agradecementos do autor:A Bea, Miguel e ao recén chegado Adrián.
Aos meus pais e irmáns.
A María Luisa e Jesús.
A Jano pola súa amizade e por transmitirme a súa paixón polos anfibios, e a Fernando Urones
por acompañarme tantas veces na procura deles.
Aos meus amigos Jano (Alejandro Ocampo), Antonio Costa, Jorge Candán e Fran Torres, que
me cederon parte do seu traballo en forma de fermosas fotografías que ilustran gran parte deste
libro... graciñas.
A Pedro Galán Regalado por ser sempre atento, amable e rápido cando lle consultei algo; e por
cederme a súa fotografía. Ti tamén formas parte deste libro.
A Celia Alonso e María Formoso pola confianza depositada en min... e a toda a xente que,
dunha maneira ou outra, sempre me apoiou.
© 2011 Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra
edita:Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra
dirección técnica:María Formoso Beloso
fotografías:Vítor Xosé Cabaleiro Barroso agás páxs. 12–13, 18, 19, 21b, 24b, 26a, 30a, 30b, 31a, 31b, 31c,
32–33, 39, 40–41, 42a, 42b, 46a, 46b, 50, 51, 54, 59, 75 (Alejandro Ocampo Lorenzo); 24a, 25b,
28a, 29, 72–73 (Jorge J. Candán); 25a, 43, 44–45, 47, (Antonio Costa); 26b, 70 (Francisco
Torres); 17a, 17b (María Formoso Beloso); 48-49 (Pedro Galán Regalado); 4, 27 (Trisquelia),
e 20, 22, 38, 58, 62, 66 e 74. portada e contraportada: Amplexo de ra verde común. Jorge J. Candán
deseño e maquetación: Trisquelia
d.l.: po 115–2011
Guía de anfibios do ENIL Xunqueira de Alba
Vítor Xosé Cabaleiro Barroso
ÍNDICE
Prólogo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7
Introdución 9
Que é o ENIL Xunqueira de Alba . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11
Onde e cando observar anfibios no ENIL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13O ENIL como ecosistema para os anfibios 15
A bioloxía dos anfibios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19Morfoloxía 20Alimentación 28Termorregulación 29Reprodución 30
Guía de anfibios 33Como interpretar as fichas do libro 34Píntega común (Salamandra salamandra) 36Tritón verde (Triturus marmoratus) 40Tritón común (Lissotriton boscai) 44Tritón palmado (Lissotriton helveticus) 48Sapo pinto (Discoglossus galganoi) 52Sapo común (Bufo bufo) 56Sapo corredor (Bufo calamita) 60Rela común (Hyla arborea) 64Ra patilonga (Rana iberica) 68Ra verde común (Pelophylax perezi) 72
Listado alfabético dos anfibios da guía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 77
Bibliografía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 79
PRÓLOGO
Un Espazo Natural de Interese Local (ENIL) é algo máis que unha simple catalogación administrativa dunha área ben conservada e onde a Natureza é especialmente prolífica Para nós, un ENIL é, ademais dun espazo de conservación, unha aula ao aire libre, unha oportunidade para aprender e para poñernos en contacto coa biodiversidade que nos rodea, ou o que é o mesmo, coa cadea de equilibrios que nos explica e dá sentido a nós mesmos como seres vivos
Dende que me fixen cargo da Concellaría de Medio Ambiente Natural comezamos un camiño que tivemos sempre moi claro No ano 2008 demos o primeiro paso coa solicitude á Xunta de Galicia da declaración como ENIL desta preciosa xunqueira, desta aula de natureza que temos ao pé mesmo da cidade Tiñamos dous anos para presentar un plan de conservación, documento que entregamos en decembro do 2010 e que serviu para que, xa dun xeito definitivo, os pontevedreses poidamos gozar deste espazo protexido xunto coas pautas que garantan a súa conservación e persistencia no tempo
Pero un ENIL leva aparellada tamén a obriga de investigar e divulgar Por iso puxemos en marcha estudos sobre a fauna e a flora destas 67 hectáreas enchoupadas entre os meandros do río Rons e as preamares da ría E así foron xurdindo as distintas publicacións e estudos sobre as aves migratorias que aniñan ou repousan na xunqueira durante a súa viaxe entre Europa e África, sobre as libeliñas, as bolboretas e tamén o xénero animal que é obxecto deste traballo asinado por Vítor Cabaleiro: os anfibios
Na Xunqueira do Alba temos 10 das 14 especies existentes en Galicia A rela común e a ra patilonga, presentes as dúas no espazo, están catalogadas como vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas, e inclúense xunto a tres especies máis presentes no ENIL (tritón verde, sapo pinto e sapo corredor) na listaxe de especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita
Os anfibios son animais que viven entre a terra firme e a auga Saben combinar o mellor de ambos os mundos Son un exemplo perfecto de como os cidadáns do século XXI, máis maduros e concienciados que os nosos predecesores, podemos combinar a necesidade de transformar o territorio segundo as nosas necesidades coa preservación dos espazos naturais e o respecto ao planeta onde vivimos
Poida que o ENIL da Xunqueira de Alba sexa só un gran de area Pero na natureza as cousas pequenas son tan importantes coma as grandes
Celia Alonso CaramésConcelleira de Medio Ambiente Natural
Concello de Pontevedra
INTRODUCIÓN
Nos últimos 20 anos desapareceron 168 especies de anfibios no planeta e, na actualidade, case un terzo (32,2 %) das 6 695 especies coñecidas atópanse mundialmente ameazadas As razóns deste declive son variadas e están relacionadas coa súa sensibilidade ás alteracións ambientais (pel sensible a moitos axentes biolóxicos ou químicos e ás súas pautas ecolóxicas e de comportamento) Estas alteracións acontecen tanto a nivel abiótico (cambios ambientais) coma biótico (especies introducidas e novas enfermidades), que se manifesta nun declive global das súas poboacións ou incluso na extinción de especies Este fenómeno, que afecta a todo o planeta, é denominado declive global dos anfibios
Os cambios climáticos que se están a suceder no noso planeta poden inducir a un cambio no patrón de reprodución de moitas especies ou mesmo a un descenso da poboación acusado Os efectos do cambio climático nos patróns de cría poderían eventualmente levar a profundos cambios na estrutura da poboación
A escala local, a acción directa do home altera e destrúe os seus lugares de reprodución e os seus hábitats, pero os dous principais factores que inciden negativamente nestes animais son, por unha banda, a presenza de especies introducidas (peixes, caranguexos ) que depredan e compiten cos anfibios autóctonos e, pola outra banda, a aparición de enfermidades específicas provocadas por fungos e virus, denominadas doenzas emerxentes Estas enfermidades aparecen en todo o mundo afectando incluso a poboacións de espazos naturais protexidos En España xa se detectaron mortaldades masivas en oito localidades de Castela–León, Asturias e Aragón provocadas polo fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatidis, que causa a enfermidade coñecida como quitridiomicose
Con respecto á presenza de especies introducidas, xa se constatou en Galicia o declive de poboacións de anfibios pola presenza do caranguexo vermello americano (Procambarus clarkii) en dúas localidades da provincia da Coruña (Galán, 1997)
O Espazo Natural de Interese Local Xunqueira de Alba non é alleo a estes problemas: os vertidos, a presión humana e a presenza do caranguexo vermello americano fan perigar os anfibios presentes nel Con todo, a día de hoxe, aínda podemos atopar 10 das 14 especies de anfibios que crían en Galicia, algunhas delas con moi baixos números no ENIL
A rela común e a ra patilonga, presentes as dúas no espazo, están catalogadas como vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas, e figuran xunto a 3 especies máis presentes tamén no ENIL (tritón verde, tritón palmado e sapo corredor) no listado de especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita segundo a lexislación estatal e europea
O obxectivo desta guía é dar a coñecer estas dez especies de anfibios para que a xente valore e aprecie a súa importancia nos ecosistemas e como patrimonio natural, ademais do seu carácter inofensivo e beneficioso para o home
Vítor Xosé Cabaleiro BarrosoPontevedra, marzo de 2011
QUE É O ENIL XUNQUEIRA DE ALBA
Un Espazo Natural de Interese Local (ENIL) é unha figura de protección de espazos naturais promovida e xestionada polos concellos e que se recolle na Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia Non están incluídos na rede galega de espazos naturais protexidos, pero os seus obrigatorios plans de conservación son vinculantes tanto para as administracións públicas coma para os particulares e sempre prevalecen sobre o planeamento urbanístico Ademais, esta figura de protección obriga a facer estudos dos seus valores naturais e á súa divulgación O ENIL Xunqueira de Alba foi declarado de xeito provisional por orde de 21 de outubro de 2009 (DOGA núm 210 de 27 de outubro de 2009) e na actualidade, unha vez presentado o plan de conservación, está a punto de ser declarado ENIL de xeito definitivo para converterse na primeira marisma costeira de Galicia con esta figura de protección
