Download - Amor e arte
Unha ollada
da ARTE
sobre o
AMOR
e do
AMOR
Adán e Eva foi un tema recorrente ao
longo da historia da arte como a primeira
historia sobre o Amor, tratándoo desde un
punto de vista relixioso (Maderuelo, Van der
Goes) onde a muller considérase a gran
tentadora, culpable do pecado orixinal.
Tamén foi visto con mirada profana onde
Adán e Eva, parella feliz, disfruta do seu
propio paraíso de amor (Valladon), ou tendo
unha visión crítica e tamén política sobre
acontecementos históricos da época (Nolde)
onde unha parella aria ela e xudía el,
recrimínanse e choran a súa saída do Paraíso,
neste caso Adán bótalle a culpa a Eva, nun
momento en que os xudeos comezan a ser
perseguidos e expulsados polos nazis –arios-
das súas casas e do seu propio país –Alemaña-
alusión o paraíso perdido.
Giotto. Capela
Scrovegni. S. XIV
Bico na Porta
Dourada entre S. Xaquín e Sta Ana, os pais da virxe María.
Jan Van Eyck
O matrimonio
Arnolfini s. XV
Retrato dunha voda e xuramento do seu amor eterno……………..
Gustav Klimt
O bico. Principios s.
XX
Amantes tenramente abrazados, illados do mundo real nesa fusión de felicidade
Constantin Brancusi
O bico. Principios
do XX
A condensación das formas nunha gran pureza, a forza do amor convertendo aos amantes nunha soa peza ou persoa
Pier Paolo Rubens
Autorretrato con
Isabela Brandt s.
XVII
O artista aparece coa súa primeira muller, un dos seus grandes amores, coas mans enlazadas e sorrintes como unha demostración da súa felicidade
Rembrandt Harmenszoon
van Rijn
Hendrickje bañándose s.
XVII
Unha mirada de amor, nun momento íntimo, especial, poético, sobre esa muller que o acompaña ao longo da súa vida e o trata de protexer dos problemas e do mundo.
Pier Paolo Rubens
As tres gracias s.
XVII
Canta sensualidade a través de tanta carne!! Un canto á vida e os seus amores –retratos das súas dúas mulleres- con alusións á muller e á natureza como fonte de vida, e o amor como felicidade suprema.
Fernando Botero
Rubens e a súa
muller. Mediados do
s. XX
Imitando o cadro de Rubens, realiza unhas figuras monumentais, de grandes rostros pero onde queda patente a pegada do amor na súas expresións e na auréola de rosas ao seu redor
Pablo Picasso
Os amantes s. XX
Pintura feita nun momento de suma felicidade despois do seu primeiro casamento, onde o home –Picasso- protexe e mira amorosamente a súa muller
Auguste Rodin
O bico. S. XIX
Inspirada nunha historia de amor prohibido do Inferno de Dante, na que se namoran lendo un libro de amor –nas mans do home.
Tiziano Vecellio
Venus e Adonis s.
XVI
A primeira poesía para Filipe II de España, nela Venus trata de reter ao seu amado que marcha a súa última cacería
Piero di Cosimo
Morte de Procris s.
XV
Lenda da mitoloxía grega, na que Céfalo de caza confunde a súa muller cun animal cando estaba escondida entre matorrais. O autor móstranos a desesperación pola morte da súa amada
René Magritte
O bico. S. XX
Significado controvertido para este cadro: o amor cego dun primeiro momento, o amor prohibido…pero está claro que a falta de contacto non pode ser un beso de amor, pois este é o sabor e o olor da persoa que amas
Rembrandt
Harmenszoon van
Rijn
A noiva Xudea s.
XVII
Obra chea de afecto e tenrura na complicidade de dous noivos que están casando
Gustave Courbet
A siesta s. XIX
Outros amores, neste caso lésbicos, cheo de connotacións eróticas e amorosas
Paul Chagall
O cumpleanos. S. XX
Decía Chagall: “Na nosa vida hai unha soa cor, como na paleta do artista, que nos ofrece o significado da vida e da arte. É a cor do amor” Esta frase recolle todo ese mundo de amor que sentía por Bella, a súa muller, que o facía voar, levitar…. Que mellor agasllo no teu cumpleaños que o amor do ser querido!!
Sandro Botticcelli
Venus e Marte s.
XV
O amor –Venus- vencendo á guerra e á violencia –Marte. Ela vixía mentras el dorme e os pequenos sátiros xogan alleos coas armas da guerra
Adán e Eva de Maderuelo s. XII
Pecado Orixinal. Hugo Van der
Goes. S. XV
Adán e Eva. Emil Nolde. S. XX
Adán e Eva. Suzanne Valadon. S. XX