BOAS PRÁCTICAS NOS
DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Co financiamento de:
Promove:
Colabora:
Co financiamento de:
D.L.: VG 627-2014
2
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
íNDICE
CONTENIDO 0. PRESENTACION ...................................................................................................................... 6
1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 8
2. ACCIDENTE IN ITINERE OU EN MISIÓN ............................................................................... 13
2.1. In Itinere ...................................................................................................................... 14
2.2. En misión ..................................................................................................................... 16
3. TIPOS DE ACCIDENTES: ........................................................................................................ 20
3.1. Tráfico. ......................................................................................................................... 20
3.2. Peón. ........................................................................................................................... 27
3.3. Transporte Público. ..................................................................................................... 29
4. FACTORES E SÚA INFLUENCIA ............................................................................................. 32
4.1. FACTOR HUMANO ....................................................................................................... 33
4.2. FACTOR VÍA ................................................................................................................. 37
4.3. FACTOR VEHÍCULO ...................................................................................................... 38
5. XESTIÓN DOS DESPRAZAMENTOS. ...................................................................................... 45
5.1. DESPRAZAMENTOS IN ITINERE.................................................................................... 45
5.2. DESPRAZAMIENTOS EN MISIÓN .................................................................................. 52
6. A FORMACIÓN COMO FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN............................................... 56
6.1. FORMACIÓN DOS EMPREGADOS ................................................................................ 62
6.2. FORMACIÓN EN CONDUCIÓN EFICIENTE .................................................................... 63
7. CREACIÓN DE PLANS DE MOBILIDADE E SEGURIDADE NA EMPRESA. ................................ 66
7.1. O PLAN DE MOBILIDADE. CONCEPTOS........................................................................ 68
7.2. RESPONSABILIDADES E FUNCIÓNS .............................................................................. 70
7.3. TIPOS DE RISCOS A AVALIAR E MEDIDAS CORRECTORAS .......................................... 71
7.4. CARACTERÍSTICAS DO PLAN DE MOBILIDADE VIAL. ................................................... 74
7.5. DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE MOBILIDADE. .................................................... 76
7.6. O XESTOR DA MOBILIDADE. ........................................................................................ 79
8. NORMATIVA. ....................................................................................................................... 82
9. BIBLIOGRAFÍA ...................................................................................................................... 86
10. ANEXOS ........................................................................................................................... 89
PRESENTACIÓN
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
0. PRESENTACION
A Confederación de Empresarios de Pontevedra, como
axente social comprometido co fomento da Prevención de
Riscos Laborais, apoia e colabora coa pequena e mediana
empresa a través do seu Departamento de Prevención de
Riscos Laborais. É a nosa intención, contribuír na difusión
dunha cultura preventiva desenvolvendo actividades que
propicien ferramentas de utilidade para as empresas no
ámbito da Seguridade e Saúde Laboral, exemplo diso é a
elaboración da guía de “Boas prácticas nos desprazamentos
por estrada”.
Mediante a presentación desta guía, froito do esforzo da
Confederación de Empresarios de Pontevedra, preténdese
facilitar unha información útil e unhas pautas de actuación
adecuadas como resposta para aumentar a sensibilización
dos traballadores con respecto á adquisición de condutas
axeitadas nos seus desprazamentos, como peóns e/ou
condutores, evitando así o incremento de accidentes
laborais tanto in itinere como en misión.
Luis Novoa Díaz
Presidente da CEP
6
INTRODUCIÓN
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
1. INTRODUCIÓN
A Lei de Prevención de Riscos Laborais e a súa reforma a
través da Lei 54/2003, presentan unha modificación dos
obxectivos, ante as circunstancias que se dan arredor deste
tipo de incidencias (accidentes “in itinere” e en misión). En
realidade as cifras de accidentes, fan que sexa necesaria
unha reflexión tras o aumento dos accidentes mortais en
España, cerca do 50% se corresponden cos chamados
accidentes in itinere e accidentes en misión.
Debido á evolución do concepto de cidade, antes
centralizado, así como ao cambio dos hábitos de
comportamento dos cidadáns (residencias en zonas
periféricas, o cal da lugar a desprazamentos motorizados),
produce un incremento de accidentes “in itinere” e en
misión.
A seguridade vial, trata os aspectos relacionados coa
seguridade na condución de vehículos que se desprazan
principalmente por estrada. Non deberiamos esquecer, que
a seguridade vial é imprescindible para reducir a
sinistralidade laboral. Neste senso, é fundamental a
sensibilización dos diversos colectivos e apoiado na
formación de estos, así como a importancia da
incorporación de medidas preventivas.
Todas as empresas teñen un permanente risco vial, tanto
sexa “in itinere” como en misión, xa que son os que se dan
8
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
con maior frecuencia (accidentes mortais) a nivel accidente
laboral.
O tema de tráfico, queda plasmado en 2013 nunha nota de
prensa do Ministerio do Interior, onde fai referencia á
sinistralidade vial 2013. Dita nota de prensa reflexa unha
baixada do 12% con respecto ao ano anterior no referente
a vítimas mortais e coloca a España na quinta posición no
ranking europeo (a taxa europea está en 52 e en España
está en 36 falecidos por millón de habitantes).
Non obstante, é preciso ter en conta variables tales como:
envellecemento do parque automobilístico, censo de
condutores, rede viaria, etc. Todo isto acentúa a
necesidade de potenciar a Prevención de Riscos Viais.
Actualmente a Estratexia de
Seguridade Vial 2011-2020 da
Dirección Xeral de Tráfico establece
algúns obxectivos como:
• Mellorar a formación dos condutores máis mozos e
conciencialos dos riscos da condución.
• Potenciar un comportamento cívico, responsable e
seguro dos usuarios das vías.
• Dar un impulso á educación e á formación.
• Fomentar a realización de cursos de condución segura
e eficiente, promovendo a realización de cursos
9
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
prácticos dentro dos programas de formación continua
ou permanente dos traballadores cuxo risco principal
ou prevalente sexa a condución.
Os accidentes sufridos por motivos laborais van en
aumento, podendo ser debido a que os centros de
actividade se atopan fóra das zonas residenciais, o cal
obriga a facer uso dos medios de transporte para chegar ao
centro de traballo cos riscos que isto implica.
Aumentou a preocupación e a
sensibilización pola seguridade vial
dentro das empresas, chegando á
mellora da seguridade vial por parte
das administracións o cal facilita
unha redución dos desprazamentos
“in itinere” e “en misión”, coa
conseguinte redución da
sinistralidade laboral.
Actualmente faise maior fincapé nesta sensibilización e
preocupación pola seguridade vial, deixando de ser algo
que afecta unicamente aos implicados, procurando reducir
a sinestralidade laboral dos traballadores.
Sería conveniente a adopción de medidas que favoreceran
a mellora da seguridade vial, sendo esta guía una
ferramenta para empresas ou organizacións que queiran
implantar un Plan de Seguridade Vial. Ata hai relativamente
pouco tempo non se tiñan en conta os accidentes de tráfico
10
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
na Prevención de Riscos Laborais, aínda que sexan un dos
problemas sociais e económicos máis importantes na
actualidade. Aproximadamente o 50% das vítimas de
tráfico están asociadas a riscos laborais viais e un 35% se
traducen en vítimas mortais (a causa máis frecuente de
accidente de tráfico con vítimas mortais.)
Esta guía pretende polo menos sensibilizar tanto ás
empresas como aos traballadores, da importancia destes
riscos laborais.
A maioría de accidentes danse por infrinxir
unha norma de circulación, ben por mala
interpretación da mesma, ben por actuar desde
o descoñecemento.
Levarase a cabo unha análise dos factores que inflúen e
cómo diminuír os riscos, analizando as vantaxes que ten a
aplicación dunha política de seguridade vial na empresa.
Todo elo desembocará nunha forma de actuación correcta
nos desprazamentos laborais.
Nesta guía tratarase amplamente diversos aspectos que
axudarán a unha mellora dos aspectos que inciden
negativamente. En realidade este tipo de accidentes teñen
unha magnitude importante, pero existe unha
concienciación menor que na Prevención de Riscos Xerais.
11
ACCIDENTE IN ITINERE OU EN MISIÓN
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
2. ACCIDENTE IN ITINERE OU EN MISIÓN
Os accidentes nos desprazamentos por motivos de traballo,
son un dos riscos que se deben ter en conta, xa que
provocan gran número de
vítimas mortais.
A Lei Xeral de Seguridade
Social, considera accidente de
traballo "toda lesión corporal
que o traballador sufra con
ocasión ou como consecuencia
do traballo que exercite por
conta allea”.
Considerase accidente de traballo:
“Toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión
ou como consecuencia do traballo, tanto no traxecto do seu
domicilio ao centro de traballo, como na súa xornada
laboral que efectúe por conta allea; polo que é necesario
que se dean as seguintes condicións:
1. Que o traballador sufra unha lesión corporal,
entendendo por lesión todo dano ou
detrimento corporal causado por unha ferida,
golpe ou enfermidade.
