Download - A voz da Sangrinha
A Voz da SangriñaFundada en 1.979 polos alumn@s do C.E.I.P A Sangriña
Edición Única Ano 2.012
Jorge
Zintia
Victor
MaraDavid
Lucas
Luka
Alex
SimónAntón
Cibrán
Pablo
LeoCarmenOmar
AnxoArón
Julia XaviJulieta
Alejandro
ÍndiceINFANTIL PáxinaIndina Bill 3Apípolis 4Reforestación 5PRIMEIROSemana da poesía 6-7SEGUNDOEntroido 8Excursións 9-10-11TERCEIROCóntame un conto 12-13CUARTODiario da clase 14-15Princesas 16-17QUINTOMúsica 18-19-20Obradoiro Barbi 21SEXTOSamaín 22-23Saídas 24Outras actividades 25Audición e linguaxe 26Os nosos proxectos 27Proxecto Comenius Regio 28-29Excursión Marco/Teatro 30-31Entroido 32-33Magosto 34-35Biblioteca Escolar 36-37-38-39
03
04
05
06
Durante a semana da poesía no noso
cole recitáronse poesías moi chulas.
Os nenos e nenas de 1º remataron a proposta que Antonio García Teijeiro lles fai no seu libro “Ventos”. Alí
hai un poema sen rematar e o autor convídanos a que escribamos con el.
Se o
vento
ñasilco
er
n tset a
sorietuo so
a e
bo
s
Se o vento
anda na rúa
es aa hc lúó aga
o
tn
ev o eS
pis ño e ire ov som
otnevS oe
názacal un é
n oa ss a o dn n
falarán
otnev o e
S
fai a l u m i ñ os nd máa
m osllebiquiños
oos
a
u
e
tri o
b
es
os
s
1º Cur o
07
EN
TR
OID
OE
NT
RO
IDO
EN
TR
OID
OE
NT
RO
IDO
EN
TR
OID
O
08
Este ano, os nenos e nenas de segundo o pasamos moi ben,pois fixemos moitas saídas e todas foron moi divertidas.
A primeira saída documentada foi o Entroido. Fomos disfrazados de romanos e romanase os traxes que fixemos na clase quedaron moi bonitos. Ademais participamos no desfile con todos os colexios da Guarda. Aquí vos deixamos algunhas fotos e comentarios:
2º
09
Outr s excursi fixem for a go. Alí fom s ao teatro de Caixanova
a óns que os on Vi o
a ver var os c ul de Pi ho, de pantasmas, de ..
i espe tác os: nocpingüíns.
2º
10
A excursión ás Aceñas o día 27-3-2012 foi moi divertida, cando chegamos ao colexio subimos as aulas para prepararnos e quitamos unhas fotos as dúas clases xuntas, onde, por certo, saimos todos moi guapos. Primeiro o autobús levounos o parque de Pias,e alí estivemos xogando un pouco. Despois fomos andando ata a aula da natureza onde un home co pelo moi longo e branco, nos explicou qué tipo de animais e vexetais podiamos atopar polos arredores. O sair da aula o primeiro que atopamos foi un paxaro morto!!! Enterrámolo como sete ou oito veces!!! Cando acabaron as explicacións, merendamos, xogamos, investigamos e descansamos.Logo voltamos andando ao parque de Pias para comer, que calor pasamos!!! Alí xogamos moito.Era un lugar moi amplio, con moitas árbores e mesas onde poder comer. Ademais pasaba o río Tamuxeque se levou tres balóns. Pasámolo xenial todos xuntos!!!
2º
11
2º
12
CÓNTAME UN CONTOOs alumnos e alumnas do terceiro curso de Primaria, dentro do Proxecto Lector “Cóntame un conto”, levamos a cabo diferentes actividades: traballamos os contos tradicionais, fixemos de contacontos, fixemos manualidades, disfrazámonos de “Brancaneves e os 25 ananos” e, para a semana da poesía, adaptamos e escenificamos Brancaneves e os sete ananos, de Roald Dahl.
