Colexio Plurilingüe
"Divino Maestro" Ourense Infantil Primaria Secundaria
Rúa Madre Soledad de la Cruz, 1
32001 – Ourense
Telf: 988 217 800
Fax: 988 511 215
E-mail: [email protected]
http://centros.edu.xunta.es/cprdivinomaestro
OS FUNDADORES DO COLEXIO 4
A NOSA OFERTA EDUCATIVA 5
O MÉTODO EDUCATIVO 6
A COMUNIDADE EDUCATIVA 7
PROXECTO XERAL DO CENTRO 8
UN CENTRO PLURILINGÜE 10
UN CENTRO EN PASTORAL 11
ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS (AMPA) 13
CLAUSTRO DE PROFESORES 14
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 16
DATAS DE ENTREGA DE NOTAS 17
ORGANIGRAMA 18
NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA 19
DEREITOS E DEBERES DOS ALUMNOS 22
CALENDARIO ESCOLAR 24
ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS 26
GRUPOS DIVINO MAESTRO 27
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 28
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 29
HORARIOS 30
ÍNDICE
4
Madre Soledad de la Cruz
Nace en Zamora o día 1 de febreiro de 1904. Crece á calor do
amor dos seus pais Manuel e Paula.
Soledad é unha nena ampla, sinxela, estudosa, alegre,
delicada… Aos 16 anos sente o desexo de ser relixiosa e non
dubida en dar este paso, ingresa coas RR. Escolapias.
En 1941 coñece a Francisco Blanco Nájera, un tempo despois
proponlle: - “Padre, ¿por que no hacemos una fundación
para niños pobres?” O día 7 de decembro de 1944 este soño
faise realidade. Morre en Madrid o 28 de outubro de 1965.
Francisco Blanco Nájera
Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Os seus pais Eduardo e Patricia.
Francisco é un neno alegre, inquieto, con grandes dotes para a música. Aos 13 anos ingresa no Seminario e o 20 de decembro de 1927 é ordeado Sacerdote.
Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis pobres e
necesitados e o seu desexo era axudar para que nestes a semente do Evanxeo medrase e dese froito abundante. Morreu o 15 de xaneiro de 1952.
Xunto coa Madre Soledad fundou as “RR. Misioneras del Divino Maestro”, as cales hoxe a
través dos Colexios “Divino Maestro” fan presente o seu ideal por todo o mundo, “levar a luz da verdade e o lume do seu amor á mente e ao corazón de todos os homes” a
través da Educación.
OS NOSOS FUNDADORES
5
Nunha sociedade pluralista o noso centro trata de ofertar unha educación integral,
conforme a unha visión humana e cristiá da vida baseada nos valores do Evanxeo.
Queremos:
1. Mellorar a calidade educativa tendo en conta os catro piares da escola:
Aprender a coñecer
Aprender a facer
Aprender a convivir
Aprender a ser
2. Desenvolver a dimensión transcendente na vida dos nosos alumnos, segundo o
Evanxeo de Xesucristo “Divino Maestro”, favorecendo o ideal da educación cristiá: “a
reprodución de Cristo no educando”.
3. Fomentar o respecto, o esforzo, o sentido crítico, a solidariedade e a liberdade dentro do marco dunha convivencia agradable.
4. Potenciar a adquisición das técnicas instrumentais que posibiliten a aprendizaxe por si mesmos “aprender a aprender”.
5. Facilitar a todos os alumnos a asimilación dos contidos básicos de cada un dos
niveis ou cursos.
6. Propiciar a aprendizaxe no amplo campo da cultura humanística, científica e
artística.
7. Dar canle de participación efectiva e activa entre Escola e Familia, ao servizo do
educando, centro da escola e da familia.
A NOSA OFERTA EDUCATIVA
6
O NOSO MÉTODO EDUCATIVO
1. A través dunha acción titorial personalizada e en grupo axudar ao alumno a
abrirse ao mundo dos valores que constrúen as persoas dende dentro e as fan
de verdade máis valiosas.
2. Que os alumnos experimenten mediante a práctica e a teoría.
3. Fomentar a autoestima para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento de
relacións positivas consigo mesmo e cos demais.