A Xunqueira da Gándara, tamén chamada Xunqueira do Alba, do Vao e de San Caetano, é unha marisma que se atopa no norte do termo municipal de Pontevedra, nas proximidades do núcleo urbano, entre a autoestrada AP–9 e o Camiño Portugués de Santiago En concreto, localízase na confluencia do río Rons e o río Lérez, próximo á desembocadura deste último, sometido á influencia das mareas Sufriu unha diminución na súa extensión nas últimas décadas pola presión urbanística a que foi sometida quedando unicamente 48 hectáreas no concello de Pontevedra, nas parroquias de Lérez e Campañó
Dentro do ENIL hai tres zonas húmidas catalogadas no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia:
— A marisma propiamente dita (48 ha): bancos mareais de lodo, area e solos salinos — Charca da Xunqueira do Alba: lagoa temporal de auga doce — Charca do Burgo: lagoa de auga salobre
O resto do espazo fórmano praderías, matogueiras e bosque de ribeira ata acadar as 67 hectáreas que conforman a totalidade do ENIL
O seu principal valor é a importancia que teñen os ecosistemas que soporta, dos máis produtivos ao tempo que os máis sensibles (de aí a importancia da súa conservación) Temos hábitats de interese comunitario, algúns deles prioritarios como lagoas costeiras ou bosques aluviais de amieiros Ademais estes ecosistemas serven como hábitat de especies de fauna, moitas delas protexidas pola diferente lexislación existente O grupo máis importante sería o das aves ás que lles serven de lugar de cría, alimento ou descanso durante as súas migracións, con 134 especies observadas ata o momento Tamén hai unha importante poboación de insectos, con 14 especies de odonatos e 43 especies de lepidópteros (Rhopalocera) observadas a día de hoxe, alén de peixes, anfibios e réptiles Tamén hai mamíferos coma a lontra que utilizan este lugar para alimentarse
En Galicia crían 14 especies de anfibios, das cales 10 teñen presenza no ENIL Estas 10 especies inclúen 4 especies de urodelos (píntega común, tritón común, tritón palmado e tritón verde) e 6 de anuros (sapo pinto, sapo común, sapo corredor, rela común, ra patilonga e ra verde común) Todos os urodelos teñen unha presenza común nos regatos e charcas temporais de auga doce que bordean a xunqueira da Gándara, aínda que resultan máis escasos o tritón palmado e o tritón verde Este último inclúese no listado de especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita As catro especies de urodelos son moi comúns en Galicia, aínda que o tritón palmado é máis abondoso no norte da comunidade
Dentro dos anuros resultan comúns no ENIL a rela común, a ra verde común e o omnipresente sapo pinto, chegando a atoparse incluso na parte norte da xunqueira, menos influenciada polas mareas O sapo común, o sapo corredor e a ra patilonga son máis escasos e cada un deles conta cun só lugar de reprodución coñecido ata hoxe dentro dos límites do ENIL A rela común, a ra patilonga, o sapo pinto e o sapo corredor están incluídos tamén na listaxe de especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita, e as dúas primeiras (rela común e ra patilonga) están catalogadas como vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas Tanto a ra verde común como o sapo pinto, o sapo común e a ra patilonga son comúns en Galicia sendo a ra patilonga un endemismo do noroeste ibérico A rela común ten poboacións abondosas en toda a comunidade aínda que moi localizadas mentres que o sapo corredor aparece espallado por toda Galicia con poboacións discontinuas
As outras catro especies que crían en Galicia e non aparecen no ENIL son: a ra vermella (Rana temporaria), común no norte de Galicia, pero que só aparece na
ONDE E CANDO OBSERVAR ANFIBIOS NO ENIL
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 14
SALGUEIRALAMENEIRAL ANEGADOREGATOS DE AUGA DOCEECOSISTEMA HIPERSALINOPARA OS ANFIBIOSLímite do ENIL
ENIL XUNQUEIRA DE ALBAHábitats de reprodución dos anfibios
Xunqueira da GándaraParroquia de Campañó
Parroquia de Lérez
AP9
AP9
Cam
iño
de S
antia
go
Río
Rons
Río Lérez
onde e cando observar anfibios no enil
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 15onde e cando observar anfibios no enil
provincia de Pontevedra nas serras por riba dos 400–500 metros de altura; a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica), endemismo do noroeste ibérico e asociado a lugares de augas limpas e osixenadas con elevada humidade ambiental, que talvez criase no regato de Sacoi (NO do ENIL), actualmente con augas algo degradadas por vertidos; o sapo parteiro (Alytes obstetricans), que está a sufrir un forte declive poboacional en Galicia, especialmente na provincia de Pontevedra (Asensi, 2007) e o sapo de esporas (Pelobates cultripes), moi escaso e localizado en Galicia, con requirimentos de hábitats moi restrinxidos, xa que vive en zonas de solo pouco compacto e principalmente areoso
Tamén hai que ter en conta que a captura e manipulación de calquera especie de anfibio está prohibida pola Lei 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza (DOGA núm 171 de 4 de setembro de 2001), polo que para capturar calquera destes animais é necesario estar en posesión da correspondente autorización expedida pola Xunta de Galicia
O ENIL como ecosistema para os anfibios
Os anfibios aparecen espallados por todo o ENIL, mais desaparecen das zonas influenciadas polas mareas debido á pouca tolerancia que teñen á salinidade excesiva No interior da xunqueira só se atopan na parte norte (menos influenciada polas mareas) especies máis tolerantes a algo de salinidade, como o sapo pinto, a rela común e a ra verde común Os demais medios onde aparecen anfibios son os pequenos bosques de salgueiros anegados, regatos de auga doce, ameneirais anegados e charcas temporais de auga doce, todos eles arredor da xunqueira, pero nunca influenciados pola auga salobre das mareas
A maioría das especies son fundamentalmente nocturnas nos seus hábitos, pero poden observarse polo día cando non vai moito frío e hai humidade ambiental elevada As especies completamente nocturnas son a píntega común, a fase terrestre de tritón común, palmado e verde, e o sapo corredor
Os días de primavera e outono húmidos ou chuviosos son os mellores para observalos Nestas épocas é cando moitos deles, despois de pasaren o inverno (agás o tritón común, o sapo pinto, o sapo corredor, a ra patilonga e os xuvenís e subadultos de ra verde que poden verse todo o ano, o resto das especies hibernan) e o verán agochados, desprázanse aos lugares de reprodución e amósanse máis activos Xa que todos os anfibios de Galicia necesitan medios acuáticos para completaren os seus ciclos biolóxicos, a época de reprodución está moitas veces condicionada pola climatoloxía e meteoroloxía, fundamentalmente polos réximes de chuvias As especies que empregan medios acuáticos efémeros para a súa reprodución, como o sapo corredor e o sapo pinto, son as máis dependentes do factor chuvia A actividade dos anfibios redúcese durante os días máis secos e quentes do verán Só contadas especies, como a ra verde común, manteñen plena actividade diúrna nestas condicións; na maioría das especies, os adultos retíranse dos puntos de auga tras a reprodución e déixanse ver unicamente pola noite ou en días chuviosos, aínda que poden ser descubertos nos seus refuxios, baixo troncos e pedras
A partir do mes de marzo e durante toda a primavera pódese escoitar de noite os coros dos machos da rela, do sapo corredor e da ra verde común atraendo as femias nos lugares de reprodución; tales escoitas constitúen un espectáculo natural dunha gran beleza
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 16onde e cando observar anfibios no enil
Hábitats de reprodución dos anfibios no ENIL Xunqueira de Alba
Ecosistema hipersalino para os anfibios
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 17onde e cando observar anfibios no enil
(Arriba)Regato de auga doce
(Arriba á dereita)Ameneiral anegado
(Alnus glutinosa)
Salgueiral (Salix atrocinerea)
temporalmente anegado
Ao longo da historia da vida na terra, moitos foron os grupos e especies de seres vivos que se formaron e extinguiron Os primeiros organismos vivos xurdiron no mar hai 3 500 millóns de anos e eran moi simples A partir de alí a vida foi evolucionando en formas cada vez máis complexas e diversificadas Este proceso foi lento e moderado pola competencia dentro das especies e entre as distintas especies, e pola influencia dun medio ambiente hostil
