema Público de Saúde de
Galicia aposta polo emprego das TIC como ferra-
menta innovadora na mellora da xestión dos cen-
tros e para dar á cida-
danía uns servizos de
calidade. É por iso que
durante o 2009 conti-
nuou o desenvolve-
mento da Rede de
Saúde: Plan de Tecno-
loxías da Información
da Sanidade Galega
para o período 2006-
2009 no cal se reco-
llen diversas actua-
cións que teñen por obxectivo a mellora da efi-
ciencia e calidade do traballo así coma o ache-
gamento da administración á cidadanía a través
do emprego intensivo das TIC. Este plan está
estruturado ao redor de seis liñas estratéxicas:
Dixitalizar a actividade asistencial.
Promover novas canles de acceso e participa-
ción no sistema sanitario público.
Optimizar os procesos de xestión interna.
Dar soporte ás redes de vixilancia da saúde.
Dispor de información de calidade para a toma
de decisión.
Reforzar as infraestruturas.
Accións salientables
Historia Clínica Única: IANUS
Dentro das actuacións desenvolvidas baixo deste
plan cabe salientar o proxecto de Historia Clínica
electrónica (IANUS), que é o eixo vertebrador des-
ta modernización, pois fará accesible toda a in-
formación e documentación clínica que se xera
durante o proceso asistencial, para poder consul-
tala e rexistrala de forma clara, rápida e igual
para todos, independentemente do centro sanita-
rio onde se xere ou dos profesionais que partici-
paron no proceso de atención.
Durante o ano 2009 este proxecto desenvolveuse
en todas as áreas de Atención Primaria e en todos
os hospitais. Isto supón que un total de
2.775.971 historias clínicas están accesibles a
través do sistema IANUS e hai máis de 22.145
profesionais acreditados. En concreto, superáron-
se os 17 millóns de accesos por parte dos nosos
profesionais (6 millóns de accesos máis que en
2008).
Ademais, baixo este proxecto, vertébranse outras
actuacións coma a dixitalización da imaxe médica
ou a receita electrónica. No que respecta á pri-
meira convén salientar que a porcentaxe de estu-
dos con imaxe dixitalizada asociada supera o
90%, estando en marcha en todos os hospitais do
Sistema Público de Saúde, aos que tamén se
incorporaron sistemas de recoñecemento de voz.
A receita electrónica (e-receita), pola súa parte,
comezou no 2008 e despois dun ano estáse a
implantar en concellos de todas as áreas sanita-
rias; No ano 2009 foron prescritas dixitalmente
41 millóns de receitas (o 63,81 por cento do to-
tal) e xa foron prescritas 7,5 millóns de e-receitas
a 1.217.423 persoas.
Con respecto ao número de oficinas farmacia
conectadas, pasouse de 38 no 2008 a 866 a
finais do 2009. Do mesmo xeito tamén se incre-
mentou a porcentaxe de facultativos que usan a
prescripción electrónica, pasándose dun 75,2%
no 2008 a un 91,50% no último ano.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 54
Fonte: Datos proporcionados pola Consellería de Sanidade
Accesibilidade ao sistema sanitario
A accesibilidade ao sistema sanitario público é
outra das liñas estratéxicas de Rede de Saúde.
Neste sentido durante o ano 2009 acadáronse
5,5 millóns de accesos á web da sanidade pública
galega, o que representa un incremento do 389
por cento, respecto dos accesos rexistrados no
ano 2005.
De cara á cidadanía, hai que destacar o proxecto
Queres, un sistema de información de queixas e
suxestións coma canle de escoita de participación
da cidadanía, que recolleu un total de 1.976
queixas no 2009, 825 máis que no ano anterior.
En canto ao uso dos servizos web como a consul-
ta individualizada de lista de espera recibiu 6.802
accesos en 2009, un total de 1.701 persoas in-
cribíronse no servizo de alerta sms e realizáronse
máis de 36 mil solicitudes de cambio de médico a
través de Internet.
Ademais, no ano 2009, o 16,48 % da poboación
pediu cita co seu médico de familia a través da
web (fronte ao 1 por cento do ano 2005), remití-
ronse un total de 13.030 solcitudes de tarxeta
sanitaria por Internet e, a finais dese mesmo ano,
eran xa 141 os centros sanitarios que contan con
solucións de telemedicina implantada.
Entre os servizos para os profesionais destaca a
Oficina Virtual do Profesional (FIDES), que durante
o ano 2009 rexistrou un total de 547.554 acce-
sos, o que supón un incremento do 127 % con
respecto a 2008.
A través da plataforma de formación a distancia
(Mestre) creada co obxectivo de facilitar a acce-
sibilidade dos profesionais aos plans docentes,
realizáronse durante o 2009 un total de 722 cur-
sos impartidos a 19.857 profesionais.
2005 2006 2007 2008 2009
Historia Clínica Única
IANUS
Nº de historias dixitais 224.540 2.610.293 2.775.971
Nº de Tarxetas de Profesional … 6.658 13.174 20.387 26.061
Nº de profesionais con acceso a IANUS 642 3.569 8.934 15.516 22.145
Cursos de formación … 674 588 679 525
Horas de formación … 2.652 2.412,8 3.709,5 3.450
Profesionais formados … 5.187 3.630 4.571 3.489
Nº de altas hospitalarias dixitalizadas 8% 92% 72%
Nº accesos anuais IANUS 0.5 mll. 11 mll. 17 mll
Dixitalización da imaxe médica
Nº de hospitais con imaxe dixital 2 14 (todos) 14 (todos)
% estudios con imaxe dixitalizada 20% 90,6% 90%
Hospitais con recoñecemento de voz 0 14 (todos) 14 (todos)
e-Receita
% prescrición electrónica sobre o total 4% 9% 26% 46,26 %
(28.112.942)
63,81 %
(40.907.040)
% de facultativos que usan a prescricións
electrónica 5,5 % 21,20% 26,68% 75,20% 91,50 %
Nº oficinas farmacia conectadas 0 38 866
Nº e-receitas 0 131.536
(57.000 per.)
7.572.958
(1.217.423)
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 55
En relación á Biblioteca Virtual do Sistema Sanita-
rio Público Galego, a finais do ano 2009 xa recibía
159.247 accesos a 2.240 revistas.
Finalmente, indicar que 394 provedores contan
cunha ferramenta específica (OFPRO), que permi-
te acceder e comunicarse coa Consellería de Sa-
nidade de forma áxil, rápida e sinxela e que rexi-
trou un total de 17.004 accesos no último
ano. Ademais o 46% dos provedores con factura-
ción superior a 300.000 euros xa teñen acceso a
esta oficina virtual.
2005 2006 2007 2008 2009
SERVIZOS EN LIÑA – Accesibilidade aos servizos sanitarios
Nº de accesos á Web 1.124.161 1.702.579 3.681.862 5.447.803 5.501.481
e-mails/ano (millóns) 10,3 12,9 17,8 19,11
Servizos para a cidadanía
Nº de servizos públicos sanitarios en liña para o cida-
dán 3 3 3 10 14
% cidadáns cita Internet 1% 5,66% 8,89% 12,14% 16,48%
Nº de tarxetas emitidas por Internet 6.201 9.631 12.378 13.557 13.030
Nº de cambios de médico e outros trámites realizados
pola Internet 16.971 32.377 36.120 35.390 36.142
% de citas entre diferentes niveis asistenciais concer-
tadas por medios telemáticos 21,76 % 28,15 % 34,02 % 36,53 % 39,16%
Nº centros de AP con cita telemática especialista 199 241 278 312 343
Nº accesos lista de espera individualizada na web 0 219 4.185 6.802
Nº inscricións no servizo de alerta sms (Nº inscri-
cións/Nº mensaxes) 0 900 810 1.701
Nº de tarxetas de doador solicitadas a través da web 358 1.246 1.047 634 511
Queres (Sistema de Queixas e Reclamacións) 0 1.151 1.976
Nº de centros con telemedicina 31 127 141
Servizos para os profesionais
Número de servizos en liña para o profesional 1 5 6 8
Número de profesionais con acceso á Oficina Virtual
do Profesional 759 43.881 49.529
Número de cursos e-learning realizados 6 19 757 722
Número de usuarios matriculados en cursos e-learning 304 812 11.912 19.857
Número de accesos a FIDES 240.760 547.554
Aula Virtual e MESTRE Nº cursos/nº profesionais
formados 0
757/
11.912
722/
19.857
Mergullador e Bibliosaúde Nº accesos/nº revistas
electrónicas 0
42.461 /
1.500
159.247/
2.240
Servizos para os provedores
Número de servizos en liña para a empresa 1 2 2 6 7
Oficina Virtual Provedores/nº accesos 0 416 /
13.803
394/
17.004
Número total de provedores con usuarios autorizados
no sistema 130 324 416 394
% de provedores con facturación superior a 300.000 €
con acceso ao sistema 38% 48% 55% 46%
Fonte. Datos proporcionados pola Consellería de Sanidade
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 56
Plataforma tecnolóxica
Por último, Rede de Saúde supón un importante
esforzo na consolidación das infraestruturas tec-
nolóxicas que garantan o almacenamento seguro
da información clínica dos doentes, así como a
súa accesibilidade e dispoñibilidade en calquera
punto da rede asistencial as 24 horas do día.
Para iso estableceuse unha potente rede de tele-
comunicacións corporativa á que están conectada
o 93 % dos centros de atención primaria, aten-
ción especializada e hospitais adcritos ao sistema
Fonte: Datos proporcionados pola Consellería de Sanidade
Outras actuacións no ámbito sanitario
Portal SAGa
En febreiro do 2009, dentro do portal SAGa habili-
touse a última fase da súa implantación, unha
ferramenta para a xestión integral da información
do Sistema Acreditador da Formación Continuada
das profesións sanitarias de Galicia.
A plataforma contén un
modelo normalizado acredi-
tación das actividades de
formación continuada diri-
xidas aos profesionais sani-
tarios, con formatos especí-
ficos para as actividades
presenciais e as non presenciais ou mixtas, no
que debe constar o nome da entidade solicitante,
a actividade para acreditar e as súas característi-
cas, o financiamento e aquela información adi-
cional que o peticionario considere relevante.
Público. Ademais o 69 % das liñas de comunica-
ción destes centros son de banda larga e o núme-
ro de usuarios xestionados incrementouse ata
47,726 o que supón un crecemento do 54% res-
pecto das cifras do ano.
En canto á dotación de equipamento, aumentou o
número de servidores ata 821, así como; multipli-
couse o volume de información sanitaria almace-
nada en formato dixital, acadando os 561 teraby-
tes almacenados; e chegando a un total de
17.124 postos clínicos informatizados.
Portal Gripe A
Tamén se puxo en marcha durante o 2009 un
portal específico sobre gripe A que ofrecía infor-
mación tanto á cidadanía en xeral, como aos
profesionais sanitarios e outros colectivos.
A web tiña un dobre obxectivo, por unha banda,
manter o compromiso da Consellería ao redor da
transparencia e da información permanente de
todo o relacionado coa gripe A; e por outro, xerar
unha vía de acceso á información para clarexar
calquera tipo de dúbida relacionada con ela.
No apartado dirixido á cidadanía, os internautas
podían consultar as preguntas e respostas máis
frecuentes relacionadas con este virus (modo de
contaxio, síntomas, medicamentos, uso de más-
caras, grupos de risco, cando solicitar atención
médica, etc. Ademais dispoñía de información
para o enfermo, para o coidador e consellos para
viaxeiros e era posible recibir novas mediante
mensaxes SMS.
2005 2006 2007 2008 2009
PLATAFORMA TECNOLÓXICA
% de centros de Atención Primaria, Atención
Especializada e Hospitais conectados á Rede
Corporativa do Servizo Galego de Saúde
55 % 72 % 76 % 87 % 93 %
Porcentaxe de centros de Atención Primaria,
Atención Especializada e Hospitais conectados
en banda ancha (>=512 Kbps)
8 % 9 % 27 % 49 % 69 %
Postos clínicos informatizados 3.064 9.991 17.124
Servidores 306 322 720 821
Switches 673 722 1.098 1.213
Impresoras 5.076 8.008 8.821
Routers 779 1.034
Volume información dixitalizada 47TB 100TB 402 TB 561 TB
Equipos comunicacións 1.051 1.877 2.399
Liñas comunicacións 803 1.511 1.805
Centros de Atención primaria conectados a
banda larga 33 232 331
Usuarios/as dos Sistemas 22.132 25.935 41.054 47.726
Profesionais con tarxetas e sinatura dixital 642 21.041 27.052
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 57
eXustiza
Obxectivos
Tal e como xa se avanzou, nos últimos anos a
incorporación das TIC no ámbito da Admi-
nistración de Xustiza vén ser unha realidade.
Están cada vez máis presentes no uso cotiá con-
ceptos como os sistemas de información, as re-
des de telecomunicación, a sinatura dixital, etc.
Sen embargo, tamén é unha realidade, que non
se ten alcanzado un nivel adecuado de aprovei-
tamento das TIC na mellora e modernización da
Administración de Xustiza.
Consciente desta situación, e acompañando ao
lanzamento do Plan de Sistemas de Xustiza que
vai permitir establecer o marco xeral e as actua-
cións concretas a realizar, a Secretaría Xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica, en cola-
boración coa Dirección Xeral de Xustiza, no marco
do Plan TIC de Medidas Urxentes no ámbito da
Administración de Xustiza en Galicia aprobado en
Xullo de 2009, identificou unha serie de actua
cións prioritarias a abordar no período 2009-
2010, que non podían agardar á realización do
Plan de Sistemas por ser especialmente críticas.
Accións salientables
Consolidación dos sistemas de
información
Sistema de xestión procesal Minerva
No último trimestre do 2009 continuaron os tra-
ballos de migración dos procedementos rexistra-
dos dende os sistema Lybra ao sistema Minerva,
un sistema troncal de
xestión procesal dos
asuntos en órganos
xudiciais que soporta
as funcionalidades de
recepción, rexistro e
repartición, tramitación
de asuntos e xestión
documentos procesais
e esquemas de tramitación.
O obxectivo que se persegue con esta migración
consiste por un lado, en homoxeneizar toda a
plataforma base de sistema de información e
garantir unha evolución homoxénea en todos os
órganos xudiciais e por outro, dinamizar e poten-
ciar o grao de uso do sistema, posto que ata o de
agora presentaba moitas carencias e en xeral a
satisfacción dos usuarios era moi baixa.
Implantación de Lexnet e da e-sinatura
Lexnet, é unha aplicación para o transporte segu-
ro de información que permite a realización de
actos de comunicación por parte dos órganos
xudiciais e a presentación de documentos a de-
vanditos órganos.
A súa implantación estaba prevista para ó 2008,
sen embargo nas datas de elaboración do Plan de
Medidas Urxentes puido comprobarse como o seu
nivel de implantación estaba moi por debaixo das
previsións. A complexidade deste proceso veu
dada fundamentalmente porque non só están
implicadas as oficinas xudiciais senón que afecta
a comunidade xurídica: avogados, graduados
sociais e outros operadores xurídicos, en particu-
lar os procuradores.
Deste xeito a finais do 2009 comezou a definirse
un plan de implantación que permita minimizar as
dificultades actuais e que inclúa ademais unha
planificación e execución do propio proceso de
implantación, co obxectivo de acadar a plena
implantación da aplicación Lexnet en tódalas
sedes e órganos xudiciais.
Rexistro civil en liña
O proceso de dixitalización dos rexistros civís é o
resultado dun proxecto de colaboración entre a
Xunta de Galicia e Red.es no contexto do Plan
Avanza, nacido co obxectivo de axilizar e mellorar
a calidade do servizos prestados polos rexistros
civís e os xulgados de paz grazas ao emprego das
TIC, axudando ao mesmo tempo ao cumprimento
do establecido pola lexislación para ó acceso
electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
Para a consecución destes obxectivos o proxecto
contempla a implantación do sistema de informa-
ción INFOREG 4.0 nos rexistros civís principais e
nos rexistros civís delegados nos 270 xulgados de
paz de Galicia.
O plan de despregamento deste sistema de in-
formación estrutúrase en tres fases:
Fase inicial. Dixitalización e informatización de
45 rexistros civís. Esta fase rematada a finais
do 2009, ten dixitalizado en Galicia máis de
6.400 tomos dos 45 rexistros civís galegos, 14
pertencen á provincia de A Coruña (2.383 li-
bros dixitalizados), 9 a Lugo (922 libros), 9 a
Ourense (764) e 13 a Pontevedra (2.413).
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 58
Fase 1. Implantación, formación e dinamiza-
ción de 74 xulgados de paz. Esta fase tamén
rematada, supuxo que a 31 de decembro de
2009, o 100 % dos xulgados de paz contem-
plados na 1ª fase teñan implantado INFOREG
4.0 e recibiran a formación programada. Ade-
mais, 62 destes xulgados empregan con asi-
duiade a aplicación.
Fase 2. Implantación, formación e dinamiza-
ción de 196 xulgados de paz. Nesta fase, to-
davía en curso, implantouse INFOREG en 147
xulgados de paz, dos 196 previstos. En canto
á formación e a dinamización concluirá previ-
siblemente na primavera de 2010.
Xestión de Fiscalías: Fortuny
A finais do 2009, comezáronse os traballos de
dinamización do uso do sistema Fortuny nas fisca-
lías, unha aplicación de xestión de rexistro e tra-
mitación dos expedientes xudiciais no ámbito do
Ministerio Fiscal.
Para elo será preciso a migración do sistema á
última versión liberada polo Ministerio de Xustiza,
a análise de adecuación do sistema aos requeri-
mentos dos usuarios e a formación dos mesmos
na nova versión.
Sistema de Xestión para a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O Consello Xeral do Poder Xudicial puxo en mar-
cha una sistema integral cuxo obxectivo é a xes-
tión dixitalizada de todos os documentos median-
te un sistema integral, compatible e común para
todos os Tribunais Superiores de Xustiza.
Neste sentido a SXMIT, a finais do 2009 iniciou os
traballos para a posta en marcha do sistema de
Xestión para a Sala de Goberno do Tribunal Supe-
rior de Xustiza de Galicia, co obxectivo de integrar
o sistema no modelo de sistemas de información
da Administración de Xustiza en Galicia.
Plataforma Audiovisual e Multimedia
A lexislación procesual esixe a gravación audiovi-
sual das vistas orais no caso dos xuízos civís. Na
última década, sobre todo a partir da reforma
chamada dos “xuízos rápidos” (ano 2004) foron
implantados progresivamente sistemas de víde-
conferencia e de gravación de vistas, que cada
día son máis utilizados pola Administración de
Xustiza, e como consecuencia demándanse máis
e mellores equipos.
Unha das primeiras medidas neste ámbito duran-
te o 2009 por parte da SXMIT, foi a elaboración
dun diagnóstico da situación actual dos medios
audiovisuais: sistemas de gravación e sistemas
de videoconferencia distribuídos nas diferentes
sedes xudiciais da xeografía galega.
Como consecuencia deste diagnóstico definíronse
unhas medidas de actuación urxentes na sedes
xudiciais de A Coruña, Lugo e a Estrada, que afec-
taban a infraestrutura de soporte, ao equipamen-
to e aos servizos (formación, soporte dos siste-
mas audiovisuais, etc.)
Finalmente tamén se definiu un modelo obxectivo
preeliminar para o despregue completo dos sis-
temas audiovisuais en condicións que satisfagan
plenamente as necesidades da Administración de
Xustiza en Galicia.
Revisión e adecuación á LOPD
O feito de que no referente á protección de datos
de carácter persoal se detectara unha situación
de irregularidade na que estaba a incurrir de for-
ma xeneralizada a Administración de Xustiza de
Galicia, fixo necesario regularizar a situación e
adecuar á lexislación vixente en materia de LOPD,
así como definir o marco de seguridade para tódo-
los ficheiros xestionados, tanto como
Neste sentido a finais do 2009 iniciáronse dife-
rentes actuacións neste eido que terán continui-
dade durante o 2010, entre as que destacan o
diagnóstico de adecuación ao Regulamento de
desenvolvemento da LOPD, a revisión dos fichei-
ros xa inscritos na AGPD ou a elaboración do Do-
cumento de Seguridade.
