FACULTADE DE FILOSOFÍA
Grao en Filosofía
FILOSOFÍA ESPAÑOLA E GALEGA
Guía Docente
2018-19
Guía Docente
1. Datos descritivos da materia
Código: G5031223
Carácter: Obrigatoria
Convocatoria: 2º semestre
Créditos: 6 teórico-prácticos
Horario: Martes: 11.30-13-30 h
Xoves: 10:30 h a 11:30 h.
Venres: 9.30 h.-10.30 h
Profesorado:
1) Marcelino Agís Villaverde
Catedrático de Filosofía,
Tlf. 8818 12520 ; E-mail: [email protected]
2) Profesor contratado que se solicita
Titorías:
Cada ano poden consultarse na web, secretaría administrativa ou no
despacho do docente.
Lugar: Despacho D-207, Facultade de Filosofía, 2º andar
Idioma no que se imparte: Castelán/Galego
2. Situación, significado e importancia da materia no ámbito da
titulación.
2.1. Módulo ao que pertence a materia no Plan de Estudos.
Materias coas que se relaciona.
As filosofías española e galega reúnen a aqueles autores, filósofos,
ensaístas, literatos –nalgún caso- que teñen contribuído á historia da
filosofía universal dende a particular circunstancia española e galega.
Completan a visión que se ofrece ao longo do grao da historia e
correntes actuais da Filosofía.
2.2. Papel que xoga este curso nese bloque formativo e no
conxunto do Plan de Estudos.
Impártese no segundo curso do grao para que o estudante poida ir
coñecendo en paralelo as achegas filosóficas realizadas polos autores
clásicos da historia da filosofía universal e da historia do pensamento
galego e español.
2.3. Coñecementos previos (recomendados/obrigatorios) que
os estudantes deben posuír para cursar a materia.
Malia non ser obrigatorio, é moi recomendable que o estudante teña
cursado as materias do primeiro curso do Grao en Filosofía, en
particular as que lle ofrezan unha perspectiva histórica da Filosofía.
3. Obxectivos da aprendizaxe e competencias a alcanzar polo
estudante coa materia.
3.1. Obxectivos da aprendizaxe.
• Familiarizar aos estudantes coas principais concepcións das
filosofías española e galega.
• Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para interpretar os textos filosóficos dos
autores máis sobranceiros, a través dos seus xéneros literarios
específicos.
• Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
• Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da
sociedade actual.
3.2. Competencias xerais.
• Capacidade para ler de xeito comprensivo un texto filosófico
pertencente ás tradicións española e galega.
• Capacidade para identificar os principais autores de ambas
tradición.
• Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma.
• Capacidade para presentar de forma oral e escrita un traballo de
iniciación á investigación.
3.3. Competencias específicas.
• Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais
conceptos e a súa evolución.
• Utilizar os procedementos de análise do texto filosófico para
comprender o pensamento dos autores españois e galegos.
• Achegar aos estudantes aos momentos máis relevantes do
pensamento español e galego.
3.4. Competencias transversais.
• Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na
discusión de problemas.
• Habilidade para obter información tanto de fontes primarias
como secundarias, incluíndo a obtención de información on-line.
4. Contidos do curso
4.1. Epígrafes do curso
Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e
galego.
Tema 2: Das orixes á Idade Media.
Tema 3: A Ilustración española e galega
Tema 4: O século XIX: a descuberta da identidade.
Tema 5: O século XX no pensamento español e galego
4.2. Bibliografía recomendada
BÁSICA E COMPLEMENTARIA
A bibliografía específica, tanto en el que atinxe ás fontes como á
literatura secundaria, facilitarase nas clases ao finalizar a exposición
dos correspondentes temas.
Para una primeira orientación e axuda no terreo bibliográfico dos temas
del Programa, pódense consultar as seguintes obras.
a) Pensamento Español
José Luis ABELLÁN: Historia del pensamiento español. De Séneca a
nuestros días. Madrid, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1996.
Guillermo FRAILE: Historia de la Filosofía Española (2 vols.), BAC,
Madrid.
Alan GUY: Historia de la Filosofía Española. Barcelona. Anthropos,
Barcelona 1985.
Manuel MACEIRAS FAFIÁN (Editor y coordinador) y AA.VV.:
Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez.
Volumen II. Del Barroco a nuestros días., Editorial Síntesis, Madrid,
2002.