Os peixes foron os primeiros vertebrados (animais cunha corda dorsal constituída por vértebras) que xurdiron e dominaron os mares durante millóns de anos O paso a terra firme comezou con peixes con características especiais como a presenza de pulmóns rudimentarios e de barbatanas pares, o cal lles permitía respirar o aire atmosférico e moverse pola terra Aínda existe un peixe nos mares de África do Sur, o celacanto, con estas características A partir de peixes coma os celacantos orixináronse os primeiros anfibios hai 360 millóns de anos
Os anfibios dominaron a superficie terrestre durante millóns de anos e acadaron grandes tamaños e diversidade Os réptiles formáronse a partir dos anfibios, proliferaron no medio terrestre e tiveron o seu período áureo O reinado dos réptiles xigantes, os dinosauros, rematou hai 65 millóns de anos cunha extinción en masa Dende entón comparten o medio terrestre cos anfibios, as aves e os mamíferos
Actualmente na terra coñécense 6 695 especies de anfibios incluídas en tres grupos: orde Gymnophiona, orde Anura e or de Caudata
Á orde Gymnophiona pertencen 186 especies coñecidas como ápodos ou cecilias, unha primitiva orde de anfibios vermiformes sen rabo e sen membros que se distribúe polas rexións tropicais e sen representantes na fauna europea, polo que no ENIL só aparecen anfibios da orde Anura (6 especies) e Caudata (4 especies)
A BIOLOXÍA DOS ANFIBIOS
Sapo pinto (Discoglossus galganoi)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 20a bioloxía dos anfibios
ANUROSRa verde común (Pelophylax perezi)
Cabeza aplanada cunha boca ancha
A diferenza dos urodelos os anuros adultos perden a cola na metamorfose
Ollos saltóns (prominentes)
Patas traseiras máis longas cas dianteiras
Patas dianteiras curtas
Morfoloxía
Anuros . A orde dos anuros (Anura) é a máis numerosa, formada polos sapos e as ras Teñen o corpo compacto e curto, presentan adaptacións para o salto como patas traseiras de maior lonxitude ca as dianteiras e non presentan rabo no estado adulto Porén, as larvas teñen rabo ata a metamorfose e non se diferencia a cabeza do tronco No seu corpo aprécianse dúas rexións:
— A cabeza: aplanada cunha boca ancha Por riba da boca ábrense dous orificios nasais Os seus dous ollos saltóns están protexidos por tres pálpebras: superior, inferior e a membrana nictitante, que é transparente e protexe o ollo durante a natación Detrás dos ollos están os tímpanos, que recobren o oído medio
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 21a bioloxía dos anfibios
— O tronco: ancho, co ventre avultado Na súa parte posterior atópase a cloaca e del parten as extremidades anteriores e posteriores As extremidades anteriores son curtas, de tipo quiridio, cunha man de catro dedos Nos machos, o polgar ten unha calosidade durante a época de apareamento As extremidades posteriores son máis desenvolvidas, adaptadas para o salto e a natación, e tamén de tipo quiridio Teñen cinco dedos e entre eles atopase unha membrana interdixital para favorecer o seu desprazamento pola auga
Cágados de ra patilonga (Rana iberica)
A cola do cágado acaba sendo reabsorbida nos exemplares adultos
Non se diferencia a cola do tronco
Pata traseira
A apariencia das larvas de anuros é moi diferente á dos adultos, pois están dotadas dunha potente cola nadadora e, ao comezo do seu desenvolvemento, carecen de extremidades
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 22a bioloxía dos anfibios
Urodelos . A orde dos urodelos (Caudata) ten 586 especies, entre as cales se inclúen os tritóns e as píntegas Son anfibios de forma alongada e con cola; as catro patas son de lonxitude semellante e movemento reptador Non posúen tímpano As larvas teñen a cabeza diferenciada do tronco
No seu corpo aprécianse tres rexións:
— A cabeza: deprimida, diferenciada do corpo, con orificios nasais pequenos e sen tímpano patente Os ollos son moderadamente prominentes Os tritóns verdes amosan lóbulos labiais prominentes na época de celo
URODELOSPíntega común (Salamandra salamandra)
Patas posteriores semellantes ás dianteiras
A diferenza dos anuros os urodelos adultos conservan a cola
Ollos moderadamente
prominentes
Pregue de separación de cabeza e tronco
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 23a bioloxía dos anfibios
Larva de píntega (Salamandra salamandra) con branquias plumosas, máis desenvolvidas canto menor é a cantidade de osíxeno na auga
Patas dianteiras xa desenvolvidas moi delgadas con dedos longos e delicados
Ao contrario dos anuros os urodelos adultos non perden a cola
Branquia externa
Larvas de tritón verde (Triturus marmoratus) e píntega común (Salamandra salamandra)
Pata traseira
Branquia externaPregue de separación de cabeza e corpo
— O tronco: alongado, con glándulas parótidas ben marcadas na píntega e no tritón común e pouco marcadas no tritón palmado e verde As súas extremidades son semellantes
— A cola: na píntega é de sección cilíndrica ou levemente aplanada lateralmente, e nos tritóns é moi aplanada lateralmente e de similar lonxitude ao resto do corpo ou lixeiramente máis longa
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 24a bioloxía dos anfibios
O termo anfibio significa 'dobre vida', xa que son vertebrados que poden vivir na terra, pero teñen que volver á auga para se reproduciren
A fase de larva normalmente é acuática, alimentándose de pequenos invertebrados acuáticos, materia vexetal ou detritos As larvas respiran por branquias, externas no caso dos urodelos e internas nos anuros Posúen un sistema de receptores chamados canais sensoriais ou receptores da liña lateral, análogos aos dos peixes e que serven para captar vibracións de baixa frecuencia dentro da auga A fin do crecemento da larva chega no momento da metamorfose e significa o paso do medio acuático ao medio terrestre
Na metamorfose as larvas perden as branquias e os pulmóns vólvense funcionais, o cal lles permite respirar o aire atmosférico No caso dos anuros, as
Metamórfico de ra verde común (Pelophylax perezi) cos membros posteriores xa ben desenvolvidos
Larva de tritón verde (Triturus marmoratus)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 25a bioloxía dos anfibios
larvas perden a cola por reabsorción e desenvolven os membros anteriores usando ese material; é normal que non se alimenten durante esa fase polo acurtamento do tracto dixestivo Nos casos de neotenia (urodelos adultos que conservan o aspecto larvario), as branquias externas consérvanse durante toda a vida
A respiración é dobre: pulmonar e cutánea A respiración pulmonar nos anfibios difire considerablemente da dos outros vertebrados Como non teñen diafragma e as costelas están moi pouco desenvolvidas (ou non existen), tragan o aire e, mediante movementos da lingua e da gorxa, envíano desde a cavidade bucal ata os pulmóns Estes últimos son moi sinxelos e sen tabiques internos
Larva de píntega común (Salamandra salamandra)
Metamórfico de sapo común (Bufo bufo) a piques de perder a cola na derradeira fase do seu desenvolvemento
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 26a bioloxía dos anfibios
A pel dos anfibios é núa (sen pelos nin escamas) e desempeña importantes funcións Confírelles protección mecánica e química e a súa permeabilidade permítelles, no estado adulto, o intercambio de gases e auga co exterior (respiración cutánea) Este tipo de respiración é moi importante para as especies que hibernan baixo a auga
Píntega común (Salamandra salamandra). Ten cores rechamantes para avisar os depredadores que son tóxicas para eles
Pel de sapo corredor (Bufo calamita) con verrugas grandes e aplanadas
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 27a bioloxía dos anfibios
Preto da entrada dos pulmóns atópase a larinxe, onde están as cordas vocais, que lles permiten emitir sons En moitas especies de anuros estes sons vense reforzados por sacos vocais, internos ou externos, que actúan como amplificadores dos sons producidos polas cordas
A pel das ras é fina e viscosa No sapo corredor e no sapo común a pel é verrugosa Nestas especies nótanse ben as glándulas parótidas nas partes laterais da cabeza, como na píntega, que xunto as glándulas granulosas do dorso producen substancias tóxicas que os defenden dos predadores
As glándulas mucosas producen substancias que manteñen a pel sempre húmida, o que lles permite aos anfibios adultos afastarse da auga e efectuaren intercambios gasosos pola súa pel
O forte contraste da pel da píntega funciona como un aviso aos predadores do seu mal sabor, aínda que a maioría dos anfibios presentan cores para se camuflaren no seu hábitat, tanto para dificultaren a súa detección polos predadores como para que as súas presas non os vexan
A rela pode mudar as súas cores en cuestión de minutos para adquirir mimetismo no medio en que está, do mesmo xeito que algunhas larvas adquiren cores de acordo co medio en que se atopan
