ESCRITURA E DOCUMENTO NO MUNDO MODERNO E
CONTEMPORÁNEO
CURSO 2019-2020
1
GUÍA DOCENTE DA MATERIA “ESCRITURA E DOCUMENTO NO MUNDO
MODERNO E CONTEMPORÁNEO”, QUE SE IMPARTE NO GRAO DE
“CIENCIAS DA CULTURA E DIFUSIÓN CULTURAL” (FACULTADE DE
HUMANIDADES, USC).
Autor: Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Dirección:
Facultade de Humanidades – Campus Universitario s/n
27002 LUGO
Tlf. 982 824 739 – Fax 982 285 875
Extensión 24739
E-mail: [email protected]
2
1. Datos descriptivos da materia.
1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire a presente guía docente, denominada “Escritura e
documento no mundo moderno e contemporáneo” (Código G5101447), é unha materia
optativa do segundo cuadrimestre dentro do cuarto curso do Grao en Ciencias da
Cultura e Difusión Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades da USC, sita
no campus de Lugo.
O seu número de créditos ECTS é de 4,5, correspondendo a un total de 40 o
número de horas de actividade presencial e outras 72,5, de actividade non presencial.
1.2 Prerrequisitos.
Dado que esta materia impártese no 4º curso do citado Grao, soe ser a primeira
vez na que os alumnos entran en contacto coas disciplinas científicas que se abordan
nela. Como prerrequisito básico e esencial establécese o saber leer e escribir, pois
calquera persoa con estes coñecementos pode acceder e entender os principios básicos
que rixen a Paleografía e a Diplomática.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco
Fernández Suárez, Profesor Contratado Doutor do Departamento de Historia I, Área de
Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas
intervencións na clase será o galego, se ben poderase facer uso do castelán e incluso do
inglés cando as circunstancias así o esixan.
1.4 Horario e lugar das titorías.
As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito
no primeiro andar do edificio, co número 129, os luns de 9:00h. a 11:00h. e os martes de
9:00h. a 13:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do
alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo
3
permitan. Neste caso será necesario que o alumno se poña en contacto mediante
teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha tutoría.
2. Sentido da materia na titulación.
2.1 Identificación do bloque formativo ao que pertence a materia no Plan de Estudos.
Tradicionalmente, as disciplinas científicas que se abordan na materia “Escritura
e documento no mundo moderno e contemporáneo” gardan unha estreita relación con
outra disciplina científica á que auxilian como é a Arquivística en tanto en canto
comparten un mesmo obxeto material, isto é, o documento. É por isto que a análise do
tipo de escritura, obxeto formal da Paleografía, axudará a fixar un documento no tempo
e no espacio, mentres que o recurso á Diplomática, ciencia que a grandes rasgos
ocúpase, entre outras cousas, do estudo da tipoloxía documental, proporcionará ao
arquiveiro unha ferramenta indispensable para a correcta clasificación, organización e
descripción dos documentos de arquivo. Por todo isto, trátase dunha materia que axuda
ao alumno a profundizar e completar as ensinanzas vistas na materia denominada
“Técnicas de tratamento da documentación.” Visto así, resulta moi recomendable para
o alumno que curse esta materia a fin de completar adquirir uns coñecementos que lle
resultarán moi útiles e indispensables se pretende orientar o seu futuro laboral hacia o
mundo dos arquivos.
Igualmente as disciplinas que se imparten nesta materia gardan relación coa
práctica totalidade do resto das disciplinas científicas. Deste xeito a Paleografía
establece unha relación de ciencia auxiliar de todas as ciencias E isto é así porque
calquera disciplina científica constitúe un fenómeno en constante cambio e evolución ao
longo do tempo e estes cambios quedaron plasmados en diversos textos escritos nos que
se plasman os principios de ditas disciplinas. Polo tanto, para coñecer a orixe, desenrolo
e manifestacións das diferentes ciencias como a Mediciña, o Dereito, a Filosofía, as
Matemáticas, as Enxeñerías, a Veterinaria etc. é preciso recurrir á Paleografía para
poder leelos. Pola súa parte, a Diplomática proporcionará moitos datos gracias á análise
dos documentos e que outras disciplinas poden empregar para os seus fins. Sirvan de
exemplo a Historia a quen a Diplomática axuda na construcción crítica duns feitos,
persoas ou institucións ao longo do tempo ou o Dereito que verá garantizados a
lexitimidade dos feitos xurídicos que se derivan dun documento (un título de
propiedade, usos da terra, das augas etc.).
4
2.2 Papel que xoga a nosa materia no bloque formativo e no conxunto do Plan
de Estudos.
A asignatura “Escritura e Documento no mundo moderno e contemporáneo”
impártese no 4º curso do grao en “Ciencias da Cultura e Difusión Cultural”. Esta
materia vaille a permitir ao alumno acceder ao coñecemento do mundo do documento,
en especial, a coñecer as variantes escriturarias e os diferentes tipos de documentos na
Idade Moderna e Contemporánea. Trátase, polo tanto, duns coñecementos sumamente
útiles tanto na vertente investigadora como na profesional se decide encamiñar os seus
pasos hacia determinados eidos da xestión cultural na que se vexa obrigado a realizar
tarefas que lle esixan o recurso á consulta de documentación ou no eido dos arquivos.
