![Page 1: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/1.jpg)
1
A GRAN HISTORIA
DE PEREGRINA
![Page 2: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/2.jpg)
2
Se tamén queres
escoitar a historia:
https://www.youtube.com/watch?
v=4vV4NYQlVr0&t=122s
![Page 3: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/3.jpg)
3
En Santiago viviu unha vez unha nena chamada Peregrina.
Os seus pais puxéranlle ese nome porque eles se coñeceran facendo o Camiño de Santiago e gustáralles
tanto o destino, que decidiron quedar a vivir alí.
Aos seus pais encantáballes andar. Sen embargo, a Peregrina non lle gustaba nada camiñar. En
realidade, non lle gustaba nada a natureza. Sempre que a súa familia lle dicía de ir pasear, rosmaba e
enfadábase.
![Page 4: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/4.jpg)
4
Unha noite que estaba especialmente enfadada por ir pasear, o seu avó díxolle a Peregrina que era moi
importante que valorase a natureza. A nena non lle fixo caso e marchou ao seu cuarto a durmir.
![Page 5: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/5.jpg)
5
O que non sabía era que A NATUREZA estaba escoitando todo isto…
![Page 6: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/6.jpg)
6
E decidiu darlle unha lección a Peregrina…
Mentres durmía, converteuna nunha pinga de auga e evaporouna ata facela chegar a unha nube.
![Page 7: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/7.jpg)
7
Unha vez na nube, Peregrina despertou, sen entender que estaba ocorrendo e ao ver ao resto de
gotas, comezou a berrar asustada.
-Só faltabas ti-Dixéronlle. Estamos a punto de caer!-E así foi como as gotas se desprenderon en forma
de chuvia e chegaron ata o cumio dunha montaña.
![Page 8: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/8.jpg)
8
A nena, agora pinga, decidiu falar coa montaña.
-Por favor, axúdame a regresar a miña casa!-díxolle.
A montaña respondeulle que tiña que seguir o curso dun río para chegar a desembocar nun mar ou
océano. Alí un barco levaríaa de volta a casa.
![Page 9: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/9.jpg)
9
A nena non entendía: Que é o curso dun río?-Preguntou.
-O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É
dicir, desde onde comeza ata onde remata.
-Algúns son moi loooooongos e outros son curtiños. Isto é ao que chamamos lonxitude do río. O máis
longo de España é o TEXO, sabías? Mírao:
-Non, non o sabía-dixo Peregrina.
![Page 10: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/10.jpg)
10
-Recoméndoche viaxar por un río con moito caudal. Así terás máis compañía.
-Perdoa…Que é o caudal?-Dixo a pinga.
-O CAUDAL é a cantidade de pingas de auga que viaxades polo río. O máis caudaloso de España é o
EBRO. E é o segundo máis longo despois do Texo.
![Page 11: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/11.jpg)
11
-Pero debes saber, que non hai o mesmo caudal durante todo o ano. Porque como ves, depende da
chuvia que vos fai caer en min e noutras montañas. A esa variación do caudal ao longo do ano
chamámoslle RÉXIME.
- Se o caudal varía pouco ao longo do ano, dicimos que o réxime é regular e se ten moitas variacións
de chuvia, o seu réxime é irregular.
-De onde eu veño, chove case todos os días.-Dixo Peregrina.
![Page 12: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/12.jpg)
12
-Gracias pola explicación, pero sigo bastante perdida!-Dixo a pinga. Entón a montaña ensinoulle un
mapa e díxolle: “Isto é para que vexas o percorrido que tes que seguir”:
A montaña seguiu dicindo:
![Page 13: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/13.jpg)
13
-Agora mesmo estás no nacemento do río e queres chegar ata o final, que é a desembocadura. Neste
camiño, debes saber que o curso do río ten 3 tramos:
-O curso alto,
-O curso medio e
-O curso baixo.
Pero tranquila, dareiche algúns CONSELLOS para facilitarche a viaxe en cada un deles! Isto é o que
debes saber:
![Page 14: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/14.jpg)
14
-O Curso alto é o tramo do río máis próximo ao nacemento. Aínda que nesta parte o caudal é escaso, a
auga leva unha gran velocidade ao descender da montaña. Así que tes que ter coidado coas pedras e
area que arrastra!
![Page 15: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/15.jpg)
15
-No curso medio, o caudal crece porque o río recibe a auga dos seus afluentes (auga doutros ríos).
Aquí a auga leva menos velocidade, pero ten coidado con marearte nos meandros! Os meandros son
as curvas que forma o río cando a auga leva pouca velocidade.
E por último…
![Page 16: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/16.jpg)
16
-O curso baixo leva moita auga (caudal) que vai moi a modo, e conducirate á desembocadura do río.
-E cando chegue á desembocadura? A onde vou ir parar?-Dixo a pinga.
![Page 17: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza](https://reader036.vdocuments.co/reader036/viewer/2022071023/5fd7837767c864779b37db79/html5/thumbnails/17.jpg)
17
CONTINUARÁ…