Sen dúbida 1914 debe serrecordado polo comezo da GranGuerra, da que fixo un puntual
239
NOVAS DE PONTEDEUME E A SÚA COMARCAPUBLICADAS EN ECOS DEL EUME E EN LA VOZ DE GALICIA
EN 1914
Xabier Brisset Martín
Eugenio Montero Rios e a súa muller no pazo deLourizán
seguimento La Voz de Galicia. Este interese internacional reducirá drasticamente o espa-zo adicado ás novas locais. O xornal, agora dirixido por Alejandro Barreiro –antes eraredactor xefe– lamentará o falecemento de Eugenio Montero Rios, o gran líder galego dopartido liberal. Seu xenro e herdeiro político, Manuel García Prieto, seguirá recibindotrato preferente nas súas páxinas.
España, que continuaba guerre-ando en Marrocos, mantívose neutralna contenda mundial, beneficiando asectores exportadores como a pesca, aconserva e a gandería, pero a guerraperxudicou ás economías domésticaspola inflación provocada polas activi-dades especulativas dos acaparadoresdas subsistencias.
Ecos del Eume, con moitosseguidores entre os emigrantes deCuba e Arxentina, acolle máis publici-dade que nunca ao tempo que, sorpren-dentemente, apoia a un político conser-vador. Esto motivará intensas fricciónsna Federación de sociedades agrariasdos partidos xudiciais de Ferrol ePontedeume.
A vila destaca en toda a provin-cia por seren a primeira, fora da capi-
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 239
tal, en realizar anualmente a “Festa da arbore”, unha das primeiras en organizar concur-sos gandeiros e a primeira de Galicia en celebrar a “Festa do peixe”. Este ano, o 31 demaio, a sociedade “La Protectora” ceibou, con gran repercusión mediática, milleiros dealevíns de salmóns e troitas no Eume. Mentres, o uso da dinamita na pesca seguía sendodenunciado.
Cruzando o charco, os eumeses da Arxentina estaban organizados en 3 asociacións.As dúas de Bos Aires fusiónanse a fin de ano baixo a idea de favorecer a instrucción edu-cativa dos rapaces eumeses, seguindo as pegadas dos pioneiros de Ares, Mugardos,Caamouco... “La Luz de América” de Cabanas queixase en Ecos, de que xuntados os car-tos para mercar o terreo onde construír a escola, non encontraban máis que trabas. É admi-rable o inmenso compromiso solidario deses veciños que, sen obrigación ningunha, seesforzaron por levantar o nivel educativo do pais. Sen dúbida foi unha xeración digna detodo respecto, orgullo e lembranza, sendo destacable que cumpríndose agora os centena-rios desas asociacións, algúns concellos non están á altura debida.
O ferrocarril, inaugurado o ano anterior, comeza a notarse tanto na economía localcomo na exportación. Na estación de Pontedeume embárcanse parte do carbón vexetal eda leña que, producidos nas fragas, fornecían a cidade de Ferrol. Así como a gando ven-dido nas feiras do 8 e do 21 de Cabanas, para enviar a Madrid e Barcelona.
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios240
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 240
As asociacións agrarias consolídanse en todos os concellos (agás As Pontes), sendocentos os veciños que pasan polas directivas. A Federación de asociacións, tras intensosdebates, renuncia a presentar un candidato propio nas eleccións a deputado deste ano, poloque o conservador Julio Wais Sanmartín é reelixido, sen oposición, polo artigo 29.Avogado coruñés, casado cunha filla do acaudalado eumés Agustín Tenreiro, comezara asúa andaina política á sombra do marqués de Figueroa de quen - tras do prematuro fale-cemento de Lombardero - herdou o feudo electoral do distrito de Pontedeume. O oito desetembro, en plenas festas, a estación de ferrocarril foi unha romaría cando máis dun centode personaxes da comarca, alcaldes, xuíces, curas, médicos, directivos de asociacións...,recibiron ao deputado, imitando unha práctica moi frecuente na estación de A Coruña.
Tanto o xornal coruñés como o semanario eumés, fanse eco das dificultades de dis-tribución dos encaixes confeccionados polas palilleiras da comarca, en boa parte exporta-dos a América. Un comerciante ferrolán comprometeuse a procurarlle saída comercial aeses meritorios traballos, de tanta sona como os de Camariñas.
A pesca, actividade principal na vila, viviu un ano intenso con manifestacións ecomunicados. Un sector dos mariñeiros seguía defendendo as artes tradicionais, xeitos exávegas, esixindo que as tarrafas a vapor non pescaran na ría. Outros, apoiados por Ecose La Voz, solicitaban a eliminación das liñas de exclusión, que neste ano estaba entre ocastelo de Ares e punta Lourido, e que se permitira faenar co cerco con xareta, tarrafas etraineras, sen limitacións. O conflicto entre a cultura mariñeira tradicional e a pesca indus-trial tivo enfrontamentos violentos entre tripulacións.