4. Poñer especial interese no desenvolvemento das capacidades e na madurez
intelectual, social, moral, afectiva e relixiosa.
5. Tender “pontes” para que o labor educativo Familia-Escola sexa eficaz e fecundo.
6. Cultivar no centro:
A cooperación activa do alumnado na dinámica educativa.
Un estudo diario e levar ao día as tarefas
Un aseo persoal, orde e limpeza na aula, corredores, patio… e o
bo uso do edificio, material e mobiliario do centro.
A puntualidade ao centro e ás clases (non permanecer nos
corredores ou outras dependencias do colexio).
Un trato correcto cos membros da comunidade educativa.
7
A COMUNIDADE EDUCATIVA
Toda a comunidade educativa (pais, profesores e alumnos) colaboramos para
conseguir un ambiente de:
SINXELEZA,TRABALLO, LEDICIA, RESPECTO, SOLIDARIEDADE E LIBERDADE
RESPONSABLE.
Para isto decidimos asumir certos compromisos:
Os profesores comprometémonos a:
Colaborar para facer realidade os principios do Proxecto Educativo.
Crear un clima adecuado para o desenvolvemento do proceso educativo
dos alumnos e o logro dos obxectivos pedagóxicos.
Os pais dos alumnos comprométense a:
Prestar apoio e colaboración á dirección do centro e aos profesores para
facer eficiente o Proxecto Educativo.
Os alumnos comprométense a:
Confiar nos seus educadores.
Levar aos seus pais toda a información que reciben.
Manter una actitude positiva ante o estudo e a normativa do centro.
Representar adecuadamente ao colexio nas viaxes, espectáculos, saídas
culturais, competicións deportivas… e no seu comportamento diario.
9
APRENDIZAXE
COOPERATIVA
¿QUE?
Construción social do coñecemento
¿PORQUÉ?
Facilita o desenvolvemento cognitivo
¿CANDO?
Intercámbianse puntos de vista, complementan ideas, solucionan
problemas e existe unha retroalimentación
¿CANTO?
Non é cuantificable, porque depende de moitos factores
¿COMO?
Mediante o uso de estratexias, apropiación de novos esquemas e
eliminación de paradigmas.
¿PARA QUE?
Para desempeñar unha labor docente exitosa para o logro de aprendizaxes
significativas
¿DONDE?
Na comunidade escolar, laboral, social, política, cultural ...
¿QUEN?
Entorno, mestres, alumnos, compañeiros de traballo; apoiados coa
aportación de condutistas, cognoscitivistas, humanistas e
construtivistas
10
O dominio de linguas estranxeiras, en concreto do inglés, implica a posibilidade de acceder a outras
culturas e costumes ao mesmo tempo que fomenta as relacións interpersoais, favorece unha
formación integral do individuo desenvolvendo o respecto cara outros países, os seus falantes e as
súas culturas, e nos permite comprender mellor o idioma propia.
Seguindo ao apartado referido ás linguas estranxeiras do RD/2007 do 29 de maio no que se fala de
“preparar aos nosos alumnos para vivir nun mundo progresivamente máis internacional e
plurilingüe” trataremos de preparar aos alumnos para que o uso da lingua inglesa sexa vehículo
de comunicación con falantes doutras linguas e que entendan a importancia do uso deste idioma.
Chegados a este punto, resulta lóxico que nun contexto cultural e social coma o que nos atopamos
optemos pola vía de adecuación educativa máis salientable para garantir o máximo aproveitamento
dos nosos alumnos, motivando un cambio de marca rexistrada: o noso Colexio pasa a ser un
Centro Plurilingüe.
Esta renovación responde a múltiples causas, unhas de carácter obvio e outras dun máis marcado
carácter social. O propósito do equipo docente vai ser o de cumprir os obxectivos e as esixencias
da sociedade na que estamos inmersos, preparando aos alumnos e alumnas para vivir nun mundo
progresivamente máis internacional, multicultural e multilingüe á vez que tecnoloxicamente máis
avanzado. Polo tanto, o noso principal desexo é acadar que os nosos estudantes, de todos os niveis,
aprendan a amar e empregar con soltura a lingua inglesa, familiarizándose tamén coa cultura dos
países anglofalantes e abrindo a súa mente a novos pobos, xentes e culturas, entendendo que moi a
miúdo a lingua inglesa é o vehículo máis universal para acadar dito obxectivo.
