COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 16 DE NOVEMBRO DE 2015
(pendente de aprobación)
Presidida pola Sra. Decana, na Sala de Xuntas da Facultade de Química, ábrese a sesión as 16:30 h do 16/11/2015, cos asistentes que se relacionan ao marxe.
Bermejo Barrera, Mª Pilar (Decana)
Peña Gil, Diego Barciela Alonso, Mª del Carmen Fernández Ramos, Antonio Casais Laíño, Mª del Carmen Ríos Rodríguez, Mª del Carmen Rodríguez Dafonte, Pedro Bastida de la Calle, Rufina Vila Abad, José Manuel Sanmartín Matalobos, Jesús (Secretario)
Desculpan a súa asistencia os membros da Comisión que continuación se relacionan:
García Deibe, Ana Mª Villaverde Cameron-Walker, Mª Carmen ORDE DODÍA 1 – Aprobación de actas de sesións anteriores. 2 – Informe da Sra. Decana 3 – Informe anual de seguimento do Grao en Química 4 –Rogos e preguntas.
Recóllese a continuación o desenvolvemento da sesión.
1. Aprobación de actas de sesións anteriores. A Sra. Decana abre a sesión sometendo a aprobación a acta da sesión celebrada con data 15/10/2015, resultando aprobada por asentimento.
2. Informe da Sra. Decana.
A Sra. Decana informa de que, un documento elaborado polo Comité consultivo no que se analizan as posibles causas da deficiente formación do alumnado que accede ao Grao en Química foi enviado aos centros de formación secundaria galegos, e entregado en man ao Director Xeral de ensino secundario. A raíz da entrevista co Dtor. Xeral solicitouse da CIUG información sobre a porcentaxe do alumnado do Grao en Química que nos últimos anos cursou Física, Química e Matemáticas. Os membros da comisión amosan a súa sorpresa ao comprobar que tan so o 38% do alumnado do Grao en Química do curso 2015/2016 cursou Física, Química e Matemáticas, e apuntan a este dato como causa da deficiente formación do alumnado. A continuación, a Sra. Decana informa de que recentemente asistiu a unha reunión cos profesores das materias de 1º curso e cos coordinadores dos módulos do Grao en Química na que se abordaron as posibles causas da reducida taxa de éxito, especialmente en 2º curso, e as medidas a adoptar. 3. Informe anual de seguimento do Grao en Química. O responsable de calidade do centro explica que ven de producirse un cambio que afecta ao modelo de informe anual de seguimento, e que acorde co novo modelo elaborou unha serie de informes que detallará a continuación, rogando se aporten as suxestións que se consideren oportunas. O responsable de calidade do centro vai comentando polo miúdo os informes, que a continuación se citan, e que se achegan anexados a acta desta reunión. INFORME Nº E3 (Anexo 1): Análise do perfil real de ingreso/egreso. Criterio 1 - Organización E Desenvolvemento
INFORME Nº E10 (Anexo 2): Análise das enquisas de satisfacción Criterio 3: Sistema de Garantía de Calidade Criterio 7: Indicadores de Satisfacción e Rendemento
INFORME Nº E13 xunto con informe complementario (Anexo 3): Análise das enquisas de avaliación da docencia Criterio 4: Recursos humanos
INFORME Nº E19 (Anexo 4): Análise dos resultados do título Criterio 6: Resultados da Aprendizaxe Criterio 7: Indicadores de Satisfacción e Rendemento
Despois de analizados polos membros da comisión os datos recollidos nos informes
aportados, propóñense as seguintes accións de mellora:
CRITERIO 1 (INFORME NºE3)
Revisados os indicadores e evidencias de perfil real de ingreso e tendo en conta que
(1) a matrícula de novo ingreso supera o nº de prazas ofertadas
(2) está aumentando o nº de traslados de expediente (continuación de
estudios)
(3) a reunións de coordinación e os informes propios detecta un baixo nivel
de coñecementos previos dos alumnos
Proponse como acción de mellora:
AM-1: Mellorar o perfil de Ingreso para o cal se propón:
(a) Solicitar á Vicerreitoría a diminución do 5% de prazas ofertadas
(b) Mellorar a comunicación cos responsable da ensinanza secundaria
Analizado os datos de mobilidade entrante e saínte e como continuación da AM-
6 (Curso 13-14) proponse como acción de mellora:
AM-2: Incrementar a nivel de internacionalización do Grao en Química:
(a) Participación en Foros e Rankings internacionais.