Cando a camuflaxe non é suficiente, a principal forma de defensa dos anfibios diante dos predadores é a fuxida Como último recurso, algúns, como o sapo común, inchan o corpo e érguense sobre as patas para semellaren máis grandes, exhibindo as parótidas e producindo secrecións tóxicas
Ra patilonga (Rana iberica) con cores que a camuflan co contorno
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 28a bioloxía dos anfibios
Alimentación
Na maior parte dos casos, os anfibios xuvenís alcanzan a súa idade reprodutora no medio terrestre, cunha alimentación carnívora a base de invertebrados (insectos e as súas larvas, moluscos, anélidos e arácnidos)
Os anfibios maiores ou máis agresivos poden depredar outros anfibios (adultos ou larvas) e mesmo pequenos mamíferos Nos urodelos, o tritón verde depreda outros anfibios, sobre todo na fase acuática
As presas son capturadas mediante a proxección da lingua ou simplemente por mordedura
O método de caza é a espera que o predador fai, durante a fase terrestre, detectando visualmente o movemento das presas mentres se mantén inmobilizado e acazapado As relas gabean polas árbores ou matogueiras e observan as proximidades Cando aparece algunha presa son capaces de dar enormes brincos para as capturar
Algúns urodelos, como os tritóns, teñen o olfacto bastante desenvolvido e detectan rapidamente olores Deste xeito seleccionan o alimento que máis lles convén
A importancia dos anfibios na cadea alimentaria dun ecosistema é moi elevada Os seus ovos e larvas, producidos en gran cantidade, son depredados por numerosos peixes, cobras, outros anfibios, aves e larvas acuáticas de insectos, como as libeliñas
Hai que salientar a forte predación de anfibios, sobre todo no estadio larval, por parte de especies invasoras en Galicia tales como o caranguexo vermello americano, presente no ENIL
Os anfibios adultos son fonte de alimento para numerosos animais: réptiles, diversas aves como a garza real e mamíferos como a lontra
Larva de libeliña devorando unha larva de tritón verde
Caranguexo vermello americano (Procambarus clarki). Especie exótica invasora presente no ENIL
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 29a bioloxía dos anfibios
Termorregulación
A temperatura corporal dos anfibios depende da temperatura externa (poiquilotermos), feito que lles limita a actividade ao longo do ano e durante o día Por iso, segundo o biótopo no que se atopen, están obrigados a permanecer inactivos na época máis quente ou máis fría Nestas épocas, agóchanse baixo pedras, raíces ou troncos, soterrados ou en buratos Algunhas especies hibernan na auga, mesmo debaixo do xeo, protexidas por substancias anticonxelantes que elas mesmas segregan
Os períodos de actividade concéntranse na primavera e outono, estacións do ano con temperaturas máis amenas e pluviosidade maior, sobre todo pola noite e no crepúsculo En días de temperaturas suaves, anubrados e con elevada humidade ambiental algunhas especies poden verse de día
A ausencia de termorregulación, por outra banda, proporciona un aforro de enerxía en relación aos vertebrados de sangue quente (homeotermos), o cal se traduce nun menor consumo de alimento
Tritón verde (Triturus marmoratus)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 30a bioloxía dos anfibios
Reprodución
Cando chega a época reprodutora (primavera e outono) o dimorfismo sexual é moito máis evidente As migracións para os lugares de reprodución son numerosas, concentradas normalmente en noites despois de días de chuvia Algunhas especies como o sapo común poden desprazarse varios quilómetros, xa que sempre volven ao lugar onde naceron
Nos anuros o macho é normalmente máis pequeno ca a femia e presenta unhas rugosidades nupciais na parte interior das mans e dedos dianteiros destinadas a facilitar o amplexo Tamén nalgúns anuros os membros anteriores do macho son proporcionalmente máis robustos ca os da femia
Os machos son os primeiros en chegar ás masas de auga onde se reproducen Avisan os outros machos da súa presenza e chaman as femias cos seus cantos
Os cambios morfolóxicos nos urodelos durante o período reprodutivo son máis notorios ca nos anuros Os machos tórnanse máis vistosos e a cloaca máis voluminosa Ás veces exhiben cristas dorsais e caudais ou membranas interdixitais Os tritóns, ao contrario dos anuros e do resto dos urodelos, executan elaboradas pautas de cortexo durante a fase nupcial Estas pautas
Tritón verde macho (Triturus marmoratus). Durante a época de celo desenvolven no dorso e na cola unha crista moi alta e rechamante
Amplexo dos anuros. O macho, máis pequeno, é o que se coloca enriba da femia. Ra vermella (Rana temporaria)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 31a bioloxía dos anfibios
acontecen na auga e seguen un patrón idéntico culminando coa absorción do espermatóforo pola cloaca da femia Xunto a cloaca posúen unha cavidade (espermateca) para gardar o esperma ata que faga falta usalo A fecundación é sempre interna
Nos anuros, o macho prende a femia nun amplexo que para o sapo común pode durar semanas, fecundando os ovos no exterior (fecundación externa), a medida que a femia os expulsa
A píntega deposita as súas larvas xa desenvolvidas na auga, e o embrión nútrese das reservas do ovo dentro do corpo materno (reprodución ovovivípara) Os restantes anfibios do ENIL son ovíparos e o apareamento ocorre normalmente na auga, ou preto dela, depositando aí os ovos
Os ovos poden ser depositados en grandes grupos unidos por unha substancia xelatinosa ou illadamente Nas ras, os ovos forman grandes masas Nos restantes anuros, os ovos están distribuídos en longos cordóns, máis ou menos grosos segundo a especie
Os tritóns depositan os ovos un a un en follas de plantas acuáticas, dobrándolles a punta para protexer o ovo O sapo pinto fai a posta dos ovos no fondo dos charcos, illadamente ou en pequenos grupos
Os ovos presentan unha cápsula xelatinosa que os protexe dos choques mecánicos, dos axentes patóxenos e dos raios ultravioleta Esta cápsula é tamén permeable a gases e líquidos, permitindo os intercambios gasosos co exterior e o equilibrio hídrico Os coidados dos anfibios coa descendencia terminan no momento da posta dos ovos
Posta de sapo común (Bufo bufo)
Ovo de tritón verde (Triturus marmoratus) visto de preto
Posta de tritón verde (Triturus marmoratus). Os tritóns verdes dobran a punta á planta onde fan a posta (á esquerda) para protexer o ovo (á dereita)
GUÍA DE ANFIBIOS
Como interpretar as fichas do libro
[1] Nomes en galego: á falta dunha lista oficial dos nomes dos anfibios en galego, os nomes que aparecen nesta guía son tomados da Guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán escrita por Pedro Galán Regalado en 2006 e publicada pola Xunta de Galicia. Estes nomes son os recomendados por diversos expertos en nomes vernáculos de anfibios e polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.
[2] Nome científico: segundo a Lista patrón de los anfibios y reptiles de España, publicada pola Asociación Herpetológica Española en xaneiro de 2010.
[3] Outros nomes galegos: nomes vernáculos recollidos en diversos puntos de Galicia.
[4] Nome castelán.
[5] Orde sistemática detallando a familia e a orde ás cales pertence a especie.
[6] Lonxitude dende a punta do fociño ata a punta da cola.
[7] Grao de ameaza en que se atopa a especie en Galicia, España e Europa en función dos seguintes criterios:
GALICIA: Catálogo galego de especies ameazadasO Catálogo galego de especies ameazadas foi creado pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia e regulado mediante o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, o cal establece os taxons ou poboacións de dúas categorías de ameaza:
pe: En perigo de extinción. Reservada para aquelas cuxa supervivencia é pouco probable se os
o anexo V. Deste xeito, as especies de anfibios observadas na Xunqueira da Gándara de interese comunitario e que requiren unha protección estrita en función da directiva de hábitats tamén o son segundo o disposto nesta normativa estatal.
anexo v: Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita.nc: Non catalogada.
EUROPA: Directiva de hábitats 92/43/CEEA Directiva 1992/43/CEE, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece un réxime de protección e xestión dos anfibios de obrigado cumprimento. Segundo ela, a catalogación nesta guía será:
anexo ii: Especies animais e vexetais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación.anexo iv: Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren unha protección estrita.nc: Non catalogada.
factores causantes da súa actual situación seguen actuando.v: Vulnerables. Destinada a aquelas que corren perigo de pasaren á categoría anterior nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre elas non se corrixen.nc: Non catalogada.