Como desde este centro non queremos que o carácter plurilingüe quede marcado somentes a título
nominal, as medidas que se van a adoptar non fican na docencia de materias a priori afastadas do
inglés (é o caso das materias de Plástica en EP e de Educación Física en Secundaria) e a súa
impartición progresiva e en ascenso na lingua inglesa. No colexio cremos nunha visión global e non
afastada dun contexto social cada vez máis esixente; por iso mesmo tomamos parte activa na
consecución de titulacións que poden ser decisivas non só en canto a formación dos nosos alumnos
senón con miras a una mellor integración no mundo laboral (Exam Preparation Cambridge).
Como punto e seguido, somentes recalcar o feito de que o carácter plurilingüe responde a un
desexo xa de lonxe manifestado e, ante o cal, o noso equipo docente só pode respostar con esforzo,
interese e, sobre todo, ilusión.
UN CENTRO PLURILINGÜE
11
DEJAD que los niños se ACERQUEN a mí
(Mt 19,14)
“Para los obreros mi corazón y mis energías.
Vosotros jóvenes sois mi esperanza y aliento” (F.B.N
206. 210)
Ven, acércate… a Dios. Ven, acércate… al colegio. Ven, acércate… a Francisco y Soledad. Ven, acércate… a los pobres. Ven, acércate… somos Iglesia.
VEN, ACÉRCATE
UN CENTRO EN PASTORAL
12
(ESTROFA) Vamos todos juntos
al encuentro de Jesús Él nos espera y nos llama ¿Quieres acercarte tú? Sigue todos sus pasos
Busca siempre el camino Pisa todas sus huellas
Cristo siempre va contigo.
(ESTRIBILLO) POR ESO PONTE EN MARCHA
Y EMPIEZA A CAMINAR. NO TENGAS MIEDO
VEN A MÍ, LÁNZATE YA. COGE MI MANO
NUNCA TE ABANDONARÉ DAME TU MANO
13
O obxectivo da asociación de pais/nais é participar
na marcha do Colexio a través dos representantes regulamentarios elixidos para os
diversos órganos colexiados do mesmo.
Colaboran co Colexio na realización e coordinación doutras actividades artísticas,
culturais, formativas e recreativas para pais e alumnos.
Xunta da A.M.P.A.:
Presidenta: Nieves Pereira Conde
Secretario: Manuel A. Delgado Iglesias
Tesoreiro: Óscar López Iglesias Vogais: Santiago Saco Rivera
Alberto González Gómez Mª Pilar Dorribo Castro Natalia Pernas Nogueiras Beatriz Paula González Patricia Fernández Rodríguez
Representante da ANPA no Consello Escolar: Alberto González Gómez
HORARIO DE ATENCIÓN
A FAMILIAS NA ANPA
1º martes de cada mes 15:30 a 16:30 horas
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS
14
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO TITORES ATENCIÓN PAIS
4º EI Carmen Feijoo Rodríguez
Luns de 16:30 a 17:30* 5º EI Lucía Constenla Fernández
6º EI Héctor Vilas López
EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO TITORES ATENCIÓN PAIS
1º EP Belén Vidal Rodríguez Luns de 16:30 a 17:30*
2º EP María del Carmen Campo Carreira Luns de 18:30 a 19:30*
3º EP Manuel Martínez Fernández
Luns de 16:30 a 17:30* 4º EP Rut Chaves Iglesias
5º EP Ledicia Estévez Couceiro
6º EP Álvaro Cid Bragado
MATERIAS OUTROS PROFESORES ATENCIÓN PAIS
