Download - GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
![Page 1: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/1.jpg)
Fecha: 00/00/00
Página del catálogo
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME
DE ASPERGER
Subtítulo del catálogo
Título de la barra lateral Describa aquí brevemente el producto o servicio
Describa aquí brevemente el producto o servicio
Describa aquí brevemente el producto o servicio
![Page 2: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/2.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 2
Cada persoa con Síndrome de Asperger é diferente. O
grado e tipo de afectación varían, como tamén varían as circuns-
tancias da contorna social e familiar, e a maneira como cada cal
responde e adapta a estas afectacións. O espectro dos Trastor-
nos do Espectro do Autismo é moi amplo e multidimensional, e
as fronteiras que separan un nivel de outro, e todos xuntos coa
normalidade, son difusas. Ás veces resulta difícil saber si determi-
nada característica é típica do trastorno, ou específica da perso-
na; o que dificulta moito o traballo na aula se non temos coñece-
mentos do TEA. Esta guía pretende ser unha ferramenta de apoio
ó profesorado que traballa con alumnado con TEA e; sobre todo,
un documento que axude á reflexión da nosa práctica educativa.
Grandin (1996) apunta que todos os seus pensamentos
son visuais… Non pensa rápido porque precisa tempo para fa-
cerse unha imaxe visual do que escoita … É incapaz de lembrar
o que lle conta a xente, soamente o consegue cando transfor-
ma as informacións en imaxes visuais. A maioría da xente pensa
en palabras, pero Grandin non pode. Pensa soamente en ima-
xes.
![Page 3: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/3.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 3
TRASTORNO DO ESPECTRO DO
AUTISMO
Asperger (1944) identifica un patrón singular de síntomas
que establece dentro dunha patoloxía infantil denominada psico-
patía autista; pero o Síndrome de Asperger adquiriu personalidade
propia como trastorno diferenciado un ano despois da morte de
Asperger, ocurrida no ano 1980, cando a psiquiatra inglesa Wing
(1981) publicou o traballo “Síndrome de Asperger: un informe clíni-
co”, baseado no estudio personal de 34 casos entre os 5 e os 35
años de idade. No mesmo daba o nome de Síndrome de Asperger ó
que Asperger chamou psicopatía autística. Wing (1981) propuña
incluir tanto o autismo de Kanner (1943) coma o Síndrome de As-
perger nun grupo máis amplo de condicións que teñen en común
unha discapacidade no desenvolvemento da interación social, a
comunicación e a imaxinación.
Este concepto está recollido do DSM-5 desde 2013; onde se
considera que a Síndrome de Asperger é unha faceta máis do Tras-
torno do Espectro do Autismo; vulgarmente falando.
![Page 4: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/4.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 4
As características que Asperger (1944) incluía na defini-
ción do trastorno son sintetizadas por Wing (1998) nas seguintes:
Socialmente estraños, inxenuos e emocionalmente
desconectados dos outros.
Boa gramática e vocabulario extenso, cun discurso
fluido, literal e pedante, usado en monólogos e non
en intercambios conversacionais.
Pobre comunicación non verbal monótona ou pecu-
liar.
![Page 5: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/5.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 5
Intereses circunscritos a temas específicos.
Intelixencia promedio ou superior á media pero con di-
ficultades en aprender as tarefas escolares convencio-
nais.
Coordinación motriz e organización do movemento po-
bres.
A estos chicos faltáballes o sentido común.
COMORBILIDADE DA SÍNDROME DE ASPERGER
Trastorno do desenvolve-
mento da coordinación Síndrome de Tourette
Trastorno Obsesivo
Compulsivo
TDAH
DAMP
Síntomas relacionados con
lesións frontais
TEL
TRASTORNO DA APRENDI-
ZAXE NON VERBAL Depresión
Trastornos por Ansiedade
![Page 6: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/6.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 6
FUNCIÓNS AFECTADAS NAS PERSOAS CON
SÍNDROME DE ASPERGER
TEORÍA DA MENTE
Capacidade de atribuir pensamentos e intencións a un mesmo
(discriminar sentimentos) e a outras persoas (saber ler a mente)
Gracias a esta capacidade podemos :
-Aprender e entender espontáneamente as
normas sociais implícitas (por exemplo a dife-
renza de comportamento antes unha persoa
coñecida e unha descoñecida).
