díptico biblio

2
A PARTIR DE OUTUBRO… VEN BUSCAR LIBROS Á BIBLIOTECA! ESTARÉMOSTE ESPERANDO CON MOITAS SORPRESAS! BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PLURILINGÜE DA SERRA DE OUTES CURSO 2014-2015 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipserradeoutes/ Ola! Son SAISA. Vivo na biblio, e encántanme os contos! E a ti?

Upload: patricia-pena-barbeito

Post on 20-Jun-2015

229 views

Category:

Education


11 download

DESCRIPTION

Díptico presentación biblioteca.

TRANSCRIPT

Page 1: Díptico biblio

A PARTIR DE OUTUBRO…

VEN BUSCAR LIBROS Á

BIBLIOTECA!

ESTARÉMOSTE ESPERANDO CON

MOITAS SORPRESAS!

BIBLIOTECA

ESCOLAR

CEIP PLURILINGÜE DA SERRA DE OUTES

CURSO 2014-2015 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipserradeoutes/

Ola! Son SAISA. Vivo na biblio, e encántanme os contos! E a ti?

Page 2: Díptico biblio

Estimados nen@s e familias:

Este ano temos un novo equipo responsable da

biblioteca e imos tentar levar a cabo varias actividades

relacionadas coa dinamización e a animación á lectura.

Para comezar gustaríanos pedir a vosa colaboración

para a elaboración dunha pequena enquisa sobre os

hábitos e gustos lectores dos máis pequenos da casa.

Esta enquisa será o punto de partida dun proxecto

ambicioso e cheo de ilusión que esperemos que encha a

biblioteca de usuarios e usuarias, que anime aos nenos e

nenas a ler e, sobre todo, desperte neles o gusto pola

literatura.

Iredes tendo máis noticias nosas!

Recibide un cordial saúdo.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

RECORDAMOS AS NORMAS

Coida os libros. Ao marchar deixa ordenado. Merenda fóra da biblioteca.

Garda silencio. Consulta as dúbidas.

Para os préstamos trae o carné. Estes préstamos duran quince días.

Podes renovar. Se queres levar outro libro debes

devolver o que levache. Se perdes un libro tes que mercar outro, e no caso de que non o atopes,

outro de similares características. Os materiais e libros da sala de

consulta non se prestan.