discurso de steve jobs na universidade de stanford

6
Eu teño a honra de estar aquí con vós na vosa graduación, nunha das mellores universidades do mundo. A dicir verdade, eu nunca me graduei. En realidade, isto é o máis preto que estiven dunha graduación universitaria. Hoxe quero contarvos tres historias da miña vida. Nada especial. Só tres historias. A primeira historia é sobre "conectar os puntos". Eu abandonei a universidade de Reed College logo de seis meses, pero quedei vagando por alí outros 18 meses, antes de deixalo completamente. Entón, por que o deixei? Todo comezou antes de nacer. Miña nai biolóxica era unha estudante, nova e solteira e decidiu darme en adopción. Ela tiña moi claro que as persoas que me adoptasen tiñan que ser titulados universitarios. Todo estaba arranxado para que eu fose adoptado, ao nacer, por un avogado e a súa muller. Só que cando nacín, decidiron no último minuto que eles querían unha rapaza. Entón meus pais, que estaban nunha lista de espera, recibiron unha chamada a media noite preguntando: "Teño un neno inesperado, querédelo?" - "Por suposto", dixeron eles. Miña nai biolóxica descubriu, máis tarde, que a miña nai non tiña titulación universitaria e que o meu pai nunca chegara a rematar o bacharelato. Entón negouse a asinar os papeis da adopción. Só cedeu, uns meses despois, cando meus pais prometeron que algún día eu iría á facultade. E 17 anos despois, fun á facultade. Pero de forma descoidada, escollín unha facultade que era case tan cara como Stanford, e tódolos aforros dos meus pais, de clase traballadora, estábanse gastando na miña matrícula. Logo de seis meses, eu non lle vía ningún sentido. Non tiña idea do que quería facer coa miña vida, e moito menos como a facultade me ía axudar a descubrilo. E alí estaba eu, gastando tódolos aforros que meus pais conseguiran ao longo da súa vida. Daquela decidín deixalo e confiar en que as cousas sairían ben. Nese momento deume medo, pero mirando cara a atrás foi unha das mellores decisións que tomei na miña vida. No momento en que o deixei, non fun máis ás clases obrigatorias que non eran do

Upload: ana-sio

Post on 18-Feb-2016

220 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Tradución ao galego do discurso de Steve Jobs

TRANSCRIPT

Page 1: Discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford

Eu teño a honra de estar aquí con vós na vosa graduación, nunha das mellores universidades do mundo.

A dicir verdade, eu nunca me graduei. En realidade, isto é o máis preto que estiven dunha graduación universitaria. Hoxe quero contarvos tres historias da miña vida. Nada especial. Só tres historias.

A primeira historia é sobre "conectar os puntos". Eu abandonei a universidade de Reed College logo de seis meses, pero quedei vagando por alí outros 18 meses, antes de deixalo completamente. Entón, por que o deixei? Todo comezou antes de nacer. Miña nai biolóxica era unha estudante, nova e solteira e decidiu darme en adopción. Ela tiña moi claro que as persoas que me adoptasen tiñan que ser titulados universitarios. Todo estaba arranxado para que eu fose adoptado, ao nacer, por un avogado e a súa muller. Só que cando nacín, decidiron no último minuto que eles querían unha rapaza. Entón meus pais, que estaban nunha lista de espera, recibiron unha chamada a media noite preguntando: "Teño un neno inesperado, querédelo?" - "Por suposto", dixeron eles.

Miña nai biolóxica descubriu, máis tarde, que a miña nai non tiña titulación universitaria e que o meu pai nunca chegara a rematar o bacharelato. Entón negouse a asinar os papeis da adopción. Só cedeu, uns meses despois, cando meus pais prometeron que algún día eu iría á facultade. E 17 anos despois, fun á facultade.

Pero de forma descoidada, escollín unha facultade que era case tan cara como Stanford, e tódolos aforros dos meus pais, de clase traballadora, estábanse gastando na miña matrícula. Logo de seis meses, eu non lle vía ningún sentido. Non tiña idea do que quería facer coa miña vida, e moito menos como a facultade me ía axudar a descubrilo. E alí estaba eu, gastando tódolos aforros que meus pais conseguiran ao longo da súa vida.

Daquela decidín deixalo e confiar en que as cousas sairían ben. Nese momento deume medo, pero mirando cara a atrás foi unha das mellores decisións que tomei na miña vida. No momento en que o deixei, non fun máis ás clases obrigatorias que non eran do meu interese e comecei a asistir a aquelas que me resultaban interesantes.

Non era idílico. Non tiña dormitorio, polo tanto durmía no chan dos cuartos dos meus compañeiros, devolvía as botellas de Coca-Cola polos 5 céntimos do envase para conseguir diñeiro para comer, e camiñaba máis de 10Km tódolos domingos pola noite, para poder comer ben unha vez á semana, no templo de Hare Krishma. Encantábame.

