dossier - inicio | cultura de galicia · rinoceronte editora / sushi books sabidurius sacauntos...

34
#presumedeculturgal Dossier

Upload: others

Post on 26-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

#presumedeculturgal

Dossier

Page 2: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza
Page 3: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Intro—4

Candoeonde—5

PresumedeCulturgal—6

Entidadesestands—8

ActividadesCulturgal—10

Servizosnafeira—32

Page 4: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

INTRO

Culturgal celébrase os días 4, 5, e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas se dan cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.

Unha oitava edición do Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade cultural en Galicia e grazas ás que a Feira reborda de contidos, entusiasmo e orgullo colectivo.

No Culturgal sabemos que o presente e futuro da Feira depende da confianza establecida con expositores e patrocinadores. Esa premisa lévanos a ofrecer en cada edición mellores condicións e prestacións a ambos. A organización do Culturgal traballa para contribuír a que os obxectivos comerciais e de visibilidade cos que os expositores acoden á Feira se cumpran. As tarifas de aluguer de stands conxeláronse un ano máis (e van tres).

Culturgal, máis alá do recoñecemento, debe un inmenso agradecemento á confianza depositada polos patrocinadores. Os principais, Xunta de Galicia a através de Agadic, Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, no ámbito público, entenden a trascendencia da Feira e a súa estabilización na axenda anual. Así mesmo a Asociación Culturgal ten a convición de que a Feira é un espazo privilexiado para os

concellos e o seu traballo no ámbito cultural e turístico, como demostra a súa crecente participación. A capacidade de atracción do Culturgal cara empresas e público abríu ademais o camiño do patrocinio privado nos últimos anos da Feira.

E desde a pasada edición os públicos da Feira, ademais de ser leiv motiv da mesma, pasaron a constituírse como importante motor no económico. Culturgal 2015 mantén os mesmos prezos populares nas entradas e bonos de acceso ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Axilizarase a circulación na Feira, ampliaranse espazos de alta demanda e, traballaremos para mellorar a experiencia persoal dos diferentes públicos que visitan Culturgal. Tamén nas redes, atendendo ás consultas, ás suxestións (si, haberá gardarropupa) e convidando a participar nun novo Premio do Público Culturgal. En 2015 a Feira quere reafirmarse na inclusión, potenciando as visitas grupais, tamén en lingua de signos, estendendo e promovendo un chisco máis o contacto das diferentes audiencias da cultura co sector.

Se no 2013 apelábamos á corresponsabilidade, no 2014 falamos de construirmos xuntos a feira, neste 2015 temos a impresión de ter conseguido, coa complicidade de todos, un modelo de xestión sostible e de futuro. A participación económica estable e compensada nun 60 % de achegas públicas e un 40% de achegas privadas, fan que o maior escaparate para a cultura galega teña un futuro compartido colectivamente.

Por iso queremos convidarte a presumir do Culturgal neste 2015.

Page 5: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 5

CANDO E ONDECulturgalFeiradasIndustriasCulturaisPazo da Cultura, Rúa Alexandre Bóveda s/n36005 Pontevedra986 833 061 www.pazodacultura.orgHorario: 4 e 5 de decembro 11h a 21hDomingo 6 de decembro de 11h a 20hEntrada: 2 euros (1 día) 3 euros (3 días)Menores 12 anos: 1 euro (1 día) 2 euros (3 días)Menores 3 anos gratisAFeiranonpechaamediodía

O Pazo da Cultura atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto desde Vigo como desde Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á estrada PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. Encontraredes entón o Pazo da Cultura.

EnbusOs autocares da empresa Monbus chegan a Pontevedra desde distintos puntos de Galicia. Podes consultar horarios e frecuencias na webwww.monbus.esou chamar ao teléfono de atención ao viaxeiro desta compañía 902 292 900.

EntrenO tren é o medio ideal para achegarse a Pontevedra desde cidades próximas como Vigo, pero tamén desde A Coruña, Santiago ou Vilagarcía. Podes consultar horarios e frecuencias en www.renfe.es ou chamar ao teléfono de información ao viaxeiro da compañía ferroviaria: 902 320 320 ou ao de venda por internet 902 109 420.

NacidadePontevedra é unha cidade para camiñar, sen grandes costas e cunha ampla área urbana peonalizada. Tamén é un pracer percorrela en bici, pola súa orografía e pola promoción que se fai do seu uso neste concello http://www.pontevedra.eu/bici/. Pero entendemos que podes ter cansanzo, problemas de mobilidade ou simplemente dispor de pouco tempo. Nese caso debes saber que Pontevedra conta cunha rede de autobuses urbanos que opera a empresa Grupo As Rías www.grupoasrias.com e que as liñas 2 e 5 van deixarte preto do Pazo da Cultura. Se precisas un taxi podes chamar ao 986 868 585.

Page 6: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 6

PRESUME DE CULTURGAL

Presume de Culturgal. Ese é o lema da oitava edición de Culturgal Feira das Industrias Culturais, que se celebra os días 4, 5 e 6 de decembro de 2015. «Unha Feira que é de todos, artistas, empresas e públicos, e que avanza na súa sostibilidade equilibrando o patrocinio público e o privado», sinala Manuel Bragado, presidente de Culturgal.

«Hai público familiar, hai público interesado en propostas concretas da programación, hai público profesional, etc. Hai tempo que sabemos que non nos diriximos a unha audiencia acotada». Para o presidente de Culturgal o papel do público e a súa resposta ante a introdución da entrada de pago na edición 2014 é síntoma do futuro da Feira. En 2015 mantéñense os prezos populares de acceso: 2 euros entrada persoas adultas e 1 euros para menores de 12 anos. Os menores de 3 anos non pagan.

O equipo organizativo ten un compromiso grande con manter altos estándares de calidade e seguridade tanto na programación como no deseño espacial da Feira. A aportación financieira privada para a realización da Feira supón xa o 35% dos ingresos globais e o público está a converterse nun sostén principal para Culturgal.

HosteleríaerestauraciónTanto desde a concellería de Promoción da Cidade do concello de Pontevedra como desde a organización da Feira ven Culturgal como uha oportunidade para que público de toda Galicia goce dunha estadía na cidade e contorna máis alá da visita a Culturgal. Unha experiencia que aúne turismo e cultura. Así sete hoteis de diferentes categorías ofrecen tarifas especiais a aquelas reservas do público, expositores e participantes no Culturgal 2015.

