PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
DEPARTAMENTO: TECNOLOXÍA
MATERIA: TECNOLOXÍA 3º ESO
ANO ACADÉMICO: 2019-2020
1
Índice de contidos
1.- INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN. ..................................................32.- CONTRIBUCIÓN AS COMPETENCIAS...............................................................43.- OBXECTIVOS, CONTIDOS, COMPETENCIAS, ESTANDARES E CRITERIOS DE AVALIACIÓN....................................................................................54.- TEMPORALIZACIÓN...........................................................................................125.- MÍNIMOS EXIXIBLES.........................................................................................136.- PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN...............................................................137.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN......................................................................148.- PROCEDEMENTOS PARA REALIZAR A AVALIACIÓN INICIAL..................159.- PLAN DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES...............................1510.- METODOLOXÍA DIDÁCTICA..........................................................................1611.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.......................................................1712.- MEDIDA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE....................................................1713.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES......................................1814.- PROXECTO LECTOR.........................................................................................1915.- INTEGRACIÓN DAS TIC..................................................................................2016.- PLAN DE CONVIVENCIA.................................................................................2017.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS...................2218.- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN...........23
2
1.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.
A tecnoloxía desenvolve un papel fundamental na sociedade actual, porque
proporciona un conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as
necesidades individuais e colectivas. Neste sentido, a tecnoloxía achégalle ao
currículo a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre os dispositivos
tecnolóxicos e as necesidades sociais, ámbito no que a innovación e a condición de
inmediata que lle son propias dotan esta materia dunha grande relevancia educativa.
Na resolución de problemas tecnolóxicos conxúganse, ademais da innovación,
elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son
imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o
coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible perspectiva científico-
tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por
unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.
A materia de Tecnoloxía trata de lograr os seus fins abordando un amplo
conxunto de temas ao longo do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria. O
bloque de "Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos" trata o
desenvolvemento de habilidades e métodos para identificar as necesidades, formular
solucións aos problemas técnicos, e proxectar e construír os obxectos que os resolven.
Este bloque é transversal con respecto á materia e constitúe o eixe principal do seu
desenvolvemento.
No bloque de "Expresión e comunicación técnica" apréndese a interpretar e
producir documentos técnicos, para o que se deben adquirir técnicas básicas de
debuxo e de manexo de programas de deseño gráfico. Ao longo do ciclo, os
documentos deben evolucionar de simples a complexos, ao tempo que se introducen
as tecnoloxías da información e da comunicación para elaborar proxectos técnicos. O
bloque de "Materiais de uso técnico" trata as características, as propiedades e as
aplicacións dos materiais técnicos como as técnicas de traballo con ferramentas e
máquinas, e os comportamentos relacionados co traballo cooperativo e cos hábitos de
seguridade e saúde. O bloque de "Máquinas e sistemas" introduce as forzas que
soporta unha estrutura, os esforzos aos que están sometidos os elementos que a
3
configuran, e o funcionamento dos operadores básicos para a transmisión e a
transformación do movemento, aspectos fundamentais das máquinas.
Ademais, tamén se tratan os fenómenos e os dispositivos asociados á
electricidade, a forma de enerxía máis utilizada nas máquinas e nos sistemas de
control. Finalmente, o bloque de "Tecnoloxías da información e da comunicación" é
necesario para aprender a utilizar eficientemente as ferramentas dixitais, dominio que
debe facilitar as aprendizaxes recollidas nos bloques anteriores. Nesta etapa trátase de
usar os equipamentos informáticos de xeito seguro para deseñar, elaborar e comunicar
os proxectos técnicos, sen esquecer que na sociedade actual é necesaria unha
formación adecuada no uso das ferramentas de procura, intercambio e publicación de
información.
No conxunto dos bloques desta materia, en resumo, intégranse coñecementos
de carácter matemático e científico, polo que un enfoque interdisciplinar favorecerá a
conexión con outras materias e mesmo con diversos temas de actualidade.
2.- CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS.