As ideas anarquistas, poderosas entre as asociacións agrarias e mariñeiras de ACoruña, espállanse polas vilas. Os eumeses que tres anos antes fundaran o sindicato deOficios Varios, deciden crear unha biblioteca mentres que un grupo de mariñeiros crea aSociedade de mariñeiros pescadores. Entre os promotores hai personaxes que, nas seguin-tes décadas, terán grande incidencia no conxunto do Mar Ártabro.
Como contrapunto ao ambiente bélico internacional, foi noticia a chegada aMadrid, en viaxe particular, do ex presidente Teodoro Roosevelt, que gañara seus méritospolíticos coa consigna “Remember the Maine”, sendo o gran impulsor da intervención dosEE.UU. na guerra de independencia de Cuba. Unhas semanas despois será o “Patria”,buque escola da República de Cuba, o que será recibido fraternalmente no porto de ACoruña, nun ambiente de ledicia e amizade. Dezaseis anos despois do 98 a normalizacióndiplomática era un feito, anque o noxo anti-yanqui estaba presente na redacción dasnovas.
En Ferrol botouse o Jaime I, terceiro e último dos acoirazados do primeiro rearmenaval tras do desastre. Autoridades e obreiros urxían a aprobación do novo proxecto da 2ªescuadra, para que non se pechara o estaleiro o que provocaría o colapso económico nacidade.
O semanario lanzou as ideas de construír un gran balneario na Magdalena quecompetira cos mellores do Cantábrico, un porto exterior en Pontedeume, en compensación
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 241
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 241
pola escasa altura da ponte de ferro que limitaba o desenvolvemento mariñeiro eumés eseguiu falando da fusión dos concellos de Cabanas e Pontedeume. En todos estes temasEcos obtivo escaso eco.
Este ano Baldomero Ruibal Paz foi nomeado párroco de Santiago da Capela, resi-dindo na rectoral do Pazo, onde hoxe está o magnífico Museo Etnográfico. Este cura, queprocedía de San Xoán do Seixo, deixou moitas lembranzas. Entre os momentos impor-tantes da súa vida, cóntase que comezada a guerra civil, os falanxistas, como noutras moi-tas parroquias, presentáronlle unha listaxe dos veciños escollidos para ser “paseados”. Elleu o papel e díxolles:
— Aquí falta un...E a continuación apuntou seu nome arriba, encabezando a relación. Ante a sorpre-
sa dos que pretendían asasinar a xente inocente para aterrorizar á poboación civil, rema-tou:
— Todos os demais son mellores ca min.O caso é que ningún veciño da parroquia foi molestado. Certo que houbo fusila-
mentos na tapia do cemiterio da Capela pero as víctimas eran doutros concellos. Pasando os anos, D. Baldomero mediou na presentación dalgúns fuxidos. Algúns
pasaron pola cadea pero salvaron a vida, outros conseguiron emigrar legalmente.
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios242
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 242
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 243
5 de xaneiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 243
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios244
1 de febreiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 244
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 245
10 de febreiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 245
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios246
21 de marzo (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 246
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 247
21 de marzo (ven da páxina anterior)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 247
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios248
14 de abril
10 de maio
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 248
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 249
1 de xuño (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 249
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios250
1 de xuño (ven da páxina anterior)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 250
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 251
12 de xuño
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 251
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios252
1 de xullo
28 de xullo
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 252
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 253
18 de decembro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 253
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios254
5 de xaneiro
12 de xaneiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 254
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 255
12 de xaneiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 255
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios256
18 de xaneiro
25 de xaneiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 256
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 257
25 de xaneiro
8 de febreiro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 257
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios258
15 de febrero
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 258
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 259
15 de febrero
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 259
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios260
22 de febrero
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 260
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 261
29 de marzo
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 261
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios262
12 de abril
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 262
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 263
19 de abril
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 263
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios264
26 de abril
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 264
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 265
26 de abril
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 265
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios266
26 de abril
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 266
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 267
3 de maio (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 267
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios268
3 de maio (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 268
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 269
3 de maio (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 269
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios270
3 de maio (ven da páxina anterior)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 270
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 271
21 de xuño
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 271
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios272
5 de xullo
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 272
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 273
12 de xullo
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 273
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios274
12 de xullo
12 de xullo
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 274
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 275
12 de xullo
9 de agosto
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 275
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios276
30 de agosto
13 de setembro (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 276
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 277
13 de setembro (ven da páxina anterior)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 277
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios278
4 de outubro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 278
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 279
11 de outubro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 279
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios280
25 de outubro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 280
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 281
8 de novembro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 281
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios282
8 de decembro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 282
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 283
8 de decembro (continúa na páxina seguinte)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 283
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios284
8 de decembro (ven da páxina anterior)
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 284
Novas de Pontedeume e a súa comarca publicadasen Ecos de Eume e en La Voz de Galicia en 1914 285
8 de decembro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 285
CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios286
27 de decembro
hemerotecaCOLOR_catedra21 08/10/2014 12:59 Página 286