Educación Física Fco. Javier Vázquez Fernández
Luns de 16:30 a 17:30*
David Manzano González Luns de 16:30 a 17:30*
Relixión, Ed.Cidad. María Luz Grande Blanco Luns de 15:30 a 16:30*
Pedag. Terapéutica Andrea Covelo Saavedra Venres de 9:00 a 10:00*
Música Carmen Nóvoa Torres Venres de 9:55 a 10:50*
P.T. e A.L. María Bobillo Fernández Mércores de 16:30 a 17:30*
Inglés Marco A. Novelle Fernández Luns de 11:20 a 12:15*
Psicom. Arts Crafts Uxía Estévez Pateiro Venres de 12:15 a 13:10*
Audición e linguaxe Diana Alonso Martínez Luns de 16:30 a 17:30*
Natalia Taboada Francisco Luns de 13:10 a 14:00*
CLAUSTRO DE PROFESORES
15
EDUCACIÓN SECUNDARIA
CURSO TITORES ATENCIÓN PAIS
1º ESO Concepción Vilachá Fernández Martes de 13:10 a 14:00*
2º ESO María Luz Grande Blanco Luns de 15:30 a 16:30*
3º ESO Patricia Borrajo Zon Luns de 16:30 a 17:30*
4º ESO Salomé Vilachá Fernández Luns de 16:30 a 17:30*
MATERIAS OUTROS PROFESORES ATENCIÓN PAIS
C.N., TCN, Infor., E.P.V J. Florencio Pérez Campos Xoves de 13:10 a 14:00*
E.P.V. Mª del Carmen Campo Carreira Luns de 18:30 a 19:30*
Inglés, Lengua Cast. Marco A. Novelle Fernández Luns de 11:20 a 12:15*
Música María Teresa Rodríguez Vázquez Martes de 11:00 a 12:00*
Educación Física Fco. Javier Vázquez Fernández Luns de 16:30 a 17:30*
Apoio Álvaro Cid Bragado Luns de 16:30 a 17:30*
Mª del Carmen Fernández Dopazo Luns de 15:30 a 16:30*
* Previa petición de cita.
16
Pretende potenciar a educación integral dos
alumnos/as atendendo aos tres principios básicos da orientación: prevención,
diagnóstico e intervención acadando a
máxima implicación do profesorado e das
familias no proceso educativo.
ORIENTADORA ATENCIÓN PAIS
Mª Carmen Fernández Dopazo Luns de 15:30 a 16:30*
AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL ATENCIÓN PAIS
Pedagoxía Terapéutica Andrea Covelo Saavedra Venres de 9:00 a 10:00*
María Bobillo Fernández Mércores de 16:30 a 17:30*
Audición e Linguaxe Diana Alonso Martínez Luns de 16:30 a 17:30*
Natalia Taboada Francisco Luns de 13:00 a 14:00*
Orientación Mª Carmen Fdez. Dopazo Luns de 15:30 a 16:30*
* Previa petición de cita.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
17
EDUCACIÓN INFANTIL
1ª Avaliación Luns, 14 de decembro
2ª Avaliación Luns, 14 de marzo
3ª Avaliación e final Xoves, 23 de xuño
EDUCACIÓN PRIMARIA
Sesión de avaliación Entrega de notas*
1ª Avaliación Luns, 14 de decembro Martes, 15 de decembro
2ª Avaliación Luns, 14 de marzo Martes, 15 de marzo
3ª Avaliación e final Xoves, 23 de xuño Luns, 27 de xuño
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Sesión de avaliación Entrega de notas*
1ª Avaliación Luns, 14 de decembro Martes, 15 de decembro
2ª Avaliación Luns, 14 de marzo Martes, 15 de marzo
3ª Avaliación
Avaliación Final
Luns, 20 de xuño Xoves, 23 de xuño
Luns, 27 de xuño
*As notas serán entregadas aos pais ou titores legais.
Avaliación de
Pendentes
Martes 12 e 19 de xaneiro. 1º parcial de pendentes.
Martes 3 e 10 de maio. 2º parcial e final de pendentes.