A comunicación lingüística desenvolverase na medida en que o alumnado
adquira e utilice adecuadamente vocabulario tecnolóxico, elabore informes técnicos,
explique conceptos ou elabore e expoña información. A competencia matemática e as
competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, principais competencias que se
desenvolven nesta materia, poden alcanzarse calculando magnitudes e parámetros, e
aplicando técnicas de medición e de análise gráfica no contexto do proceso de
resolución técnica de problemas, ou construíndo obxectos e verificando o seu
funcionamento, competencias que tamén se favorecen utilizando ferramentas e
máquinas, analizando procesos e sistemas tecnolóxicos ou mediante a análise e a
valoración das repercusións ambientais da actividade tecnolóxica. A competencia
dixital desenvolverase co emprego constante das tecnoloxías da información e da
comunicación para procurar e almacenar información, para obter e presentar datos, e
para simular circuítos, sistemas e procesos tecnolóxicos, ou para controlar e
programar sistemas automáticos.
4
Para que o alumnado poida aprender a aprender, as actividades deben permitir
que tome decisións cun certo grao de autonomía, que organice o proceso da propia
aprendizaxe, e que aplique o aprendido a situacións cotiás das que poida avaliar os
resultados. Do mesmo xeito, as competencias sociais e cívicas alcanzaranse
procurando que o alumnado traballe en equipo, interactúe con outras persoas e con
grupos de forma democrática e respecte a diversidade e as normas, e tamén mediante
a análise da interacción entre o desenvolvemento tecnolóxico e os cambios
socioeconómicos e culturais que produce.
O sentido de iniciativa e espírito emprendedor conséguese nesta materia a
través do deseño, da planificación e da xestión de proxectos tecnolóxicos ao
transformar as ideas propias en dispositivos, circuítos ou sistemas. E a conciencia e as
expresións culturais reflíctense na análise da influencia dos fitos tecnolóxicos en
distintas culturas e no seu desenvolvemento e progreso.
A tecnoloxía ofrece un inmenso potencial para axudar a comprender o
contorno social e tecnolóxico e para desenvolver un conxunto de competencias
relacionadas tanto co contexto profesional como coa participación cidadá e co
desenvolvemento persoal.
3.- OBXECTIVOS, CONTIDOS, COMPETENCIAS,
ESTANDARES E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e
nas alumnas as capacidades que lles permitan:
a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no
respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade
entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e
a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns
dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.
5
b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en
equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da
aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades
entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera
outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que
supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de
violencia contra a muller.
d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas
súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de
calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.
e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para
adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no
campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en
materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en
diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o
sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar,
tomar decisións e asumir responsabilidades.
h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e
na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na
lectura e no estudo da literatura.
i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.
l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e
das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e
6
homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras
culturas do mundo.
m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas,
respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar
a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e
social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa
diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o
consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa
conservación e á súa mellora.
n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas,
utilizando diversos medios de expresión e representación.
ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico
e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a
diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas,
desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento
fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación
interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a
comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade
lusófona.
As competencias clave do currículo serán as seguintes:
• Comunicación lingüística (CCL).
•Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
(CMCCT).
•Competencia dixital (CD).
•Aprender a aprender (CAA).
•Competencias sociais e cívicas (CSC).
•Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
•Conciencia e expresións culturais (CCEC).
7
Bloque1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos:
BLOQUE 1.1
•Obxectivos: a,b,f,g,h,l,o.
•Contidos:
◦Fases do proxecto tecnolóxico. A tecnoloxía como resposta as necesidades humanas.
◦Deseño de prototipos ou maquetas para resolver problemas técnicos.
•Criterios de avaliación:
◦Identificar e describir as etapas necesarias para a creación dun producto tecnolóxico
desde o seu deseño ata a súa comercialización, investigar a súa influencia na
sociedade e propor melloras desde o punto de vista tanto da súa utilidade como do
seu posible impacto social.
•Estándares de aprendizaxe:
◦Deseña un prototipo que da solución a un problema técnico mediante o proceso de
resolución de problemas tecnolóxicos.
