Download - Anxela 1ºc traballo final galego
Primeiro Misterio Doroso
Profecía do Sacauntos
“Canto menos persoa es, mellor dormes”
Gústame esa frase porque nesta sociedade na que vivimos canto
máis malo sexas mellor vives, as boas persoas son as que sofren
polo que fan, teñen remordementos, as malas persoas non se
senten culpables.
“E eu ben sei a que tiña medo, ao Sacaúntos, ao home do Saco”
Todos na nosa infancia lle tivemos medo a algo e a maioría
tiñámoslle medo ao home do Saco.
En Caendo a Tarde
“Sinto o ruído dun avión, ergo a vista e sígoo atravesando o espazo de ceo”
Cada ves que estamos na rúa pero nun xardín ou nun campo
sos miramos para o ceo e quedámonos mirando como pasan os
avións, aínda que non teña ningún significado danos
tranquilidade e fainos ver como pasa o tempo.
Isidro Vello
“Palabras pitoñas traballosamente cravadas en papeis durante anos, tantos anos”.
As palabras escritas en libros ou en calquera outro
elementos por exemplo unha carta duran moitos anos e
nunca desaparecen.
O Mar
“E era moi bonito, tiña moito xenio dentro, ás veces revolvíase
todo e facía ondas xigantes”.
O mar é moi bonito pero nunca se pode confiar nel xa que de
súpeto pode vir unha onda e levarte, pero cando hai temporal e
está moi embravecido segue sendo moi bonito.
“Unha rolada de nenos ollaba pasmada para i¡unha muller que collía puntos na rede”.
É unha imaxe moi cotiá para a xente de pobos mariñeiros que
ven todos os días mulleres que cosen redes, pero a xente que
vive en cidades ou en pobos do interior resúltalle estraño.
O Gato Ladrón(chora, chora)
“Toma logo! ¡Atrapa!”
O pai dicíalle ao fillo que pedise perdón e como non o fixo
pegoulle.
“Papá, non me pegues. Perdón”
O fillo estaba arrepentido e pedíalle ao pai que parase de
pegarlle.
Os Bistecs do Mundo
“Aínda duraban algúns <dous cabalos>”.
Estaban estrañados de ver un “dous cabalos” xa que é un modelo
de coche moi antigo e que xa case non existe, só quedan algúns en
mans de coleccionistas.
O Día Máis Feliz
“Os zapatos brancos apertan un pouco, que non che quedan ben que xa foron dos
teus irmáns”.
Compartir os zapatos de Primeira Comuñón ou calquera outra roupa dos irmáns
maiores é moi común nas familias grandes, os máis pequenos sempre teñen que
aguantar que a roupa lles quede grande ou pequena.
Exmo. Sr. Alcalde de Vilanova
“Habitualmente presenta un aspecto esterno extremadamente
suxo, descoidado e con moi mal olor”.
A nena vivía en moi malas condicións e a nai e a avoa usábana para
ganas cartos, ela quería ir á escola pero non a deixaban.
“Nunha ocasión bañámola no colexio e démoslle roupa limpa”.
A nena ía ao colexio en moi malas condicións e decidiron lavala alí
para evitar discusións cos pais ou molestar aos demais nenos.
Nene Apo
“Encarta a cariña, que vira vermella e rompe a chorar”.
A nai enfadada meteu ao neno no berce e este comezou a chorar.
O Neno e o Mar
“Un dos mozos pecha unha porta dun golpe”.
O neno caeu ao mar e por culpa da caída morreu, a ambulancia veuno
recoller.
“A furgoneta rompe a ouvear e os nenos e a xente apártanse”.
A ambulancia leva ao rapaz xa morto e a xente apártase para que poida pasa
Madrugar
“A claridade entra polos bordos da persiana”.
A claridade que entra pola persiana é coa luz ca que
espertamos polas mañás.
“Pasou por diante do espello dun armario, entreviu a súa imaxe, gorda
e co pelo loiro de peluquería”.
A protagonista deste relato non sabía quen era nin onde estaba e ao
pasar por diante do espello non se recoñeceu e estrañouse.
MAMA
“Eu non quero mexarme”.
É unha situación moi habitual nos nenos pequenos que inconscientemente fan pis na
cama, despois séntense culpables e teñen medo do que lles digan seus pais.
Segundo Misterio Doroso
Memoria e Soño
“Metéronlle un tiro como fan sempre os americanos”.
Este é un prexuízo que temos contra os americanos, sempre
asociamos a América con xente con pistolas camiñando pola rúa.
“Refírome aos que morren por unha enfermidade, ou atropelados, ou de fame”.
O autor menciona as diferentes mortes que teñen os nenos
hoxe en día e as máis arrepiantes.