2.3 Interese da materia para a futura profesión.
Os contidos e ensinanzas desenvolvidas nesta materia resultan de suma interese
para os alumnos que, como apuntábamos no apartado anterior, decidan encauzar o seu
futuro profesional na xestión cultural e no amplo abano do campo dos arquivos:
históricos, administrativos, de empresa etc. e todas as tarefas que dito campo conleva.
Do mesmo xeito, para aqueles outros que decidan acadar unha maior especialización
nos seus estudos cursando un máster ou posgrao, tanto de orientación profesional como
investigadora, constituirá unha ferramenta sumamente útil para a búsqueda,
localización, tratamento, interpretación e uso de fontes documentais.
3. Obxetivos e competencias a traballar na nosa materia.
O noso desexo é conseguir que ao remate deste curso o alumno conquira os
seguintes obxetivos ou competencias:
a) Relacionadas cos contidos específicos do curso.
Neste sento, os obxetivos ou competencias a acadar, consisten en facilitar ao
alumno as ferramentas que lle permitan coñecer a Paleografía e a Diplomática xunto cos
seus principios, diferenciar os distintos tipos de letra e as tipoloxías documentais,
identificar os tipos de documentos máis representativos, determinar as fases polas que
pasou na súa elaboración e identificar as súas partes e comentalas. En resume, con isto
pretendemos amosar a doble vertente de ambas disciplinas: unha ferramenta importante
no ámbito laboral en facetas tales como os arquivos, a xestión cultural, a peritaxe
5
documental etc e o valor da documentación como fonte de información para a
investigación. (2G, 3G, 4G, 5G)
b) Relacionadas coas competencias xerais:
- en relación coas instrumentais, posibilitar o desenrolo da comunicación
verbal mediante a constante intervención do alumnado nas clases. (E5, E6)
- en relación coas sistémicas, fomento da estimulación intelectual ao
plantexárselle ao alumno numerosos aspectos que noutras materias apenas se abordan.
(E5, E6
- e, finalmente, en relación coas interpersoais, favorecer a comunicación
interpersoal entre o alumnado ao abordar a resolución de exercicios de forma conxunta.
(E5, E6)
4. Contidos do curso.
Esta materia consta dos seguintes bloques temáticos:
Bloque I: A Paleografía e a Diplomática: orixe, desenrolo e principios.
Tema 1: A Paleografía: concepto, obxeto e método.
Tema 2: Historia da Paleografía.
Tema 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método.
Tema 4: Historia da Diplomática.
Bloque 2. As fontes escritas.
Tema 5: O sistema abreviativo.
Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materias, instrumentos escriptorios, tipo
de escritura etc.
Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
Tema 8: A xénese documental.
Tema 9: A tradición documental.
Tema 10: A elaboración dos documentos.
Tema 11: Criterios para a clasificación dos documentos.
Bloque 3. Os ciclos escriturarios e tipoloxía documental en época moderna e
contemporánea.
6
Tema 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época trastámara
e habsbúrgica (último tercio do século XIV-século XVII)
Tema 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
Tema 14: A escritura e o documento en época contemporánea.
TEMA 1: Paleografía: concepto, obxeto e método.
1.1 Sentido do tema.
Como pode comprobarse se revisamos os epígrafes do temario, trátase do tema
inicial do curso polo que a su finalidade é o de sinalar as diferentes definicións do
concepto de Paleografía, explicar o método paleográfico e establecer a relación da
Paleografía coas outras ciencias.
1.2 Epígrafes do tema.
1. O concepto de Paleografía.
1.1 Definición etimolóxica.
1.2 Definición tradicional.
1.3 Definición real ou verdadeira.
2. O método paleográfico.
2.1 Instrumento de lectura.
2.2 Ciencia auxiliar da Historia.
2.3 Ciencia propia: principios.
3. Relación da Paleografía con outras ciencias.
7
1.3 Materiais para o estudio deste tema.
O estudio deste tema pode abordarse a traverso da bibliografía reseñada máis
abaixo no apartado correspondente e das explicacións do profesor, en especial, no
referente ao apartado titulado “O método paleográfico”. Ademais repartirase un gráfico
no que se recolla de forma esquemática e sinxela o concepto de Paleografía, o método
paleográfico e a vinculación desta ciencia coas outras.
1.4 Método de traballo aconsellado.
Neste tema abórdanse basicamente os principios básicos que rixen a Paleografía,
polo que se recomenda ó alumnado que repase este conceptos e que, en caso de dúbidas,
as expoña na clase ou, se o prefire, en horario de tutorías.
1.5 Actividade a desenrolar.
Non se inclúe ningunha actividade dado que é un tema de teoría.
1.6 Competencias traballadas.
Ó ser un tema meramente introductorio, a principal competencia a desenrolar, en
relación coas instrumentais, é a comunicación verbal mediante as intervencións do
alumno a fin de aclarar as posibles dúbidas que teña.
8
1.7 Dificultades principais.
Trátase dun tema que non presenta dificultades significativas. Se cabe, o
apartado titulado “o método paleográfico” pode presentar algunha dificultade pola
terminoloxía empregada.
