departamento de inglÉs programaciÓn didÁctica da...

30
1 ROSAIS 2 VIGO DEPARTAMENTO DE ________ INGLÉS________ PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE ___________INGLÉS__________ BACHARELATO Curso 2009/20010 Data prevista de entrega: 7 de Outubro de 2008 Modificada: 31 de decembro de 2009 Asdo. O Xefe de Estudos

Upload: others

Post on 25-Mar-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

1

ROSAIS 2VIGO

DEPARTAMENTO DE ________ INGLÉS________ PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA DE ___________INGLÉS__________ BACHARELATO Curso 2009/20010

Data prevista de entrega: 7 de Outubro de 2008 Modificada: 31 de decembro de 2009

Asdo. O Xefe de Estudos

Page 2: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

2

A. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN (3)

B. OBXECTIVOS (4)

C. CONTIDOS (5-15)

D. CRITERIOS DE AVALIACIÓN (16-17)

E. MÍNIMOS ESIXIBLES (18)

F. TEMPORALIZACIÓN (19)

G. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN (20)

H. REFORZOS PARA LOGRAR A RECUPERACIÓN (20)

I. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN (20-21)

J. PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NOS

CONTIDOS PROGRESIVOS (21)

K. CRITERIOS DE PROMOCIÓN (22)

L. METODOLOXÍA DIDÁCTICA (23)

M. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. LIBROS DE TEXTO (2 4)

N. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS (25)

O. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE (26-28)

P. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES (29)

Page 3: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

3

A. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN .

O noso instituto está situado no centro dunha gran cidade como Vigo. Isto fai que o

contacto coa lingua inglesa sexa habitual para os nosos alumnos debido aos numerosos

turistas que nos visitan, ao porto, ao centro feiral e ás empresas que exercen relacións

comerciais nas que a lingua inglesa é o medio usual.

Dentro do noso centro o departamento de inglés é un dos máis numerosos, con seis

profesores-as que impartimos ensino a todos os alumnos do centro en secundaria e

bacharelato, sendo o inglés a única primeira lingua estranxeira e o francés e alemán

segundas linguas estranxeiras. O alemán so se imparte en 1º e 2º de bacharelato.

Dado o elevado número de alumnos por aula (en bacharelato contamos con catro grupos en

1º e catro grupos en 2º de aproximadamente de 35 alumnos cada un), e para reforzar a

práctica oral da lingua, todos os grupos contan cunha hora de desdobre semanal.

A nosa programación tenta axustarse ás necesidades educativas do noso alumnado moitos

deles con alto nivel de inglés que realizaron cursos de verano o estancias de ano escolar

nun país de fala inglesa e en 2º de bacharelato vai especialmente enfocada cara a

selectividade xa que un alto porcentaje do alumnado presentáse ao exame .

B. OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA DE LINGUAS ESTRANXE IRAS

• Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas

situacións comunicativas, adoptando unha actitude respetuosa e de cooperación

co falante.

• Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible,

axeitada e con certo nivel de autonomía.

• Ler e comprender diversos tipos de textos dun nivel axeitado ás capacidades e

intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica e utilizar

a lectura como fonte de pracer e enriquecemento persoal.

Page 4: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

4

• Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando

recursos axeitados de cohesión e coherencia.

• Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos estructurais e funcionais

básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

• Desenvolver a autonomía na aprendizaje, reflexionando sobre o propio proceso

de adquisición da lingua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e

estrategias de comunicación adquiridas noutras lenguas.

• Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua

estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnologías

da información e a comunicación e as estrategias de aprendizaxe).

• Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con

persoas que pertencen a unha cultura diferente e como elemento favorecedor

das relacións sociais e interpersonais.

• Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de

aprender e usar a lingua estranxeira.

• Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua

estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os

propios rexeitando estereotipos negativos.

C . CONTIDOS

1º BACHELERATO

HABILIDADES COMUNICATIVAS; ESCOITAR, FALAR E CONVER SAR:

- Obtención de información global e específica de textos orais e escritos con fins

específicos: identificación de ideas principais, comprobación de datos previos, dar

opinión sobre as ideas contidas nun texto, debater.

- Predición e dedución de información en diferentes tipos de textos e comprobación

posterior das ideas ou suposicións anticipadas por medio dunha audición ou lectura.

- Audición comprensiva de mensaxes emitidas por falantes con distintos acentos

- Interacción oral con outras persoas, planificando previamente a mensaxe que se

desexa transmitir ou a información que se desexa requirir, coidando tanto a coherencia

como a corrección formal

Page 5: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

5

- Descricións e narracións baseadas en experiencias ou opinións persoais

- Formulación de hipóteses sobre as expectativas, intereses ou actitudes comunicativas

que poidan te-los receptores dos textos

- Ordenación lóxica de frases e parágrafos co fin de realizar un texto coherente,

empregando os elementos de enlace axeitados

- Redacción de distintos tipos de textos (narrativos, descritivos, cartas, resumos,

traballos) tanto formais como informais, respectando a estrutura dos mesmos.