Outra Vez
“O típico felpudo que ía da entrada do ascensor baixando dous banzos ata a porta”.
Esta cita é dun texto que xa temos visto en anos
anteriores.
Unha persoa cada mañá atópase cunha fachada nova
e ten medo a que chegue un día e non saber nin onde
está a súa propia casa.
Harmonia (Novela longa abreviada)
“Socorro coñeceu a Manolo nun baile do bario pola Ascensión”.
Antigamente era unha das formas que tiñas para coñecer o teu
futuro marido ou polo menos o teu mozo.
Harmonia (Novela longa abreviada)
“Faltáballe un dente nun lado, o que despois puxo de ouro”.
Antigamente a xente poñía dentes de ouro, moitas veces para
aparentar que tiña cartos cando realmente non os tiña.
“A voda, xa se sabe, foi con moita xente e houbo moito
rebumbio”.
Como en todas as vodas había moita xente, a maioría xente
que levabas anos sen ver pero como é unha voda convídalos.
Proe o dedo
“Había nubes no ceo, e ben negras”
Esta é a imaxe típica de un día de outono -inverno en Galicia, o
ceo cheo de nubes e a maioría dos días chovendo.
“Se non chovía polo camiño chovía en Santiago”.
Esta é unha idea que teñen os turistas que visitan
Galicia, que todos os días chove, e se non chove durante
o camiño de Santiago (para os peregrinos) choverá
cando cheguen a Compostela.
¿Qué te dije yo?
“El vestido nuevo… Mira como lo pusiste, pareces un lagoeiro toda sucia”.
Esta é unha postura que adoptan moita xente que fala castelán e que
foron galego -falantes e que polo tanto aínda que pensan que falan
castelán non o fan xa que introducen moitas palabras en galego como
pode ser neste caso “lagoeiro”.
Perderse (de vista)
“Perderse para sempre”
Hai veces nas que tes ganas de marchar lonxe ben lonxe e
esquecer todo o que está na túa terra.
Esas cousas mellor non falalas
“Esas cousas mellor non falas con ninguén”.
Hai veces que é mellor non contarlle a ninguén as cousas que vistes
porque pode que sexan verdade ou simplemente un soño polo tanto
moitos pensarían que estás tolo, por exemplo a xente que di que ve
extraterrestres, pode que sexa verdade pero o máis probable e que
sexa froito da súa imaxinación.
Memoria
“Onte a cara era moi distinta”
O home deste relato cambiaba de cara todos os días, a que máis
lle gustara fora unha que na que tiña os ollos verdes e as mulleres
miraban máis para el.
Un día de primavera un mariño
“As gaivotas chían no alto e o mariño leva na boca sorrindo o aire
dunha cantiga”.
É unha imaxe moi típica nunha vila mariñeira, ver os mariñeiros
camiñando á beira do mar asubiando unha cantiga e as gaivotas
chiando no lato do ceo.
“O meu home non ha tardar en vir do traballo”
O mariñeiro foi ver a súa moza pero ela xa estaba casada e votouno da
casa porque o seu home estaba a piques de chegar do traballo e
preguntaríalle quen era ese home e así evita problemas.
E un chiste
“Fóra caras serias”.
O protagonista deste relato quería contar un chiste polo que
pediu que a xente comezara a sorrir.
O paso do tempo
“Tiña unha cara monísima, con aqueles ollos verdes”.
A xente cando é nova pódenos parecer guapa pero despois
cando o tempo pasa a forma física da xente tamén muda,
había xente que nos parecía atractiva e que despois de uns
anos engorda ou cambia moito fisicamente.
Non e tempo de arrecender as palmeiras
“E a miña fregona non dá levado estas manchas”.
Hai veces que fregas e fregas e algunhas manchas non se van.
Cos anos saen pelos
“Colleu as tesoiras pequenas de punta revirada”.
As tesoiras de punta revirada usounas para cortar os pelos do nariz
mentres se miraba ao espello.
“Cada vez eran máis e colgaban máis dos oídos”.
ÁS persoas maiores sáenlle máis pelos nos oídos e teñen que cortalos.
Crime e castigo
“É a culpa a que che fai baixar a vista”.
Cando te sentes culpable por algo sempre andas ca cabeza baixa e coa
cara moi seria.
Memoria
“A ver, langrán”.
A nai foi espertar ao fillo porque xa era tarde e tíñase que
erguer.
Ai, pereira
“Ai, pereira”.
Este apelido recórdame ao actor galego Ernesto Chao que
interpretaba a Miro Pereira en Pratos Combinados.
A miña man chama pola memoria
“Como o xarope vesgoso deixa un sabor amargue e doce na boca”.