1.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Unha primeira aproximación a este tema pode realizarse a traverso do manual de
Tomás Marían Martínez Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002. E para unha maior
amplitude, profundización no tema e revisión teórica pode consultarse a Riesco Terrero,
Ángel (ed.): Introducción a la paleografía y la diplomática general. Madrid: Síntesis,
1999
TEMA 2: Historia da Paleografía.
2.1 Sentido do tema.
Este segundo tema complementa ao primeiro ao centrarse en definir a orixe,
evolución, principais representantes e tendencias da Paleografía en Europa e en España.
2.2 Epígrafes do tema.
1. Historia da Paleografía en Europa.
2. Historia da Paleografía en España.
9
2.3 Materiais para estudialo.
Os materiais para estudialo serán as explicacións feitas polo docente na aula,
ademais de poñerse a disposición do alumno unha bibliografía pola cal poderán ampliar
certos aspectos e aclarar tamén as posibles dúbidas.
2.4 Método de traballo aconsellado.
Como no tema anterior, trátase dun tema basicamente teórico polo que o
profesor está a disposición do alumno tanto na clase como en horario de tutorías para
resolver os posibles problemas que poidan plantexárselle.
2.5 Actividade a desenrolar.
Ao ser un tema de teoría, non se plantexa ningunha actividade a desenrolar.
2.6 Competencias traballadas.
Como no caso anterior, as competencias instrumentais serán as que gozarán de
preferencia absoluta mediante a intervención do alumno a fin de resolver as posibles
dúbidas que poida ter.
2.7 Dificultades principais.
10
Non é un tema que presente dificultades destacadas.
2.8 Bibliografía para amplia-lo tema.
Volvemos a citar aquí o traballo editado pola UNED titulado Paleografía y
diplomática. Madrid, 2002, coordinado por Tomás Marín Martínez, ao igual ca Riesco
Terrero, Ángel (ed.): Introducción a la paleografía y la diplomática general. Madrid:
Síntesis, 1999.
TEMA 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método
3.1 Sentido do tema.
Trátase do tema introductorio da segunda disciplina que integra a programación
docente do presente curso e no que se aborda, tal e como se deduce dos epígrafes do
tema, a definición de Diplomática, o seu obxeto e método en tanto ciencia dos
documentos.
3.2 Epígrafes do tema.
1. O concepto de Diplomática.
2. O método da Diplomática e a súa relación con outras ciencias.
3.3 Materiais para estudialo.
11
Tema teórico polo que tanto nas horas de clase como tutorías o docente está á
disposición do alumno para aclararlle calquera dúbida que lle sexa posible. Ao igual que
noutros temas, o docente poñerá a disposición do alumno un conxunto de esquemas e
cadros para entender os aspectos principais deste tema.
3.4 Método de traballo aconsellado.
Durante as sesións adicadas a este tema, o docente tratará de aclarar os
principios básicos da Diplomática. En caso de dúbidas, o alumno pode interrumpir o
discurso e formular as dúbidas que teña ou ben recurrir ao horario de tutorías.
3.5 Actividade a desenrolar.
Non existe ningunha actividade específica a desenrolar.
3.6 Competencias traballadas.
Unha vez máis, as competencias instrumentais volverán a ser as fundamentais
dado que se poden plantexar certas dúbidas para o alumno.
3.7 Dificultades principais.
As dificultades neste tema circunscríbense basicamente á terminoloxía
empregada na explicación dos epígrafes que conforman a lección.
12
3.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Unha primeira aproximación a este tema pode realizarse mediante o manual
coordinado por Tomás Marín Martínez Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002. Para
unha maior profundización e completar certos aspectos recoméndanse o manuais de
Riesco Terrero, Ángel (ed.): Introducción a la paleografía y la diplomática general.
Madrid: Síntesis, 1999 e Tamayo, Alberto: Archivística, Diplomática y Sigilografía.
Madrid: Cátedra, 1996
TEMA 4: Historia da Diplomática
4.1 Sentido do tema.
A finalidade deste tema é a de complementar o anterior apuntando a orixe,
evolución, principais representantes e tendencias da Diplomática en Europa e en
España.
4.2 Epígrafes do tema
1. Historia da Diplomática en Europa.
2. Historia da Diplomática en España.
4.3 Materiais para estudialo.
As explicacións do profesor acompañaranse dunha bibliografía pola cal o
alumno poderá ampliar certos aspectos e solucionar as posibles dúbidas.
13
4.4 Método de traballo aconsellado.
Como no anterior, ao tratarse dun tema basicamente teórico aconséllase ao
alumno que acuda á clase e tamén en horario de tutorías para dar solución ás principais
dúbidas que poidan platenxárselle.
4.5 Actividade a desenrolar.
Non se inclúe ningunha actividade neste tema xa que é puramente teórico.
4.6 Competencias traballadas.
A única competencia a traballar serán as instrumentais dado que se poden
plantexar certas dúbidas as cales a mellor forma de resolver é mediante a intervención
durante a clase ou, se o prefire, en horas de tutoría.
4.7 Dificultades principais.
Este tema non reviste unha especial dificultade.
4.8 Bibliografía para ampliar o tema.
14
Remitímonos aos traballos xa citados para o tema anterior de Tomás Marín
Martínez, Ángel Riesco Terrero e Alberto Tamayo.