-Poñernos no lugar da outra persoa e actuar en consecuencia.
- Comprender bromas, comprensión literal.
TEORÍA DA COHERENCIA CENTRAL
Capacidade de procesar a información que recibimos dentro
dun contexto onde se capta o esencial (“xuntar” información
para darlle sentido vendo o “xeral”)
Gracias a esta capacidade podemos :
- Resumir algo (sintomatoloxía, dor ..) sen perdernos nos aspec-
tos irrelevantes.
- Utilizar os obxectos pola función coa que se crearon, en lugar
de interesarnos solo por unha parte ou detalle.
![Page 7: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/7.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 7
-Prestar atención a unha tarefa aínda que arredor haxa
xente falando ou realizando outras actividades.
TEORÍA DA FUNCIÓN EXECUTIVA
Capacidade que nos permite anticipar e planificar metas, organi-
zar un plan, iniciar unha actividade e manternos constantes nela e
autorregularnos para levalas a acabo de maneira eficinte.
Gracias a esta capacidade podemos :
- Avaliar pros e contras para tomar decisións.
- Organizar as nosas tarefas.
- Non desconcentrarnos.
- Cambiar os plans ante un imprevisto.
CARACTERÍSTICAS DAS PERSOAS CON SÍNDROME DE
ASPERGER
- Trastorno cualitativo das relacións sociais: dificultades para rela-
cionarse con iguais. Falta de sensibilidade ós sinais sociais.
- Inflexibilidade mental e comportamental: intereses restrinxidos.
- Problemas na fala e na linguaxe: dificultades para entender o do-
ble sentido, interpretación literal da linguaxe …
- Alteracións da expresión emocional e motriz: limitacións no uso
de xestos e torpeza motora.
- Intelixencia intacta: ás veces con habilidades especiais en áreas.
![Page 8: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/8.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 8
DIFICULTADES CUALIDADES
Inmadurez emocional con reac-
cións desproporcionadas. Fortes valores morais (sinceridade, lealtade,
compañerismo, bondade)
Intereses inmaduros
(debuxos …)
Persistencia para acadar as súas metas.
Sentimentos de soidade e in-
comprensión.
Gran desexo de superación.
Dificultades académicas e de-
pendencia dos intereses res-
trictivos.
Personalidade sinxela, inxenua e
transparente.
Ausencia de malicia e de dobres
intencións
Sobresaínte nalgún área concreta.
Excelente memoria.
Perfeccionistas á hora de realizar unha tarefa.
![Page 9: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/9.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 9
A UNHA PERSOA CON TEA CÚSTALLE:
- As muchedumbres.
- Concentrarse en máis dunna cosua á vez.
- Ser paciente e comprender ós demáis.
- Que non lles presten atención.
- Formar parte dun grupo.
- Parar quietos.
- Tomar decisión e cambiar de opinión.
Moitas persoas con S.A. amosan unha gran sensibilidade ás expe-
riencias sensoriais, principalmente:
- Son: os ruidos intensos, repentinos, agudos ou continuos poden
provocar desde la imposibilidade de concentrarse na realización de
tarefas simples, ata sensacións extremadamente molestas ou casi
dolorosas.
- Tacto: contactos suaves ou con certas texturas, como algunhas
telas. Isto pode provocar rechazo a ser acariciado ou abrazado, ou a
levar certa roupa ou calzado.
- Sabores: algunhas comidas poden resultar moi desagradables,
facendo que ás veces a persona adquira o costume de limitar a súa
alimentación a un número reducido de alimentos.
- Equilibrio: extremada sensibilidade a cambios rápidos na posición
do corpo.
![Page 10: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/10.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 10
COMO AXUDARA UN ALUMNO CON SÍN-
DROME DE ASPERGER?
Anticiparlle o que imos facer.
Invitalo a participar nas nosas actividades.
Recordarlle que non sempre pode falar do tema que lle
gusta.
Falarlle claro e con poucos xestos.
Apoiarnos de elementos visuais coma pictogramas ou
scripts.
Empregar historias sociais no traballo directo con eles;
lembrando sempre que son pensadores visuais.
