Download - Enfoques E MéTodos 1
ENFOQUES E MÉTODOS PARA A ENSINANZA DE LINGUAS
• Ampla variedade de opcións metodolóxicas.• Relación entre a concepción da lingua e como se
aprenden e que se aprende.• Do latín ao inglés, como linguas francas.
QUE SIGNIFICA SABER UNHA LINGUA
• A interacción entre as teorías de aprendizaxe de linguas e a concepción que en cada momento histórico se considera o que é SABER UNHA LINGUA, da orixe ao diversos enfoques e métodos
UN POUCO DE HISTORIA
• O paso do latín como lingua de comunicación a simple materia do currículo escolar.
• O estudio do latín clásico, a súa gramática e a retórica pasa a ser un modelo para o estudio de linguas
Nos séculos XVI, XVII e XVIII
UN POUCO DE HISTORIA
Introducción á gramática latina
Tradución
Aprendizaxe memorístico das regras gramaticais
Práctica de escribir exemplos de oracións
Estudio das declinacións e conxugacións
Textos e diálogos bilingües
O ESTUDIO DA GRAMÁTICA LATINA
cando a lingua latina deixara de ser un medio normal de comunicación e fora substituída polas linguas vernáculas, pasou a ser considerada unha “ximnasia mental”, a lingua “morta” suprema, cuxo estudo sistemático e disciplinado considerábase indispensable como base para todas as formas de educación superior (V. Mallison, citado en Titone, 1968:28)
R. Titone: Teaching Foreing Languages: An Historical Sketch
A aprendizaxe das “linguas modernas”
• No século XVIII empeza a introdución do estudio das linguas modernas na escola, e os procedementos de ensinanza son os mesmos que para o latín.
• Os libros de texto son enunciados de regras gramaticais, listas de léxico e oracións para traducir.
1. MÉTODO GRAMÁTICA-TRADUCIÓN
• Método que xorde en Prusia (finais do s. XVIII) e foi empregado como modelo para a ensinanza do latín e do grego.
• Foi o máis empregado na ensinanza de LE ata mediados do s. XX.
MÉTODO GRAMÁTICA-TRADUCCIÓN
CONTIDOS
• A lingua é considerada como un sistema de regras que debe ensinanse a través dos textos e debe ser relacionado coas regras e significados da L1.
• O obxectivo da ensinanza: a lectura de textos en LE.• As habilidades máis importantes: comprensión e
produción escrita controlada.• Actividades básicas: ensinanza de regras gramaticales e
traducción de frases. Ensinanza deductiva: explicación de regras memorización exemplificación.
• Vocabulario: listas de palabras ou preguntas/respostas coa tradución á L1 meorización.
MÉTODO GRAMÁTICA-TRADUCCIÓN
PAPEL DO DOCENTE
• A intrucción está centrada no docente, é a autoridade máxima na aula.
• O docente corrixe todos os erros producidos polos estudantes
MÉTODO GRAMÁTICA-TRADUCCIÓN
PAPEL DO ESTUDANTE
• O estudante non pode tomar decisións, debe limitarse a seguir instrucións: ler un texto imitando ao docente, traducción literal e máis libre, memorizar regras gramaticais e vocabulario.
• CRÍTICAS: escasa presenza da oralidade, a lingua é presentada como artificial (afastada dos usos), o estudante non ten un papel activo na aprendizaxe.
2. MÉTODO DIRECTOos reformadores (s. XIX)
• A lingua falada é fundamental reflexo nunha metodoloxía baseada na oralidade.
• As ensinanzas da fonética aplicación no ensino de linguas.
• Os estudantes deberían primeiro escoitar a lingua.• As oracións deberían ser presentadas en contextos
significativos.• As regras gramaticais deberían ensinarse logo de
practicar nos contextos (método inductivo).
• Rexeitamento da traducción.
MÉTODO DIRECTO
CONTIDOS
• A importancia da lingua oral e o estudo da fonética.• Uso exclusivo da lingua meta.• Ensinanza do vocabulario e das estruturas lingüísticas
de uso habitual.• Desenvolvemento das destrezas de comunicación oral
nunha progresión graduada e organizada (preguntas/respostas, grupos reducidos).