Page 7: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 7

Máis de trinta establecementos colaborarán coa Feira ofrecendo un desconto dun 10% a aquelas persoas que porten a pulseira de acceso a Culturgal. A relación de locais estará publicitada na web e nas redes sociais da Feira así como no propio Pazo da Cultura durante os días da Feira. Bares e restaurantes colaboradores lucirán un distintivo anunciando o desconto Culturgal

ArteearquitecturaCulturgal quere continuar coa liña emprendida en 2014 ao programar unha gran mostra de arte contemporánea coincidindo coa Feira das Industrias Culturais. Se na pasada edición foi o libro de artista, en 2015 as simbioses entre arte e arquitectura centran a proposta dos comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Museo de Pontevedra. Vinte e dous artistas e arquitectos participan na mostra que se inaugura o 4 de decembro, ao tempo que o Culturgal, e estará aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra até o 10 de xaneiro.

Se é o arquitecto un artista é unha das cuestión que formulan os comisarios Paula Cabaleiro e Antón Sobral en na mostra Somos espazo: simbioses entre arte e arquitectura. «Aínda que arte e arquitectura sempre discorreron preto ao longo dos séculos, a problemática da función sempre supuxo unha incisión nesta relación ambigua. Coa entrada no século XX, esta

brecha foise volvendo cada vez máis sinuosa e moitos eran os arquitectos que deseñaban unhas estruturas que bebían das formas escultóricas e incluso perdían a supeditación a unha función concreta», sinalan.

PremiodoPúblicoRecoñecer un proxecto cultural destacado no ámbito social a través da participación popular é a finalidade do Premio do Público Culturgal. O galardón, instituído en 2013 pola asociación Culturgal, conta con tres candidaturas finalistas para 2015: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Curtocircuíto-Festival Internacional de Cine e Sinsalaudio. Serán os internautas co seu voto os que resolvan que proxecto merece este premio, que será entregado o domingo 6 de decembro no transcurso da Feira nun acto festivo. O periodo de votacións remata o 21 de novembro.

_______

Culturgal conta co patrocinio de Agadic. Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra.

Page 8: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 8

ENTIDADES E STANDS

En 2015 Culturgal conta con 81 stands, un 25% máis que os stands instalados na pasada edición da Feira das Industrias Culturais.

O prazo de reserva de stands abríuse o 16 de xuño de 2015, con descontos para empresas asociadas a Culturgal e para aquelas entidades que alugaran o espazo antes do remate do agosto. Desde as primeiras semanas, a resposta foi extraordinaria na primeira edición na que os expositores puideron escoller onde situarse. O prazo de reserva remataba 31 de outubro pero a organización da Feira tivo que pechalo antes xa que se esgotou o espazo ofertado.

A listaxe de stands reflicte, por unha banda, o alto grao de fidelidade á Feira por parte de empresas asentadas no país e, por outra, a incorporación de novos proxectos que ven nesta cita un escaparate idóneo para presentarse e comercializar o seu traballo. Ademais da presenza dos principais patrocinadores do Culturgal, Xunta a través da Agadic e Concello de Pontevedra, que acostuman montar stands cun deseño espectacular, destaca a importante presenza do sector libro, a progresiva incorporación da artesanía desde o pasado ano e a revitalización que está a experimentar o mundo do teatro.

Así mesmo, outro dos patrocinadores, a Deputación de Pontevedra, acude ao

Culturgal cun stand nos que os concellos da provincia mostrarán as súas iniciativas culturais. Tamén estará no recinto feiral a Deputación da Coruña. Ademais no Culturgal 2015 haberá concellos con stand propio: ademais de Pontevedra, Santiago de Compostela e Redondela. O cooperativismo cultural tamén terá espazo propio na Feira a través do Consello Galego de Cooperativas.

A Mesa pola Normalización LingüísticaApiarioAporía EscénicaAreladefe e Idoia CuestaAsociación CulturgalAsociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI)Asociación de Medios en GalegoAsociación Punto.galAtravés EditoraBarafunda TeatroBocAbertaBrazolindaCestola na Cachola CooperativaCinema SticadoCompostela CulturaConcello de PontevedraConcello de RedondelaConsello Galego de CooperativasConsorcio Editorial GalegoCopias de Autor

Page 9: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 9

CucuduchoCulturaqueune.comCundeDAG (Asociación Galega de Deseñadores)Deputación da CoruñaDeputación de PontevedraEdicións do CumioEdicións EmboraEditorial GalaxiaEducateatro ProduciónsElena FerroEscena GalegaEsmerarteEspazo Lector NobelFabulatorioFol MúsicaGaliestampaIbuprofeno TeatroImplicadas no Desenvolvemento / Asociación Minho ReggaeInquedanzas SonorasIrmás CartonéKalandraka EditoraLata de SalLibrarías Lila de Lilth e CirandaLibrarías Paz e SeijasLibraría PedreiraMarta ArmadaMiudiño Sociedade Cooperativa GalegaMontse Betanzos

MusicarteObradoiro CharamuscaObservatorio dos Medios GalegosO Mago PacoOs da RíaOuvirmosOZOCOgz DeseñoPatasdepeixePecados de CompostelaPeter´s RoomProducións DispersasPXCulturalRei ZentoloRinoceronte Editora / Sushi BooksSabiduriusSacauntos Cooperativa GráficaSamuel Levi y los niños perdidosSanin InstrumentosSermos GalizaTalía TeatroTelevisión de GaliciaTrespés CooperativaUrco EditoraXeraisXunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria / Agadic

Page 10: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 10

ACTIVIDADES CULTURGAL

Case 150 actividades conforman o programa de actividades Culturgal 2015 alimentándoo de música, libros, cine, teatro, tecnoloxía. E tamén de encontros, conversas e debates. Como é marca da Feira, o público infantil e familiar ten un menú amplísimo para gozar de novos espectáculos e lanzamentos. Isto compleméntase cos espazos dedicados á Bebeteca e zona de xogos. A Carpa do Culturgal volve a acoller pop, folk, baile, jazz, etc, e o mundo editorial cítase na Feira para presentar aos lectores as novidades en libros, cun recuncho este ano dedicado ao ebook.

As artes escénicas e a súa vitalidade están reflectidas nun programa que reserva no seu apartado profesional o encontro de Escena Galega como aglutinadora das compañías do país. Un programa profesional que tamén supón o encontro entre a edición e o sector audiovisual da man da Agapi co proxecto «Firma e filme». Máis audiovisual con proxeccións do novo cine galego, coloquios e o maratón de webseries do sábado pola tarde.

Moitas e variadas propostas no programa do Foro, no que destacan as iniciativas culturais dos concellos que serán presentadas na Feira. Emisión en directo de programas radiofónicos, moita programación propia nos stands e, polo tanto, sorpresas. Todo isto ten cabida no programa do Culturgal 2015, enriquecido con dúas grandes exposicións. «Somos espazo», comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, e coa participación de 22 artistas e arquitectos, e a mostra ao redor de Spirou promovida pola editorial Dibbuks coa contribución de artistas locais.