FUNCIÓNS DA LINGUAXE E GRAMÁTICA

• Describir a apariencia física, estado de saúde, carácter, gustos e intereses.

Comparar, contrastar e diferenciar entre datos e opinións. Expresar preferencias.

• Falar de costumes e hábitos no pasado. Expresar os cambios que se producen neles

e nas cousas que nos rodean.

• Expresar planes e disposicións con distintas referencias temporales. Concertar citas.

Predecir acontecementos e facer pronósticos.

• Expresar obligación e ausencia de obligación, necesidade, capacidade e

posibilidade

• Expresar posibilidades reais e formular hipótesis�

• Relatar o que outra persoa ten dito, preguntado, ordenado

• Facer deduccións sobre o presente e o pasado

• Expresar a consecuencia, o resultado e a causa

LÉXICO-SEMÁNTICO

1. Experiencias, noticias, ocio, intereses, lugares, cultura.

2. Fórmulas e expresións

FONÉTICA

1. Pronunciación de fonemas de especial dificultade

2. Formas débiles

3. Acentuación de palabras e frases

4. Entoación de frases

5. Ritmo

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS

FILE 1

GRAMÁTICA

• Presente simple y continuo, verbos estáticos y de acción.

Page 6: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

6

• Tiempos de pasado: simples, continuos y compuestos.

• Formas de futuro: going to, present continuous, will/shall.

VOCABULARIO

• comida e restaurantes

• deportes

• familia e personalidade

• Each other

FONÉTICA

• /u/ and /u:/ (Understanding phonetics)

• /�:/ and /�:/

• Adjective prefixes and suffixes

FILE 2

GRAMÁTICA

• Present perfect and past simple

• Present perfect continuous

• Comparatives and superlatives

VOCABULARIO

• cartos e verbos compostos

• adxectivos intensos

• transportes e viaxes

• +How long + take

FONÉTICA

• saying numbers

• sentence stress, strong adjectives

• stress in compound nouns

FILE 3

GRAMÁTICA

• must, have to (obligation), should (advice or opinion)

• must, may, might, can’t (deduction)

• can, could, be able to (ability and possibility)

VOCABULARIO

Page 7: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

7

• mobile phones (teléfonos móbiles)

• describing people adjectives; look + adjective, look + noun (adxectivos para

describir xente)

• (-ed/-ing adjectives), -ed para adxectivos que describen a persoa que ten o

sentimento e

• -ing para adxectivos que describen a cousa ou persoa que causa o sentimento.

• so

FONÉTICA

• sentence stress

• -eigh, -aigh, -igh

• o acento nos sustantivos compostos

FILE 4

GRAMÁTICA

• Primeira condicional e oracións de futuro

• Segunda condicional

• Usually e used to

VOCABULARIO

• Educación e ensinanza

• Casas

• amizade

FONÉTICA

• /�/ or /ju:/

• /s/ or /z/

FILE 5

GRAMÁTICA

• cuantificadores

• artigos determinados e indeterminados, artigo 0

• Gerundios e infinitivos

VOCABULARIO

• Formación de sustantivos

Page 8: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

8

• Verbos e adxectivos + preposicións

• Conectores: however, according to, on the other hand, also

• traballo

FONÉTICA

• ough and –augh (unha combinación de letras que teñen unha pronuncia un pouco

anárquica)

• the

FILE 6

GRAMÁTICA

• Estilo indirecto

• A voz pasiva

• Proposicións de relativo

VOCABULARIO

• compras

• O cine

• profesións

FONÉTICA

• sons consonanticos : /g/, /�/, /k/, /�/, /t�/

FILE 7

GRAMÁTICA

• terceira condicional

• questions tags, preguntas indirectas

• verbos + preposicións

VOCABULARIO

• construír adxectivos e adverbios

• nomes compostos

• what or which? Pronomes relativos

• a televisión; phrasal verbs

FONÉTICA

• entonación nas questions tags.

• Pronunciación dos phrasal verbs, revisión dos sons que van xuntos

TEMPORALIZACIÓN

Page 9: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

9

En total 105 horas lectivas aproximadamente, dado que se programan charlas, excursións,

etc., calcúlanse 33 horas lectivas por avaliación, o que permite a introducción de material

de repaso, de reforzo, proxectos, etc. Prográmanse 4 unidades para a primeira avaliación e

3 para a segunda e terceira.

ASPECTOS SOCIOCULTURAIS:

- Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para eliminar barreiras de

entendemento e comunicación entre pobos

- Contraste entre aspectos culturais da vida cotiá que transmite a lingua estranxeira e os

propios: costumes familiares, deportes, sistema educativo, etc.

-Adecuación das mensaxes ás características do interlocutor

- Identificación de costumes e rasgos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde

se fala a lingua estranxeira: horarios, festividades,etc.

