Download - Exame electricidade
MANTEMENTO ELECTROMECANICO. EXAME PARCIAL 26 DE FEBREIRO DE 2010
APELIDOS E NOME: ...................................................................................................
1. A unidade de carga eléctrica mídese en:
a) Amperios (A) c) Voltios (V)
b) Coulombs (C) d) Ningunha das anteriores
2. Que aparato se emprega para medir a intensidade? Como se conecta?
a)Voltímetro conectase en serie c) Amperímetro conectase en paralelo
b) Amperímetro conectase en serie d) Vatímetro conectase en paralelo
3. Que carga eléctrica atravesa o circuíto si é percorrido durante 30 s por unha corrente de 2 A?
a) 15 C c) 60 C
b) 25 C d) Ningunha das anteriores
4. Entre os extremos dunha resistencia hai una diferenza de potencial de 24 V. Determine o
valor da resistencia si por esta circula unha corrente de 2A.
a) 12 Ω c) 48 Ω
b) 12 C d) Ningunha das anteriores
5. Determine a potencia dunha estufa eléctrica de 40 Ω de resistencia, si a súa tensión de
funcionamento é de 230 V.
a) 0,17 W c) 1322,5 W
b) 9200 W d) 5,75 W
6. O parámetro que nos indica a resistencia que pon un material ao paso da corrente eléctrica é:
a) A diferenza de potencial c) A condutividade
b) A resistividade d) Ningunha das anteriores
7. Nun resistor podemos dicir que a tolerancia é:
a) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor máximo.
b) A diferenza entre os valores máximo e mínimo.
c) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor nominal.
d) Ningunha das anteriores.
8. Nun circuíto de resistores en serie pódese dicir que:
a) A intensidade total do circuíto é igual a suma das intensidades que circulan por cada
resistencia.
b) A intensidade total do circuíto é igual a intensidade que circula por cada resistencia.
c) Ningunha das anteriores.
9. Dúas resistencias iguais conectadas en paralelo a unha tensión de 50 V consumen, entre as
dúas, 100 W. Si as conectamos en serie á mesma tensión de 50 V, disiparán entre as dúas unha
potencia:
a) 400 W. c) 25 W.
b) 100 W. d) 50 W.
10. Nun resistor o código de cores serve:
a) Para identificar que tipo de resistor es.
b) Para diferenciar os distintos tipos fabricantes de resistores.
c) Para identificar o valor da resistencia.
d) Ningunha das anteriores.
11. Que diferenza hai entre imantar unha peza de aceiro e unha de ferro?
a) Ningunha.
b) O ferro sufre imantación temporal e o aceiro permanente.
c) O aceiro é ferromagnético e o ferro non.
d) O ferro é ferromagnético e o aceiro non.
12. A intensidade de campo magnético creado por un condutor nun punto do espazo depende:
a) Do medio existente entre eles, da distancia e da intensidade eléctrica.
b) Da resistencia do condutor e do medio.
c) Da distancia do condutor ao punto.
d) Da intensidade eléctrica que circula polo condutor.
13. O obxectivo de facer devanados con moitas voltas é:
a) Dar máis resistencia ao devanado.
b) Fortalecer o devanado.
c) Conseguir máis indución a partir dunha intensidade.
d) Todas as respostas son correctas.
14. A permeabilidade absoluta é constante nos materiais ferromagnéticos para calquera
excitación?
a) Si. c) Non, por iso hai que empregar a curva B-H.
b) Depende do tipo de material. d) Si, pero só na zona de saturación.
15. Que é o entreferro?
a) A parte que queda entre as chapas dun circuíto magnético.
b) O espazo destinado a colocar o bobinado.
c) As ranuras dor rotor onde van aloxados os condutores.
d) Un pequeno espazo de aire que permite a mobilidade das pezas.
16. Un punto calquera dun circuíto onde se conectan tres terminais (ou máis) de diferentes
compoñentes denomínase:
a) Malla. c) Parafuso.
b) Nudo. d) Rama.