Ese momento no que tomas un xarope que sabe moi mal pero que ao final
deixa un bo sabor na boca.
Peto no cristal e berro
“Imos catro ou cinco nun coche vello de por dun camión cheo de
ferranchos”.
Era unha situación moi común na que nun coche pequeno ía toda a
familia, o coche ía cargado ao máximo.
Facer caca por ela
“O seu corpo miúdo contraéndose e a cariña vermella de dor”.
Os bebés cando intentan facer caca pónselle a cara vermella de
tanto esforzo que fan e ás veces os pobres ata gritan.
Conductor
“Os meus faros aluman un home”.
O condutor estaba conducindo de noite e alumeou a un home
que ía camiñando á beira da estrada.
Terceiro Misterio Doroso
A Tiranía do A.D.N
“Pasan os anos tan a correr”.
O tempo pasa moi rápido e cando te paras a pensar dáste conta
de que xa pasaron moitos anos sen que te deras conta.
Foto
“Un dáse de conta cando mira estas fotos”.
A xente cando máis se da conta de que pasa o tempo é cando mira
os álbums de fotos na casa da avoa e se ve cando era pequeno,
pensamos que foi fai moi pouco pero realmente xa pasaron moitos
anos.
Amor Verdadeiro
“Un poema que falase do seu pelo de ouro, dos seus ollos verdes
coma algas”.
Cando se está namorada ves a túa parella como o máis guapo do
mundo e non hai ninguén que o supere.
Boneca
“Xa levabamos unha semana abaneando e as ondas petando na borda esparexendo
salitre”.
Se só vas un día en barco pásalo ben porque é unha cousa nove ou
polo menos diferente pero cando levas moitos días andando no
barco cánsaste dos movementos que fai e da auga constantemente
salpicándoo.
Míreme
“Que eu son limpa e teño medo coller unha enfermidade,
doutora, que o meu home é moi porco”.
A muller acudiu á xinecóloga porque sospeitaba que o
seu marido lle poñía os cornos e foi á consulta para
asegurarse que non tiña ningunha enfermidade.
Botánica Mortuoria
“Creo que vou comer a mazá e tamén o verme”.
O ancián estaba a piques de morrer e polo tanto non tiña ganas de
pensar se comer ou non comer a mazá con verme ou tirala ao lixo polo
tanto acabou comendo a mazá co verme.
Ars Cisoria
“O ceo non existe, pero o inferno si”.
Na sociedade na que vivimos hoxe hai tanta xente mala que ás veces
custa pensar que realmente haxa ceo, aínda que sexamos ou non
crentes.
.A Iliada para Nenos
“E a quen non llo daban pois logo choraba”
Os nenos maleducados cada vez que o pai ou a nai lle di que non a
algo reaccionan chorando e enseguida os pais lle dan o que pedira o
neno.
“E fixeron un cabalo e agacháronse dentro Ulises e os cen
guerreiros gregos”.
Conta como os gregos enganaron aos troianos e conseguiron
entrar no seu territorio a través do cabalo de madeira.
Dermatoloxía
“Fixo como que non oíra cando lle dixen por primeira vez que
baixara os pantalóns”.
Os homes cando son atendidos por unha doutora séntense
avergoñados, polo que o home deste relato fixo como se non oíse á
doutora cando o chamou.
Man Morta
“Sacou un gran coitelo e cortoulle os xeremolos de dedos”.
Tiña un problema na man ortopédica polo que lle cortou o que
estaba mal e vendoulle a man.
Ars Cisoria
“Como volvas dicir palabras feas lávoche a boca con xabrón”.
Esta é unha das frases máis ditas das avoas e das nais cando
din algunha palabra malsoante os nenos pequenos.
Conductor
“Chove on the road, chove forte on the road e na paisaxe, os limpas non dan tirado
a auga do cristal”.
É unha situación moi común en Galicia xa que durante o
inverno chove moitísimo e ás veces case non ves a estrada
con tanta chuvia.
Cuarto Misterio Doroso
Usura e Estreñimento, Asepsia e esterilidade
“Alí foi onde perdín a man”.
A xente que traballa en barcos e demais moitas veces perde
unha man ou algún dedo traballando con esas máquinas tan
traizoeiras.
Espérate ai
“¿Quen é a miña meniña, eh, quen é a miña meniña?”
É unha frase das máis ditas polos pais cando están cos seus bebés
pequenos e lle falan dicindo parvadas só para que se rían.
Máquina
“¡E non lle está mexando!”
Os cans moitas veces mexan onde lles da a gana e os
donos non fan nada por evitalo.
Paraplexía
“Quen me dera poder facer iso que estás facendo ti”.