Page 11: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 11

Programainfantilefamiliar

VENRES 4 DECEMBRO

11:30.Contacontos do Polbo Octavio.CSICGalicia.EspazoInfantil.Cos seus ocorrentes diálogos e seguindo o fío argumental e as ilustracións do conto de Francesca Chessa publicado por OQO Editora, os participantes aprenderán sobre a ecoloxía dos cefalópodos. Coa científica Luisa Martínez e varios monicreques. Actividade concertada con centros escolares.

11:30. Encontro con Pere Tobaruela e Andrés Meixide,autoresdeFormig4s.Xerais.EspazoForo. Encontro autores da serie FORMIG4S (Formig4s. Misión París, Formig4s. Misión Nova York e Formig4s. Misión Barcelona) Idade recomendada: 10-12 anos. Actividade concertada con centros escolares.

12:00.Rosa Caramelo.TalíaTeatro.EspazoCarpa.Unha montaxe para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Paula Carballeira é a encargada de dirixir e darlle forma a esta nova aventura, desde o punto de vista da igualdade, que Artur Trillo protagoniza acompañado en escena polo músico Fernando Fraga, un virtuoso do acordeón. Achegamento a catro historias da

autora italiana Adela Turín, publicadas pola editorial Kalandraka. Actividade concertada con centros escolares.

12:45.EncontroconLediciaCostas,autorade Escarlatina, a cociñeira defunta.Xerais.EspazoInfantil. Un libro que obtivo o Premio Merlín en 2014 e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. Unha aventura, con mortos e vivos, e cun receitario de medo, con proposta doadas, divertidas e terroríficas. Co ilustrador Víctor Rivas. Actividade concertada con centros escolares. Idade: 11-12 anos.

12:45.Sopa de estrelas.UrcoEditora.EspazoForo.Unha presentación moi especial do poemario Sopa de estrelas de Berta Cáccamo e Pepe Cáccamo, xa que serán nenas e nenos lectores os que reciten os versos do libro. Actividade concertada con centros escolares

18:00.De troula en troula.Aillad@[email protected] ocasión o Mago Paco sorpréndenos coa súa última aventura. Unha viaxe pola Galicia máis festeira, acompañado duns músicos un tanto peculiares. Co mago Francisco Otero, o gaiteiro Felipe Rea e o acordeonista Cristian Salgado.

18:30.O abecedario.AMesapolaNormalizaciónLingüística.EspazoInfantil.Un proxecto para incrementar o uso do galego na educacióninfantil. Un libro con ilustracións de Óscar Villán por cada letra do abecedario acompañado dunha lámina e un

Page 12: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 12

actividario. Participan Magín Blanco, músico, e Mónica Pazos, relatora.

18:30.Teño uns pés perfectosdeMaríaSolar.KalandrakaEditora.EspazoForo. Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia preparar moitos e moi sesudos temas, non foi quen de imaxinar que tería que enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. A actriz e narradora Beatriz Campos entrevistará a autora.

20:30.O esquío rampante.EdiciónsdoCumio.EspazoInfantil. Unha árbore enferma é o punto de arranque desta historia dirixida ao público infantil e familiar. Enrique Mauricio na dramatización e Carlos Taboada na ilustración fan un espectáculo de contacontos con ilustracións en tempo real.

SÁBADO 5 DECEMBRO

11:00.Sábadocientífico.CSICGalicia.EspazoInfantil.Unha sesión matutina dobre do CSIC Galicia con propostas de diversión «científica»: Punto Científico Especial «Ciencia á Feira», mini-obradoiros ao redor da neurociencia, matemáticas, astronomía, física, ciencias do mar, etc.

11:30. De aqui para aláconLydiaBotana.EdiciónsdoCumio.EspazoCarpa.A presentación musical do libro disco do mesmo título que nos leva de viaxe ao redor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, Balcáns, os Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir. Buscando e descubrindo sons.

12:30.A Gramola Gominola.UnconcertodeSonárbore.EspazoCarpa. Un traballo impecable e novidoso no que se fai un completo repaso a un amplo abano de estilos musicais. Desde o rock ao reggae, pasando polo blues, o ska, o heavy metal ou mesmo o punk. Paco Cerdeira, guitarra, Anxelo de Xermar, baixo, Ro Muñoz, batería e Paula Romero, voz.

16:30.Iváneolobogris.Musicarte.EspazoCarpa. Iván, o noso protagonista, terá que cumprir unha perigosa misión na que deberá ter éxito se quere conservar a súa cabeza. Deberá atopar ao misterioso ladrón que rouba as ricas mazás do Rei Otón. Con Alma Cendán e Loreto Pérez, piano, voces e musicreques.

17:00. Os fíos do quererconCéOrquestraPantasma.MiudiñoCooperativa.EspazoInfantil.Un espectáculo para os máis

Page 13: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 13

pequenos que se divide en dúas partes: concerto e festa a cargo de Cé Orquestra Pantasma e despois momento de exploración musical con obxectos naturais. Especialmente dirixido a nenas e nenos entre 0 e 3 anos e mamás e papás.

17:30.Zaragallada.MigallasTeatro.«Zaragallada» é o terceiro disco de Migallas Teatro. Como o seu nome indica «Zaragallada» (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc.

18:00.PresentacióndoSalóndoLibroInfantileXuvenildePontevedra.EspazoLibro.O Concello de Pontevedra presenta no Culturgal a próxima edición do seu exitoso Salón do Libro, que se celebra anualmente entre febreiro e marzo no Pazo da Cultura e que en 2016 chegará á súa edición número dezasete.

18:30.O souto dos prodixios.ProduciónsDispersas.EspazoInfantil.«O Souto dos Prodixios» é un libro baseado no último espectáculo da compañía, da autoría de Diego Freire. O libro foi financiado pola compañía e grazas á axuda do mecenado de case 140 persoas que colaboraron na campaña de crowdfunding levada a cabo na plataforma Verkami.

19:30.A tropa trapalleira. Pequena trapallada e algunha que outra batalla.BocAberta.EspazoInfantil.Un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar

sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias. Un catálogo de trapalladas bélicas que, a través do humor, pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos. Coas actrices Beatriz Méndez e Carla Capeáns e o actor Roi Méndez.

19:30.EscoladoRock.CámaraMunicipaldeParedesdeCoura(Portugal).EspazoForo.A «Escola do Rock» é unha iniciativa do municipio de Paredes de Coura. O proxecto, coa dirección artística do Space Ensemble, permite a rapazas e rapaces a partir de 14 anos procedentes de todo o país, desenvolver competencias musicais e creativas, en especial na área da música rock

20:30.Non toques os meus círculos.ArtelloTeatro.EspazoInfantil.Segundo a lenda, «Non toques os meus círculos» foron as últimas palabras do sabio Arquímedes de Siracusa. Hai uns meses que o protagonista foi despedido do seu traballo na universidade e agora reinvéntase. Se a xente non vai á física, a física terá que ir á xente. Co actor Santiago Montenegro. Recomendado a partir de 10 anos.