Tema 5: O sistema abreviativo.
5.1 Sentido do tema.
Neste tema explicarase ao alumno o sistema abreviativo.
5.2 Epígrafes do tema.
1. Definición de abreviatura
2. Estructura das abreviaturas
5.3 Materiais para estudialo.
Para que o alumno poida seguir as explicacións que se lle impartan,
facilitaráselles unha serie de materiais tales como imaxes e esquemas dalgúns apartados.
5.4 Método de traballo aconsellado.
Aconséllase ao alumno que siga as explicacións a traverso dos materiais que se
lle facilitarán, que pregunte se lle xurde algunha dúbida e que repase todos os
conceptos.
5.5 Actividade a desenrolar.
Non se contempla ningunha actividade a desenrolar neste tema.
5.6 Competencias a desenrolar.
15
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
5.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía empregada.
5.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Para o estudo deste tema recomendamos ao alumno os manuais de Manuel
Núñez Contreras Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura latina
hasta el siglo VIII. Madrid, 1994 e Tomás Marín Martínez Paleografía y Diplomática.
Madrid, 2002 contidos na relación bibliográfica que se facilita.
Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materiais, instrumentos
escriptorios, tipo de escritura etc.
6.1 Sentido do tema.
Neste tema achegaremos ao alumno aos elementos que compoñen a apariencia
externa dos documentos, tales como o material, tipo de escritura etc.
6.2 Epígrafes do tema.
1. A materia escriptoria sustentante.
2. As tintas.
3. Tipo de escritura.
4. Os signos especiais.
5. Os selos.
6. As notas.
6.3 Materiais para estudialo.
16
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse unha
serie de materiais nos que se recollan de maneira esquemática os aspectos
desenvolvidos.
6.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo os
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
6.5 Actividade a desenrolar.
Non se contempla ningún tipo de actividade.
6.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
6.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía empregada.
6.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Para o estudo deste tema recomendamos ao alumno os manuais de Tomás Marín
Martínez e Ángel Riesco Terrero contidos no apartado bibliográfico.
Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
7.1 Sentido do tema.
17
Os documentos son transmitidos dun xeito determinado a fin de que sexan
intelixibles para o seu receptor. Para isto recúrrese a uns modelos preestablecidos,
chamados formularios, que van a determinar a estructura interna do documento. Polo
tanto, o coñecemento das partes do documento daranos as claves necesarias para
identificar que tipo de documento se trata (provisión real, carta de venda, acta municipal
etc.), discernir as súas diferentes partes e o posterior comentario de cada unha delas.
7.2 Epígrafes do tema.
1. A estructura documental.
2. Partes do documento.
7.3 Materiais para estudialo.
A aprendizaxe e comprensión da estructura documental require dunha
explicación detallada de cada unha das partes do documento, resaltando cada un dos
elementos que os integran, e acompañada dun exemplo práctico que recolla a maior
parte destas partes e elementos.
7.4 Método de traballo aconsellado.
Cómpre que durante as sesións teóricas o alumno teña ao seu lado o material
gráfico que se lle entregará para que poida ir visualizando con maior facilidade os
aspectos abordados. Igualmente entregaremos ao alumno, a modo de exemplo, varios
modelos de documentos que aparecen divididos en diferentes partes.
18
7.5 Actividade a desenrolar.
Trátase dun tema teórico a cal comprensión e asimilación por parte do alumno
resulta de suma importancia de cara as actividades prácticas e traballo de curso que
deberá desenrolar a posteriori. Dado que se trata dunha lección clave para o correcto e
satisfactorio desenrolo dos exercicios prácticos, recomendamos unha asistencia
constante, unha suma atención durante a sesión ou sesións que dure a súa impartición e
que o alumno plantexe todas as dúbidas que poidan xurdirlle.
7.6 Competencias traballadas.
De xeito xeral, as instrumentais volven a ser as principais competencias
traballadas mediante a intervención do alumno na clase a fin de aclarar as posibles
dúbidas.
7.7 Dificultades principais.
A principal dificultade estriba nos termos empregados xa que é a primeira vez
que o alumno os escoita. Ademais outra dificultade procede da propia identificación das
distintas partes do documento polo que recomendamos a consulta de calquera dúbida
por pequena que sexa.
7.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Remitímonos ó manual de Riesco Terrero, Ángel: Introducción a la Paleografía
y la Diplomática general. Madrid, 1999; Tomás Marín Martínez Paleografía y
Diplomática. Madrid, 2002; Tamayo, Alberto: Archivística, Diplomática y Sigilografía.
19
Madrid, 1996 e Nicolás Ávila Seoane Estructura documental: guía para alumnos de
diplomática. Gijón, 2014. Neste último traballo o alumno pode localizar unha amplia
explicación das diversas partes do documento e de varios exemplos de documentos
comentados.
TEMA 8: A xénese documental.
8.1 Sentido do tema.
Neste tema trataremos de explicar ao alumno as distintas fases, enumeradas nos
epígrafes do tema, que atravesa un documento dende o seu nacemento ata a entrega ao
seu destinatario
8.2 Epígrafes do tema.
1. A “actio”.
2. A “conscriptio”.
3. A “traditio”.
8.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse un
esquema que permita ver o desenvolvemento de cada unha destas etapas e os apartados
que compoñen cada unha delas. Igualmente acompañarase dun documento que, a modo
de exemplo, permitirá identificar as distintas fases da xénese documental.