- Uso de fórmulas lingüísticas axeitadas ás situacións comunicativas: saúdos e despedidas,

peticións con cortesía

- Recoñecemento da presenza e importancia da lingua estranxeira nas TIC

- Usa-lo discurso adecuado ás diferentes situacións de comunicación

- Valorar criticamente as informacións recibidas na lingua estranxeira

- Interesarse por usa-la lingua de xeito creativo

- Valora-la importancia das convencións sociolingüísticas nos actos de comunicación na

lingua estranxeira

- Utiliza-la lingua estranxeira como acceso á información sobre as diferentes materias do

currículo

- Valora-lo enriquecemento que a nivel persoal ou profesional suón o coñecemento de

varias linguas

- Reflexionar sobre o funcionamento das linguas, a partir das similitudes e diferenzas que

se poden establecer entre os seus sistemas lingüísticos

- Valora-las diferenzas existentes entre as diversas culturas e manifestar unha actitude de

tolerancia e respecto cara a elas

Page 10: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

10

2º BACHELERATO

HABILIDADES COMUNICATIVAS; ESCOITAR, FALAR E CONVER SAR:

- Obtención de información global e específica en textos orais e escritos e identificación

das ideas principais contidas nos mesmos co fin de realiza-las tarefas requiridas:

transferencia de información, comprobación de datos previos

- Predición e inferencia de información en distintos tipos de textos e comprobación das

ideas ou suposicións feitas mediante a lectura ou audición posterior

- Participación e contribución activa en discusións ou debates sobre diversos temas

- Expresión da argumentación e contra-argumentación, tanto oralmente como por escrito,

sobre diversos temas.

- Resolución de problemas de forma cooperativa e toma de decisións en grupo sobre un

tema específico

- Lectura de forma autónoma de textos escritos referidos á actualidade, á vida cultural ou

relacionados cos intereses profesionais, presentes ou futuros, dos alumnos

- Comparación e contraste entre textos sobre o mesmo tema publicados en diferentes

medios de comunicación

- Narracións orais e escritas de acontecementos, experiencias e opinións persoais

- Planificación das mensaxes que se desexan transmitir tendo en conta os interlocutores, a

intención comunicativa e os esquemas textuais axeitados

- Participación na elaboración de proxectos, como a confección dun periódico, folleto,

enquisa, sondaxe, integrando as destrezas de forma axeitada

- Construción de textos coherentes, atendendo á corrección no uso de elementos

lingüísticos, estruturación de frases e parágrafos, e a relevancia do contido e ideas exportas

en relación cun tema determinado

- Finalización de textos dos que se proporciona un o varios parágrafos, acadando un texto

final con elementos que lle dean cohesión e coherencia

FUNCIÓNS DA LINGUAXE E GRAMÁTICA

• Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir e advertir

• Solicitar información utilizando preguntas indirectas. Referirse a unha información

recibida anteriormente utilizando verbos específicos

• Narrar unha biografía e planificar un relato

Page 11: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

11

• Formular �suposicións e especular. Establecer condicións e falar de verdades

xerais. Expresar queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento

• Describir detalladamente o aspecto físico e o carácter dunha persoa real ou

imaxinaria

• Amosar acordo e desacordo e dar explicacións

• Analizar cambios en diferentes lugares e cousas na sociedade

• Expresar sentimentos e falar de relacións persoais

LÉXICO-SEMÁNTICO

• Experiencias, noticias, ocio, intereses, lugares.

• Fórmulas e expresións

FONÉTICA

• Pronunciación de fonemas de especial dificultade : s en posición final.

• Formas débiles

• Acentuación de palabras e frases

• Entoación de frases.

• Ritmo

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS

UNIT 1

GRAMÁTICA

• Describir cousas e persoas mediante oracións de relativo especificativas e

explicativas.

• Expresar especulación sobre o que lles pode pasar.

• Conectar ideas parecidas e expresar ideas opostas mediante conectores de adición e

contraste.

• Expresar as vantaxes e desvantaxes de algo coñecendo a estrutura dos textos

argumentativos.

• Deducir regras gramaticais a partir da observación.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado coa tecnoloxía e Internet e coa comunicación.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: only e alone.

• Collocations con run e break.

Page 12: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

12

• Idioms relacionados coa comunicación: speak one’s mind, be all ears, etc.

• Fórmulas lingüísticas para describir fotografías.

• Conectores de adición (also, in addition, moreover, furthermore...) e contraste

(although, but, however, nevertheless, despite, although...).

FONÉTICA

• Pronunciación dos sons /s/, /z/ e /iz/.

• A acentuación das palabras dentro das frases.

UNIT 2

GRAMÁTICA

• Expresar accións que estiveron ocorrendo ao longo do tempo co Present Perfect

Continuous e feitos pasados co Past Perfect Continuous.

• Analizar cambios, relatar e describir usando o xerundio ou o infinitivo.

• Comparar fotografías de persoas, especular e expresar preferencias.

• Narrar feitos ordenadamente, utilizando os conectores de secuencia.

• Relatar acontecementos coñecendo a estrutura dos textos narrativos.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado coas normas no pasado e cos sentimentos.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: hard e hardly.

• Phrasal verbs formados con come e stand.

• Sufixos para formar nomes e adxectivos.

• Fórmulas lingüísticas para comparar fotografías.

• Conectores de secuencia: In the beginning, first of all, next, then, finally, in the end-

FONÉTICA

• Pronunciación dos ditongos presentes nas palabras near / beer e care / fair.

