dia mundial dos dereitos do neno

11
Departamento de orientación. IES " A Sangriña Día dos dereitos dos nenos Trátase de identificar situacións de vulnerabilidade dos dereitos básicos e búsquea de alternativas. A través da visión dos distintos cineastas podemos reflexionar sobre eles e tomar unha postura crítica. Obxectivos: Fomentar o debate e a reflexión a partires da visión dos contrastes dos principais dereitos. Xerar empatía coas personaxes das distintas secuencias. Aprender a analizar situacións sobre os Dereitos básicos . Metodoloxía: 1. Informar ó grupo clase da actividade: ollar secuencias de películas. 2. Proxección das secuencias tanta veces como sexa necesario. 3. Tras finalizar o debate pódese distribuír a cada alumno/a a documentación para cada película. 4. Esta ficha individual pode ser recollida e analizada ou de novo volver a posta en común. Material : - CD de Unicef coas secuencias da películas - Propostas para cada filme. Nota: Co obxectivo de que esta actividade poida aproveitarse para cursos posteriores proponse que se traballen os “Dereitos para á Saúde e Educación” en

Upload: gelesmaral

Post on 04-Aug-2015

174 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

Día dos dereitos dos nenos

Trátase de identificar situacións de vulnerabilidade dos dereitos básicos e búsquea de alternativas. A través da visión dos distintos cineastas podemos reflexionar sobre eles e tomar unha postura crítica.

Obxectivos: Fomentar o debate e a reflexión a partires da visión dos contrastes dos

principais dereitos. Xerar empatía coas personaxes das distintas secuencias. Aprender a analizar situacións sobre os Dereitos básicos .

Metodoloxía: 1. Informar ó grupo clase da actividade: ollar secuencias de películas. 2. Proxección das secuencias tanta veces como sexa necesario.3. Tras finalizar o debate pódese distribuír a cada alumno/a a documentación

para cada película. 4. Esta ficha individual pode ser recollida e analizada ou de novo volver a

posta en común.

Material : - CD de Unicef coas secuencias da películas - Propostas para cada filme.

Nota: Co obxectivo de que esta actividade poida aproveitarse para cursos posteriores proponse que se traballen os “Dereitos para á Saúde e Educación” en 3º curso. O Dereito a ter unha familia, á Igualdade e á Protección fronte o traballo infantil prexudicial en 4º curso.

Actividade adaptada de Unicef.

Page 2: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

DEREITO Á SAÚDE:

Antes de comezar a ver a secuencia dos vídeos “El Jardinero fiel” e “Planta 4º”, suxerir ó grupo clase:

- Cantas veces vas ó médico ó ano como promedio?- Imaxina que te pos enfermo e vas ó médico, pero alí non hai camas ,

nin medicinas, todo está sucio e non poden atenderte debidamente porque hai moita xente como te sentirías?, que farías? cres .. que che pode pasar isto?.

Despois de ver a secuencia:

- Sabías que en moitos lugares do mundo non hai hospitais en boas condicións, suficientes médicos ou medicinas necesarias?.

- Ti irías a un hospital como o que se ve na película do xardineiro? Por que? e se non houbera outro?.

- Que che parece o que ocorre coas medicinas nos países en desenvolvemento? Que cres que debe facerse con elas:vendelas, non comercialas , ou distribuílas gratuitamente?

Page 3: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

DEREITO Á EDUCACIÓN:

1. “Los niños del barrio rojo”.

O barrio vermello é a zona da cidade onde se practica a prostitución ou calquera outro negocio relacionado coa explotación sexual. O seu nome vén de ser asociado as luces vermellas para que as persoas puideran identificar estes negocios . Non todas as cidades teñen este tipo de barrios xa que non é algo frecuente ou común. En Europa o máis coñecido é o da cidade de Amsterdam, na película que imos ver, encádrase no barrio vermello da cidade de Calcuta (India).

Antes da ollar a secuencia do filme: - Como cres que pode ser vivir nun barrio deste tipo?.- Cres que é unha realidade moi afastada? - Serías amigo da xente que vive alí .- Pon atención na forma de vida e a función da fotógrafa e profesora.

Debate posterior:- Parecese a realidade que imaxinaches coa que viches no vídeo?.- Que relación hai entre a nena que frega os pratos e a que se está maquillando.- Cal é o soño da nena que limpa os pratos?.- Cal é o problema de Suchitra? Cal cres que pode ser a solución.- Que intenta facer a muller que fala coa monxa.?- Que solución lle da a monxa ó problema?- Que relación teñen os nenos e nenas coa fotógrafa?.- Como imaxinas o futuro dos protagonistas do vídeo ? e o teu?.- Lembra unha situación na que quixeras facer algo e non puideras ou che

custara un gran esforzo , poderías describir como te sentiches?.

Page 4: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

2º filme “ La clase”.

Antes de comezar falar no grupo clase sobre as seguintes cuestións:

- Considéraste afortunado/a de poder estudar ou acceder a educación?.- Presta atención á actitude do alumnado e no que intenta facer o profesor.

Despois de ver : - Que conflito xurde no transcurso da clase?.- Que cres que esta intentando facer o profesor? Como o fai?- Cres que o alumnado deste vídeo é afortunado?.- Cres que o alumnado da película anterior contestaría do mesmo xeito as

preguntas do profesor ? como cres que se comportarían?.- A quen escollerías para ter como amigos: os nenos do barrio vermello ou os

da clase? por qué ? que diferenzas hai entre uns e outros?