Moitas cousas coas que me fun topando, ao seguir a miña curiosidade e intuición, resultaron ter valor máis adiante. Dareivos un exemplo: naquela época a Universidade de Reed ofrecía a que quizais fose a mellor formación de caligrafía do país. En tódalas partes do campus, tódolos carteis, tódalas etiquetas de tódolos caixóns, estaban magnificamente escritos a man. Como xa non estaba matriculado, non tiña clases obrigatorias e decidín asistir ao curso de caligrafía para aprender como se facía. Aprendín cousas sobre Serif e tipografías Sans Serif, sobre os espazos variables entre letras e sobre que fai realmente grande a unha tipografía. Era fermoso, histórico e artístico, dunha forma que a ciencia non comprende e topeino fascinante.

Page 2: Discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford

Nada disto tiña a máis mínima esperanza de aplicación práctica na miña vida. Pero dez anos máis tarde, cando estabamos deseñando o primeiro ordenador Macintosh, todo iso volveu a min. E deseñamos o Mac con iso na súa esencia. Foi o primeiro ordenador con tipografías fermosas. Se non asistise a aquel curso en concreto na facultade, Mac xamais tería múltiples tipografías, nin carácteres con espazado proporcional. E como Windows, non fixo máis que copiar a Mac, é probable que ningún ordenador persoal o tivese agora. Se nunca decidira deixalo, non tería entrado nesa clase de caligrafía e os ordenadores persoais non terían a marabillosa tipografía que teñen agora. Por suposto, era imposible conectar os puntos mirando cara ao futuro cando estaba nesa clase, pero estivo moi claro cando mirei dez anos máis atrás. Polo tanto, tedes que confiar en que os puntos se conectarán nalgún momento do futuro. Tes que confiar no teu instinto, no destino, na vida, no karma, no que sexa. Porque crer que os puntos se unirán, darache confianza no teu corazón. Esta forma de actuar xamais me deixou tirado e marcou a diferenza na miña vida.

A miña segunda historia versa sobre o amor e a pérdida. Tiven sorte, souben axiña o que desexaba facer coa miña vida. Woz e mais eu creamos Apple no garaxe dos meus pais, cando tiña 20 anos. Traballamos moito. En dez anos Apple creceu de ser só nó-los dous, a ser unha compañía valorada en 2 mil millóns de dólares e 4000 empregados.

Había xusto un ano dende que lanzaramos a nosa mellor creación, o Macintosh, e había pouco que fixera os 30. E despedíronme. Cómo te poden botar dunha empresa que creaches ti? Pois, mentres Apple crecía, contratamos a alguén que eu considerei moi capacitado para levar a empresa comigo, e durante o primeiro ano as cousas foron ben. Máis logo, a nosa perspectiva do futuro comezou a ser distinta, e finalmente apartámonos completamente.

Cando iso pasou, a nosa Xunta Directiva púxose da súa parte. Así que, aos 30 anos estaba fóra. E dunha forma moi destacable. O que fora o centro de toda a miña vida adulta fórase e foi devastador. Non souben que facer durante uns cantos meses. Sentía que dera de lado a anterior xeración de emprendedores, que soltara a testemuña xusto no momento no que ma pasaran. Reuninme con David Packard (de HP) e Bob Nouce (de Intel), e tentei desculparme por estragalo todo tanto. Foi un fracaso moi notorio, e incluso pensei en fuxir de Sillicon Valley. Máis algo comezou a abrirse paso en min, aínda amaba o que facía. O resultado dos acontecementos en Apple non cambiara iso un chisco. Fora rexeitado, pero seguía namorado. Así que decidín comezar de novo.

Non o vin así entón, pero resultou que o feito de que me botaran de Apple foi o mellor que me puido pasar xamais. Trocara o peso do éxito pola lixeireza de ser de novo un principiante, menos seguro das cousas. Liberoume para entrar nun dos períodos máis creativos da miña vida. Durante os seguintes cinco anos, creei unha empresa chamada NeXT, outra chamada Pixar e namoreime dunha muller asombrosa que se converteu despois, na miña esposa. Pixar chegou a crear a primeira longametraxe animada por ordenador, Toy Story, e é agora o estudo con máis éxito do mundo.

Nun inesperado xiro dos acontecementos, Apple mercou NeXT e eu regresei a Apple e a tecnoloxía que desenvolvemos en NeXT é agora o corazón do actual renacemento de Apple. E Laurane e máis eu temos unha marabillosa familia. Estou seguro de que nada disto pasaría se

Page 3: Discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford

non me botaran de Apple. Penso que foi unha medicina horrible, pero supoño que o paciente a precisaba.

Ás veces, a vida dáche na cabeza cun ladrillo. Non perdades a fe. Estou seguro de que a única cousa que me mantivo en marcha foi o amor polo que facía. Tedes que atopar que é o que amades. E isto vale tanto para o voso traballo como para os vosos amantes. O traballo vai encher gran parte da vosa vida, e a única forma de estar realmente satisfeito e facer o que consideredes como un traballo xenial. E a única forma de ter un traballo xenial, é amar o que fagades. Se inda non o atopastes, seguide buscando. Non vos conformedes. Como en todo o que ten que ver co corazón, saberédelo cando o atopedes. E como en tódalas relacións xeniais, as cousas melloran e mellorarán a medida que pasen os anos. Polo tanto, seguide buscando ata que o atopedes. Non vos conformedes.