• O ritmo das frases.

UNIT 3

GRAMÁTICA

• Expresar obriga, prohibición, necesidade, capacidade, posibilidade, deducións sobre

o presente e o pasado, etc., cos modais e cos modais perfectos.

• Expresar consellos e advertencias con should e had better.

Page 13: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

13

• Evitar repeticións de substantivos mediante o uso dos pronomes.

• Expresar causa e efecto mediante conectores e conxuncións causais e consecutivas.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado co tema dos idiomas e da aprendizaxe de linguas.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: through, thought e though.

• Diferenzas entre o inglés británico e o americano.

• Prefixos que se engaden a nomes, adxectivos e verbos para formar novas palabras.

• Fórmulas lingüísticas para pedir repetición, aclaración, etc., nunha entrevista de

traballo.

• Conectores de causa (because, since, due to, owing to...) e de resultado (therefore,

so...).

FONÉTICA

• Pronunciación correcta dos sons /j/ e /w/.

• A diferente entoación das preguntas con partícula interrogativa e as Yes / No

questions.

UNIT 4

GRMÁTICA

• Referir informacións recibidas anteriormente mediante o uso do estilo indirecto,

solicitar información, utilizando preguntas indirectas e relatar ordes, rogos e

suxestións doutras persoas, utilizando os verbos introdutorios adecuados: say, tell,

answer, ask, enquire, order, shout, advise, suggest, beg, etc.

• Expresar opinión, pedirlla a outras persoas, mostrar acordo e desacordo coas

mesmas.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado coa investigación nutricional.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: each e all.

• Phrasal verbs formados con bring e put.

• Idioms ou frases coloquiais que inclúen palabras relacionadas coa comida pero que

teñen significados moi diversos: have your cake and eat it, bite off more than you

can chew, etc.

Page 14: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

14

• Fórmulas lingüísticas para dar e pedir opinión, mostrar acordo e desacordo.

• Adverbios para resumir e ser concisos: apparently, consequently, presently...

FONÉTICA

• Pronunciación correcta do son /h/.

• A acentuación das oracións declarativas.

UNIT 5

GRAMÁTICA

• Analizar cambios en diferentes lugares e cousas e na sociedade mediante a voz

pasiva e have / get something done.

• Expresar a opinión, pensamento ou crenza xeral coas formas pasivas especiais It is

said that he / He is said to.

• Comparar fotografías de persoas, especular e expresar preferencias.

• Expresar finalidade e propósito mediante oracións subordinadas finais.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado coa música.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: live (adx.) e lives (n).

• Collocations con go e thing.

• As familias de palabras.

• Fórmulas lingüísticas para comparar fotografías.

• Conectores de finalidade: to, in order to, in order not to, so that, so as to e so as not

to.

FONÉTICA

• Pronunciación dos ditongos /ai/, /oi/ e /au/ presentes nas palabras five - might,

boy - joy e drown - cow.

• A acentuación das palabras polisílabas.

UNIT 6

GRAMÁTICA

• Formular hipóteses e especular. Estabelecer condicións: as oracións condicionais

dos tres tipos.

• Expresar relacións temporais coas oracións subordinadas de tempo.

Page 15: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

15

• Expresar queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento: I wish / If only

+ Past Simple ou Past Perfect e I wish + would.

• Inferir mensaxes lendo entre liñas e sacando conclusións do que non está

explicitamente expresado no texto..

• Desenvolverse nunha discusión expoñendo o tema e argumentando para convencer.

• Describir lugares utilizando adxectivos e adverbios que enriquezan a descrición.

• Usar a terminoloxía adecuada aos contidos.

• Deducir regras gramaticais a partir da observación.

• Aceptar o erro como parte integrante do modelo de aprendizaxe.

• Recoñecer a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe.

VOCABULARIO

• Vocabulario relacionado coas profesións, o traballo e os estudos ao rematar a

educación secundaria obrigatoria.

• False friends.

• Palabras que se confunden facilmente: whole e all.

• Diferenzas entre o inglés británico e o americano.

• Phrasal verbs formados con turn e see.

• Fórmulas lingüísticas para presentar o tema dunha conversación, mostrar

desacordo, convencer e finalizar unha discusión.

• Conxuncións temporais (when, as soon as, by the time...).

FONÉTICA

• Pronunciación correcta das formas verbais contraídas.

ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS:

• Identificación dos rasgos dialectais máis significativos da lingua estranxeira

• Recoñecemento de diferenzas culturais e de comportamentos sociais entre

grupos de falantes da mesma comunidade lingüística

• Reflexión sobre similitudes e diferenzas entre culturas

• Reflexión sobre outros modos de organiza-las experiencias, co fin de

desenvolver actitudes de comprensión cara a outras convencións culturais

• Uso de rexistros axeitados segundo o contexto comunicativo, o interlocutor e a

intención dos interlocutores

Page 16: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

16

• Recoñecemento da importancia da lingua estranxeira para afondar en

coñecementos que resulten de interese ó longo da vida profesional

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

• Usa-lo discurso adecuado ás diferentes situacións de comunicación en lingua

estranxeira

• Valorar criticamente as informacións recibidas na lingua estranxeira

• Interesarse por usa-la lingua de xeito creativo

• Valora-la importancia das convencións sociolingüísticas nos actos de

comunicación na lingua estranxeira

• Utiliza-la lingua estranxeira como acceso á información sobre as diferentes

materias do currículo

• Valora-lo enriquecemento que a nivel persoal ou profesional supón o

coñecemento de varias linguas

• Reflexionar sobre o funcionamento das linguas, a partir das similitudes e

diferenzas que se poden establecer entre os seus sistemas lingüísticos

• Valora-lo coñecemento da lingua estranxeira como medio de acceso e

comunicación entre os pobos e outras culturas

• Valora-las diferenzas existentes entre as diversas culturas e manifestar unha

actitude de aceptación e respecto cara a elas

D. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

1º BACHALERATO -

- Extraer información global e específica nas mensaxes orais , recoñece-las estratexias

comunicativas utilizadas polos interlocutores e en textos escritos e utiliza-las destrezas e

estratexias relacionadas con distintos tipos de lectura

- Participar en conversacións e debates preparados de antemán sobre temas de interese, e

producir mensaxes coherentes e con corrección formal para a comunicación

- Extraer de xeito aut-ónomo información contida nos documentos sobre a cultura e a

actualidade dos países da lingua estranxeira e sobre temas de interese, anticipando e

deducindo datos a partir do contexto

- Redactar con material de consulta textos diversos con corrección sintáctica e utiliza-los

elementos que aseguren a cohesión e coherencia do texto.

Page 17: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

17

- Reflexionar sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, razoando, argumentando,

deducindo, sintetizando e inducindo regras.

- Utiliza-los elementos lingüísticos (gramaticais, léxicos, ortográficos, fonéticos e textuais)

que faciliten a sistematización da aprendizaxe

- Transferi-lo coñecemento das regras de funcionamento da lingua estranxeira á situacións

novas

- Usar de forma autónoma recursos, fontes de información e materiais de referencia para

contrastar conclusións, sistematizar e consolidar coñecementos

- Reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe, aceptando e corrixindo erros,

reformulando regras, expresando definicións sobre o aprendido .

- Interpretar rasgos que definen a cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira e

mostrar coñecementos de tipo xeográfico, histórico, artístico, literario e incorpora-lo

devandito coñecemento na comunicación

- Achegarse á diversidade social e cultural que transmite a lingua estranxeira e busca-las

similitudes e as diferenzas con respecto á propia

- Profundar no coñecemento e valoración da cultura propia a partir das informacións

socioculturais que transmite a lingua estranxeira

2º BACHALERATO:

- Extraer informacións globais e específicas de textos orais emitidos por medios de

comunicación sobre aspectos da cultura da lingua estranxeira e temas xerais relacionados

cos seus estudios e intereses

- Extraer informacións globais e específicas de textos escritos variados utilizando

estratexias para inferir datos descoñecidos e demostra-la comprensión dunha tarefa

- Participar con fluidez en conversacións improvisadas e en narracións, exposicións,

argumentacións e debates, utilizando estratexias de comunicación e o tipo de discurso

adecuado á situación

- Ler de maneira autónoma a información contida en textos escritos referidos á actualidade,

á vida cultural ou relacionados cos seus estudios e intereses presentes e futuros

- Redactar coa axuda pertinente, textos que demanden unha planificación e elaboración

reflexiva de contidos, coidando a corrección lingüística, a cohesión e a coherencia

Page 18: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

18

- Reflexionar sobre os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos e

discursivos adquiridos e aplicar con rigor e precisión os mecanismos de autocorreción que

reforcen a autonomía na aprendizaxe

- Utilizar de maneira espontánea as estratexias de aprendizaxe adquiridas e consultar

materiais de referencia para resolve-los problemas e profundar na aprendizaxe do sistema

lingüístico e sociocultural

- Identifica-los distintos compoñentes da competencia comunicativa, facilitadotes dunha

correcta comunicación

- Valora-la efectividade das regras que se coñecen como resultado de procesos indutivos-

dedutivos e mostrar dispoñibilidade para completalas ou modificalas, en caso de

necesidade

- Valora-lo coñecemento lingüístico como medio de entendemento entre os pobos e as

culturas

- Detecta-los erros, reflexionar sobre as causas e corrixilos, na procura da autonomía na

aprendizaxe

- Analizar, a través de documentos auténticos, as manifestacións culturais e os aspectos

sociolingüísticos transmitidos na lingua estranxeira, desde unha perspectiva enriquecida

polas diferentes linguas e culturas que coñece o alumnado

- Identifica-los elementos non verbais da comunicación que difiren entre os membros dinha

mesma comunidade lingüística e entre membros de culturas diferentes

- Usar rexistros adecuados e considera-lo contexto no que se produce a comunicación

- Comprender datos e informacións que favorezan o desenvolvemento profesional, que

sexan propias de países onde se fala a lingua estranxeira e no ámbito da comunicación

internacional

E. CONTIDOS MÍNIMOS:

1º BACHALERATO:

- Obtención de información global e específica de textos orais e escritos con fins

específicos: identificación de ideas principais, comprobación de datos previos, opinión

sobre as ideas do texto, debate.