8.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estes
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
8.5 Actividade a desenrolar.
20
Non se contempla ninguna actividade para este tema.
8.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
8.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía latina
empregada, se ben traducirémola ao galego para que o alumno entenda en cada
momento de que se lle está a falar.
8.8 Bibliografía para ampliar o tema.
De novo, volvemos a recomendar os manuais de Tomás Marín Martínez, Ángel
Riesco Terrero e Alberto Tamayo.
TEMA 9: A tradición documental.
9.1 Sentido do tema.
Neste tema trataremos de explicar ao alumno a diferencia entre un documento
orixinal e unha copia.
9.2 Epígrafes do tema.
1. Definición de “tradición documental.”
2. O orixinal: concepto e tipoloxía.
3. A copia: concepto e tipoloxía.
9.3 Materiais para estudialo.
21
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse un
esquema que permita ver o desenvolvemento de cada un destes apartados, sinalando
ademais as súas características principais.
9.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estes
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
9.5 Actividade a desenrolar.
Non se contempla ninguna actividade para este tema.
9.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
9.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía latina
empregada, se ben trataremos de aclarala para que o alumno saiba de que se lle está a
falar en cada momento.
9.8 Bibliografía para ampliar o tema.
De novo, volvemos a recomendar os manuais de Tomás Marín Martínez, e
Ángel Riesco Terrero como os que con máis exactitude recollen os aspectos tratados
neste tema.
TEMA 10: A elaboración dos documentos.
22
10.1 Sentido do tema.
Neste tema abórdase a cuestión da responsabilidade na confección dos
documentos.
10.2 Epígrafes do tema.
1. Chanceler e chancelería.
2. A orixe e desenrolo da chancelería.
3. O notariado: definición.
4. As orixes e desenrolo do notariado.
10.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse un
esquema que permita ver o desenvolvemento de cada un dos apartados e no que se
reseñarán as características principais.
10.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estes
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
10.5 Actividade a desenrolar.
Non se contempla ninguna actividade para este tema.
10.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
23
10.7 Dificultades principais.
Non se trata dun tema que revista especiais dificultades na terminoloxía
empregada.
10.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Neste caso recomendamos o manual coordinado por Tomás Marín Martínez.
TEMA 11: Criterios para a clasificación dos documentos.
11.1 Sentido do tema.
Neste tema, como paso previo ao estudo da tipoloxía documental, abordaremos a
cuestión dos criterios que rixen a clasificación documental.
11.2 Epígrafes do tema.
1. Documento público e documento privado.
2. De acord coas formalidades empregadas: documento solemne e documento
simple.
3. De acordo co seu estilo textual: documento notificativo e documento
intitulativo.
4. De acordo cos seus autores: documento persoal e documento colectivo.
5. De acordo coa súa natureza xurídica: documento dispositivo, administrativo,
mixto, descriptivo, noticia.
6. De acordo coas súas formas históricas duradeiras: privilexios, cartas,
expedientes, sentencias, decretos etc.
11.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse un
esquema que permita ver o desenvolvemento de cada un dos apartados que o compoñen.
24
11.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estes
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
11.5 Actividade a desenrolar.
Non se contempla ninguna actividade para este tema.
11.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
11.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía empregada que
se tratará en todo momento de aclarar para que o alumno siga as explicacións con
facilidade.
11.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Neste caso recomendamos para o estudo deste tema o manual de Ángel Riesco
Terrero.
TEMA 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época
trastámara e habsbúrgica (último tercio do século XIV-século XVII)
12.1 Sentido do tema.
25
Con este tema iniciamos a explicación dun dos ciclos escriturarios e
documentais nos que se divide a Idade Moderna.
12.2 Epígrafes do tema.
1. Orixe e desenrolo da escritura cortesana e procesal.
2. Cronoloxía e desenrolo da escritura cortesana e procesal.
3. Características gráficas.
4. A tipoloxía documental.
4.1 A documentación real.
4.2 A documentación eclesiástica.
4.3 A documentación das Xuntas e Cortes do Reino
4.4 A documentación municipal.
4.5 A documetación notarial.
12.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse unha
serie de reproduccións, esquemas e outros materiais que permitan seguir con facilidade
as explicacións de cada un dos apartados.
12.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estas
reproduccións, esquemas e materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con
claridade todo o que se lle expón.
12.5 Actividade a desenrolar.
A actividade que se contempla para este tema é a análise paleográfica e
diplomática duns determinados tipos de documentos. O alumno deberá transcribir o
texto, sinalar a variante escrituraria na que está feito e as súas características, identificar
o tipo documental e as súas partes, datalo e facer un rexesto do mesmo. A fin de facilitar
esta labor de identificación de cada tipo documental, entregarase ao alumno un modelo
26
de cada documento no que aparecerán descritos os seus elementos diplomáticos máis
característicos. Igualmente entregarase ao alumno unhas normas, a modo de guía, sobre
a maneira de facer un comentario diplomático e paleográfico.
