AS FUNCIÓNS VITAIS DAS PLANTAS
AS PLANTAS REALIZAN TRES FUNCIÓNS VITAIS
Nútrense
Reprodúcense
Relaciónanse co medio
AS FUNCIÓNS DE RELACIÓN NOS VEXETAIS
A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN NAS PLANTAS
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Mediante esta función as plantas obteñen do medio materia e enerxía.
Permítelles medrar, reparar estruturas destruídas, manter o que xa teñen e realizar as outras funcións vitais.
A nutrición vexetal é de tipo autótrofa.
Fabrican o seu propio alimento (materia orgánica) a partir de substancias inorgánicas que toman do aire, do solo ou da auga.
•Absorción de substancias
•Transporte de substancias (zume bruto e zume elaborado)
•Evapotranspiración
• Intercambio de gases
•Fotosíntese
•Respiración celular
•Excreción
Os procesos implicados na nutrición das plantas son:
PROCESOS DA NUTRICIÓN DAS PLANTAS
ABSORCIÓN DE SUBSTANCIAS
... que entra na planta a través dos estomas.
As raíces absorben a auga e as sales minerais disoltas.
As follas captan o dióxido de carbono (CO2) do aire ...
A auga e sales minerais, absorbidas polas raíces (seiva bruta) son conducidas ata as follas polos vasos leñosos (xilema).
TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS
PROCESOS DA NUTRICIÓN DAS PLANTAS
A materia orgánica obtida da fotosíntese (seiva elaborada) é repartida a todas as células da planta polos vasos liberianos (floema).
Zume bruto
Xilema (células mortas)
Zume elaborado
Zume elaborado
Floema (células vivas)
INTERCAMBIO DE GASES
PROCESOS DA NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Nos estomas é onde se produce a entrada e saída de O2 e de CO2 e tamén a transpiración (saída de vapor de auga).
Envés
Estomas
CO2
O2
H2O
Os estomas son uns pequenos orificios que se atopan no envés da folla.
Luz solar Cloroplasto
Estoma
Zume
bruto
Zume
elaborado
Materia
orgánica
O2
Sales
minerais
CO2
O2
CO2 H2O
É o proceso polo cal as plantas fabrican compostos orgánicos a partir de compostos inorgánicos (auga, sales minerais e CO2) empregando a enerxía da luz solar captada pola clorofila dos cloroplastos e liberando O2.
A FOTOSÍNTESE
PROCESOS DA NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Gran parte dos refugallos metabólicos son reutilizados pola planta para sintetizar diferentes substancias.
Polos estomas expúlsase o CO2 da respiración e parte do O2 da fotosíntese.
EXCRECIÓN
Estomas
CO2
O2
Produtos de refugallo
(aceites esenciais)
Vacuola
Outras substancias de refugallo son almacenadas
nas vacuolas.
PROCESOS DA NUTRICIÓN DAS PLANTAS
CASOS EXCEPCIONAIS
Plantas carnívoras:
• Nutrición autótrofa • Obteñen sales minerais de insectos
Plantas parasitas:
• Non teñen clorofila
• Obteñen zume elaborado da planta hospedadora
FOTOSÍNTESE E RESPIRACIÓN
NOITE RESPIRACIÓN
DÍA FOTOSÍNTESE
E RESPIRACIÓN
AS FUNCIÓNS DE RELACIÓN NOS VEXETAIS
A FUNCIÓN DE RELACIÓN NAS PLANTAS
FUNCIÓN DE RELACIÓN
Mediante esta función as plantas perciben estímulos e elaboran respostas.
Permítelles adaptarse aos cambios e sobrevivir.
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
As plantas non teñen órganos sensoriais, nin órganos locomotores, nin
sistema nervioso.
Pero, como todos os seres vivos, son capaces de percibir estímulos e de
reaccionar ante eles elaborando respostas.
As respostas soen ser lentas e menos perceptibles que as dos animais;
polo xeral están relacionadas co crecemento.
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
Os estímulos que perciben as plantas poden ser:
Luminosos Gravitacionais Mecánicos
Químicos Térmicos Hídricos
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
As respostas das plantas son de dous tipos:
FOTOTROPISMOS
Os talos medran cara a luz.
XEOTROPISMOS
As raices medran cara abaixo
e os talos cara arriba.
1.- TROPISMOS:
Respostas permanentes ante un
estímulo; producen cambios na
dirección do crecemento da planta.
Son procesos moi lentos e case
sempre interveñen neles as raíces
ou o talo.