Infraestruturas de soporte aos
Sistemas de Información
Auditoría dos CPD
Durante o 2009 fíxose unha primeira análise dos
centros de proceso de datos (CPD) ubicados na
Dirección Xeral, concluíndo na necesidade de
facer melloras para cumprir coas especificacións
mínimas segundo a normativa TIA-942 en materia
de acondicionamento, ubicación e seguridade,
garantía do servizo, etc.
Tamén se examinaron as condicións dos siste-
mas de información de Xustiza periféricos, dos 49
órganos xudiciais das principais cidades e dos
xulgados de 1ª Instancia do resto de cabeceiras
de partidos xudiciais.
Nunha primeira análise de situación de estas
ubicacións (principalmente nas que no corres-
ponden ás principais ciudades) detectáronse
carencias tanto a nivel tecnolóxico, de infraestru-
tura (comunicacións, eléctricas, redundancia a
fallos,..) como de seguridade (físico como lóxico,
copias de seguridade,..) polo que é preciso trasla-
dar ese equipamento e facer un estudo de viabili-
dade de migración deses sistemas a unhas novas
instalacións.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 59
Plan de renovación progresiva do
equipamento ofimático
Nos últimos anos o número de equipos instalados
nos órganos xudiciais foi aumentando ata un
inventario de 3.400 postos de traballo informati-
zados. Mais non se puxo en marcha ningún plan
de renovación progresiva dos equipos o que orixi-
nou que actualmente exista no parque ofimático
unha porcentaxe moi ampla de PCs con máis de 5
anos de antigüidade.
Por tanto, a SXMIT, a finais do ano 2009 comezou
os traballos para a definición dun plan progresivo
de renovación, no que se contemplaban medidas
de urxencia como a renovación do 10-15% dos
equipos de maior antigüidade e a contratación
dos servizos de mantemento..
Tamén se adxudicou a finais do último ano un
concurso para a subministración de equipamento
informático para a Administración de Xustiza,
mediante o que adquirirá 500 ordenadores per-
soais e 300 impresoras, por un importe total de
case 550.000 €.
Mellora das comunicacións existentes e asegurar o seu correcto funcionamento
Os usuarios dos sistemas de información de xus-
tiza están ubicados en diversas localizacións
distribuídas por toda a xeografía galega, cada
unha das cales atópase conectada á rede corpo-
rativa según a distribución inicial que foi realizada
en función da capacidade do ancho de banda que
era posible conectar nese momento e dos custos
que levaba asociados.
O crecemento do número de usuarios dos siste-
mas de Información e das necesidades de cada
unha das localizacións existentes fan que o ren-
demento dos mesmos non cumpra coas expecta-
tivas esperadas.
Deste xeito a SXMIT considerou necesario a reali-
zación dun estudo exhaustivo sobre a infraestru-
tura de comunicacións, co obxectivo de mellorar o
funcionamento e o rendemento dos sistemas de
Información no que a infraestrutura de comunica-
cións se refire.
Mellora do servizo aos usuarios finais
A pesar de que dentro da organización dos siste-
mas de información de Xustiza, xa existía o servi-
zo de soporte aos usuarios finais, presentaba
carencias importantes.
Co obxectivo de corrixilas a SXMIT, iniciou no últi-
mo trimestre do ano a mellora do servizo prestado
mediante a súa unificación e homoxenización, a
definición dun modelo de relación e a definición
dos niveis de servizo para o cumprimento polas
empresas provedoras de tecnoloxía.
Plan de Sistemas de Xustiza
Calquera iniciativa dirixida á
modernización da Xustiza requi-
re con carácter previo dun estu-
do no que se analice a situación
actual dos servizos e sistemas
de información. Por esta razón, a Secretaría Xeral
de Modernización e Innovación Tecnolóxica en
decembro do 2009 adxudicou o concurso para a
elaboración do Plan de sistemas TIC na Adminis-
tración de Xustiza en Galicia.
O plan, liderado dende a Dirección Xeral de Xusti-
za (Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza) e a SXMIT abordará unha aná-
lise integral da situación actual en canto á ade-
cuación dos sistemas dispoñibles ás necesidades
reais e definirá o escenario obxectivo e a viabili-
dade do mesmo.
Para a elaboración do Plan de Sistemas estase a
contar coa participación de repre-
sentantes de distintos sectores da
administración de Xustiza de Gali-
cia, que son os que mellor coñecen
as deficiencias dos sistemas ac-
tuais e os que mellores iniciativas
poden achegar.
Os eixos sobre os que pivotará o novo plan de
sistemas que se está a definir son os que se
enumeran a continuación:
Definición dun novo modelo de sistemas de
información. Revisión integral do modelo de
sistemas de información buscando materiali-
zar o expediente electrónico xudicial. Este mo-
delo debe ser integrador da información pro-
cesal, baseado en procesos e integrador de
funcionalidades, reducir tempos de tramita-
ción e resposta, garantir calidade, coherencia,
fiabilidade …
Accesibilidade do cidadán. Xustiza electrónica.
A demanda da sociedade dunha Administra-
ción de Xustiza accesible concretarase coa
configuración da web de Xustiza e o catafol do
cidadán como canle principal de acceso do ci-
dadán á Administración.
Cadro de mando. Análise de información. A
integración de sistemas de análise e explota-
ción da información facilitarán o seguimento e
control, tanto á organización xudicial de Gali-
cia como ao exterior.
Interoperabilidade con todos os intervinientes
e outras administracións. O desenvolvemento
do EJIS permitirá a xestión integrada da infor-
mación procesal.
Adecuación á normativa de proteción dos da-
tos de carácter persoal dos cidadáns
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 60
Dinamización do uso dos sistemas de infor-
mación. Fomento do uso xeralizado e correcto
dos sistemas de información a través de plans
de formación …
Revisión do modelo de prestación de servizos
de soporte TIC.
Consolidación de infraestruturas. O nodo tec-
nolóxico de Xustiza de Galicia. Establecemento
dunha base tecnolóxica robusta e fiable (CPD
seguro e con capacidade de redundancia,
concentración de infraestruturas que minimi-
cen custos, rede de comunicacións axeitada)
que posibilite o expediente electrónico, a súa
mobilidade…
Unha vez posto en marcha o Plan de medidas
urxentes, a SXMIT creou unha Oficina Técnica
para o seu seguimento tanto económico como de
consecución de obxectivos, que garanta unha
visión de xestión centralizada do servizo, así como
a coordinación e o aliñamento de todas as actua-
cións e recursos coas necesidades da Administra-
ción de Xustiza.
Interoperabilidade e Seguridade
En decembro de 2009, a Xunta a través da
SXMIT, asinou a adhesión de Galicia ao Convenio
do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e
Seguridade no ámbito da Administración da Xusti-
za (EJIS)”.
Con esta iniciativa, apoiada por outras dez comu-
nidades, preténdese avanzar no expediente xudi-
cial electrónico e na modernización e axilidade
dos procedementos xudiciais. Búscase, tamén,
facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías
da información e as comunicacións na actividade
xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia,
racionalidade económica e calidade. A intención é
aunar esforzos por parte de todas as administra-
cións implicadas para acadar o obxectivo de inte-
roperar os distintos sistemas informáticos exis-
tentes.
Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través da
Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, reforza o seu compromiso co proceso
de modernización da Xustiza, ámbito no que ven
traballando no último ano, primeiro, co desenvol-
vemento do Plan de medidas urxentes, e agora
coa elaboración do Plan de Sistemas de Tecnolo-
xías da Información e a Comunicación para a
Xustiza.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 61
Outros Servizos Públicos
Obxectivos
Baixo este epígrafe recóllense todos aqueles ser-
vizos públicos (cultura, turismo, medio ambiente,
traballo, etc.) nos cales a aplicación intensiva das
tecnoloxías da información supón unha oportuni-
dade identificable de mellora.
Accións salientables
eCultura
Web do Xacobeo-2010
A finais do 2009 a Conse-
llería de Cultura e Turis-
mo desenvolveu un portal
web (www.xacobeo.es)
para achegar información
e asistencia en liña sobre
o Camiño de Santiago,
así como para potenciar
o Xacobeo 2010.
Deste xeito esperase facilitar a interacción e a
participación de peregrinos e visitantes, ofrecen-
do un punto de encontro e un espazo onde com-
partir a “Experiencia” do Camiño.
Por outra parte, tamén tenta de facer unha base
de datos de persoas interesadas no Camiño de
Santiago e Galicia en xeral, así como xerar conti-
dos para difundilos na rede.
Dixitalización do patrimonio bibliográfico
galego
O Centro Superior Bibliográfico de Galicia (CSBG)
iniciou a finais da década dos anos 90 un pro-
grama de dixitalización de materiais bibliográficos
xa accesibles, a meirande parte deles, na páxina
web da “Biblioteca Dixital de Galicia”.
Este programa de dixitalización do patrimonio
bibliográfico galego, tense convertido nun pro-
grama estable, continuado e a longo prazo, que
permite xa actualmente o acceso a unha impor-
tante cantidade de fondos de interese para Gali-
cia e permitirá no seu momento a difusión do
inmenso patrimonio bibliográfico, gráfico e docu-
mental que alberga boa parte da herdanza cultu-
ral galega.
No ano 2009 iniciáronse os traballos de incorpo-
ración a esta biblioteca dixital galega dunha se-
lección de libros manuscritos, impresos e material
gráfico que, partindo do Catálogo Colectivo do
Patrimonio Bibliográfico de Galicia cando proceda,
incorporarán á descrición bibliográfica unha copia
dixital, co obxectivo de integralos no actual siste-
ma de información do CSBG e da futura Biblioteca
Nacional de Galicia.
eTurismo
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de
Galicia, S.A. (Turgalicia) é o instrumento esencial
da política do turismo en Galicia, encargada de
realizar unha adecuada promoción dos recursos
turísticos da nosa Comunidade Autónoma.
Para levar a cabo este cometido con éxito, duran-
te o 2009 puxo en marcha diferentes iniciativas
encamiñadas á mellora na prestación dos seus
servizos, como un sistema de xestión de recursos
turísticos que manexa información estruturada en
non estruturada para satisfacer a demanda tanto
do público final como dos profesionais do sector.
Esta plataforma xestora de contidos constituirá a
infraestructura básica para o desenvolvemento e
implementación de portais web e a posta en mar-
cha dun contorno de colaboración.
Tamén puxo en produción unha nova central de
reservas de Turismo Rural para garantir o incre-
mento no número de reservas efectuadas e me-
llorando a profesionalización do sector.
Cursos na Rede de Bibliotecas de Galicia
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
en colaboración coa Consellería de Cultura e Tu-
rismo, realizou realizou durante o 2009, diferen-
tes actuacións formativas en materia TIC dirixidas
a persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Medio Ambiente
Rede foronómica de Galicia
Augas de Galicia, organismo autónomo adscrito á
Conselleria de Medio Ambiente, realizou as tare-
fas de explotación e mantemento da rede foro-
nómica de Galicia-Costa, co fin de proporcionar
uns datos de niveis e
caudais cos que se
poida obter unha esta-
tistica para a planifica-
ción e explotación das
concas.
A rede foronómica de
Galicia-Costa conta na
actualidade con 47 puntos de control de aforo,
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 62
dos que once estan en funcionamento dende os
anos 1990-1991, tres dende os anos 2001-2002,
catro forman parte dun Sistema Automótico de
Información Hidrolóxica (SAIH do Umia) e o resto
foron postas an funcionamento e incorporadas a
rede oficial no ultimo trimestre de 2008.
Nos últimos anos acometóronse labores de mo-
dernización e ampliación da rede, instalando
novos sensores de nivel (radar) e de presión, así
como da infraestructura necesaria para a trans-
misión de datos en tempo real. Ademais nos 14
puntos nos que se conta con medidas históricas
existen sondas Thalimedes con data-logger e
escala de niveis que se manterán durante un
período de tempo para realizar análises compara-
tivas, calibracións e como medida de seguridade
no caso de fallo ou avaría.
Sistemas de visualización exterior de datos
para as estacións de calidade do aire
No 2009 púxeronse en marcha 12 sistemas de
visualización exterior de datos para estacións de
calidade do aire, con destino as estacións urba-
nas da Rede Galega de Control da Calidade do
Aire. As cidades e vilas onde se levou a cabo esta
mellora foron Santiago, Lugo, Ferrol, A Coruña,
Carballiño, Arzúa, Vigo, Pontevedra e Ourense.
Comisión de Coordinación de Sistemas de
Información Xeográfica e Cartográfica
Deste xeito en outubro de 2009 (Decreto
394/2009, do 8 de outubro), modificouse o De-
creto 148/2003, do 9 de xaneiro, polo que se
creara a Comisión de Coordinación de Sistemas
de Información Xeográfica e Cartográfica, para
poder contar cun departamento que puidera de-
senvolver e dar soporte técnico en materia de
cartografía, coordinar e pór en marcha a infraes-
trutura de datos espaciais de Galicia (IDEG), en
que están incluídas as deputacións provinciais e
os concellos,
Co este novo Decreto a Comisión pasou a estar
adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territo-
rio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral
de Sostibilidade e Paisaxe, mentres que o soporte
técnico para o desenvolvemento das súas fun-
cións serán prestados polo Sistema de Informa-
ción Territorial de Galicia (SITGA), dedicado á
recompilación e tratamento de información do
territorio, así como á produción cartográfica.
Medio Rural
SIXPAC
No ano pasado produciuse a actualización no
SIXPAC das modificacións tiveron lugar no parce-
lario do catastro como resultado, tanto das alega-
cións e solicitudes de modificación presentadas
polos solicitantes de axudas da Política Agraria
Comunitaria (PAC) de acordo co procedemento
ao efecto se estableceu na campaña de axudas
do 2009, como pola realización de novas ortoi-
maxes aéreas, que permitiron verificar a correcta
posta ao día dos usos dos recintos.
O obxectivo desta actuación, consistía en corrixir
posibles erros na asignación de usos que estean
relacionados coas parcelas declaradas na PAC
polos agricultores, co que actualizou a informa-
ción dos seguintes 42 concellos.
Proxecto SIOSE - Galicia
Durante o 2009 inicia-
ronse os traballos
para establecer un
método de observa-
ción en campo dirixido
ao control e compro-
bación da clasificación dos polígonos proxecto
SIOSE5 no que a Xunta de Galicia participa a tra-
vés do convenio asinado entre a Consellería de
Medior Rural e o Centro de Información Geográfi-
ca (CNIG).
O obxectivo que se perseguía con este proxecto
era xerar unha base de datos de fotografías xeo-
rreferenciadas que aseguren a calidade da fotoin-
terpretación segundo as especificacións técnicas
do proxecto SIOSE e serva como testemuño gráfi-
co da cobertura existente nun polígono. Esta in-
formación poderá servir como base para unha
futura fototeca nacional de paisaxes, coberturas
e/ou usos do solo.
5 SIOSE é o Sistema de Información sobre Ocupación do Solo de España, que integra a información das coberturas e usos do solo das Comunidades Autónomas e da Administración Xeral
Detalle dos concellos con renovación do SIXPAC durante o ano 2009
Arzúa Boiro Boqueixón
Brión Dodro Lousame
Melide Noia Outes
Padrón Pino (O) Pobra do Caramiñal
Porto do Son Rianxo Ribeira
Rois Santiso Touro
Trazo Val do Dubra Vedra
Alfoz Barreiro Cervo
Foz Xove Lourenzá
Ourol Ribadeo Valadouro
Vicedo Viveiro Burela
Meira Mondoñedo Rábade
Cartelle A Merca Cotobade
A Estrada Meis Silleda
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 63
eMelloras
A Consellería de Medio Rural, puxo a disposición
das Organizacións Profesionais Agrarias e Coope-
rativas Agrarias de Galicia unha aplicación de
xestión das axudas para a mellora da eficacia e
sustentabilidade das explotacións agrarias e para
a incorporación de novos activos agrarios.
As principais funcionalidades da aplicación e-
melloras son as de permitir o coñecemento dos
índices esixidos para poder acceder a unha axuda
para primeira instalación e/ou unha axuda para
plans de mellora.
Tamén a realización de estudos de plans de me-
llora nas explotacións para determinar a viabili-
dade dos mesmos. A persoa que use o sistema
poderá gardar o seu estudo e modificalo ata que
o envíe a través da rede informática á Consellería
do Medio Rural.
Finalmente pódense emitir os impresos de solici-
tude, do estudo, e da proposta á entidade finan-
ceira, etc., necesarios para concluír a tramitación.
Novo xeoportal do SITGA-IDEG
No 2009 lanzouse un novo xeoportal para a difu-
sión da información espacial da comunidade
autónoma. Trátase dun novo portal que aglutina
todas as iniciativas IDE (Infraestruturas de Datos
Espaciais) que surxan en Galicia, tanto da admi-
nistración autonómica como provinciais e locais,
así como as feitas no marco transfronteirizo.
Transportes
Sistema de Información do Transporte
Metropolitano (SITME)
A Xunta de Galicia puxo en marcha, no ano 2006,
o plan de Transporte Metropolitano de Galicia
(PTM) para a mellora cualitativa e cuantitativa da
oferta aos cidadáns e o fomento do emprego do
transporte público a través de subvencións aos
usuarios.
Neste sentido a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas dispón dun Sistema de
Información do Transporte MEtropolitano, en
adiante SITME, que recolle e mantén os datos do
transporte (datos mestres) e actúa de intermedia-
rio nos fluxos de información entre as diferentes
partes involucradas: operadores, provedores de
tecno-loxía, entidades financeiras, Dirección Xeral
de Mobiliadade (DXM) e concellos. Ademais, pro-
porciona a automatización na xestión da informa-
ción para o funcionamento do PTM, e en particu-
lar, da operativa da Tarxeta Metropolitana de
Galicia (TMG).
Durante o ano 2009, realizouse o aliñamento
funcional do SITME co ordenamento do transporte
(implantación nova tarxeta TMG Dual, Lei do
transporte e aplicación de novas políticas tarifa-
rias), continuouse coa súa evolución e consolida-
ción (mellora analítica, administrativa e amplia-
ción de servizos aos usuarios) e levouse a cabo o
mantemento e soporte da aplicación no contorno
de produción.
Sistema de localización e control da frota de vehículos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas conta cunha frota de vehículos
para que o persoal desenvolva as súas funcións
de forma adecuada.
Co gallo de ter unha mellor xestión e control des-
tes vehículos, a Consellería durante o 2009 dese-
ñou un sistema que permita facer o seguimento e
localización da súa flota de vehículos.
Para a posta en marcha do sistema de localiza-
ción foi preciso a adquisición de: equipos electró-
nicos posicionadores GPS con envío de posición
GPRS, xunto co software necesario para recoller e
almacenar as posicións enviadas nunha base de
datos, datos que poden seren visualizados ou
procesados a posteriori.
Finalmente, un software para o centro de control
que permita visualizar e xestionar as unidades
móbiles e configurar de xeito remoto os posicio-
nadores.
Servizos de Emerxencias
Melloras dos sistemas da Axencia galega de Emerxencias e do CAE 112 Galicia
No ano 2009, a Axencia Galega de Emerxencias
adxudicou un concurso para o desenvolvemento,
explotación e mantemento dos sistemas informá-
ticos da AXEGA112 e especialmente dos da Cen-
tral de Atención de Emerxencias 112..
A través desta actuación
perséguese a administración
e operación das plataformas
tecnolóxicas, prestar o servi-
zo de mantemento 24x7, o
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 64
desenvolvemento e cobertura de proxectos inter-
nos de migración e atención e a canalización e
resolución de anomalías e incidencias xurdidas-.
Simulador de conducción
A Axencia Galega de emerxencias tamén adquiriu
no 2009 un simulador de camión de emerxencias
para o apoio nas intervencións dos servizos de
emerxencias e para o adestramento nas técnicas
de condución do seu persoal.
Así, permite practicar a condución por un circuíto
virtual, tanto urbano como periurbano, no que se
somete ao condutor a diferentes situacións en
diferentes localizacións e condicións atmosféri-
cas, tanto de día como de noite. Nel reflíctese un
entorno similar ao que podería atopar na realida-
de. Este mecanismo, é de semellantes caracterís-
ticas aos empregados na formación de pilotos de
avións de combate, helicópteros e outros.