Page 14: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 14

DOMINGO 6 DECEMBRO

11:30.O capitán Garfo.Culturactiva.EspazoInfantil.Aogusto Loureiro pensa que é o mellor cociñeiro do mundoenteiro, pero o certo é que a cociña non é o seu prato forte. Por sorte, un impulso máxico fará aparecer o Capitán Garfo, un superheroe que vén cargado das mellores receitas musicais. Co actor Saul Cacharrón.

12:00.Canta o cuco, Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María.UnconcertodeSonárbore. Auditorio. Novidade editorial e musical da man de Uxía e Magín Blanco, dous artistas de recoñecido prestixio no panorama musical infantil, que nesta obra unen o seu traballo para render unha homenaxe a Manuel María, a quen se lle dedicará o Día das Letras do ano 2016. No acompañamento musical, figuras de excepción como Guille Fernández e Santi Cribeiro, antigos compoñentes de Berrogüetto. Espectáculo de pago.

12:30.Papiroflexias.O asteroide de papel!ConNelsonQuinteiro.EspazoInfantil.Espectáculo infantil de teatro danza para nenas e nenos de 4 a 10 anos inspirado no «Principiño» de Antonie Saint de Exùpery arredor do papel, a historia do papel, papiroflexia e consciencia ecolóxica. Con Nelson Quinteiro e Ademar Silvoso.

13:30.Fóra da casa.ConservatorioProfesionaldeDanzadaDeputacióndaCoruña.EspazoInfantil.En 2015 Culturgal conta cunha representación de danza contemporánea realizada por mozas e mozos de entre 14 e 16 anos, alumnos do

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación Provincial da Coruña.

16:30.Un conto ao revés.UnconcertodeSonárbore.EspazoCarpa.Un álbum, da man da formación Chuches Amil, ateigado de ritmo e rock’n’roll, que fará as delicias de nenos e maiores. Capitanea esta banda Fran Amil, todo un histórico do panorama musical galego. Con Ricardo Casas, Álex Bardanca e Miguel Paz.

17:00.A Carapuchiña Vermella.EducateatroProducións.EspazoInfantil.Presentación da obra de teatro musical ‘A Carapuchiña Vermella’. Certo día, a nai de Carapuchiña encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo. Reparto: Rocío Salgado, Paulo Medal, Mariña Río e Susana Martínez.

17:30.Mamá Cabra presenta A bruxa Discordia.UnconcertodeSonárbore.EspazoCarpa.Concerto de presentación da música do libro-disco A bruxa Discordia, do grupo Mamá Cabra. Trátase dunha das incorporacións que pasarán a formar parte antes do Nadal de 2015 da gran familia Sonárbore. Neste caso, un libro disco de homenaxe á paz.

18:00.BaleadeFedericoFernándezeGermánGonzález.KalandrakaEditora.EspazoInfantil.Os afamados enxeñeiros Fernández & González presentan un novo

Page 15: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 15

sistema residencial e de transporte marítimo que revolucionará a navegación. E como primicia, poderemos observar o que ocorre no seu interior. Balea: a mellor forma de viaxar polo fondo do mar! Participan os autores deste libro despregable.

18:30.Caer de cú polo Universo.Contacontoseilustraciónenvivo.Apiario.EspazoInfantil.A última novedade editorial de Apiario sairá á venda en decembro; un álbum infantil centrado no universo, nas constelacións e na poesía. A autora Estíbaliz Espinosa fará no Culturgal unha sesión de contacontos, con efectos de son e ilustración en directo con Lucía Cobo.

19:30.Traca-Traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo.EdiciónsdoCumio.EspazoInfantil. Presentación do disco coa participación do autor, Paco Rivas, e parte dos músicos que colaboran nel: como Najla Shami, Miro Casabella, Antón Castro (Tundal), Maruxa, Tereixa e Carme (Fuxan os ventos), Lydia Botana, Seso Durán, Montse Ogando e Víctor A. Castro.

Xogandomiudiño(xogosexoguetestradicionais).MiudiñoCooperativa.Unha zona dentro da Feira na que gozar e xogar con trebellos e xogos de toda a vida. Brinquedos sonoros, xogos de movemento, de forza, de desprazamento, obradoiros e actividades para completar a experiencia Culturgal das pequenas e pequenos.

Bebeteca:Obosquedossentidos.AsociaciónPaspallás.Un espazo multisensorial para bebés estruturado e deseñado para as diferentes etapas dos

dous primeiros anos de vida, que tamén dá a benvida aos «maiores» de 2 a 4 anos. Un recuncho temático onde as familias poidan facer unha pausa e gozar dun tempo de distensión e descubrimento a través do tacto, vista, son e texturas.

Page 16: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 16

ProgramaForo

VENRES 4 DECEMBRO

19:00.PresentaciónunidadedidácticaEstampasdeCastelao.DeputacióndePontevedra.Coincidindo coa celebración do Ano Castelao e coa conmemoración do centenario da chegada do autor a Pontevedra, previstos para 2016, a deputación de Pontevedra edita una unidade didáctica baseada nas estampas de Castelao. O obxectivo, achegar a súa obra aos centros educativos. Os autores son Diana Vilas e Óscar Rodríguez. Participa tamén o deputado Xosé Leal.

19:30.ParqueArqueolóxicodaArteRupestredeCampoLameiro.ConcellodeCampoLameiro.Unha viaxe no tempo a través da súa paisaxe prehistórica e das misteriosas imaxes gravadas na pedra, que desafiantes, faranche vivir unha experiencia única. Con César Abella e José Manuel Rey, xerente e director do Parque respectivamente.

20:00.RelatoriosObservatoriodosMediosGalegos. A guionista Diana López Varela aborda o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación mentres que os xornalistas Primitivo Carbajo e Xosé Manuel Albán, presidente da Asociación Observatorio dos Medios Galegos, tratan a censura e a precarización. Presenta Carmen Peña.

SÁBADO 5 DECEMBRO

11:15.DomingoFontán.ConcellodePortas.O concello de Portas difunde a figura de Domingo Fontán, matemático, político e topógrafo, así como os actos vinculados a este persoeiro. Co relator José Braulio Mondragón.

11:45.Orecunchodoebook.No Culturgal 2015 dedicamos un espazo ao libro electrónico galego coa participación de varias editoriais: Baia, Galaxia, Xerais e Laiovento. Ademais a Deputación da Coruña presenta o seu catálogo de libro electrónico.