2. Que realice un labor por conta allea.
3. Que o accidente sexa con ocasión ou por
consecuencia do traballo.
13
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Tipos de accidentes:
2.1. In Itinere
Os que sofre o traballador ao ir ou volver do lugar ou
centro de traballo; é o denominado accidente “in itinere”
In Itinere
En misión
14
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Accidente In Itinere. Características.
As características do accidente serían as seguintes:
Para definir que un accidente de tráfico se produciu “in
itinere”, han de definirse determinados conceptos:
Que se produza no camiño de ida ou volta.
Que non se dean interrupcións entre traballo e accidente.
Que o itinerario sexa o habitual, o que non quere dicir que sexa o máis curto.
Que o medio de transporte tamén ha de ser o habitual.
Que o traxecto sexa o usual ou normal.
Que non se rompa o nexo causal (Que teña a condición de habitual, independentemente da distancia empregada nel)
Que se dea ao acudir o traballador desde o seu domicilio ao centro de traballo ou en sentido inverso. Hai que ter claro o concepto de domicilio, momento de iniciación do camiño e medio de transporte (público, privado ou a pé)
15
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
2.2. En misión
Os accidentes “en misión” son os accidentes que se dan
en traxectos cando o traballador realiza tarefas para a
empresa na que traballa, como cando se tratan de tarefas
comerciais, nas que un traballador ten que desprazarse a
outra empresa e ten un accidente laboral no traxecto de ida
ou volta da visita a un cliente
Accidente En Misión. Características.
As características do accidente serían as seguintes:
Non hai que esquecer que a definición de accidente laboral
inclúe: “Os acontecidos con ocasión o como consecuencia
das tarefas que aínda sendo distintas ás da súa categoría
profesional, execute o traballador en cumprimento das
Que o accidente se produza fóra do centro de traballo.
Que o desprazamento deba de ser motivado por razón do cumprimento da actividade laboral, das ordes ou instrucións da empresa para realizar o seu traballo.
Que o accidente sobreveña en tempo de traballo, en cumprimento das ordes do empresario; non nos momentos de ocio ou esparexemento do traballador.
16
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
ordes do empresario ou espontaneamente en interese do
bo funcionamento da empresa”
Moitas empresas non dispoñen de
programas de formación vial e é preciso
lembrar que rolda o 50% dos falecidos por
accidente de traballo en España. Todo elo
queda explicitamente recollido no artigo 19
da Lei de Prevención de Riscos Laborais, o
cal inclúe a seguridade vial dentro dos
programas de formación das empresas.
Isto axudaría a cambiar a concepción de
que os accidentes laborais son incontrolables e inevitables.
Poden darse diferentes tipos de accidentes laborais, sendo
un deles o producido como consecuencia de accidentes de
tráfico. O maior inconveniente vén dado porque non se
discrimina, cáles Destes accidentes son “in itinere” y cáles
de misión, aparecendo nas estatísticas o número total de
accidentes.
Para previr este tipo de riscos laborais, débese ter
información sobre os seguintes aspectos:
17
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
ASPECTOS
Distancia media recorrida ao día.
Itinerario habitual.
Análise dos traxectos
realizados.
Actividades a realizar nas
misións.
Lonxitude e duración media
dos desprazamentos
realizados.
Diferenciación entre
condutores profesionais e esporádicos.
Vehículo.
Rede vial utilizada.
18
TIPOS DE ACCIDENTES
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
3. TIPOS DE ACCIDENTES:
Pódese falar de tres tipos de accidentes nos
desprazamentos habituais dos traballadores, estos son:
3.1. Tráfico.
Habitualmente están orixinados por un
fallo nun ou máis destes elementos:
Condutor, estado do vehículo, condicións
da vía, circulación ou condicións
ambientais.
Imos a realizar unha análise de cada un dos actores que
interveñen
Tráfico
Condutor
Estado do vehículo
Condicións da vía, circulación ou
condicións ambientais
Peóns
Ao cruzar a calzada.
Ao desprazarse por la estrada como peón.
Ao desprazarse pola rúa.
Transporte Público.
20
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
CONDUTOR
− Inexperiencia.
− Monotonía na condución.
− Fatiga.
− Descoñecemento das normas.
− Falta de atención.
− Non ter en conta os sinais de
tráfico.
− Inxestión de alcohol e comidas copiosas.
− Falta de confort.
− Alteracións Psíquicas.
− Deficiencias físicas.
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
• Uso do cinto de seguridade aínda en traxectos curtos.
• Conducir con ambas as dúas mans no volante.
• Uso do casco cando se conduce unha moto, e aínda
que se vaia de acompañante.
• Non fumar, xa que se desvía a atención á circulación.
• Non perder a concentración.
• Fixarnos nos vehículos que nos rodean.
• Adecuar a velocidade.
• Saír coa antelación precisa para chegar en hora.
• Manter a distancia de seguridade: distancia de
reacción e distancia de freado. Aumento da distancia
de seguridade en condicións climatolóxicas adversas.
21
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
• Uso de calzado apropiado para un control adecuado
dos pedais.
• Respecto aos sinais de tráfico.
• Seguir as indicacións dos axentes de tráfico.
• Respectar os semáforos en vermello e os pasos de
peóns.
• Non conducir, cando se trata dunha motocicleta, entre
os vehículos.
• Non consumir bebidas alcohólicas cando se prevé que
hai que conducir.
• Evitar a fatiga (pestanexo frecuente, comechón de
ollos, entumecemento de brazos e/ou pernas,
continuos cambios posturais, sensación de malestar,
etc.)
• Non distraernos mirando xornais, mapas, folletos, etc.
• Lembrar que está prohibido conducir utilizando cascos
ou auriculares para oír a radio ou música.
• Falar por teléfono sen usar o dispositivo adecuado
(sen cascos, auriculares, etc.)
• Evitar elementos que favorezan a distracción.
• Respectar os límites de velocidade de acordo co
seguinte cadro:
22
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Autovías e
autoestradas
Vías con
beiravía
pavimentada
de anchura
mínima 1,5
m.
Resto de
vías fóra
de
poboación.
Vías
dentro de
poboación.
Turismos e
motocicletas
120 KM/H
120 KM/H
90 KM/H
50 KM/H
Vehículos derivados
de turismos,
vehículos mixtos
adaptables e
autobuses
100 KM/H
90 KM/H
80 KM/H
50 KM/H
Camións, furgóns,
auto caravanas,
vehículos articulados
e automóbiles con
remolque de ata 750
KG.
90 KM/H
80 KM/H
70 KM/H
50 KM/H
Automóbiles con
remolque de máis de
750 KG
80 KM/H
90 KM/H
70 KM/H
50 KM/H
• Familiarización cos recorridos.
• Ter en conta as preferencias de paso
• Á hora de estacionar, evitar zonas que non son para
ese fin e procurar que a detención sexa suave e
progresiva, evitando saír de maneira impulsiva sen
mirar antes de abrir a porta.
Estas serían as velocidades máximas establecidas, pero
poden ser limitadas ou complementadas mediante
sinalización vertical ou horizontal.
23
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
ESTADO DO VEHÍCULO
O uso e o paso do tempo
provocan nos vehículos un
deterioro que leva consigo
un risco de accidente ou
avaría. É preciso realizar
revisións periódicas.
A ITV, Inspección Técnica de Vehículos, comproba que o
vehículo que pasa a inspección se atopa apto para circular e
que non existe deterioro que poña en risco ao ocupante ou
ocupantes do mesmo garantindo a seguridade do
automobilista e do tráfico en xeneral. Dita revisión está de
acordo co momento de matriculación do vehículo. A
revisión é obrigatoria e periódica, polo que é recomendable
ter a punto o vehículo en previsión de posibles problemas
que puidesen xurdir.
− Mantemento inadecuado.
− Non delimitación de carrís.
− Dificultades de fluxo e accesos.
− Gran densidade de tráfico.
− Condicións meteorolóxicas adversas (néboa, neve,
chuvia, vento, etc.)
− Nocturnidade
− Cruces con mala visibilidade ou nula, etc.
24
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
• Observar os niveis de aceite, radiador, líquido de freos
e auga do limpaparabrisas.
• Limpar os limpaparabrisas e surtidores de auga.
• Revisar o estado de gomas
• Comprobar o vidro térmico.
• Regular as luces e limpeza de faros
• Vixiar a presión dos pneumáticos
• Profundidade do debuxo das rodas.
• Comprobación de buxías e cables, vasoiras e batería.
• Revisión de luces e do Sistema de Aireación interior
para evitar o bafo.
CONDICIONES DA VÍA, CIRCULACIÓN OU
CONDICIÓNS AMBIENTAIS.
Outra das causas é a deficiencia no
deseño vial, a sinalización, mala
iluminación, factores climatolóxicos
adversos, etc. Todo esto non podemos
cambialo pero si previlo.
25
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
Factores climatolóxicos adversos.
Recomendacións con chuvia:
− Reduza a velocidade.
− Lembre que o chan mollado fai do asfalto
unha superficie escorregadizo, polo que é
conveniente aumentar a distancia de
seguridade.