ESPAÑA: Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidadeAprobada en Madrid o 10 de decembro de 2007, traspón, entre outras, a directiva de hábitats á lexislación española, incorporándoa no seu articulado e incluíndo as especies presentes en España do anexo IV da mesma, que constitúe na lei estatal
urodelos
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Lonxitude: Machos: 60–97 mmFemias: 70–101 mmLarvas: 60–65 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1758)g: sacabeira, pesoia, pinchorra, roncha, pinta, salmántiga, saramaganta, zaramelac: salamandra común
Píntega común
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 38
Píntega común(Salamandra salamandra)
Parótidas grandes
Suco dorsal
Extremidades anteriores con 4 dedos
Extremidades posteriores con 5 dedos
Cola curta e de sección redondeada
Pel lisa e brillante negra con manchas irregulares amarelas
Morro redondeado
Ollos saltóns
Cabeza tan ancha como longa
IDENTIFICACIÓNÉ un urodelo grande e de aspecto robusto, coa cabeza algo deprimida e tan ancha como longa Ollos grandes e sobresaíntes A pel do dorso e costados, lisa e brillante con manchas irregulares amarelas, presenta poros ben visibles e ao longo do dorso ten un suco vertebral moi característico A cola é relativamente curta, de sección cilíndrica ou levemente aplanada lateralmente
Dimorfismo sexual . Moi pouco marcado en xeral Os machos son máis esveltos e posúen os labios cloacais prominentes As femias son algo máis grandes, co corpo comparativamente máis longo e groso, cos membros proporcionalmente máis curtos
urodelos
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 39
HÁBITATPode verse en toda Galicia, dende o nivel do mar ata os 1 800 metros de altitude en case calquera sitio, buscando refuxio baixo pedras, troncos caídos, buratos
COSTUMESAparece durante as estacións húmidas con pluviosidade elevada (de setembro a maio), cun un período de inactividade no verán A súa actividade é completamente nocturna, sobre todo nos adultos, e permanecen inactivas se a humidade relativa do aire descende do 80 % É un anfibio totalmente terrestre A súa reprodución acontece durante o outono As femias son ovovivíparas, e depositan as súas larvas en pequenos regos, charcas, pozas, mananciais etcétera (sempre con augas limpas e osixenadas) dende finais de outubro ata finais de febreiro
As larvas nacen xa coas catro extremidades desenvolvidas e con penachos branquiais Soen ser de cor apardazada, pencada de escuro e coa zona ventral abrancazada
Poden vivir moitos anos: en catividade, ata 50 anos; en liberdade, un pouco menos (entre 14 e 20 anos)
Alimentación . Insectos, gasterópodos, oligoquetos, quilópodos e arácnidos
SITUACIÓN NO ENILComún con dous puntos de reprodución coñecidos en regatos de auga doce non influenciados polas mareas
urodelos
Píntega común (Salamandra salamandra)
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Lonxitude: Machos: 120–135 mmFemias: 130–145 mmLarvas: 36–70 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo vEuropa: anexo iv
Triturus marmoratus (Latreille, 1800)g: pintafontes verde, tritón marmorado, píntega de auga, sabanduxa.c: tritón jaspeado
Tritón verde
urodelos
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 42urodelos
Tritón verde macho(Triturus marmoratus)
Tritón verde femia (Triturus marmoratus)
Punta comprimida
Banda prateada
Banda prateada
Iris dourado
Cloaca
Cloaca
Sen parótidas visibles Crista caudal
Crista caudalSen crista dorsalSuco dorsal laranxa
Crista dorsal
Lóbulos labiais
Dedos verdes con anelos negros
Ventre liso moteado de branco
IDENTIFICACIÓNÉ o maior tritón de Galicia Corpo robusto, de sección circular ou algo deprimido A cola, moi comprimida lateralmente, ten a mesma lonxitude ca a cabeza e mais o corpo xuntos ou algo menos Cabeza redondeada e ollos laterais As extremidades atópanse ben desenvolvidas, coa pel moi rugosa e granulosa no dorso e costados (sobre todo na fase terrestre) A súa cor dorsal é verde brillante (máis amarela na fase terrestre e máis escura en exemplares vellos), formando un xaspeado sobre fondo escuro ou negro A zona ventral é escura ou negra, con manchiñas brancas
Dimorfismo sexual . Os machos teñen a cabeza máis estreita e menos voluminosa e durante o celo este dimorfismo é moi acusado xa que posúen unha crista dorsal alta, de bordo recto ou lixeiramente ondulado que, tras truncarse de xeito brusco na zona onde se xuntan corpo e cola, continúa por enriba
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 43
desta (máis baixa ata o seu remate) O deseño desta crista é de alternancia de bandas verticais claras (amarelas ou abrancazadas) e escuras (negro–verde)
Na fase terrestre queda reducida a unha liña vertebral co mesmo deseño Tamén desenvolven unha crista caudoventral Nos laterais da cola teñen unha banda branca brillante moi conspicua As femias son maiores coas extremidades máis curtas Teñen un suco dorsal de cor amarela ou alaranxada (case vermella na fase terrestre) e non posúen crista dorsal
HÁBITATNa súa fase acuática pódese atopar en case todo tipo de augas estancadas (temporais ou permanentes), sendo máis abundante preto de grandes masas de auga con densa vexetación nas marxes Na súa fase terrestre aparece con frecuencia en lugares moi afastados da auga, baixo pedras ou troncos
ACTIVIDADEO seu ciclo reprodutor é acuático Comeza en novembro, cando os adultos chegan á auga (os machos antes ca as femias) e soe durar ata maio O cortexo é acuático e nocturno Cada femia pon de 150 a 400 ovos que fixa ás plantas acuáticas coas patas traseiras O desenvolvemento larvario dura 3 ou 4 meses, aínda que ás veces a metamorfose pode atrasarse ata o ano seguinte
Poden vivir en catividade ata 25 anos
Alimentación . Larvas de insectos acuáticos, lesmas, caracois e tamén culleróns e miñocas
SITUACIÓN NO ENILDetectado en tres puntos de reprodución (dous regatos e unha charca de auga doce) en escaso número
urodelos
Femia de tritón verde (Triturus marmoratus) co seu característico suco dorsal alaranxado
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Lonxitude: Machos: 65–75 mmFemias: 70–80 mmLarvas: 20–30 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Tritón común
Lissotriton boscai (Lataste, 1879)g: pintafontes común, limpafontes, lagarto da auga, pinta da auga, sabanduxac: tritón ibérico
urodelos
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 46urodelos
IDENTIFICACIÓNTritón pequeno, de cabeza máis longa que ancha, cun suco lonxitudinal que a percorre pola súa parte superior Ollos pequenos pero prominentes, en situación lateral, co iris de cor dourada atravesado por unha banda negra a ambos os lados da pupila Patas pouco robustas e cola comprimida lateralmente, sobre todo nos machos A cola ten a lonxitude da cabeza e corpo xuntos
No período de celo adoitan ter unha cor dorsal parda clara ou olivácea, con manchas negras dispostas irregularmente Na muda terrestre a cor é escura uniforme, case negra O ventre é alaranxado ou vermello durante todo o ano
Dimorfismo sexual . As femias son maiores cos machos, coa sección do corpo case cilíndrica As manchas dorsais son máis alongadas ca as dos machos e tenden a formar xaspeados Cabeza ancha, co fociño redondeado e a crista caudal case inexistente Os seus membros posteriores están ben desenvolvidos
Tritón común femia(Lissotriton boscai)
Tritón común macho (Lissotriton boscai)
Cabeza máis ancha que longa
Banda branca
Cola moi aplanada
Pequeno ápice caudal durante a época de celo Ollos prominentes
Sen crista dorsal
Sen crista dorsal
Manchas dorsais alongadas
Manchas dorsais pouco alongadas
Banda branca sen pequeno apéndice caudal
Cristas caudais case ausentes
Cristas caudais pequenas
Ventre laranxa ou rubio
Ventre laranxa ou rubio
Sen anteface
Sen antefacePatas sen palmaduras
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 47
Os machos, pola contra, posúen unha cabeza estreita, co fociño máis bicudo A sección do tronco é cuadrangular A crista caudal atópase máis desenvolvida A cola está percorrida por unha banda branca moi conspicua na punta que remata nun filamento apical pouco desenvolvido
HÁBITATMoi ubicuo, podendo ocupar unha ampla variedade de masas acuáticas, aínda que é mais abondoso nas de mediano ou pequeno tamaño e case sen vexetación asolagada Na fase terrestre pódese atopar en calquera sitio: fragas, piñeirais, eucaliptais, matogueiras, cultivos
ACTIVIDADEDurante a fase terrestre teñen actividade estritamente nocturna e na súa fase acuática é doado ollalos de día, aínda que pola noite amosan maior actividade O celo comeza a principios de inverno e remata en maio Cada femia pon de 100 a 250 ovos, que son fixados, un a un, ás plantas acuáticas As larvas son de cor parda clara con moitos puntiños escuros distribuídos homoxeneamente polo dorso Unha vez que sofren a metamorfose e saen da auga, levan unha vida estritamente terrestre durante varios anos ata acadaren a madurez sexual
Alimentación . Os adultos na auga comen invertebrados acuáticos (larvas de dípteros, ditíscidos, odonatos, coleópteros, heterópteros e oligoquetos) e terrestres que caen na auga Durante a fase terrestre capturan invertebrados non moi duros
SITUACIÓN NO ENILComún con seis puntos de reprodución coñecidos en regatos de auga doce non influenciados polas mareas
urodelos
Exemplar adulto de tritón común (Lissotriton boscai)
urodelos