DATAS DE ENTREGA DE NOTAS
18
ORGANIGRAMA CPR PLURILINGÜE “DIVINO MAESTRO” - OURENSE
COORD. PASTORAL ESCOLAR Mª Carmen Campo Carreira
COORDINADORES DE ETAPA
Carmen Feijoo Rodríguez (Infantil) Ledicia Estévez Couceiro (Primaria) Patricia Borrajo Zon (Secundaria)
EQ. DIRECTIVO
ENTIDADE TITULAR Misioneras del Divino Maestro
DIRECTOR PEDAGÓXICO Fco. Javier Vázquez Fernández
Y PEDAGÓXICA
Mª del Pilar Garea Rodríguez XEFE DE ESTUDOS Álvaro Cid Bragado
ADMINISTRADORA Sheila González González
CONSELLO ESCOLAR
PRESIDENTE F. Javier Vázquez Fernández
PAIS Nieves Pereira Conde Mª Teresa Bernárdez Canal Paula Varela López
A.M.P.A. Alberto González Gómez
PROFESORADO Álvaro Cid Bragado Ledicia Estévez Couceiro Salomé Vilachá Fernández Héctor Vilas López
AULA ED. ESPECIAL Andrea Covelo Saavedra
ENTIDADE TITULAR Amalia Garabatos Vázquez Mª Carmen Campo Carreira Mª Luz Grande Blanco
P.A.S. Montserrat Gutiérrez Suárez
ALUMNADO Vanessa Dos Santos Vides Álex Calviño Iglesias
SECRETARIO J. Florencio Pérez Campos
DIRECTORA TITULAR Amalia Garabatos Vázquez
P.A.S. Montserrat Gutiérrez Suárez Mª Ángeles Barreiro Lorenzo Mª Teresa Rodríguez Calzada
AULA DE ED. ESPECIAL
CLAUSTRO DE PROFESORES
DEPARTAMENTOS EQUIPOS DIDÁCTICOS
GABINETE PSICOPEDAGÓXICO
TITORÍAS
COORD. DPTO. EDUC. RELIXIOSA Mª Luz Grande Blanco
(Extracto da Normativa de Convivencia en vigor distribuída a toda a Comunidade Educativa)
Algunhas normas relativas aos pais
1. Coñecerán e atender a Normativa de Centro.
2. Atender as citacións do Centro.
3. Absterse de visitar e telefonar tanto os seus fillos como aos profesores durante as clases
ou recreos sen causa xustificada. 4. Ter un comportamento correcto dentro do
recinto escolar.
5. Velar polo rendemento académico dos fillos no estudo e na realización de tarefas
revisando diariamente a axenda escolar.
6. Non desautorizar a acción dos profesores en presenza dos seus fillos.
7. Facilitar información veraz ao profesorado.
8. Colaborar co profesorado naquelas actividades para as que se solicite axuda.
9. Concertar cita previa para entrevistarse cos profesores.
10. Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos co Centro: puntualidade, orde,
limpeza, hixiene persoal, vestimenta axeitada (o uso do chándal e camiseta do
Colexio nas clases de Educación Física para todos os alumnos e nas saídas
complementarias para os de EI e EP, así como o uso do mandilón do Colexio en EI) ...
11. Xustificar a ausencia e retrasos dos seus fillos por escrito. No caso de exames a xustificación deberá facerse antes do exame, exposición ou traballo.
12. Os alumnos non poderán saír do Centro durante o horario escolar sen autorización
previa por escrito do pai/nai/titor, indicando quen é a persoa que ven a recollelos e
que será identificada presentando o seu DNI e asinando o consentimento.
13. Os pais/nais/titores/as ou familiares non poderán asistir ás actividades programadas para os seus fillos, tanto dentro como fóra do Centro, sen autorización
previa do profesor encargado de dita actividade ou da Dirección do Centro.
NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA
20
Algunhas normas relativas ao alumnado
1. Deberán ser puntuais nas entradas. 2. Non poderán saír do Centro durante o horario escolar.
3. A asistencia a clase é obrigatoria independentemente da participación dos alumnos na actividade programada polo Centro.
4. Nas horas de recreo os alumnos non deben permanecer nas aulas
e corredores. 5. Non realizarán xogos violentos tanto na clase coma no patio de recreo, evitando
agresións físicas, psicolóxicas ou o emprego de verbas malsoantes.
6. Non permanecerán fóra da aula durante as horas lectivas, agás expresa
autorización do profesor.
7. Manteranse na aula unha actitude que permita o normal desenvolvemento da
actividade lectiva, garantindo o dereito de estudo dos compañeiros e mailo dereito
do profesor a desenvolver o seu traballo en óptimas condicións.
8. Entrarán e sairán das clases con orde, cedendo o paso aos máis cativos.
9. Respectarán a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da
Comunidade Educativa, fóra e dentro do Centro. 10. Non se permitirán os teléfonos móbiles, aparellos electrónicos ou similares no
Centro. Non nos facemos responsables da perda dos mesmos.