•Competencias clave: CCL,CMCCT,CD,CAA,CSC,CSIEE,CCEC.
BLOQUE 1.2
•Obxectivos: a,b,c,d,e,f,g,h,m,o
•Contidos:◦Planificación e construción de prototipos ou maquetas mediante o uso responsablede materiais e técnicas axeitadas.◦Traballo en equipo. Distribución de tarefas e responsabilidades. Seguridade noámbito de traballo.◦Documentación técnica. Normalización. Utilización das tecnoloxías da informacióne da comunicación.
•Criterios de avaliación:◦Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursosmateriais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto poloambiente, e valorando as condicións do contorno de traballo.
•Estándares de aprendizaxe: •Competencias clave:
◦Elabora a documentación necesaria paraa planificación de construcción doprototipo
◦CLL,CMCCT,CD,CAA
◦Constrúe un prototipo que da solución aun problema técnico, mediante o procesode resolución de problemas tecnolóxicos.
◦CMCCT,CAA,CSIEE
◦Traballa en equipo de xeito responsablee respectusoso
◦CAA,CSC,CSIEE
Bloque 2. Expresión e comunicación técnica.
8
Bloque2.1
•Obxectivos: b,e,f,n
•Contidos:◦Elementos de información de productos tecnolóxicos esbozos e bosquexos.
•Criterios de avaliación:◦Interpretar esbozos e bosquexos de información e productos tecnolóxicos.
•Estandares de aprendizaxe:◦Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de productostecnolóxicos.
•Competencias clave: CMCCT,CAA.
Bloque2.2
•Obxectivos: b,e,f,h,o.
•Contidos:◦Documentación técnica asociada a un producto tecnolóxico. Aplicaciónsinformáticas de deseño gráfico por computador ou de simulación.
•Criterios de avaliación:◦Explicar mediante documentación técnica as fases dun producto desde o seu deseñoata a súa comercialización.
•Estándares de aprendizaxe:◦Produce documentos relacionados cun prototipo empregando software específico deapoio.
•Competencias clave: CCL,CMCCT,CD,CAA.
Bloque3. Materiais de uso técnico.
Bloque 3.1
•Obxectivos: b,e,f,g,h,o
•Contidos:◦Analizar as propiedades dos materiais utilizados na construcción de obxectostecnolóxicos, recoñecendo a súa estructura interna, en relación coas propiedades quepresentan e as modificacións que se poidan producir.
•Cirterios de avaliación:◦Analizar as propiedades dos materiais utilizados na construcción de obxectostecnolóxicos, recoñecendo a súa estrutura interna, en relación coas propiedades quepresentan e as modificacións que se poidan producir.
•Estándares de apredizaxe: •Competencias clave:
9
◦Describe as características propias dosmateriais de uso técnico, comparando assúas propiedades.
◦CCL,CMCCT,CAA
◦Explica as técnicas de identificación daspropiedades mecánicas dos materiais deuso técnico
◦CAA
Bloque 4. Máquinas e sistemas: electricidade, electrónica e
control.
Bloque 4.1
•Obxectivos: b,f,h,o
•Contidos:◦Efectos da corrente eléctrica. Lei de Joule.
•Criterios de avaliación:◦Relacionar os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutrasmanifestacións enerxéticas.
•Estándares de apredizaxe:◦Explica os principais efectos da corriente eléctrica e a súa conversión.
•Competencias clave: CCL,CMCCT
Bloque 4.2
•Obxectivos: b,f
•Contidos:◦Circuito eléctrico: magnitudes eléctricas, elementos, funcionamento e simboloxía.Lei de Ohm.
•Criterios de avaliación:◦Experimentar con instrumentos de medida e obter as magnitudes eléctricas básicas.
•Estándares de aprendizaxe •Competencias clave
◦Utiliza os instrumentos de medida paracoñecer as magnitudes eléctrica decircuitos básicos.
◦CMCCT,CAA
◦Calcula as magnitudes eléctricas básicasen circuitos eléctricos sinxelos.
