![Page 1: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/1.jpg)
“Mellor na casa” Conto para un confinamento.
![Page 2: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/2.jpg)
Ola…!!! Os nosos amigos lémbranse
moi ben deste día. Estaban a celebrar o
aniversario de Lemonchelo e puxéronse
moi formais para facer a foto.
Pero que ben saíron…!
Feliz aniversario…!
Canta felicidade…!
![Page 3: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/3.jpg)
Pero un día, as autoridades dixeron que
non se podía sair da casa porque estaba a
acontecer algo moi grave: unha pandemia.
A pandemia é unha doenza que pode
afectar a todo o mundo, sen distinguir
fronteiras, nin cor de pel, nin nada de
nada… calquera persoa pode contaxiarse e
poñerse moi maliña.
![Page 4: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/4.jpg)
O culpable é un coronavirus!!!
Un virus é un axente infeccioso, tan
pequeno, que somentes se pode ver por un
microscopio, pero, pola súa culpa, a xente
enferma. Pasa dunha persoa para outra
cando se tuse ou se esbirra… por iso,
deixouxe de ir traballar, as tendas
pecharon e as escolas tamén. Todo o
mundo ten que ficar na súa casa!!!
![Page 5: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/5.jpg)
As autoridades científicas puxéronse a
investigar para atopar un tratamento para
curar aos doentes nos hospitais e vacinar
ás persoas para que o virus nas afectara.
Mentres, a xente axudaba aos veciños e
todo o mundo colaboraba…
![Page 6: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/6.jpg)
Dona Cafeteira, que é moi boa
costureira, comezou a facer máscaras para
toda a súa familia, as amizades e a
veciñanza.
A máscara cubre o nariz e a boca e
axuda a protexer do contaxio aínda que hai
que gardar unha distancia, de polo menos
metro e medio, coas demais persoas…
![Page 7: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/7.jpg)
Para evitar enfermar por culpa do
coronavirus é importantísimo lavar moi
moi ben as mans.
Por iso o xabón é o noso novo
superheroe.
Viva o Capitán Superxabón….!!!
![Page 8: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/8.jpg)
O coronavirus, aínda que é
microscópico, sábese que está envolto
dunha capa de graxa. Se temos moito
coidado de lavar ben as mans con xabón,
esa capa desaparece e o coronavirus queda
inactivo e iso axuda a que non nos
contaxiemos.
![Page 9: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/9.jpg)
Como as escolas, os institutos e ata as
universidades pecharon, os estudantes
seguían por internet as clases.
Sempre estudar moito….!!!
Xa sabedes que para chegar a ser
grandes persoas hai que ser respectuosos,
xenerosos e amables.
Os trillizos Fernando, Federico e Felix
están moi atentos ás explicacións dos
profes por internet…
![Page 10: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/10.jpg)
A avoa Elena e o avó Anxo tamén
ficaron na súa casa sen poder visitar os
fillos e netos.
Para divertirse un pouco, decidiron
ollar fotos antigas
Mirade que guapiños foron a unha
festa!!!
![Page 11: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/11.jpg)
Que ben o pasan…!!!
Menuda película vai sair con este
equipo…!
Contar historias para que a xente se
divirta e o pase ben é un traballo moi
gratificante. Hai que escribir o guión,
gravar, facer a montaxe…
Xa me tarda a estrea da película…!!!
![Page 12: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/12.jpg)
A señora Petunia sempre está a ler.
Sempre di que os libros son os mellores
amigos que se poden ter. Con eles pódense
vivir grandes aventuras, facer longas viaxes
e ser milleiros de persoas distintas.
Cando lemos, a nosa mente medra,
somos libres e felices!!!
![Page 13: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/13.jpg)
Temos que ir a museos, teatros,
recitais de poesía, óperas, ballets…. Todo
iso é un alimento para o espírito e fará que
nos sintamos moito mellor .
O noso amigo Pepiño dalle con xeito
aos pincéis. Estar confinado na casa dalle a
oportundade de facer grandes obras para a
súa nova exposición.
![Page 14: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/14.jpg)
Luces de cores . Todo o mundo a pasalo
ben… con boa música para cantar e bailar .
Cancións de antes e de agora para
enmarcar os momentos máis importantes.
Hoxe tocou festa para celebrar que
estamos todos xuntos e estamos ben… e
Filomena, a nosa amiga tostadora, saíu moi
favorecida coa súa fita rosada.
![Page 15: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/15.jpg)
Cando Dona Pementa vai fai facer os
recados sempre se protexe cunha máscara
que lle fixo a súa amiga a señora Cafereira.
Tamén garda a distancia recomendada
e leva unhas luvas que quita con moito
coidado.
![Page 16: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/16.jpg)
Coser, bordar, facer gancho ou encaixe
de bolillos… Dá tempo a todo mentras se
está na casa.
Os labores sempre son unha actividade
moi saudable para facer porque
desenvolven a creatividade e desfrutamos
das cousas feitas a man.
Deste xeito, tamén se aprende a valorar
o traballo dos artesáns.
![Page 17: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/17.jpg)
O ano pasado, Carmela e Arturo
foron ao “Arde Lucus” e pasárono
moi ben. Vai facer vinte anos que a
cidade de Lugo celebra a súa orixe
romana. Este ano querían voltar ,
pero por culpa do virus cancelouse a
festa, igual que moitas outras por
todos os vilas e cidades…
Os traxes que levaban fixéronos
entre os dous. Menudos artistas…!!!
![Page 18: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/18.jpg)
Despois de facer as tarefas da
escola e axudar na casa, as xemelgas
estiveron a practicar un pouco de
ballet.
Gústalles moito a danza e
prepáranse para actuar nun festival …
Os “tutús” fíxollos a súa tía Catalina.
![Page 19: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/19.jpg)
Agardo que remate axiña este
confinamento que ten pechadas as nosas
vidas…
Cando voltemos ás rúas, aos parques, e
as tendas, e as fábricas estean abertas, e
pasear polo río e a praia…. Entón
voltaremos a ollar o que están a facer os
amigos que saen neste pequeño conto.
Polo de agora , xa sabedes…
“MELLOR NA CASA”
Estrella Naseiro Rego.
Abril de 2.020
![Page 20: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/20.jpg)
![Page 21: “Mellor na casa” · confinamento que ten pechadas as nosas vidas… Cando voltemos ás rúas, aos parques, e as tendas, e as fábricas estean abertas, e pasear polo río e a praia…](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022050102/5f41a9bd43ad0b7e5655a186/html5/thumbnails/21.jpg)