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Lonxitude: Machos: 55–70 mmFemias: 60–75 mmLarvas: 25–45 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Tritón palmado
Lissotriton helveticus (Razourmowsky, 1789)g: non existen referencias a outros nomes galegosc: tritón palmeado
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 50urodelos
Filamento caudal máis curto que nos machos
Ventre amarelento
Iris dourado
Cloaca
Sen crista dorsal
Anteface
As femias presentan cristas caudais pequenas
As femias non desenvolven palmaduras nos dedos durante a época de celo
Case sen manchas nos costados
Tritón palmado femia(Lissotriton helveticus)
IDENTIFICACIÓNÉ o menor e menos acuático dos tritóns ibéricos Anfibio urodelo de pequeno tamaño (5–10 cm de lonxitude), de pel lisa de tons marróns e amarelentos, ollos laterais e extremidades pouco robustas con 4 dedos nas anteriores e 5 nas posteriores A cola, comprimida lateralmente, representa polo menos a metade da lonxitude total Os lados da cabeza soen ser máis escuros, cunha banda a modo de anteface
Dimorfismo sexual . Os machos son máis escuros e cun deseño máis xaspeado en negro, teñen un filamento caudal na cola (3–6 mm) do que carece a femia (ou está reducido), e os dedos das patas traseiras están palmados cunha membrana interdixital negra que acada a punta destes cando o macho está en celo Presentan unha crista desenvolvida na cola da que carecen nas femias, que si teñen unha banda medio–dorsal de cor laranxa–amarela Durante o celo, a sección corporal dos machos é cuadrangular debido á presenza de dous patentes pregos dorsolaterais Na rexión cloacal posúen un mamelón moi desenvolvido, de cor escura Nos costados presentan manchas alongadas irregulares que, a miúdo, forman reticulados
As femias alcanzan tamaños maiores, son de sección corporal cilíndrica e teñen un fociño máis redondeado Non posúen crista dorsal, e a caudal atópase pouco desenvolvida Carecen de palmaduras A cor do dorso é moito máis uniforme ca a dos machos e nos costados non soen ter manchas
HÁBITATAmpla variedade de medios de augas tranquilas ou de corrente lenta, aínda que prefire aquelas de abondosa vexetación nas marxes e asolagada, xe
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 51
ralmente de gran tamaño, como lagoas e encoros, onde pode aparecer en grandes concentracións, así como en marismas costeiras Non obstante, pode vivir tamén en charcas, gabias, bebedeiros, fontes, regos, lavadoiros, canos etcétera, e tolera certo grao de contaminación nas augas
Na fase terrestre é doado atopalo baixo pedras ou nas fendeduras de valados, preto de zonas húmidas
ACTIVIDADEAmosan unha grande actividade durante o día, mentres que pola noite son estáticos Na fase terrestre son nocturnos e polo día fican agochados baixo as pedras ou entre a vexetación ou baixo as pedras Permanecen nos lugares de cría ata mediados de xuño A súa hibernación pode producirse na auga, enterrados na lama, ou na terra
En catividade alcanzan os 12 anos
Alimentación . Insectos, quironómidos, dípteros, larvas de lepidópteros, arácnidos, ditíscidos e hemípteros
SITUACIÓN NO ENILEscaso, con dous puntos de reprodución coñecidos
urodelos
Os machos de tritón palmado (Lissotriton helveticus) presentan na época de celo un filamento caudal que non posúen as femias e as membranas interdixitais negras nas patas traseiras que lle dan nome á especie
anuros
Orde: Anura
Familia: Discoglossidae
Lonxitude: 45–60 mmLarvas: 25–35 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo vEuropa: anexo ii/iv
Sapo pinto
Discoglossus galganoi (Capula et al., 1985)g: sapiño pintoxo, ra das herbeiras, sapo raxadoc: sapillo pintojo ibérico
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 54
IDENTIFICACIÓNSapiño de tamaño medio a pequeno Ten un aspecto xeral moi semellante ao dunha ra Pel lisa e brillante de cor dorsal variable, con predominio de cores pardas de deseño pencado seguindo un patrón de tres bandas lonxitudinais A cabeza, ancha e deprimida, remata nun fociño aguzado Os ollos son moi sobresaíntes, coa pupila redonda ou triangular
Dimorfismo sexual . Son determinantes o tamaño (ata 63 mm os machos e 58 mm as femias) e a presenza de membrana interdixital completa nos machos e ausente nas femias e xuvenís
HÁBITATAtópase en multitude de hábitats: regatos, pozas, charcas, e tamén en mananciais, brañas, charcas de chuvia e marismas e lagoas litorais de moderada concentración salina, xa que soporta augas con 8 gr de cloruro sódico por litro e pode reproducirse nelas A cobertura vexetal non parece importarlle demasiado, aínda que prefire herbais densos
Verrugas pouco destacadas
Ollos saltóns
Pupila redonda ou triangular
Tímpano pequeno pouco visible
Iris escuro 2/3 inferiores e claro 1/3 superior
Cordón glandular
Fociño puntiagudo
Barras escuras
Sapo pinto(Discoglossus galganoi)
anuros
Sen glándulas parótidas
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 55anuros
ACTIVIDADEA actividade anual é continua en Galicia, e pódese ver activo na Xunqueira de Alba ata nos días de xeada Trátase dunha especie predominantemente crepuscular e nocturna, aínda que se poden observar exemplares activos durante o día (fundamentalmente xuvenís) O seu período reprodutivo prodúcese de decembro ata xullo As femias poden poñer ata 1500 ovos nun día, xeralmente en lugares de escasa profundidade A eclosión destes prodúcese entre os 2 e 9 días A duración do período larvario varía segundo a temperatura e dispoñibilidade de alimento, e oscila entre os 21 días e os 60, sendo este período máis curto nas augas salobres Aos 3 anos de vida alcanzan a madurez sexual
Poden vivir entre 7 e 15 anos
Alimentación . Consomen todo tipo de invertebrados (insectos, arácnidos, gasterópodos e oligoquetos), e incluso xuvenís da súa propia especie As larvas aliméntanse de fitoplancto, plantas e detritos animais en descomposición
SITUACIÓN NO ENILMoi común, é o anfibio máis abondoso no espazo Evita a parte sur da xunqueira, moi influenciada polas mareas, podendo verse no resto dos hábitats
Sapo pinto (Discoglossus galganoi)
anuros
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Lonxitude: Machos: 60–80 mmFemias: 70–120 mmLarvas: 35 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Sapo común
Bufo bufo (Linnaeus, 1758)g: sapo cunqueiroc: sapo común
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 58
Glándulas parótidas diverxentes
Pupila horizontal
Iris
Cella
Pel rugosa e con verrugas
Sapo común(Bufo bufo)
IDENTIFICACIÓNSapo grande, é o maior dos anuros galegos Ten o corpo moi reboludo, a cabeza redondeada e máis longa que ancha; os membros anteriores son relativamente máis longos e fortes que as extremidades posteriores Na cabeza, o fociño é breve, e sobre os ollos hai dúas prominencias a modo de cellas sobresaíntes A pupila é horizontal e o iris dourado, alaranxado ou vermello A pel é moi rugosa, chea de verrugas no dorso e costados A cor do dorso é variable, normalmente parda ou castaña A zona ventral é branca sucia, agrisada ou amarelenta
Dimorfismo sexual . Os machos son máis pequenos ca as femias e teñen as extremidades anteriores comparativamente máis longas As femias son moi reboludas e redondeadas durante a reprodución debido ao gran número de ovos que levan no interior
HÁBITATEspecie ubicua, atópase nunha grande cantidade de medios Pódese ver case en calquera sitio: cultivos, xardíns, hortas, leiras, prados, soutos, carballeiras etcétera
anuros
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 59
ACTIVIDADEHábitos nocturnos, aínda que con tempo chuvioso ou na época reprodutora pode verse de día Durante o día permanecen refuxiados baixo pedras, troncos ou follas A finais de febreiro e en marzo desprázanse aos puntos de cría que, ás veces, están moi lonxe dos hábitats habituais dos sapos A súa reprodución acontece nesas masas de auga polas que garda unha notable fidelidade, chegando a percorrer incluso varios quilómetros nunha verdadeira migración Os machos adoitan chegar antes ca as femias
En catividade poden vivir máis de 30 anos
Alimentación . Larvas de insectos acuáticos, lesmas, caracois e tamén cágados e miñocas
SITUACIÓN NO ENILEscaso Ocupa veigas e hortas do barrio da Santiña–Lérez, pero só se coñece un lugar de reprodución dentro do ENIL
anuros
Sapo común (Bufo bufo)
anuros
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Lonxitude: Machos: 40–60 mmFemias: 50–70 mmLarvas: 8,3–13 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo vEuropa: anexo iv
Sapo corredor
Bufo calamita (Laurenti, 1768)g: sapo corriqueiroc: sapo corredor
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 62
Sapo corredor(Bufo calamita)
Parótidas paralelas Liña amarela dorsal
Pupila horizontal
Iris dourado con irisacións negras
Ollos sobresaíntes
Pel rugosa e con verrugas
Glándulas semellantes ás parótidas
IDENTIFICACIÓNSapo robusto, de extremidades moi curtas e cabeza máis ancha que longa, co fociño curto Ollos sobresaíntes con iris verde claro con estrías negras irregulares e pupila horizontal O corpo é reboludo coa pel rugosa e cuberta de verrugas grandes e aplanadas de cor rechamante As patas dianteiras son fortes e as traseiras, moito máis curtas A membrana interdixital ocupa só a base dos dedos A cor do dorso é moi variable, pero predominan as tonalidades averdadas máis ou menos vivas que adoitan formar xaspeados irregulares As grandes verrugas dorsais soen ser pardas, ocres ou alaranxadas, e as dos costados, máis pequenas, son con frecuencia vermellas A maioría dos individuos posúen unha liña central amarela máis ou menos marcada que percorre lonxitudinalmente o dorso A zona ventral é branca sucia ou agrisada, con numerosas manchas escuras irregulares
