Download - información para as familias
http://biblioramo.blogspot.com
Queridos pais/nais: Como prometéramos, aquí está a
información que vos queriamos acercar
sobre o Proxecto Curricular Integrado que imos desenvolver durante o presente
curso.
É moi importante que participedes e
colaboredes, tanto nesta actividade coma
en calquera outra. Iso redundará en
beneficio d@s vos@s fill@s, algo que
desexamos tanto vós coma nós.
Se tedes alguna dúbida, non deixedes de p re gun ta r , sem pre es ta remos encantad@s de servos útiles e aclarar calquera cuestión que nos presentedes.
Aproveitamos tamén para informarvos dalgunhas outras cousas relacionadas coa nosa biblio.
facelo como anónimo ou selecionar o nome co que queredes que apareza.
No lateral dereito tedes enlaces a lugares que consideramos útiles e que poden ser do voso interese (o catálogo da nosa biblio, en-ciclopedias, dicionarios, mapas, páxinas on-de podedes facer visitas virtuais a museos, correctores ortográficos, … e moitas cousas máis).
OUTROS ESPAZOS QUE PODEDES EMPREGAR
Na entrada do centro temos unha mesa con
libros recomendados. Nestes momentos temos as suxerencias para o Nadal.
Ah! Tamén temos que seguir insistindo
para que utilicedes o Recuncho dos Pais/Nais , que é para o voso uso.
Por certo, xa montamos o
prometido buzón para as vosas suxerencias. Non deixedes de utilizalo!!
A NOSA BIBLIO
A nosa biblioteca experimentou un cambio total durante os dous últimos cursos, grazas á axuda da ANPA, do Concello e da nosa participación no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)
As nosas últimas adquisicións do curso pasado, e que xa fomos incorporando, foron os sofás da zona de lectura relaxada de infantil e variado material para a zona multimedia ( lector de DVD, globo terráqueo interactivo, e-book,…)
Queremos animarvos a que visitedes esta biblio de tod@s e así ver todo isto que vos estamos a contar.
A biblioteca está aberta para vós todas as tardes de 16:30 a 18:30 h. Se queredes retirar algún material deberedes facelo os martes de 16:45 a 18:00 h.
O PROXECTO
Eliximos este tema” Oh, la, la, la France! (Que veñen os galos!!!) para facer unha serie de acti-vidades que complementan o traballo que se fai diariamente e que consideramos de moito valor educativo:
• Aumentar os coñecementos d@s nen@s en moi-tas materias non contempladas no currículo esco-lar.
• Investigar e buscar datos en diferentes fontes de informa-ción (enciclopedias, internet, libros especializados, …)
• Escoitar xuntos cada quince días un conto dun autor francés.
• Expoñer ante o público distintos traballos elabora-dos durante o curso sobre o tema (contos, poe-mas, textos informativos, …)
• Inicialos noutro idioma: O francés.
E, por suposto, traballar a expresión oral e escri-ta, espertar o gusto pola cultura, falar en público, aprender a escoitar e moitas cousas máis.
É moi importante para nós e para @s vos@s fill@s que vos impliquedes no Proxecto.
Se tedes algún material que vos pareza que pode ser interesante, se queredes vir a contar algo, se sabedes alguna canción en francés,… Non deixedes de acudir coa vosa aportación!
O NOSO BLOG: biblioramo
Desde mediados do curso 2010/11 temos un blog colgado na Internet. A súa dirección
é http://biblioramo.blogspot.com
Invitámosvos a visitalo de cando en vez, así enterarédesvos das distintas actividades que estamos a facer, recomen-dacións de libros, traballos d@s nen@s, …
É moi doado visitalo e tamén podedes parti-cipar nel cos vosos comentarios.
Queredes saber como se fai?
Aquí vos vai unha pequena explicación sobre o funcionamento do blog e sobre como facer un comentario.
ENLACES
ENTRADA
No corpo central do blog están as entradas a través das cales ímosvos informando do que facemos. Debaixo de cada entrada,
aparece a palabra “comentarios”. Se queredes facer algún, só tedes que picar aí e escribilo no cadriño. Despois, onde
pon “comentar como” podedes optar por