Download - ALDEAS E VILAS
ALDEAS E VILAS
ALUMNADO DE 2º ESO
IES SAN MAMEDE (MACEDA)
CURSO 2011-2012
RECREACIÓNS A PARTIR DE CIDADES DE FRAN ALONSO
MACEDA
A miña vila é una cunca
que contén as casas e os ríos.
A miña vila é una rosa
que florece en primavera.
A miña vila é un lobo feroz
que espanta as malas cousas.
Os seus ollos son as prazas
e chora polas fontes.
As súas veas, as estradas
e o seu pelo, o bosque.
As bágoas descenden polas ladeiras
dando vida e máis frescura
á miña vila, Maceda,
a miña vila.
LUCAS MARTÍNEZ DE DIOS 2º ESO A Nº 13
O MEU CORPO É UNHA ALDEA
O meu corpo é unha aldea.
O nariz é a palleira
onde os animais descansan,
a boca é o pozo onde todos collen auga,
os brazos parecen os camiños que levan á horta,
o tronco, o centro da aldea onde se atopa a capela e se reúnen todos
e, finalmente, as pernas onde cadaquén ten a súa chaboliña.
É o mellor sitio que hai.
ROMÁN SAA CRESPO 2º ESO A Nº 18
O RÍO DA MIÑA VILA
Pola vila onde vivo pasa un río
no inverno río frío
no verán río baixo
cando chove sobe algo
e cando non é
baixo
longo
matador
e se non que llo digan á troita
que por el sobe coma unha tola
para ver se encontra
suízos, mosquitos, e moscas.
ADRIÁN BLANCO BLANCO 2º ESO A Nº 2
Sempre volvo onda ti, querida,
cada mes, cada dous, cada tres?
Cada mes, cada dous, cada tres,
volvo a observarte.
E onda ti, aldea, berro,
cada mes, cada dous, cada tres.
E saúdo as avoas!
E visito os amigos!
E contemplo o tempo!
E camiño polos teus campos!
E logo marcho, contenta.
Volvereite a ver,
Cada mes, cada dous, cada tres.
RAQUEL SOUTO JANEIRO 2º ESO A Nº19
ADECAM
A miña vila é verde
pequena,
con costas, con baixadas,
polo verán como un formigueiro
e polo inverno deserta,
pola miña vila pasan coches,
como Fernando Alonso en carreira.
JULIÁN BLANCO PARDO 2º ESO A Nº2
NOS MEUS SOÑOS TEÑO A MIÑA ALDEA
Nos meus soños teño a miña aldea,
de maiores amábeis,
traballadores entretidos.
Nos meus ollos teño a miña aldea,
pequena,
aldea silenciosa,
salvaxe.
Nos meus soños teño sitio para todo.
MIGUEL ÁNGEL GULLÓN FERNÁNDEZ 2º ESO A Nº12
O QUE SE FILTRA NAS ALDEAS
Nas aldeas cóanse as persoas
persoas moi diferentes
unhas máis altas,
outras máis pequenas
e ti
esa persoa diferente, a que máis destacas.
IRIA RIVERO CONDE Nº16 2ºESO A
A MIÑA XENTE
A miña vila,
pequena,
xeitosa
con rúas estreitas e lisas
con montes,
con serras
onde a xente sempre ri,
onde hai alegría
onde se rumorea todo
en fin... é a miña vila.
KELLY ESTÉVEZ PROL 2ºESO A Nº6
Eu vivín nunha aldea de xeado
cun alcalde azucrado,
e casas de pescado.
E nunha de verdura,
que creo que pouco dura
polos corazóns en miniatura.
E nunha de espaguete,
co alcalde nun paquete,
e con veciños como o Pepe.
Eu vivín en moitas aldeas
e algunhas delas eran feas.
RAQUEL SOUTO JANEIRO 2º ESO A Nº19
OS RECUNCHOS DA MIÑA VILA
Os recunchos da miña Vila son así,
De noite dan medo, son escuros,
hai moita xente,
fan ruído. Vixilia permanente.
E cando é día, de súpeto,
moi luminosas.
IRIA RIVERO CONDE Nº16 2ºESO A
MACEDA
A min encántame a miña vila.
As súas rúas longas e curtas,
anchas e estreitas.
Os seus grandes e pequenos xardíns e parques.
Os lugares que recordan a persoas, especiais.
As casas e edificios, amigos.
As rúas importantes, cheas de xente,
as rúas escuras, misteriosas.
Maceda, en fin, especial amiga,
chea de xente e misteriosa.
ROCÍO GARCÍA MOJÓN 2º ESO A