− Poñer a luz de cruce cando diminúe a visibilidade.
− Evitar que se embacen os cristais, utilizando os vidros
térmicos, limpaparabrisas e xanelas
− Evitar a posibilidade de “aquaplaning” e en caso de
que se dese: soltar suavemente o acelerador, suxeitar
firmemente o volante e nunca pisar o freo.
Recomendacións con Neve:
− Reducir ao máximo a velocidade.
− Evitar cambios de marchas, utilizando
marchas largas e un freado progresivo.
− Non intentar adiantamentos.
− Emprego da luz de cruce ou antinéboa aínda que
sexa de día.
− Uso de gafas de sol para evitar cegamentos.
− Non utilizar freo de man cando a temperatura baixe
de 0º C.
26
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
− Emprego de cadeas, non superando os 40 ou
50Km/h, e circular polas marcas feitas polos
vehículos que nos preceden.
− Levar o depósito co máximo de combustible.
Recomendacións con Aire Forte:
− Reducir a velocidade.
− Suxeitar con firmeza o volante,
mantendo a traxectoria prevista.
− Atención ao paso por zonas como: saídas
de túneles, adiantamentos, etc.
3.2. Peón.
Cómpre facer unha serie de puntualizacións co fin
de evitar accidentes para o propio peón e para os
que lles rodea.
Recomendacións:
Ao cruzar a calzada
− Respectar os semáforos.
− Empregar calzado que non esvare e adecuado ás
condicións climáticas.
− Utilizar os pasos debidamente sinalizados.
27
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
− Non cruzar distraidamente ou atravesado, así
evitarase estar na vía máis tempo do necesario.
Tampouco é aconsellable cruzar por zonas con
pouca visibilidade para os condutores, pois en
ocasións hai unha diminución da visión
importante para estos.
− Non entreterse nin ir demasiado á présa para non
tropezar con outros peóns.
Ao desprazarse por estrada como peón
− Prestar atención aos sinais acústicos e luminosos.
− Circular sempre en dirección contraria ao tráfico.
Ao desprazarse pola rúa
− Camiñar sempre polas beiravías.
− En caso de non haber beiravías, camiñar o máis
pegado ao marxe da calzada. Evitar andar polo
borde da calzada.
− Non circular por lugares perigosos.
− Prestar atención ás entradas de garaxes.
− Cando hai climatoloxía adversa extremar
precaucións: non correr, utilizar calzado
adecuado.
28
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
3.3. Transporte Público.
O uso de transporte público leva consigo
unha serie de riscos, polo que é preciso
ter en conta unhas recomendacións:
− Non subir en vehículos en marcha.
− Non cruzar por detrás do vehículo
cando baixemos do mesmo.
− Non achegarmos ao borde da plataforma cando
viaxemos en metro.
− Evitar contravir os sinais de arranque dos
vehículos pois poden provocar caídas,
atrapamentos, etc.
29
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Os accidentes de tráfico teñen un custe que pode resumirse
no seguinte cadro:
Economico-Material
• EMPRESA:• Custes salariais e pérdiadas de producción• Contratación dun sustituto.• Melloras en prestación por incapacidade temporal.• Cotización á S.S.• Responsabilidade Administrativa• Responsabilidade Civil• Responsabilidade Penal• Pérdidas de Negocio.
• EMPRESA TRABALLADOR:• Aumento das primas de seguros.• Custos materiais
Human
• EMPRESA:• Conflitos laborais
• TRABALLADOR• Lesións• Falecemento de traballadores accidentados• Pérdida do permiso de conducir.
Social
• EMPRESA• Pérdida de imaxe e de mercado
• TRABALLADOR• Pérdida no benestar e na calidade de vida
30
FACTORES E A SÚA INFLUENCIA
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
4. FACTORES E SÚA INFLUENCIA
Hai unha serie de factores que se van a dar na maioría de
accidentes laborais viais, aínda que a súa influencia pode
variar duns a outros.
Nun accidente de tráfico inflúen tres factores
principalmente:
Factores desencadenantes
• único implicado e determinante dun accidente.
Factores concurrentes
• condicionado por outros factores de risco como poden ser: velocidade, alcohol, drogas, cansazo, sono, estado da vía, mal tempo, condicións da rede viaria, etc.
humano vía vehículoFACTORES
NO ACCIDENTE
32
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
4.1. FACTOR HUMANO
Sería o causante nun 80% das ocasións e incluiría aspectos
que pasamos a desenvolver.
É a capacidade de cada individuo para o desenvolvemento
da actividade, incidindo de maneira directa ou indirecta na
case totalidade de accidentes.
A capacidade do condutor pode verse afectada por diversos
factores, relacionado co consumo de diversas sustancias
como son: drogas, alcohol, medicamentos. Tamén inflúen
as distraccións, somnolencia, estrés, fatiga, emocións,
idade, velocidades.
Idade
Fatiga
Sono
Distraccións
Agresividade
Emocións
Velocidade
Estrés
33
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
1) Idade, os accidentes de tráfico son a primeira causa
de mortalidade de mozos/as entre 18 e 24 anos, aínda
que a incidencia sería co grupo de 20 a 30 anos.
Adoitan distraerse con máis facilidade, conducen máis
temerariamente e teñen menos experiencia.
2) Fatiga, incrementa as distraccións e aumenta o tempo
de reacción.
3) Sono, aumenta os despistes e diminúe a capacidade
de reacción.
4) Distraccións, tales como o uso de móbiles, utilización
de GPS, acender un cigarro, beber dunha botella, etc.
Tamén poden provocala estados emocionais como
consecuencia da perda de atención.
5) Agresividade, xerada polas présas, embotellamentos,
ou por ameaza na prioridade na vía.
6) Emocións, principalmente por medo, o cal impide a
toma de decisións racionais. Cando se ten medo pode
darse una hipervixilancia, polo que se presta maior
atención, isto provoca que se sexa máis prudente pero
tamén pode dar lugar a situacións de angustia e/ou
estrés.
7) Velocidade, cando se trata de ésta por exceso o
inadecuada. Hai uns límites e sancións que a DGT
establece, que son os seguintes:
O exceso de velocidade é a causa de un de cada catro
dos falecidos en accidente de estrada.
34
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Neste cadro poden verse as diferentes velocidades,
tendo en conta o tipo de vehículos e o tipo de vía,
aínda que proximamente a mediados de outubro de
2014 se prevén modificacións no aumento de
velocidade en determinadas vías, segundo este cadro.
Autovías e
autoestradas
Vías con
beiravía
pavimentada
de anchura
mínima 1,5
m.
Resto de
vías fóra de
poboación.
Vías dentro
de
poboación.
Turismos e
motocicletas
120 KM/H
120 KM/H
90 KM/H
50 KM/H
Vehículos
derivados de
turismos,
vehículos
mixtos
adaptables e
autobuses
100 KM/H
90 KM/H
80 KM/H
50 KM/H
Camións,
furgóns, auto
caravanas,
vehículos
articulados e
automóbiles
con remolque
de hasta 750
KG.
90 KM/H
80 KM/H
70 KM/H
50 KM/H
Automóbiles
con remolque
de más de
750 KG
80 KM/H
90 KM/H
70 KM/H
50 KM/H
35
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
8) Estrés. Inflúe directamente na maneira de conducir
producindo numerosos accidentes, como consecuencia
de condución temeraria, ansiedade, agresividade, etc.
En moitos casos a causa da falta de tempo na
realización dos desprazamentos, polo que sería
adecuado facer unha planificación previa e evitar
situacións nas que se poidan producir atascos
buscando vías alternativas (por medio de GPS).
Resumindo, podemos indicar:
Sexo e idade do traballador.
•Maior incidencia en varóns, con idades entre os 20 e 30 años.
Situación Profesional
•antigüidade no posto de traballo, posto e funcións, quendas e horarios da xornada de traballo.
Experiencia na condución •anos de carné, uso habitual do vehículo
Condutas interferentes;
•distraccións durante o proceso de condución, présas por chegar a casa, traballo, obxectivos marcados, etc.
Condicións físicas,
psíquicas e médicas:
• fatiga, sono, estrés, estado depresivo, agresividade, consumo de drogas, alcohol e medicación, enfermidades crónicas ou situacións persoais conflitivas tanto familiares coma no traballo.
Tipo de vehículo:
• serían as furgonetas e os camións nos accidentes en misión e, serían os turismos e os ciclomotores ou motocicletas nos accidentes en itinere.
As lesións máis comúns danse
en:
• cabeza, pescozo e extremidades, derivados en moitos casos pola escasa utilización dos accesorios de seguridade pasivos.
36
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
4.2. FACTOR VÍA
Suporía dita vía e o seu estado,
sendo nun 10% a causante de
accidentes.
Como consecuencia, debería
de terse en conta o tipo de
vía da que se trata:
Autoestradas, Autovías,
Estrada Nacional, Estrada
Local, Vía Urbana.