Traballo e emprego
Sistema de xestión de espera
A Dirección Xeral de Formación e Colocación está
a despregar distintas medidas para achegar aos
cidadáns o uso dos Servizos Públicos de Empre-
go. Unha destas medidas é a instalación nas ofi-
cinas de emprego de xestores de espera intelixen-
tes que faciliten a realización dos trámites por
parte dos cidadáns.
Neste sentido, a finais do 2009 sacou a concurso
os sistemas a instalar nas oficinas de emprego
San Xurxo Badía e Calvario (Vigo) e Vilagarcía, que
cun só display a ambas administracións na esma
oficina (SPEE e XUNTA) ao mesmo tempo que
permitirá a identificación do cidadán, a regulación
de quendas, o direccionamento a postos de aten-
ción, a visualización de mensaxes informativas, o
control e supervisión de todo o conxunto e a ob-
tención de estatísticas.
Explotación e mantemento de aplicacións
A A Dirección Xeral de Promoción do Emprego e
os Servizos Provinciais de Promoción do Emprego
utilizan un conxunto de aplicacións que pertencen
ao Sistema de Xestión de Procedementos Admi-
nistrativos (SXPA) para realizar as súas tarefas.
Estas aplicacións necesitan un mantemento cons-
tante para adecuarse aos cambios nos procede-
mentos administrativos e, nalgúns casos, coñe-
cementos técnicos para o uso xa que o SXPA non
está orientado ao usuario final.
Neste contexto durante o 2009 iniciáronse os
traballos de adaptación dos procedementos SXPA,
en coordinación coa Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, de acordo á
evolución anual da normativa reguladora de cada
procedemento. Tamén se realizaron actuacións
de baixo nivel sobre o SXPA xa que moitas funcio-
nalidades deste non están orientadas ao usuario
e é necesario coñecemento técnico. Ademais
soporte a usuarios ante incidencias relacionados
co uso do sistema.
Por outra parte, dadas as necesidades dos novos
servizos desenvolvidos no ámbito do Servizo Pú-
blico de Emprego de Galicia, do aumento do nú-
mero de datos e en previsión do crecemento futu-
ro veuse necesaria a adquisición dun novo servi-
dor e dun sistema de backup para mellorar o
rendemento dos sistemas.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 65
Dinamización do uso das TIC
A participación da cidadanía na Sociedade da Información ofrece grandes vantaxes
para todos, polo que se fai necesario acelerar e reforzar todo tipo de accións cara a
incorporación integral das TIC, especialmente mediante o movemento asociativo ou en
programas dirixidos a colectivos en risco de de exclusión, para facer desta inclusión un
elemento de cohesión social co que superar as actuais fendas dixitais.
Por outra banda, o grao de desenvolvemento na sociedade da información nas empre-
sas galegas está condicionado en parte pola profunda fenda existente entre PEMEs e
MicroPEMEs, principalmente no que respecta aos seus niveis de equipamento tecnoló-
xico e de presenza na rede. Deste xeito é preciso configurar unha contorna dinámica
de actividade empresarial a través da integración das tecnoloxías da información e
comunicacións nos seus procesos de negocio, con especial atención ás pequenas
empresas, principais axentes do tecido produtivo galego.
Finalmente, a aplicación das TIC á produción de contidos, ao medio ambiente e sostibi-
lidade ou ao desenvolvemento rural, está a contribuír tanto a dar a coñecer os benefi-
cios das novas tecnoloxías nestes ámbitos, como a acadar un equilibrio no desenvol-
vemento económico e social de Galicia.
A formación en materia TIC é un dos eixos
fundamentais para a inclusión dixital da
cidadanía e das pequenas empresas
Para levar a cabo este propósito durante o 2009 a Xunta de Galicia adicou 40,2 mi-
llóns de euros, o que supón un 23% do orzamento total executado en materia de So-
ciedade da Información, que se materializaron na posta en marcha de iniciativas nal-
gún dos eidos que se sinalan a continuación:
Cidadanía
Empresas
Contidos
Medio Ambiente e Sostibilidade
Desenvolvemento Rural
No ámbito da cidadanía, trátase de asegurar a participación da Sociedade da Informa-
ción en igualdade de condicións de toda a cidadanía non só facilitando o acceso e
emprego das novas tecnoloxías a calquera galego ou galega, senón desenvolvendo os
mecanismos apropiados para que aqueles con algún tipo de barreira (física, xeográfi-
ca, persoal, psíquica, formativa…) sexan quen de superala e poidan inserirse con total
normalidade.
A este respecto, volve a destacar unha vez máis a labor da Rede de Dinamización da
Sociedade da Información na celebración de charlas, obradoiros e cursos de alfabeti-
zación dixital de temática variada, así como o papel da Rede de Telecentros, que puxo
a disposición de cidadáns e empresas toda a súa infraestrutura para a realización de
cursos formativos e relatorios, teleformación, roldas de prensa, videoconferen-
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 66
cias/multivideoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, e edición
e creación de material multimedia e/ou audiovisual.
Para xestionar e coordinar mellor a actividade de ambas as dúas redes, dende a Se-
cretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, promoveuse a creación da
rede galega de Centros para Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) que
no 2010 colaborará co Centro de Novas Tecnolo-
xías de Galicia para achegar formación en diver-
sos campos a todas as comarcas, aproveitando
as infraestruturas de aulas existentes e facilitan-
do o acceso a contidos de calidade, en moitos
dos casos avaliados con certificacións recoñeci-
das a nivel internacional polo mercado laboral.
No ámbito das empresas perséguese en primeiro
lugar, axudar ás pequenas empresas na dotación
dos equipamentos tecnolóxicos, mecanismos de
conectividade, así como a ter unha presenza
activa en Internet e favorecer o uso do comercio
electrónico e da factura electrónica, tanto nas
relacións económicas entre empresas como
entre empresas e particulares.
Destaca, neste contexto, a continuidade que dende a Xunta de Galicia se lle deu neste
último ano á liña de axudas dirixida aos traballadores autónomos galegos para a ad-
quisición de ordenadores, cun investimento de 1 millón de euros e as liñas de axuda
dirixidas á integración das TIC no ámbito empresarial a través da mellora do equipa-
mento tecnolóxico e implantación de aplicacións informáticas.
Tamén, o Instituto Galego de Promoción Económica, promoveu a liña de axudas dirixi-
da a mellorar a organización das PEMES a través da implantación de ferramentas de
xestión e cadros de mandos e o Programa Innoempresa de apoio á innovación e com-
petitividade das PEMES galegas no ámbito tecnolóxico.
Por último, o desenvolvemento de solucións sectoriais e de actuacións formativas
necesarias para que os traballadores e traballadoras melloren as súas capacidades
para o manexo das TIC no seu posto de traballo son outras das iniciativas que se leva-
ron a cabo baixo este eixo operativo.
No ámbito da produción de contidos, que persegue incluir á cidadanía nunha dinámica
de achegamento e emprego dos servizos que ofrecen as tecnoloxías da información e
as comunicacións dando resposta ás demandas emerxentes e garantindo a presenza
de Galicia e do galego en Internet, a maior parte dos esforzos do último ano estiveron
centrados na posta en marcha de plataformas para promover o patrimonio cultural
galego (patrimonio.org, biblioteca das letras galegas, galiciaaberta.org, etc.) e ao de-
senvolvemento produtos de software libre en galego (AraOs, OpenOffice 3.1).
Outro dos campos de actuación do eixo de dinamización, é aquel que atende á impor-
tancia das TIC na súa aplicación en eidos coma a protección do medio ambiente e a
xestión de recursos naturais, na agricultura ou na prevención de catástrofes así como
ao establecemento de pautas de produción e consumo sostibles.
Durante o ano 2009 levouse a cabo, baixo este propósito, unha importante mellora da
web de MeteoGalicia que ampliou a súa oferta de servizos. Tamén incorporou á súa
rede de predición e observación, un radar de última xeración no monte Xesteiras (Cun-
tis) que permite detectar coa máxima precisión os fenómenos adversos con 6 horas de
antelación e que se materializou nun investimento de máis de 1 millón de euros.
O último ámbito de actuación, que se recolle baixo o eixo de dinamización do uso das
TIC, corresponde ao desenvolvemento rural a través da incorporación das TIC nos seus
procesos, destacando a liña de apoio aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de
Galicia, a través da que se subvencionaron no 2009 varios proxectos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 67
Cidadanía
Obxectivos
Facer partícipe a toda a cidadanía en igualdade
de condicións das prestacións que a Sociedade
da información ofrece, facilitando o acceso e
emprego das novas tecnoloxías a calquera galego
ou galega, e desenvolvendo os mecanismos
apropiados para que aqueles con algún tipo de
barreira (física, xeográfica, persoal, psíquica, for-
mativa, etc.) sexan quen de superala e inserirse
con total normalidade.
Accións salientables
Rede de Dinamización
A Rede de Dinamización continua a ser un dos
instrumentos fundamentais para o desenvolve-
mento das políticas de inclusión na Sociedade da
Información e para o desenvolvemento rural en
Galicia, ao promover a alfabetización dixital e o
achegamento ás novas tecnoloxías daquelas
persoas que son máis alleas a elas e que carecen
de contactos previos co mundo da Informática.
Un dos elementos principais da Rede segue a ser
a súa dispersión territorial, especialmente no rural
que permite achegar a través dos dinamizado-
res/as un conxunto de múltiples servizos, entre os
que destaca a realización de actividades de difu-
sión (charlas, xornadas), de formación (obradoi-
ros, cursos específicos, teleformación, formación
continua …), iniciativas, colaboracións, etc. En
decembro de 2009 a Rede dispoñía de 48 dina-
mizadore/as en outas tantas localidades .
Ademais a Rede posúe un modelo de coordina-
ción e xestión administrativa e técnica que vén de
ser certificado por AENOR na norma UNE-EN ISO
9001:2008, para facilitar a organización de toda
a súa actividade e permitir o seguimento e avalia-
ción tanto dos centros como das actividades que
se realizan en cada un deles.
En termos globais, desde que iniciou o seu traba-
llo, o número de usuarios/as non fixo máis que
medrar. Así, pasouse dos 4.150 a finais do ano
2007 a case 28.000 a finais do ano 2009, ade-
mais, o número de veces que estes/as usua-
rios/as utilizaron os recursos da rede desde os
seus inicios chegou a 299.453 no ano 2009.
Por outra banda, o 63,3% dos usuarios6 ou tiña
coñecementos básicos ou non tiña ningún tipo de
coñecemento informático, o 29,1% tiña coñece-
mentos a nivel usuario e tan só o 3,4% tiña coñe-
cementos técnicos ou avanzados. Ademais, un
26,5% dos usuarios non dispoñían de computador
na súa casa, e un 57,8% non tiñan conexión a
Internet, polo que neste contexto o uso dos cen-
tros da Rede cobra aínda máis importancia.
No 2009, déronse de alta na Rede de
Dinamización, 9.104 usuarios
Tamén indicar que das 159.369 veces que se
usou7 a rede no 2009 , o 53% foi con fins profe-
sionais, o 37% empregouse para fins non profe-
sionais e o 10% restante con ambos fins.
Das actividades levadas a cabo desde a Rede de
Dinamización durante o último ano, os obradoiros
(presenciais e on-line) seguen a conformar a prin-
cipal actividade formativa. A finais do 2009, reali-
zaranse 1.997 obradoiros, nos que participaron
un total de 13.412 persoas. No concerninte á súa
tipoloxía, a finalidade é variada: alfabetización
dixital, comunicacións TIC, administración elec-
trónica, redes sociais, ocio e servizos na rede,
comercio e banca, equipamento TIC e conectivi-
dade, seguridade TIC, deseño gráfico, ofimática e
orientación laboral, etc.
Outro tipo de actividades desenvolvidas desde a
Rede de Dinamización son as charlas e xornadas
de difusión das novas tecnoloxías, con temáticas
que foron desde a propia presentación dos servi-
6 Por usuario/a entendemos aquela persoa que utiliza os servi-zos ou as instalacións dun centro da Rede, tanto acudindo as actividades formativas como a facer uso libre do equipamento, previa inscripción e obtención do carnet de usuario da Rede.
7 Considérase “uso” cada acceso que os usuarios e as usuarias fan dos centros e servizos da Rede de Dinamización da Socie-dade da Información.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 68
zos que ofrece a Rede ata aquelas centradas no
software libre, na administración electrónica, na
seguridade en Internet, en redes sociais, saúde
na rede, etc. Así, desde que este proxecto come-
zou a súa andaina impartíronse un total de 251
charlas e 10 xornadas, o que nos da unha idea do
importante labor que se está a desenvolver no
eido da sensibilización nas TIC.
O 42,8 % dos obradoiros realizados no
2009 foron de alfabetización dixital
Ademais da celebración destes obradoiros, cursos
e charlas de temática variada, destaca a posta en
marcha doutras actividades que intentan conxu-
gar o emprego das TIC e da lingua galega, desen-
volvendo proxectos innovadores que van máis aló
das actividades formativas habituais.
Entre estes proxectos, destacan os relacionados
coa participación da muller nas novas tecnoloxías
e á Sociedade da Información, para mostrarlles a
súa utilidade e reducir deste xeito a fenda dixital
que se fai máis evidente neste colectivo.
Tamén seguindo o seu ronsel de actividades, a
comezos do 2009 botou a andar un proxecto para
recuperar os modelos de traballo tradicionais:
Memoria dos oficios, iniciativa que ten como ob-
xetivo crear documentos audiovisuais para dixita-
lizar todo o coñecemento posible sobre oficios
tradicionais a través das lembranzas directas dos
nosos maiores. Ao longo do ano realizaronse 19
documentos en diferentes entidades de Galicia.
Outra iniciativa con moito calado foi o Plan de
Teleformación para Cidadanía, dirixido á cidada-
nía en xeral, e no que se oferta un catálogo de 18
Obradoiros TIC on-line gratuitos impartidos en
modalidade de teleformación titorizada a través
dun centro virtual. A acollida por parte dos uaua-
rios dos Centros de Dinamización foi inmellorable,
xa que houbo 1036 inscricións das que 992 per-
soas remataron a formación.
Por outro lado, co gallo da celebración do 17 de
maio, Día das Letras Galegas, Día da Internet, e
Día Mundial das Telecomunicacións e da Socie-
dade da Información organizouse a “3ª Edición do
Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización”
para fomentar a posta en marcha de iniciativas
que promovan o uso do galego e das Tecnoloxías
da Información e da Comunicación nos diferentes
colectivos, ao que se presentaron un total de 46
iniciativas.
A Rede tamén colaborou co pro-
xecto “Mayores cON Iniciativa”,
que liderado por FUNDETEC e
enmarcado no subprograma
Avanza Cidadanía Dixital, tiña
como obxectivo achegar as TIC
ás persoas maiores e lograr que cheguen a de-
sempeñar un papel activo na Sociedade da Infor-
mación. Dende Galicia presentáronse 16 proxec-
tos ao concurso de iniciativas que se promoveu
ao efecto.
Rede de Telecentros
A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é
tamén un servizo público e de balde para todos os
cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Me-
dios en colaboración cos concellos onde se sitúan
ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia en-
cárgase da xestión da rede, realizando de forma
coordinada, a posta en marcha de actividades
formativas e a implantación de servizos.
O principal activo da Rede de Telecentros de
comunicación (RTC) é a infraestrutura da que está
dotada e que permite realizar calquera evento,
tanto de formación (específica ou de alfabetiza-
ción dixital), como de comunicación (roldas de
prensa, conexións nacional e internacional, etc.) e
de teleformación (elearning, blended-learning,
etc). A finais de 2009 existen un total de 56 tele-
centros de comunicación, dos que 6 inaguraronse
no último ano (Santiago, Brión, Padrón, Fisterra,
Celanova e Ares)
Os Telecentros de Comunicación, uns espazos
duns 100m2 acondicionados con diverso material
informático, equipos de videoconferencia, panta-
llas de proxección e de plasma, etc. son tamén
utilizados por los distintos organismos de Xunta
para facilitar a descentralización de cursos, co
conseguinte aforro para a propia administración.
A comezos de 2009 púxose en marcha un novo
portal (telecentros.comunicacion.xunta.es) que
ten como principais obxectivos potenciar o traba-
llo en rede e achegar novas canles de comunica-
ción para impulsar a colaboración e o concepto
de “comunidade” social virtual. O novo portal
permite promocionar as actividades dos telecen-
tros, tanto a nivel informativo coma de mostra de
traballos realizados.
A evolución da actividade na RTC ao longo do
2009 foi notable, tanto no número de eventos,
como no tempo de uso dos centros. Pasouse de
774 eventos no ano 2008 e 15.494 horas de uso
a 1.427 eventos e 30.762 horas de uso ata outu-
bro de 2009. Unha das causas deste incremento
atopase no éxito do programa Comunícate me-
diante o que se realizaron diferentes contactos
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 69
con asociacións de cara a promover entre as
mesmas o uso dos TC.
Dos 1.427 eventos realizados no 2009, o 29,5%
foron de alfabetización dixital, o 5,5% multimedia,
o 34% de formación específica e o 31% restante
repartíronse entre roldas de prensa, reunións,
presentacións, clausura de actividades, etc.
Entre os cursos formativos na programación da
Rede para 2009, figuraban o de creación de con-
tidos multimedia para dispositivos móbiles, o de
xestión e protección de contidos audiovisuais, o
de creación de videoxogos, o de Software Libre, o
de fotografía dixital e o de streaming de video e
audio, todos eles cunha duración aproximada de
40 horas.
Ademais realizáronse no último ano un total de
11 videoconferencias dende a rede cara o exterior
(internacionais: Arxentina e Buenos Aires, Ecua-
dor, Caracas, Bruxelas e nacionais: Tenerife e
Extremadura) e 38 eventos con videoconferencias
entre os propios centros.
Adicionalmente, a RTC tamén ofrece a posibilida-
de de acceder a diferentes titoriais sobre a TDT,
as redes sociais, e como buscar emprego por
Internet entre outros.
Nova Rede de Centros para a
Modernización e Inclusión Tecnolóxica
(Rede CeMIT)
Tal e como acabamos de comprobar as redes
existentes en Galicia naceron co obxectivo común
de achegar as novas tecnoloxías á poboación,
especialmente a do rural, facilitar a inclusión dos
colectivos menos favorecidos e impulsar o uso
das TIC nas PEMES e micro-PEMES, e todo iso
servíndose da infraestrutura e equipamentos
necesarios (sistemas informáticos, conexión a
Internet de banda larga, etc.).
Sen embargo, a falta dun criterio de especializa-
ción (territorial, económico ou social) ou estrate-
xia de diversificación de servizos e de mecanis-
mos que facilitaran a transferencia de coñece-
mento e o aproveitamento das potencialidades
de cada unha das redes fixo necesario promover
un novo elemento que vertebrase as iniciativas e
integrase a todos os axentes implicados.
Neste contexto a Secretaría Xeral de Moderniza-
ción e Innovación Tecnolóxica definiu e está a
desenvolver a nova Rede de Centros para a Mo-
dernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT),
un modelo de Rede que integrará ás redes exis-
tentes baixo as premisas de eficiencia e austeri-
dade, e que servirá de elemento xerador de cre-
cemento e desenvolvemento económico no marco
das directrices da Estratexia Galega para a Socie-
dade da Información.
A nova Rede prestará unha carteira de servizos
definida desde unha perspectiva estratéxica,
transversal e multinivel, o que favorecerá o de-
senvolvemento de actividades diversas vincula-
das á consecución de obxectivos comúns.
Entre os principais servizos que prestará a nova
rede destaca a alfabetización e a capacitación
dixital da poboación en xeral, facendo especial
fincapé naqueles colectivos onde a fenda dixital é
máis evidente (mulleres, maiores, persoas con
discapacidade, etc.) e dando asesoramento TIC ás
pemes, micropemes e autónomos a través de
actividades de difusión e formación. Contará coa
participación do Centro de Novas Tecnoloxías de
Galicia dada a súa experiencia na realización de
actividades dirixidas aos profesionais dos secto-
res privado e público na formación técnica de alto
nivel relacionada coas TIC..