- Audición comprensiva de mensaxes emitidas por falantes con distintos acentos

Page 19: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

19

- Interacción oral con outras persoas, planificado previamente a mensaxe que se desexa

transmitir ou a información que se desexa requirir, coidando tanto a coherencia como a

corrección formal

- Descricións e narracións baseadas en experiencias ou opinións persoais

- Ordenación lóxica de frases e parágrafos co fin de realizar un texto coherente,

empregando os elementos de enlace axeitados.

- Redacción de distintos tipos de textos (narrativos, descritivos, cartas, resumos, traballos)

tanto formais como informais, respectando a estrutura dos mesmos

Ademais consideramos mínimos todos os contidos atitudinais que aparecen citados na

programación.

2º BACHALERATO

- Obtención de información global e específica de textos orais e escritos co fin de realiza-

las tarefas de transferencia de información, comprobación de datos previos…

- Participación e contribución activa en discusións ou debates sobre diversos temas

- Expresión de argumentación e contra-argumentación, tanto oralmente como por escrito,

sobre diversos temas

- Lectura de forma autónoma de textos escritos referidos á actualidade, á vida cultural ou

relacionados cos intereses profesionais dos alumnos

- Narración orais e escritas de acontecementos, experiencias e opinións persoais

- Planificación das mensaxes a transmitir, tendo en conta os interlocutores, a intención

comunicativa e os esquemas textuais

- Construción de textos coherentes, atendendo á corrección no uso de elementos

lingüísticos, estruturación de frases e parágrafos e a relevancia de contido e ideas exportas

en relación cun tema determinado

- Comprensión de textos orais realizando actividades de elección múltiple sobre os mesmos

F.TEMPORALIZACIÓN :

En 1º BAC en total 105 horas lectivas aproximadamente, dado que se programan charlas,

excursións, etc., calcúlanse 33 horas lectivas por avaliación, o que permite a introducción

Page 20: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

20

de material de repaso, de reforzo, proxectos, etc. Prográmanse 4 unidades para a primeira

avaliación e 3 para a segunda e terceira.

En 2º BAC en total 90 horas lectivas aproximadamente, dado que se programan charlas,

excursións, etc., calcúlanse 30 horas lectivas por avaliación, o que permite a introducción

de material de repaso, de reforzo, proxectos, etc. Prográmanse dúas unidades por

avaliación. A temporalización ven determinada polo exame de Selectividade que obriga a

realizar a avaliación final a finais de maio.

G. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN:

Os alumnos que teñan inglés de 1º de Bacharelato pendente terán dúas convocatorias

extraordinarias, a primeira en Xaneiro e a segunda a finais de Abril ou primeiros de Maio,

a esta última deberán presentarse aqueles alumnos que non aprobaran na convocatoria de

Xaneiro. O contido desta proba abarcará todos os contidos mínimos de 1º de BAC.

H. REFORZOS PARA LOGRAR A RECUPERACIÓN

A superación da primeira e segunda avaliación de2º de BAC suporá o aprobado da materia

pendente. Asimesmo o profesorado lle entregará aos alumnos exercicios fotocopiadosque

terán que realizar en entregar, xunto con todos os exercicios do Workbook de English File

Intermediate.

I .CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

1º BACHALERATO:

Para chegar a cualificación de cada alumno/a se lle asigna a seguinte porcentaxe:

A porcentaxe asignada a cada proba ou control do grupo é do 90%.Poden ser probas de

cada unidade , de dúas unidades ou probas trimestrais ou finais. Asimesmo haberá un

exame da novela no segundo e terceiro trimestre.

A porcentaxe asignada a proba do desdoble é do 10%.

No caso de notas de medio punto redondease medio punto a alza ou a baixa tendo en conta

os seguintes criterios:

- Traballo e atitude na clase.

- Realización de deberes (exercicios do workbook, traballos)

A nota de cada avaliación será a media ponderada de todas a probas realizadas na mesma.

Page 21: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

21

Os traballos e probas lles serán devoltos aos alumnos correxidos e coa puntuación asignada

a cada pregunta e apartado para que os alumnos realicen a súa autoavaliación e analicen os

seus erros.

2º BACHALERATO:

Cada trimestre haberá como mínimo unha proba de gramática de vocabulario, un texto de

selectividade e un listening. A porcentaxe para cada unha destas probas é a seguinte:

Vocabulario e gramática: 35%

Texto de Selectividade 65%

Listening 5%

A nota de cada avaliación será a media ponderada de todas as probas realizadas na mesma.

A nota de desdoble será orientativa, xa que non haberá exame e os traballos realizados servirán para axustar as notas de medio punto.

J. PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS

NECESARIOS NOS CONTIDOS PROGRESIVOS:

Neste apartado remitimos ao apartado G (Actividades de recuperación da

materia pendente)

K. CRITERIOS DE PROMOCIÓN

Neste apartado remitímonos a lexislación vixente sobre criterios de promocion en BAC.