11. Durante as visitas fóra do Centro os alumnos seguirán as indicacións do profesor ou
persoas responsables das mesmas considerando falta contraria a esta Normativa o
deterioro ou dano causado durante a mesma. 12. Respectarán e participarán nas actividades organizadas polo Centro en relación a
súa ideoloxía e carácter propio.
13. Coidarán o aseo persoal e traerán unha vestimenta axeitada: o uso do chándal e camiseta do Colexio nas clases de Educación Física para todos os alumnos e nas
saídas complementarias para os de Infantil e Primaria, así como o uso do mandilón
do Colexio na etapa de Infantil é obrigatoria.
14. Respectarán os materiais (mobiliario, ordenadores, proxectores, encerados…),
dependencias e instalacións do Centro facendo un uso axeitado dos mesmos. 15. Estudarán e realizarán as tarefas programadas polos profesores cada día.
21
16. Cumprirán as medidas de corrección emanadas da aplicación do Regulamento de
Réxime Interior (R.R.I.)
Algunhas normas relativas ao profesorado 1. Actualizarse e perfeccionarse na súa profesión. Preparar adecuadamente as clases.
2. Asistir con puntualidade ás clases e reunións para as que fora convocado.
3. Vixiar ao alumnado no recreo, segundo as quendas correspondentes. 4. Colaborar no mantemento e bo uso do material e instalación do Centro
5. Respectar a personalidade de cada alumno, potenciando as súas capacidades.
6. Non facer distincións entre os alumnos.
7. Asumir as decisións do Claustro, do Consello Escolar e das autoridades educativas.
8. Manter contactos periódicos cos pais/titores dos alumnos no horario establecido. 9. Cooperar no mantemento da orde e disciplina necesarias para a actividade escolar.
10. Aplicar a normativa de convivencia.
Como establece o RD 192/1998 do 4 de marzo do 1998 está rigorosamente
prohibido fumar en calquera dependencia do Centro.
22
(R.D. 732/1995 do 5 de maio polo que se establecen os Dereitos e Deberes e as Normas de Convivencia dos Centros)
Dereitos 1. Á formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da
tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
2. Á adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así coma de
coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
3. Á formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos.
4. Ao desenvolvemento harmónico da afectividade, da autonomía persoal e da
capacidade de relación cos demais.
5. Á participación na mellora da calidade do ensino.
6. Ao fomento da súa capacidade e actitude crítica.
7. Ao respecto da súa dignidade e da súa condición social.
8. Á orientación escolar e profesional.
9. Á participación na vida do Centro.
DEREITOS E DEBERES DOS ALUMNOS
23
Deberes 1. Aceptar o carácter propio do Centro e as accións que o Colexio determine.
2. Asistir ás clases con regularidade e puntualidade.
3. Participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos plans de estudio.
4. Respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades.
5. Seguir as orientacións do profesorado verbo da súa aprendizaxe.
6. Respectar o exercicio do dereito ao estudo dos seus compañeiros.
7. Respectar a liberdade de conciencia e as convicións relixiosas e morais, así coma a
dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da Comunidade Educativa.
8. Non discriminar a ninguén por razón de raza, sexo ou por calquera outra
circunstancia persoal ou social.