Outros servizos que se ofrecerán a través da rede
son aqueles orientados á divulgación e promoción
dos servizos prestados polas diferentes Adminis-
tracións, mediante a formación previa a cidadáns,
empresas e empregados públicos nos aspectos
básicos da tecnoloxía que os posibilita.
Ilustración 4. Centros da RTC e da RDSI que se integrarán na Nova Rede CeMIT
Axudas TIC ás asociacións
A Xunta de Galicia promoveu no 2009 a conce-
sión de subvencións destinadas a entidades de
dereito público e privado, sen ánimo de lucro,
para impulsar a realización de actuacións de difu-
sión e formación relacionadas especificamente co
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 70
desenvolvemento e implantación da Sociedade
da Información en Galicia.
A través desta liña de axudas apoiáronse un total
de 177 actuacións, cun investimento de case 2,3
millóns de euros. As axudas están repartidas
segundo se mostra no cadro seguinte en 5 liñas
que acadan tanto á promoción e difusión como a
formación e a xeración de contidos.
Convenios de colaboración
Ao longo do 2009 asináronse diferentes conve-
nios de colaboración con distintas entidades e
relacionados co impulso á Sociedade da Informa-
ción en distintos campos:
Convenio co Colexio Profesional de Enxeñería
Técnica en In-
formática de Ga-
licia para a rea-
lización de ac-
tuacións de formación, capacitación e promo-
ción no ámbito das TIC.
Convenio coa Universidade de Vigo para a
realización do Máster Universitario en Consul-
toría de Software Libre.
Convenio co Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia co obxecto da
posta en marcha de actuacións para o fomen-
to da sociedade da información, entre as que
estarían a
Noite Galega
das Teleco-
municacións
e da Sociedade da Información, a realización
de cursos sobre o uso seguro de internet na
infancia e actividades de difusión e presenta-
ción do Dicionario galego das TIC.
Convenio coas universidades da Coruña, San-
tiago de Compostela e Vigo para o establece-
mento dun sistema de voto electrónico nas
eleccións universitarias, o que comprende va-
rias accións: adquisición de servidores, elabo-
ración do programa, adquisición de licenzas e
un plan de formación.
Convenio coa Asociación PuntoGal para o
impulso do dominio .Gal.
Galicia Dixital
A Secretaría Xeral de Medios continuou durante o
2009 coa difusión das creacións galegas máis
avanzadas no eido do audiovisual e multimedia a
través da exposición “galiciadixital”.
Esta exposición, que ten
unha sede permanente
no Mosteiro de San
Martiño Pinario, en
Santiago de Composte-
la, onde se pode ollar unha Galicia que procura
unha mirada diferente, onde as novas tecnoloxías
se conxugan co audiovisual e a tradición coa mo-
dernidade. A exposición recibiu ao longo do 2009
un total de 56.680 visitas, nos que destaca a
presenza de numerosos centros educativos que
planifican a súa visita por motivos didácticos para
os seu alumnado.
Por outro lado, a través dunha mostra itinerante
(“galiciadixital itinerante”) permite somerxer aos
seus visitantes no mundo do audiovisual e o mul-
timedia desenvol-
vido polas univer-
sidades e empre-
sas galegas así
como servir de
plataforma de
experimentación
de novos siste-
mas e contidos
audiovisuais.
Durante todo o
2009 galiciadixi-
tal itinerante contou con 23.114 visitantes e per-
correu 16 concellos de Galicia.
Táboa 7. Distribución das axudas ás asociación por liña de actuación
Tipo de actuación Orzamento Previsto
2009 Orzamento Executado
2009
Liña A: Actuacións de promoción e difusión da Sociedade da Información
300.000 € 272.465,86 €
Liña B: Actuacións formativas dirixidas á cidadanía en xeral 300.000 € 427.222,66 €
Liña C: Actuacións formativas especializadas, no ámbito das TIC 300.000 € 62.260,85 €
Liña D: Actuacións formativas dirixidas ás Pemes 300.000 € 427.846,59 €
Liña E: Xeración de contidos dixitais 1.100.000 € 1.101.301,16 €
Total 2.300.000 € 2.291.097,12 €
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 71
Formación TIC aos consumidores
A Escola Galega de Consumo (EGC), órgano depe-
dente do Instituto Galego de Consumo, reforzou
durante o 2009 as súas actividades orientadas á
formación dos consumidores no eido do uso das
novas tecnoloxías e as compras por Internet coa
posta en marcha dun simulador de contratación e
compra a través da rede pioneiro en España.
O simulador é unha
ferramenta dirixida á
formación en comer-
cio electrónico, cun
sistema que simula
unha tenda virtual e unha zona de administración
para configurar o sistema, e ter un control sobre
as accións dos usuarios. Ademais, a tenda virtual
engádenselle outros módulos como o de correo
electrónico, o portal bancario e o servizo de aten-
ción telefónica, para simular un contorno o máis
real posible no eido do comercio electrónico, ca
finalidade de que os participantes nestas activi-
dades poidan coñecer as formas máis axeitadas
de actuación neste tipo de contratacións. A esta
ferramenta, engadíuselle unha tenda de contrata-
ción de viaxes por ser este o servizo de compra en
liña máis utilizado polos usuarios.
Tamén a EGC realizou outras actividades formati-
vas que se agrupan en diferentes áreas como a
de consulta e información, que dispón dunha
mediateca con libros, revistas e materiais didácti-
cos en soporte multimedia, publicada na rede
web de Bibliotecas Meiga da Consellería de Cultu-
ra; a aula polivalente de formación, na que se
imparten cursos técnicos xerais, e seminarios
dirixidos a profesionais de consumo; e as aulas de
obradoiros para traballar en actividades relacio-
nadas cos dereitos dos consumidores.
Consumópolis 5: E ti de que vas? A min mólame o consumo responsable
O Instituto Galego de Consumo, participou xunto
cos organismos competentes doutras comunida-
des autónomas, na promoción dun xogo en liña
orientado a instruír a pais, nenos e profesores no
consumo responsable.
No xogo podían
inscribirse equi-
pos formados
por cinco alum-
nos de entre 10
e 16 anos, coordinados por un profesor e consis-
tía en ir resolvendo diversas probas de carácter
pedagóxico e lúdico, tanto de forma individual
como en equipo que se presentaban aos partici-
pantes ao longo do percorrido virtual. A finaliza-
ción do xogo on-line por cada un dos cinco com-
poñentes do equipo, daba acceso á participación
na fase autonómica, que se convocará a princi-
pios do 2010.
Proxectos 2.0
Nos momentos actuais, no eido pedagóxico, exis-
te unha demanda académica crecente de proxec-
tos e contidos de calidade, que se establezan
como referentes formativos de capacitación tec-
nolóxica e se difundan como modelos innovado-
res de xestión das TIC en aras a propiciar un
cambio metodolóxico no ensino.
Atendendo a esta demanda, a Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria publicou e
resolveu unha convocatoria na que se establecía
a concesión de axudas a proxectos de innovación
para a dinamización educativa das TIC que, pola
súa innovación metodolóxica, a súa coherencia
coa realidade do centro e a súa representativida-
de como modelo autoformativo poidan contribuír
ao desenvolvemento da Sociedade da Informa-
ción nos centros educativos.
Aos docentes implicados no proxecto facilitóuse-
lles o acceso ao espazo web da Rede TIC
(http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic),
así como para difundir as súas experiencias e
publicar os materiais educativos producidos á
revista dixital electrónica „BOLETIC‟. e ao portal
de contidos educativos.
http://www.edu.xunta.es/contidos
Digatic
O Dicionario galego das TIC é froito dunha iniciati-
va conxunta da Xunta de Galicia e da Asociación
de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia,
desenvolvida coa colaboración da Universidade
de Vigo e da Real Academia Galega. Trátase dun
compendio documental de referencia que agluti-
na os termos conceptuais que expresan o amplo
universo das TIC e da Sociedade da Información,
reunindo máis de 4.000 vocablos.
O obxectivo do Digatic é que as comunidades
profesionais tecnolóxicas e empresariais, así co-
mo no ensino de bacharelato e a universidade,
teñan ao seu alcance unha ferramenta lingüística
que lles permita expresar e entender na lingua
propia todos os termos e conceptos que definen á
sociedade da información.
Ademais do volume físico, os usuarios poden
acceder ao diccionario no enderezo web
http://www.digatic.com/, onde será actualizado
de xeito permanente, creándose no seu contorno
comisións técnicas mixtas, para o desenvolve-
mento conxunto da lingua e as tecnoloxías.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 72
Centro Demo
O Centro Demo foi unha iniciativa pioneira desen-
volvida pola Consellería de Presidencia, Adminis-
tracións Públicas e Xustiza grazas ao cal preto de
500 mozos de centros educativos galegos apren-
deron sobre os procesos electorais. Instalouse no
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e
permitiu darlles a coñecer aos mozos o desenvol-
vemento do proceso electoral en todas as súas
fases dun xeito didáctico e participativo.
Neste sentido, a visita está dividida en catro zo-
nas de ensinanza práctica. Na primeira, a área
audiovisual de presentación, proxectábase un
vídeo informativo con detalles sobre o proceso
polo que se elixen os representantes no Parla-
mento de Galicia.
Na segunda dispoñíanse paneis para fomentar o
interese dos xoves e a súa participación activa no
evento, como murais gráficos que resumían dife-
rentes aspectos como a convocatoria, a presenta-
ción de candidaturas, as fases da campaña elec-
toral ou a composición das mesas electorais.
Tamén había dúas vitrinas con mostras de mate-
rial electoral real.
A terceira zona era unha área de simulación na
que os participantes recreaban un proceso electo-
ral, para o que interpretan os roles de cada un
dos axentes involucrados nel. Os asistentes cons-
tituían unha mesa, votaban elixindo entre o Parti-
do dos Cantantes, o dos Actores e o dos Deportis-
tas, e logo realizaban o escrutinio.
Por último, na área de xogos cada alumno dispo-
ñía dun ordenador no que se lles presentaban
diversas actividades, baseadas en xogos popula-
res como o Pasapalabra, o Aforcado ou o Trivial,
para comprobar o nivel de asimilación dos conti-
dos expostos durante a xornada. O nivel de acer-
tos de cada alumno se podía seguir en tempo real
nunhas pantallas que indicaban quen ía gañando.
Sistema Móbil de Información de Portos Deportivos de Galicia (SMIT Portos)
Portos de Galicia puxo en marcha un sistema
multimedia que permite dispoñer con facilidade
aos usuarios a través do seu teléfono móbil de
datos básicos dos portos deportivos galegos,
tanto os relativos ás infraestruturas e ás instala-
cións, como aqueles que se refiren aos servizos
que presta o porto a embarcaciós e tripulantes.
Tamén permite consultar dende o teléfono móbil
o modo de acceso ou os puntos de interese turís-
tico existentes nas inmediacións.
Hai dous formatos de SMIT PORTOS: unha versión
ONLINE que opera en tempo real conectando
directamente o teléfono móbil a internet. Neste
caso, os datos non residen na memoria do termi-
nal, se non que se "baixan" de Internet ao teléfo-
no a demanda do usuario. Esto significa que hai
un tráfico de datos polo que o seu operador de
telefonía lle facturará según o seu tipo de contra-
to. Esta versión online dispón de formatos multi-
media avanzados (video, mapas dixitalizados dos
portos e esquemas gráficos de modo de aceso)
que a versión OFFLINE non ten, xa que ésta foi
deseñada para que corra no maior número de
modelos de terminais.
+Internet+galego+futuro No 2009, o 17 de maio como hai varios anos
desenvolveuse a campaña +internet+galego
+futuro, co gallo do Día Mundial de Internet, das
Telecomunicacións e da Sociedade da Informa-
ción, que coincide ademais co Día das Letras
Galegas,.
A web da campaña, ofrece información sobre o
autor ao que se lle rendeu homenaxe no 2009,
Ramón Piñeiro, e sobre as actividades que se
desenvolveron para a difusión da lingua e da
Sociedade da Información.
Tecnociencia A campaña de divulgación científica “Tecnocien-
cia”, trátase dunha iniciativa conxunta do Centro
de Innovación e Servizos de Galicia (CIS-Galicia), o
Centro Galego do Plástico (CGAP) e o Centro Tec-
nolóxico do Naval de Galicia (CETNAGA) que per-
segue sensibilizar sobre a importancia das distin-
tas aplicacións da ciencia.
Tecnociencia consiste nunha exposición de divul-
gación científica para crear un espazo de coñe-
cemento no que se desenvolven diversos obradoi-
ros e actividades guiadas. A actividade está dirixi-
da a alumnos de Bacherelato e de Formación
Profesional pero tamén ao público xeral.
O obxectivo do proxecto é informar e formar sobre
a importancia das diferentes aplicacións da cien-
cia, como a ciencia dos materiais, a enerxía e os
seus usos, as aplicacións matemáticas cotiás, a
realidade virtual e a robótica.
A exposición componse de cinco módulos didácti-
cos con paneis expositores e experimentos dirixi-
dos por persoal especializado. O primeiro deles
leva por título “Procurando...” e nel explícanse os
usos do algoritmo, a elaboración de buscas, as
bases de datos e os números primos. Este panel
completarase con xogos numéricos, lóxicos e de
tangram.
Outro panel céntrase na realidade virtual (“Reali-
dade Irreal”) e aborda o mundo das realidades
virtuais, a visión estereoscópica e os anáglifos, os
procesos cerebrais relacionados coa visión, etc.
Está complementado tamén con xogos de ilusións
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 73
ópticas, esteroscopías a través de sensores e
cámaras.
“Eu Robot” abordaba o mundo da robótica, desde
os primeiros autómatas e robots, os seus princi-
pios de funcionamento, os sensores cos que inte-
ractúan co medio que os rodea e as bases da
hidráulica e pneumática. O panel complétase
cuns robots autodirixibles que funcionan coa
axuda dun código binario programable dun xeito
moi sinxelo e con distintas mostras de brazos
hidráulicos..
Por último, hai outros dous relacionados co plásti-
co e coas fontes de enerxía.
Enfoca o Galego
A comezos do 2009 a Secretaría Xeral de Política
Lingüística, convocou a segunda edición do do
concurso Enfoca o galego. Segundo se recollía
nas bases deste certame, para participar nel só
era preciso facer unha fotografía dunha palabra
ou dunha frase en galego, que chamara a aten-
ción por ser enxeñosa, creativa ou divertida, e que
se atopara nun lugar público.
O seguinte paso consistía en subir a imaxe á web
achegando tamén unha serie de datos sobre a
autoría da mesma. O tamaño das fotografías non
podía exceder de 800x600 píxeles e debía ter un
máximo de 400 Kb.
As imaxes máis votadas polos internautas forma-
ron parte dunha terna final, que foi valorada por
un xurado formado por profesionais do ámbito
audiovisual. O gañador do concurso recibiu como
premio unha cámara dixital.
Anenotario
Para as experiencias dos máis cativos, a Secreta-
ría Xeral de Política Lingüística tamén habilitou un
espazo na rede, encadrado na nova edición da
xeración E logo!
O Anenotario é un espazo participativo no que os
pais, as nais ou calquera outro membro da familia
pode remitir as anécdotas ou vivencias máis di-
vertidas dos nenos. Trátase de compartir as pala-
bras inventadas, as respostas sorprendentes, as
preguntas máis inverosímiles ou calquera situa-
ción divertida na que os protagonistas sexan os
máis pequenos da casa. Neste caso, as 20 “ané-
notas” máis enxeñosas recibiron outros tantos
lotes de libros, música e películas infantís.
O galego nos móbiles
O Consello da Xunta aprobou no 2009 convenios
de colaboración entre a Secretaría Xeral de Políti-
ca Lingüística e varios fabricantes de terminais
móbiles, como Nokia, Motorola e Sony-Ericsson
para a normalización lingüística dos seus equipos
que se comercialicen en Galicia. O acordo supón
o afianzamento do compromiso das empresas
mencionadas coa implantación progresiva do
galego como opción idiomatica nos menús de
usuario e outras aplicacións dos terminais que
dispoñan de pantallas interactivas, e nas guías
rápidas existentes en formato electrónico destes
produtos, que se poderán descargar dende a web.
Pola súa parte, a Secretaría Xeral de Política Lin-
güística facilitaralles asesoramento lingüístico na
revisión terminolóxica das traducións. Ademais,
comprométese a darlle apoio institucional a cal-
quera iniciativa da empresa asinante que teña
como finalidade a promoción da lingua e da cultu-
ra galegas, e incluirá todas as novidades deste
ámbito na web oteumobilengalego.com, onde se
ofrece a información sobre os produtos deste tipo
que dispoñan da opción idiomática do galego, e
na que se poden descargar actualizacións.
http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias
Bolsas de Formación
A teleformación estase configurando e afianzando
como unha ferramenta de estratexia, sobre todo,
nas organizacións públicas como a Xunta de Gali-
cia. Pero a súa implantación equivale a xerar
escenarios específicos e redes na virtualidade
cuxas funcións sexan basicamente educativas,
graduando os contidos educativos multimedia cos
seus respectivos materiais e adecuándoos aos
diferentes perfís dos empregados públicos.
Con este obxectivo a EGAP convocou en decem-
bro de 2009 dúas bolsas de formación nesta
área, unha destinada á formación en dinamiza-
ción e xestión de contidos na área da teleforma-
ción (análise de contidos e ferramentas educati-
vas web 2.0 e deseño de materiais para a forma-
ción a distancia baseados en internet; prepara-
ción, guionización, implementación e mantemento
de recursos educativos en liña, etc) e outra desti-
nada á formación en competencias técnicas vin-
culadas a sistemas de xestión da teleformación
(desenvolvemento de test de aplicacións: valida-
ción e execución de probas funcionais de produ-
tos desenvolvidos para a organización, etc).
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 74
Empresas
Obxectivos
Partindo da base de que o tecido empresarial
galego se sustenta fundamentalmente sobre a
actividade desenvolvida por un armazón de pe-
quenas e medianas empresas, nesta liña de ac-
tuacións teñen cabida todas aquelas iniciativas
encamiñadas a facilitar o acceso das pemes e
micropemes ás TIC, e contribuír, deste xeito, á
mellora da competitividade das empresas galegas
e ao desenvolvemento económico do país.
Tamén se recollen actuacións sectoriais destina-
das a impulsar a implantación das TIC nas pemes
e micropemes, tendo en conta que estas aproxi-
macións sectoriais son a única posibilidade de
acadar solucións tecnolóxicas eficaces, ao afron-
tárense deste xeito a problemáticas concretas,
acotadas e orientadas a unhas necesidades pre-
cisas.
Finalmente, as actividades formativas encamiña-
das a mellorar as capacidades para o manexo das
Tecnoloxías da Información e as Comunciacións
por parte dos traballadores galegos, tamén ocu-
parán un lugar importante neste epígrafe, posto
que a capacitación TIC para o desenvolvemento
profesional, converteuse nos últimos anos nun
requisito imprescindible tanto para o desempeño
das competencias profesionais como para a in-
serción no mercado laboral.
Accións salientables
Axudas aos traballadores autónomos para o acceso á Sociedade da Información
Os traballadores por conta propia supoñen unha
porcentaxe significativa do emprego e da activi-
dade económica existente en Galicia, mentres
que a súa incorporación ás novas ferramentas da
Sociedade da Información está por baixo da me-
dia das empresas que adoptan outras formas
xurídicas.
Co obxectivo de potenciar e mellorar o uso das
novas tecnoloxías da información e as comunica-
cións neste sector, a Xunta de Galicia continuou
coa liña de axudas destinada a promocionar o
acceso empresarial á Sociedade da Información
en Galicia entre os traballadores por conta propia
dados de alta no Réxime Especial de Traballado-
res Autónomos, subvencionando ata o 45% da
base impoñible do custo da adquisición dun or-
denador (portatil ou de sobremesa) ata un máxi-
mo de 350 €.
Esta iniciativa, enmarcada dentro do Programa
Cidadanía Dixital do Plan Avanza e cofinanciada
co Fondo Europeo de Desenvolvemento (FEDER)
da Unión Europea, contou cunha axuda orzamen-
taria para 2009 de 1 millón de euros, por riba dos
660.000 que se destinaron a esta mesma liña no
2008.
