![Page 1: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/2.jpg)
Club
Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono 902 18 20 10
Terás vantaxes especiais, descontos, agasallos e poderás acceder aos divertidos xogos dos Bolechas.www.osbolechas.com
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio CarreiroISBN: 978-84-617-1953-2Depósito Legal: C 1651-2014Impreso en Galicia
Entra na nosa web e faite do club!
![Page 3: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/4.jpg)
2 3
Tomé está a xogar cos Bolechas na casadestes. Tomé é moi cariñoso cos cans efíxose moi amigo de Chispa e Chispa del.–Oe, Chispa, queres vir comigo ao cineeste sábado? –pregunta o neno.–A Chispa non lle gusta o cine, Tomé.Unicamente as folerpas de millo, gha,gha... –dille Pili.
![Page 5: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/5.jpg)
5
Tomé volve á súa casa á hora de xantar efala cos pais na sobremesa.–Mami, papi, quero ter unha familia máisgrande. Somos só tres nesta casa.–Entón, queres ter unha irmanciña, Tomé?Ou un irmanciño? –pregúntalle a nai.–Quero un can. Os Bolechas tamén teñenun –di el.
4
![Page 6: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/6.jpg)
7
–Si, podemos aumentar a familia. A nóstamén nos gustan os cans –din os pais.–Que ben! Co can seremos entón catrona casa –ponse o Tomé.–Pero un can non é un xoguete, Tomé. Setraemos un can, temos que coidalo, levalode paseo, xogar con el...–Cóidoo eu, mami e papi. Fágome eucargo do can.
6
![Page 7: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/7.jpg)
8 9
Tomé e os pais van buscar un can aoCentro de acollida e protección de animaisabandonados de Armenteira.–Neste centro acollen os cans queabandonan os seus donos. Hai moitoscans abandonados –di o pai de Tomé.–O que nós acollamos non o imosabandonar nunca, papi –contéstalle Tomé,todo serio.
O Centro de acollida e protección de animais abandonados deArmenteira está xestionado pola Deputación de Pontevedra.
![Page 8: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/8.jpg)
11
A veterinaria Sonia é unha das persoasque coidan os cans do centro de acollida.Ela móstralle os cans a Tomé e explícalleque foron abandonados polos seus donos.–Pois quero levalos todos á miña casa –diTomé, entusiasmado.–Non, Tomé, só podes levar un. Todosnon os poderías coidar –explícalle aveterinaria.
10
![Page 9: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/9.jpg)
13
Un can achégase a Tomé e ponse alambelo. É cariñosísimo. Tomé e os paisencaríñanse no momento con el.–Chámase Lambón, é un can de palleiro.Os cans de palleiro gardan moi ben acasa e saben guiar as vacas, ghe, ghe...A Lambón abandonárono os donos. Nonestá ben abandonar os cans, porque oscans son parte da familia –di Sonia.
12
![Page 10: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/10.jpg)
15
Tomé quere levar a Lambón. E os paistamén. Xa se encariñaron con el. Polovisto, este can de palleiro vai ser o novomembro da familia.–Xa sei porque se chama Lambón...Porque non para de lamber, gha,gha... –ponse o Tomé.–Si, gústalle moito dar bicos. As lambedelasson os bicos dos cans –di Sonia.
14
![Page 11: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/11.jpg)
17
Tomé pode levar a Lambón, mais aveterinaria Sonia failles saber a el e aospais que un can non é un boneco depeluche.–Podedes levalo, pero tendes que coidalo,levalo ao veterinario cando esteaenfermo, darlle moito cariño...Tomé e os seus pais aceptan. Eles vantratar a Lambón como un membro máisda familia.
16
![Page 12: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/12.jpg)
19
Antes de saír Lambón do centro deacollida, a veterinaria Sonia ponlle un chip.–Este chip leva un número que identifica aLambón. Así, se se perde, pódese saberquen é o dono. O chip ten o tamaño dungran de arroz e póñollo debaixo da peldo pescozo. Non lle doe nin lle molesta.
18
![Page 13: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/13.jpg)
21
Agora a veterinaria Sonia desparasita aLambón e ponlle as vacinas.A Tomé dálle un pouco de grima ver axiringa. A el non lle gusta moito que opiquen. E a Lambón seica tampouco. Peroa desparasitación e as vacinas son paraque non se lle apeguen enfermidadescontaxiosas.
20
![Page 14: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/14.jpg)
23
A veterinaria Sonia leva a Lambón aosalón de peiteado para que saia guapodo centro de acollida.–Queres que lle faga un peiteadopunk? –pregúntalle o peiteador a Tomé.–Non, gústame máis así, co pelo liso. Uncan de palleiro co pelo punk está moiraro.
22
![Page 15: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/15.jpg)
2524
Lambón xa está na casa de Tomé. Agorason catro na familia. Puxéronlle unhacaseta no balcón, unha comedeira e unhacunca con auga.–Eu vou ser o encargado de darche acomida, Lambón. Proba estas boliñas depenso, a ver se che gustan –dille Tomé aocan.
![Page 16: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/16.jpg)
2726
Os Bolechas e Tomé van pasear cadanseucan ao parque. Os Bolechas levan aChispa e Tomé a Lambón.–Oe, Tomé, por que se chama Lambón oteu can? –pregunta Sonia.–Porque non para de dar bicos. Aslambedelas son os bicos dos cans, gha,gha...
![Page 17: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/17.jpg)
2928
Os cans tamén son da familia. Por iso temos que...
Desparasitalos e vacinalos.Levalos de paseo e xogarcon eles.
E levalos ao veterinariocando o precisen.
Darlles moito cariño.Darlles de comer e beber. Reservarlles un lugarcómodo na casa.
![Page 18: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/18.jpg)
1. Temos que coidar o noso cantoda a vida.2. Temos que coidar o noso can atéque nos cansemos del.
3. Debemos de abandonar o nosocan cando se porte mal.4. Non debemos de abandonarnunca o noso can.
5. O noso can é un xoguete comaun oso de peluche.6. O noso can é un ser vivo. Non éun xoguete.
7. Ao noso can temos que darllemoito cariño.8. O noso can non precisa cariño,porque é un animal.
9. Debemos de vacinar o noso canpara que non enferme.10. Os cans non se vacinan. Asvacinas son só para as persoas.
11. Debemos de levar o noso cande paseo unha vez ao ano.12. Debemos de levar o noso cande paseo todos os días.
3130
Beagle Boxer Can de palleiro Grifón
Pastor alemáne pastor belga
Pequinés Podenco Teckel
Estas son a razas de cans que máis abondan no centro de acollida: Marca o que penses que está ben:
Respostas correctas: 1, 4, 6, 7, 9 e 12.
![Page 19: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/19.jpg)
![Page 20: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/20.jpg)
Síguenos nas redes sociais!
Carlos Loli Pili
TatáBraulio Sonia Chispa Mamá Bolechas
Avó maternoMarcelo
Papá Bolechas Avoa materna Balbina
Avoa paternaFlora
Avó paternoEmiliano
![Page 21: Club as folerpas de millo, gha, gha... –dille Pili. 5 Tomé volve á súa casa á hora de xantar e fala cos pais na sobremesa. –Mami, papi, quero ter unha familia máis grande](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022051508/5ab2b86c7f8b9ac3348d983f/html5/thumbnails/21.jpg)
9 788461 719532