Dentro deste aspecto teñense en
conta factores meteorolóxicos,
rutas e traxectos máis
frecuentes. Así como:
Tipos de vías: urbanas e interurbanas.
Zona xeográfica: rural ou industrial.
Puntos conflitivos nas vías: iluminación, interseccións,
etc.
Condicións climatolóxicas: estación do ano no que se
produce o desprazamento, día da semana, momento do
día.
− Cando planifiquemos a nosa ruta,
priorizaremos as posibles rutas por seguridade
e consideraremos rutas alternativas.
− Sempre que nos encontremos con
desprazamentos en condicións meteorolóxicas
37
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
extremas procuraremos levar combustible,
auga e alimentos.
− Auga no limpaparabrisas, antinéboa e vidros
en perfecto estado e vixiaremos que funcionen
ben as luces de emerxencia.
− Realizar maior número de descansos.
4.3. FACTOR VEHÍCULO
Causante dun 10% dos accidentes por si mesmo ou polo
seu estado.
É preciso ter en conta unha serie de definicións para
establecer diferenzas:
− Vehículo: Aparato con ou sen motor que se move
sobre o chan, na auga ou no aire e serve para
transportar cousas ou persoas, especialmente o de
motor que circula por terra. Aparato apto para circular
polas vías ou terreos aos que se refire a Lei sobre
Tráfico Circulación de vehículos a Motor e Seguridade
Vial.
− Vehículo de motor: Vehículo provisto
de motor para a súa propulsión.
Exclúense desta definición os
ciclomotores, os tranvías e os vehículos
de persoas de mobilidade reducida.
− Ciclomotor: vehículo de dúas ou tres
rodas, provistos dun motor de cilindrada
38
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
non superior a 50cm3 si é de combustión interna e
cunha velocidade máxima por construción non
superior a 45km/hora.
− Automóbil: vehículo de motor que serve,
normalmente, para o transporte de persoas ou cousas
ou de ambas á vez, ou para a tracción doutros
vehículos para aquel fin. Máquina ou vehículo, que é
capaz de xerar a súa propia forza motriz para
funcionar e se despraza guiado por alguén. Non se
contemplan os vehículos especiais.
− Motocicleta: Vehículos de dúas ou
tres rodas provisto dun motor de
cilindrada superior a 50 cm3, se é
de combustión interna, e/ou cunha
velocidade máxima por construción superior a
45km/hora. Poden levar sidecar.
− Turismo: automóbil destinado ao
transporte de persoas que teña
polo menos catro rodas e oito
prazas como máximo, ademais do
asento do condutor.
− Autobús ou autocar: automóbil que teña máis de
nove prazas incluída a do condutor,
destinado pola súa construción e
acondicionamento ao transporte de
39
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
persoas e a súa equipaxe. Inclúese neste termo o
trolebús, vehículo conectado a una línea eléctrica e
que non circula por raís.
− Camión: Automóbil con catro rodas ou
máis, concibido e construído para o
transporte de mercancías, cuxa cabina
non está integrada no resto da
carrocería y cun máximo de nove
prazas incluído o condutor.
− Furgón/Furgoneta: Automóbil con catro rodas ou
máis concibido e construído para o
transporte de mercancías, cuxa
cabina non está integrada no resto
da carrocería e cun máximo de nove prazas incluído o
condutor.
− Remolque: vehículo non autopropulsado deseñado e
concibido para ser remolcado por un vehículo de
motor.
− Semirremolque: vehículo non autopropulsado
deseñado e concibido para ser acoplado a un
automóbil sobre o que reposará parte
do mesmo transferíndolle unha parte
substancial da súa masa.
40
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Incluiría aspectos tales como:
Os vehículos cambiaron notablemente, cara a dispositivos
de seguridade máis eficientes, de maneira que se pode dicir
que a maioría de accidentes provocados por este factor
están relacionados co mal mantemento destos.
Podemos diferenciar entre varios tipos de seguridade, que
debe darse nos vehículos:
Seguridade Activa: Fai referencia aos mecanismos cuxo
fin é a diminución do risco de accidentes, o cal incluiría:
Sistemas de freado (ABS).
Sistemas de dirección.
Sistemas de climatización.
Iluminación. Luces de Xenon, Bixenon, adaptativas,
luces diúrnas o DRL.
Pneumáticos.
Medio de transporte ou vehículo.
Propiedade do vehículo.
Antigüidade do vehículo.
Aspectos técnicos: mantemento, controis, documentación en regra do vehículo. Estado xeral e características do mesmo.
41
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Sistemas de control da estabilidade.
Seguridade Pasiva: teñen como obxectivo reducir as
consecuencias que teñen os accidentes de tráfico sobre os
ocupantes do vehículo:
Carrocerías, para protexer aos ocupantes do
vehículo, sendo necesario que sexa ríxida e
deformable ao mesmo tempo, para que cumpra a
función que debería ter.
Airbags, con detectores de impacto. Os tipos de
airbag que podemos atopar
son: frontais, laterais, para
a cabeza e intelixentes.
Hai que lembrar que non é
un substituto do cinto de
seguridade, compreméntao.
Debe de ter un mantemento adecuado, cambiándolle
sempre que haxa un accidente.
Repousacabezas, a súa
función é evitar lesións en
caso de colisión, sobre todo
que poida dar lugar a un dano
cervical. Todos os vehículos
actualmente incorporan os
repousacabezas. Existen dous
tipos: activos ou intelixentes, que se adaptan
automáticamente á cabeza e, os pasivos, que evitan.
42
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
En caso de velocidades superiores a 10Km/hora poden
darse as seguintes lesións:
− Escordadura cervical.
− Hernias de disco.
− Hemorraxias de disco de pequena
intensidade.
− Roturas de ligamentos.
− Dor de pescozo, etc.
Cintos de seguridade, é un medio de suxeción do
acompañante en caso de colisión.
En caso de mulleres embarazadas, o
cinto debe de estar por debaixo do
abdome e para isto hai uns accesorios
que se poñen no mesmo. É obrigatorio e
imprescindible para todos os ocupantes, de cara a
previr o maior número de danos en caso de impacto.
Seguridade Terciaria: serían os sistemas que comezan a
funcionar unha vez que se produce o accidente,
para intentar minimizar as consecuencias dos
mesmos. Estes elementos afectarían á apertura
de portas, depósito de combustible, cintos de
seguridade, chamadas de emerxencia (que
proximamente se incluirá na maioría de vehículos), etc.
43
XESTION DOS DESPRAZAMENTOS
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
5. XESTIÓN DOS DESPRAZAMENTOS.
A cotío nos desprazamos desde os nosos fogares ao traballo
e/ou a algún lugar dentro da nosa xornada laboral, por
temas laborais. Ditos desprazamentos poden realizarse a
pé ou en diversos tipos de vehículo, sendo estes propiedade
do traballador ou da empresa ou ben, transporte público.
Normalmente asociamos estes accidentes ao azar, o cal é
incorrecto. Poden evitarse en gran cantidade de ocasións.
Tamén se lles considera en numerosas ocasións fenómenos
alleos ao traballo e á Prevención de Riscos Laborais.
É preciso distinguir entre os desprazamentos in itinere e en
misión.
5.1. DESPRAZAMENTOS IN ITINERE.
Nestes desprazamentos formúlanse diversas medidas, tales
como:
A. EMPREGO DE NOVAS TECNOLOXÍAS.
A implantación de novas tecnoloxías, fai que se poidan
reducir os desprazamentos dos empregados a través de
diversos medios:
Vídeoconferencia, empregaríase para a
realización de reunións entre clientes e
provedores.
45
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Teletraballo. Que consiste en
desenvolver as súas funcións desde o
fogar.
Vantaxes:
Redución de custes
Redución do absentismo laboral
Redución dos desprazamentos.
Mellora da imaxe empresarial
Mellora da calidade de vida dos traballadores e as
súas familias
Diminución de estrés e a ansiedade dos
traballadores
B. XESTIÓN DE HORARIOS.
A adaptación dos horarios de acordo ás
distintas variables, de cara a favorecer a
diminución de accidentes.
Horario comprimido: distribución
do horario laboral no menor número de
xornadas.
Flexibilidade de horarios. A empresa poría certos
límites pero os empregados poderían axustar seu horario
de entrada e saída.
Vantaxes:
Redución dos desprazamentos.
46
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Adaptación dos horarios.
Evita desprazamentos en horas punta.
C. FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO.
Informando sobre horarios,
planos, etc. Esto facilita unha
forma de desprazamento máis
sostible.
Para isto ofreceríase axuda no pago do bono-bus de
maneira mensual ou anual, venda de billetes de transporte
público na propia empresa. Todo isto leva consigo unha
diminución dos accidentes, do estrés, da contaminación, do
espazo utilizado para o aparcamento, ademais dun aforro a
nivel económico para os traballadores.
Vantaxes:
Aforro de custos aos traballadores.
Diminución do risco de accidentes.
Redución da contaminación ambiental.
Reducir os espazos destinados ao aparcamento.