1. Ao finalizar o primeiro curso, e como consecuencia do proceso de avaliación, o profesorado adoptará, para cada alumno, as decisións correspondentes sobre a súa promoción ao segundo curso.

2. Pasarase ao segundo curso cando se superen todas as materias cursadas ou se teña

avaliación negativa en dúas materias como máximo. 3. O alumnado que pase ao segundo curso sen superar todas as materias, deberase

matricular das materias pendentes do curso anterior. Os centros organizarán as consecuentes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes.

Permanencia dun ano máis no mesmo curso:

Page 22: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

22

1. Os alumnos e as alumnas que non pasen a segundo curso terán que permanecer un ano máis en primeiro, que deberán cursar de novo na súa totalidade se o número de materias con avaliación negativa é superior a catro.

2. Os alumnos que non pasen a segundo curso e teñan avaliación negativa en tres ou

catro materias poderán optar por repetir o curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primeiro con avaliación negativa e ampliar a devandita matrícula con dúas ou tres materias de segundo nos termos que determinen as administracións educativas. En todo caso estas materias de segundo non poderán requirir coñecementos incluídos nas materias de primeiro curso non superadas, xa sexa en función do disposto no anexo I do real decreto 1467/2007, de 2 de novembro, ou no que dispoñan as administracións educativas para as materias comúns e optativas. A matrícula nestas materias de segundo terá carácter condicionado, sendo preciso estar en condicións de pasar a segundo dentro do curso escolar para que as devanditas materias poidan ser cualificadas. O alumnado menor de idade deberá contar coa autorización dos seus pais ou titores para este réxime singular de escolarización.

3. Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa

nalgunhas materias poderanse matricular nelas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas.

L - ORIENTACIONS METODOLÓXICAS XERAIS

As estratexias metodolóxicas soan a referencia de cómo ensinar. Neste senso, a educación

concíbese como un proceso construtivo no que a relación e a actitude que manteñan o

profesor e o alumno permiten a aprendizaxe significativa. Esta concepción permite a

funcionalidade da aprendizaxe, na medida en que o alumno poida utilizar o aprendido en

circunstancias reais, levándoo a práctica ou utilizándoo para lograr novas aprendizaxes.

Por outra banda, convén lembrar que o noso obxectivo non e solo que os alumnos dominen

unha determinada serie de estruturas, vocabulario, funciones, etc., senón que podan

enfrontarse con éxito a distintas situacións de comunicación (oral e escrita) dunha

complexidade crecente, pero sempre a partires da capacidade que xa posúen. Podemos ver

o proceso así:

• Actividades que lles dean a oportunidade de reflexionar sobre a lingua, a súa

aprendizaxe, o propio progreso, etc.

• Informar sobre posibles alternativas temáticas, metodolóxicas, etc.

• Permitir a oportunidade de elixir e levar á práctica o elixido.

• Practicar unha flexibilidade que permita diferentes rutas ou modos de traballo.

• Realizacións (produtos).

Page 23: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

23

Nunha clase con diferentes niveis de aprendizaxe convén seguir unhas estratexias para

solucionar problemas:

1. Utilizar a lingua nai para explicar ou traducir o que sexa necesario.

2. Proporcionar exercicios extra para os que acaban antes.

3. Asignar deberes para os que os necesiten.

4. Utilizar métodos indutivos o dedutivos, segundo as necesidades da clase.

5. Ser positivo cando se avalía o traballo feito, aínda que se cometeran erros

Este curso prestará especial atención ao aspecto oral, xa que o exame de Selectividade incluía unha proba de comprensión oral. Asemade se terá en conta a importancia da lectura (skimming, scanning) e escritura xa que os alumnos terán unha proba de comprensión escrita . Polo tanto se lles facilitarán destrezas para comprender un texto e ser quen de escribir con fluidez e corrección. Utilizaranse textos auténticos e exames anteriores de Selectividade e se analizarán manifestacións culturais e aspectos sociolingüísticos. Realizaránse múltiples listenings para que teñan práctica suficiente. Top Marks for Bacharelato 2 articúlase ao redor dos seguintes principios básicos: � Ensinar a lingua estranxeira co fin de que o alumno/a logre comunicarse e

desenvolverse con éxito no plano oral e no escrito dun xeito natural. � Profundar no desenvolvemento das estratexias de aprendizaxe para que poida

enfrontarse con éxito a situacións reais de comunicación. � Conseguir que entenda o funcionamento do sistema lingüístico e que reflexione sobre

o mesmo, comparándoo coa súa lingua materna, para alcanzar un bo nivel de comunicación.

� Profundar no sistema fonético, nas funcións gramaticais e no vocabulario de modo

que poida recoñecelos e empregalos en situacións reais de comunicación. � Desenvolver e dominar de forma integrada as catro destrezas básicas: listening,

speaking, reading e writing. � Ofrecerlle todas as facilidades posíbeis para que amplíe os seus coñecementos sobre

os aspectos socioculturais da lingua inglesa e asimile a cultura da que forma parte, evitando así que exprese os seus logros só en termos morfosintácticos e funcionais.

