Download - Amor dos quince anos, Marilyn
Cinco contos escritos no 1995 son a homenaxe do
autor ó cine no centenario do seu nacemento.
Dese xeito quere pagar a débeda que ten coa
"fábrica de soños".
Cada un destes relatos nace dun "anuncio por
palabras" igual que aqueloutros que aparecen en
Contos por palabras.
Amor dos quince anos, Marilyn é un verso de Antonio Martínez
Sarrión que dá lugar ó título de conto e libro. Cada vez que un
cine se pecha, a máquina de proxección ponse en marcha, o feixe
de luz asolaga a pantalla, por ela van pasando anacos das mellores
películas empatadas, e deles van saíndo as estrelas de tódolos
tempos, que se sentan nas butacas para celebrar asemblea. Un
escritor nostálxico ha de enfrontarse á invitación de Marilyn.
Son narracións nas que o autor lles dá vida no papel ás historias
que andan agachodas nos xornais.
Galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz
Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil: http://www.filix.org/ranholas/agustin.html
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AguFern%E1
Praza das Letras: http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/19/agustin-fernandez-paz Blogue de Ed. Xerais: http://xerais.blogaliza.org/tag/fernandez_paz/