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

Page 5: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

DEREITO A UNHA FAMILIA:

Imaxina que un día te levantas pola mañá e non tes a ninguén que se preocupe por ti como conseguirías cartos para comer? traballarías? onde vivirías?.

Antes de ver os vídeos da “ Espalda do mundo” e “El bola” Propón o seguinte

- Comparar dous modelos de familia na literatura , cine, series de televisión... describir como son esas familias, que relación teñen entre os pais... etc. .

- Se un neno perde a súa familia , quen cres que debe actuar?.

Despois de ver os vídeos : - No vídeo ves a un neno rodeado dunha familia feliz e por outro lado

nenos/as abandonados en Honduras, que viven de recoller e vender lixo. - Imaxinas estar nesa situación?.- Sabías que hai nenos no mundo que non son coidados por seus pais?. Que

cres que poderías facer ti por eles? A quen recorrerías ?

Page 6: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

DEREITO A IGUALDADE :

Visionado de secuencias das filmes: “Buda exploto por Verguenza ” “ Bienvenidos a la casa de muñecas”.

Hana Makhnmalba, a directora de Buda estoupou por vergoña, naceu en Teherán e con só 19 anos realizou esta película que foi rodada cámara en man en Afganistán . Ela mesma fai o seguinte resumo do filme:

... É un país éstrano, nun período de 25 anos , tivo varios gobernantes , rusos comunistas , Al-Qaeda, un grupo islámico extremista Talibán e os cristiáns occidentais ou laicos. Cada un deles contribuíu a destruír Afganistán co obxectivo de salvar ao país da hexemonía do contrario. As destrucións non só se limitan as cidades e fogares, na actualidade nesta rexión os nenos xogan a dispararse entre si con armas de madeira, xogan a lapidar as nenas e colocan minas nos pes do contrario.

Despois de ver os dous vídeos : - Como aparecen as nenas nos fragmentos das películas que vimos?- Como aparecen as nenos?- Sénteste identificado como moza coas protagonistas das dúas historias? en

qué ?- Sénteste identificado como mozo cos protagonistas das dúas historias? en

qué?

Page 7: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

DEREITO A PROTECIÓN FRONTE Ó TRABALLO PREXUDICIAL :

...Máis de 200 millóns de nenos /as de todo o mundo son traballadores infantís e realizan tarefas daniñas para o seu desenvolvemento mental, físico , e emocional. Os nenos traballan porque deben sobrevivir eles e as súas familias.... Case tres cuartas partes dos nenos/as que traballan son vítimas dalgunha forma de explotación , son escravizados ou recrutados pola forza para realizar actividades ilegais que ameazan súa integridade , por considerarse traballos perigosos.

O convenio sobre a explotación infantil reforza a protección xurídica dos menores fronte o traballo prexudicial prohibindo todo traballo que, por natureza ou polas condicións nas que se desenvolve é probable que dane a saúde , a seguridade ou a moralidade dos nenos/as ,

Antes de comezar : - Poderías contar un día na túa vida ? que fas desde que te levantas ata que te

deitas ?

ollar o documental “Recycled Life”.

- Lembra o día que narrou o primeiro mozo paso a paso .... compara e establece a diferenza co que ti describiches anteriormente.

- Qué fan coas rodas e os mazos?- Cantos tipos de traballo comentan que fan ou fixeron os protagonistas do

vídeo.- Por que cres que traballan?,- Cando cres que xogan? Canto tempo lle dedican ao ocio?.- Coñeces os teus dereitos , a que idade está permitido traballar en España ?.- Cres que pode haber nenos traballadores en España?.- Se a túa familia non tivera recursos , ¿ traballarías na mina para axudarlles?- Cres que os nenos deben traballar ? por qué si ou non ? - Poderías atopar outras formas de axudar a túa familia ? cales ?.- Ves aos protagonistas do vídeo moi diferentes a ti?.- Normalmente que fas para conseguir cartos ? en que adoitas gastar?.- Buscade información sobre o traballo infantil e os seus tipos .

Page 8: Dia  mundial dos  dereitos  do neno

Departamento de orientación. IES " A Sangriña

DEREITO A PROTECIÓN EN TEMPOS DE GUERRA OU DESASTRE:

Os nenos/as nunca inicien as guerras, sen embargo é a poboación que máis exposta está as súas consecuencias, en moitos lugares en conflito son recrutados para participar como soldados, portadores, espías e incluso escravos sexuais . Moitos deles son recrutados pola forza , noutros casos son convidados ou impulsados pola pobreza, discriminación ou polo medo a vinganza da violencia exercida contra eles ou a súa familia .Hai moitos nenos coa infancia perdida e ven o seu futuro trucado , para eles o retorno a súa vida anterior é unha tarefa moi difícil, moitas ONGs traballan non só para que abandonen as armas senón tamén para que esquezan que un día leváronas .

1º filme: “ Voces Inocentes” :- Que ocorre na secuencia da película.- Por que cres que se utiliza ós nenos como soldados?.- Que consecuencias cres que ten para un neno ?- De que cousas e Dereitos son privados os nenos cando son recrutados como

soldados?.- Quen e como se pode por fin a esta realidade?.- Onde pensas que pode estar sucedendo isto na realidade?

2º filme: “Los hijos de los hombres”:- Como che fan sentir esta imaxes?.- Que simbolizan? Que Dereitos poden simbolizar?.- Como cres que pode verse afectado a vida dun neno nun conflito armado.