Download - A NOSA VILA: BUEU
1
ALUMNADO DE 3º ESO
CURSO 2011/2012
Bueu é un concello que se atopa na comarca do Morrazo,
limitan ao sur co concello de Cangas, ao norte e ao leste cos
concellos de Marín e Moaña e ao oeste coa Ría de Aldán. O
norte da localidade atópase bañada pola Ría de Pondevedra,
onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque
Nacional das Illas Atlánticas.
2
Bueu é unha vila mariñeira de máis de 13.000 habitantes,
cunha área de 31 quilómetros cadrados, dos cales 10
aproximadamente son illas.
A nosa vila estutúrase en 3 parroquias: San Martiño de
Bueu, Santa María de Beluso, e Santa María de Cela.
A súa principal fonte de riqueza é a pesca.
Nos últimos anos, grazas ao seu clima suave e a súa
ampla gastronomía, empezouse a producir un aumento do
número de turistas. As moitas praias que temos no concello
fan que no verán sexa un lugar de referencia para o ocio e a
diversión.
3
HISTORIA
Na historia de Bueu, Vila por Real
Cédula en 1856, sempre estivo moi
presente o mar e a pesca, pero é a
partir do século XVIII cando comeza o
seu despregamento económico grazas
ás factorias de manufacturas de conservas, que convertirán a
principios de século pasado o porto de Bueu nun dos portos
máis importantes de Galicia.
JOHAN CARBALLEIRA
Así foi coñecido o periodista, escritor,
político e ex alcalde de Bueu. O seu nome
real era José Gómez de la Cueva, pero
asinaba as súas obras e artigos co
pseudónimo de Johan Carballeira. Naceu en
Vigo en 1902 e foi asasinado o 17 de abril de
1937 polos franquistas, debido á súa coñecida tendencia
política galeguista e republicana (gobernou en Bueu co
Partido Galeguista).
En forma de homenaxe, o noso instituto e unha rúa do
centro da vila levan o seu nome. Tamen ten un monumento
adicado na vila.
4
SAN MARTIÑO DE BUEU
Paseando por la zona urbana desta parroquia do
concello de Bueu, atopamos a Casa Consistorial, inagurada en
1903. Un pouquiño máis abaixo, sería convinte visitar a Lonxa
e a Praza do pescado. A frescura e variedade do pescado que
se vende na praza, incluso polas tardes, e unha estampa que
non podemos perdernos.
Non podemos esquecer a capela de San Xosé, ao lado do
actual centro de ensinanza nautico-pesqueira da localidade, e
a igrexa de San Martiño, de 1880, de rasgos neocásicos, e a
ermita dos Santos Reis, un templo moi orixinal.
CAPELA DE SAN XOSÉ ERMITA DOS SANTOS REIS
CASA CONSISTORIAL
5
O MUSEO MASSÓ
A sede do Museo é un antigo edificio que formaba parte
da factoría de conserva de peixe Massó. Presenta unha
exposición permanente relacionada co mar como fonte de
recursos económicos: dende obxectos procedentes das
antigas fábricas de salga e de conservas, ata outros
vinculados coa actividade pesqueira.
6
SANTA MARIA DE BELUSO
Na parroquia de Beluso podemos atopar a igrexa de
Santa Maria de Beluso, a ermita de Sanamedio, o Pazo de
Ouril, os petróglifos de Bon e o castro de Udra e de Bon.
IGREXA SANTA MARÍA DE BELUSO
7
CABO UDRA
Este cabo pon fin á ría
de Aldán e sinala o comezo
da ría de Pontevedra.
Xunto co cabo Home,
cabo Udra é un dos lugares
que tes que visitar se pasas
pola Península do Morrazo.
Podemos atopar unha variedade de praias moi bonitas, onde
respirar aire puro.
8
SANTA MARIA DE CELA
Cela é una parroquia do
concello de Bueu. A maior parte
dos seus habitantes adicáronse á
pesca de altura.
A igrexa de Santa María de
Cela é románica e esta situada no
alto da parroquia.
As festas máis importantes eran
feitas entre os mozos de Cela e
Ardán; as chamadas Festas dos
Mozos, e nelas os mozos
cantaban “as vivas”.
En Cela hai dúas praias importantes: Agrelo e Portomaior
PRAIA DE AGRELO
PRAIA DE PORTOMAIOR
IGREXA SANTA
MARÍA DE CELA
9
PRAIAS
As praias son paisaxes paradisíacas: Agrelo,
Ancaradouro, Area de Bon, Banda do Río, Beluso, Bueu,
Cornide, Covelo, Lagos, Lapamán, Loureiro, Mourisca, Muíño
Vello, Pedrón, Pescadoira, Portomaior, Reventón, Robaleira,
Roiba, Sartasens, Tulla, Pitís, Area de Cans, Canexol, Dornas,
Fedorentos, Fontiñas, Liñeiro, Melide, Onza Norte, Onza Sur,
Pereiró, Das Moscas.
PRAIA DE AREA DE BON: de area branca e fina, nun entorno
rural con bosques e numerosos bosques de millo.
PRAIA DE TULLA: de gran extensión, en forma de media
cuncha e de area grosa e branca.
PRAIA DE AREA DE BON PRAIA DE AREA DE BON
PRAIA DE TULLA
10
ILLA DE ONS
Ons é una pequena illa de Bueu e, pola súa riqueza
natural e paixasística, forma parte do Parque Nacional das
Illas Atlánticas de Galicia, xunto coas Cíes, Sálvora e
Cortegada. Para chegar a el temos que ir nuns barcos, “os
barcos da illa”.
A illa ten un pequeno porto onde desembarcar. Preto do
porto atopamos a igrexa de San Xaquín, un posto da Cruz
Vermella e dous establecementos para xantar e durmir, Casa
Checho e Casa Acuña, onde tamén se poden mercar artigos
de primeira necesidade.
Temos que visitar o “Burato do Inferno”, e gozar das
moitas praias que ten: praia de Area dos Cans, de Pereiro, de
Onza, etc.
CURRO VISTA PANORÁMICA
FARO DA ILLA DE ONS BURATO DO INFERNO
11
A illa de Ons na súa totalidade é unha beleza, pero ten
lugares de visita obrigada. Un deses sitios é o punto máis algo
da illa, chamado “El cucurno” que está presidido polo Faro de
Ons. Outra visita recomendable é a coñecida como “Laxe do
Crego” un antigo sepulcro accesible dende a praia de Area
dos Cans, unicamente coa marea baixa.
Na zona máis próxima ao porto, está a parte máis
poboada da illa, coñecida como Curro.
Outras illas son Onza e Onceta.
12
FESTAS
Unha das festas gastronómicas máis coñecidas de Bueu
é a “Festa do polbo”, que se celebra o primeiro fin de semana
de setembro ao lado do porto da vila.
No lugar de Meiro, entorno á Casa da Aldea, celébrase o
último fina de semana de marzo o “Encontro e Degustación do
Millo Corvo” (millo negro). Festa de todo o proceso de
plantación, recolección e elaboración de produtos artesáns a
partir desta variedade singular que tiña como misión servir de
barreira natural entre o monte e o millo branco, e alonxar aos
corvos e outras aves depredadoras.
IES Johan Carballeira Rúa do Instituto nº 4 36930 Bueu, Pontevedra
[email protected] Tlf / Fax 986323270