12.6 Competencias a desenrolar.
Dúas son as competencias que o alumno traballará neste tema: as instrumentais
polas dúbidas que se lle poidan presentar e as interpersoais porque a práctica apuntada
favorecerá a comunicación entre os alumnos ao abordar a súa resolución de forma
conxunta.
12.7 Dificultades principais.
As principais dificultades que pode presentar este tema, proceden da práctica
plantexada. Isto é debido a que o alumno enfróntase por primeira vez a un tipo de
actividade que normalmente nunca tratou durante a súa etapa de formación académica
previa: identificar as partes dun documento, delimitalas correctamente, sinalar cal é a
palabra ou palabras onde se inicia, identificar as diferentes variantes escriturarias e os
seus elementos máis característicos etc. As únicas recomendacións de cara a que estas
actividades prácticas se realicen correctamente, radica nunha práctica constante, intervir
sempre na resolución dos exercicios, realizar estes exercicios non só na clase senón
tamén de forma individual, adicarlle todos os días un tempo para ir adquirindo as
destrezas necesarias e sempre ter a man o material de apoio facilitado para ir
comprobando por si mesmo se se realizan de maneira correcta. De nada serve poñerse a
practicar días ou un mes antes do exame.
12.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Recomendamos ao alumno os tres manuais que xa vimos enumerando con
anterioridade: Tomás Marín Martínez, Ángel Riesco Terrero e Alberto Tamayo.
Igualmente para a documentación real resulta de suma importancia o traballo de Pedro
Luis Lorenzo Cadarso recollido no apartado da bibliografía. No caso da documentación
municipal, as principais características da mesma son abordadas por Fernando Pino
Rebolledo, tamén recollido no apartado bibliográfico desta guía. Igualmente, unha boa
27
síntese sobre a documentación eclesiástica pode atoparse en Bonifacio Palacios Martín.
Neste mesmo apartado a tipoloxía documental parroquial aparece descrita nos traballos
de Pedro Rubio Merino e Rogelio Pacheco Sampedro.
TEMA 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
13.1 Sentido do tema.
Con este tema proseguimos a explicación do segundo ciclo escriturario e
documental da Idade Moderna, centrándonos na escritura humanística e na
documentación da época borbónica.
13.2 Epígrafes do tema.
1. Orixes da escritura humanística.
2. Tipoloxía e características da escritura humanística.
2.1 A escritura humanística dereita.
2.2 A escritura humanística inclinada.
3. A recepción da escritura humanística.
3.1 A recepción da escritura humanística dereita.
3.2 A recepción da escritura humanística inclinada: variedades
estilísticas.
4. Tipoloxía documental en época borbónica.
4.1.1 A documentación real.
4.1 A Real Orden.
4.2 O Real Decreto.
4.3 A Real Cédula.
28
13.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse unha
serie de reproduccións, esquemas e outros materiais que permitan seguir con facilidade
as explicacións.
13.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estas
reproduccións, esquemas e materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con
claridade todo o que se lle expón.
13.5 Actividade a desenrolar.
A actividade que se contempla para este tema é a análise paleográfica e
diplomática duns determinados tipos de documentos. O alumno deberá transcribir o
texto, sinalar a variante escrituraria na que está feito e as súas características, identificar
o tipo documental e as súas partes, datalo e facer un rexesto do mesmo.
13.6 Competencias a desenrolar.
Dúas son as competencias que o alumno traballará neste tema: as instrumentais
polas dúbidas que se lle poidan presentar e as interpersoais porque a práctica apuntada
favorecerá a comunicación entre os alumnos ao abordar a súa resolución de forma
conxunta.
13.7 Dificultades principais.
As principais dificultades que pode presentar este tema, proceden da práctica
plantexada. Isto é debido a que o alumno enfróntase por primeira vez a un tipo de
actividade que normalmente nunca tratou durante a súa etapa de formación académica
previa.
13.8 Bibliografía para ampliar o tema.
29
Recomendamos ao alumno os tres manuais que xa vimos enumerando con
anterioridade: Tomás Marín Martínez, Ángel Riesco Terrero e Alberto Tamayo.
TEMA 14: A escritura e o documento en época contemporánea.
14.1 Sentido do tema.
Con este tema rematamos o estudo dos ciclos escriturarios en época moderna e
contemporánea.
14.2 Epígrafes do tema.
1. A escritura en época contemporánea.
2. O documento en época contemporánea.
2.1 O concepto de documento contemporáneo.
2.2 A tradición documental: orixinais e copias.
2.3 Os caracteres intrínsecos e extrínsecos do documento.
2.4 Clasificación do documento contemporáneo.
14.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, repartiranse unha
serie de reproduccións, esquemas e outros materiais que permitan seguir con facilidade
as explicacións.
14.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estas
reproduccións, esquemas e materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con
claridade todo o que se lle expón.
30
14.5 Actividade a desenrolar.
A actividade que se contempla para este tema é a análise paleográfica e
diplomática duns determinados tipos de documentos. O alumno deberá transcribir o
texto, sinalar a variante escrituraria na que está feito e as súas características, identificar
o tipo documental e as súas partes, datalo e facer un rexesto do mesmo.