Manuel SUANCES MARCOS: Historia de la Filosofía Española
Contemporánea.. Editorial Síntesis, Madrid 2006.
b) Pensamento galego
Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego,
IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001.
Marcelino Agís Villaverde: Historia do pensamento Galego
contemporáneo. Deputación da Coruña, 2016.
José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na
Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999.
AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed.
Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008.
TEMA 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso
español e galego.
1. Sentido do tema (Introdución)
Na expresión “filosofía española” así como na expresión
“pensamento galego”, formúlase un problema inicial: que entendemos
por filosofía/pensamento. É un asunto que está intimamente
relacionado co desenvolvemento histórico de ambos ámbitos temáticos.
Segundo o que entendamos por “filosofía” e por “pensamento”
formarán parte uns autores ou outros da historia do pensamento ou da
filosofía de ambas tradicións (española e galega). Cómpre reflexionar
sobre a dimensión dos tres termos implicados nas expresións “Historia
da Filosofía Española e Galega”
2. Epígrafes do tema.
A). ¿Que entendemos por Filosofía?
B) Filosofía española e galega: o problema das filosofías nacionais
3. Bibliografía
ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa-
Calpe, Madrid, vol. I, 1979.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Historia do pensamento Galego
contemporáneo. Deputación da Coruña, 2016.
----------: Crónica viva do pensamento galego, Igesco, Vigo 2001
(Introducción).
-----------: Voz “Filosofía”, en Gran Enciclopedia Galega Silverio
Cañada, vol. XVIII , Lugo 2003.
-----------: “Filosofía Galega” en AA. VV.: 23 Letras para un país, Ed.
Compostela, Santiago 199 .
-----------: El pensamiento filosófico en Galicia, Revista Gavieiro,
Buenos Aires, nº 3, dic. 2008.
BALIÑAS FERNÁNDEZ, C.A.: Pensamento Galego I, Ed. SEPT, Vigo
1977 (Limiar).
-----------: “Epílogo”, en AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do
pensamento galego, (citado).
BUENO, G. "Sobre el concepto de historia de la filosofía española", El
Basilisco, n.º 10, 1991
FRAILE, G.: Historia de la Filosofía Española, BAC, Madrid 1971 (vol.
1: Introducción. El problema de la Filosofía española, pp. 3-
30).
GARCÍA CAMARERO, Ernesto y Enrique: La polémica de la ciencia
española, Madrid, Alianza Editorial, 1970.
GAOS, J.: Pensamiento de la Lengua española, México 1954.
GUY, A.: Histoire de la philosophie espagnole, Toulouse, Publications
de L'Université de Toulouse-Le Mirail, 1985 (Trad. esp.:
Historia de la Filosofía española, Ed. Anthropos, Barcelona
1985).
GUY, A.: Filósofos españoles de ayer y de hoy, Ed. Losada, Buenos
Aires 1966.
REGUEIRA, R.: "A Filosofía e a Filosofía Galega", en BARREIRO
BARREIRO, X.L. (coord.): O pensamento galego na Historia
(Aproximación crítica); Serv. Publicaciones de la Universidad
de Santiago de Compostela, 1990.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentacións teóricas por parte do profesor, os
estudantes realizará un comentario de texto sobre o problema das
filosofías nacionais, con especial referencia ao caso español e galego.
TEMA 2. Das orixes á Idade Media.
1. Sentido do tema (Introdución)
Establecido que existe un saber chamado filosofía, todo o
problemático que se queira, falta por descubrir se existe una filosofía
española y gallega, comenzando pola Antigüidade. Trátase de saber,
en primeiro lugar, se existiron filósofos ou, de forma máis xenérica,
pensadores en España e en Galicia desde a Antigüidade; e, en segundo
lugar, se as súas obras filosóficas ou de pensamento teñen un carácter
propio e distintivo con respecto a de pensadores doutros países.
2. Epígrafes do tema.
A) O pensamento Hispano-romano: Séneca
B) A antigüidade na Gallaecia: Paulo Orosio
3. Bibliografía
A) Sobre Séneca
A) FONTES
SÉNECA, Obras Completas, Ed. Aguilar, Madrid 1966.
B) BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA
ABELLÁN, J.L.: Historia crítica del pensamiento español, Editorial
Espasa-Calpe, Madrid, Vol. 1, 1979.