Como non coñeciamos a maioría dos contos tradicionais, traballámolos. Así, non só coñecimos moitos dos contos que xa escoitaban e imaxinaban os nosos pais, pois tamén aprendemos que os contos poden variar segundo a persoa que os transmita e que deles podemos obter unha ensinanza. Os contos cos que traballamos foron os seguintes:
Brancaneves e os sete ananiños Os músicos de Bremen
Carrapuchiña vermella O frautista de Hamelín
Polgariño Os tres porquiños
O parrulo feo Pinocho
A casiña de chocolate A cigarra e a formiga
O gato con botas
13
Agora, ímosvos a ensinar a nosa forma de traballar:
123
Cada quince días, había un cadriño na aula que indicaba o conto que iamos traballar. A profe contounos cada conto dunha forma distinta, empregando diferentes materiais. Ao rematar, debuxamos a portada do conto, puxémoslle o título e fixemos as actividades.
Ao rematar o traballo do caderniño, ensaiamos e fixemos de contacontos para os nenos e nenas de primeiro de Primaria. A experiencia foi todo un éxito!
Despois de contarlles o conto, axudámoslles a facer unha manualidade , que nós xa fixeramos na clase. Así, sempre se lembrarán de nós e dos nosos contos!
14
Co curso a piques de
rematar imos facer
memoria das cousas
que nel pasaron:
vFestexamos
co resto do Centro o
S a m a í n e a d e m á i s
fixemos un libriño con contos,
poesías e lendas de medo que recollemos dos libros da Biblio e que ilustramos en
grupiños. Logo donamos o libro á Biblio para que o usen outros nen@s.
vAló pola semanas das Bibliotecas, contamos un contos ós
de 5 anos, CARACOLA. A eles encantoulles escoitalo e a
nós fíxonos moita ilusión.
vA profe ALICIA de música, preparounos unha preciosa
canción coa que actuamos no festival de nadal. FOI UN
EXITAZO!!!
vComo complemento do tema de MEDIO, OS ALIMENTOS,
pedimos a SOFÍA, responsable do Comedor escolar que nos viñera
dar unha pequena charla. Así que nos falou dos alimentos que usan
no comedor, introducindo o concepto de ALIMENTOS
ECOLÓXICOS e COMERCIO XUSTO. Pero a cousa non quedou aí.
Ademáis preparounos un
fantástico traballo sobre
os alimentos, que colgamos
na páxina do Centro.
F i n a l m e n t e ,
reflexionamos xuntos do
que tod@s deberiamos
ALMORZAR e deunos unha folla onde debemos
colorear o que almorzamos durante unha semana.
15
vFomos a Vigo a ver unha actuación musical sobre
os instrumentos musicais galegos. DAFNE saiu ó
escenario e disfrazárona de cabezudo.
PASÁMOLO XENIAL!
.
vE chegou o ENTROIDO e convertímonos
en…vaqueiros! E desfilamos coas pancartas que
fixemos entre tod@s.
vNa semana da Poesía, xuntámonos cos de 4º B e
representamos para os nosos compis: RATA LINDA
DE COMPOSTELA. Ah! E o profe GIL fixo de
Bernardino Graña o autor do conto. Saiunos moi ben!
vCoñecemos a obra do artista guardés
JORGE BARBI e representamos “ó noso
xeito” algo da súa obra.
vComo o curso é moi longo, dá tempo a
traballar moitas e variadas cousas na aula: en
plástica por exemplo, acércamonos á obra de
Gaudí, escribimos poesía e narración na nosa
“libreta de escribir”…sen esquecernos do estudo
de mates, galego, lingua e medio.
NO VINDEIRO CURSO XA ESTAREMOS NO 3º CICLO!!!!!!
16
Son moitas as princesas que, viven agochadas no fondo dun pazo
ou no alto dunha torre para que ninguén as roube Dende sempre ocultas con tal tesón que algunhas incluso esqueceron quen son.
E...Quén sabe? Se te paras a ler
nalgunha delas, te podes recoñecer.
Un día tan luminoso como unha estrela na noite
Un capricho non é máis que unha chispa de mal humor
A noite é un buraco en cuxo fondoun se pode agochar
En Princesas aparecen Cincenta e algunhas outras celebridades,
pero, sobre todo, hai princesas descoñecidas, princesas inxustamente olvidadas.
Isto non é todo.