13:00.CiclodeMúsicaRelixiosadeSanMartiñodeBarciadeMera.ConcellodoCovelo.Ademais de presentar este ciclo, un avance do que será vindeira edición dun festival que ten lugar nun espazo extraordinario. Con Nieves García-Soto, directora artística, e o párroco Rafael Antela.

13:30.PresentacióndosespeciaisdaRevistaLuzessobrepolíticaecultura.Participan na presentación dos dous monográficos os directores da publicación Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

16:15.Os modos do mármore + 3 poemasdeOndjaki.AtravésEditora.Presentación do poemario dun dos escritores máis recoñecidos de Angola, premio Jose Saramago 2013 para autores menores de 35 anos.

17:00.Impresión3Deculturadixital.Brinka3D.Conferencia de introdución á

Page 17: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 17

impresión 3D: partindo da definición dos conceptos básicos e a evolución dos distintos sistemas desta tecnoloxía, pasando pola filosofía de código aberto do proxecto RepRap, para chegar a desenvolver as numerosas aplicacións que ten hoxe en día a impresión 3D relacionadas coa cultura (artesanía, educación, patrimonio, moda, música, gastronomía, etc.) e as que aínda están por chegar. Con Enrique Otero Neira.

17:30.PresentaciónprogramaderesidenciasdoTeatroColón.DeputacióndaCoruña.Os integrantes de Caramuxo Teatro presentarán o novo espectáuculo que se estreará en xaneiro de 2016 no Teatro Colón da Coruña, despois dunha residencia técnica. A continuación o coreógrafo e investigador Javier Martín expoñerá o seu proceso de traballo na residencia de investigación que está a levar a cabo no teatro

18:00.PresentaciónDVD/CD«CaxadeeBandadeMúsicadeBandeira».O músico Alonso Caxade preséntanos os contidos do DVD/CD gravado ao vivo na edición 2014 do Culturgal no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

18:30. Creacióndecontidoparayoutube.ConJairoChico.Un achegamento á creación de contidos para youtube e como esta canle pode mellorar a imaxe e posicionamento de empresas e marcas.

19:00.RecitalpoéticoA boca da terrade

ManuelRivas.Xerais.Poesía de natureza insurxente, ofrecida ao público con recitado do autor. A natureza fala, berra ou xura.

20:00.FestivalInternacionaldeCurtasdeBueu.ConcellodeBueu.Un achegamento a este festival coa proxección da curta gañadora en 2015: Unary, dirixida por Luis Avilés e protagonizada por Morris. Con Manuel Pena, director do festival.

20:30.PresentacióndeBoom!Film&Comic2016.BlackHouseEntertainment.En 2015 celebrouse en Vigo a primeira edición dun festival dedicado á ciencia-ficción, series de tv, banda deseñada, zombies e videoxogos. Jesús Ari, director do festival, fai balance e presenta as novedades da edición 2016.

Page 18: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 18

DOMINGO 6 DECEMBRO

11:30.PresentaciónproxectoCostadosCastros.ConcellodeOia.A unión de varios entes do concello de Oia para poñer en común distintas iniciativas que se estaban levando a cabo por separado. O obxectivo principal é a dinamización turística da contorna. Coa participación da alcaldesa Rosa Otero e o coordinador do proxecto Xosé Gago.

12:00.Culturaqueune2016.FundaciónVicenteRisco.Cultura que une ten como obxectivo articular accións e intervencións socio-culturais de base, creando unha rede que fomente a colaboración Galicia-Norte de Portugal. Presentación dos actos previstos en 2016.

12:30.Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación.Xerais.Tras as grandes marcas comerciais están os grupos financieiros.Con debate no que participan o autor do libro Xavier Navaza e Manuel Bragado.

13:00.XornadasdaFundaciónManoloPaz.ConcellodeCambados.Presentación da proxección educativa, artística e turística da fundación dedicada ao escultor, que estará presente no acto xunto ao técnico de cultura José Luis Vaamonde.

13:30.«Segueosvikingos.FollowtheVikings».ConcellodeCatoira.O Concello de Catoira, xunto con outras 14 entidades

de países europeos, está desenvolvendo un programa de catro anos de duración, orientado a difundir e poñer en valor o patrimonio e o legado viquingo. Coa técnica Elisa Castiñeiras e a redactora do proxecto do Centro de Interpretación Torres do Oeste, Andrea Serodio.

14:00.LacóncongreloseCastrodeCastrolandín.ConcellodeCuntis.Preséntase a feira gastronómica do Lacón con grelo,declarada de interese turístico desde 2010 e o xacemento castrexo de referencia de Castro de Castrolandín. Co concelleiro de Cultura José Enrique Portela.

16:30.FaladoirodaAsociaciónGalegadeProfesionaisdaTraducióneInterpretación(AGPTI):«Atraducióneinterpretaciónnasindustriasculturais».

17:00.PresentacióndacomediaLuci(TVG).PortocaboTV.«Luci» é una comedia en emisión na TVG. Os seus artífices presentan o percorrido da serie, a experiencia da rodaxe e o traballo en escenarios naturais. Coa participación da actriz Nuncy Valcárcel, o creador da serie Pepe Coira e o produtor executivo Alfonso Blanco.

17:30.EntregaPremiodoPúblicoCulturgal2015

18:00.Presentacióndemerchanpunto.gal.ReiZentolo.Coñecedes a liña de productos e merchan de Rei Zentolo con dominio .gal?

Page 19: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 19

Participan o deseñador Pablo Zentolo e Edita de Lorenzo, da xunta directiva da Asociación Punto.Gal.

18:15.IniciativasdoAnoManuelMaría.FundaciónManuelMaría.Presentación das iniciativas e materiais editados para a celebración do Ano de Manuel María por parte da Fundación depositaria do seu legado. Con Saleta Goy e Alberte Ansede, presidenta e secretario da Fundación respectivamente.

18:45.Fóradelugar.Offmuseum.Offmuseum é unha empresa creativa do sector cultural que deseña servizos e productos culturais educativos e turísticos para comunidades, territorios e entidades. Con Desirée Vidal Juncal.

19:15.PresentacióndeNovosCinemas.FestivalInternacionaldeCinedePontevedra.Un novo festival presentado polos seus directores e cunha edición 0, una edición de avance, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de decembro, co apoio do concello de Pontevedra. Con Daniel Froiz, Suso Novás e Ángel Santos.

19:30.LecturadeA música dos seres vivosdeMaríaReimóndez.Xerais.Unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Coa participación musical de Mercedes Peón.

Page 20: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 20

ProgramaLibro

VENRES 4 DECEMBRO

12:00.ActooficialdeaperturadoCulturgal2015.