MAESTRE SÁNCHEZ, A.: “La Hispania Romana y la Corduba patricia: la
filosofía de Lucio Anneo Séneca”, en MACEIRAS FAFIÁN, M. (editor):
Pensamiento filosófico español. Vol.1. De Séneca a Suárez. Editorial
Síntesis, Madrid, 2002.
MENÉNDEZ PELAYO, M.: “Escuelas filosóficas españolas: senequismo,
averroísmo, maimonismo, lulismo, suarismo, vivismo”, en La Ciencias
Española, I, 212-226.
___________: “La España romana: Séneca”, en Historia de las Ideas
estéticas, I, pp. 205-213.
ZAMBRANO, M.: Pensamiento vivo de Séneca, Cátedra, Madrid, 1987.
B) Sobre Paulo Orosio
1) Fontes
OROSIO, Paulo: (1982). Historias. Obra completa. Madrid: Editorial
Gredos.
1. Volumen I: Historias: Libros I-IV. Madrid: Editorial Gredos.
1982.
2. Volumen II: Historias: Libros V-VII. Madrid: Editorial Gredos.
1982..
OROSIO, Paulo (2008). Historias contra los paganos. Prensas
Universitarias de Zaragoza
2) Secundaria:
AGÍS VILLAVERDE,M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco,
Vigo 2001.
FUENTES DE LA ROSA, María Luisa, Orosio y su tiempo, 1ª Edición,
Madrid: Editorial de la Universidad Complutense de Madrid, 1990.
TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro, Paulo Orosio. Su vida y sus obras, 1ª
Edición, La Coruña: Fundación Pedro Barrie de la Maza Conde de
Fenosa, 1985, pp. 15-84.
CORTESAO, Armando, “Paulo Orósio :presbítero bracarense, criador
do estudo da geografía e da história na idade média”, en Memorias da
Academia das Ciências de Lisboa Nº 10, 1966.
FABBRINI, Fabrizio, Paulo Orosio: uno storico, 1ª Edición, Roma:
Edizioni di Storia e Letteratura, 1979.
LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, Pedro, “El Poder en la "Gallaecia"
romana: Hidacio e Orosio”, en Semana Galega de Historia Nº 7,
1999, pp. 61-72.
MORESCHINI, Claudio, “Orosio”, en MORESCHINI, Claudio y NORELLI,
Enrico, Historia de la literatura cristiana antigua, griega y latina, 1ª
Edición, Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2006, pp. 470-473.
PEREIRA FERNÁNDEZ, Juan Marcial, “Paulo Orosio, un galego
universal, entre a caida do Imperio Romano e a chegada dos
bárbaros”, en Cadernos para a distancia Nº 3, 1995, pp. 63-70.
VILELLA, Josep, “Biografía crítica de Orosio”, en Jahrbuch für Antike
und Christentum. – Jahrg Nº 43, 2000, pp. 94-121.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica un texto
entresacado das obras de Séneca e Paulo Orosio.
TEMA 3. A Ilustración española e galega
1. Sentido do tema (Introdución)
A Ilustración (s. XVIII) presente características diferenciadas no
contexto español e galego. Os ilustrados galegos non buscaron unha
transformación radical na orde económica, social ou política (no caso
español, con autores como Jovellanos o Cabarrús, esta cuestión cobra
máis relevancia), senón que a súa loita ía dirixida máis ben contra a
ignorancia e la necesidade de instruír ao pobo, mergullado na
ignorancia. Era preciso atopar novos camiños, novas institucións. Por
este motivo, empezaron a articularse as Sociedades Económicas de
Amigos do País e a xurdir centros como o Real Consulado da Coruña,
entre outros. Os autores máis importantes desta etapa son o Padre
Feijoo e o Padre Sarmiento.
2. Epígrafes do tema.
A) Fr. Benito Feijoo
B) Fr. Martín Sarmiento
3. Bibliografía
a) Fuentes:
FEIJOO, B. J.: Apología del escepticismo médico (1725)
Teatro crítico universal (1726-1740)
Satisfacción al Escrupuloso (1727)
Respuesta al discurso fisiológico-médico (1727)
Ilustración apologética al primero y segundo tomo del
Teatro Crítico (1729)
Suplemento del Teatro Crítico (1740)
Cartas eruditas y curiosas (1742-1760)
Justa repulsa de inicuas acusaciones (1749)
Adiciones a las Obras del muy ilustre y reverendísimo Padre Maestro
D. F. Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1783)
Obra selecta, (Prólogo y selección de textos por Eduardo Blanco
Amor), Ed. Sálvora, colección “Biblioteca de Autores Gallegos”,
Santiago de Compostela 1984.