Apoio aos investimentos das empresas en materia das TIC
A Xunta de Galicia apoiou os investimentos das
empresas no 2009 cunha orde na que se investi-
ron case 3,5 millóns de euros.
Do total de 253 proxectos subvencionados, 174
estaban adicados á implantación de aplicacións
informáticas baseadas en código aberto e na
adquisición de aplicacións de caracter produtivo,
con máis de 2,7 millóns. A outra liña de apoio, na
que se subvencionaron 79 proxectos, foi a mello-
ra da infraestrutura interna (ordenadores, redes,
etc.) cun orzamento global de máis de 700.000
euros de axudas.
Proxecto DifundeTic
A dinamización no emprego das Tecnoloxías da
Información e a Comunicación (TIC) por parte das
empresas galegas constitúe un elemento diferen-
ciador e de mellora da súa competitividade.
Con este obxectivo no 2009, a Secretaría Xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica puxo en
marcha o proxecto DifundeTic, que se desenvol-
veu en diferentes polígonos industriais e parques
empresariais de Galicia para sensibilizar aos em-
presarios ubicados nos mesmos das vantaxes que
a utilización das TIC poden supoñer para as súas
pemes.
Esta campaña de difusión realizouse entre os
empresarios, os autónomos e o persoal das pe-
quenas e medianas empresas a través dunha
unidade móbil equipada con 12 ordenadores,
cañón proxector e pantalla para demostracións
desde a que se repartirán manuais- guías.
Táboa 8. Detalle das subvencións concedidas ao abeiro da orde de axu-
das TIC. Liñas A e B
Tipo de actuación Orzamento
Previsto 2009 Orzamento
Executado 2009
Liña A: Infraestrutura interna das empresas para a Sociedade da Información
750.000 735.105,41
Liña B: Aplicacións informáticas nas empresas para a Sociedade da Informanción
2.750.000 2.708.520,65
Total 3.500.000 3.443.626,06
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 75
As actuacións de difusión incluídas neste proxecto
estaban orientadas é a Administración electróni-
ca, a banca electrónica e a factura electrónica, e
para qué serven, ademais de cómo implantar
ferramentas de software libre para a xestión em-
presarial.
Subvencións ao comercio galego
A evolución da sociedade e dos hábitos de con-
sumo obrigan ao pequeno e mediano comercio a
un necesario proceso de modernización da súa
xestión e a súa adecuación continuada para se
poder adaptar ao seu contorno competitivo.
Esta situación fixo necesaria a adopción dun con-
xunto de medidas, que se plasmaron na creación
do “Plan de renovación e mellora do comercio
galego”, orientado a dar resposta aos problemas
actuais do sector, e que ten como obxectivo xeral
adoptar os recursos materiais e tecnoloxías ás
necesidades do sector, e mellorar o poder de
negociación e capacidade de investimento das
pequenas e medianas empresas.
No marco do Plan de renovación, a Consellería de
Economía e Industria concedeu en 2009 unha
subvención de adecuación dos establecementos
comerciais ao seu contorno competitivo co obxec-
tivo aumentar a competitividade dos pequenos e
medianos comercios, que contiña unha importan-
te compoñente TIC.
Entre as actuacións TIC subvencionables pode-
mos destacar, os equipamentos para o proceso
de información destinados a aplicacións de con-
tabilidade, facturación, almacén e automatización
das vendas, o deseño e implantación de sistemas
de venda non presenciais (comercio electrónico),
paxinas web promocionais do establecemento
comercial, terminais punto de venda, lectores
ópticos de códigos de barras, etc.
Implantación de ferramentas de xestión e cadros de mandos nas PEMES
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGA-
PE) desenvolveu no 2009 varias liñas de axudas
dirixida a mellorar a organización das empresas.
Así, concedéronse axudas a pemes para aloxa-
mento en remoto das aplicacións implantadas,
hardware necesario para o manexo das aplica-
cións de xestión, instalacións de redes informáti-
cas e software e aplicacións de xestión por un
importe de 4,1 millóns de euros, o que supón un
incremento con respecto ao 2008, dun 42,7%.
Tamén dentro das do organismo está o Programa
Innoempresa, no que se concedeu unha axuda
total de case 600.000 euros a proxectos no eido
das tecnoloxías da información e comunicacións,
concretamente, na adquisición do hardware ne-
cesario para o manexo das aplicacións de xestión
e do software e aplicacións de xestión interna.
Portal Exportgalicia
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGA-
PE), lanzou no ano 2009 un novo portal web,
www.exportgalicia.com, para apoiar a internacio-
nalización das empresas galegas, das asociacións
de empresarios galegas e das asociacións de
empresarios galegos no exterior.
A finalidade é poñer ao alcance de todos os usua-
rios rexistrados, de xeito gratuito, a información
máis actual sobre a operativa e práctica do co-
mercio exterior, os servizos personalizados e os
datos de interese nos ámbitos da internacionali-
zación en xeral e, especialmente, da importación
e da exportación.
http.//www.exportgalicia.com
Os usuarios atopan 5 grandes seccións con ampla
información relativa a perfís de países obxectivo,
información sectorial, busca de posibles socios
comerciais e alfándegas e trámites necesarios.
Deste xeito, os empresarios e organismos inter-
medios poden obter información sobre aqueles
países do seu interese (ficha país), estudos de
mercado, oportunidades de negocio, fluxos de
importación-exportación, documentos necesarios
para iniciarse na exportación, aranceis, certifica-
dos sanitarios ou documentos de transporte. Ao
mesmo tempo, tamén poden realizar cálculos
aproximados sobre os custos de exportación dos
seus produtos atendendo ás regras e usos inter-
nacionais (INCOTERMS) que regulan a circulación
de mercadorías, e ao medio de transporte selec-
cionado.
O portal www.exportgalicia.com inclúe ademais
información actualizada sobre accións abertas a
facilitar a presenza do empresariado galego en
feiras e eventos nacionais e internacionais orga-
nizados directamente polo Igape ou por organis-
mos de promoción exterior cos que o Instituto
colabora activamente -como por exemplo o ICEX-,
co empeño de achegar sempre os servizos e os
apoios máis efectivos.
Por outra banda, este novo portal expón de forma
detallada, estruturada e accesible a información
máis completa sobre todos os servizos, instru-
mentos e axudas que o IGAPE pon a disposición
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 76
do tecido empresarial galego nos procesos de
internacionalización; desde os apoios en destino
como os facilitados mediante os centros de pro-
moción de negocios (CPN) do instituto no exterior
ou a través dos axentes comerciais mediadores,
ata axudas a iniciativas de internacionalización,
pasando por información e formación especiali-
zadas para todo o proceso, ou servizos especiali-
zados como os de interpretación telefónica.
Servizo de apoio ao autónomo
A Consellería de Economía e Industria puxo en
marcha o Servizo de Apoio ao Autónomo, como
resposta a unha necesidade manifestada polas
organizacións de autónomos, preocupadas pola
especial fraxilidade que presenta este colectivo
ante a situación económica actual.
O servizo centralízase na plataforma web Autó-
nomosGalicia.org e ten como obxectivo satisfacer
as necesidades das persoas emprendedoras en
materia de asesoramento, formación e informa-
ción, de xeito que contempla accións dirixidas
tanto aos propios autónomos, como a técnicos e
asociacións .
http.//www.autonomosgalicia.org
A través da plataforma os usuarios poden atopar
publicacións específicas como a Guía Básica do
Autónomo e os Cadernos do Autónomo, e tamén
guías de oportunidades de negocio, manuais
prácticos de xestión, modelos de plan de negocio,
un mapa de Galicia onde aparecen os recursos de
asesoramento de cada concello, unha base de
datos de axudas e subvencións, un apartado de
consultas, un calendario de eventos e un boletín
de noticias.
Esta iniciativa tamén inclúe un plan de formación
de carácter xeral e de carácter sectorial, orientado
a mellorar a formación específica deste colectivo.
Axudas ao sector artesanal galego
A importancia das actividades artesanais en Gali-
cia reside tanto no plano social como cultural, co
que se adoitan identificar, mais tamén constitúen
actividades con gran capacidade de xeración de
emprego e riqueza desde o punto de vista eco-
nómico, e abrangue unha longa lista de oficios
que se traduce nunha oferta produtiva moi diver-
sa que pode responder de xeito eficaz ás exixen-
tes demandas do mercado actual.
A innovación, o deseño e a calidade son as bazas
coas que conta a artesanía para sobrevivir e fa-
cerse forte nun contexto de globalización e eleva-
da competitividade.
Neste contexto a Consellería de Economía e In-
dustria, a través da Dirección Xeral de Comercio,
publicou en 2009 diferentes subvencións co ob-
xectivo de facer da artesanía unha actividade de
futuro vinculada ás TIC, de creación de postos de
traballo, de asentamento poboacional e xeración
de identidade:
Subvencións ás asociacións profesionais de
artesáns cuxo ámbito de actuación se desen-
volva na Comunidade Autónoma de Galicia,
para o fomento do sector artesanal galego:
adquisición de equipamentos para procesos
de informatización; creación de redes de co-
municación que posibiliten a interconexión en
rede das asociacións profesionais entre si ou
cos seus artesáns, así como a posta en fun-
cionamento de plataformas que faciliten o
comercio electrónico.
Subvencións aos/ás titulares de obradoiros
artesanais para actuacións de fomento e de-
senvolvemento do sector artesanal galego,
nas que subvencionábanse entre outras, algu-
nhas actuacións en materia TIC, como a ad-
quisición de equipos para procesos de infor-
matización, cun máximo dunha unidade por
entidade solicitante, e instalacións de deseño
asistido por ordenador.
Actualización da web artesanía de Galicia
Durante o 2009 a Consellería de Economía e
Industria actualizou a web artesaniadegalicia.org,
que está a funcionar dende finais de 2007 ao
tempo que incorporou novos servizos orientados a
impulsar a divulgación dos artesáns galegos e das
súas pezas.
A través da Dirección Xeral de Comercio e da
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Dese-
ño, a Consellería puxo a disposición de todos os
artesáns e obradoiros artesáns inscritos no Rexis-
tro Xeral de Artesanía a posibilidade de crear e de
xestionar o seu propio espazo web – inserido na
propia web institucional da marca – permitíndo-
lles dar a coñecer o seu xeito de traballo, a súa
experiencia e a peculiaridade dos seus produtos.
http.//www.artesaniadegalicia.es
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 77
Ademais dos seus datos de contacto, os artesáns
poderán incluír información sobre os lugares nos
que distribúen habitualmente ou sobre a posibili-
dade de realizar encargos ou pedidos personali-
zados, de xeito que se lles facilita comercializa-
ción destas pezas de artesanía.
Unha das novidades máis destacables da nova
páxina foi a creación dun apartado dedicado á
divulgación das técnicas empregadas polos pro-
pios artesáns no que se inclúen vídeos que amo-
san o seu traballo. Trátase dunha ferramenta
fundamental para conservar e para dar a coñecer
tanto as técnicas máis tradicionais, algunhas en
perigo de esquecerse pola falta de relevo xeracio-
nal, ata os oficios artesanais máis recentes ou
innovadores.
O novo sitio actua como un punto de referencia
para o sector artesán galego xa que ofrece un
servizo integral para profesionais e interesados
na artesanía. Na páxina hai espazo para reporta-
xes, a información sobre trámites e lexislación,
sobre cursos de formación, eventos e feiras de
artesanía, liñas de apoio ao sector, etc.
Nesta nova versión da páxina tamén hai un espa-
zo dedicado ás zonas de artesanía, onde se ofre-
cen diferentes propostas para combinar o contac-
to cos propios centros de produción da artesanía
con calquera outra opción turística ou de lecer
relacionada coa paisaxe, co patrimonio histórico,
coa cultura en xeral ou coa gastronomía.
Trazabilidade para a flota de baixura
O Centro Tecnolóxico del Mar - Fundación CET-
MAR, dependente da Consellería de Mar está a
desenvolver un sistema integral de trazabilidade
para a flota de baixura e produtos derivados en
base a novas tecnoloxías.
O obxectivo do proxecto é dotar ao conxunto glo-
bal da empresa, tanto a parte armadora como a
transformadora e a comercializadora, dun siste-
ma especificamente desenvolvido atendendo ás
súas necesidades en materia de trazabilidade
que interrelacione as tres áreas mencionadas e o
faga mediante a adopción das tecnoloxías máis
aconsellables, como a introdución de códigos EAN
128, xestión telemática da información, captación
automática de datos, etc.).
Rexistro dos cambios de arte e modalidade das embarcacións
A actividade diaria da comercialización e a norma-
tiva que a regulamenta fixa a necesidade de obter
unha serie de documentos que acompañen aos
produtos pesqueiros antes da súa primeira venda
para acadar un mellor control das descargas e
das cantidades de mercadoría vendidas.
No caso dos moluscos bivalvos, gasterópodos,
equinodermos e tunicados, tamén teñen unha
regulamentación específica que establece a ne-
cesidade de acreditar as características sanitarias
das zonas de produción de onde proveñen, tanto
se se trata de produtos extraídos de bancos natu-
rais como no caso de parques de cultivo ou en
instalacións acuícolas. Así mesmo, os buques de
artes menores que realizan a súa actividade en
augas de competencia da comunidade autónoma
teñen a obriga de comunicar o despacho da arte á
que está dedicando a súa actividade.
Neste sentido, a xestión de comunicar e rexistrar
toda esta información contida nestes documentos
actualmente seguía mecanismos pouco áxiles e
lentos polo que a Consellería do Mar dediciu im-
plantar un sistema para a xestión do rexistro de
cambios de arte das embarcacións que faenan en
augas da comunidade autónoma de Galicia.
Os cambios poderán ser solicitados polo patrón
ou armador dunha embarcación ante a confraría
de pescadores, entidade asociativa do sector ou
delegación territorial ou comarcal da Consellería
de Pesca. A solicitude de rexistro deberá ser reali-
zada alomenos cun día de antelación.
Esta informatización foi o resultado da posta en
marcha do proxecto TICPES, un plan piloto para
verificar a idoneidade do novo sistema, e para o
que se contou co apoio dos profesionais do mar e
as entidades asociativas do sector, a quen se lles
informou e explicou polo miúdo o funcionamento
do novo modelo.
Para o piloto instaláronse terminais en seis portos
pesqueiros: inicialmente na Illa de Arousa, Bueu,
Cariño, Cedeira, Muros e Baiona ou Cambados.
Constando dunha parte dos dispositivos de estru-
tura encastrable que se ubicaron no exterior.
No interior, estes dispositivos contaban cun equi-
pamento informático de última xeración, teclado
de aceiro, elementos de accesibilidade aos me-
nús das aplicacións informáticas e sistemas de
lectura de tarxetas de recoñecemento dos usua-
rios. Ademais, de comunicación on line a través
de redes de ADSL ou sen fíos.
Accións complementarias á formación
A Consellería de Traballo e Benestar concedeu no
2009 máis 800.000 euros a un total de 10 em-
presas en axudas para o apoio e o acompaña-
mento á formación
de ámbito autonó-
mico. Dentro das
accións subvencio-
nables estaban as
destinadas á elabo-
ración e experimen-
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 78
tación de produtos, técnicas e/ou ferramentas de
carácter innovador para mellorar os sistemas
pedagóxicos, organizativos e de xestión da forma-
ción profesional para o emprego.
Valorabanse especialmente as referidas á elabo-
ración e/ou experimentación de ferramentas e
metodoloxías de aprendizaxe baseadas nas TIC
que estenderan a formación aos traballadores de
pequenas empresas.
Algunhas das accións complementarias á forma-
ción máis destacadas foron a creación dun portal
multilingue de formación coorporativa, o desen-
volvemento dunha guía interactiva para a igual-
dade de oportunidades entre homes e mulleres, o
desenvolvemento dun módulo de alfabetización
informática ou a creación dun sistema informático
para a xestión da formación continua.
Apoio ao desenvolvemento de cursos de formación en materia TIC
Outro dos ámbitos desenvolvidos desde a Xunta
de Galicia foron as relacionadas coa formación
tanto as dirixidas a ocupados (FSE Ocupados)
como as dirixidas prioritariamente aos traballado-
res e traballadoras desempregados/as (AFD),
ambas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo,
e das que arredor do 20% estaban relacionadas
co uso das TIC.
As dúas axudas permitiron a realización de 383
cursos relacionados coas TIC en 2009, nos que
participaron un total de 5.659 alumnos.
A Xunta investiu máis de 15,1 millóns de
euros en formación relacionada coas TIC
Nesta mesma liña, a Consellería de Traballo e
Benestar tamén desenvolveu actuacións formati-
vas baixo a execución dos plans de formación
sectoriais e intersectoriais, entre os que se encon-
tran os relativos á implantación das novas tecno-
loxías nas artes gráficas, domótica, automatis-
mos, alfabetización informática, etc.
Divulgación do software libre nas empresas
O Centro de Referencia e Servizos de Software
Libre de Galicia, Mancomún, puxo en marcha
durante o 2009 unha serie de actuacións para
divulgar o software libre entre as PEMEs galegas:
Así pódese destacar a convocatoria e coordina-
ción da 2ª Edición do Plan de capacitación en
Vigo, a publicación dunha Guía de capacitación
TIC en software libre, a publicación da guía de
ferramentas informáticas para a PEME.
Tamén colaborou en eventos de difusión do soft-
ware libre como os organizados polo IES Fermín
Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa, o IES a San-
griña sobre as vantaxes do seu uso e as oprtuni-
dades de negocio.
Táboa 9. Detalle das actuacións formativas en TIC contidas nos plans de formación sectorial e intersectorial. Ano 2009
Táboa 10. Detalle das axudas concedidas no 2009 para a realización
de cursos AFD e FSE en materia TIC
Liña de axuda Cursos Alumnos Total Subvención
AFD (Desempregados) 238 4.039 7.956.157,076
FSE (Ocupados) 145 1.620 1.934.166
TOTAL 383 5.659 9.890.323,076
Liña de axuda Horas Alumnos Total Subvención
Plans de Formación Sectoriais
14.696 4.816 1.996.039,19
Plans de Formación Intersectoriais
16.543 4.872 3.221.213,75
TOTAL 31.239 9.688 5.217.252,94
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 79
Contidos
Obxectivos
Incluir á cidadanía nunha dinámica de achega-
mento e emprego dos servizos que ofrecen as
tecnoloxías da información e as comunicacións
dando resposta ás demandas emerxentes e ga-
rantir a presenza de Galicia e do galego en Inter-
net, tanto nas ferramentas que o utilizan de xeito
máis oculto, como pode ser o emprego das ferra-
mentas de xestión de contidos ou de linguaxes de
programación en galego, como aquelas que sexan
o escaparate da nosa lingua como o acceso libre
aos contidos de orixe pública ou a posta en valor
do patrimonio galego.
Accións salientables
Patrimonio.org
A Consellería de Cultura e Turismo puxo en mar-
cha un novo portal Patrimonio.org unha platafor-
ma que reúne os recursos na Rede sobre patri-
monio cultural galego.
A web nace coas fichas de 122 dos máis desta-
cados elementos do patrimonio cultural galego:
castelos, pazos, pontes, igrexas, mosteiros, patri-
monio etnográfico, castros, gravados rupestres,
megálitos, patrimonio industrial, museos, arqui-
vos e demais elementos do patrimonio forman
parte desta base de datos de bens patrimoniais.
Cada ficha incorpora unha descrición do ben, con
información sobre os seus valores históricos e
artísticos, fotografías, o grao de protección do ben
e outros datos de interese. Achégase tamén unha
información práctica sobre a súa localización a
través das coordenadas e da súa posición nun
mapa. As fichas de bens patrimoniais están en
continua actualización, polo que a diario iranse
incorporando novos elementos patrimoniais á
web. Desde Patrimonio.org pódense enviar por
Internet como postais as imaxes dos elementos
patrimoniais presentes nas fichas.
Para facilitar a busca dos elementos do noso
patrimonio cultural, a web incorpora un buscador
que permite localizalos atendendo a criterios
diversos: área xeográfica, comarca e concello no
que se atopan, tipo de ben, datación, estilo ou
grao de protección.