O rapaz deste relato estaba en cadeira de rodas e envexa ao
outro porque tamén quere andar ou simplemente tocar os pes e
sentir algo.
No Grao Exacto
“A ver vouvos acariñar un pouco a caluga”.
O dono dos animais vivía só e despois de vir de traballar decidiu
acariñar ao gato e o can para que o deixasen de molestar e
fosen xogar a outro sitio.
Círculos
“O sol xa se puxera, pouco máis que sombras era o que se vía”.
Cando o sol se pon só se poden ver sombras e ás veces non se
distingue que persoa é.
Bricolaxe/Mecánica Popular
“Agora merca o xornal no quiosco e vaino lendo con calma de
camiño cara a casa”.
O home foi comprar o xornal e cando volveu para a casa atopou
todo revolto.
Por que
“Mellor saír da cama, senón quedaría a durmir”.
Polas mañás cando tes que madrugar se non saes da cama cando soa o
espertador despois quédaste a durmir outra vez.
Volve coa Carne
“Pousa o pan e a cunca, verquendo algo na mesa”.
Nas tabernas de toda a vida da aldea cando se sirve a cunca de viño o
normal é verter un pouco na mesa.
Morriña
“Na fiestra ábrese e sepárase un bando de paxaros”.
Moitas veces pola tardiña os paxaros voan na busca dun
lugar para poder durmir, ás veces como son moitos fan
figuras moi bonitas.
Ruídos na casa
“Se cadra non hai ninguén na casa”.
Cando estás soa na casa oes constantemente ruídos, moitas
veces só é o aire pero como estás soa pensas que é alguén que
anda pola casa.
Querida Modelo
“Primeiro pídesme que pose e logo nada che vale”.
Os fotógrafos moitas veces son moi esixentes cas modelos, as sesións
duran moitísimas horas e as modelos teñen que poñerse tal e como lle diga
o fotógrafo.
Labor de Fillo
“Tiña as mans ensanguentadas e manchas vermellas na cara”.
O home acababa de matar unha vitela polo que tiña as mans
ensanguentadas e foi lavalas ao baño.
Quinto Misterio Doroso
O Labor do Sacauntos
“A autopsia é que te abren e miran dentro de ti e así sábeno todo de ti dunha
maneira científica”.
Cando che fan unha autopsia queren saber as causas da túa
morte e como ben di esta cita saber máis de ti
cientificamente.
O Meu Nome (Chepito)
“Eu non o sei, pero os meus papis vendéronme por vinte dólares”.
Os pais biolóxicos venderon o fillo a unhas persoas que o levarán ao
mercado de órganos co cal o pobre rapaz morrerá.
Miña nai, miña naiciña
“Se vise mamá como a tiña castigaríao”.
Os nenos din moito esta frase aos irmáns por exemplo, normalmente
para que recollan o cuarto ou simplemente meterlle medo porque súa
nai lle berrará.
Non me pegues
“Non me deas co canto, que me fas chorar”.
O fillo non quería que o pai lle pegase porque o magoaría e faríao chorar quizais se
lle pega moi forte incluso sangrar.
Mater Morta
“Non había ningunha muller da súa idade tan guapa”.
O fillo acababa de perder a súa nai, el consideraba que era a anciá
máis fermosa do mundo.
No Esguello
“Sentía o frío do iogur de fresa nos dedos”.
A persoa deste relato quedou parado mirando a presenza que había na
casa, como tiña o iogur na man estaba conxelándolle os dedos.
Non hai como o Futbito
“Acordamos xogar un partidiño de futbito este sábado”.
Chámame a atención a forma que utiliza autor para dicir “futbolín”.
A Fertilidade da Morte
“Unha capa branca de xeada zarrapicou o meu cabelo”.
É unha maneira de expresar o paso do tempo e como o teu cabelo comeza a
quedar branco.
Fala, fala
“Fala, e nota as palabras como gabean pola gorxa, epiglote, lingua…”
Expresa como saen os sons pola túa gorxa formando palabras e
polo tanto transmitindo información.
Estaba ai
“Estaba aí fitándome”
O protagonista describe como unha presenza estraña o estaba
mirando.
Meu Irmán
“Debinme ter achegado a el cando aínda tiña saúde para facelo”.
ÁS veces deixas pasar oportunidades que despois de algúns anos
nunca volves ter e arrepínteste moito de deixala escapar.
(Breve Resume do Teatro Universal)
“Pero eles si que me coñecen sen dubidar”.
Ás veces os actores de tantos papeis que fan non se recoñecen nin a eles mesmos
pero os espectadores sempre coñecen ao actor que está no
escenario representando unha obra de teatro.
SUSO DE TORO