MARTÍN SARMIENTO (disponibles en red)
Demostración Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732)
Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45)
Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748)
Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en
España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad
(1757)
El porqué si y el porqué no (1758)
Discurso crítico sobre los maragatos
Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743)
Coplas gallegas
Notas al Privilegio de Ordoño y Reflexiones sobre Archiveros
Disertación sobre el animal zebra, nacido, criado, conocido y cazado
antiguamente en España
Cartas (1739 agosto 5-1768 xaneiro 2)
De caminos (175-?) manuscrito]
b) Bibliografía Secundaria:
ABELLÁN, J.L: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros
días, Madrid, Espasa-Calpe, S.A., 1996.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do Pensamento Galego,Vigo,
IGESCO/Ed.Galaxia, 2001.
ÁLVAREZ DE MORALES, Antonio: La Ilustración y la reforma de la
universidad en la España del siglo XVIII; Ed. Pegaso, Madrid 1985 (3ª
edición).
BARREIRO BARREIRO, J.L.: O pensamento galego na Historia, Servicio
de publicaciones de la USC, 1999.
BLANCO AMOR, E.: “Prólogo” em Obras Completas, Biblioteca de
Autores Gallegos, Citada.
GUY, A.: Historia de la filosofía española, Barcelona, Anthropos,
Editorial del hombre, 1985.
MACEIRAS FAFIÁN, M. (Editor y coordinador) y AA.VV.: Pensamiento
filosófico español. Vol. I. De Séneca a Suárez. Vol. II. Del Barroco a
nuestros días. Ed. Síntesis, Madrid, 2002.
MARTÍNEZ LOIS, A.: El padre Feijoo, naturaleza, hombre y
conocimiento, Publicacións Diputación Provincial de A Coruña, 1989.
MENÉNDEZ PELAYO, M.: Historia de los heterodoxos españoles, CSIC,
Madrid 1962.
OTERO PEDRAYO, R.: El padre Feijoo. Su vida, doctrinas e influencias,
Instituto de Estudios Ourensanos, Ourense, 1972.
PARDO BAZÁN, E.: Examen crítico de las obras del Padre Feijoo, Madrid
1877.
SOBRE MARTIN SARMIENTO
AGÍS VILLAVERDE, M: O Padre Sarmiento, viaxeiro, Ed. Galaxia, Vigo
2018.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Roteiro do Padre Sarmiento a Santiago,
rodeando o Salnés, Ed. Galicia Milenio, Santiago, 2015.
Álvarez Giménez, Emilio (1884). Biografía del R. P. Fray Martín
Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manuscritas.
Pontevedra: Imprenta de José Millán.
Álvarez Lires, María (2002). Sarmiento, científico da segunda
Ilustración. Santiago: Universidad de Santiago
Allegue Aguete, Pilar (1993). A filosofía ilustrada de fr. Martín
Sarmiento. Vigo: Xerais.
Avalle, Anselmo (1773). Oración Fúnebre que el M.R.P.M. fray
Anselmo Avalle dixo (...) a la buena memoria de fr. Martín
Sarmiento. Madrid: Pérez de Soto.
Costa Rico, Antón (2002). Sarmiento. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Filgueira Valverde, José (1994). Fray Martín Sarmiento. A Coruña:
Fundación Barrié de la Maza.
López Peláez, Antolín (1895). El Gran Gallego. La Coruña: Andrés
Martínez.
Monteagudo, Henrique (2002). Martín Sarmiento, Sobre a lingua
galega. Antoloxía. Edición, notas e índices. Vigo: Galaxia.
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2002). Fray Martín Sarmiento,
el amador de la verdad. A Coruña: Diputación Provincial.
Pensado Tomé, José Luis (1972). Fray Martín Sarmiento, testigo de
su siglo. Salamanca: Universidad de Salamanca.
Reguera Rodríguez, Antonio (2006). La obra geográfica de Martín
Sarmiento. León: Universidad de León.