A web reserva un espazo para rutas culturais.
Trátase de propostas de percorridos por varias
comarcas galegas para coñecer os seus elemen-
tos patrimoniais máis destacados. As rutas están
pensadas para ser descargadas como PDF e
acompañar aos viaxeiros, ademais de poder des-
cargar a ruta en formato GPS.
Por outra parte, a web do patrimonio tamén in-
corpora fichas dos xacementos, museos, arquivos
e monumentos, así como das últimas novas da
Consellería de Cultura e Tursimo, unha axenda de
actividades, e os avisos e convocatorias (premios,
subvencións, etc.) relacionadas co patrimonio
cultural.
Tamén conta cun apartado dedicado ao marco
normativo, no que se pode descargar a lexislación
galega do patrimonio cultural, publicacións da
consellería e vídeos sobre o patrimonio. Outra
sección está dirixida ao entorno escolar, con in-
formación sobre o patrimonio deseñada para o
público infantil, xunto con unidades didácticas
pensadas para os diferentes niveis educativos do
ensino.
Patrimonio.org pretende tamén ser unha ferra-
menta para que os cidadáns e cidadás poidan
advertir sobre calquera incidencia ou agresión ao
patrimonio. Para iso localízase na web un formu-
lario de contacto para informar sobre accións
contra o patrimonio.
Biblioteca das Letras Galegas
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades puxo en marcha un novo portal de
internet denominado Biblioteca das Letras Gale-
gas, ao que se pode acceder a través do enderezo
www.letrasgalegas.org, nado coa vocación de
converterse nun espazo de referencia para obter
información sobre o patrimonio literario galego do
que se ten constancia desde as primeiras mani-
festacións da Idade Media ata a actualidade. Esta
iniciativa foi desenvolvida pola Biblioteca Virtual
Miguel de Cervantes, en colaboración co Centro
Ramón Piñeiro para a Investigación en Humani-
dades.
O obxectivo deste novo espazo electrónico, locali-
zado dentro da Biblioteca Virtual Miguel de Cer-
vantes, reside en poñer á disposición do público
xeral obras dixitalizadas da literatura galega de
todos os tempos, desde as primeiras manifesta-
cións medievais ata a actualidade, con preto de
100 autores nestes momentos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 80
Na actualidade, a Biblioteca das Letras Galegas
permite o acceso a diversas seccións nas que se
ofrece información exhaustiva sobre autores co-
mo o trobador Martín Codax ou Rosalía de Castro.
Inclúe ademais outros servizos, como unha fono-
teca con textos literarios en formato sonoro, entre
os que figuran cantigas medievais e poemas de
Rosalía de Castro, e unha hemeroteca na que se
poden atopar publicacións periódicas xa desapa-
recidas como Eco de Galicia (A Habana, 1917-
1936), Galicia (Centro Galego de Caracas, 1952-
1954) e Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918).
O portal www.letrasgalegas.org ofrécelles tamén
aos internautas a posibilidade de consultar edi-
cións facsímiles de textos medievais, así como
boa parte do catálogo do Centro Ramón Piñeiro
en formato PDF, no que figuran obras como unha
recompilación de estudos sobre o Cancioneiro de
Ajuda (século XIII) a cargo de Mercedes Brea;
Refraneiro galego e outros materiais de tradición
oral, compilado por Francisco Vázquez Saco en
1952; a obra en lingua galega de Manuel Lugrís
Freire e Xosé Otero Espasandín e a guía de recur-
sos electrónicos Libros galegos en Internet, reali-
zada por Henrique Neira Pereira en 2008.
Proxecto Ronsel
A Consellaría de Cultura e a Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (Agader) e as universida-
des de Vigo, Santiago e A Coruña asinaron un
convenio para conti-
nuar co proxecto Ron-
sel no ano 2009. Esta
será a terceira anuali-
dade dun programa
que ten por obxectivo o
inventario, salvagarda
e posta en valor do
patrimonio cultural
inmaterial de Galicia. O proxecto pretende evitar a desaparición das
formas inmateriais do noso patrimonio inseríndo-
as na economía e na sociedade da Galicia actual.
A acción coordenada de Cultura e Agader e o
traballo dos investigadores das universidades
permiten poñer en marcha medidas conxuntas
para aproveitar ao máximo as sinerxias.
Os dous aspectos nos que pon énfase o proxecto
Ronsel son por unha banda a investigación e por
outra a promoción. No que se refire á investiga-
ción, búscase facer un inventario completo do
patrimonio inmaterial e contactar coas persoas e
grupos que manteñen vivo o noso patrimonio
inmaterial e aqueles que traballan a prol da súa
conservación.
No que se refire á promoción, puxéronse en mar-
cha as Mostras de Patrimonio Cultural Inmaterial,
que se celebran anualmente para dar a coñecer a
importancia e riqueza destes saberes e tradicións.
Gastronomía de Galicia
Co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e co
patrocinio de Gas Natural e Unión Fenosa púxose
en marcha unha páxina web para consolidar a
Galicia como destino turístico.
Esta nova ferramenta, cuxa autoría recae sobre a
Real Academia de Gastronomía Española, servirá
para promocionar e divulgar a nosa oferta gas-
tronómica, impulsar o recoñecemento dos nosos
produtose e aumentar o prestixio enogastronómi-
co galego.
www.gastronomiadegalicia.com
A parroquia en Galicia.
Pasado, presente e futuro
O Sistema de Información Territorial (SITGA), de-
pendente de Sociedade para o Desenvolvemento
Comarcal de Galicia, publicou en 2009 o libro "A
Parroquia en Galicia. Pasado, presente e futuro",
resultado do proxecto de investigación "Parro-
quias de Galicia" acometido por este departamen-
to cartográfico da con-
sellería do Medio Rural.
Trátase dunha nova
cartografía referida á
delimitación territorial
das parroquias de Gali-
cia, ao mesmo tempo
que pretende axudar a
facer unha reflexión
sobre o sentido actual
da parroquia.
Ademáis, e aproveitando as posibilidades que
ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas á carto-
grafía, fíxose todo o posible por integrar as dife-
rentes informacións procedentes tanto de fontes
documentais escritas como cartográficas (concen-
tración parcelaria e delimitación de montes veci-
ñais de man común) para poder elaborar un do-
cumento que achegue unha aproximación duns
límites territoriais que son moi difíciles de precisar
na actualidade. É preciso, polo tanto, deixar cons-
tancia de que a información sobre a delimitación
parroquial non ten carácter oficial nin valor legal,
só serve de información de referencia para a
localización e realización de certos estudos e/ou
análises territoriais.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 81
Esta publicación vai acompañanda dun CD e o
Mapa de Parroquias de Galicia a escala
1:200.000. No CD recóllese diferente cartografía
temática e información estatística referida á pa-
rroquia e o mapa supón a revisión e actualización
do publicado con anterioridade, no ano 1991. O
libro pódese mercar xunto co CD e o mapa a un
prezo de 20 euros, e o mapa pódese mercar por
separado por 6 euros.
Disco duro de información cartográfica
O Sistema de Información Territorial (SITGA), de-
pendente de Sociedade para o Desenvolvemento
Comarcal de Galicia, comezou a comercializar no
2009 un disco duro que ofrece todo tipo de in-
formación cartográfica de Galicia, como por
exemplo, bases topográficas, cartografía de esca-
las medias, mapas relacionados co medio natural
(litolóxico, hidroxeolóxico, de espazos naturais e
de usos e coberturas do solo), mapa comarcal,
mapa de parroquias, mapas de densidade de
poboación ou mapas de relevo.
Este servizo tamén inclúe capas de información
que xa están preparadas para seren utilizadas
con programas de sistemas de información
xeográfica. As temáticas deste apartado son os
camiños de Santiago (percorridos diferentes e
localización dos albergues), as vías de comunica-
ción, os espazos naturáis (tamén a nivel estatal e
europeo), a hidrografía, límites e poboación, topo-
nimia relacionada co relevo, marcos das series
cartográficas, usos do solo, vexetación e xeoloxía.
http://www.sitga.xunta.es/cartografia/
O obxectivo desta iniciativa consiste en facilitar
que tanto departamentos da administración como
particulares podan adquirir e manexar grande
cantidade de información cartográfica de Galicia.
O portal galiciaaberta.com
O portal galiciaaberta.com é unha aplicación da
Secretaría Xeral de Emigración que ofrece servi-
zos e contidos de valor para os colectivos de emi-
grantes, inmigrantes e retornados, entre os que
se poderían destacar: boletíns, axenda, novida-
des, novas, subscricións, programas e axudas,
formación, guía do retorno, publicacións, raíces,
directorio de comunidades galegas, directorio de
asociacións de inmigrantes, correo electrónico
(Web Mail), postais, foros, reserva de salas mul-
timedia, etc.
Durante o 2009 continuouse coa labor de dinami-
zación e evolución do portal, dándolle un novo
aspecto, máis claro e sinxelo a través do seu re-
deseño e e implementando tamén os programas
informáticos precisos para obter o máximo das
súas posibilidades, non só como medio de comu-
nicación, se non tamén como un verdadeiro pres-
tador de servizos para os colectivos de emigran-
tes, inmigrantes e retornados.
Software libre en galego
O Centro de Referencia e Servizos de Software
Libre, Mancomún, co obxectivo de favorecer o uso
da lingua galega nas TIC ademais de servir como
incentivo para o uso da suite ofimática libre reali-
zou unha serie de accións para o desenvolvemen-
to e mantemento de ferramentas para o emprego
da lingua galega na suite ofimática OpenOffi-
ce.org, entre as que destaca o mantemento do
corrector ortográfico de galego e o desenvolve-
mento e publicación dun guionizador de galego.
Tamén, durante o 2009, actualizouse un escrito-
rio ofimático multimedia en galego incluíndo os
seguintes aplicativos: OpenOffice.org como suite
ofimática, Mozilla Firefox como navegador web,
Thunderbird como xestor de correo electrónico,
Pidgin como xestor de mensaxería instantánea e
Gnome como escritorio base.
Esta iniativa implicou a realización do seguimento
do plan de versións de cada un dos aplicativos, a
tradución dos mesmos en coordinación cos gru-
pos de tradución existentes correspondentes,
comprobacións de calidade, así como a publica-
ción das memorias para favorecer a súa reutiliza-
ción pola comunidade.
Tamén, presentouse unha nova versión do meta-
paquete AraOS, unha utilidade que automatiza a
galeguización do sistema operativo Ubuntu. A
versión coincide coa 9,04 e modifica tamén o seu
aspecto gráfico.
Entre as aplicacións que traduce automaticamen-
te están o Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org,
ademais de incluír como predeterminado o dicio-
nario do corrector ortográfico en galego.
Obradoiro de artesanía
A Consellería de Economía e Industria desenvol-
veu una web para promocionar a revista “Obradoi-
ro de Artesanía”, unha publicación especializada
que se realiza a través da Fundación Centro Gale-
go da Artesanía e do Deseño e que se distribúe en
galego e en inglés entre artesáns, tendas adheri-
das á marca, centros de ensino, institucións rela-
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 82
cionadas co sector e establecementos turísticos
de toda Galicia.
http://www.obradoirodeartesania.com
O novo sitio web permite un acceso masivo de
todos os interesados a esta publicación de carác-
ter semestral e especializada en artesanía ao
tempo que demostra a forte aposta da Consellería
pola divulgación do sector artesanal galego.
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
(APLU) puxo en servizo a súa páxina web, na que
se dispón de apartados de información xeral so-
bre a propia axencia así como espazos concretos
orientados tanto á cidadanía como aos concellos.
Nela infórmase das competencias e estrutura da
axencia e recóllese a lexislación tanto estatal
como autonómica que é de aplicación en materia
urbanística
http://www.axenciaurbanistica.es
Para os cidadáns, a web inclúe un apartado no
que calquera persoa interesada poderá descargar
os impresos necesarios para denunciar as pre-
suntas infraccións urbanísticas das que teña
coñecemento. Isto facilitará que a cidadanía poi-
da exercer a acción pública que se establece
tanto na Lei do Solo autonómica como na estatal.
Tamén estarán dispoñibles os impresos necesa-
rios para solicitar autorizacións para obras, insta-
lacións ou usos na zona de servidume de protec-
ción do dominio público marítimo-terrestre.
Pola súa banda, cara aos concellos, a web con-
templa un apartado no que se incorporarán os
convenios de adhesión que se asinen con cada
municipio que decida adherirse á APLU.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 83
Medio Ambiente
Obxectivos
Atende á importancia da aplicación das TIC en
eidos tan importantes na sociedade actual coma
a protección do medio ambiente e a xestión de
recursos naturais, na agricultura ou na prevención
de catástrofes así como ao establecemento de
pautas de produción e consumo sostibles.
Accións salientables
Meteogalicia
MeteoGalicia tense consolidado tamén como o
servizo metereolóxico de proximidade para os
cidadáns de Galicia.
Así, a nova páxina web en formato Java, acadou
todo un record de visitas, ao contar con preto de
173 millóns de accesos anuais e unha media de
473.767 visitas diarias. Igualmente incorporáron-
se novos productos derivados do satélite Meteo-
sat na web e puxéronse en marcha novos servizos
como o envío de previsións vía móbil ou RSS.
Figura 22. Evolución do número de visitas a web de Meteogalicia
Ademais Meteogalicia incorporou á súa rede de
predición e observación, un radar de última xera-
ción no monte Xesteiras (Cuntis) que permite
detectar coa máxima precisión os fenómenos
adversos 6 horas antes da súa chegada á terra,
determinando dende o seu movemento ata a
cantidade e tipo de precipitacións que se van
producir, ao que haberá que sumar nun futuro
próximo a rede de medición de raios, que conta
xa con catro dispositivos, un en cada provincia: en
Mabegondo (A Coruña); Alto do Rodicio (Ourense);
Vigo; e Castro de Rei (Lugo).
Outras das actuacións levadas a cabo por Meteo-
galicia en 2009 foron, a posta en funcio-namento
do novo sistema de predición a medio prazo por
cidades, a incorporación de novas estacións me-
teorolóxicas, océano- eteorolóxicas e meteoesco-
las, o novo sistema de publicación dos adversos
meteorolóxicos baseado no código de cores do
sistema de meteoalerta e a predición de mareas
para móbiles.
Sistema integral de información da biodiversidade
A Consellería de
Consellería de
Medio Ambien-
te, Territorio e
Infraestruturas
puxo en marcha
o Sistema de
Información Territorial e de Biodiversidade de
Galicia (SITEB), co obxectivo de mellorar o proce-
so de intercomunicación entre o cidadán e a con-
sellería.
O SITEB ten un acceso doado, a través da páxina
web (http://inspire.xunta.es/siteb), que permite
consultar bases de datos, documentación e in-
formación ambiental de interese a través dun
visor cartográfico. Esta ferramenta pretende dotar
aos técnicos da administración, consultores e
investigadores de Galicia, dunha ferramenta para
a análise, valoración, planificación e ordenación
do territorio dende o punto de vista da conserva-
ción da natu-reza.
A información ofrécese dun xeito intelixible, divi-
díndoa en diferentes apartados: o territorio: des-
crición da información relacionada coa xeografía
galega integrada no apartado de cartografía, in-
cluíndo os mapas de unidades territoriais e admi-
nistrativas, principais núcleos de poboación e
vías, límites de espazos protexidos, modelo dixital
do terreo e cartografía ambiental básica.
Outra parte é unha base de datos, núcleo do sis-
tema, dende onde poder acceder á consulta dos
elementos do medio natural galego e á descrición
da información cartográfica do visor cartográfico.
Os diferentes bloques nos que se divide o banco
de datos do SITEB son: xeodiversidade, especies,
ecosistemas e espazo.
Tamén a Cartografía: composta polo visor carto-
gráfico, que integra tódalas capas xeográficas do
SITEB e as achega graficamente, posibilitando en
5.755.32020.128.037
62.148.220
96.821.174
172.924.993
0
50
100
150
200
2005 2006 2007 2008 2009
Vis
itas
An
uai
s W
eb
(m
illó
ns)
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 84
todo momento a consulta dos diferentes elemen-
tos que integran as capas.
Por último, a Documentación: aglutina textos de
interese en relación ao medio natural galego,
incluíndo informes técnicos, diversas publica-
cións, textos legais e formularios.
Xunto a esta información, engádese outra de
interese que permite dispoñer dos datos sobre
especies do territorio galego, árbores senlleiras,
especies invasoras na Rede Galega de Espazos
Protexidos e, en materia de biodiversidade, os
informes técnicos e estudos da Consellería de
Medio Ambiente e os puntos de interese xeolóxi-
co, xeomorfolóxico, paleoecolóxico, covas, cavida-
des e fervenzas de Galicia.
O Banco de Datos Ambiental completarase coa
información e cartografía dos límites e unidades
de xestión establecidas nos espazos protexidos
de Galicia, que se vincularán cos instrumentos de
ordenación e xestión existentes para os mesmos.
Xeoportal de información sobre o
transporte público galego
Dende o 2009 o SITGA (Sistema de Información
Territorial de Galicia), organismo dependente da
Consellería do Medio Rural, está a colaborar coa
empresa Signo Enxeñería do Territorio e o CARTO-
LAB, laboratorio de cartografía de enxeñería de
camiños da Universidade da Coruña, para poñer a
disposición dos galegos un novo xeoportal que
aglutinará toda a información relacionada co
transporte público galego co fin de facilitar a in-
formación e planificación dos desprazamentos en
medios de transporte interurbano dentro do terri-
torio de Galicia.
Esta ferramenta calculará automaticamente as
posibilidades que se ofrecen ao viaxeiro para
cubrir o percorrido que lle interese, tano en auto-
bús coma en tren. Bastará con introducir o punto
de destino e a orixe para se lle presenten ao
usuarios as distintas opcións de paradas, hora-
rios, transbordos e medios de transporte que
pode utilizar. Ademais poderase coñecer a ruta
máis económica, a que levará menos tempo e cal
é a opción máis ecolóxica, na que menos emi-
sións de CO2 se xera.
Tamén este xeoportal virá acompañado dunha
rede social aberta á participación de todos os
usuarios onde se recollerá un “feedback” de in-
formación relacionada co mundo do transporte, o
que axudará a solucionar os problemas que se
detecten e, en definitiva, a mellorar o sistema
público de transporte.
Cabe salientar que xa se está ultimado unha ter-
ceira aplicación do proxecto, isto é, a adaptación
dos datos de maneira que se poidan consultar
dende calquera dispositivo móbil, que se preten-
de estea operativa a finais de este ano.
Con esta iniciativa preténdese fomentar e facilitar
o uso do transporte público, evitando que se use
o coche privado por descoñecemento doutras
alternativas. Tamén busca implicar á cidadanía na
concienciación e deseño dunha mobilidade sosti-
ble, para o cal a rede social será fundamental.
Climántica
No marco do proxecto de
educación ambiental cli-
mántica leváronse a cabo no
2009 dúas actuacións sa-
lientables:
A realización dunha primeira exposición interacti-
va, realizada no IES Francisco Asorey de Camba-
dos, correspóndese coa primeira etapa do proxec-
to que se pechou no mes de marzo. Consta de 8
paneis, un por cada capítulo da unidade didáctica
global “Cambia o clima?”. Está deseñada para
expoñer nos centros piloto de Climántica en se-
manas temáticas transversais de Educación Am-
biental, e propón 3 retos por cada panel que se
resolven traballando en paralelo cos cursos inte-
ractivos multimedia de autoaprendizaxe do apar-
tado de Formación e coas dinámicas de grupos de
Climántica.
A aplicación na aula do
curso "Climántica na
materia de CC. para o
Mundo Contemporáneo
dende a sostibilidade e
as TIC” púxose en co-
mún con todas as acti-
vidades de investiga-
ción desenvolvidas con bloges no marco do pri-
meiro curso de posgrao semipresencial “Climánti-
ca na materia de CC. para o Mundo Contemporá-
neo dende a sostibilidade e as TIC".
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 85
Desenvolvemento Rural
Obxectivos
Superar as barreiras presentes no mundo rural
para a súa incorporación á Sociedade da Infor-
mación. Esta inclusión resulta fundamental posto
que os seus habitantes son dos que máis poderí-
an obter beneficios poderían obter da súa incor-
poración, contribuíndo a acadar un equilibrio no
desenvolvemento económico e social de Galicia.