(b) Solicitar axudas á Calidade para a adaptación da web na súa versión en inglés.
(c) Revisar acordos ERASMUS mediante o contacto co profesorado do Grao
CRITERIO 3 e 7 (INFORME NºE10)
Os indicadores e evidencias de prácticas externas indican que a coordinación dos
coordinadores é mellorable. Ademais dende o centro, na anterior reunión da
comisión de Grao (15/10/2015) xa se propuxo mellorar estas prácticas e unificar
criterios de valoración. Proponse como acción de mellora:
AM-3: Incrementar a coordinación das prácticas externas. Establecer un protocolo
de comunicación entre titores e realizar reunión de coordinación.
As enquisas de satisfacción propias apostan datos valiosos para o seguemento
dos títulos. No próximo curso trataremos de evitar solapamentos. Acción de
mellora proposta:
AM-4: Enquisas de satisfacción propias.
CRITERIO 4 (INFORME NºE13)
As enquisas de avaliación da docencia recibida e impartida indican que a
coordinación dentro das materias debería ser mellorada. Á acción de mellora
proposta a imos a incluír no criterio 7, xa que se trata de mellorar a coordinación
que tamén afecta ós indicadores de resultados.
CRITERIO 6/7 (INFORME NºE19)
E preciso continuar mellorando a coordinación horizontal e vertical. Tal e como
se debateu en anteriores reunións da comisión de grao pódese analizar taxas de
éxito e rendemento por materias. Analizar a evolución temporal de indicadores.
Nas materias onde se detecten cambios significativos co tempo, taxas moi baixas
ou altas propóñense reunións e posibles solucións. En definitiva aplicar as
medidas que a comisión de Grao propoña durante o curso.
AM-5: Mellora da coordinación do grao: (1) Reunións de coordinación da
Comisión de Grao (2) Establecemento de contidos mínimos en primeiro curso.
As enquisas a egresados confirman, unha vez máis, que o peor valorado son as
infraestruturas do centro. Tamén ofrecen resultados pouco satisfactorios a
xestión de reclamacións no centro. O curso 14-15 se creou a caixa de queixas na
Facultade. Tamén se tramitaron numerosas e diversas reclamacións por outra
vías. Recordamos que as enquisas a egresados se realizan 2 anos despois de
finalizar o Grao.
AM-6: Mellora das infraestruturas: (1) Aulas, (2) Laboratorios, (3) Pantallas
informativas, (4) Material Informático e de apoio en aula, (5) Software Aula
informática, (6) Biblioteca
4. Rogos e preguntas. A profra. Bastida de la Calle roga que no taboleiro da Facultade de Química reservado para o Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial non se expoña material que non corresponda ao citado máster.
E non tendo mais asuntos que tratar, ás 17:52 h do 16 de novembro de 2015 levántase a sesión, do contido da cal dou fe como Secretario co visto e prace da Sr. Decana.
Secretario da Facultade Vº e Pr. Decana da Facultade
Asdo.: Jesús Sanmartín Matalobos Asdo.: Mª Pilar Bermejo Barrera
Anexo 1
INFORME Nº E3
Análise do perfil real de ingreso/egreso
CRITERIO 1 - ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO
O número de prazas ofertadas mantense constante nos últimos cinco cursos en 125 prazas
(indicador IN01G-PC-05).
O número de matrícula de novo ingreso (indicador IN03G-PC-05) é superior a 125, como ven
sendo habitual, sendo no curso 2014-2015 de 146. Na seguinte gráfica móstrase a evolución
deste indicador nos últimos cinco cursos. A modo comparativo se engade tamén o valor medio
da USC no curso 2014-2015.
Entrando en detalle neste indicador, a análise do perfil de aceso mostra que no curso 2014-
2015 dos 147 matriculados, 119 proceden de PAAU, 11 de Formación Profesional, 11 de
continuación de estudos (traslado) e 3 de Adaptación desde Plans en extinción e os 2 restantes
de outras vías. Este porcentaxe, ao longo do tempo, é mais ou menos constante no caso de
estudantes procedentes de PAAU e FP. Destaca este curso as 11 matrículas de novo ingreso de
continuación de estudos.