17:30.PresentaciónInstitutoCamöes.

18:15.PresentacióndeOstráciadeTeresaMoureeSeique deSusanaArins.AtravésEditora.Encontro co público coa participación das autoras. Política, historia e ficción nos dous novos lanzamentos.

19:00.ConversaaoredordolibrocolectivoTempos chegados? Sobre o futuro político de Galicia.Galaxia.Un debate moderado por Víctor F. Freixanes ao redor desta obra publicada en 2015 coa participación de Xavier Vence, Justo Beramendi e Joám Evans, tres dos autores do volumen.

19:30.PresentacióndoespectáculoRaclette.IbuprofenoTeatroeXerais.Lectura dramatizada con Santi Cortegoso, autor e director da peza Premio Álvaro Cunqueiro 2014, e parte do elenco:Salvador del Rio, Iria Sobrado, Marián Bañobre, Vicki Teijeiro e Toni Salgado. En colaboración con Xerais, que edita a obra.

20:00.ConversaconFranciscoPérezLorenzo,autordeCabalos e lobos,eLedicia

Costas,autoradeUn animal chamado néboa.ConduceoxornalistaRamónRozas.Xerais.

20:30h.ConversaconAntónRiveiroCoello,autordeOs elefantes de Sokúrov.ConduceoxornalistaRamónRozas.Galaxia

SÁBADO 5 DECEMBRO

11:45.Circuítosteatrais.ConcellodeMoaña.Coa participación do actor e director Celso Parada.

12:15.PresentaciónrevistaculturalAPedreira.ConcellodeALama. Con Cristina Villaverde Ruibal, coordinadora do proxecto, e Patricia Domínguez Rodríguez.

12:45.PresentaciónRomaría de historias.XoséNeiraVilas.Galaxia.A última novela, ambientada nos anos cincuenta, dun dos nos escritores máis recoñecidos. Co autor e Víctor F. Freixanes.

13:15.RecitaleconversaconMaríadoCebreiroeGonzaloHermo.Apiario.Dúas voces que publican en 2015 co selo Apiario. O deserto, de María do Ceberiro, ve a luz a fin de ano. Celebración de Gonzalo Hermo xa é Premio Nacional de Poesía Joven 2015.

16:45.Mesaredonda:literaturadefantasíaengalego.UrcoEditora.Un encontró ao

Page 21: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 21

redor da literatura fantástica, con títulos relevantes no panorama galego e cunha editorial, Urco, especializada no xénero en auxe. Con Sabela González, autora de As crónicas de Ladereina, o editor David Cortizo Conde.

17:30.RecitalpoéticodeIsaacXubíncopoemarioTempo de exiliodeJosebaSarrionandia.Kalandraka.O tradutor Isaac Xubín recitará versos -en galego e éuscaro- desta primeira antoloxía poética de Sarrionandia, coa que gañou o I Premio Etxepare-Laboral Kutxa de Tradución. Con Luis Rei Núñez, director da colección Tampo, e Paz Castro pola editorial.

18:00.PresentaciónSalóndoLibroInfantileXuvenildePontevedra. O Concello de Pontevedra presenta no Culturgal a próxima edición do seu exitoso Salón do Libro, que se celebra anualmente entre febreiro e marzo no Pazo da Cultura e que en 2016 chegará á súa edición número dezasete.

18:30.PresentacióndeHistoria de GaliciadeDavidPérez.EdiciónsdoCumio.Unha historia de Galicia que chega até o presente, dirixida ao gran público e engade información xeolóxica e biolóxica. Co autor e o editor Cándido Meixide.

19:00.Presentacióndaaxendafeminista2016.»Elasnaciencia».LiladeLilitheObservatoriodaMariñapolaIgualdade.A cuarta axenda feminista está feita polo

Observatorio da Mariña para a igualdade. Esta edición centrada nas mulleres científicas galegas. Con Inés García, coautora da axenda.

19:30ConversaconMarcosCalveiro,autordeFontán(PremiodeNarrativaBreveRepsol)ManuelPortas,autordeLourenço, xograr(PremioGarcíaBarros)eArantzaPortabales,PremiodeNovelaporEntregasdeLaVozconSobrevivindo. ConduceaxornalistaTinoSantiago.Galaxia

20:15.ConversaconÉricaEsmorís,autorade Nena e o mar(PremioMerlín),AndreaMaceiras,autoradeEuropa Express(PremioJulesVerne)eHéctorCajaraville,autordeDe remate(PremioXerais).ConduceoxornalistaTinoSantiago.Xerais.

Page 22: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 22

DOMINGO 6 DECEMBRO

12:00.Bailarete:autoedicióndolibroilustrado.Bailarete é unha plataforma editorial, unha ferramenta para darlles a oportunidade a moitas autoras e autores de autoeditar, cofinanciar ou patrocinar as súas obras. Ademais, tamén pretende ser un espazo de encontro entre escritores, ilustradores, músicos, mecenas etc. Con Rita Bugallo González, editora, Irene Silva, autora e ilustradora de O vento, e Rocío Pérez, autora de O Porviso do Patín.

12:30.Presentación«100anosdetraballoporGalicia».Galaxia.Unha conversa moderada por Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, coa que se renderá unha homenaxe aos autores que xogaron unha peza clave na nosa historia e literatura. Con Henrique Monteagudo e Xavier Martínez Cobas. Preséntanse as fotobiografías de Ramón Piñeiro, Xaime Isla e Ramón Otero Pedrayo.

13:00.PresentacióndeO frío azul.RamónCaride.UrcoEditora.Presentación da nova edición de O frío azul de Ramón Caride revisada polo autor e con novo material engadido. Maxia, misterio e intriga. Co autor e o editor Tomás González Ahola.

13:30.Presentaciónlibro+web. Pito Galego. Método prácticodeMoisésQuintas. Ourvirmos.O autor presenta o libro e o portal web pitogalego.gal e ofrece unha pequena demonstración práctica das posibilidades musicais do instrumento.

16:45.PresentacióndeUn cesto de mazáseDo gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra.ConcellodePontevedra. Presentación do libro Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu, de Montse Fajardo, e da obra colectiva Do gris ao violeta. Ambas publicacións forman parte do proxecto municipal «A memoria das mulleres». Co xornalista Adrián Rodríguez.

17:30.PresentacióndolibrodebandadeseñadaSTRPTS.CinemaSticado.Achegamento ao universo do colectivo Cinema Sticado e ao seu espectáculo de cinema ao vivo, así como o libro de banda deseñada como expansión do espectáculo. Con Xosel Díez, autor, e Xabi Varela, debuxante.