Accións salientables
Turismo rural e turismo activo
As distintas análises tanto por parte da oferta
como da demanda poñen en evi-
dencia que as necesidades das
casas de turismo rural e empresas
de turismo activo de Galicia
non atopan unha oferta axei-
tada de servizos tecnolóxicos,
ao mesmo tempo que se fai
preciso incentivar a cultura
innovadora que actualmente se encontra nun
número moi pequeno delas.
Por estes motivos, a Axencia Galega de Desenvol-
vemento Rural (AGADER) incorporou un Asesor
Técnolóxico para as casas de turismo rural e em-
presas de turismo activo, para poder ofertar un
conxunto ordenado de servizos que servan para
satisfacer as necesidades empresariais turísticas
en materia de Innovación e Tecnoloxía.
A prestación dos servizos tecnolóxicos especiali-
zados por parte do asesor, foi en todo momento,
un produto final adaptado ás necesidades de
cada caso e realizouse sobre a base das seguin-
tes liñas de actuación: formación sobre diversas
temáticas, tanto de forma presencial como non-
presencial, asesoría tecnolóxica incluindo accións
de difusión, diagnóstico e asesoramento e o
desenvolvemento dun proxecto piloto con
modelos de negocio virtual que poñan os servizos
das empresas na rede.
Proxectos dinamizadores das áreas rurais
Tamén a Axencia Galega de Desenvolvemento
Rural (AGADER) promoveu unha liña de axudas
aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de
Galicia, especialmente nos tres seguintes ámbitos
de actuación.
O primeiro, para a promoción de actividades non
agrarias relacionadas co desenvolvemento das
TIC, como servizos dirixidos á poboación,
atención á infancia, asistencia a persoas de idade
avanzada e discapacitados ou dependentes, e
servizos educativos, entre outros.
O segundo, co fomento de actividades turísticas:
como as accións de promoción e comercialización
de produtos e servizos turísticos que aproveiten
as vantaxes das TIC.
Por último, os servizos básicos para a economía e
a poboación rural como o desenvolvemento das
TIC no medio rural (telecentros fixos ou móbiles,
equipamento TIC para asociacións) e
implantación de servizos de teleasistencia (posta
en marcha de fórmulas innovadoras de servizos
de transporte de viaxeiros, que melloren a
mobilidade dos habitantes das áreas rurais)
Modernización do asociacionismo agrario
O asociacionismo agrario e, en especial, o coope-
rativismo son instrumentos fundamentais que
contribúen moi positivamente na continua mo-
dernización do sector agrario galego en todas as
súas vertentes, e de xeito amplamente visible na
orientación dos procesos produtivos e na súa
progresiva adaptación aos mercados cada vez
máis amplos, complexos e exixentes.
En consecuencia, a Consellería do Medio Rural
considera de interese apoiar actuacións orienta-
das a propiciar a modernización, dimensionamen-
to e desenvolvemento sustentable do asociacio-
nismo agrario galego, que representa un modelo
dinámico e eficiente desde un punto de vista
socieconómico, mediante a convocatoria de “Axu-
das para a promoción, modernización e dimen-
sionamento do asociacionismo agrario en Galicia”
Estas axudas levan asociada unha importante
compoñente TIC, xa que se consideran como con-
ceptos subvencionables a adquisición e mellora
de equipamento e programas informáticos, así
como as actuacións que no ámbito da transfor-
mación e comercialización de determinados pro-
dutos favorezan a introdución das TIC.
Formación e divulgación do cooperativismo
Durante o 2009 a Consellería de Traballo e Be-
nestar, a través do Consello Galego de Cooperati-
vas –máximo órgano de promoción e difusión do
cooperativismo na
Comunidade Autó-
noma de Galicia e
órgano consultivo e
asesor das admi-
nistracións públi-
cas galegas naque-
les temas que afectan ao cooperativismo- ten en
marcha, a través da súa plataforma de teleforma-
ción, unha oferta de cursos de formación e de-
senvolvemento cooperativo.
Con estes cursos o Consello pretende achegar as
novas tecnoloxías da información e a comunica-
ción as cooperativas galegas, ao tempo que pro-
move que as persoas destas entidades e dos
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 86
eidos nas que as mesmas se asentan adquiran
unha formación sobre a propia fórmula empresa-
rial cooperativa, as habilidades sociais ou o xeito
de xestionar e dirixir estas entidades.
Os cursos ou módulos que se ofertaron dende a
plataforma de teleformación do Consello son os
seguintes:
Formación cooperativa básica.
Formación cooperativa en xestión e dirección.
Habilidades sociais básicas en cooperativas.
Habilidades sociais básicas en cooperativas:
nivel avanzado.
Marketing/comercialización de produtos.
Responsabilidade social das cooperativas.
Planeamento estratéxico.
Muller, cooperativismo e igualdade de xénero.
Os contidos destes cursos foron elaborados e
adaptados pedagóxicamente, e deseñados para
ser desenvolvidos para un número de entre 5 e
15 participantes por módulo aproximadamente.
Cursos de formación agroforestal
A Consellería do Medio Rural, a través da Direc-
ción Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e
Forestais, realizou durante o 2º trimestre do 2009
diferentes cursos de carácter práctico orientados
a agricultores e gandeiros, que están directamete
relacionados co uso das novas tecnoloxías. Os
cursos foron impartidos nos centros de formación
agroforestal da Consellería.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 87
Sector Empresarial da Sociedade da Información
O sector das tecnoloxías da información e das comunicacións é fundamental para o
desenvolvemento da sociedade da información, tanto na liña de propostas a socieda-
de sobre os produtos tecnolóxicos, como na elaboración de contidos e na de dar res-
posta as necesidades que nacen das empresas e da propia administración.
A través deste eixo operativo trátase de impulsar o desenvolvemento do Sector Empre-
sarial da sociedade da información galego no seu
sentido máis amplo, desde un crecemento da
oferta de servizos e aplicacións TIC ata a creación
de empresas de base tecnolóxica, pasando por
unha mellora das condicións de competitividade
das empresas existentes e a ampliación dos seus
mercados.
Por tanto, para conquerir un grao de desenvolve-
mento importante da sociedade da información é
necesario contar cun corpo empresarial forte,
consolidado e con capacidade para asumir novos
retos neste novo mundo global no que nos ato-
pamos.
No ano 2009, investíronse máis de 34 millóns de euros no apoio a
innovación no sector e na formación dos profesionais
Para levar a cabo este propósito a Xunta de Galicia adicou durante o 2009, 40,2 Para
levar a cabo esta misión a Xunta de Galicia adicou durante o 2009, máis de 34 millóns
de euros, o que supón un 19 % do orzamento total executado en materia de Sociedade
da Información, que se materializaron na posta en marcha de iniciativas nalgún dos
eidos que se sinalan a continuación:
Innovación e desenvolvemento tecnolóxico
Profesionais da Sociedade da Información
Apoio ao audiovisual galego
Neste contexto, durante o último ano a Xunta mostrou o seu apoio a este sector de
diversas maneiras: mediante axudas ou subvencións, mediante formación e mediante
o apoio as iniciativas empresariais de consolidación do sector, como as asociacións
empresariais, as plataformas tecnolóxicas e a participación en eventos que sexan
quen de dar pulo as iniciativas na materia.
Neste sentido segundo a propia estratexia en materia de Sociedade da Información da
Xunta e o proposto no Plano de galego de I+D+i, resulta fundamental dispoñer dun
sistema eficiente de innovación no eido das TIC que forneza a cultura diferencial na
empresa galega e que teña coma fundamentos o desenvolvemento de servizos avan-
zados de apoio a esta innovación e a cooperación dentro de cada sector tecnolóxico.
Para iso durante o último ano realizouse un importante esforzo dende a Consellería de
Economía e Industria por impulsar a innovación empresarial no sector TIC mediante a
concesión de axudas por un importe de case 3 millóns de euros.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 88
A estas iniciativas súmanse as liñas de axuda desenvolvidas co obxectivo de apoiar a
I+D+i galega a través do Programa IN.CI.TE, cos programas sectoriais de investigación
aplicada e os de fomento da investigación e innovación empresarial.
Ademais, os Centros Tecnolóxicos, constituídos cunha misión de liderado dun sector
empresarial determinado, son os axentes dinamizadores da transferencia de tecnolo-
xía por excelencia e principais xeradores de innovación.
Respecto dos centros existentes, destacaríase as actuación postas en marcha polo
CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) así como as impulsadas polo Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT).
Outro dos elementos determinantes neste eixo operativo é o coñecemento dos profe-
sionais que desenvolven a súa actividade laboral no sector empresarial da Sociedade
da Información, destacando a importante labor realizada durante o último ano polo
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, centro de formación especializado no que se
desenvolven actividades tanto para os empregados públicos ou privados, como para
engadir competencias na materia aos desempregados.
Finalmente no eido audiovisual desenvolveronse varias actuacións e liñas de axudas
tanto para o desenvolvemento deste sector como para a súa promoción, a través da
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo,
e do Consorcio Audiovisual Galego, da Secretaría Xeral de Comunicación.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 89
Apoio á Innovación
Obxectivos
A Xunta de Galicia considera esencialmente nece-
sario dispoñer dun sistema de innovación e de-
senvolvemento, no cal se fomente a cooperación
entre os axentes da contorna, se estimule o des-
pregue de servizos avanzados de apoio a esa
innovación e se favoreza a creación de novos
centros tecnolóxicos e de investigación.
Todos estes factores permitirán o artellamento
dun sector empresarial da Sociedade da Informa-
ción competitivo, que englobe as actividades
empresariais relacionadas coas novas tecnoloxí-
as, a electrónica e o audiovisual, e que teña un
peso importante na actividade económica galega.
Accións salientables
Axudas á innovacion empresarial
Nesta iniciativa enmárcanse dúas actuacións da
Consellería de Economía e Industria.
En primeiro lugar, a través da Dirección Xeral de
I+D+i, convocou ao longo do último ano diversas
axudas de carácter xeral das que moitas tiveron
como destinatarias as empresas do sector TIC, e
que se resumen na táboa seguinte.
En segundo lugar, tamén a través desta Conselle-
ría convocaronse en xuño as subvencións corres-
pondentes aos programas sectoriais de Investiga-
ción aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan
Galego de Investigación, Desenvolvemento e In-
novación Tecnolóxica (INCITE). Dita orde de axu-
das cun investimento total de case 37,5 millóns
de euros, para proxectos a desenvolver no perio-
do 2009-2012, ten dúas liñas específicas para
investigación aplicada nos sectores das tecnolo-
xías da información e as comunicacións (TIC) e da
sociedade da información (SIN).
Os proxectos podían ser individuais ou colaborati-
vos de varias entidades: empresas, universidades
e centros tecnolóxicos e a duración máxima era
de tres anos.
Descrición 2009 2009-2012
Información e as Comunicacións (TIC) 1.780.108,27 5.152.674,07
Sociedade da Información (SIN) 327.430,11 1.558.047,66
Medio Mariño (MMA) 19.453,62 61.250,00
Medio Natural e Desenvolvemento Sustentable (MDS)
50.569,10 346.903,25
Tecnoloxía de Deseño e Produción Industrial (DPI)
298.253,13 1.439.819,06
Recursos Enerxéticos e Mineiros (REM)
6.163,96 220.601,25
Medio Rural (MRU) 9.615,65 64.500,00
Sociedade e Cultura (SEC) 115.013,99 617.978,79
Materiais e da Construción (TMT) 57.134,61 140.041,18
Turismo (TUR) 21.777,25 98.386,50
SUBTOTAL TIC 2.685.519,69 9.700.201,76
Porcentaxe sobre o total das axudas 36,40% 25,93%
Táboa 11. Axudas INCITE 2009
Orde Descrición Total
Subvención a empresas TIC
IN515B Realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización 263.189,00 €
IN828A Mobilización, dinamización e sistematización da innovación 154.300,00 €
IN841A Fomento da investigación e a innovación empresarial: Plataformas tecnolóxicas 300.800,00 €
IN841B Fomento da investigación e a innovación empresarial: Realización de estudos de viabilidade
83.319,00 €
IN841C Fomento da investigación e a innovación empresarial: Realización de proxectos de innovación
1.023.585,31 €
IN841E Fomento da investigación e a innovación empresarial: Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais
59.836,00 €
IN848 Dotacións de unidades de I+D dentro das empresas e investimentos innovadores 738.411,30 €
IN515B Realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización 263.189,00 €
TOTAL 2.886.629,61 €
Táboa 12. Contía das axudas concedidas a empresas do Sector TIC pola Consellería de Economía e Industria. Ano 2009
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 90
Apoio ao desenvolvemento, formación e
promoción do sector TIC
Posto que a Secretaría Xeral de Modernización,
asumiu as competencias na xestión das actua-
cións da Xunta de Galicia en materia das tecnolo-
xías da información e as comunicacións, resolveu
no 2009 a concesión de subvencións aos inves-
timentos das empresas en materia das tecnoloxí-
as da información e das comunicacións, no ámbi-
to da Comunidade Autónoma de Galicia
Nesta liña de axudas había dúas liñas específicas
para o apoio ao sector TIC, mediante a que se
apoiaron un total de 84 proxectos cun investimen-
to de 1.522.207,11 €, o que supón máis do 30%
do total da orde axudas que case alcanzaba os 5
millóns de euros.
Do total de proxectos subvencionados 41 estaban
adicados ao apoio ao desenvolvemento do sector
TIC, ao que se se adicaron 1,1 M€. Outra liña de
apoio, na que se subvencionaron 43 proxectos,
foi a de formación e promoción do sector cun
orzamento global de 411.368,30 €.
IGAPE
Outro dos organismos fundamentais no apoio ao
desenvolvemento das empresas de Galicia em-
presarial e neste caso referido ao sector das TIC,
é o Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE). No apartado de axudas específicas ao
sector TIC é destacable a liña IG113 para Proxec-
tos tractores de empresas desenvolvedoras de
software en código aberto que no ano 2009 su-
puxo que se subvencionaran iniciativas por un
importe de case 600.000 euros.
Ademais dentro das
liñas de axudas
xerais do IGAPE e
relacionadas por
exemplo coa partici-
pación en proxectos
colaborativos, inves-
timentos empresa-
riais, acceso ao fi-
nanciamento das
pequenas e medianas empresas, á internacionali-
zación da súa actividade o mesmo aos estudos e
análises empresariais para o acceso ao Mercado
Alternativo Bursatil (MAB), a entidade dotou case
1,8 millóns de euros para accións promovidas por
empresas do sector relacionado coas TIC.
Iniciativas de Emprego con Base Tecnolóxica (IEBT)
Esta actuación, á que se lle deu continuidade
durante o 2009 dende a Consellería de Traballo,
ten como obxectivo facilitar é impulsar a posta en
marcha de proxectos empresariais innovadores
de contido científico e/ou tecnolóxico, mediante o
aproveitamento intensivo e a colaboración coas
diferentes estruturas que xa existen, como as tres
universidades galegas ou outras entidades vincu-
ladas á innovación.
No programa de promoción de IEBT, recóllense
catro tipos de axudas: á creación de emprego
estable, á contratación de persoal técnico de alta
cualificación, á función xerencial, á subvención
financieira e para o inicio e posta en marcha da
actividade.
Os sistemas de apoio á creación de novas empre-
sas de base tecnolóxica (IEBT) teñen como requi-
sitos: a viabilidade técnica, económica, financeira
e comercial; que a actividade, produto ou servizo
teña caracter innovador contido científico ou base
tecnolóxica, que sexa unha empresa privada de
nova creación e que contemple a creación de
emprego estable para persoas desempregadas
inscritas no Servizo Público de Emprego ao longo
do primeiro ano de actividade.
No ano 2009, subvencionáronse máis de 15
proxectos vinculados a empresas do sector TIC,
entre os que podemos destacar un relacionado
coa seguridade dixital; outro coa aplicación da
xeomática á xestión do territorio, outro co esca-
neado e visualización en 3D; outro coa formación
on-line con método Blended-learning; e outro coa
posta en marcha de solucións para o intercambio
de datos de telefonía móbil.
Xacobeo 2010
Tamén e vinculado a cele-
bración do Ano Santo en
Santiago de Compostela, en
outubro convocouse unha
orde para a concesión de
axudas para financiar ac-
cións orientadas a produtos ou servizos de inno-
vación tecnolóxica recolacionados co Xacobeo
2010.
O importe da axuda acadou o millón de euros e
permitiu a decisión de apoiar 10 proxectos que
son tan variados como a realización de guias
informativas ou produtos ligados a mobilidade e
aplicacións baseadas en sistemas de información
xeográfica.
Táboa 13. Detalle das subvencións concedidas ao abeiro da orde de axudas TIC. Liñas C e D
Tipo de actuación Orzamento
Previsto 2009 Orzamento
Executado 2009
Liña C: Apoio ao desenvolvemento do Sector TIC
1.000.000 1.110.838,81
Liña D: Formación e promoción do Sector TIC
500.000 411.368,30
Total 1.500.000 1.522.207,11
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 91
Gradiant
A Xunta asinou co Centro Tecnolóxico das Tele-
comunicacións (GRADIANT) un convenio para o
período 2009-2010, por importe de case 2,5
millóns de euros para o desenvolvemento de
actuacións encamiñadas ao crecemento e conso-
lidación do centro, como os gastos do persoal,
equpamento de laboratorio, material informático
e outros. O centro, logo de pouco máis de 7 me-
ses de funcionamento, leva captados máis de un
millón de euros para os seus proxectos.
Entre as actividades do centro desenvolvéronse
seminarios como o celebrado en novembro sobre
“Creación de spin-off de base tecnolóxica” con
máis de 70 inscritos; a convocatoria do certame
de relatos curtos "A túa escola do futuro", no que
se recibiron traballos procedentes de centros de
toda Galicia; a xornada sobre videoxogos organi-
zada dentro da semana da Ciencia, a que asisti-
ron 300 rapaces e na que mostrou o potencial da
biometría, dos novos interfaces home-máquina e
da realidade aumentada aplicados ao ocio e á
publicidade ou mesmo a participación noutros
eventos alleos como o organizado por FEUGA: "As
TIC como axuda para optimizar os negocios".
Dentro do ámbito dos proxectos xestionados polo
centro, no 2009 foi especialmente exitosa a con-
vocatoria do Plan Avanza 2009, no que se obtivo
un millón de euros para financiar diferentes
proxectos ligados a ámbitos como a publicidade
interactiva, a tele-formación, os videoxogos, a
electrónica no fogar, a accesibilidade de persoas
discapacitadas ou a seguridade.
En xeral, os proxectos presentados son para 2
anos e na maioría dos casos buscan unha aplica-
ción directa na vida dos ciudadáns, especialmen-
te daqueles que teñen necesidades especiais e
tratar de mellorar a súa calidade de vida.
Tamén destacar que neste último ano asinouse
un convenio coa Escola de Negocios de Caixano-
va; dotouse un premio á mellor tese doutoral
entregado na Noite Galega das Telecomunica-
cións; editouse un boletín electrónico e o seu
sistema biométrico destacou nunha competición
fronte a outros 18 proxectos europeos, o que se
fixo público na International Conference on Bio-
metrics (ICB) 2009, celebrada en Alghero (Italia).
CESGA
Entre as actuacións máis salientables do último
ano do Centro de Supercomputación de Galicia,
un dos centros especializados no estudo e desen-
volvemento tecnolóxico relacionados coas Ciencia
Computacional, podemos destacar aprobación do
financiamento para unha nova sede en Santiago
de Compostela, o inicio da implantación do siste-
ma de xestión de I+D+i, UNE-166002, así como o
inicio da realización dun novo portal web do Cen-
tro de Supercomputación de Galicia.
Ademais, durante o 2009 o CESGA participou en
44 proxectos de I+D+i nos campos da computa-
ción, redes de comunicacións, ferramentas cola-
borativas e de e-learning, sistemas de informa-
ción xeográfica (XIS), transferencia tecnolóxica e
sistemas e-business. Tamén se traballou de modo
activo en 19 redes temáticas de investigación e
plataformas tecnolóxicas.