Santos Puerto, José (2002). Martín Sarmiento. Ilustración, educación
y utopía en la España del siglo XVIII. 2 vols. A Coruña: Fundación
Barrié de la Maza.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica dous textos
correspondentes ao Padre Feijoo e ao Padre Sarmiento.
TEMA 4. O século XIX: a descuberta da identidade
1. Sentido do tema (Introdución)
En gran parte de Europa, as revoluciones nacionais están relacionadas
coas liberales. Estas reivindicacions espertaron durante a época da
revolución e o imperio napoleónico, espoleadas por un sentimiento de
unidade fronte ao invasor extranxeiro e unha simplificación nacional
que será a base dunha nova conciencia. Xurde así, tanto en Espala
como en Galicia, o concepto de nación tomado principalmente da
filosofía romántica alemana (Volkgeist).
2. Epígrafes do tema.
A) O krausismo en España
B) O rexurdimento: provincialismo e rexionalismo en Galicia
3. Bibliografía
A) Fontes
MURGUÍA, M.: Historia de Galicia Tomo I, Soto Freire, Lugo, 1865;
Tomo II, Soto Freire, Lugo, 1866; Tomo III, Librería de Andrés
Martínez, A Coruña, 1888; Tomo IV, Impresión y Librería de Carré, A
Coruña, 1891; Tomo V, Ferrer, A Coruña, 1913.
BRAÑAS, A.: El regionalismo, Fundación Alfredo Brañas, Santiago
PÉREZ GALDÓS, B. : Episodios Nacionales, Trafalgar. Volumen I,
Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.114
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, El 19 de marzo y el 2 de
mayo. Volumen II, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.160
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, La campaña del Maestrazgo.
Volumen XIII, Navarra: Espasa Calpe, 2008, p.166
PÉREZ GALDÓS, B.: Episodios Nacionales, Cánovas. Volumen XXIII,
Navarra: Espasa Calpe, 2008, pp. 360,382
B) Bibliografía secundaria:
ABELLÁN, J. L.: Historia crítica del pensamiento español, Ed. Espasa-
Calpe, Madrid, vol. IV, 1979.
AGÍS VILLAVERDE, M.: Crónica viva do pensamento galego, Igesco,
Vigo, 2001.
BARREIRO BARREIRO, X. L.: O pensamento galego na historia, Ed.
Universidade de Santiago de Compostela, Imprenta Universitaria,
Pavillón de Servizos, Campus Universitario, 1990.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: Manuel Murguía, Ed. Xerais, Vigo, 2013.
PAREDES ALONSO, F. J. : Historia contemporánea de España: Siglo
XIX, Barcelona: Editorial Ariel, 2004, pp. 141-149
VILLARES, R.: Historia de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo, 2004.
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica textos de
Murguía e San del Río.
TEMA 5. O século XX no pensamento español e galego
1. Sentido do tema (Introdución)
No século XX atopamos o pensamento español e galego maduro, con
representantes da talla de Unamuno, Ortega, Zubiri, no pensamento
español; e con nomes como Castelao, Risco, Otero Pedrayo ou Ramón
Piñeiro, no caso do pensamento galego. Xa que logo, cómpre coñecer
as características e representantes máis sobranceiros deste período
para comprender a auténtica dimensión de ambas tradicións de
pensamento e a súa influencia no presente.
2. Epígrafes do tema.
A) Miguel de Unamuno
B) A Escola de Madrid: José Ortega y Gasset
C) Da Xeración Nós á Xeración Galaxia
3. Bibliografía
Unamuno, Miguel. Del sentimiento trágico de la vida. Espasa Calpe,
Madrid, 1983.
Unamuno, Miguel. En torno al casticismo. Madrid: Espasa Calpe, 1991.
Unamuno, Miguel. Vida de Don Quijote y Sancho. Madrid: Espasa Calpe,
1975.
Unamuno, Miguel. Ensayos y artículos: selección de “Esto y Aquello”.
Buenos Aires: Centro Editor de América Latina, 1969.
Álvarez Gómez, Mariano. Unamuno y Ortega: la búsqueda azarosa de
la verdad. Madrid: Biblioteca nueva, 2003.
Marías, Julián. Miguel de Unamuno. Madrid: Espasa Calpe, 1971.
Sánchez Barbudo, Antonio. Miguel de Unamuno. Madrid: Taurus, 1974.
Serrano Poncela, S. El pensamiento de Unamuno. México: Fondo de
cultura económico, 1978.