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
As raíces medran cara as
zonas con auga.
HIDROTROPISMOS
Resposta ante un contacto.
Típico das trepadoras.
TIGMOTROPISMOS
TROPISMOS
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
Xirasoles
Dirixen as súas flores
cara a luz do Sol
Dondiego de noite
Abren á beira da noite
e pechan de día
2.- NASTIAS:
Respostas temporais de certas
partes da planta ante un estímulo.
Son movementos relativamente
rápidos, nos que interveñen
xeralmente as follas ou as flores.
A RELACIÓN E COORDINACIÓN NAS PLANTAS
Mimosa sensitiva
Pechan as follas ó ser tocadas Plantas carnívoras
Pechan as follas cando pousa
nelas un insecto
NASTIAS
VD Mimosa pudica
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN
Mediante esta función os seres vivos producen outros seres similares ou idénticos a eles mesmos.
Permite o mantemento ou continuidade da especie, non a de cada organismo, xa que non hai seres vivos inmortais.
Existen dous tipos básicos de reprodución: sexual e asexual.
Aínda que cada especie emprega un destes dous tipos, hai algúns seres vivos que van combinando en cada xeración a reprodución sexual e a asexual; é o que se chama reprodución alternante.
R. sexual
R. asexual R. alternante
A REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS
Formación dos gametos
Polinización
Fecundación
Formación da semente e do froito
Dispersión da semente
Xerminación da semente
Aínda que varía un pouco duns grupos a outros, nas anxiospermas (plantas con flor e froito) ten as seguintes etapas:
A REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS
FORMACIÓN DE GAMETOS: os órganos reprodutores masculinos e femininos producen os gametos correspondentes.
Nas anteras dos estames fórmanse os gametos masculinos, que están pechados nos grans de pole.
No carpelo, concretamente no ovario, fórmanse os óvulos.
POLINIZACIÓN: transporte do pole desde o estame dunha flor ata o carpelo da mesma ou doutra flor.
O pole é transportado polo vento ou por animais, principalmente insectos.
A REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS
FECUNDACIÓN: unión do gameto masculino co feminino.
FORMACIÓN DA SEMENTE E DO FROITO
A REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS
XERMINACIÓN
CICLO COMPLETO
A REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS
A REPRODUCIÓN ASEXUAL NAS PLANTAS
REPRODUCIÓN ASEXUAL ou multiplicación vexetativa
Pode ser natural ou inducida polo ser humano.
2. O home provoca a reprodución das plantas mediante:
1. De forma natural, as plantas poden reproducirse por:
Rizomas Bulbos Tubérculos Estolóns
Enxertos Acodos Gallos
REPRODUCIÓN ASEXUAL NATURAL NAS PLANTAS
RIZOMAS; talos subterráneos, que orixinan raíces e xemas que dan lugar a novas plantas.
Fento
Lirio
Xenxibre
BULBOS; talos subterráneos, curtos, con follas modificadas que os envolven. Orixinan xemas das que saen as novas plantas.
Allo
Tulipán
Narciso Cebola
REPRODUCIÓN ASEXUAL NATURAL NAS PLANTAS
TUBÉRCULOS; talos subterráneos, curtos e grosos, cargados de reservas alimenticias. Sáenlle unhas xemas (ollos) que dan lugar ás novas plantas.
Chufas
Boniatos ou batatas Patacas
REPRODUCIÓN ASEXUAL NATURAL NAS PLANTAS
ESTOLÓNS; talos aéreos, que medran horizontais ó chan. Nalgúns puntos dos talos desenvólvense raíces, das que xurdirán as novas plantas.
Amorodo
Trevo
Mentraste
REPRODUCIÓN ASEXUAL NATURAL NAS PLANTAS
ENXERTOS; un fragmento dunha planta introdúcese noutra, xeralmente da mesma especie, aínda que dunha variedade diferente.
Enxertos de pugas
REPRODUCIÓN ASEXUAL INDUCIDA NAS PLANTAS
ACODOS; quítaselle algo de pel e atérrase unha pola dunha planta; cando a parte cuberta de terra emite raíces, sepárase da planta nai.
REPRODUCIÓN ASEXUAL INDUCIDA NAS PLANTAS
GALLOS OU ESTACAS; cóllese un trozo de talo, raiz ou folla e entérrase para que bote raíces e se desenvolva.
REPRODUCIÓN ASEXUAL INDUCIDA NAS PLANTAS