9. Respectar e utilizar correctamente os bens inmobles e as instalacións do Centro.
10. Participar na vida e funcionamento do centro.
11. Deber de cumprir as normas de convivencia.
12. Deber de respectar ao profesorado e aos demais membros da Comunidade Educativa.
24
SETEMBRO 1ª quincena Elaboración do Plan Xeral Anual 10, xoves Inicio das clases de Infantil e Primaria
15, martes Inicio das clases de Secundaria
2ª quincena Avaliacións iniciais e convivencia de alumnos ESO 28, 29 Reunión cos pais e entrega do guieiro
OUTUBRO 12, luns Día da Hispanidade*
Do 12 ao 18 Campaña do Domund
28, martes Lembranza da morte de Madre Soledad
30, venres Día do Ensino*
NOVEMBRO 2, luns Festivo autonómico sustitución Todos os Santos* 9, 1O Comisións de pais
11, mércores San Martiño * 12 e 13 DIVINO MAESTRO (o 12 non haberá extraescolares)
25, mércores Día Internacional contra a Violencia de Xénero
29, domingo Comeza o tempo de Advento
DECEMBRO Do 1 ao 11 Conmemoración Estatuto de Autonomía de Galicia 6, domingo Día da Constitución
8, martes Día da Inmaculada Concepción *
10, xoves Día Declaración Universal dos Dereitos Humanos
14, luns Inauguración do Belén
15, martes Cea do Pobre
16, mércores Festival Nadal (alumnos mañá e pais tarde ESO e EI)
17, xoves Festival de Nadal (tarde, pais EP)
19, sábado Inicio das vacacións de Nadal *
XANEIRO 7, xoves Reinicio das clases
18, 19 Comisións de pais 25, 26, 27 Titorías grupais con pais
30, sábado Día Escolar da non Violencia e da Paz
CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016
25
FEBREIRO 1, luns Lembranza nacemento de Madre Soledad
5, venres Pasarrúas do Entroido
8, 9 Entroido*
10, mércores Mércores de Cinsa* (Inicio da Coresma) 11, xoves Imposición da Cinsa (Parroquia de Sta. Teresita)
MARZO 8, martes Día Internacional da Muller Traballadora 7 ao 11 Semana da prensa
15, martes Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
18, venres Motivación da Semana Santa
19, sábado Inicio vacacións Semana Santa*
29, martes Reinicio das clases
ABRIL 7, xoves Día Mundial da Saúde
18, 19 Comisións de pais
Do 18 ao 22 Animación á lectura. Día do Libro
25, 26, 27 Titorías grupais con pais
MAIO 1, domingo Día do Traballo
9, luns Día de Europa Do 9 ao 17 Semana das Letras Galegas
16, luns Día de libre elección* 17, martes Día das Letras Galegas*
23, luns Xornada Misioneira
Do 4 ao 6 Excursión fin de etapa EP Por determinar Festival Fin Curso (segundo as avaliacións Lomce)
XUÑO 5, domingo Día Mundial do Ambiente 22, mércores Inicio das vacacións (EI, EP e ESO)
Gradación de 4º de Ed. Secundaria 23, xoves Gradación alumnos de 6º de Ed. Infantil
* Indica os días non lectivos
26
EDUCACIÓN INFANTIL
Animación á lectura
Magosto Nadal
Entroido
Día do libro
Saídas culturais Excursión Fin de Curso
Convivencias
Tren das termas
Visita ao entorno
EDUCACIÓN PRIMARIA
Encontros con Xesús
Teatro en inglés Teatro Viario
Animación á lectura Visita á Praza Abastos
Almorzos saudables
Policía Local
Concello de Ourense
Primeiros auxilios
Coñece a túa cidade
A.F. educo en valores Excursión Fin de Curso
Saídas culturais Convivencias
Parque de Bombeiros
Día da árbore
Horta interxeracional
Tren das termas
Día do Libro Parque de tráfico
Enerxías renovables Obradoiro astronomía
Policía Nacional
Entre fontes
Excursión Fin de Curso
Excursión Fin de Etapa
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Convivencias
Ourense literario Ourense Etnográfico
Catedral de Ourense Día da Paz
Día das Letras Galegas
Semana da Prensa
Teatro
Concertos didácticos Tecnopole
Depuradora Potabilizadora
Empacadora de lixo
Monte Invernadoiro
Excursión A Coruña
Excursión Cambre Animación á lectura
Excursión Fin de Etapa
* Esta relación de actividades programadas están sometidas a variacións en función das propostas expostas polo Concello, a Consellería de Educación e outras entidades colaboradoras.
ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS
27
GRUPOS DIVINO MAESTRO
Xuntos podemos descubrir, compartir e vivir experiencias de amizade, solidariedade, xustiza
e colaboración.
Desde os Grupos Divino Maestro
queremos ofrecer aos
nenos e nenas alternativas de formación,
como medio de
crecemento na Fe.