◦CMCCT
Bloque 4.3
•Obxectivos: b,f,g
•Contidos:◦Deseñar e simular circuitos con simboloxía adecuada e montar circuitos con
10
operadores elementais.
•Estándares de apredizaxe: •Competencias clave:
◦Deseña e monta circuitos eléctricos eelectrónicos básicos empregandolámpadas, diodos LED, transistores,motores, baterias, conectores,condensadores e resistencias.
◦CMCCT,CAA,CSIEE
◦Deseña circuitos eléctricos, utilizandosoftware específico e simboloxíaadecuada, e experimenta cos elementosque o configuran.
◦CMCCT,CD,CAA,CSIEE
Bloque 4.4
•Obxectivos:◦Sistemas de control por computador. Elementos básicos da programación.
•Contidos:◦Deseñar, montar e programar un sistema sinxelo de control.
•Estándares de aprendizaxe:◦Elabora un programa informático que xestione o funcionamento dun sistema decontrol.
•Competencias clave: CMCCT,CD,CAA,CSIEE.
Bloque 5. Tecnoloxía da información e da comunicación.
Bloque 5.1
•Obxectivos: f
•Contidos:◦Elementos dun equipo informático.
•Criterios de avaliación:◦Distinguir as partes operativas dun equipo informático.
•Estándares de aprendizaxe:◦Identifica as partes dun computador e é capaz de substituir e montar as pezas clave.
•Competencias clave: CMCCT,CD,CAA,CSIEE.
Bloque 5.2
•Obxectivos: a,b,e,f,g,m
•Contidos:◦Ferramentas e aplicación básicas para a procura, a descarga, o intercambio e a
11
publicación de información.◦Medidas de seguridade no uso de sistemas de intercambio de información.
•Criterios de avaliación:◦Utilizar de forma segura sistemas de intercambio de información.
•Estándares de aprendizaxe: •Competencias clave:
◦Manexa espazos web, plataformas eoutros sistemas de intercambio deinformación.
◦CMCCT,CD,CAA,CSIEE
◦Coñece as medidas de seguridadeaplicables a cada situación de risco.
◦CMCCT,CD,CAA,CSC
Bloque 5.3
•Obxectivos: b,e,f,g,h,o
•Contidos:◦Utilizar un equipamento informático para elaborar e comunicar documentostécnicos.
•Estándares de aprendizaxe: •Competencias clave:
◦Instala e manexa programas e softwarebásico.
◦CMCCT,CD,CAA
◦Utiliza adecuadamente equipamentosinformáticos e dispositivos electrónicos.
◦CMCCT,CD,CAA
◦Elabora, presenta e difunde proxectostécnicos con equipamentos informáticos.
◦CCL,CMCCT,CD,CAA,CSIEE
4.- TEMPORALIZACIÓN
Popoñemos :
Bloque Semanas
Proceso de resolución de problemastécnicos
2
Expresión e comunicación técnica 2
Materiais de uso técnico 7
Máquinas e sistemas: electricidade,electrónica e control.
15
Tecnoloxía da información e dacomunicación.
4
12
5.- MÍNIMOS EXIXIBLES
Enténdese por mínimos exixibles aquela consecución mínima do currículo no
seu conxunto, que permite ter unha cualificación satisfactoria mínima, é dicir, superar
a materia coa cualificación mínima. A nota máxima a que conducen é o cinco.
•Bloque 1: Explicar o proceso tecnolóxico en conxunto, distinguindo as súas fases,
sendo quen de levalo á práctica no caso dun prototipo sinxelo.
•Bloque 2: Expresar as súas ideas empregando as técnicas de expresión e
comunicación técnica. Saber facer en casos simples esbozos, bosquexos e
documención técnica.
•Bloque 3: Coñecer os principais materiais de uso técnico e as súas propiedades.
•Bloque 4: Interpretar os circuitos eléctricos, electrónicos e de control desde o punto
de vista fenomenolóxico. Coñecer as magnitudes que permiten a súa descrición
científica es as leis que as relacionan. Empregar os coñecementos nas aplicacions
básicas.