Alá por onde paso non volve crecer a herba
En Princesas Hai historias, anécdotas, secretos y retratos.
Hai cousas queche fan rir, outras que dan medo e algunhas que fan soñar.
E isto non é todo.
O bosque é o xardín secreto do mundo
Un día recollín no meu xardíno velo vermello
duha princesa afastada
En Princesas
non so hai princesas. Hai tamén cofres, parasoles y bicos.
Hai xardíns, un príncipe e bolboretas negras. Un planisferio e misterios. Hai amor. Como sempre.
Pero non so hai iso.
Princesa dun día,princesa de por vida
Cantar é como colorear as notas
Un indio é como un cazador de soños
Princesas Fala das princesas como non o fixera ninguén xamais,
Móstraas como ninguén as vise antes. Pero isto non é todo...
Soñar é contarse historias que aínda non se coñecen
Palabras doces, palabras, palabriñas, palabrotas
palabras cálidas, palabras graciosas, palabras brandas
palabronas
Cando esquezo algo é que unha idea xoga ao escondite dentro de min
Eu non sei quen son,ti non sabes quen es.
4Bº
Eladio
Nahirz o
Gon al
IagoEva
Lucas
Hug
o
Raúl
Yamila
Rubén
Catalina
Duna
Nuria
17
E … iso non é todo: Preguntamos á ilustradora Rebecca Deutremer:
- Nos seus libros, non atraen a atención so as ilustracións, se non tamén
todo o deseño, que está cheo de sutilezas, en particular no libro
Princesas. Canto te involucras no deseño dun libro?
Sempre me gusta poñer da miña parte no deseño! É a primeira cousa que penso. Como artista
gráfico,é moi frustrante limitarse á ilustración. Sempre que sexa posible, gústame traballar moi
estreitamente coa dirección artística; a creación dun libro é tamén moito máis enriquecedora
cando se trata dunha verdadeira colaboración.
Con Princesas, comunicámonos moito co autor, Philippe Lechermeier. Princesas é unha
especie de dicionario de múltiples voces, na que as máis famosas princesas se camiñan ao
carón das máis fantásticas. En un primeiro momento, as princesas foron clasificadas
alfabéticamente. Tratando de imaxinar as ilustracións sen nada máis cun anaco de escrito,
realmente faise costa arriba! Así que, con Philippe, revisamos os textos e o concepto de todo o
libro, que nos permitiu facer un traballo moito máis libre. Eu contribuín cun toque moi
persoal, engadindo a man o texto. Philippe incluso creou algunhas novas princesas seguindo as
miñas suxestións, como Doremi e Capriciosa.
E… iso non é todo: Ao igual que o agasallo de nadal máis especial e desexado, así
chegou á nosa biblioteca en libros con encanto.
18
Xa estou aquí outro ano máis...siii...son Melodía!Pero esta fez non vou ser euquen vos conte a cantidade de cousasque facedes na clase de música, así que prestade atención.
Este ano, os NENOS DE 5º vamos a ser os encargados de contarvos todo o que fixemosno festival de Nadal. Para iso pedímoslle axuda a Melodía, xa sabemos todos que non apodemos ver pero si escoitar, verdade?Ela está escondidiña dentro de cada canción, dentro de cada audición, ouagochadiña nos pentagramas das partituras. Obsérvanos tódolos días.Estas son algunhas das actividades e xogos que facemos:
Uff..unha chea de cousas. É divertidísimo! Para que vos fagades unha idea, éste foi o repertorioda actuación de Nadal:
INFANTIL 3 ANOS......BAILE-DRAMATIZACIÓN “O REI LEÓN” INFANTIL 4 ANOS......OBRA DE TEATRO “EL MUÑECO DE NIEVE” INFANTIL 4 ANOS..... BAILE “MUEVE EL OMBLIGO” INFANTIL 5 ANOS......COREOGRAFÍA “ME GUSTAS TANTO” 1º................................DRAMATIZACIÓN “CACHIBÚ DE CACHIVACA” 2ºA..............................DANZA DO MUNDO “OH SUSANA” 2ºB..............................PEZA TRADICIONAL “FELISA VAI EN COCHE” 3º................................FRAUTA “TEMPO DE NADAL” 4ºA .............................DRAMATIZACIÓN “Y LLOVERÁ” 4ºB..............................COREOGRAFÍA “ANOTHER NIGHT” 5º................................PEZA INSTRUMENTAL TRADICIONAL “MARCHA DOS XIGANTES” 6ºA..............................PEZA INSTRUMENTAL “OS PICAPEDRA” 6ºA............................. TEATRO EN INGLÉS “THE COW THAT LAID AN EGG” 6ºB............................. COREOGRAFÍA “GREASE” TODOS...................... DESEXOS DE NADAL
A TODOS FELICIDADES, FIXÉSTEDES UN BO TRABALLO!!