A miña terceira historia é sobre a morte. Cando tiña 17 anos, lin unha cita que dicía algo como: “Se vives cada día coma se fose o último, algún día terás razón”. Marcoume, e dende entón, durante os últimos 33 anos, cada mañá mírome ao espello e pregúntome: “Se este fose o derradeiro día da miña vida, gustaríame facer o que vou facer hoxe?” E se a resposta era “non” durante demasiados días seguidos, sabería que precisaba cambiar algo.

Recordar que vou morrer pronto é a ferramenta máis importante que topei para axudarme a tomar as decisións máis grandes da miña vida. Xa que practicamente todo, as expectativas dos demais, o orgullo, o medo ao ridículo ou o fracaso desaparecen fronte á morte, deixando só o que é verdadeiramente importante. Recordar que vas morrer é a mellor forma que coñezo de evitar a trampa de pensar que tes algo que perder. Xa estás espido. Non hai razón para non seguir ao teu corazón.

Hai case un ano diagnosticáronme un cancro. Fixéronme una análise ás 7:30 da mañá, e mostraba claramente un tumor no páncreas. Nin sequera sabía que era o páncreas. Os médicos dixéronme que era practicamente seguro un tipo de cancro incurable, e que a miña esperanza de vida sería de tres a seis meses. O meu médico aconselloume que me fose para a casa e que deixara arranxados tódolos meus asuntos, forma médica de dicir: prepárate para morrer. Significa tentar dicirlle aos teus fillos, nuns poucos meses, o que lle ías dicir en dez anos. Significa que te tes que asegurar de que todo queda atado e ben atado, para que sexa o máis fácil posible para a túa familia. Significaba dicir adeus. Vivín todo un día con ese diagnóstico. Logo, a última hora da tarde, fixéronme unha biopsia. Pincharon o páncreas para obter algunhas células do tumor. Eu estaba sedado, pero a miña muller estaba alí, e díxome que cando o médico viu as células do tumor co microscopio comezou a chorar, xa que resultou ser unha forma moi rara de cancro que se pode curar con cirurxía.

Operáronme e agora estou ben. Isto é o máis preto que estiven da morte e agardo que sexa o máis preto que estea durante algunhas décadas máis. Unha vez vivido isto, pódovos dicir, con máis certeza, que a morte é un concepto útil, xa que “Ninguén quere morrer”. Nin sequera a xente que quere ir ao ceo, quere morrer para chegar alí. Pero a morte é un destino que todos compartimos. Ninguén escapou dela. E así ten que ser, xa que a morte é, posiblemente, o mellor invento da vida. Troca o vello polo novo. Agora mesmo o novo sodes vós mais, dentro de non demasiado tempo, de forma gradual, irédesvos convertendo no vello e seredes apartados. Sinto ser tán dramático, pero isto é moi certo. O voso tempo é limitado,

Page 4: Discurso de Steve Jobs na Universidade de Stanford

polo tanto non o gastedes vivindo a vida doutro. Non vos deixedes atrapar polo dogma que é vivir segundo os resultados do pensamento doutros. Non deixedes que o ruído das opinións dos demais afogue a vosa propia voz interior. E o máis importante, tede a coraxe de seguir o voso corazón e a vosa intuición. Dalgún modo, eles xa saben o que ti realmente queres ser. Todo o demais, é secundario.

Cando era mozo, había unha publicación fascinante chamada The Whole Earth Catalog (Catálogo de toda a Terra), unha das biblias da miña xeración. Creouna un tipo chamado Stewart Brand non lonxe de aquí, en Menlo Park, e tróuxoa á vida co seu toque poético. Eran os derradeiros anos 60, antes da existencia dos ordenadores persoais e da autoedición, polo tanto facíase con máquina de escribir, tesoiras e cámaras Polaroid. Era como Google con tapas de cartolina, 35 anos antes de que chegara Google. Era fantástica e estaba chea de grandes ferramentas e conceptos. Stewart e o seu equipo sacaron varios números do The Whole Earth Catalog e cando chegou o seu momento, sacaron o derradeiro número. Foi a medidos dos 70 e eu tiña a vosa idade. Na contraportada do seu derradeiro número, había unha fotografía dunha estrada polo campo a primeira hora da mañá, a clase de estrada na que te poderías atopar facendo autostop se sodes aventureiros. Debaixo estaban as palabras: “Segue famento. Segue atolado”. Era a súa última mensaxe de despedida. “Segue famento. Segue atolado.” E sempre desexei iso para min. E agora, cando vos graduedes para comezar de novo, deséxovos iso. Seguide famentos. Seguide atolados. Moitas grazas a todos.