ALGÚNS MATERIAIS
Coleción Makakiños
de
Son libros adaptados á linguaxe de pictogramas e
que aspiran proporcionar aos alumnos unna maior
autonomía persoal.
ARASAAC É un portal aragonés de comunicación aumentativa
e alternativa especializado en recursos TIC para o
ARAWORD Programa informático que funciona como Micro-
soft Word, pero con pictogramas
ARAPICTO Programa que ofrece pictogramas para elaborar
paneis de comunicación
SIGNOS SCHAEFFER Sistema que compaxina o sistema oral cos signos
BOARDMAKER Programa informático para crear taboleiros de
comunicación con pictogramas
![Page 11: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/11.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 11
Abaplanet AbaPlanet é unha app de aprendizaxe para iPad que permite traba-
llar o recoñecemento de obxectos e vocabulario básico a través dun
sistema de intelixencia artificial pre-programado.
ISecuencias Ferramenta para traballar as situacións sociais, de hábitos de auto-
nomía e de expresión de emocións do día a día. Esta app está dirixi-
da a nenos con síndrome de Asperger.
Appyautism Diríxese ás personas con autismo, ós seus familiares e profesionais
que se relacionan na súa contorna.
Proxect@
matemáticas
Proxect@ Matemáticas é unha aplicación de carácter lúdico que
pretende apoiar o desenvolvemento de habilidades matemáticas
básicas en nenos e nenas con necesidades educativas especiais; aín-
da que foi diseñado e desarrollado principalmente para nenos e
nenas con TEA.
Proxecto
Emocións
O Proxecto Emocións Software é una aplicación que axuda á mellora
da empatía nos nenos con TEA
ALGÚNS LIBROS:
¿Quieres conocerme?. Síndrome de Asperger. (Carmina del Rio)
El curioso incidente del perro a medianoche. (Marc Haddon)
Asperger en el aula. (Pedro Padrón Pulido)
La velocidad de la oscuridad. (Elisabeth Moon)
La casa infinita. (Frabetti Carlo)
Nacido en un día azul . (Daniel Tammet)
Soy un niño con síndrome de asperger. (Kennet Hall)
Pensar con imágenes. Mi vida con el autismo (Temple Grandin)
![Page 12: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/12.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 12
ALGUNHAS PÁXINAS WEB
PICTOAPLICACIONES BLOG
http://pictoaplicaciones.com/blog/
ARASAAC
http://www.arasaac.org/
AETAPI
http://aetapi.org/estrategias-y-recursos-educativos/
ORIENTACIÓN ANDÚJAR
http://www.orientacionandujar.es/tag/asperger/
AUTISMO DIARIO
https://autismodiario.org/terapia/materiales-y-recursos/
ASPERCAN
http://aspercan-asociacion-asperger-
canarias.blogspot.com.es/2010/10/materiales-para-ninosas-con-
s-de.html
![Page 13: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/13.jpg)
GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER
Páxina 13
ALGUNHAS ASOCIACIÓNS DE GALICIA:
PONTEVEDRA
FUNDACIÓN MENELA: Marqués de Alcedo, 19. 36203. Vigo
986 423 433 fundació[email protected] www.menela.org
ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO: R/Camelias, 108, ofic.2 3211, Vigo.
986 437 263 [email protected]
OURENSE
TRASCOS: R/Santo Domingo, nº35, entrechán 1. 32003. Ourense
988 049 632 [email protected]
AUTISMO OURENSE: Ramón Puga Noguerol s/n. 32005. Ourense
988 219 389 [email protected]
LUGO
ASOCIACIÓN CAPACES LUGO: 619 170 890 [email protected]
Rúa castro Gil Grabador, nº 13, 2º. 27004. lugo
A CORUÑA
ASPANAES: Rúa Camiño da Igrexa, nº 40, baixo. 15009. A Coruña
981 130 044 administració[email protected]
www.aspanaes.org
FUNDACIÓN AUTISMO CORUÑA: 981 130 553
Rúa Camiño da Igrexa, nº 40, baixo. 15009. A Coruña
![Page 14: GUÍA PRÁCTICA DA SÍNDROME DE ASPERGER](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022072118/62d89a45a9fdd773cb262963/html5/thumbnails/14.jpg)
Miguel Ferro Caaveiro, 12-1º
15707—Santiago de Compostela (A Coruña)
981 57 36 34