dossier carpactiva
DESCRIPTION
dossier carpactivaTRANSCRIPT
COPERACTIVA CULTURAL -
CULTURACTIVA S.C.G.
Circo Itinerante
O PROXECTO CARPACTIVA
CARPACTIVA
O proxecto Carpactiva
Carpactiva
de vila en vila, animaban e enriquecían culturalmente o rural galego. Nun momento no
que a globalización cultural ameaza con asulagarnos co seu dircurso estético e
empobrecedor, Carpactiva propón unha programación de circo itinerante polas
parroquias de calquera vila galega nun intento de facer circular as nosas producións
culturais aos núcleos de poboación que, polo xeral, non gozan de oportunidades de lecer e
teñen que buscalo fóra.
Para levar a risa ás parroquias galegas, Carpactiva aposta por unha programación variada
de espectáculos teatrais de pequeno formato de diversas técnicas humorísticas: clown,
novo circo, malabares, monicreques, monólogo cómico, contacontos, maxia cómica... en
cada función do Carpactiva pode ofrecerse un espectáculo único ou ben poden
combinarse actuacións de varias compañías.
Carpactiva ofrece humor e arte descentralizada, cultura para todos os públicos, así coma
un modelo de verdadeiro desenvolvemento da vida cultural en calquera lugar do país. Esta
andaina do circo e a arte dos contos procura achegar ao ámbito rural diversión e risa
contra a crise, xa que a entrada aos ditos espectáculos será libre e de balde ata completar
aforo.
A peculiaridade desta programación que radica, en ademais de ser itinerante, en
realizarse dentro dunha carpa de circo que se levará dun lugar a outro. Ese é o espírito de
Carpactiva, ofrecer circo e clown de parroquia en parroquia, coma antes, pero coa
calidade e a formación de artistas punteiros en Galicia ou internacionais.
é a cultura que camiña, como fixeron os antigos cómicos que, de feira en feira e
Carpa ambulante con acceso
para 60 ou 80 persoas (nenos/as
sentados no chan) na que se
representan espectáculos de
pequeno formato e para todos os
públicos de diversas técnicas:
monólogo cómico, clown, maxia,
malabares , … a cargo de
compañías profesionais galegas
e/ou internacinais.
O PROXECTO CARPACTIVA
EDICIÓNS REALIZADAS
CARPACTIVA
Edicións realizadas
· Carpactiva A Estrada ·
Decembro 2008 - Xaneiro 2009
Un total de 18 parroquias do
Concello da Estrada foron testigo
entre o 12 de decembro de 2008
e o 18 de xaneiro de 2009 desta
programación de circo itinerante
chamada Carpactiva. Un público
de carácter familiar, heteroxéneo
en idade, disfrutou das funcións
do Carpactiva, chegando a
sumarse ao longo do seu
percorrido máis de 1000
persoas asistentes.
EDICIÓNS REALIZADAS
O ELENCO ARTÍSTICO
Un total de catro artistas emerxentes, saídos da mellor escola galega de clown e novo circo,
foron os escollidos parar levar a risa ás parroquias da Estrada. Así, o gañador do Certame
Intergaláctico de Exterior do Mundoclown Vigo 2008, Peter Punk, o cómigo Pedro
Brandariz, o monologuista estradense Fran Campos e o pallaso-malabarista Roi Sixto
formaron o elenco desta programación.
ESTRUCTURA DO ESPECTÁCULO
A duración de cada sesión foi de entre 90 e 120 minutos, durante os que participaron cada
día dous artistas: un monologuista e de seguido, un pallaso-malabarista.
CARPACTIVA NA PRENSA
CARPACTIVA
· A Voz de Galicia - Deza-Tabeirós · Venres 5 de decembro de 2008
· A Voz de Galicia - Área de Compostela · Venres 5 de decembro de 2008
· A Voz de Galicia - Fugas · Venres 12 de decembro de 2008
· O País - Galicia · Luns 22 de decembro de 2008