Ortega y Gasset, J. Obras Completas, Alianza Editorial o Ed. Taurus
Madrid.
Abellán, J.L. y Mallo, T., La escuela de Madrid. Un ensayo de filosofía.
Madrid: Ed. Asamblea de Madrid, 1991.
Cerezo Galán, P., La voluntad de aventura. Barcelona: Ed. Ariel filosofía,
1984.
Cerezo Galán, P., José Ortega y Gasset y la razón práctica. Madrid: Ed.
Biblioteca Nueva. Colección el arquero, 2011.
Lasaga Medina, J., José Ortega y Gasset (1883-1955) Vida y filosofía.
Madrid: Ed. biblioteca nueva, fundación José Ortega y Gasset, 2003.
Marías, J. A cerca de Ortega. Madrid: Ed. Revista de Occidente. El
alción, 1971.
Bibliografía Xeración Nós Marcelino AGÍS VILLAVERDE: Crónica viva do Pensamento Galego,
IGESCO/ Ed. galaxia, Vigo 2001.
José Luis BARREIRO BARREIRO (coord.): O pensamento galego na
Historia, Servizo de Puiblicacións da USC, 1999.
AA.VV: Diccionario Enciclopédico do Pensamento galego, Ed.
Xerais/Consello da Cultura Galega, Vigo, Santiago, 2008.
Anxo GONZÁLEZ: O espírito e a lama das formas. A filosofía de Nós:
Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Col. Cadernos do pensamento nº 9.
BAÍA Ed. Santiago de Compostela. 2008
Carlos Baliñas: Pensamento galego I. Cadernos Populares. Ed. SEPT
Enciclopedia Galega. Voces: Nos, xeración, Nos, revista. Seminario
de estudos galegos. Irmandades da fala.
Revista Nós.
Sobre o pensamento galego da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro.
Boletín auriense.-- T. 5 (1975) ; p. 31-35
Importancia decisiva da Xeneración Nós. Ramón Piñeiro. Grial.-- T.
16, n. 59 (xan.-marzo 1978) ; p. 8-13
A Ideoloxía da Xeneración Nós. Carlos Baliñas. Cuadernos de
estudios gallegos.-- T. 47, fasc. 112 (2000) ; p. 303-324
A Construcción da moderna cultura galega : Nós.Maria Cuquejo
Enriquez. Casa da gramática. N. 11 (mar. 2001)
A Xeneración Nós na cultura galega. Fernandez del riego. Grial.-- T.
3, n. 7 (xan.-marzo 1965) ; p. 75-85.
Bibliografía de Vicente Risco
· RISCO, Vicente Teoría do nacionalismo galego, Edición crítica de
Justo Glez. Beramendi. Publicación de Santiago de Compostela:
Fundación Vicente Risco: Sotelo Blanco, D.L. 2000
· Nós, os inadaptados
· VVAA O pensamento galego na historia, Servizo de Publicacións da
USC, 1999 “Nacionalismo versus universidade” de Mariano Luis
Rodíguez, pp.327-329
· RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, MANUEL Risco e o pensamento filosófico,
Artigo de Grial, T.21, nº 80 (abril-xuño, 1983); Vigo; pp. 131-141
· AGÍS VILLAVERDE, MARCELINO Crónica viva do pensamento
galego, IGESCO/Ed. Galaxia, Vigo, 2001; pp. 185-191
· VARELA PUÑAL, RAMÓN Nacionalismo Dispar, Otega- Julián Marías
versus Vicente Risco-Castelao: bases filosóficas do pensamento
nacionalista. Director Carlos Baliñas Fernández Tese da USC.
Facultade de Filosofía
· VVAA Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, de.
Xerais/Consello da Cultura galega, Vigo; Santiago, 2008
4. Actividades a desenvolver.
Ademais das presentación teóricas por parte do profesor, os
estudantes terán que ler e comentar nunha sesión práctica un texto
correspondente a José Ortega y Gasset e outro a Castelao.
Bibliografía de Castelao
Castelao: Obras Completas, Vigo, Ed. Galaxia, 1999 e ss.
Castelao, A., Cousas. Vigo: Ed. Galaxia, 2005
Castelao, A., Sempre en Galiza. Vigo: Ed. Galaxia, 2004
Castelao: Cuadernos para el diálogo, edición en homenaxe a Xesús
Alonso Montero, 1999, Santiago de Compostela.
