Download - Atividades desenvolvidas durante o ano 2019
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
Actividades desenvolvidas pola comisión de feminismo e diversidades
OBRADOIRO LGTBQI+ e GUIA PARA FAMILIAS
Celebramos a semana dadiversidade sexual LGTBQI+ ondeas crianzas puideron aprender unpouco máis a respeito do xénero,xa que as persoas poden ter unhaidentidade distinta á que se lleatribuiu de xeito biolóxico, alén deque tamén existen casais que seaman sen seren parte do binomioheteronormativo muller-home.
No mes de outubro a traballadora da Semente fixo un obradoiro ou “guía parafamilias” co albo de estas últimas poideren abordar na casa coas crianzas, ostemas relativos á diversidade sexual e, dese modo, evitar facer xuízoscorporais, non valorizar obxectos materiais e aprender a recoñecer e mesmoabandonar tanto hábitos, actitudes coma roupas que se poidan asociar a unxénero.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
CONMEMORACIÓN DO 25N
Para a conmemoración do 25 denovembro, 25N Día Internacionalda eliminación da Violencia contraas Mulleres, realizáronse traballosmateriais en prol daconcienciación do privilexiopatriarcal, de como aínda épreciso avanzarmos neste aspectocomo sociedade, aprendendo arecoñecer pequenas cousas do díaa día e como isto afecta ásmulleres póndoas nunha situaciónde desigualdade estrutural,adaptado á idade das crianzas.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
MULLERES NO DÍA A DÍA
No mes de xullo, recibimos a visita de TeresaRamiro Fernández, unha mariscadora, que noscontou a orixe da súa profesión, en quepracticamente só traballan mulleres. Ademaisensinou as crianzas algunhas das especies máiscoñecidas das rías coruñesas.
No mes de novembro, con motivo da Semana daCiencia, a investigadora da Universidade daCoruña, Laura Castro, realizou unha serie deexperimentos adaptados ás crianzas, de xeitoque puidesen ver que a ciencia non é unha áreado saber exclusivamente masculina.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
CONTACONTOS FEMINISTA
No mes de outubro, recibimos avisita da bibliotecaria Xiana Parga,quen narrou e escenificou o conto"Iriña Bailarina".
Trata a historia dunha bailarina decaixa de música e dun boneco defutbolín que queren mudar de vidae que nos mostran que é posíbeltrocar de roles e quebrar osestereotipos de xénero.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
O CAZO DE LOURENZO + ASOCIACIÓN REIKI
Desde o mes de xullo tentamos despertarconciencias coas nosas actividades,mediante a visibilización das distintascapacidades para afrontarmos os retoscotiáns.
A través do “Cazo de Lourenzo”, ascrianzas adentráronse no mundo dadiversidade funcional, coa intención deanalizar e refletir sobre as capacidadesdeste neno no día a día.
Recebemos tamén a visita dunha persoadeportista en cadeira de rodas que nosensinou os seus medios de mobilidade:cadeira de rodas, muletas, pernaortopédica,... e falou dos retos no mundodo deporte.
A asociación Reiki, forneceunos recursospara as crianzas interaxiren. Taméndesenvolvemos durante estes mesesxogos de rol, onde nos temos de pór napel de persoas con cegueira, xordeira eoutras diversidades funcionais.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
Actividades desenvolvidas pola comisión de saberes, patrimonio e medio natural
A CAIXA DA MEMORIA
Nesta actividade, que tivo lugarno mes de xullo, o que se fixo foianimar às familias a quecompilasen e trouxesen materiaisdiversos para esta actividade.Con eles, fomos quen dedescubrir aspectos quedescoñeciamos dos nosos idosos.Xuntáronse xogos, cancións,contos, obxectos e pezas deroupa. Cada miúdo trouxoalgunha cousa.
Todo o material que se compiloucolocouse enriba dunha mesadentro dunha caixa, e fíxose unhaexposición cos obxectos, alén defalarmos daquelas pezas que máischamaron a atención dascrianzas.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
OBRADOIRO CON RECICLAXE
Contamos coa presenza da “AlmaMater” da Asociación Mar deFábula, Xosé Manuel Barros,persoa xubilada e que loita polaconservación do mar e dosecosistemas mariños.
A través do coñecemento esabedoría, que dá a idade, falounosdas “criaturas caóticas” queelabora con material de refugallorecollido nas nosas costas, e daimportancia que ten o coidade domar e do medioambiente.
Desenvolvemos tamén un obradoirocoas crianzas, no que creamosanimais mariños, baleas, peixes epolvos co material apañado nasnosas costas.
Atividades desenvolvidas
durante o ano 2019
VISITA DO APALPADOR
Na cultura galega existe unha figura mítica, a dun xigante carboeiro, quesegundo a nosa tradición de Nadal, mora nas montañas do Courel. Para isocontamos cunha persoa da zona, hoxe idosa, e a quen, de crianza, o Apalpadorlle levaba castañas. Falounos da flora e fauna, e dos coidados que precisan asmontañas para que non sofran nin incendios nin abandono.