Na seguinte táboa se mostran os indicadores relativos ao perfil real de ingreso.
020406080
100120140160
121141 147 140 140 146
IN03G-PC-05 - Matrícula de novo ingreso
Os indicadores relativos ás notas de acceso nas seguintes gráficas se mostra os indicadores
relativos ás notas de acceso:
Seguindo con este tipo de indicadores engadimos máis datos obtidos do informe da CiUG, para
o grado en Química do Curso 2014-2015:
Indicador Nome Curso
2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN04G-PC-05 Matrícula de inicio de estudos 130 128 126 132 131
IN05G-PC-05 Variación da matrícula de inicio de estudos +31,3% -1,5% -1,6% +4,8% -0,8%
IN10G-PC-05 Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción
matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas
43,2% 46,4% 56,8% 52,0% 60,8%
IN12G-PC-05 Porcentaxe de matriculados de inicio de estudos sobre
prazas ofertadas
104,0% 102,4% 100,8% 105,6% 104,8%
0
2
4
6
8
10
6,67,12 7,41 7,7 7,68 7,89
IN06G-PC-05 - Nota media de acceso por preinscrición
0.0
20.0
40.0
60.0
80.0
100.0
66,776,9 79,1
85,7 87,196,2
IN07G-PC-05 - Porcentaxe de estudantes que acceden á titulación con puntuación igual ou superior a seis
No relativo a procedencia dos novos estudantes, isto está recollido nos indicadores da seguinte
táboa:
En canto a participación en programas de mobilidade e prácticas en empresas e institucións:
Indicador Nome Curso
2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN08G-PC-05
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre
matriculados
0 0,28% 0,22% 0,76% 0,53%
IN09G-PC-05 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia
sobre matriculados
0,83% 0,55% 0,66% 0,95% 1,24%
Indicador Nome 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN17G-PC-08 Porcentaxe de estudantes enviados pola USC a programas de mobilidade sobre o total de matriculados
0 0 2,21% 2,43% 4,18% 1,95%
IN18G-PC-08 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados
0,83% 0,83% 0,28% 0,88% 1,33% 0,89%
IN22G-PC-09 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou
prácticas en empresas e institucións
- - - 28% 38,6% 69,35%
O informe INF.03 detalla a procedencia e destino dos estudantes participantes nos programas
de mobilidade. No caso concreto do Grao en Química recollemos os seguintes datos.
Mobilidade saínte:
Mobilidade entrante:
No caso do indicador IN22G-PC-09 pódese complementar os datos cos resultados das enquisas
de satisfacción do alumnado e titores. O detalle das enquisas de satisfacción co Programa de
Prácticas Externas do Grao en Química se mostra no informe nº E10. Tamén en dito informe se
recollen os resultados de satisfacción dos estudantes cos programas de mobilidade.
Anexo 2
INFORME Nº E10
Análise das enquisas de satisfacción
CRITERIO 3: SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE
CRITERIO 7: INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO
Neste informe de análise das enquisas de satisfacción temos que comezar mostrando os
indicadores sobre satisfacción dos programas de mobilidade e de prácticas externas. O
resumen destes indicadores se mostran sa seguinte táboa.
Os detalles de cada enquisa relacionada cas prácticas externas se mostran nas seguintes
táboas recollidas dos informes INF.06, INF.07 e INF.08.
INF.06 (Alumnado):
INF.07 (Titoras/es Profesionais):
Indicador Nome 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN15G-PC-08 Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade - 3,73 3,71
IN16G-PC-08 Satisfacción dos estudantes entrantes cos programas de mobilidade - 4,75 4,50
IN19G-PC-09 Satisfacción dos estudantes cos programas de prácticas externas - 4,71 4,04
IN20G-PC-09 Satisfacción dos titores externos cos programas de prácticas externas - 3,89 4,22
IN21G-PC-09 Satisfacción dos titores académicos cos programas de prácticas externas - - 4,00
INF.08 (Titoras/es Académicas/os):
En canto á satisfacción dos estudantes e profesores coa docencia recibida/impartida o
resumen se recolle na seguinte táboa:
Por último é necesario recordar que dentro das accións de mellora do Grao en Química
propostas no informe de seguimento do curso 2013-2014 se propuxo a realización de enquisas
internas. As enquisas realizadas foron as seguintes:
Enquisa de satisfacción estudantes de TFG coas xornadas de presentación dos
profesores titores de TFG.