•Bloque 5: Coñecer un equipo informáticos básico. Manexar software para expesar
ideas técnicas. Obter información da rede coñecendo as medidas de seguridade
fundamentais.
6.- PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Os procedementos ou maneiras de actuar para evaluar son moi variados.
A observación diaria do profesor na aula e o control das tarefas para facer na casa no
que atinxe a competencia social e cidadá.
As outras competencias:
•Competencia en comunicación lingüística.
•Competencia matemática.
•Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
•Tratamento da información e competencia dixital.
•Competencia cultural e artística.
•Competencia para aprender a aprender.
•Autonomía e iniciativa persoal.
terán como procedementos:
•Exame (tradicional, test de ordenador...).
•Productos derivados do seu traballo no taller e cos equipos informáticos.
13
7.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A cualificación de cada alumno en cada avaliación, obterase como a media
ponderada entre as probas obxectivas (70%) (estas probas obxectivas poderán ser
exames tradicionais ou probas no ordenador), as prácticas de taller (20%), e a actitude
ante a materia (10%). Para aplicar esta media ponderada o alumno deberá acadar unha
nota non inferior a 4 en cada proba escrita e unha media non inferior a 5 entre as
probas escritas en cada avaliación.
Para aprobar a materia o alumno deberá aprobar todas as avaliacións.
Por actitude ante a materia enténdese traer o material, facer as actividades
indicadas na aula ou na casa, ter unha actitude positiva ante a materia na aula, ter a
libreta limpa e con todos os apuntes e exercicios feitos. O profesor ou profesora
anotará no seu diario de clase o cumprimento ou incumprimento por parte de cada
alumno, destes puntos, e , en función das anotacións asignará unha nota a cada un que
ponderará o 10%.
NOTA: cando nunha avaliación non se fagan prácticas ou proxectos no taller, a
cualificación obterase como a media ponderada entre os exames (90%) e a actitude
ante a materia (10%)
Para os/as alumnos/as avaliados negativamente nunha proba parcial ,
proporanse actividades de reforzo e de recuperación individualizadas, segundo os
aspectos causantes da avaliación negativa.
-Os/as alumnos/as que, polas súas circunstancias particulares (faltas de
asistencia,...) queden excluídos da avaliación continua, recibirán a súa cualificación
polo resultado que obteñan nunha proba escrita e/ou pola realización dun traballo na
casa. A elección dependerá exclusivamente do criterio do Departamento de
Tecnoloxía, que terá en conta as causas da imposibilidade de realizar a avaliación
continua.
No mes de Xuño farase un exame de recuperación da materia. Cada alumno
poderá presentarse á parte ou pates que non teña superada(s) durante o curso. A nota
desta proba substituirá ás notas das partes suspensas (polo tanto, a nota dos traballos
de taller e da actitude ante a materia non variarán).
14
Se o alumno/a non supera a materia no exame do mes de Xuño terá de presentarse
con toda a materia á convocatoria extraordinaria no mes de setembro. Nesta
convocatoria o 100% da nota será a cualificación obtida no exame, redondeada ao
enteiro mais próximo.
8.- PROCEDEMENTOS PARA REALIZAR A
AVALIACIÓN INICIAL
Nos primeiros días do curso no departamento farase unha investigación sobre
as características e competencias dos alumnos de terceiro da ESO que non repitan
curso. Leremos coidadosamente os expedientes do curso anterior e analizaremos a súa
traxectoria pasada como estudantes.
Consideramos suficientes os informes do curso anterior, no que xa está
contemplada a evolución do alumnado.