• Ensinanza inductiva da gramática.
• Ensinanza de vocabulario a través de obxectos e debuxos, o vocabulario abtracto (a través de asociación de ideas).
MÉTODO DIRECTO
PAPEL DO DOCENTE
• O docente dirixe, aporta input e transmite o significado pola mímica e axudas visuais.
• O papel do docente é fundamental, o método está baseado na súa destreza (máis que no libro de texto).
• O DOCENTE NON PODE EMPREGAR A LINGUA DOS ESTUDANTES BAIXO NINGÚN CONCEPTO.
MÉTODO DIRECTO
PAPEL DO ESTUDANTE
• Existe interacción directa e constante entre docente/estudante.
• O estudante ten a tarefa de INFERIR as regras.
• CRÍTICAS: o excesivo peso da fonética (sin garantir unha mellor pronuncia), non se pode recorrer a traducir nin ás explicacións gramaticais.
EXEMPLO GUÍA (ESCOLAS BERLITZ)
• Nunca traduzas: demostra• Nunca expliques: actúa• Nunca fagas un discurso: fai preguntas• Nunca imites erros: corrixe• Nunca empregues palabras illadas: usa oracións• Nunca fales demasiado: fai que falen os teus alumnos• Nunca uses o libro: usa a túa propia programación• Nunca saltes a orde: segue o teu programa• Nunca vaias demasiado rápido: segue o ritmo do alumno• Nunca fales demasiado amodo: fala normalmente• Nunca fales demasiado rápido: fala con naturalidade• Nunca sexas impaciente: tómao con calma (Titone, 1968: 100-1)
3. MÉTODO AUDIOLINGÜÍSTICO
• Desenvólvese en EE.UU.• A súa orixe está no Army Method (Método do Exército)
empregado para ensinar linguas estranxeiras aos membros do exército durante a II G Mundial
• Obxectivos: que os aprendices alcanzaran unha competencia oral en varias linguas para situacións concretas.
Método Audiolingüístico
CONTIDOS
• Baseado no estructuralismo ling, na análise contrastiva das linguas e no conductismo.
• Combínase: a explicación gramatical (docentes nativos), práctica conversacional e exercicios estructurais de repetición, memorización e transformación (drills: repetición mecánica) para conseguir reflexos automáticos.
• O docente presenta os elementos lingüísticos en forma de diálogos, para ser repetidos e memorizados polos estudantes.
Método Audiolingüístico
PAPEL DO DOCENTE
• É o protagonista, debe controlar o proceso de ensinanza/aprendizaxe na aula.
• As tarefas están totalmente dirixidas e controladas.
Método Audiolingüístico
PAPEL DO ESTUDANTE
• Teoría conductista (papel receptivo, responde a estímulos)
• Escoita e repite
• CRÍTICAS: incapacidade para transferir as habilidades adquiridas na aula a situacións de comunicación real e diversa. Aburrimento producido pola excesiva repetición
Método Audiolingüístico
ACTIVIDADES. EXEMPLOS
• Repetición (o estudante repite o enunciado breve, antes de velo escrito)• Hoxe é luns
• Inflexión: Unha palabra preséntase de forma distinta cando se repite (Onte comprei un libro/ Onte comprei uns libros)
• Sustitución: unha palabra sustitúese por outra nun enunciado: O profesor saíu pronto Saíu pronto
• Reformulación: o estudante reformula o enunciado e dillo a outra persoa: Dille que saia/Sal
• Completar: completa o enunciado que falta• Transposición : cambio de orde (Teño fame/ Eu tamén (teño fame)• Expansión: cando se engade unha nova palabra (No no coñezo (ben)-
Coñezoo…)
Método Audiolingüístico
ACTIVIDADES. EXEMPLOS
• Transformación: Unha oración transfórmase en negativa ou interrogativa, cambios no tempo, modo…
• Integración: Os enunciados separados intégranse nun• Respostas: respostas do estudante a un enunciado• Restauración: palabras fóra dun enunciado e o estudante constrúe unha
oración (rapaces/facer/dibuxos)