No campo das actividades de promoción tec-
nolóxica promovidas polo CESGA poderíase citar a
primeira convocatoria pública de retos computa-
cionais aberta á comunidade de usuarios do cen-
tro, a primeira edición do "CESGA Computational
Science Summer School", así como a recepción
dos premios Prace Award 2009, Itanium Solutions
Alliance Innovation Award e o Grundtvig da Comi-
sión Europea, polo proxecto e-Hospital.
Outros feitos salientables do ano foron a realiza-
ción dunha simulación electromagnética con máis
de 500 millóns de incognitas co programa HEM-
CUVE no Finis Terrae por parte de investigadores
das Universidades de Vigo e Extremadura e máis
do CESGA e o inicio en decembro das actividades
de campo para o tendido do cabo óptico escuro
nos tramos: Tui-Vigo-Pontevedra-Santiago da Re-
de de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, RECETGA.
RETGALIA
A Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia–
RETGALIA- que agrupa a todos os centros tec-
nolóxicos galegos, actualmente 21, persegue
fundamentalmente acadar tres obxectivos es-
tratéxicos: actuar como un punto de encontro
para potenciar a colaboración e o intercambio de
coñecemento entre os seus membros; crear unha
imaxe “tecnolóxica” conxunta que favoreza a
internacionalización dos centros e constituírse no
interlocutor válido ante os axentes do Sistema de
I+D+i na defensa dos intereses dos centros tec-
nolóxicos galegos.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 92
A comezos do 2009, RETGALIA elixiu o seu comité
estratéxico na súa primeira asemblea. Deste xeito
a Rede contará cunha mesa ou asemblea forma-
da polos directores de todos os centros tecnolóxi-
cos, o director da Rede e representantes da Xunta
de Galicia, que se encargará de definir a estra-
texia e garantir a operatividade da Rede. Así
mesmo, disporá dun comité executivo formado
por representantes dos tres centros tecnolóxicos
galegos consolidados de carácter privado (AIMEN,
ANFACO-CECOPESCA e CTAG), un representante
dun centro tecnolóxico público (CESGA) e cadan-
seu representante dun centro público e doutro
privado (CIS-Madeira e Energylab, respectivamen-
te), intentando deste xeito representar toda a
diversidade sectorial da Rede. Información aos
medios
Na asamblea tamén se presentou o programa de
actividades para o periodo 2009-2010 que foi
ratificado pola asemblea. As actividades ligadas á
promocion dunha cultura de cooperación entre os
centros tecnolóxicos son a celebración de reu-
nións de seguimento, a celebración de foros e de
obradoiros para técnicos e xestores dos centros
tecnolóxicos. Entre as actuacións previstas co
obxectivo de ordenar o mapa de centros e as súas
capacidades, atopábase o deseño e elaboración
do mapa de capacidades dos centros, a imple-
mentación dun entorno interactivo para a identifi-
cación das capacidades e a difusión e promoción
do mapa de capacidades. En canto á tarefa de
identificar sinerxias en materia de I+D+i entre os
centros, prevese a identificación de actividades
comúns e de valor engadido para os centros tec-
nolóxicos.
Plataforma Tecnolóxica Agroalimentaria
A plataforma tecnolóxica agroalimentaria (PTGAL)
organizou a comezos do 2009 nas instalacións do
Centro Tecnolóxico da Carne, no Parque Tec-
nolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas – Ou-
rense) con motivo da segunda reunión dos grupos
de traballo, unha xornada sobre a xeración de
proxectos de I+D +i no sector agroalimentario
Ademais, tamén se desenvolveron unha serie de
charlas centradas na
estratexia de dina-
mización que a
PTGAL debería aco-
meter durante o ano
2009, así como nas
vantaxes que suporá
para as empresas que a integran contar cun ser-
vizo de vixilancia tecnolóxica sistematizada.
Ao remate, celebráronse as reunións das empre-
sas e investigadores participantes en tres das
seis mesas de traballo da PTGAL. Trátase dos
grupos de Alimentos funcionais, nutrición e saú-
de; Novas tecnoloxías de procesado e envasado;
e novos produtos e valorización de subprodutos e
residuos.
Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG)
O Consello da Xunta aprobou en marzo do 2009 o
proxecto sectorial para a ampliación do Centro
Tecnolóxico da Automoción de Galicia no Concello
do Porriño, que na práctica suporá a creación do
Centro de Excelencia en Electrónica para Vehícu-
los Intelixentes.
O investimento total estimado entre a Administra-
ción pública e o CTAG para o desenvol-vemento
do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehí-
culos Intelixentes ascende a 50 millóns de euros,
correspondentes á adquisición dos terreos, á
urbanización do ámbito e á construción das insta-
lacións do novo centro.
En canto á distribución dos usos, da superficie
total de 47.164 metros cadrados, destina-ranse
32.111 metros cadrados a uso industrial e tercia-
rio, 4.818 m2 para espazos libres e zonas verdes,
5.377 m2 para equipamentos, e os 4.857 metros
restantes para o sistema viario.
O novo centro que se construirá na ampliación do
CTAG albergará cinco laboratorios especializados
en deseño electrónico, área de fabricación de
compoñentes prototipo, laboratorio de calidade e
laboratorio de fiabilidade electrónica,
Ademais, o Centro disporá doutras instalacións
complementarias, como bancos especiais para
ensaios de sistemas dinámicos de vehículos inte-
lixentes, un túnel óptico para funcións avanzadas
de iluminación e sinalización, unha área de simu-
lación de condución, prototipos tecnolóxicos con
funcións avanzadas, e infraestruturas de desen-
volvemento de software de automoción.
Impulso ao software libre
En xullo do 2009 a Secretaría Xeral de Moderni-
zación e Innovación Tecnolóxica promoveu unha
xuntanza cos principais axentes que están a cola-
borar coa administración autonómica nas actua-
cións para o impulso ao software libre.
Unha das directrices marcadas dende o Goberno
galego consiste en impulsar a implantación de
software libre e o uso de estándares abertos,
establecendo mecanismos que faciliten a com-
partición e reutilización do software,
Como consecuencia desta xuntaza estableceron-
se as principais áreas de actuación para poten-
ciar o software libre en Galicia:
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 93
Achegar o Software Libre á Peme galega,
potenciando o desenvolvemento da industria
TIC local (Para iso apoiarase na creación dun
Centro Demostrador de produtos de Software
Libre que permita dar a coñecer casos de éxito
en sectores concretos, dun Servizo Integral á
Peme, sectorizando solucións baseadas en
Software Libre, traballando coas empresas
para analizar en que liñas ten máis senso o
uso do Software Libre, e facilitando o soporte
e mantemento de ditas solucións e
elaboración dun estudo comparativo sobre
software de xestión empresarial para a
mellora competitiva da industria galega,
identificando ámbitos clave de actuación).
Establecemento de liñas de colaboración coas
universidades así como con outros centros e
organismos para a investigación no campo do
software libre aplicado aos sectores produtivos
estratéxicos de Galicia.
Fomento do Repositorio de software Libre en
Galicia, como ferramenta estratéxica para o
desenvolvemento do software libre en Galicia,
e impulso á implantación efectiva dos
estándares abertos.
Establecemento dun plan de acción a medio –
longo prazo coas institucións interesadas no
desenvolvemento do Software Libre
(universidades, grupos e comunidades de
usuarios de software libre, asociacións,
centros tecnolóxicos, CESGA, etc.)
Colaboración con outros organismos para a
coordinación de accións formativas no ámbito
de estándares abertos e software libre á
sociedade e ás empresas.
Colaboración coa Consellería de Educación
para a formación ao profesorado de primaria e
secundaria nos usos didácticos das
ferramentas libres, a elaboración de contidos
dixitais orientados ao teleensino como apoio
aos programas educativos, o fomento das
iniciativas de tradución ao galego das
ferramentas de Software Libre e promoción do
mantemento destas traducións nas sucesivas
versións dos produtos, contando co apoio de
Política Lingüística.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 94
Profesionais da Sociedade da Información
Obxectivos
Aproveitando as fortalezas presentes na nosa
comunidade en relación ao continuo fornecemen-
to de profesionais cualificados ao mercado e ás
ben desenvolvidas infraestruturas educativas
neste campo, trátase de poñer énfase no fortale-
cemento destes procesos formativos, especial-
mente dirixidos aos profesionais da Sociedade da
Información.
Búscase, ademais, xerar un tecido empresarial
competitivo capaz de absorber ese conxunto de
profesionais e evitar un fenómeno de descapitali-
zación interna, froito da emigración dos mellores
profesionais galegos en canto a potencial de in-
novación.
Accións salientables
CNTG
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG),
organismo dependente da Dirección Xeral de
Formación e Colocación da Consellería de Traba-
llo e Benestar da Xunta de Galicia, desenvolve a
súa actividade principalmente no campo da for-
mación especializada relacionada coas novas
tecnoloxías e a Sociedade da Información.
A actividade está orientada aos profesionais do
sector privado, aínda que se reservan uns peque-
nos cupos para traballadores do sector público e
para traballadores en busca de emprego, que
demanden formación técnica de alto nivel rela-
cionada coa materia, polo que colabora activa-
mente coas asociacións empresariais e colexios
profesionais do sector.
Respecto ás actividades formativas a para o
2009, cómpre indicar que se realizaron 50 cursos
con case 3.000 horas de formación, dos que máis
da metade levaban exames de certificación ao
seu remate. En termos de horas, o 66,4% tiñan a
posiblidade de obter a dita validación final, que
posuen recoñecemento e validez mundial.
O grao de coñecemento da actividade do centro, a
calidade dos seus cursos e a gratuidade tanto da
formación como da certificación, fixeron que para
as 750 prazas ofertadas houbera máis de 4000
solicitudes. Tamén é salientable que o 96,6% que
inician os cursos cheguen ao final.
Por outra parte, en relación coa tipoloxía dos cur-
sos e alumnos durante o 2009 dedicaronse 120
prazas (16%) para cur-sos dedicados exclusiva-
mente a desempregados, das que o 15% eran
mulleres. A nivel global o 21% dos admitidos foron
mulleres e segundo a clasificación de emprego: o
51% eran empregados do sector privado, o 8% do
sector público e o 41% eran desempregados.
Como novidade este curso 2009-2010 varias
accións desenvolveranse noutras cidades como
Vigo e A Coruña e engadíronse novos formatos a
meirande parte dos cursos, como foros integran-
dos no portal do centro, para resolver durante un
tempo as dúbidas relacionadas cos contidos dos
cursos unha vez que remata a acción formativa.
Nesta iniciativa enmárcanse dúas actuacións da
Consellería de Economía e Industria.
Ilustración 5. Lista de fabricantes formadores
Tamén se desenvolveron diversos seminarios
tecnolóxicos e xornadas informativas, sensibiliza-
doras ou dinamizadoras sobre a LOPD, a accesi-
bidade web ou calidade do software.
Formación TIC a emigrantes
A Fundación Galicia Emigración ten como un dos
seus obxectivos fundamentais, “a promoción dos
colectivos vinculados aos movementos migrato-
rios” e como resposta ás dificultades de integra-
ción laboral dos emigrantes retornados, puxo en
marcha o “II PROXECTO TIC”: Selección, Capacita-
ción profesional e Prácticas laborais no campo
das Tecnoloxías da Información e das Comunica-
cións (TIC´s), dirixido a cidadáns españois resi-
dentes en Arxentina e Uruguai.
Este Programa está financiado polo Ministerio de
Traballo e Inmigración de España e consta de
dúas fases:
FASE I.- Reclutamento e capacitación
profesional en orixe. Esta fase realizarase de
forma paralela nas localidades de Bos Aires
(Arxentina) e de Montevideo (Uruguai).
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 95
FASE II.- realización de prácticas laborais non
remuneradas en empresas radicadas en
españa dentro do sector das TIC´s. Un mínimo
do 30% e un máximo do 50% das persoas que
superen con éxito a Fase I do Programa, terán
a opción de acceder á Fase II, consistente na
realización de prácticas laborais non
remuneradas en empresas radicadas en
España dentro do sector das TIC´s.
Manexo de ferramentas da Internet 2.0
A comezos do 2009 unha ducia de empresarios
da Tecnópole participaron nun obradoiro sobre
habilidades na Internet 2.0.
O obxectivo do obradoiro foi adestrar aos empre-
sarios nas utilidades de negocio da nova Internet,
a denominada Web 2.0 ou Internet participativa, e
ter os coñecementos básicos para manexarse.
Tecnópole promoveu esta acción formativa, de
carácter gratuíto para os asistentes, no seu com-
promiso polo fomento das novas tecnoloxías e a
prestación de servizos avanzados de cara aos
seus empresarios, neste caso coa convicción de
que se están producindo cambios no entorno dos
negocio que están relacionados en gran medida
con Internet.
Aprender a buscar información máis rápido e
mellor en Internet, manexarse coas suscripcións
RSS, localizar as redes sociais con maior poten-
cial e coñecer casos prácticos de éxito do uso
destas tecnoloxías para facer negocio foron algu-
nhas das claves que se puxeron ao alcance dos
asistentes.
Formación sectorial
Por último, no ámbito formativo pódense salientar
as liñas de axudas á formación dos traballadores
promovidas desde a mesma Consellería de Traba-
llo, e nas que dentro da convocatoria de subven-
cións para o financiamento de plans de formación
sectoriais houbo varias solicitudes aprobadas e
desenvolvidas por asociacións empresariais do
sector TIC.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 96
Apoio ao Audiovisual
Obxectivos
O audiovisual galego constitúe unha parte moi
importante para o desenvolvemento da Socieda-
de da Información en relación á elaboración de
contidos, xa que tanto nos procesos de produción,
elaboración como nos de distribución dos produ-
tos elaborados hai unha converxencia a un forma-
to común, a dixitalización e ao uso da Rede.
Accións salientables
Axencia Galega de Industrias Culturais
Este organismo da Consellería de Cultura e Tu-
rismo, convoca anualmente diferentes axudas
para impulsar o talento audiovisual, a elaboración
de longametraxes, telefilmes, formatos innovado-
res para televisión e pilotos de series para anima-
ción para televisión, asi como para o desenvolve-
mento de produtos interactivos.
Estas liñas de axudas están dirixidas, segundo os
casos, a creadores individuais, a produtoras au-
diovisuais e a empresas TIC e limitan os importes
subvencionables, tanto de xeito porcentual como
no total do importe do proxecto.
Ademais durante o 2009, AGADIC tamén iniciou a
segunda fase do proxecto "Memoria do século XX"
para recuperar o patrimonio fílmico que permane-
ce agochado
Ao longo deste ano a axencia traballou na recupe-
ración de filmacións en pequenos formatos (súper
8 e 16mm, principalmente) que se atopan en
mans de particulares. O obxectivo é sacar á luz
boa parte do patrimonio audiovisual galego que
ata agora permanecía agochado.
AGADIC encárgase de restaurar as películas e
devolvelas aos propietarios sen custe algún nun
formato dixital moderno, como o DVD. Todas as
películas que se obteñan mediante esta campaña
de recuperación serán revisadas, reparadas, lubri-
ficadas e, finalmente, telecinadas dixitalmente e
debidamente catalogadas. Os orixinais cinemato-
gráficos poden devolverse aos propietarios ou
quedar en depósito na Consellería de Cultura. En
calquera caso, os dereitos das imaxes seguen
sendo do depositario do filme.
Consorcio Audiovisual de Galicia
Este organismo
dependente da
Secretaria Xeral de
Medios desenvolve
unha importante
actividade tanto no
apoio ao desenvol-
vemento do sector como á promoción do sector.
Durante o ano 2009 destacaríanse:
Promoción de producións audiovisuais a
través de Internet. O Consorcio potenciou a
promoción das producións en internet, a
través dunha liña de axudas por un importe de
80.000 euros, para a que estableceu unha
cantidade máxima de 9.000€ por proxecto e
coa finalidade de brindar apoio ás produtoras
no proceso de creación de páxinas web.
Táboa 14. Subvencións para o desenvolvemento do sector audiovisual galego. AGADIC 2009
Total Subvención 2009
Subvencións para a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego
600.000 €
Subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural
1.099.996,09 €
Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego
400.000 €
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega 250.000 €
Subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips
200.000 €
Subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega 150.000 €
2.699.996,09
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 97
Curtas09, para a promoción das
curtametraxes, producións
audiovisuais, tanto de ficción
como de animación, en formatos
tradicionais ou dixitais e duración
non superior aos 20 minutos. O
obxecto desta axuda consistía na
promoción e difusión dun total de
catro curtametraxes, por unha
contía de 12.000 €.
Outras actuacións audiovisuais
Curtametraxes na Rede
A Secretaría Xeral de Medios convocou no 2009 a
IV edición do Concurso de Curtametraxes na Re-
de, “Curtas na Rede”. O certame rematou a súa IV
edición cun gran éxito de participación, xa que
foron case 250 pezas as presentadas, tres veces
máis que en edicións anteriores e á que concurri-
ron ademais de obras de autores galegos , pro-
xectos audiovisuais procedentes de países como
Portugal, Arxentina, México, Chile ou Australia.
O concurso repartiu este ano máis de 30.000
euros, sen deixar de lado os seus obxectivos ori-
xinais. En primeiro termo, a exploración e o coñe-
cemento da creatividade audiovisual presente na
poboación, servindo de escaparate para a crea-
ción fora da industria e promovendo a súa activi-
dade. O certame persegue o consolidación de
internet como un espazo útil para a exposición
visual dos traballos, ao tempo que logra crear un
punto de encontro e interatividade.
O certame divídese en tres seccións, e a modali-
dade estrela é a de curtametraxes, na que parti-
ciparon 167 proxectos, o dobre que na edición
anterior. As curtas debían ser inéditas e non podí-
an exceder dos cinco minutos de duración, cingu-
índose este ano a catro xéneros: ficción, experi-
mental, documental e animación. As outras dúas
seccións son as micromovies e as cápsulas.
Para levar a cabo a edición deste ano contouse
coa colaboración de numerosas entidades. Así,
participan en Curtas na Rede 2009, a Secretaría
Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Política
Lingüística, a Dirección Xeral de Creación e Difu-
sión Cultural, a Axencia Galega de Industrias Cul-
turais (AGADIC), a Compañía de Radiotelevisión
de Galicia (programa Onda Curta), a Compañía R
Cable e Telecomunicacións Galicia S.A, a Funda-
ción Caixa Galicia, o Consejo de la Juventud de
España (CJE), a Fundaçao da Juventude e a parti-
cipación do Eixo Atlántico.
Ademais, calquera das 250 pezas inscritas pre-
sentadas pódese visualizar na páxina web
www.curtasnarede.es.
O cine galego na rede
Durante o 2009 a Secretaría Xeral de Medios
deulle continuidade a iniciativa “O Cine Galego Na
Rede” nacida co obxectivo de promocionar o au-
diovisual galego a través de Internet. Este proxec-
to conta co apoio e colaboración de Televisión de
Galicia.
Esta canle abre unha nova vía para a promoción e
difusión das obras feitas en Galicia e tamén per-
mite abrir unha nova ventá de explotación comer-
cial, aproveitando as vantaxes de inmediatez e
universalidade que ten a rede.
Os obxectivos fundamentais deste proxecto son:
Facilitar o acceso os contidos audiovisuais as
canles de televisión locais e da TDT,
permitindo o acceso os datos fundamentais
para negociar a súa emisión.
A dixitalización das obras audivisuais galegas,
facilitando o camiño cara ás novas demandas
que se producirán nos vindeiros anos.
Clasificar as producións galegas seguindo
estándares internacionais.
Promocionar o noso audiovisual e servir de
apoio ás accións de marketing desenvolvidas
polas produtoras e distribuidoras.
Ritos e lendas da catedral
A Secretaría Xeral de Medios, tamén adxudicou a
finais do último ano un contrato para a realización
da produción audiovisual "Ritos e lendas da cate-
dral" nun contido 3-D estereoscópico e en alta
definición para incluír na exposición GaliciaDixital.
Este proxecto enmárcase na celebración do Xaco-
beo 2010, e será a primeira vez que un filme
grave en 3D os tellados da Catedral compostelá.
Posteriormente proxectarase na exposición.
Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información 98