9.- PLAN DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS
PENDENTES
Para recuperar a materia de tecnoloxía de 3º de ESO, o alumnado de 4º de ESO
terá que realizar actividades que se lle entregarán e tamén dous exames para
comprobar que entendeu as tarefas propostas. O primeiro exame farase no mes de
febreiro coa primeira parte da materia, e o segundo exame farase no mes de maio con
toda a materia,, ainda que o alumnado que teña superado o primeiro exame só será
examinado, neste segundo exame, da segunda parte da materia. No exame faranse
preguntas iguais ou similares ás das actividades propostas. O alumnado estará
titorizado pola súa profesora de Tecnoloxía de terceiro, baixo a coordinación da xefa
de departamento, podéndolle preguntar a calquera das dúas as dúbidas que lle xurdan
ao realizar as actividades propostas. A xefa do departamento convocará ao alumnado
coa materia pendente ás reunións informativas necesarias e facilitaralle as actividades
a realizar e o material preciso. Na convocatoria ordinaria, un 20% da nota
15
corresponderá ás actividades presentadas, e un 80% ao exame. No caso de que o
alumno/a non superara a materia pendente deberá presentarse no mes de Setembro
10.- METODOLOXÍA DIDÁCTICA.
A metodoloxía didáctica será activa e participativa, favorecendo o traballo
individual e o cooperativo do alumnado, así como o logro dos obxectivos e das
competencias correspondentes. Procurarase o traballo en equipo do profesorado co
obxecto de proporcionar un enfoque multidisciplinar do proceso educativo, garantindo
a coordinación de todos os membros do equipo docente de cada grupo. Teremos en
conta como principio a diversidade do alumnado, entendendo que deste xeito se
garante o desenvolvemento de todos/as os/as alumnos/as e mais unha atención
personalizada en función das necesidades de cadaquén. Os mecanismos de reforzo,
que se deberán pór en práctica tan pronto como se detecten dificultades de
aprendizaxe, poderán ser tanto organizativos como curriculares.
Prestarase unha atención especial á adquisición e ao desenvolvemento das
competencias, e fomentarase a correcta expresión oral e escrita, e o uso das
matemáticas. De acordo co disposto no artigo 24.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual,
as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación
cívica e constitucional traballaranse intensamente.
Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no
currículo, deseñaremos actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao
alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao
mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilidades que ofrecen as metodoloxías
de proxectos, entre outras, así como os recursos e as actividades da biblioteca escolar.
O ensino desta materia require que se realicen proxectos nos que se traballe en
equipo para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar e formalizar o
deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto
de vista tecnolóxico e social. Trátase de aprender a identificar e a seleccionar
solucións aos problemas técnicos, a realizar cálculos e estimacións, e a planificar a
realización de actividades de deseño, de montaxe e de verificación das características
16
dos prototipos, contextos de aprendizaxe nos que son importantes a iniciativa, a
colaboración e o respecto polas normas de seguridade, e nos que as tecnoloxías da
información e da comunicación son ferramentas imprescindibles para a busca de
información, para a elaboración de documentos ou de planos, para a realización de
simulacións e de cálculos técnicos e económicos, e para a presentación ou a
publicación de resultados.
No ensino da tecnoloxía resulta adecuado, xa que logo, reflexionar e traballar
en grupo procurando solucións a problemas nos que se poidan aplicar os
coñecementos adquiridos, e buscar información adicional, se se require, para fomentar
o espírito emprendedor.
11.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.
Os materiais e recursos didácticos son:
•A aula taller e a súa dotación(ferramentas, canón de proxeción e ordenador, equipos
neumáticos e electrónicos,...).
•As aulas de informática. (Programas de simulación, tecno12-18....)
•Materiais elaborados polas profesoras do departamento (fichas, apuntamentos, etc)
•O libro de texto. Ed.Santillana
•A biblioteca do centro.
12.- MEDIDA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un
alumno non progresa adecuadamente, os profesores, tan pronto como detecten as
dificultades de aprendizaxe, adoptarán medidas de reforzo educativo coa finalidade de
que o alumnado adquira as aprendizaxes necesarias para continuar o proceso
educativo.
Enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que
teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e
17
necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións
sociais e culturais de todo o alumnado.
Dentro das medidas ordinarias, sen alteración significativa dos seus
obxectivos, contidos e criterios de avaliación , levamos a diante as seguintes, en
función do caso que se presente:
•Adecuación da programación didáctica ao alumnado.
•Adecuación da estrutura e da organización e xestión da aula ás características do
alumnado.
•Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos,
aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión.
•Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.
•Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.
•Programas de recuperación.