Diminución do estrés
47
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
D. TRANSPORTE DA EMPRESA.
Supón que a empresa dispón dun
servizo de autobuses, que realiza unha
ruta establecida, coincidente co maior
desprazamento de traballadores. Este servizo pode
compartirse con varias empresas. Tamén pode haber un
servizo de lanzadeiras que é recomendable para zonas de
polígonos, zonas empresariais, etc. Levando a cabo
campañas que fomenten o transporte público, informar de
horarios, prezos, rutas, etc.
Vantaxes:
Aforro dos custos derivados do espazo destinado
a aparcamentos.
Aumento e mellora da puntualidade.
Mellora da imaxe empresarial.
Aforro dos custos aos empregados.
Redución do número de vehículos en circulación.
Redución do número de accidentes.
E. COCHE COMPARTIDO.
Nos desprazamentos compártese
coche, tanto para os desprazamentos
“in itinere” como en “misión”.
48
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Vantaxes:
Coordinación de horarios para ofrecer a
posibilidade de compartir coche.
Promover as relacións a través de intranet ou
páxina web.
Proporcionar unha base de datos cos
traballadores que queren compartir coche.
F. CARSHARING.
Consiste en que un traballador aluga un
vehículo por un período de tempo curto
pagando soamente por elo (carsharing),
poden ser provedores que ofrezan os
seus servizos á empresa directamente ou aparcamentos
destinados para este uso.
Vantaxes:
Evita buscar aparcamento e por tanto diminuiría
o tempo.
Reducir a contaminación.
Diminuír custos para a empresa e para os
empregados.
Asegurar o bo mantemento dos vehículos, etc.
49
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
G. DESPRAZAMENTOS A PÉ.
Sería aconsellable que se crearan unhas instalacións de
despachos, vestiarios e duchas.
Vantaxes:
Favorables en distancias curtas, xa que
favorece unha redución do estrés.
Mellora a saúde dos traballadores.
H. DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS DE DÚAS
RODAS
Son aconsellables prioritariamente en
distancias cortas. Por isto debe
informarse das rutas máis curtas e
seguras, disposición de flota de bicicletas
por parte da empresa, protección
mediante chips das bicicletas e
aparcamentos protexidos. Tamén as empresas poden
chegar a un acordo cos provedores de bicicletas para
mellorar os prezos que ofrecen na compra das mesmas.
Debe de haber boa iluminación e realizar campañas de
sensibilización.
50
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Vantaxes:
Beneficios para a saúde que leva consigo o uso
deste medio de locomoción, cando se trata de
bicicletas.
I. XESTIÓN DE APARCAMENTOS.
Consiste na priorización nas
empresas do aparcamento
ou tarifas para os
empregados que fagan uso
dunha das prazas da
empresa. Sobre todo para
empresas con problemas de
aparcamento, poden pactarse medidas en canto ao
aparcamento.
Vantaxes:
Prazas reservadas para traballadores que
comparten vehículo.
Prazas reservadas para traballadores con
mobilidade reducida.
Prazas reservadas para empregados que se
desprazan uns días concretos da semana en vehículo
privado.
51
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
J. SEGURIDADE NAS RUTAS:
Consiste en mostrar a situación da ruta a
tempo real, de cara a unha mellor planificación.
Vantaxes:
Diminución dos tempos invertidos nos
desprazamentos.
Aumento da seguridade.
5.2. DESPRAZAMIENTOS EN MISIÓN
1. SEGURIDADE NAS RUTAS.
É preciso que a empresa poña a disposición
dos traballadores unha guía de rutas seguras,
tanto para acceder á empresa, como para a
realización de desprazamentos en misión. É necesario velar
pola seguridade e por isto se priorizarán autovías e
autoestradas, facendo aos traballadores coñecedores dos
puntos negros nas rutas que utilizan nos seus
desprazamentos.
52
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
2. MANTEMENTO DE VEHÍCULOS.
Non se trata de realizar reparacións, senón de
poñer a punto o vehículo: aceite, pneumáticos,
elementos de seguridade, iluminación, etc.
Todos estes elementos velan pola seguridade vial.
3. TRANSPORTE DE MERCADORÍAS.
Formar en aspectos relacionados coa manipulación de
cargas, distribución de cargas, colocación e sinalización de
cargas, etc.
Aspectos a ter en conta sempre que se transportan
materiais:
− Aumento da distancia de seguridade
− Coidar da capacidade de freada.
− Evitar a falta de visibilidade pola carga.
− Vixiar o peso do vehículo, sobre todo cando se free ou
se cambie de vía.
− Regular adecuadamente as luces.
4. XESTIÓN DO TRABALLO.
É básico o estudo de aspectos tales como:
Carga de traballo: evitar estrés, cambios de estado
de ánimo, fatiga e ansiedade, en todos os traballadores,
pero especialmente nos que deben realizar
algún desprazamento dentro da xornada
laboral, evitando sometelos a presión,
realizando unha adecuada xestión do tempo.
53
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
É aconsellable que o traballador faga un estudio de como
xestionar o tempo e se é posible facer uso do GPS.
Medios de transporte: sería pertinente establecer un
protocolo nos desprazamentos, prioritariamente en misión,
tanto para os traballadores como para os directivos. Non
hai que esquecer que o uso das novas tecnoloxías poden
reducir os desprazamentos, evitando así numerosos
accidentes e cando sexan desprazamentos largos, valorar a
posibilidade de pasar a noite para retomar a viaxe nas
mellores condicións posibles.
Tempos de descanso e condución: nos
desprazamentos en misión debe de terse en conta o
Regulamento (CE) 561/2006, nel se establecen
pausas e descansos para os condutores dedicados
ao transporte por estrada, tanto de mercadorías
coma de viaxeiros.
54
A FORMACIÓN COMO
FERRAMENTA PARA A
PREVENCIÓN.
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
6. A FORMACIÓN COMO FERRAMENTA PARA A
PREVENCIÓN.
Fundamentaríase na formación que recibirían todos os
empregados que se prevé que poidan ter riscos nos
desprazamentos que realizan tanto in itinere como en
misión. Contemplando a incorporación de traballadores
novos, a súa formación inicial, a incorporación ao posto de
traballo, en xeral e en particular, e todo o que afecta aos
desprazamentos.
É aconsellable que os traballadores reciban formación
teórico práctica, sobre todo aqueles que realizan
desprazamentos en misión.
Tamén se poden engadir campañas de sensibilización para
todo o persoal.
Preténdese fomentar unha forma de condución axeitada,
que diminúa o número de accidentes, aforre combustible e
proporcione maior seguridade. Tamén se pretende
56
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
concienciar, de cara á modificación de condutas, que
melloren os patróns de comportamento, seguridade e
adquisición de hábitos de boas prácticas na condución.
Primeiramente habería que identificar os riscos viais que
poden darse para determinar os colectivos afectados e dar
a formación axeitada para cada traballador.
− Determinar o grupo poboacional que pode verse
afectado e analizar os grupos especialmente sensibles
e os que realizan longos recorridos.
− Analizar as condicións reais de condución: traxectos
reais, presión por tempo, condicións xeográficas e
climáticas, infraestruturas viais, medios de transporte,
etc.
− Analizar os desprazamentos facendo un inventario no
relativo a estes, preguntando aos traballadores
directamente sobre ditos desprazamentos e coñecer
en profundidade as tarefas desempeñadas por cada un
deles.
− Analizar a xestión dos desprazamentos, valorando o
parque de vehículos con que conta a empresa, a
organización dos
desprazamentos e todos os
temas relacionados coas
tarefas de condución.
Todos estes aspectos deben
terse en conta de cara a prever
57
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
as consecuencias e estimar a probabilidade de que se dea
este feito. En caso de que tras a análise do risco resulte
non aceptable, haberá que controlar o risco mediante a
implantación dun Plan de Medidas dirixidas a eliminar ou
reducir o risco.
A investigación de accidentes, é necesaria e obrigatoria, si
producen danos na saúde dos traballadores. Dita
investigación debe realizarse en 4 fases diferenciadas:
A información estará centrada en:
Recollida de datos. Análise de datos. Conclusións.
Proposta de medidas correctoras( pode consistir
en información e formación).
Establecemento de canles de comunicación eficaz a través de folletos divulgativos, circulares, boletíns, caixa de correos de suxestións, etc.
Medida e actividades de protección e/ou prevención que se adopten a nivel empresarial para evitalos
A identificación dos riscos para a seguridade e a saúde que estes traslados levan consigo.
58
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Tamén é recomendable que se leven a cabo actividades
formativas en seguridade vial ou formación específica,
principalmente indicada para condutores de vehículos
especiais e funcións específicas.
Debe facerse fincapé desde a empresa na vixilancia
periódica da saúde, todo isto, encamiñado a avaliar o nivel
de risco derivado da condución de vehículos e revisión dos
aspectos necesarios e imprescindibles para a condución. A
periodicidade pode reducirse en función do estado xeral do
traballador.
