día mundial contra a violencia de xénero

7
1. QUE É A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA? Segundo a OMS, A mutilación xenital feminina (MXF) comprende todos os procedementos que, de forma intencional e por motivos non médicos, alteran ou lesionan os órganos xenitais femininos. Estes procedementos non aportan ningún beneficio á saúde das mulleres e nenas. Poden producir hemorraxias graves e problemas urinarios, e máis tarde poden causar quistes, infeccións, infertilidade, complicacións do parto e aumento do risco de morte do recentemente nado. Uns 140 millóns de mulleres e nenas sofren na actualidade as consecuencias da MXF. Na maioría dos casos practícanse na infancia, nalgún momento entre a lactación e os 15 anos. Calcúlase que en África hai 92 millóns de mulleres e nenas de máis de 10 anos que foron obxecto de MXF. A MXF é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas. http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs241/es/

Upload: ies-maria-sarmiento

Post on 24-Jul-2015

600 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

1. QUE É A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA?

Segundo a OMS, A mutilación xenital feminina (MXF) comprende todos os procedementos que, de forma intencional e por motivos non médicos, alteran ou lesionan os órganos xenitais femininos.

Estes procedementos non aportan ningún beneficio á saúde das mulleres e nenas.

Poden producir hemorraxias graves e problemas urinarios, e máis tarde poden causar quistes, infeccións, infertilidade, complicacións do parto e aumento do risco de morte do recentemente nado.

Uns 140 millóns de mulleres e nenas sofren na actualidade as consecuencias da MXF.

Na maioría dos casos practícanse na infancia, nalgún momento entre a lactación e os 15 anos.

Calcúlase que en África hai 92 millóns de mulleres e nenas de máis de 10 anos que foron obxecto de MXF.

A MXF é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas.

http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs241/es/

Page 2: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

2. TIPOS DE MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

A mutilación xenital feminina clasifícase en catro tipos principais:

1. Clitoridectomía: resección parcial ou total do clítoris (órgano pequeno, sensible e eréctil dos xenitais femininos) e, en casos moi infrecuentes, só do prepucio (pregue de pel que rodea o clítoris).

2. Excisión: resección parcial ou total do clítoris e os beizos menores, con ou sen excisión dos beizos maiores.

3. Infibulación: estreitamento da abertura vaxinal para crear un selo mediante o corte e a recolocación dos beizos menores ou maiores, con ou sen resección do clítoris.

4. Outros: todos os demais procedementos lesivos dos xenitais externos con fins non médicos, tales como a perforación, incisión, raspado ou cauterización da zona xenital.

Page 3: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

3. CONSECUENCIAS DA MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

A mutilación xenital feminina (MXF) asóciase a unha maior probabilidade de sufrir problemas durante o parto e de perder o bebé.

Considéranse complicacións graves durante o parto a necesidade de realizar unha cesárea, unha hemorraxia perigosamente abundante despois do nacemento do neno, e a hospitalización prolongada despois do parto.

No referente á cesárea, as mulleres sometidas á forma máis grave de MXF ("MXF III") sofren como media un 30% máis de cesáreas en comparación con quen non foron sometidas a MXF. Obsérvase así mesmo un 70% de aumento dos casos de hemorraxia posparto entre as mulleres con MXF III en comparación coas outras.

Ademais, a MGF pon ao neno nunha situación de perigo considerable durante o parto. Os investigadores detectaron unha maior necesidade de reanimar aos bebés cuxa nai sufrira MXF (aumento do 66% nas mulleres con MXF III). A taxa de mortalidade entre os bebés durante e inmediatamente despois do parto é tamén moito maior entre os nados de nais con MXF: un 15% superior nos casos de MXF I, 32% en caso de MXF II, e 55% en caso de MXF III. Estímase que no continente africano a práctica ocasiona entre 10 e 20 mortes adicionais de bebés por cada 1000 partos.

Page 4: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

4. PAÍSES DE MAIOR INCIDENCIA

Page 5: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

5. A ORIXE

É unha forma de violencia contra a muller, polo feito de ser muller; polo tanto entra dentro da chamada violencia de xénero que, nestes casos, é paradóxica, xa que conta coa intervención doutras mulleres, ben consentindo, ben realizando as prácticas, pero propia de sistemas de dominación patriarcais nos que é o home o que impón e decide o que debe facerse, sometendo ás mulleres ao deber de obediencia.

A ablación do clítoris é un ritual de iniciación realizado ás nenas dalgúns países de África, Oriente Medio e outros. O costume é de procedencia incerta, aínda que hai algúns autores que afirman que comezou no antigo Exipto e, a partir de alí, estendeuse ao resto do continente africano. Aínda que se localiza sobre todo na zona centroafricana, esta práctica non se limita a este continente, pois esta práctica tamén se produce en varios países de Asia, Europa, América e en Australia.

Practicada en moitos casos como rito de iniciación á idade adulta, actualmente está diminuíndo algo debido á prohibición da súa realización en moitos países (porén, moitas familias continúan a facela clandestinamente). Nalgúns casos recórrese a tradicións relixiosas para argumentar no seu favor, pero o certo é que este tipo de mutilación está prohibida no Islam.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ablaci%C3%B3n_de_cl%C3%ADtoris

Page 6: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

6. LECTURAS COMPLEMENTARIAS

I

Page 7: Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

II

III

Amnistía Internacional