•Programas específicos personalizados.
Dentro das medidas extraordinarias temos:
•Adaptacións curriculares.
Os mecanismos de detección das intervencions ordinarias e extraordinarias son:
•Avaliación inicial.
•Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un alumno
non progresa adecuadamente, tan pronto como se detecte as dificultades de
aprendizaxe, adoptaremos medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o
alumnado adquira as aprendizaxes necesarias para continuar o proceso educativo.
Calquera medida de atencíón á diversidade adoptada, será comunicada nas
reunións de departamento e quedará reflectida na memoria final.
13.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES.
Entre os principios da educación se sinalan a transmisión dos valores que
favorecen a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia, a
igualdade, o respecto e a xustiza, que constitúen a base da vida en común, e a
participación da comunidade educativa, así como o principio do esforzo compartido
18
que deben realizar o alumnado, as familias, o profesorado, os centros, as
administracións, as institucións e a sociedade no seu conxunto como requisito
necesario para asegurar unha educación de calidade con equidade.
Os valores propostos no plan de valores do centro- entendendo o concepto de
valor como ”desenvolvementos humanos que transcenden o interese particular” son:
aconfesionalidade, liberdade de conciencia, democracia, humanidade e solidariedade.
Como todos sabemos estes valores non se estudan, senón que se practican, así
que o noso exemplo como profesores e a nosa coherencia co compromiso do centro
con estes valores é fundamental para que os alumnos/as adquiran as seguintes
habilidades:
•Sentimento de eficacia e competencia persoal.
•Intelixencia emocional e social.
•Desenvolvemento da capacidade de definir metas.
•Desenvolvemento da capacidade para acadalas.
14.- PROXECTO LECTOR
Dende o departamento faremos todo o posible para axudar nos seguintes aspectos:
1.A existencia e fomento dunha biblioteca escolar como centro de recursos da
información, da lectura e da aprendizaxe, dinamizadora da actividade educativa e da
vida cultural do centro.
2.A integración das fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico)
no tratamento dos contidos curriculares.
3. A formación de lectores e de lectoras competentes e a creación e consolidación do
hábito de lectura.
4.O desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de
ambientes lectores, entre outras estratexias.
5.O funcionamento da biblioteca escolar como factor de compensación social.
Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no
currículo, deseñaremos actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao
alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao
19
mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilidades que ofrecen as metodoloxías
de proxectos, entre outras, así como os recursos e as actividades da biblioteca escolar.
Ao longo do curso propoñeranse aos alumnos a lectura de textos relacionados
coa materia tratada, poñendo especial acento nos artículos científicos e noticias da
actualidade. Estes texto leranse e debaterase a súa compresión e os diferentes puntos
de vista que cada un teña en función da devandita compresión do texto.
15.- INTEGRACIÓN DAS TIC.
A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo da
aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A
súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das
nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles
adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito
a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.
Trátase de que o alumnado acade unha competencia dixital. Esta competencia
consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar
información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que
van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez
tratada, incluíndo a utilización das como elemento esencial para informarse, aprender
e comunicarse.
A asignatura xa ten dentro do curriculo ordinario as tecnoloxías da
comunicación e da información como contido.
16.- PLAN DE CONVIVENCIA
O plan de convivencia é o documento no que se articula a convivencia escolar
e as liñas xerais do modelo de convivencia que se pretende implantar, os obxectivos
específicos que cómpre alcanzar, as normas que a regulan e as actuacións que se
deben realizar neste ámbito para a consecución dos obxectivos proxectados. En
definitiva, é un proxecto de reflexión e pensamento en que se sinalan as liñas de
actuación para a mellora da convivencia no centro docente, e por iso o proxecto
20
educativo de cada centro ten un plan de convivencia que recolle e desenvolve os fins e
principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas
sobre a materia. O dito plan de convivencia integra o principio de igualdade entre
mulleres e homes e establece, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os
obxectivos, as directrices básicas e as actuacións, incluíndo a mediación na xestión
dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.