Dimorfismo sexual . Femias algo maiores ca os machos, sendo semellante ao seu conxénere, o sapo común; a principal diferenza é que os machos desta especie teñen un saco vocal interno de grandes dimensións que, inchado, é maior ca a cabeza A gorxa dos machos en celo é gris escura, azulada ou violácea, e as extremidades anteriores teñen calosidades nupciais nos dedos máis internos, igual que o Bufo bufo
anuros
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 63
HÁBITATPrefiren zonas con solos areosos ou brandos e soltos nos que pode cavar galerías Frecuente en áreas costeiras de terreo areoso, dunas e marismas, e tamén en montes pedregosos e gándaras Especie de hábitos moi terrestres
ACTIVIDADEEn zonas costeiras está activo durante todo o ano No interior e na montaña ten un repouso invernal máis ou menos dilatado, adoitando hibernar en grupos de ata 9 individuos A actividade diaria é totalmente nocturna, sae pouco despois do anoitecer e retírase xusto antes do abrente Durante o día refúxiase baixo pedras, troncos ou plásticos, onde soe facer as súas propias galerías rematadas nunha pequena cámara O seu período reprodutor comeza en zonas costeiras en xaneiro e remata en abril en lugares de auga pouco fonda, ás veces de profundidade menor de 6 cm Os machos chegan antes e fican máis tempo nela
Sitúanse á beira das pozas para agardar as femias e pola noite cantan en coro de forma moi potente para afastar os outros machos Ao detectaren unha femia prodúcese a aperta (amplexo axilar), que pode durar de 4 a 12 horas A posta, na que o macho fecunda os ovos segundo van saíndo da cloaca da femia, prodúcese ao final da aperta, e pode durar de 3 a 5 horas A posta é de 3 000 a 10 000 ovos A eclosión acontece aos 5–15 días; as larvas son moi pequenas, de cor negra, e desenvólvense en 5–8 semanas Soportan condicións de salinidade e temperatura elevadas que outros anfibios non aturarían A madurez sexual alcánzana aos 4–5 anos de idade Poden vivir ata 17 anos
Alimentación . Consome invertebrados de todo tipo
SITUACIÓN NO ENILEscaso Só se coñece un lugar de reprodución con poucos individuos
anuros
Macho en celo de sapo corredor(Bufo calamita). A maioría dos exemplares presentan unha liña amarela central que percorre a totalidade do dorso
anuros
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Lonxitude: 35–45 mmLarvas: 35–40 mm
Grao de ameaza:Galicia: vEspaña: anexo vEuropa: anexo iv
Rela común
Hyla arborea (Linnaeus, 1758)g: estroza, ra estrozac: ranita de San Antonio
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 66
IDENTIFICACIÓNRa pequena, de pel lisa e brillante de cor verde viva, cunha banda lateral moura moi conspicua dende o orificio nasal cara a atrás, ata as inguas A coloración depende das condicións ambientais e pode variar de verde a apardazado, gris ou azul A pel do ventre é granulosa e abrancazada As patas son longas e delgadas Os dedos rematan nuns discos adhesivos que lle permiten trepar pola vexetación e ascender por paredes lisas verticais
Dimorfismo sexual . Os machos posúen un gran saco vocal, de tamaño moi superior á cabeza unha vez inflado Ao retraerse, a pel da gorxa queda engurrada e de cor máis escura (amarela apardazada), mentres que as femias teñen a gorxa branca Durante o celo, os machos adquiren unhas pequenas rugosidades no primeiro dedo das extremidades anteriores Xeralmente as femias son maiores e máis robustas
HÁBITATMarxes de charcas con abondosa vexetación, marismas, encoros, ríos de curso lento, brañas e outras masas de auga relativamente grandes e estables Gusta de trepar por matos preto da auga, sobre todo toxos (Ulex sp ) e silvas (Rubus sp )
Pel lisa e sen parótidas
Pupila horizontal
Tímpano pequeno e marcado
Dedos adherentes
Morro curto e redondeado
Ventre brancoBanda dorsal
anuros
Rela común(Hyla arborea)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 67
ACTIVIDADEEn Galicia sofre un repouso invernal continuo dende novembro a febreiro Normalmente están inactivos a temperaturas inferiores aos 8 °C Durante o día gústalle ficar queda sobre a vexetación, asolándose Dende ela canta de cando en vez, sobre todo cando rompe a chover Nas horas nocturnas aumenta a súa actividade O período reprodutivo abrangue de febreiro a maio, reducíndose aos meses de abril e maio nas montañas Os machos chegan aos lugares de reprodución antes ca as femias e comezan a cantar a coro O amplexo é axilar e ten lugar na auga, aínda que, ás veces, o macho agárrase á femia en terra e despois ambos se achegan á auga Cada femia pon de 800 a 1 000 ovos que forman masas esféricas pequenas, do tamaño dunha noz A eclosión acontece aos 12–15 días e as larvas fican na auga dende finais de febreiro ata xuño ou xullo O desenvolvemento larvario soe durar de 11 a 14 semanas Alcanzan a madurez sexual aos tres ou catro anos de vida Poden vivir 5–10 anos
Alimentación . Moi voraz, captura as presas entre a vexetación saltando grandes distancias para coller un insecto A súa dieta componse, sobre todo, de insectos e arácnidos
SITUACIÓN NO ENILMoi común Cinco lugares de reprodución coñecidos, criando tamén dentro da xunqueira na súa parte norte
anuros
Rela común (Hyla arborea) sobre a folla dunha silva (Rubus ulmifolius)
ANUROS
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Lonxitude: Machos: 29–40 mmFemias: 37–53 mmLarvas: 37,5 mm
Grao de ameaza:Galicia: vEspaña: anexo vEuropa: anexo iv
Ra patilonga
Rana iberica (Boulenger, 1879)g: zampexa, ra dos regosc: rana patilarga
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 70
IDENTIFICACIÓNRa endémica do noroeste da península Ibérica que conserva en Galicia o maior número dos seus efectivos É a ra máis pequena que se pode atopar en Galicia, de aspecto estilizado e patas posteriores moi longas O fociño é bastante aguzado, ollos grandes e sobresaíntes coa pupila ovoide e horizontal Carece de sacos vocais A ambos os lados da cabeza presentan un anteface que engloba o ollo e o tímpano A ambos os lados do dorso aparecen dous cordóns glandulares (pregamentos dorsolaterais) que discorren, paralelos e sempre ben afastados, dende a parte posterior do ollo ata o extremo do urostilo A pel é lisa ou finamente granulosa Dorso de cor variable, de apardazado ou mouro ata ocre ou vermello Moi típicas desta especie son unhas manchas claras e irregulares que aparecen espalladas polo dorso, semellantes ás manchas de mofo das follas mortas do chan das fragas, para camuflarse na follaxe caída das beiras dos arroios onde vive Flancos abrancazados e zona ventral branca
Dimorfismo sexual . Os machos son menores e máis esveltos ca as femias Teñen as patas traseiras comparativamente máis longas e as dianteiras máis robustas e grosas, sobre todo na época do celo, cando desenvolven unha rugosidade nupcial gris escura ou negra na cara interna do primeiro dedo
HÁBITATAnuro moi ligado á auga Ocupa xeralmente pequenos arroios e regatos de augas rápidas e frías, con abondosa vexetación nas marxes que discorren por zonas sombrías Tamén aparece con frecuencia nos regos dos prados
anuros
Ollos prominentesSen glándulas parótidas
Cordón glandular
Banda branca
Pupila horizontal
Tímpano pequeno
Barras transversais
Morro puntiagudo
Costados branquecinos
Anteface
Ra patilonga(Rana iberica)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 71
ACTIVIDADEPresenta unha actividade continua ao longo do ano, aínda que diminúe nos días máis fríos do inverno e, nas áreas moi secas, tamén durante o verán Fundamentalmente nocturna, pero doada de ver de día Moi áxil e boa nadadora, dá saltos extraordinariamente longos para o seu tamaño grazas á lonxitude dos seus membros posteriores Durante as horas de luz soe ficar inmóbil entre a vexetación das marxes do arroio, pero salta á auga cando pasamos ao seu carón Con tempo chuvioso increméntase a súa actividade A súa época de celo comeza a mediados de novembro e remata a mediados de marzo As primeiras postas acontecen en novembro e continúan ata finais de marzo Depositan as postas en zonas de pouca ou ningunha corrente en arroios ou regos O número de ovos por posta oscila entre 100 e 445, repartidos nunha ou varias masas globosas O desenvolvemento larvario ata a metamorfose soe durar 3 meses, e o seu crecemento varía segundo as condicións ambientais, incluso entre poboacións moi próximas Os xuvenís son de cor máis avermellada ca os adultos e case sen manchas polo dorso e patas
Alimentación . Principalmente pequenos invertebrados, sobre todo artrópodos
SITUACIÓN NO ENILEscaso Cría tan só nun regato de auga doce na parte oeste
anuros
Ra patilonga (Rana iberica). Este exemplar camúflase na follarasca da beira do regato onde vive amosando no seu dorso manchas semellantes ás do mofo das follas mortas do chan
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Lonxitude: Machos: 75 mmFemias: 85–90 mmLarvas: 60–70 mm
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo v
Ra verde común
Pelophylax perezi (Seoane, 1885)g: ra verdexada, ra de charcoc: rana común
anuros
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 74
Sen glándulas parótidas
Liña central clara
Cordóns glandulares dorsolaterais
Coloración verde