Agís Villaverde, M.: "Castelao educador", artigo na Revista Galega
do Ensino-ISSN: 1133-911X- Núm. 30 - Febreiro 2001.
García Negro, Pilar: Arredor de Castelao, A Nosa Terra, 2001.
Garrido Couceiro, O Pensamento de Castelao. Vigo, A Nosa Terra,
2000.
Paz Andrade, Valentín: Castelao, na luz e na sombra, Ed. Galaxia,
Vigo 2012.
El primer Castelao. Biografía y Antología Rotas, Durán, J.A., ed.
Siglo XXI de España Editores, 1999, Madrid.
Bibliografía de y sobre Castelao, Revista Anthroopos (Barcelona),
oct. 1986, pp. 17-30.
5. Indicacións metodolóxicas e atribución de carga ECTS
5.1. Atribución de créditos ECTS
TRABALLO PRESENCIAL
NA AULA
HORAS TRABALLO PERSOAL DO
ESTUDANTE
HORAS
Clases teóricas (con
participación dos
estudantes)
24 Seguimento do curso
(Lecturas,
documentación,
prácticas, etc.)
45
Clases interactivas 24 Traballo escrito 29
Titorías 3 Estudo 25
Total 51 99
5.2. Actividades formativas na aula con presenza do profesor
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor
pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos
aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase.
Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa,
construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema.
A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión
panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o
seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en
grupo textos e documentos, entregados previamente polo
profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente
nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao
profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc.
O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda
que os estudantes non os manexarán en clase. A participación
nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia
regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida
solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor.
Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre
ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia
(metodoloxía, avaliación, etc.).
5.3. Recomendacións para o estudo da materia
a) É moi importante asistir ás clases expositivas, aos seminarios e
ás titorías.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas
recoméndase ler algunha das obras propostas na bibliografía básica.
c) Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos
importantes dos libros/artigos manexados, asegurándose de
coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta
materia. É importante resolver os problemas formulados polo
profesor antes da súa resolución nas clases de seminario e nas
titorías.
e) A asistencia aos seminarios e titorías debe ser activa, é dicir, é
moi importante participar e discutir co profesor e outros alumnos
sobre a materia presentada nas clases expositivas.
5. Indicacións sobre a avaliación
6.1. Procedemento de avaliación
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua,
contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o
estudante non asista a clase, non siga as pautas da avaliación
continua ou non a supere.
A avaliación dos/as estudantes con dispensa (ou exención) de
asistencia ás clases presenciais farase mediante a modalidade de
exame final (100% da nota).
A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación
nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase
principalmente na realización dun traballo final escrito que o
estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de
clase.
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes
apartados:
TIPO DE ACTIVIDAD PORCENTAXE
NA NOTA
FINAL
Asistencia e participación nas sesións 5%
Titorías 5%
Entrega de catro traballos escritos
correspondentes ás clases interactivas
(comentarios de texto, etc.)
40% (10% cada
un)
Lectura e recensión de dous libro seleccionados
da bibliografía da materia
10% (5 e 5%)
Traballo final elaborado individualmente polo
estudante, exposto na aula na sesión finais do
curso e entregado por escrito
40 %
Exame, caso de non asistir á clase, non
participar ou non superar a avaliación continua
100%
Exame final para os/as estudantes con dispensa
(ou exención) de asistencia ás clases
presenciais
100%
6.2. Recomendacións para o estudo da materia
1) Coñecemento de linguas modernas.
2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos filosóficos.
3) Capacidade para traballar en equipo.
4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais.
6.3. Recomendacións de cara á avaliación
O alumno/a debe elaborar os traballos escritos citando as fontes
bibliográficas, consonte ás normas internacionais aceptadas. Debe
incorporar ademais reflexións propias e orixinais. Para elaborar o
esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles
estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar
nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría
do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e
axudarlles a resolver as súas dificultades. É moi importante levar o
traballo ao día e entregar as prácticas logo de ter realizado a posta en
común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das
prácticas todos xuntos ao final do semestre.
6.4. Recomendacións de cara á recuperación
O profesor analizará con aqueles estudantes que nos superen con
éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades
atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles
proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.)
para reforzar a aprendizaxe da materia.