18:00.PresentacióndeO Piloto, o último guerrilleirodeAfonsoEiré.HérculesdeEdiciones.Xosé Luís Castro Veiga, coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en

Page 23: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 23

combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida. Con Afonso Eiré.

19:00.EncontrodeNovelaNegra.Xerais.Conducido pola xornalista Montse Dopico, o encontro conta coa participación de Hector Carré, Antonio Tizón, Diego Ameixeiras e Xaquín Fernández Leiceaga.

Page 24: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 24

ProgramaMúsicanaCarpa

VENRES 4 DECEMBRO

18:45.Malostempos.JavierPrado.InquedanzasSonoras. Malos Tempos é o primeiro disco do proxecto en solitario de Javier Prado. Unha incursión no blues en galego, con temas propios e tamén con poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de autoras contemporáneas como a escritora galega Cristina Corral.

19:30.Concertoacegas.SamuelLeviylosniñosperdidos.Abstraerse do que nos rodea e escoitar. O público poderá optar por tapar os ollos con máscaras durante a actuación. Un concerto experiencia da man do músico de Vigo.

20:30.Presentaciónde«Alúaprendeualuz»dePuntadasenfío. O primeiro disco de Puntada sen fío pezas de tradición e de autor con arranxos de tres grandes músicos como Roberto Somoza, Pedro Lamas e Adrián Saavedra. No escenario: Xiana Lastra, cantante, Juan Collazo, percusión e Roberto Rama, saxo.

SÁBADO 5 DECEMBRO

13:30.PresentacióndiscodeOsModernos. Primeira gravación discográfica para o grupo composto por Iria Pinheiro, cantante e actriz,Alonso Caxade, Paco Nogueiras, Xosé Tuñas, Alberte Rodríguez, Joam Casas e Martín Nogueira

18:30.«Ego».CristianSilva.InquedanzasSonoras. Estrea discográfica con Cristian Silva, autor e músico e Adrián Solla. Convidados Xosé Piñeiro e Davide Salvado. Tamén participa Nuria Bouzas, diretora artística da curtametraxe que acompaña o lanzamento.

19:30.Sanjurjo&Dopico.«Cantaresdeopinión».CundeSociedadeCooperativaGalega.Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra) unen forzas neste novo proxecto acústico.

20:30.ConcertoBatemento.CeltycMusicSistem.ElectronicFolk.ConcellodeSalcedadeCaselas.Fusión de música tradicional e tecnoloxía. Músicas do mundo con Cristian Vázquez, Aitor Domínguez e Afonso Valdomero.

Page 25: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 25

DOMINGO 6 DECEMBRO

11:15.PresentaciónFestivalIntercélticodeMoaña.ConcellodeMoaña.Con música, así se presenta o festival.A cargo de músicos de Moaña, raiz e folk. Con Xavier Blanco, Anxo Lorenzo , Iván Costa e Salvador Meira

11:45.NewOrleansTrio.Musicarte.Unha proposta de swing/dixieland desde A Coruña con Manu Gómez, guitarra, Ruchy Baio, baixo e Joaquín Zuecos, batería.

12:30.CoroGalegoCántigasdaTerra.Voces, instrumentos, baile e teatro autóctonos. Unha paisaxe emocional e un traballo de recuperación cultural para un coro histórico, fundado en 1016 na Coruña.

13:30.Coanhadeira.Culturactiva.Folque con Marcos Saburido, batería, Xerardo Quintela, acordeón, Paula Conce, baixo, Samuel Soto, bouzoki, Óscar Freire, saxos, Patricia López, voz e Chechu Pérez, gaita, zanfona.

18:30.TatánChapeu. Un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca hai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxia na creación musical e arranxos varios. Unha dúcia de cancións escritas para contar historias.

19:30.Presentacióndodisco«TenDez».JavierMarcos. En formación de quinteto, o crooner de Vigo presenta o seu primeiro traballo en solitario. Con algúns dos

mellores músicos de jazz da contorna: Felipe Villar,guitarra, Rosolino Marinello, saxos e clarinete baixo, Max Gómez, batería, e José Manuel Díaz, contrabaixo.

Page 26: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 26

ProgramaAudiovisual

VENRES 4 DECEMBRO

16:30.Presentacióndocumental«DosGaiteirosdomar». Con Xurxo Souto, codirector, e Daniel González guionista, ademais dos protagonistas Manuel Sotelo, Manuel Martínez , Feliciano de Donon, Lito de Pintens e O Peix de Aldán. E actuación musical.

17:30hProxeccióndocumental«Entodasasmans».TrespésCooperativaGalega Coa participación de Alberte Román de TCG.

19:30.«TraballosedíasdeFranciscoLeiro.(SísifoConfuso)».Presentaciónetrailer. Avance fragmento do documental ‘Leiro en Nova Iorque’ Asisten: Aser Álvarez, dirección, e Mariana Romero, axudante de dirección e Francisco Leiro.

SÁBADO 5 DECEMBRO

16:00.3ºMaratóndewebseriesCulturgal

16:00h.PIB. Con Héctor Casas, coprodutor, guionista e protagonista, Alfonso Míguez,coprodutor, guionista e protagonista, e Alba María Gómez ‘’Niña Terror’’, directora de arte e xefa de vestiario.16.30.Gafasepallaso. Con Duarte Galbán Bravo xefe de produción e guionista,Perico González Balado, director e guionista, e Alexandre Fernández Pita, produtor e guionista.17:00.Elmétodosueco17:30.Haters. Con Miguel Barros, director, guionista e montador, Luis MiguelFernández, xefe de produción e Pedro Garza, axudante de produción.18:00.Pink. Con Miguel Barros, director, guionista e montador, Luis MiguelFernández, xefe de produción, Pedro Garza, axudante de produción, responsable de efectosespeciais e etalonaxe e Keny González, actriz.18.30.Dallejas. Con Tegüi Sagüillo, dirección, Bea Campos, actriz, Omar Ferrín, actor, Martín Martínez, actor, Silvia Fuentes, produción e Mar García, produción.

Page 27: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 27

19:00.Lasaltaspresiones.MatriuskaProducións.Longametraxe dirixida por Ángel Santos, que nos presenta a un protagonista na procura de localizacións cinematográficas na súa Pontevedra natal. Cine dentro do cine. Con Daniel Froiz, produtor executivo.

DOMINGO 6 DECEMBRO

16:00.Proxección:miniserie«VentoFerido».FacultadedeCienciasSociaisedaComunicación.UniversidadedeVigo. Con Miguel Grandío, director, Sara Varela, produtora, Nerea Sarmiento, guionista, e

Paulino Pérez, produtor executivo deste proxecto que recrea os relatos do libro de Carlos Casares.