Ah, por certo, tamén vos temos que comentar que algúns nenos de 5º e 6º gravamos dúas peciñasmusicais en BAIXO MIÑO ESTUDIOS, pero non o fixemos sós, xuntámonos con alumnos do institutoA Sangriña, San Xerome e Avelaíña. O director de toda esta banda foi Victor Fuggetto. Podedes escoitalas na páxina www.bmestudios.com
RITMOS E MOVEMENTO CONTOS MUSICAIS BAILES E COREOGRAFIAS
MELODÍAS E BONITAS CANCIÓNS PEZAS INSTRUMENTAIS
TEATRO LINGUAXE MUSICAL XOGO DRAMÁTICO
XOGOS DE RELAXACIÓN E CONTROL POSTURAL
FRAUTA DANZAS DO MUNDO
Ola amiguiños!5º - MÚSICA
A obra de teatro de 4 anos e a de 6ºA foron preparadas polas profes: Lucía e María Salinas.
19
Aquí vos deixo algunhas fotos para lembrar todos estes momentos.
20
Xa toca despedirnos e coma sempre lembrarvos que non deixedes de escoitar e de rodearvos de moitamúsica, pois iso axudaravos a crecer moito e a ser personiñas máis sensibles, tolerantes e alegres.
Melodía, Alicia e os Nenos/as de 5º!
BIQUIÑOS MUSICAIS
21
22
23
24
25
26
27
28
Estamos participando nun proxecto, que se levará a cabo nos cursos 2.011/12 e 2.012/13, chamado Programa de Aprendizaje Permanente Comenius Regio. Nel participan dous cen-tros franceses (Collège Boris Vian e o Institut Vancauwenbergue) e catro centros de AGuarda (Asociación San Xerome Emiliani, Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con pro-blemas de saúde mental, Instituto de Ensinanza Secundaria A Sangriña e o Centro de Edu-cación Infantil e Primaria A Sangriña).Cada centro organiza unha serie de actividades que desenrolará de xeito conxunto cos demais participantes e tendo como ideario a integración de tódolos participantes. Logo esasexperiencias trasladaranse entre os centros das dúas rexións participantes para a súa difusión.Como tamén se celebrarán visitas nos dous países aquelas actividades que coincidan nesasxuntanzas serán conxuntas para a totalidade dos centros.
Actividades que se realizaron neste curso:
Proxecto Comenius Regio
Samaín
Magosto
Curso de fotografía / Plantación de árbores
29
Técnicas teatrais
Ciclo do millo: Plantación
Rafting
Concerto de Rock
30
EXCURSIÓN AO TEATRO E AO MUSEO MARCO EN VIGO
AS NENOS E OS NENOS DE INFANTIL E DE 2 º DE PRIMARIA F IXEMOS UNHA EXCURSIÓN A VIGO, NA QUE PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHA FERMOSA OBRA DE TEATRO TITULADA PINGÜIN; DESPOIS FOMOS AO MUSEO “MARCO” ONDE VIMOS A EXPOSICIÓN PRESENZA ACTIVA: ACCIÓN, OBXECTO E PÚBLICO NA QUE OS NENOS QUEDARON ABRAIADOS CAS DIFERENTES OBRAS QUE HABÍA NAS SÚAS SALAS.