Como dato curioso indicar que moitos accidentes viais aínda
se identifican, pero non se realizan investigacións ou non se
comunican pola canle axeitada, polo que non está engadida
a seguridade vial dentro da política de prevención. Esto
deriva da falta de planificación e realización dun
seguimento axeitado dos casos. En definitiva, pola falta de
formación de persoal e a non realización dun Plan sobre a
Vixilancia da Saúde apropiado.
A lei de Prevención de Riscos Laborais no art. 15 expón o
seguinte:
O empresario aplicará as medidas que integran o deber
xeral de prevención previsto no artigo anterior, con arranxo
aos seguintes principios xerais:
a. Evitar os riscos.
b. Avaliar os riscos que non se poidan evitar.
59
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
c. Combater os riscos na súa orixe.
d. Adaptar o traballo á persoa, en particular no que
respecta á concepción dos postos de traballo, así
como á elección dos equipos e os métodos de
traballo e de produción con miras, en particular, a
atenuar o traballo monótono e repetitivo e a reducir
os efectos do mesmo na saúde.
e. Ter en conta a evolución da técnica.
f. Substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou
ningún perigo.
g. Planificar a prevención, buscando un conxunto
coherente que integre nela a técnica, a organización
do traballo, as condicións de traballo, as relacións
sociais e a influencia dos factores ambientais no
traballo.
h. Adoptar medidas que antepoñan a protección
colectiva á individual.
i. Dar as debidas instrucións aos traballadores.
2. O empresario tomará en consideración as capacidades
profesionais dos traballadores en materia de seguridade
e de saúde no momento de encomendarlles as tarefas.
3. O empresario adoptará as medidas necesarias a fin de
garantir que só os traballadores que recibirán
información suficiente e axeitada poidan acceder ás
zonas de risco grave e específico.
60
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
4. A efectividade das medidas preventivas deberá prever
as distraccións ou imprudencias non temerarias que
puidera cometer o traballador. Para a súa adopción
teranse en conta os riscos adicionais que puideran
implicar determinadas medidas preventivas, as cales só
poderán adoptarse cando a magnitude de ditos riscos
sexa substancialmente inferior á dos que se pretende
controlar e non existan alternativas máis seguras.
5. Poderán concertar operacións de seguro que garanten
como ámbito de cobertura a previsión de riscos
derivados do traballo, a empresa respecto do seus
traballadores, os traballadores autónomos respecto a
eles mesmos e as sociedades cooperativas respecto aos
seus socios cuxa actividade consista na prestación do
seu traballo persoal.”
Sería prioritario efectuar tarefas de información e
formación de acordo cos diferentes factores: humano,
vehículo e vía que se deben de ter en conta á hora de
planificar a formación.
61
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
6.1. FORMACIÓN DOS EMPREGADOS
A finalidade é a de formar aos traballadores nos riscos por
desprazamento tanto in itinere como en misión, dotando así
mesmo aos condutores de técnicas seguras.
Aspectos nos que se centrará a formación aos
traballadores:
− Formación en coñecementos relacionados cos factores
de risco.
− Formación en conceptos de condución segura.
− Formación en conceptos de condución eficiente.
− Formación en conceptos de mantemento de vehículos.
Os traballadores de nova incorporación á empresa deberían
recibir formación xeral inicial, sobre os riscos asociados ao
seu posto de traballo e aos factores que hai arredor dos
seus desprazamentos.
A formación a impartir pode ser:
Formación teórica: adquirida a través de cursos,
conferencias e/ou seminarios. Os contidos a traballar
son do tipo:
− Manexo do volante.
− Normas e sinais.
− Condución segura
− Elementos de seguridade.
− Identificación de factores de risco.
− Comportamento en caso de accidente.
62
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Formación Práctica: Consiste en dar unha formación
práctica, conducindo vehículos coa finalidade de
adquirir hábitos seguros.
Instrucións de traballo: trátase de engadir instrucións
propias do posto en temas de seguridade vial.
Campañas de incentivación dos traballadores.
Crear procedementos nos que queden definidos os
pasos a seguir en caso de accidente.
Análise dos accidentes acontecidos.
6.2. FORMACIÓN EN CONDUCIÓN EFICIENTE
É unha formación teórico- práctica que vai dirixida tanto a
condutores de vehículos turismo coma a condutores
profesionais. Os seus obxectivos son:
− Favorecer a nova forma de condución coa finalidade
de aforrar combustible e diminuír os gases
contaminantes.
− Proporcionar maior confort e seguridade na condución.
− Mellorar os coñecementos dos condutores.
− Modificar patróns de comportamento nos condutores.
− Adquirir un coñecemento das normas no uso do
vehículo.
− Mellorar os coñecementos técnicos.
− Dominio dos aspectos teórico-prácticos relacionados
cos distintos aspectos relacionados coa condución
63
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
(condución en caravana, incorporacións, paradas,
adiantamentos, etc).
− Capacitar aos condutores nunha condución preventiva
e racional.
− Concienciar no aforro de combustible.
Conseguir maior seguridade no desempeño da actividade
64
CREACIÓN DE PLANS DE
MOBILIDADE E SEGURIDADE
NA EMPRESA.
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
7. CREACIÓN DE PLANS DE MOBILIDADE E SEGURIDADE
NA EMPRESA.
Segundo a Lei 31/1995 de 8 de Novembro de Prevención
de Riscos Laborais, as empresas deben avaliar os riscos
para a seguridade e a saúde dos traballadores. Inclúese na
Avaliación de Riscos como punto de partida.
O primeiro paso para o desenvolvemento dun Plan de
Mobilidade na empresa é o coñecemento da incidencia dos
distintos factores de risco nos grupos ou colectivos que
forman parte de dito plan. O Plan de Mobilidade debe
considerar factores como a idade, tipo de vehículo,
escenario da condución ou funcións a desenvolver polo
traballador, posto que non pode darse o mesmo enfoque ás
medidas preventivas dirixidas a un condutor de flotas que
manexa diariamente unha furgoneta, que ao persoal
administrativo que realiza os seus
desprazamentos de maneira
ocasional en vehículo particular ou
en transporte público.
A xestión dos factores de risco e a
súa incidencia nos distintos
colectivos, así como a definición das medidas preventivas
derivadas da avaliación de ditos factores, requiren a
utilización de ferramentas que faciliten a xestión ao
responsable da prevención ou da mobilidade da empresa.
Débese levar un control e poñer en marcha unha formación
específica nesta materia.
66
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Existe unha relación directa entre saúde e condución. En
2011 firmouse un acordo entre o Ministerio de Interior e o
de Traballo co fin de previr os accidentes de tráfico
relacionados, o cal leva consigo unha bonificación/redución
nas cotizacións á Seguridade Social. As empresas
elaborarían un Plan de Mobilidade e Seguridade Vial para
reducir os accidentes. Puntos a incluír:
1
•Compromiso da empresa para reducir a sinistralidade laboral vial e o deber de suscribir a Carta Europea de Seguridade Vial.
2•Crear un departamento na empresa responsable do
desenvolvemento do Plan
3
•Recopilación de información sobre a mobilidad dos traballadores, así como as estatísticas e investigacións dos accidentes sufridos
4•Unha avaliación de riscos na organización e xestión dos
desprazamentos
5•Posta en marcha de medidas concretas de Prevención
6•Avaliación e seguemento do Plan.
67
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Un plan de viabilidade e seguridade na empresa consiste
nunha serie de medidas prácticas, van destinados a reducir
o custo e o impacto medioambiental, potenciando o coche
compartido, o coche multiusuario, o teletraballo, transporte
público, etc. De maneira que se produza unha diminución
de accidentes in itinere ou en misión.
Obxectivos:
− Configurar un sistema de transporte eficiente.
− Aportar unha accesibilidade universal que mellore a
integración social.
− Velar pola saúde dos empregados.
− Favorecer as condicións de seguridade nos
desprazamentos.
7.1. O PLAN DE MOBILIDADE. CONCEPTOS.
Mobilidade vial: Movemento ou desprazamento
dunha persoa e/ou vehículo por unha vía.
Riscos viais: Aqueles aos que están expostos os
peóns, condutores, persoas ao transitar por unha
vía, podendo estes riscos desencadear un
accidente.
Seguridade vial: é unha disciplina que estuda e analiza os
factores de risco aos que están sometidos nos
desprazamentos ás persoas, así como as medidas
axeitadas para evitar riscos que poidan derivarse de
68
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
dita circulación e as pertinentes para protexer aos suxeitos
pasivos e activos da circulación.
Accidente laboral vial: Prodúcese cando o traballador
efectúa un desprazamento dentro da súa xornada
laboral e utiliza as vías de circulación para levar a
cabo ditos desprazamentos.
Accidente Laboral de tráfico: é o sufrido por un
traballador ao longo da súa xornada laboral ou na súa
incorporación ou retorno ao centro de traballo e sempre
que interveña un vehículo en circulación.
Vantaxes da implantación do Plan de Mobilidade
Redución do tempo e custo invertido en traxectos in itinere e en misión.
Desconxestionamento do tráfico na estrada.
Mellora da saúde dos traballadores.
Diminución do absentismo.Protección do medio ambiente.