14.6 Competencias a desenrolar.
Dúas son as competencias que o alumno traballará neste tema: as instrumentais
polas dúbidas que se lle poidan presentar e as interpersoais porque a práctica apuntada
favorecerá a comunicación entre os alumnos ao abordar a súa resolución de forma
conxunta.
14.7 Dificultades principais.
As principais dificultades que pode presentar este tema, proceden da práctica
plantexada. Sen embargo, estas dificultades poden verse parcialmente superadas dado
que o alumno xa realizou nos dous temas precedentes prácticas semellantes ás que vai a
realizar neste tema, ademais de que a comprensión da caligrafía do documento é máis
doado ao parecerse bastante á letra actual.
14.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Recomendamos ao alumno para o estudio da escritura contemporánea o manual
de Ángel Riesco Terrero. Con respecto ao documento contemporáneo, destacaremos os
traballos de Manuel Romero Tallafigo e Paola Carucci.
5. Indicacións metodolóxicas e atribución da carga ECTS.
A metodoloxía da ensinanza xirará entorno a 4 piares fundamentais
1º As clases maxistrais
2º As clases prácticas
31
3º As prácticas fóra da aula.
4º A realización dun traballo obrigatorio
Polo que se refire ás clases maxistrais, o seu cometido fundamental é o de
proporcionar aos/ás alumnos/as os coñecementos necesarios a traverso da exposición
dos temas para o posterior desenrolo das activadades prácticas. Estes coñecementos
serían aspectos tales como os tipos de abecedarios, as características dos distintos tipos
de letra, os tipos de documentos etc. Para facilitar máis esta aprendizaxe por parte
dos/as alumnos/as repartiráselles un conxunto de materiais acordes cos temas que en
cada momento se vexan tales como abecedarios dos distintos tipos de escritura, signos
especiais de abreviación, formularios nos que aparezan claramente diferenciadas as
partes dos diferentes tipos documentais analizados, esquemas etc. Na maioría dos casos
os temas xunto co resto de materiais proporcionaranse ao alumno a traverso do campus
virtual a fin de axilizar as explicacións teóricas, centrarse naqueles aspectos que sexan
máis difíciles de entender e sobretodo realizar o maior número de actividades prácticas
posibles.
As actividades prácticas que se desenvolverán terán que ver en boa medida coas
ensinanzas impartidas nas sesións teóricas. Consistirán nunha análise diplomática
mediante a identificación de determinados tipos de documentos, sinalando as súas
partes e elementos característicos; se se trata dun orixinal, copia ou borrador,
datarémolo correctamente e faremos un breve resume do mesmo atendendo ás súas
características. Igualmente procederase á transcripción documental, identificando a
variante escrituraria do documento en cuestión e sinalando os seus elementos máis
característicos.
Outro tipo de práctica desenrolaranse fóra da aula, fundamentalmente nun
arquivo. Consistirá esta en que o alumno identifique determinados tipos documentais e
sinale algúns dos seus elementos.
Para rematar, a medida que avance a impartición da materia realizaranse ata catro
controis sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Estes controis terán como
obxetivo comprobar o progresivo grao de adquisición dos contidos teóricos e prácticos
da materia por parte
32
6. Indicacións sobre a avaliación.
Tanto a asistencia como o traballo persoal do alumno resultan claves para a
superación desta materia. Polo que se refire á avaliación, os criterios que se terán en
conta tanto na primeira como na segunda oportunidade, agás no caso que se reseñará ao
final, son os seguintes:
1º A asistencia á clase e participación voluntaria e activa na resolución dos
exercicios plantexados na clase contabilizará ata 2 puntos na nota global, sendo
necesario que o alumno obteña unha puntuación mínima de 1 punto para darse como
superada.
2º A correcta resolución das prácticas que se desenrolen fóra da aula (arquivo
normalmente) suporán ata 1 punto na nota global e o alumno deberá acadar unha
puntuación mínima de 0,5 puntos para darse por superada. Estas prácticas non serán de
carácter individual senón en grupos que non superen nunca os 3 compoñentes como
máximo e, en consecuencia, a nota que acaden en conxunto, será a que posteriormente
se atribua a cada un dos seus membros.
3º Polo que respecta ao exame, tanto na primeira como na segunda convocatoria,
constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio
parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 5 puntos, e unha parte
teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á
teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno
teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. O
exame contabilizará un total de 6 puntos, pero será necesario que o alumno para poder
contabilizar o resto de méritos (asistencia á clase e participación na resolución dos
exercicios plantexados, prácticas externas e traballo obrigatorio) acade unha puntuación
mínima dun 4.
No caso dos alumnos que teñan dispensa para non asistir á clase, os criterios
de avaliación que se lles aplicarán, serán dous: a realización dun traballo individual e
obrigatorio entre algún dos propostos polo docente e entregado sempre antes da data
de realización do exame, tanto se opta pola primeira convocatoria como pola segunda.
Este traballo suporá ata 2 puntos na nota global. Tamén deberá superar o exame da
materia que constará, como xa se dixo, dunha parte teórica e dunha parte práctica. Neste
caso o exame equivalerá a 8 puntos dentro da nota global, debendo acadar unha
33
puntuación dun 6 para darse como superado e poder así sumarlle ata 2 puntos do
traballo individual e obrigatorio.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela
cursado, se teñen superada algunha parte dela no curso anterior, sexa a resolución dos
exercicios, as prácticas externas ou o exame, soamente terán que examinarse da parte
que teñan pendente.