Enquisa de satisfacción para alumnos de primeiro de Grao no curso 14-15.
Enquisa de satisfacción alumnos e titores que realizaron prácticas externas no curso
13-14.
Indicador Nome 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN46G-S01-PM-01 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida 3,70 3,65 3,75 3,76
IN47G-S01-PM-01 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida - - 3,51 3,54
IN48G-PM-02 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida 39,6% 37,5% 32,6% 27,4%
Enquisa de satisfacción para egresados no curso 13-14.
Enquisa de satisfacción PAS e profesorado da facultade coa formación recibida no
curso 14-15.
Os resultados destas enquisas están dispoñibles no enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/enquisas.html
Anexo 3
INFORME Nº E13
Análise das enquisas de avaliación da docencia
CRITERIO 4: RECURSOS HUMANOS
No informe E10 anticipamos os indicadores de avaliación da docencia. Agora, se queremos
analizar en detalle ditos indicadores (IN46G-S01-PM-01 e IN47G-S01-PM-01) do curso 2014-
2015, necesitamos revisar os informes INF.13 e INF.14.
O informe INF.13 de satisfacción do alumnado coa docencia recibida ofrece as seguintes
respostas:
O informe INF.14 de satisfacción do profesorado coa docencia impartida, pola súa banda,
ofrece as seguintes respostas:
Informe Complementario
CRITERIO 4: RECURSOS HUMANOS
Este documento é un informe complementario ós informes de análise necesarios para a
preparación do Informe de seguimento do Grao en Química. A comisión de Grao pode ter en
conta o informe para a proposta de Accións de Mellora do Grao.
Os indicadores que se recollen neste informe son relativos ós Recursos Humanos. Na seguinte
táboa se mostra a evolución de datos do profesorado.
Nas seguintes gráficas mostramos a evolución dos indicadores IN30G-PS-01, IN31G-PS-01 e
IN32G-PS-01. A media destes indicadores na USC e de 6,4 para o ratio de estudantes por
profesor a tempo completo, 66 estudantes para a media de alumnos por grupo de teoría e 31
a media de alumnos por grupo de docencia interactiva .
Indicador Nome 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN24G-PS-01 Porcentaxe de PDI con sexenios sobre o PDI total con docencia no título 86,7% 86,9% 92,9% 95,9% 94,4% 94,5%
IN25G-PS-01 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total 100% 100% 97,7% 99,0% 99,1% 100%
IN26G-PS-01 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total 86,7% 86,9% 90,6% 89,8% 86,9% 82,6%
0
1
2
3
4
5
6
4,03 4,024,31
4,614,92 5,17
IN30G-PS-01 - Ratio de estudantes por profesor a tempo completo
01020304050607080
58 60
7467
76 66
IN31G-PS-01 - Media de alumnos por grupo de teoría
Nas seguinte gráfica mostramos a evolución do grao de satisfacción do PDI do centro coa
formación recibida durante o curso 2014-2015.
O 30 % do profesorado realizou cursos e foron os seguintes:
05
101520253035
30 31 33 31
IN32G-PS-01 - Media de alumnos por grupo de docencia interactiva
11,5
22,5
33,5
44,5
54,16 4,22 4,09 4,25 4,42 4,47
IN28-PS-01 - Satisfacción media do PDI coas actividades formativas desenvolvidas
Nas seguinte gráfica mostramos a evolución do grao de satisfacción do PAS do centro coa
formación recibida durante o curso 2014-2015.
O 67% dos PAS do centro fixeron cursos de formación durante o ano 2014, sendo os que se
indican na seguinte táboa.