31
32
ENTROIDO
Este ano tivemos un
Os pequenos foronDálmatas por un día
1º e 2º Asterix, Obelix e os romanos
33
2012
entroido de cine
6º - 4 Vodas e un funeral
5º - Os Picapedra
4º - Unha de vaqueiros
3º - Brancaneves e os ananos
34
MAGOSTO
O 11 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO; COMO ERA UNHA ACTIVIDADE DO PROGRAMA “COMENIUS REGIO” VIÑERON CHICOS E CHICAS DO INSTITUTO QUE FIXERON DE MONITORES NOS XOGOS; TAMÉN VIÑERON ALUMNOS DO SAN XEROME QUE AXUDARON A ASAR E COS QUE PASAMOS UNHA AGRADABLE XORNADA.
FIXEMOS XOGOS
POPULARES COMO AS
CHAPAS, O XOGO DAS
CADEIRAS, A RÁ,
SALTAMOS A
CORDA,ETC.
35
QUE BEN O PASAMOS CO
PARACAÍDAS!!!
Remata o curso e chega o momento de resumir, de ver en
imaxes e palabras todas as propostas chegadas dende a
Biblioteca do cole.
A novidade máis importante chegou en forma de axuda
económica, xa que entramos dentro do PLAMBE, Plan
de Mellora das Bibliotecas Escolares e con el chegaron
moitas melloras: xa temos dous postos informáticos
para que o alumnado consulte e investigue,tamén
chegou unha pantalla co seu cañón que inauguramos
convenientemente vendo un contiño por ciclo na Hora
de Ler e comendo ...palomitas!. Disfrutámolo moito.
Puxemos mobles novos, cambiamos o chan na zona de contacontos para que os nen@s estivesen
máis quentiños. Tamén chegou on lector de documentos, un par de DVD portátiles , libros moi
interesantes e ata cambiamos a porta!. FOI UN IMPULSO MOI XENEROSO!
Coma todos os anos, foi un curso cargadiño de actividades, nas que participou todo o alumnado e
profesorado.
Temos unha ZONA DE EXPOSICIÓNS ó lado do noso Pepiño
que nos permitiu expor títulos
todo o curso: Lecturas para
tremer, Historias de Nadal e
do inverno, Libros para a Paz,
Libros con corazón, Marzo,
mes da Poesía, Abril mes do
libro, Maio mes das letras.
NOVIDADES
36
Fixemos un CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
entre o alumnado e repartimos os gañadoores
entre os seus compis.
Programamos a I SEMANA DE POESÍA NA SANGRIÑA.
Todos os cursos prepararon unha poesía e, na Hora de ler
durante toda a semana fómonos vendo e escoitando uns ós
outros. FOI UN EXITAZO!!
37
PERO HAI COUSAS QUE NON CAMBIAN PORQUE FUNCIONAN
MOI BEN:
Por 2º ano, contamos cos nosos AXUDANTES
de 6º curso que fan un traballo excelente de
axuda e colaboración
A HORA DE LER segue a darnos moitas
satisfaccións.
As MOCHILAS VIAXEIRAS seguen
percorrendo as casas das nosas familias
puntualmente cada semana.
O CONTO VIAXEIRO volveu a percorrer
as aulas esta vez en forma de poesía. Será
en setembro cando o ensinemos.
Os nosos pequechos disfrutaron un curso máis
das SESIÓNS DE CONTACONTOS...
... que prepararon os máis maiores para eles.
38
A Biblioteca seguiu editando materiais e facéndoos chegar ás familias: guías de lectura, guías de
axudantes, de usuarios...
Unha das cousas máis importantes para destacar é a COLABORACIÓN DAS NOSAS
FAMILIAS entodo o que lles pedimos e así fixeron unha postal de nadal para Pepiño,
disfrazárono de personaxe de contos...MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS MAMIS E ÓS PAPIS.
Non debemos rematar sen falar do noso
PEPIÑO que continúa percorrendo as aulas
deixando notas, libros e moita ilusión e
tampouco podemos esquecer ós nosos nenos
e nenas e á súa cariña chea de ilusión en
cada cousa que se organiza.
Todo isto que estamos contando fómolo colgando na páxina da Biblio
que recibe moitas visitas e ós que non a coñezades, dádelle ó CLIC e entrade que vos gustará seguro.
ATA O VINDEIRO CURSO QUE VIRÁ CHEÍÑO DE BOAS COUSAS E SOBRE TODO DE ...BOAS
LECTURAS.
http://bibliopepinho.blogspot.com.es/
39