17:00.Proxecciónecoloquio:«ManuelQuiroga». Con Pepe Coira, produtor executivo, Sandra Sánchez, directora e montadora, e Milagros Bará, protagonista, sobriña neta de Manuel Quiroga.

18:15.Proxecciónecoloquio:«AviaxedeLeslie». Con Marcos Nine, dirección e montaxe, Pepe Coira, produción executiva, e Daniela Arias, idea orixinal e guión.

Page 28: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 28

ProgramaProfesional

VENRES 4 DECEMBRO

16:00.AsociaciónGalegadaCrítica.Aulas

19:00.EncontrodaAsociaciónGalegadeProfesionaisdaXestiónCultural.Ático

SÁBADO 5 DECEMBRO

10:30.EncontroEscenaGalega.Programaciónprofesional.SalaVIP

10:30.AsambleaAGAL.Aulas

11:00.Xornadasprofesionaisparaprofesorado.Programaciónprofesional.SalóndeActos

11:30.Puntazodeencontro.SpeeddatingculturalnoCulturgal.Ático.Unha iniciativa do concello de Pontevedra pola que os participantes poderán presentar os seus proxectos a Cidade da Cultura de Galicia, Concello de Pontevedra, Bodegas Martín Códax, Vermú Nordesía, Sinsal Audio e Festival PortAmérica.

DOMINGO 6 DECEMBRO

12:00.XornadasFirmaeFilme.Agapi.Ático.‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas ao noso audiovisual. Na mañá de domingo, encontro na Feira.

Page 29: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 29

NoiteespecialCulturgal2015

SÁBADO 5 DECEMBRO

21:30.Dardecontaraquenpasa.ConCandidoPazó,CelsoFernándezSanmartín,MaríaLadoeLucíaAldao.Auditorio.A noite do sábado no Culturgal, unha festa do humor e da palabra Un espectáculo, que representa unha conversa entre amigos de diferentes idades e condicións, que mestura a partes iguais a tradición oral tan característica do noso pobo, representada en Cándido Pazó e Celso Fernández Sanmartín coas súas historias de aqui e acolá, co seu xeito de contar tan doce e divertido, historias transmitidas de pais a fillos, as historias das nosas avoas, contos que fannos dar conta de onde vimos e cara onde imos, xunto co punto de vista en feminino representado por dúas artistas chamadas a encher a escena teatral galega coma son María Lado e Lucía Aldao con música e humor, con retranca e un xeito de contar que non deixa indiferente a ninguén.

Catro artistas diferentes en escena cun mesmo fin, o de transmitir mediante a forza da palabra un anaco da nosa historia nun escenario cheo de ilusión e de humor, de saudade e tenrura. 90 minutos nos que o espectador, viaxará nunha serie de

sentimentos que o levará a aqueles tempos nos que a xente xuntábase o carón do lume ou nos lugares de traballo e intercambiábanse pensamentos, sentimentos, nostalxias, amores ou desexos.

Espectáculo de pago.

Page 30: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 30

ExposiciónsCulturgal2015

SOMOS ESPAZO: SIMBIOSES ENTRE ARTE E ARQUITECTURA. Sala de exposicións

Unha exposición colectiva comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, que pon de manifesto como se estreitan historicamente os vínculos entre arte e arquitectura, seleccionando obras de artistas que traballan con procesos creativos semellantes aos da arquitectura ou que incluso colaboran directamente con arquitectos no desenvolvemento da súa obra. Participan vinte e dous artistas e arquitectos: :Mónica Alonso, Inge Álvarez, Pedro Bueno, Román Corbato, Javier Fdez. Pérez de Lis, Rosa García, Xulio Gil, Carmen Hermo, Víctor Hermo, Paula Mariño, Ignacio Pérez Jofre, César Portela, María Prada, Toño Mejuto, Rosa Neutro, Carme Nogueira, Ventura A. Pérez Suárez, Jorge Perianes, Yolanda Ríos, Olalla Sendón, Laureano Vidal, Taller Abierto.

Patrocina a Deputación de Pontevedra. Até o 10 de xaneiro de 2016.

SPIROU: DE CHAMPIGNAC A PONTEVEDRA. Vestíbulo do Pazo (1º andar)

A editorial de Spirou en España, Dibbuks, organiza esta mostra que xa percorreu diferentes puntos do Estado e promovendo que en cada un deles, os ilustradores locais deseñen pezas sobre este personaxe de cómic. A todas as anteriores, súmanse ao seu paso por Pontevedra as realizadas por Kiko da Silva e o alumnado do sueu Garaxe Hermético sumando un total de 70 autores profesionais.

Page 31: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 31

RadioendirectoCulturgal2015

VENRES 4 DECEMBRO

14:00.Discópolis.Radio3-RNE.Con José Miguel López e as músicas do mundo.

SÁBADO 5 DECEMBRO

09:30.SomosQuen.RadioGalega.Con María Xosé Rodríguez e o seu equipo de colaboradores. En directo desde o Pazo da Cultura de Pontevedra.

Page 32: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

Culturgal 2015 32

SERVIZOS NA FEIRA

Culturgal pretende ser unha experiencia única para todas e todos aqueles que participan dela: expositores, artistas, empresas, públicos, etc. A organización de Culturgal sabe que para acadar este obxectivo, o recinto do Pazo da Cultura ten que ofrecer unha serie de servizos que fagan gratificante a visita á gran cita da cultura do país.

O Pazo da Cultura de Pontevedra conta cunha ampla zona de aparcadoiro.

Dentro o público atopará servizos de cafetería e restauración para poder comer e beber, incorporando o recinto unha zona na que facilitar tamén a lactancia materna.

Engádense este anos dous postos exclusivos de café situados na entrada do recinto e da carpa.

Ademais este ano o público obterá descontos en máis de 30 bares e restaurantes de Pontevedra, que colaboran co Culturgal.

En 2015 a Feira dispoñerá de novo dun servizo de visitas guiadas á Feira con linguaxe de signos.

Por demanda popular, nesta edición Culturgal contará ademáis cun servizo de gardarroupa na entrada que fará máis cómodo o paseo pola Feira.

PresumedeCulturgal!

Page 33: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza
Page 34: Dossier - Inicio | Cultura de Galicia · Rinoceronte Editora / Sushi Books Sabidurius Sacauntos Cooperativa Gráfica Samuel Levi y los niños perdidos Sanin Instrumentos Sermos Galiza

PresumedeCulturgal

PazodaCulturadePontevedra4, 5, 6 de decembro de 2015Venres e sábado de 11 a 21hDomingo de 11 a 20h

Entrada 2� (1 día) | 3� (3 días)Menores de 12 anos 1� (1 día) | 2� (3 días)

Organiza

Patrocina

Colabora

www.cultur.gal