Para finalizar facemos referencia ao enlace do SGIC da web da Facultade de Química onde se mostra unha enquisa interna de grado de satisfacción con esta formación recibida:
http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/enquisas.html
11,5
22,5
33,5
44,5
53,73
4,09 4,11
IN29-PS-01 - Satisfacción media do PAS coas actividades formativas desenvolvidas
Anexo 4
INFORME Nº E19
Análise dos resultados do título
CRITERIO 6: RESULTADOS DA APRENDIZAXE
CRITERIO 7: INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO
O obxectivo deste informe e analizar os resultados do título empregando indicadores
relacionados cos criterios 6 e 7.
En primeiro lugar analizamos os indicadores relativos a resultados do aprendizaxe. Podemos
recordar que Taxa de Éxito (IN35-S01-PM-01) se define como a relación porcentual entre o
número total de créditos que superaron os estudantes e o número total de créditos aos que se
presentaron. A Taxa de Rendemento (IN34-S01-PM-01) é a relación porcentual entre o
número total de créditos que superaron os estudantes e o número total de créditos en que se
matricularon. O terceiro indicador Taxa de Avaliación (IN36-S01-PM-01) reporta a relación
porcentual entre o número total de créditos aos que se presentaron os estudantes e o número
total de créditos matriculados. Estes tres indicadores amosan información sobre o grao de
eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica. Na seguinte
táboa e figuras se mostra a evolución nos últimos cursos:
Indicador Nome 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015 USC
IN34G-S01-PM-01 Taxa de rendemento 66,41 64,11 61,32 65,93 63,52 62,61 76,57
IN35G-S01-PM-01 Taxa de éxito 81,2 74,45 69,18 69,96 69,79 69,01 85,70
IN36G-S01-PM-01 Taxa de avaliación 81,78 86,1 88,65 94,24 91,01 90,73 89,53
O informe INF.17 ofrece a información detallada da taxa de éxito por materias. Nas seguintes
táboas comparamos os valores deste indicador nos últimos dous cursos.
0,0
20,0
40,0
60,0
80,0
100,0
66,4 64,1 61,3 65,9 63,5 62,6
76,6
IN34G-S01-PM-01 - Taxa de rendemento
0,0
20,0
40,0
60,0
80,0
100,081,2
74,569,2 70,0 69,8 69,0
85,7
IN35G-S01-PM-01 - Taxa de éxito
0,0
20,0
40,0
60,0
80,0
100,081,8 86,1 88,7
94,2 91,0 90,7 89,4
IN36G-S01-PM-01 - Taxa de avaliación
Taxa de Éxito do Primeiro Curso
Materia 2013-2014 2014-2015
G1041101 - Física I 56,99% 58,92%
G1041102 - Matemáticas I 62,80% 37,93%
G1041103 - Química Xeral I 87,88% 67,67%
G1041104 - Química Xeral II 71,52% 62,65%
G1041105 - Estatística Aplicada e Informática para Químicos 86,11% 82,84%
G1041106 - Bioloxía 70,63% 75,00%
G1041107 - Física II 79,08% 81,29%
G1041108 - Matemáticas II 52,74% 65,41%
G1041109 - Química Xeral III 63,69% 60,84%
G1041110 - Química Xeral IV 72,14% 73,64%
Taxa de Éxito do Segundo Curso
Materia 2013-2014 2014-2015
G1041221 - Química Analítica I 60,61% 48,50%
G1041222 - Química Física I 50,68% 48,52%
G1041223 - Química Inorgánica I 58,04% 51,35%
G1041224 - Química Orgánica I 69,57% 62,75%
G1041225 - Química Inorgánica II 62,66% 59,42%
G1041226 - Química Analítica II 51,20% 67,30%
G1041227 - Química Física II 59,72% 54,81%
G1041228 - Química Física III 68,38% 46,58%
G1041229 - Química Orgánica II 48,77% 70,62%
G1041230 - Química Inorgánica III 48,00% 65,13%
Taxa de Éxito do Terceiro Curso
Materia 2013-2014 2014-2015
G1041321 - Química Analítica III 80,68% 83,12%
G1041322 - Análise Estrutural 91,35% 80,25%
G1041323 - Química Física IV 61,11% 60,68%
G1041324 - Química Orgánica III 78,13% 75,53%
G1041325 - Química Inorgánica IV 90,36% 67,01%
G1041326 - Química Analítica IV 64,89% 56,56%
G1041327 - Química Inorgánica V 93,83% 86,21%
G1041328 - Química Física V 71,43% 77,89%
G1041329 - Química Orgánica IV 83,56% 93,18%
G1041330 - Química Orgánica V 75,31% 89,58%
G1041331 - Química Analítica V 93,67% 90,67%
O indicador IN37-S01-PM-01, Taxa de Graduación, é tamén moi importante dende o punto de
vista da análise do rendemento dos alumnos. Se define como a relación porcentual entre os
estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano
académico máis e a súa cohorte de ingreso. O indicador eficiencia dos titulados (IN39-S01-PM-
01) indica a relación porcentual entre o número total de créditos do plan de estudos nos que
deberon matricularse ao longo dos seus estudos o conxunto de graduados dun determinado
ano académico e o número total de créditos nos que realmente se matricularon. Na seguinte
táboa se mostra evolución destas dous indicadores xunto con outros relacionados coa
duración dos estudos.