69
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Causas do accidente de tráfico laboral
7.2. RESPONSABILIDADES E FUNCIÓNS
A. Empresario
− Liderar a iniciativa para a elaboración do Plan.
− Adoptar as decisións que leven a bo término o
Plan de mobilidade Vial.
− Ter en conta a traballadores e representantes
sindicais.
− Garantir o tempo preciso para que os equipos de
traballo poidan reunirse.
− Proporcionar o tempo preciso para que os
traballadores poidan cubrir a enquisa.
Riscos asociados a causas técnicas: estado da vía,
sinalización, tipo de vehículo ,
mantemento
Riscos asociados ao factor humano:
distraccións, consumo de
alcohol, sono, estrés, etc
Riscos asociados ao factor ambiental:
condicións climatolóxicas tales como chuvia, neve,
néboa, etc.
70
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
− Implicarse no financiamento do plan de
mobilidade.
B. Representante dos traballadores.
− Promover iniciativas e elaborar propostas.
− Negociar coa dirección.
− Implicar ao maior número de traballadores.
C. Xestor do plan
− Elaboración e actualización do Plan.
− Proposta de melloras relacionadas coa mobilidade
vial.
− Supervisar o desenvolvemento, implantación e
seguimento do Plan.
D. Comisión de seguimento.
− Aprobar o Plan de mobilidade.
− Facer o seguimento da implantación do Plan.
− Valorar a eficacia.
− Proposta de revisións.
7.3. TIPOS DE RISCOS A AVALIAR E MEDIDAS CORRECTORAS
RISCOS A AVALIAR
− Relacionados coas persoas
Manipular GPS, mapas, etc.
Comer, beber, fumar.
Conducir con exceso de velocidade.
Non levar o cinto de seguridade/casco.
71
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Sobrecarga do vehículo.
Carga colocada incorrectamente.
Non respectar os sinais.
Consumo de alcohol ou outras sustancias.
Condución agresiva.
Non facer pausas en recorridos longos.
− Relacionados cos vehículos.
Vehículo mal mantido.
Vehículo en mal estado.
Non pasar a ITV.
Vehículo sen medidas de seguridade.
− Relacionados coas vías de circulación.
Existencia de puntos negros.
Malos accesos á empresa.
Mal estado ou obras na calzada.
Atascos.
Mala visibilidade.
Climatoloxía adversa.
− Relacionados coa empresa
Falta de formación vial.
Horarios pouco flexibles.
Bonificacións por tempos e prazos.
MEDIDAS CORRECTORAS
− Relacionados coas persoas
Curso de formación en seguridade vial.
Vixilancia da saúde específica.
Programa de sensibilización en Seguridade vial.
72
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Campañas de divulgación.
Promoción do transporte público.
Uso da caixa de correos para suxestións por parte
dos empregados.
− Relacionados cos vehículos.
Dotación dos elementos de seguridade.
Aplicación de criterios de seguridade aos
vehículos de empresa.
Mantemento de vehículos.
− Relacionados coas vías de circulación.
Sinalizacións de riscos.
Información de puntos negros para evitalos.
Melloras nos accesos.
Alertas de tráfico.
− Relacionados coa empresa
Implantación de autobuses de ruta e de
lanzadeiras.
Implantación de coche compartido.
Adaptación de horarios laborais.
Planificación de rutas de seguridade.
Subvencionar o custo de billete de
autobús/tren/metro, etc.
Xestión do aparcamento e dos desprazamentos
en misión.
73
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
7.4. CARACTERÍSTICAS DO PLAN DE MOBILIDADE VIAL.
Análise da mobilidade real e accesos á empresa.
Análise e diagnóstico dos riscos e accidentes de
tráfico.
Integración posible noutros plans de mobilidade,
levados a cabo polo municipio, polígonos
industriais, asociacións industriais, etc.
Definición de obxectivos, accións prioritarias e
indicadores das mesmas.
Avaliación de Riscos e medidas correctoras a
tomar.
Para avaliar a súa efectividade é imprescindible ter en
conta unha serie de aspectos e a súa evolución continua.
74
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Plan de Mobilidade Vial
Análise e diagnóstico.
Fixar obxectivos
Execución de accións
Avaliación e seguimento
Interés da empresa e dos traballadores
por participar
75
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
7.5. DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE MOBILIDADE.
Fase previa
• Obxectivos da dirección da empresa• Asignar responsabilidades• Elixir e asignar funcións ao xestor de mobilidade• Programa de traballo
Diagnóstico
• Enquisa de mobilidade• Valoración dos niveis de risco e accidentes.• Colectivos de Risco.
Realización do Plan
• Plan a realizar• Formación.• Tempo/custos• Persoal asignado.• Posibilidades de externalización.
Xestión do Plan
• Fixación de obxectivos de mobilidade• Accións a desenvolver• Fases a desenvolver na implantación• Índices de seguimento• Prazos de revisión
Avaliación do Plan
• Análise e avaliación de índices e indicadores.• Revisión de índices e indicadores.• Revisión de medidas.
76
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
1. FASE PREVIA.
É necesaria a participación de toda a empresa, é o que
asegura o éxito na implantación do plan. Tal vez sexa un
dos aspectos máis importantes pois é o que impulsa o
programa e a súa execución.
Neste proceso é imprescindible designar un xestor,
facilitándolle os recursos humanos e materiais necesarios
para alcanzar os obxectivos que previamente se
estableceron.
Resumo dos feitos ou motivos polos que a empresa
decidiu realizar o plan de mobilidade e seguridade; para
un desenvolvemento adecuado do mesmo deberíamos
ter en conta:
• Determinar o momento de inicio do desenvolvemento e
implantación.
• Contar coa participación do empresario, traballadores e
comité de empresa.
• Definir os obxectivos.
• Iniciar o Plan de comunicación.
• Definir os grupos de traballo e como deben de ser as
relacións entre eles.
2. DIAGNÓSTICO.
Nesta fase é básico recompilar a opinión dos
traballadores, para iso se confeccionará unha enquisa e
se distribuirá a todos os membros da empresa, sempre
buscado un alto nivel de participación.
77
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Na enquisa realizaranse preguntas sobre un ou varios
temas e tomarase como mostra representativa.
Non haberá resposta correcta u errónea, incluso poden
elixir non contestar. No elenco de preguntas deberían
analizarse algúns destes aspectos:
• Accesibilidade da empresa, mobilidade do domicilio
–traballo e desprazamentos profesionais,
información sobre os accidentes da empresa,
Información sobre as expectativas de mellora.
3. REALIZACIÓN DO PLAN
En función dos obxectivos formularanse as actuacións,
adaptadas á empresa así como ás necesidades
detectadas.
As accións a levar a cabo, deben ser consensuadas e
establecerse unhas canles de comunicación axeitadas
para poder resolver os problemas detectados, así mesmo
proceder á análise das redes de transporte (introducindo
modificacións ou melloras nas redes existentes).
As actuacións estarán en función dos custos e da súa
viabilidade, contemplando as dificultades técnicas, as
medidas que poden asumirse, etc.
4. XESTIÓN DO PLAN
Nesta fase trátase de implantar todas as actuacións
previamente acordadas, progresivamente e algunhas de
maneira experimental se procede.
78
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Ten que haber unha fase de comunicación e difusión ao
longo do proceso de implantación e xestión.
5. AVALIACIÓN DO PLAN
Nesta parte teríamos en conta o seguimento das accións
propostas, comprobando si se alcanzaron os obxectivos e
en que medida. Non hai que esquecer que as accións de
seguimento deben de quedar establecidas no Plan de
Mobilidade Vial.
7.6. O XESTOR DA MOBILIDADE.
É unha figura que debe quedar perfectamente definida e
cunhas características concretas para poder xestionar o
Plan:
− Coñecer o sistema de transporte nos accesos á
empresa.
− Coñecer diversas experiencias de transporte
(nacionais e internacionais).
− Coñecer e manexar bases de datos (Coñecementos
informáticos).
− Ser bo negociador a todos os niveis (directivo,
sindicatos, traballadores, etc).
As tarefas a desenvolver por parte do xestor poden
resumirse en:
− Implantar e supervisar o Plan de Mobilidade Vial.
− Responsabilizarse dos resultados obtidos.
79
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
− Obter e manter os apoios e compromisos da
dirección, do equipo e dos sindicatos.
− Coordinar o seguimento e a avaliación.
− Xestionar as accións de comunicación, transmitir
a información a través de diversas vías.
− Valorar a necesidade de externalización de
tarefas se fora necesario.
O perfil do xestor:
− Perfil de líder.
− Coñecemento de temas medioambientais e
accidentes viais.
− Personalidade práctica e realista.
− Entusiasta.
− Con capacidade de implicación.
Todo o mencionado anteriormente debe axudar á empresa
na viabilidade da implantación e desenvolvemento do Plan
de mobilidade.
VER ANEXOS
80
NORMATIVA
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
8. NORMATIVA.
Lexislación Estatal
- Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de prevención de
riesgos laborales.
- Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, por
el que se aprueba el texto articulado de la ley sobre
tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad
vial.
- Real Decreto 1428/2003, de 21 de noviembre, por el
que se aprueba el reglamento general de circulación
para la aplicación y desarrollo del texto articulado de
la ley sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y
seguridad vial, aprobado por el real decreto legislativo
339/1990, de 2 de marzo.
- Ley General de la Seguridad Social 1/1994, de 20 de
junio.
- Ley 51/2002, de reforma de la ley 39/1988,
reguladora de las haciendas locales(habilita a los
ayuntamientos a establecer una bonificación en el
impuesto de actividades económicas(IAE) para las
empresas que fomenten el transporte eficiente y
menos contaminante entre sus trabajadores
- Ley 2/2004, de 5 de marzo, por la que se aprueba el
texto refundido de la ley reguladora de las haciendas
locales, que permite bonificaciones de hasta el 50% en
el impuesto de actividades económicas a los sujetos
pasivos que establezcan un plan de transporte para
82
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
sus trabajadores, y de hasta un 75% en el de
vehículos de tracción mecánica en función de la clase
de carburante y motor, así como de su incidencia en el
medio ambiente
- Real Decreto 404/2010, de 31 de marzo, por el que se
regula el establecimiento de un sistema de reducción
de las cotizaciones por contingencias profesionales a
las empresas que hayan contribuido especialmente a
la disminución y prevención de la siniestrabilidad
laboral.
- Acuerdo de colaboración entre los Ministerios de
Interior y Trabajo, de 1 de marzo de 2011, para
prevenir los accidentes de tráfico relacionados con el
trabajo.
- Estrategia Española de Seguridad Vial 2011-2020.
- Estrategia Española de Seguridad y Salud en el
Trabajo207-2012.
- Plan de Acción de Ahorro y Eficiencia Energética2011-
2020 del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.
Lexislación autonómica
- Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego
de Seguridade e Saúde Laboral e a Sociedade Galega
de Prevención de Riscos Laborais, para a promoción e
colaboración en actuacións de seguridade e saúde no
traballo
83
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Lexislación Internacional
As directrices nas estratexias europeas:
- Estrategia de Seguridad y Salud en el Trabajo para el
periodo 2007-2012
- Hacia un espacio europeo de seguridad vial:
orientaciones políticas sobre seguridad vial 2011-
2020.
- Libro blanco 2011”Hoja de ruta hacia un espacio único
europeo de transporte; por una política de transportes
competitiva y sostenible”
- Carta Europea de seguridad vial
84
BIBLIOGRAFÍA
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
9. BIBLIOGRAFÍA
• INSHT ”Guía para las actuaciones de la Inspección de
Trabajo y Seguridad Social en materia de seguridad vial
en las empresas”
• DGT e INSHT Plan Tipo de Seguridad Vial en la Empresa.
Guía metodológica (2011)
• INSHT. Accidentes laborales de tráfico 2012.
• INSHT. Estrategia Española de Seguridad y Salud en el
trabajo 2007-2012.
• DGT, El valor monetario de una vida estadística en
España. 2011
• DGT, Las principales cifras de la siniestrabilidad vial en
España. 2013
• Ministerio de Fomento, Estrategia española de movilidad
sostenible. 2009
• Fundación CNAE, Guia para la Prevención de Riesgos
Laborales Viales y la Promoción de la Movilidad
Sostenible. 2012.
• Instituto Navarro de salud laboral .Gobierno de Navarra,
Guía para promover la seguridad vial de la empresa.
2009.
• Real Automóvil Club España. Informe. El tráfico como
riesgo laboral
• Fraternidad Muprespa, 2004. Manual de Buenas
Prácticas. Seguridad en los desplazamientos.
• MC. Mutual, Plan de movilidad.
86
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
• MC-Mutual. Novedades legislativas Nº 5 BIS.
Comentarios al Real Decreto 404/2010.2010
• IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la
Energía). Guía práctica para la elaboración de planes de
transporte al centro de trabajo.2006
• ASEPEYO. Guía para el desarrollo e implantación de
planes de movilidad en la empresa. 2011.
ENLACES NACIONAIS
IISSGA. INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAUDE LABORAL
HTTP://ISSGA.XUNTA.ES/
INSHT. INSTITUTO NACIONAL DE SEGURIDAD E HIGIENE EN EL TRABAJO.
HTTP://WWW.INSHT.ES/
INTRAS. INSTITUTO UNIVERSITARIO DE TRÁFICO Y SEGURIDAD VIAL.
HTTP://WEBINTRAS.UV.ES/HOME.HTML
FUNDACION MAFRE
HTTP://WWW.MAPFRE.COM/FUNDACION/ES/SEGURIDAD-VIAL.SHTML
RACE
HTTP://WWW.RACE.ES/SEGURIDAD_VIAL/
DIRECCION GENERAL DE TRAFICO ,DGT
.HTTP://WWW.DGT.ES/PORTAL/
IDEA.INSTITUTO PARA LA DIVERSIFICACIÓN Y AHORRO DE LA ENERGIA
WWW.IDAE.ES/
INE. INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA.
WWW.INE.ES
87
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
FESVIAL.FUNDACION PARA LA SEGURIDAD VIAL
WWW.FESVIAL.ES/
ASOCIACIÓN DEPREVENCION DE ACCIDENTES DE TRÁFICO
HTTP://WWW.PAT-APAT.ORG
ENLACES INTERNACIONAIS
AGENCIA EUROPEA PARA LA SEGURIDAD Y LA SALUD EN EL TRABAJO.
HTTP://OSHA.EUROPA.EU/ES
EURORAP(EUROPEAN ROAD ASSESSMENT PROGRAMME)
HTTP://WWW.EURORAP.ORG
OBSERVATORIO EUROPEO DE CONDICIONES DE TRABAJO
HTTP://WWW.OECT.ES/
OBSERVATORIO EUROPEO DE SEGURIDAD VIAL
HTTPS://OSHA.EUROPA.EU/ES/RISKOBSERVATORY/INDEX_HTML
88
ANEXOS 10. ANEXOS
Anexo 1: Identificación Xeral de Riscos
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
91
Anexo 2: Avaliación Inicial de Riscos
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
93
Anexo 3: Avaliación de Riscos Laborais
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
95
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Anexo 4: Medidas Preventivas Propostas
96
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
97
CUESTIONARIO SOBRE ACCIDENTES DE TRABALLO
Idade:
18-25 anos 26-40 anos 41-50 anos 41 o máis anos
Data do accidente: _ _ / _ _/ _ _ _ _
Hora do accidente: _ _ : _ _
Tipo de traxecto:
Ida Volta Ida e volta En xornada laboral
Formando parte como:
Condutor Pasaxeiro Peón
Danos:
Materiais Feridas leves, sen baixa Feridas graves,con baixa (Especificar días:__)
Lugar do accidente:
Vehículo: Bicicleta Coche Transporte público/da empresa Andando
Outros: ____
Tipo de accidente:
Impacto Frontal Impacto Lateral Saída de vía Envorco Caída
Atropelo Outros motivos: _______________________
Causas del accidente:
Estado de la vía Estado psicofísico Estado do vehículo Tráfico Outros condutores Outros motivos: ________________________
Anexo 5: Enquisas
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
CUESTIONARIO SOBRE DESPRAZAMENTOS EN XORNADA DE TRABALLO
Idade:
18-25 anos 26-40 anos 41-50 anos 41 o máis anos
Sexo:
Home Muller
Permiso de condución/anos de experiencia:
Non Si Anos: _ _
Horario de traballo:
Mañá Tarde Noite
Tipo de xornada laboral:
Intensiva Completa Partida Rotativos
Medio de desprazamento:
Andando Vehículo propio Transporte público/empresa
O mantemento do vehículo:
Realízao a empresa Realízao o traballador
¿Os desprazamentos son planificados pola empresa?
Non Si Antelación: _____________
¿Dispón a empresa dun procedemento escrito para desprazamentos?
Si Non
Km e tempo empregados en desprazamento:
____ quilómetros e ___ minutos
Factores de risco nos desprazamentos:
Tráfico Condicións climatolóxicas Horario Vehículo Estradas
Outros: _____________
¿Qué medidas farían máis seguros os desprazamentos?
Financiamento do vehículo Vehículo de empresa Flexibilidade horaria
Outros: _________
99
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE CONDUCCIÓN
NUNCA CASE NUNCA ALGUNHAS VECES CASE SEMPRE SEMPRE
Falar polo móbil/enviar
sms
Falar polo móbil co mans
libres
Manipular o GPS
Escoitala radio a volume
elevado
Non utilizar cinto/casco
Comer, beber, fumar
Non facer pausas cada 2
horas ou 200 km
Circular a velocidades
elevadas
Non respectar os sinais
de circulación
Levar sobrepeso no coche
Consumir alcohol ou
drogas
Conducir de xeito
agresiva
100
BOAS PRÁCTICAS NOS DESPRAZAMENTOS POR ESTRADA
Promove:
Colabora:
Co financiamento de:
101