17. Como se chama a parte dun circuíto que pode recorrerse sen pasar dúas veces polo mesmo
punto?
a) Nudo. c) Malla.
b) Camiño. d) Rama
18. A primeira lei de Kirchhoff refírese:
a) Ás mallas dun circuíto. c) Á diferenza de potencial entre dous puntos.
b) Aos nudos do circuíto. d) Ningunha das anteriores.
19. A segunda lei de Kirchhoff refírese:
a) Ás mallas dun circuíto. c) Aos nudos dos circuítos.
b) Á caída de tensión dunha resistencia. d) Ningunha das anteriores.
20. Nun nudo entran dúas intensidades de 2 A e 3 A, a intensidade de saída valerá:
a) 11 A c) 5 A
b) 1 A d) Ningunha das anteriores.
21. A condutividade dun material é:
a) A resistencia que presenta ao paso de corrente.
b) A propiedade inversa ao paso da corrente.
c) A dificultade que presenta ao paso de corrente.
d) Ningunha das anteriores.
22. Dos resistores lineais pódese dicir:
a) Son un tipo de resistor que presenta unha resposta tensión-corrente lineal.
b) Son resistores que varían o seu valor en función da luz ou a temperatura.
c) Tódolos resistores son lineais.
d) Ningunha das anteriores.
23. Un resistor detipo NTC caracterízase por:
a) Ter un coeficiente de temperatura positivo.
b) Aumentar a súa resistencia ao aumentar a temperatura.
c) Ter unha resposta lineal.
d) Ter un coeficiente de temperatura negativo.
24. Un resistor VDR…
a) Varía a súa resistencia en función da cantidade de luz recibida.
b) Varía a súa resistencia en función da tensión aplicada.
c) Ten unha resposta lineal.
d) Ningunha das anteriores.
25. Dunha asociación de resistencias en serie pódese dicir:
a) Tódalas resistencias teñen a mesma tensión.
b) Por tódalas resistencias circula a mesma corrente.
c) As tensións e correntes de cada resistencia son iguais.
d) Ningunha das anteriores.
26. Dunha asociación de resistencias en paralelo pódese dicir:
a) As potencias disipadas por cada resistencia son iguais.
b) Por todas as resistencias circula a mesma corrente.
c) Tódalas resistencias están sometidas á mesma tensión.
d) Ningunha das anteriores.
27. Se nunha asociación en paralelo tódalas resistencias son iguais…
a) Tódalas tensións e correntes de cada resistencia son iguais.
b) As tensións de cada resistencia son iguais, pero non as súas correntes.
c) A potencia total consumida aumenta.
d) Ningunha das anteriores.
28. A carga que almacena un condensador nun circuíto depende:
a) Soamente da súa capacidade.
b) Soamente do nivel de tensión ao que está conectado.
c) Da capacidade e a tensión á que está conectado.
d) Ningunha das anteriores.
29. O tempo de carga dun condensador depende de:
a) A tensión de alimentación.
b) A resistencia de carga.
c) A capacidade do condensador.
d) A capacidade do condensador e a resistencia de carga.
30. Nunha asociación en serie de condensadores cúmprese que:
a) A capacidade total obtense ao sumar as capacidades de cada un.
b) A tensión é a mesma para cada condensador.
c) A carga é a mesma para tódolos condensadores.
d) Tódalas anteriores.
31. Nunha asociación en paralelo de condensadores cúmprese que:
a) A carga total obtense ao sumar as cargas individuais de cada condensador.
b) A carga é a mesma para cada condensador.
c) A capacidade total non se pode obter ao sumar as capacidades individuais de cada
condensador.
d) Ningunha das anteriores.
RESULTADOS:
a b C d 1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
PREGUNTA SOLUCIÓN1 2 3
4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
MANTEMENTO ELECTROMECANICO. EXAME PARCIAL 26 DE FEBREIRO DE 2010
APELIDOS E NOME: ...................................................................................................
PROBLEMAS
1. Determine a resistencia equivalente e a lectura dos aparatos de medida. (2)
2. No seguinte circuíto determine os valores das intensidades. (2)
3. A sección do núcleo central da figura é de 8 cm2. Calcule a corrente que debe circular pola
bobina de 400 espiras para conseguir que no entreferro haxa un fluxo de 500 μWb. (1)
4. Calcule a tensión de alimentación no seguinte circuíto. (1)