Taxa de Éxito do Cuarto Curso
Materia 2013-2014 2014-2015
G1041421 - Enxeñaría Química 80,00% 94,32%
G1041422 - Ciencia de Materiais I 98,00% 77,52%
G1041423 - Bioquímica 60,38% 61,24%
G1041424 - Ciencia de Materiais II 97,96% 88,54%
G1041425 - Traballo fin de grao 100% 100%
G1041426 - Proxectos profesionais en Química 100% 96,67%
G1041441 - Química e Economía Industrial 100% 100%
G1041442 - Química Ambiental 90,48% 80%
G1041443 - Análise e Control Ambiental e Industrial 100% 97,73%
G1041444 - Polímeros e Coloides 100% 100%
G1041445 - Química Computacional 80,00% 100%
G1041446 - Mecanismos de Reacción en Química Orgánica 100% 100%
G1041447 - Métodos Espectroscópicos 100% 85,00%
G1041448 - Reactividade en Química Inorgánica 100% 90,48%
G1041449 - Análises Bioquímicas e Clínicas 100% 100%
G1041450 - Síntesis de Compostos Bioactivos 100% 100%
G1041451 - Química Bioinorgánica 92,86% 61,90%
G1041452 - Ampliación de Bioquímica 100% 90,91%
G1041453 - Prácticas Externas 100% 100%
Indicador Nome 2012-2013 2013-2014 2014-2015 USC
IN37G-S01-PM-01 Taxa de graduación 33,33 38,10 46,28
IN38G-S01-PM-01 Duración media dos estudos 4,0 4,33 4,79 4,46
IN39G-S01-PM-01 Eficiencia dos titulados 98,68 92,66 86,05 92,32
IN40G-S01-PM-01 Taxa de abandono durante o primeiro curso 14,29 25,00 15,20 15,08
IN41G-S01-PM-01 Taxa de abandono RD 1393 22,55 26,19 26,15
Os indicadores relativos a egresados, no curso 2014-2015, se resumen a continuación:
Si queremos analizar en máis detalle a información dos egresados é necesario analizar o
informe INF.09. Na enquisa de 2014 se incrementou o número de cuestionarios (13) con
respecto ao curso anterior (3). O detalle da enquisa se mostra nas seguintes táboas.
Indicador Nome 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN23G-PC-12 Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible - - 3,09
IN42G-S01-PM-01 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación 3,63 - 3,25
No eido das infraestruturas a enquisa a egresados indica o seguinte.
Por último en relación coa información, xestión académica e reclamacións:
En canto á análise dos datos de inserción laboral, para este informe solo dispoñemos de datos
de egresados da licenciatura en química. O informe “Inserción laboral de los egresados
universitarios. La perspectiva de la afiliación a la Seguridad Social” do Ministerio de Educación
Cultura y Deporte aporta os datos, a nivel estatal, que mostramos a continuación.
A Licenciatura en Química se inclúe na seguinte táboa de taxas de afiliación (pax.12 do
informe):
A evolución temporal das taxas de afiliación, tipos de contratos e bases de cotización se
mostran nos anexos de dito informe e é son as seguintes: