Download - 28º domingo tob bene pagola 2012
14 de outubro de 201228º Tempo ordinario (B)
Marcos 10, 17-30Red evangelizadora BUENAS NOTICIASTraballa por un mundo máis humano. Pásao.
José Antonio Pagola
Música: Bach-aria; present: B. Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
“Que farei para herdar a vida eterna?”.
Non lle preocupan os problemas desta vida. É rico.
Todo o ten resolto.
Antes de que se poña en camiño, un Antes de que se poña en camiño, un descoñecido achégase a Xesús correndo. descoñecido achégase a Xesús correndo.
Ao parecer, ten présa para resolverAo parecer, ten présa para resolver o seu problema: o seu problema:
Xesús pono ante a Lei de Moisés.
Curiosamente, non lle recorda
os dez mandamentos, senón só os que prohíben actuar
contra o próximo.
O mozo é un home bo, observante fiel da relixión judía:
"Todo iso cumprino desde pequeno".
Xesús quédaselle mirando con cariño.
É admirable a vida dunha persoa que non fixo dano
a ninguén. Xesús quéreo atraer
agora para que colabore con el no seu proxecto de
facer un mundo máis humano, e faille unha
proposta sorprendente:
… “… “aínda che falta unha aínda che falta unha cousa: anda, vende o que cousa: anda, vende o que
tes, dálle o diñeiro aos tes, dálle o diñeiro aos pobres... pobres...
e logo sígueme"e logo sígueme"..
O rico posúe moitas cousas, pero fáltalle o único que permite seguir a
Xesús de verdade. É bo, pero vive apegado
ao seu diñeiro. Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos
pobres.
Só compartindo o seu Só compartindo o seu cos necesitados, cos necesitados,
poderá seguir a Xesús poderá seguir a Xesús colaborando no seu colaborando no seu
proxectoproxecto.
O mozo síntese incapaz. O mozo síntese incapaz. Necesita benestar. Necesita benestar.
Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. O seu diñeiro está por enriba de todo. O seu diñeiro está por enriba de todo.
Renuncia a seguir a Xesús. Renuncia a seguir a Xesús.
Viñera correndo entusiasmado cara a el. Agora afástase triste.
Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar con Xesús.
A crise económica A crise económica estanos invitando aos seguidores de Xesús estanos invitando aos seguidores de Xesús a dar pasos cara a unha vida máis sobria, a dar pasos cara a unha vida máis sobria,
para compartir cos necesitados o que para compartir cos necesitados o que temos e sinxelamente non necesitamos temos e sinxelamente non necesitamos
para vivir con dignidade. para vivir con dignidade. Temos que facernos preguntas moi Temos que facernos preguntas moi
concretas se queremos seguir concretas se queremos seguir a Xesús nestes momentos.a Xesús nestes momentos.
Que facer co noso diñeiro?
O primeiro é revisar a nosa relación co diñeiro:
Para que aforrar?
En que investir?
Con quen compartir o que non necesitamos?
Polo tanto, temos que revisar o noso consumoPolo tanto, temos que revisar o noso consumo para facelo máis responsable e menos para facelo máis responsable e menos
compulsivo e superfluo: compulsivo e superfluo: Que mercamos? Que mercamos? Onde mercamos?Onde mercamos?
Para que mercamos?Para que mercamos?A quen podemos axudar a mercar A quen podemos axudar a mercar
o que necesitan?o que necesitan?
Son preguntas que nos temos que facerSon preguntas que nos temos que facer no fondo da nosa conciencia no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias, e tamén nas nosas familias,
comunidades cristiás e comunidades cristiás e institucións de Igrexa.institucións de Igrexa.
Non faremos xestos heroicos, pero se damos pequenos pasos nesta dirección, coñeceremos a ledicia de seguir a Xesús contribuíndo a facer a crise dalgúns un
pouco máis humana e liviá.
Se non é así, sentirémonos bos cristiáns, pero
á nosa relixión faltaralle ledicia.
CON XESÚS NO MEDIO DA CRISE
Antes de que se poña en camiño, un descoñecido achégase a Xesús correndo. Ao parecer, ten présa para resolver o seu problema: “Que farei para herdar a vida eterna?". Non lle preocupan os problemas de esta vida. É rico. Todo o ten resolto.
Xesús pono ante a Lei de Moisés. Curiosamente, non lle recorda os dez mandamentos, senón só os que prohíben actuar contra o próximo. O mozo é un home bo, observante fiel da relixión judía: “Todo iso cumprino desde pequeno”.
Xesús quédaselle mirando con cariño. É admirable a vida dunha persoa que non fixo dano a ninguén. Xesús quéreo atraer agora para que colabore con el no seu proxecto de facer un mundo máis humano, e faille unha proposta sorprendente: “aínda che falta unha cousa: anda, vende o que tes, dálle o diñeiro aos pobres... e logo sígueme".
O rico posue moitas cousas, pero fáltalle o único que permite seguir a Xesús de verdade. É bo, pero vive apegado ao seu diñeiro. Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos pobres. Só compartindo o seu cos necesitados, poderá seguir a Xesús colaborando no seu proxecto.
O mozo síntese incapaz. Necesita benestar. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. O seu diñeiro está por enriba de todo. Renuncia a seguir a Xesús. Viñera correndo entusiasmado cara a el. Agora afástase triste. Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar con Xesús. A crise económica estanos invitando aos seguidores de Xesús a dar pasos cara a unha vida máis sobria, para compartir cos necesitados o que temos e sinxelamente non necesitamos para vivir con dignidade. Temos que facernos preguntas moi concretas se queremos seguir a Xesús nestes momentos.
O primeiro é revisar a nosa relación co diñeiro: Que facer co noso diñeiro? Para que aforrar? En que investir? Con quen compartir o que non necesitamos? Polo tanto, temos que revisar o noso consumo para facelo máis responsable e menos compulsivo e superfluo: Que mercamos? Onde mercamos? Para que mercamos? A quen podemos axudar a mercar o que necesitan?
Son preguntas que nos temos que facer no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias, comunidades cristiás e institucións de Igrexa. Non faremos xestos heroicos, pero se damos pequenos pasos nesta dirección, coñeceremos a ledicia de seguir a Xesús contribuíndo a facer a crise dalgúns un pouco máis humana e liviá. Se non é así, sentirémonos buenos cristiáns, pero á nosa relixión faltaralle ledicia.
José Antonio Pagola