Ollos prominentes
Pupila horizontal
Tímpano visible
Ra verde común(Pelophylax perezi)
IDENTIFICACIÓNRa grande, de corpo robusto, co fociño aguzado e ollos moi xuntos e prominentes O iris é dourado, cos dous terzos inferiores máis escuros Cabeza tan longa coma ancha O tímpano, moi conspicuo, é pouco máis pequeno ca o ollo De pel lisa, o dorso é de cor verde con manchas negras e unha liña vertebral de cor verde clara ou amarela As partes inferiores son brancas ou agrisadas Especie gregaria, pode vivir en grandes e ruidosas colonias
Dimorfismo sexual . Os machos posúen sacos vocais externos nas comisuras bucais Son de cor branca agrisada ou grises Estes sacos vense como repregamentos cutáneos cando están desinchados Os machos teñen membros anteriores máis fortes e musculosos, e desenvolven unhas rugosidades escuras na cara interna do primeiro dedo durante o celo Pola súa parte, as femias son máis voluminosas e xeralmente acadan maior tamaño
HÁBITATMoi ligada á auga Os adultos gustan particularmente das augas permanentes, quedas ou de corrente lenta, de certa profundidade e con moita vexetación nas beiras Os xuvenís e subadultos soen aparecer tamén en zonas marxinais como prados húmidos, charcos temporais, regos de prados, arroios etcétera
anuros
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 75
ACTIVIDADENa nosa comunidade a maioría dos exemplares hibernan de novembro a marzo, sobre todo os que viven en augas frías Os xuvenís e subadultos, pola contra, poden verse activos nos meses invernais Para hibernar entérranse no fondo das charcas entre a lama Esta ra pode atoparse activa tanto de día como de noite Polo día gústalle tomar o sol nas beiras, ou sobre as plantas ou obxectos flotantes Entran en celo ao saíren do letargo invernal no mes de marzo Durante este mes e ata comezos de xuño os machos cantan ruidosamente e perseguen as femias cos sacos vocais inflados O amplexo é axilar, e as femias poñen ovos en grandes masas nas charcas ou nos ríos remansados onde viven Cada femia pon de 800 a 10 000 ovos, segundo o seu tamaño A eclosión prodúcese aos 5 ou 6 días O desenvolvemento larvario é bastante lento A metamorfose prodúcese despois de 2–4 meses Acadan a madurez sexual aos 4 anos e poden chegar a vivir 10 anos Excepcional saltadora, nadadora e mergulladora
Alimentación . Moi voraz, come practicamente calquera animal máis pequeno que se lle achegue, principalmente artrópodos, seguidos de moluscos e oligoquetos
SITUACIÓN NO ENILComún e amplamente espallado, mesmo ocupa o interior da xunqueira na súa parte norte
anuros
Ra verde común(Pelophylax perezi)
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 77índice dos anfibios da guía
B Bufo bufo, 56 Bufo calamita, 60
D Discoglossus galganoi, 52
E Estroza, 64
H Hyla arborea, 64
L Lagarto da auga, 44 Limpafontes, 44 Lissotriton boscai, 44 Lissotriton helveticus, 48
P Pelophylax perezi, 72 Pesoia, 36 Pinchorra, 36 Pinta da auga, 44 Pinta, 36 Pintafontes común, 44 Pintafontes verde, 40 Píntega común, 36 Píntega de auga, 40
R Ra das herbeiras, 52 Ra de charco, 72 Ra dos regos, 68 Ra estroza, 64 Ra patilonga, 68 Ra verde común, 72 Ra verdexada, 72 Rana común, 72 Rana iberica, 68
Rana patilarga, 68 Ranita de San Antonio, 64 Rela común, 64 Roncha, 36
S Sabanduxa, 40; 44 Sacabeira, 36 Salamandra común, 36 Salamandra salamandra, 36 Salmántiga, 36 Sapillo pintojo ibérico, 52 Sapiño pintoxo, 52 Sapo común, 56 Sapo común, 56 Sapo corredor, 60 Sapo corredor, 60 Sapo corriqueiro, 60 Sapo cunqueiro, 56 Sapo pinto, 52 Sapo raxado, 52 Saramaganta, 36
T Tritón común, 44 Tritón ibérico, 44 Tritón jaspeado, 40 Tritón marmorado, 40 Tritón palmado, 48 Tritón palmeado, 48 Tritón verde, 40 Triturus marmoratus, 40
Z Zampexa, 68 Zaramela, 36
apéndice i
Índice dos anfibios da guía
No índice os nomes en galego dos anfibios da guía aparecen en tipografía negra; outros nomes en galego, en tipografía regular; os nomes científicos, en cursiva, e os nomes en castelán, en Ver-saletas. Os números remiten ás páxinas da ficha de cada especie.
Bibliografía
Alford, R. A.; Richards, S. J. 1999. Global amphibian declines: a problem in applied ecology. Annual Review of Ecology and Systematics, 30: 133–165.
Alford, R. A.; Dixon, P. M. & Pechmann, J. H. K. 2001. Global amphibian population declines. Nature, 412: 499–500.
Araujo, J. 2006. Los otros cambios climáticos. Ambienta: la revista del Ministerio de Medio Ambiente, 61: 5–7.
Asensi, M. 2007. 3o avance do Atlas de anfibios e réptiles de Galicia, decembro 2007. Voceiro de divulgación. Sociedade Galega de Historia Natural. Vilagarcía.
Barbadillo, J. L. 1987. La guía INCAFO de los anfibios y reptiles de la península Ibéri-ca, Islas Baleares y Canarias. INCAFO, Madrid.
Barbadillo, L. J.; Lacomba, J. I.; Pérez–Mellado, V.; Sancho, V. & López–Jurado, L. F. 1999. Anfibios y reptiles de la península Ibérica, Baleares y Canarias. Geoplaneta, Barcelona.
Beebee, T. J. C. 1995. Amphibian breeding and climate. Nature, 374: 219–220.Blaustein, A. R.; Wake, D. B. 1990. Declining amphibian populations: a global
phenomenon? Tree, 5: 203–204.Blaustein, A. R.; Wake, D. B. & Sousa, W. P. 1994. Amphibian declines: judging
stability, persistence and susceptibility of populations to local and global extinctions. Conservation Biology, 8: 60–71.
Blaustein, A. R. & Kiesecker, J. 2002. Complexity in conservation: lesson from the global decline of amphibian populations. Ecology letters, 5: 597–608.
Capdevila, L.; Iglesias, A.; Orueta, J. F. & Zilleti, B. 2006. Especies exóticas inva-soras: diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Organismo autónomo Parques Nacionales. Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.
Caldas, A. 2010. Anfíbios de Portugal. Quercus–Associação Nacional de Conservação da Natureza.
Carretero, M. A.; Ayllón, E. & Llorente, G. (Eds.) 2010. Lista patrón de los anfibios y reptiles de España (actualizada a diciembre de 2009). Asociación Herpetológica Española. (http://www.herpetologica.es/attachments/article/112/nueva_lista_patron_2010.pdf)
Crack, H. Q. P. & Sparks, T. H. 1999. Climate change related to egg laying trends. Nature 399: 423–424.
Curt, J. & Galán, P. 1982. Esos anfibios y reptiles gallegos. Editorial J. Curt. Pontevedra.
Fagúndez, J. & Barrada, M. 2007. Plantas invasoras de Galicia: bioloxía, distribución e métodos de control. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.
Forchhammer, M. C.; Post, E. & Stenseth, N. C. 1998. Breeding phenology and climate. Nature, 391: 29–30.
Galán, P. & Fernández, G. 1993. Anfibios e réptiles de Galicia. Edicións Xerais, Vigo.
GUÍA DE anfibios DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 79bibliografía
Galán, P. 1997. Declive de poblaciones de anfibios en dos embalses de La Coruña (noroeste de España) por introducción de especies exóticas. Boletín de la Asocia-ción Herpetológica Española, 8: 38–40.
Galán, P. 1999. Conservación de la herpetofauna gallega. Situación actual de los an-fibios y reptiles de Galicia. Universidade da Coruña. Servicio de Publicacións. Monografía no 72. A Coruña.
Galán, P. 2006. Guía dos anfibios e réptiles. Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia.
GEIB. 2006. TOP 20: las 20 especies exóticas invasoras más dañinas presentes en Es-paña. GEIB, serie técnica no 2. Pp.: 116.
Gent, T. & Gibson, S. 2003. Herpetofauna Worker´s Manual. Joint Nature Conservation Committee, Peterborough.
Habsburgo–Lorena, A. S. 1978. Present situation of exotic species of crayfish introduced into Spanish continental waters. Freshwater Crayfish, IV: 175–184.
Heyer, W. R.; Donnelly, M. A.; McDiarmid, R. W.; Hayek, L. A. & Foster, M. S. (1994). Measuring and monitoring biological diversity. Standard methods for am-phibians. Smithsonian Institution Press, Washington and London.
Hoegh–Guldberg, O. 1999. Climate change, coral bleaching and the future of the world´s coral reefs. Marine Freshwater Research, 50: 839–866.
Houlahan, J. E.; Findlay, C. S.; Schmidtt, B. R.; Meyer, A. H.; Kuzmin, S. L. 2000. Quantitative evidence for global amphibian population declines. Nature, 404: 752–755.
Kiesecker, J. M.; Blaustein, A. R. & Belden, L. K. 2001. Complex causes of amphibian population declines. Nature, 410: 681–683.
Lizana, M.; Ciudad, M. J. & Pérez–Mellado, V. 1986. Uso de los recursos tróficos en una comunidad ibérica de anfibios. Revista Española de Herpetología, 1: 209–271.
Lizana, M. & Pedraza, E. 1997. Primeros datos sobre el efecto de la radiación ultravioleta en el declive de los anfibios españoles. Quercus, 137: 15–17. Madrid.
Miaud, C. & Muratet, J. 2004. Identifier les oeufs et les larves des amphibiens de Fran-ce. INRA Editions, París.
Montorí, A.; Llorente, G. A.; Carretero, M. A. & Santos, X. 2001. La gestión fores-tal en relación con la herpetofauna. Pp.: 251–289, en J. Camprodon y E. Plana (eds.): Conservación de la biodiversidad y gestión forestal. Edicions Universitat de Barcelona.
Pleguezuelos, J. M.; Márquez, R. & Lizana, M.(eds.) 2002. Atlas y libro rojo de los anfibios y reptiles de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza–Asociación Herpetológica Española, Madrid. http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/anfibios_reptiles/indice.htm
Stebbins, R. C. & Cohen, N. W. 1995. A Natural History of Amphibians. Princeton University Press, Estados Unidos.
Wake, D. B. 1991. Declining amphibian populations. Science, 253: 860.