Obradoiros
Saídas
Xogos
Convivencias
Campañas
Oración
Reflexión
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
15:30
16:30
ENGLISH
(2º a 6º EP)
TOY LIBRARY Music
(4ºEI a 2ºEP)
15:30
16:30
PINTURA (Anpa)
(4ºEI a 2º EP)
GDM
(3º EP a 4º ESO) 15:30
16:30
TOY LIBRARY Workshop
(4ºEI a 2ºEP)
ENGLISH
(2º a 6º EP)
ENGLISH
(ESO)
15:30
16:30
TOY LIBRARY (Sports)
(4ºEI a 3ºEP)
ENGLISH
(ESO)
15:30
16:30
TOY LIBRARY (Computer)
(4ºEI a 3ºEP)
16:00
17:30
BALONCESTO INF. (m/f)
VI Instituto (1º-2º ESO)
16:00
17:30
BALONCESTO INF. (m/f)
VI Instituto (1º-2º ESO)
16:00
17:30 BALONCESTO INF. (m/f)
VI Instituto (1º-2º ESO)
16:30
17:30
ENGLISH
(1º EP)
TEATRO
(2ºEP a 4ºESO)
16:30
18:30
PINTURA (Anpa)
(3º EP a 4ºESO)
16:30
17:30
ENGLISH
(1º EP)
17:30
19:00
BALONCESTO ALEV.
(5º a 6º EP)
17:30
19:00
BALONCESTO ALEV.
(5º a 6º EP)
17:30
18:30
TEATRO
(2ºEP a 4ºESO)
17:30
19:00
BALONCESTO ALEV.
(5º a 6º EP)
17:30
19:00
BALONCESTO BENX.
(1º a 4º EP)
19:00
20:00
XIMNASIA RÍTMICA
(6ºEI-4ºESO)
17:30
19:00
BALONCESTO BENX.
(1º a 4º EP)
19:00
20:00
GUITARRA
(6º EI - 3º EP)
XIMNASIA RÍTMICA
(6ºEI-4ºESO)
19:30-20:30 ENGLISH
(Adultos)
Do 14 de setembro ao 10 de xuño (agás GDM)
19:00
20:00
GUITARRA (4º EP - 4º ESO e adultos)
ENGLISH (Adultos)
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Acollida matinal e comedor escolar Todos os días de 7:45 a 9:00 horas e de 14:00 a 15:30 horas.
Rede Abalar
Proxecto Abalar en 1º-2º de ESO como resposta á integración das TIC na educación.
Cambridge ESOL
Exam Preparation Centre.
Plataforma de comunicación coas familias
A través de Esemtia información puntual dos aspectos dos nosos alumnos.
Centro Promotor de Actividade Físico Deportiva
Aposta polo deporte e a actividade física como medio fundamental no
desenvolvemento integral dos nosos alumnos.
Seguro Escolar “Mapfre”
É voluntario para os alumnos. Cobre calquera accidente que poidan sufrir dentro
do recinto colexial, ou en calquera actividade que sexa organizada polo colexio.
Programa SI Proxecto de saúde integral para os alumnos de Educación Infantil impulsado e pola
Fundación SHE (Foundation for Science, Health and Education) e o Concello.
Biblioteca de alumnos
Ofrecemos a posibilidade de préstamo de libros aos alumnos con carné.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
30
Co fin de comezar as clases con puntualidade, a hora de entrada será
sempre 5 minutos antes da fixada nos horarios.
Plan de pendentes e reforzo ESO
Martes de 16:30 a 17:30
HORARIOS
DIRECCIÓN
Luns: 16:30 a 17:30 e
Martes: 9:00 a 10:00 horas Mércores: 9:00 a 10:00 horas
Venres: 9:00 a 10:00 horas
XEFATURA DE ESTUDOS Luns: 12:15 a 13:15 horas
Mércores: 12:15 a 13:15 horas Xoves: 13:00 a 14:00 horas
Venres: 12:15 a 13:15 horas
Xoves: 13:00 a 14:00 horas
SECRETARÍA
Luns: 11:15 a 12:15 horas
Xoves: 11:30 a 12:30 horas
Venres: 10:00 a 11:00 horas
Infantil e Primaria
De 9:00 a 14:00 horas
Secundaria
Mañá: de 8:05 a 14:00 horas
Tarde do luns: de 15:30 a 17:20 horas