Download - Criterios de promoción e titulación na ESO
CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO - LOMCE
RESUMO DA LEXISLACIÓN
IES A SARDIÑEIRA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Mónica Diz Besada
2
LEXISLACIÓN DE REFERENCIA
Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa
DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orden ECD/462/2016, de 31 de marzo, por la que se regula el procedimiento de incorporación
del alumnado a un curso de ESO o de Bachillerato del sistema educativo definido por la Ley
Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa, con materias no
superadas del currículo anterior a su implantación
PROMOCIÓN E REPETICIÓN NA ESO
As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa,
serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto de profesores do alumno.
A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase tras
esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades do
alumno.
Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou
teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo.
Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que
sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de
forma simultánea.
De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción de un alumno con avaliación
negativa en 3 materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:
a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e
Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas,
b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non
impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas
favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica,
c) Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello
orientador.
Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno con
avaliación negativa en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua
Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente
considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten
expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa
evolución académica, e sempre que se apliquen ao alumno ou alumna as medidas de
atención educativa propostas no consello orientador.
3
Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o
alumno debe cursar en cada un dos bloques.
No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua
Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos poidan cursar máis
materias do devandito bloque.
As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse
como materias distintas.
Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias
non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e
deberán superar as avaliacións correspondentes aos devanditos programas de
reforzo.
Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.
Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da
etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un
ano o límite de idade (ata os 19 anos cumpridos no ano no que finalice o curso).
Excepcionalmente poderase repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu
nos cursos anteriores da etapa.
A repetición de curso deberá ir acompañada dun plan específico personalizado,
orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, plan que se
deseñará nos centros dacordo co que estableza a Consellería de educación.
OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO
Para obter o título de Graduado en ESO será necesaria a superación da avaliación
final, así como unha cualificación final desta etapa igual ou superior a 5 puntos sobre
10.
A cualificación final da ESO deducirase da seguinte ponderación:
a) Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias
cursadas en ESO.
b) Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da ESO.
En caso de que o alumno superase a avaliación polas 2 opcións de avaliación final,
para a cualificación final, tomarase a máis alta das que se obteñan tendo en conta a
nota obtida en ambas as dúas opcións.
En caso de que se obteña o título de Graduado en ESO pola superación da proba para
persoas maiores de 18 anos, a cualificación final da ESO será a obtida na devandita
proba.
4
No título deberá constar a opción ou opcións polas que se realizou a avaliación final,
así como a cualificación final da ESO.
O título de Graduado en ESO permitirá acceder ás ensinanzas postobrigatorias.
Os alumnos que cursen a ESO e non obteñan o título ao que se refire este artigo
recibirán unha certificación con carácter oficial e validez en toda España, onde
constarán os ámbitos e as materias cursadas, coas cualificacións obtidas. A
Consellería determinará as partes que se consideran superadas das probas que
organice para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou para a obtención do
título de graduado en ESO.
AVALIACIÓN FINAL DE ESO
Ao finalizar o 4º curso, os alumnos realizarán unha avaliación individualizada pola
opción de ensinanzas académicas ou pola de ensinanzas aplicadas.
Materias obxeto de avaliación:
a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais, salvo Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, das que o alumno ou alumna será avaliado se as escolle entre as materias de opción, segundo se indica no parágrafo seguinte.
b) Dúas das materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en 4º curso. c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non
sexa Educación Física, Relixión, ou Valores Éticos.
Poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos e alumnas que obtivesen
ben avaliación positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dúas
materias sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e
Matemáticas ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. Para estes efectos:
1º) Só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou alumna debe cursar en cada un dos bloques. 2º) No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os devanditos alumnos e alumnas poidan cursar máis materias do referido bloque. 3º) As materias coa mesma denominación en diferentes cursos de ESO consideraranse como materias distintas.
A materia de Lingua Galega e Literatura terase en conta para o cálculo da nota
obtida nas devanditas avaliacións finais na mesma proporción que a materia de Lingua
Castelá e Literatura. Terán exención da realización destas probas os alumnos e as
alumnas que estean exentos/as de cursar ou de ser avaliados/as da materia Lingua
Galega e Literatura, segundo a normativa autonómica correspondente.
A superación desta avaliación requirirá unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10.
5
Os alumnos poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de
ensinos académicos ou de ensinos aplicados, con independencia da opción cursada
en 4º de ESO, ou por ambas opcións na mesma convocatoria. No caso de que realicen
a avaliación por unha opción non cursada, avaliaráselles das materias requiridas para
superar a avaliación final pola devandita opción que non tivesen superadas, elixidas
polo propio alumno dentro do bloque de materias troncais.
Os alumnos que non superasen a avaliación pola opción escollida, ou que desexen
elevar a súa cualificación final de ESO, poderán repetir a avaliación en
convocatorias sucesivas, previa solicitude.
Os alumnos que superasen esta avaliación por unha opción poderán presentarse de
novo á avaliación pola outra opción se o desexan, e, de non superala en primeira
convocatoria, poderán repetila en convocatorias sucesivas, previa solicitude.
Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias
que o alumno superase. Non será necesario que se avalíe de novo ao alumnado que
se presente en segunda ou sucesivas convocatorias das materias que xa superase,
salvo que desexe elevar a súa cualificación final.
Celebraranse cando menos dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra
extraordinaria.
A Consellería poderá establecer medidas de atención personalizada dirixidas a
aqueles alumnos e alumnas que, presentándose á avaliación final de ESO, non a
superaran.
MATERIAS NON SUPERADAS DO CURRÍCULO ANTERIOR Á LOMCE
(Orde ECD/462/2016)
O alumnado deberá recuperar as materias cursadas e non superadas dos cursos
anteriores, se continúan formando parte da organización do novo curso, tendo en
conta o cadro do anexo.
No caso do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, deberá terse
en conta para elo as adaptacións curriculares que tivo na etapa.
No caso de que as materias cursadas e non superadas formen parte do bloque de
asignaturas específicas, o alumno poderá optar por cursalas de novo ou substituílas
por outras do mesmo bloque.
O alumnado que teña materias non superadas, e que deixaran de formar parte da
oferta educativa, poderá optar por non volver a cursalas (neste caso a calificación que
obtivera non será tida en conta para o cálculo da nota media de ESO), ou por
sustituílas por outras.
En todo caso calquera das dúas opcións estará supeditada a que o alumnado deberá
cursar o mínimo número de materias de cada bloque.
Excepcionalmente durante os cursos 2015-2016 e 2016-2017 o alumnado poderá ser
avaliado das materias non superadas conforme ao currículo que cursara.
6
CONSELLO ORIENTADOR
Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de
cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis
adecuado a seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do grao do
logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes
que xustifica a proposta.
Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación
sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ou a
un ciclo de Formación Profesional Básica.
O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
Materias LOE Materias LOMCE