Download - A cultura castrexa
A CULTURA CASTREXA
EN 10 PREGUNTAS
1- QUE SE ENTENDE POR CULTURA CASTREXA?
É a cultura da Idade de Ferro que se desenvolve en todo o noroeste da
Península Ibérica
2- CANDO SE DÁ?
Entre o século IX ac e o s. I dc.
Despois do s. I dc. co territorio xainvadido polos romanos hai castros
que continúan habitados, pero considéranse da cultura galaico-
romana
3- QUE É UN CASTRO?
Un castro é un poboado fortificado, construído durante a Idade de ferro e situado a miúdo(non sempre) en zonas altas e doadasde defender
4- ONDE HAI CASTROS?
En Galicia, Oeste de Asturias e León e o Norte de Portugal. Do río Navia ao Douro
Sitúanse en zonas litorais oude val, escasean en zonas montañosas
Nos sabemos con exactitudecantos castros hai, pero probablemente superan os 3.000
5- COMO É O EXTERIOR DUN CASTRO?
Soe ter unha forma circular adaptándose ás curvas de nivel do terreo. Pode ter unha ou máis murallas feitas de pedra ou terra. As defensas complétanse con foxos e parapeitos que rodean a muralla e a reforzan nos lugares máis febles. A miúdo taménestán reforzadas as portas de entrada na muralla
Parapeitos
Foxo
6- E O INTERIOR DO CASTRO?
No interior do castro distribúense as vivendas, normalmente son circulares pero tamén as hai cadradas, especialmente nos castros máisrecentes.
Na etapa final da época castrexa as casas agrupábanse por familias en torno a un patio, onde hai tamén alpendres e celeiros e están separadas das demaisvivendas por unha pequena muralla .
As vivendas distribúense seguindo as irregularidades do terreo e forman rúas e canellóns estreitos
7- COMO É UNHA VIVENDA CASTREXA?
Circular case sempre, de pedranos muros pero tamén as houbo de barro ou madeira. No centro sitúase unha lareira, e un banco corrido de pedrapegado ao muro da vivenda.
Os teitos eran de madeira e palla.
Non debemos confundir castro (grupo de casas) con vivenda(unha sóa casa)
Fogar
tear
forno
muíño
8- ERAN CELTAS OS HABITANTES DOS CASTROS ?
Os romanos chamáronlle “Celtas”a todas as tribus que vivían ao Norte dos Alpes. Autores nacionalistas galegos(Murguía, Risco) usaron a palabra para referirse a estespobos prehistóricos galegos, remarcando que a súaorixe era do Norte de Europa e non mediterránea.
A cultura castrexa ten influenzas centroeuropeas pero é incorrecto dicir que os seus habitantes eran celtas.
9- COMO E DE QUE VIVÍAN?A sociedade castrexa estaba xerarquizada, dirixida por un liderou “príncipe”. A unidade básica de organización era a familia, nuncastro vivía un grupo de familias e varios castros formaban un “populus”: ártabros, cilinios, límicos…
Os restos que conservamos de fortificacións, armas, estatuas de xefes militares… dinnos que eran pobos guerreiros.
Vivían sobre todo da agricultura (fabas, cereais…) e da gandaría(vacas, ovellas, cabras e porcos) pero tamén tiña importancia a minería e a pesca e o marisqueo (nas zonas litorais)
Guerreirocastrexo
ÁnforaFeniciaatopadaen StaTegra, demostraas relaciónscomerciais
10- EN QUE CRÍAN OS CASTREXOS?Eran politeístas, crían en varios deuses: Bandua, Laroco, Coso… relacionados coa guerra, os camiños, as augasetc.
Non conservamos sepulturas castrexas(necrópolis) polo que supoñemos que incineraban (queimaban) os mortos
OS CASTROS MÁIS IMPORTANTES
Castro de Baroña, Porto do Son, entrada fortificada
Castro de Viladonga, Lugo
Neste castro romanizado, cultura Galaico-Romana, hai moitas casas de formas cadradas
Castro de Santa Tegra, A Garda, Pontevedra
Restos arqueolóxicos atopados:
-Pedra-Cerámica
- Metais: ferro, bronce, ouro
Esq. Fiestra con forma de trisquel, símbolo solar, dta cabeza e torso de guerreiro, Museo Arqueolóxico de Ourense
Cerámica castrexa con decoración de pico de diamante
Arriba xoias de ouro, esq. Torques masculino, símbolo de poder que se poñía no brazo ou no pescozo. Dta arracadas de muller. Abaixo espadas de puño de antenas en bronce
QUERES SABER MÁIS?
CONSULTA ESTES ENLACES:
PÁXINA INTERACTIVA NA QUE SE PODEN FACER VISITAS VIRTUAIS A VARIOS CASTROS:
http://www.muvicc.es/catalogo.html
BLOG QUE RELACIONA MÁIS DE 3.000 CASTROS, DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS :
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
BIBLIOGRAFÍA:
CALO LOURIDO, F. (1993): A cultura castrexa, Ed. A Nosa Terra, Vigo
CARBALLO ARCEO, X. (2000): Os castros galegos, Ed. A Nosa Terra, Vigo
REFERENCIAS DAS IMAXESDIAPOSITIVA Nº:4- MIGUEL BUGALLO SÁNCHEZ-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Castro_de_BaroNa.Galiza.jpg5-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Cultura_Castrexa.png6- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html7-A DOMINIO PÚBLICO-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Planta_original_cividade_Arthur_Cruz.jpgB- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html8- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html10-A-B-C-- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html11- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html
12-LMBUGALLO SÁNCHEZ-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Castro_de_BaroNa.Galiza.09.jpg13-A-PePeEFE-CC-BY-SA-http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Castro_de_Viladonga_-_Panor%C3%A1mica_02.jpgB- ALMA-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Vista_xeral_da_croa_Castro_de_Viladonga.JPGC- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html14-A-HOMBREDHOJALATA-CC-BY-SA-http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Santa_Tecla#mediaviewer/Archivo:Castro_de_Santa_Trega,_2011,_A_Guarda.jpgB-JUAN MEJUTO-CC-BY-SA- http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Santa_Tecla#mediaviewer/Archivo:A_Guarda-Castro_de_Santa_Trega.jpg
15-A-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Trisquel_de_Castromao.JPGB- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.htmlC-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Torso_de_guerreiro.JPG16-A- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.htmlB-JOSEOLGON-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Ceramica_Cividade_de_Terroso.JPG
17-A- LUIS GARCÍA-CC-BY-SA- MAN-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Torque_galaico-asturiano_de_Labra_%28M.A.N._33132%29_01.jpgB- AARIZAGA-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Arracadas_do_%22Tesouro_Bedoya%22,_expostas_no_Museo_de_Pontevedra..jpgC- ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Espadas_de_Antenas.jpg
Dereitos de autor
O legado cultural greco-latino. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenzaCreative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Créditos e autoría:Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas:Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.