A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras
nun marco de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interrelación
harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade
educativa. Ten un enfoque formativo, ao tratarse dunha aprendizaxe enmarcada en
obxectivos fundamentais e transversais e, pola súa vez, é unha responsabilidade
compartida por toda a comunidade educativa.
É preciso ser conscientes da importancia que un clima escolar axeitado ten no
desenvolvemento positivo da vida dos docentes, dos procesos educativos e das
relacións interpersoais que se desenrolan nos mesmos. Cómpre tamén ter unha serie
de fins do sistema educativo como o exercicio da tolerancia e da liberdade, dentro dos
principios de convivencia e a prevención de conflitos xunto coa resolución pacífica
dos mesmos. É imprescindible tamén considerar a diversidade como unha
característica intrínseca aos grupos humanos e considerala como un elemento
enriquecedor e non como un factor de desigualdade.
O plan de convivencia terá obxectivos dirixidos a todos e cada un dos sectores
da comunidade educativa e por finalidade a de favorecer as propostas educativas que
axuden ao profesorado e ao alumnado á observación dos valores e as liberdades
fundamentais do ser humano.
Os nosos fins no departamento serán os seguintes:
a) A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o
cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de
aproveitar de forma óptima os recursos que a sociedade pon á disposición do
alumnado no posto escolar.
b) A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de
dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non
discriminación das persoas.
21
c) A prevención e o tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas efi-
caces.
d) A búsqueda da corresponsabilidade das nais e dos pais ou das titoras ou titores no
mantemento da convivencia nos centros docentes, como un dos principais deberes que
lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou fillas, pupilos ou
pupilas.
e) A promoción da resolución pacífica dos conflitos e o fomento de valores, actitudes
e prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas.
f) O avance no respecto entre todos os membros da comunidade educativa e na mello-
ra da convivencia escolar.
g) A promoción da sensibilización dos distintos sectores que interveñen na educación
sobre a importancia da convivencia como parte fundamental para o desenvolvemento
persoal e social do alumnado.
17.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS.
Ao longo do curso valorarase a posibilidade de acudir algunha área divulgativa para
que os alumnos e alumnas poidan comprender dun xeito máis experiencial o contidos
da materia. Tratarase de facer alomenos unha visita a Sotavento e a unha Central
Térmica
22
18.- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA
PROGRAMACIÓN.
Na reunións de departamento debaterase a necesidade de facer cambios ou
reaxustes na programación actual. No caso de seren estes inminentes, os cambios
quedarán reflectidos na acta de departamento e a xefa/ xefe de departamento acordará
de rexistralos na programación do seguinte curso escolar.
Para facer unha axeitada avaliación das programacións empregaremos a
seguinte rúbrica como matriz de valoración:
RÚBRICA Excelente satisfactorio Insuficiente
ObxectivosAcádanse osobxectivos
plenamente.
Acádanse osobxectivos no marco
dos mínimos exixibles.
Non se acadan osobxectivos.
Contidos
Os contidos son osprecisos para ascompetencias a
desenrrolar.
Os contidos adaptanseas competencias nomarco dos mínimos
exixibles.
Non os contidosadecuados osobxectivos en
relación ascompetencias.
Criterios deavaliación
Perfectamentealineados cosobxectivos, o
alumnoautorregulase con
eles.
Alineamento suficientepara os mínimos
exixibles.
Mal alineados, oalumno non podetomar decisións
axeitadas por faltade cognitividadeno alineamento.
Metodoloxía
O alumno eprotagonista do seuavance. Ama o que
fai, e lider esocializase
correctamente.
Alumno guiado quesatisface os mínimos.
O alumno no acadao obxectivo por
unha metodoloxíaque non socializa,
e segrega nocoñecemento.
TemporalizaciónAdáptase o
calendario escolar.Permite satisfacer osmínimos exixibles.
Non se adapta ocalendario escolar.
Convivencia
O alumnocomprende o
contexto normativoe adapta a súa
conducta.
A competencia sociaise civicas achegase osmínimos exixibles.
A convivencianegativa non
permite oaproveitamento
academico.
23
24