Criterios empregados na avaliación de “Escritura e documento no mundo moderno
e contemporáneo”
Aspecto Criterio Instrumento Valoración
Asistencia á clase e
participación na
resolución dos
exercicios
Participación activa
e voluntaria e
correcta resolución
dos exercicios
Observación e
notas do profesor e
folla de control de
asistencia
Ata 2 puntos na
nota global
Prácticas fóra da
aula
Correcta realización
das actividades
Observación e
notas do profesor e
folla de control de
asistencia
Ata 1 punto na nota
global
Controis Resolución correcta
dos exercicios
teóricos e prácticos
plantexados
Corrección polo
profesor
Ata 1 punto na nota
global
Exame Dominio e
aplicación práctica
dos conceptos
teóricos explicados
na clase
Corrección polo
profesor
Ata 6 puntos na
nota global
7. Bibliografía
Manuais e outros traballos:
- Ávila Seoane, Nicolás: Estructura documental. Guía para alumnos de diplomática.
Gijón, 2014
34
- Carucci, Paola: Il documento contemporáneo: diplomática e criteri di edizione. Roma,
1987
- Floriano Cumbreño, Antonio C.: Curso general de Paleografía y Paleografía y
Diplomática españolas. Oviedo, 1946
- García Rodríguez, Antonio: Diplomática del documento administrativo actual:
tradición e innovación. Carmona, 2001
- Lorenzo Cadarso, Pedro Luis: El documentos real en la época de los Austrias (1516-
1700. Cáceres, 2001
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de iniciación a la paleografía española de los
siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Núñez Contreras, Luis: Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura
latina hasta el siglo VIII. Madrid, 1994
- Pacheco Sampedro, Rogelio: “Tipología de la documentación de los archivos
parroquiales.” Signo: revista de historia de la cultura escrita, 2, 1995, pp. 99-112
- Palacios Martín, Bonifacio: “La iglesia medieval. Su documentación.” El patrimonio
documental: fuentes documentales y archivos. coordinadores, María de la Almudena
Serrano Mota, Mariano García Ruipérez. Cuenca: Ediciones de la Universidad de
Castilla-La Mancha, 1999, pp. 13-24
- Pino Rebolledo, Fernando: Tipología de los documentos municipales. Vallladolid,
1991
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introduccción a la Paleografía y la Diplomática
general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio:
Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Romero Tallafigo, Manuel: “Diplomática del documento contemporáneo: sus
aportaciones para la valoración y selección en los archivos.” En: Primeras Jornadas
sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales de las
administraciones públicas. Madrid, 1992, p. 51-59
- Idem: Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la
representación del poder central de la nación. Carmona, 2002
- Rubio Merino, Pedro: "Tipología documental en los archivos parroquiales." En:
Archivística: estudios básicos. Sevilla, 1981, pp. 209-236
35
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996. Madrid,
2000
Coleccións de láminas:
- Arribas Arranz, Filemón: Paleografía documental hispánica. Valladolid, 1965, 2v.
- Colomera y Rodríguez, Venancio: Paleografía castellana. Valladolid, 2002
- Costa, Avelino Jesús da: Album de paleografia e diplomática portuguesas: estampas.
Coimbra, 1997
- Millares Carlo, Agustín: Album de paleografía hispanoamericana de los siglos XVI y
XVII. Barcelona, 1975, 2v.
- Idem: Tratado de paleografía española. Madrid, 1983, 3v.
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de inciación a la paleografía española de los
siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Aproximación a la cultura escrita: material de apoyo.
Madrid, 1995
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio:
Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Universidad Nacional de Educación a Distancia (ed.): Láminas de la Cátedra de
Paleografía y Diplomática. Madrid, 2000
Diccionarios:
- López Yepes, José: Diccionario enciclopédico de Ciencias de la Documentación.
Madrid, 2004
- Riesco Terrero, Ángel: Diccionario de abreviaturas hispanas de los siglos XIII al
XVIII, con un apéndice de expresiones y fórmulas jurídico-diplomáticas de uso
corriente. Salamanca, 1983
Normas de transcripción paleográfica:
- CSIC: Normas de transcripción y edición de textos y documentos. Madrid, 1944
36
- Comission Internationale de Diplomatique: Diplomatique et Sigillographica. Zaragoza, 1984
- Costa, Avelino Jesus da: Normas gerais de transcriçao e publicaçao de documentos e textos medievais e modernos. Coimbra, 1994.
- López Villalba, José Miguel: “Normas españolas para la transcripción y edición de colecciones diplomáticas.” Espacio, Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval, T. 11, 1998, pp. 285-306
- Lucas Álvarez, Manuel: “Para unas normas complementarias de transcripción de documentos gallegos.” Cuadernos de Estudios Gallegos, 12 (1949), 95-110
- Riesco Terrero, Ángel: “Normas de transcripción paleográfica.” En Riesco Terrero, Ángel (ed.): Introducción a la paleografía y la diplomática general. Madrid: Síntesis, 1999, pp. 324-332
37