� Espertar no alumno a responsabilidade de conseguir a autonomía na súa aprendizaxe,

recoñecendo os métodos de estudo e o tipo de organización que máis lle conveñan. � Motivalo con temas de interese e ofrecerlle unhas metas claras ao longo do curso.

Page 24: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

24

� Fomentar a autoavaliación como ferramenta imprescindíbel para conseguir un progreso eficaz na aprendizaxe.

M - LIBROS DE TEXTO, MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICO S.

1º BAC: New English File Intermediate. Edit OUP

2º BAC: Top Marks 2º Bacharelato. Edit Burlington Books.

O material de que consta cada texto e o seguinte:

Student’s Book

Workbook

Guía Didáctica

Teacher’s Guide

Resource Book

DVD

Video

MultiROM

CD e casete

Libros de lectura obrigatoria:

1º BACHARELATO: The Client, John Grisham,Edit.. Burlington Books

The Thirty-nine Steps, John Buchan, Edit.. Burlington Books

Fotocopias de exames reais de Selectividade-

O departamento conta co seguinte equipo audiovisual:

- 2 televisores

- 2 reprodutores de DVDs.

- 1 reprodutor de videos

- 6 reprodutores de CDs e cassettes.

- ordenador e impresora

- 6 ordenadores portátiles (a compartir cos demáis Departamentos)

- 1 proxector (a compartir co departamento de francés)

Asemade temos películas en formato video e DVD, cintas de audio, dicionarios, lecturas

graduadas, libros de consulta e apoio, revistas, folletos, posters, xogos e libros de texto.

Algúns dos libros están no departamento e outros na biblioteca.

Page 25: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

25

N. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS .

Nos libros de texto tívose un gran coidado ao tratar este aspecto. Os personaxes principais non mostran características distintas polo feito de ser mozos ou mozas, e insístese en que tanto uns coma outros poden realizar calquera tipo de actividade. A lingua inglesa, como reflexo dunha realidade sociocultural, fomenta nos alumnos a reflexión sobre este tema, a través de termos que fan referencia ás persoas sen especificar o sexo. As unidades do curso abordan contidos como a igualdade no ámbito escolar, laboral e deportivo, o trato igualitario dos fillos e das fillas na contorna familiar, etc.

Educación moral e cívica O material do curso móstralles aos alumnos aspectos da vida cotiá nos que é necesario respectar unhas normas básicas, e adoptar actitudes positivas e solidarias para a convivencia en sociedade.

Educación para a paz Na loita por alcanzar un mundo sen conflitos nacionais e internacionais, é fundamental inculcarlles ás novas xeracións o respecto por sociedades e culturas distintas ás de cada cal. O material curricular mostra a realidade plural do Reino Unido, e ofrécea como modelo de convivencia harmónica, ao coincidir nacionalidades diferentes e contar cunha numerosa poboación de orixe asiática e afrocaribeña, de razas e crenzas diferentes. A contribución de homes e mulleres de diferentes partes do mundo ao acervo cultural e ao progreso pacífico da humanidade serve para reforzar a idea dun mundo que pode desenvolverse sen recorrer á violencia para solucionar os seus conflitos. En canto a contidos específicos, trátanse cuestións como a relación con familiares e amigos, a comunicación a través dunha lingua que non é a nosa, o respecto por culturas, razas e crenzas diferentes, a música como medio de entendemento entre os mozos, as achegas de diversos países á cultura e ao progreso da humanidade, etc.

Educación para a saúde Utilizando a lingua estranxeira como vehículo, os alumnos reflexionan sobre aspectos que inciden no mantemento dun bo estado de saúde, tanto física como mental.

Educación ambiental Ao longo do curso resáltase a necesidade de respectar o medio ambiente, reflexionando sobre o papel que o medio natural xoga no equilibrio ecolóxico do planeta, e as accións que poden danalo. Esta reflexión é unha chamada de atención sobre situacións, provocadas polo home e prexudiciais para el, que é preciso corrixir, e pretende espertar nos alumnos unha maior conciencia ecolóxica.

Educación sexual A educación sexual recibe un tratamento adecuado á idade dos alumnos desta etapa formativa. Personaxes masculinos e femininos cos que poden identificarse facilmente relaciónanse con naturalidade e sen inhibicións, participan xuntos en actividades de tempo libre e axúdanse uns a outros.

Page 26: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

26

Os contidos de educación sexual, xunto cos de igualdade de oportunidades de ambos sexos, axudarán os alumnos a conseguir un equilibrio psicolóxico adecuado nas relacións con membros do sexo oposto, levándoos a desenvolver unha sexualidade sa e aberta. Son contidos desta área as relacións e a correspondencia entre adolescentes de ambos sexos, e a igualdade entre eles en todos os ámbitos.

Educación do consumidor A reflexión sobre este tema faise a partir de situacións próximas aos adolescentes desta idade: tomar algo nunha cafetería, comprar roupa, utilizar os medios de comunicación de masas, ir de viaxe. A situacións suscitadas conducen a unha reflexión sobre o hábito de consumir e a importancia de facelo de xeito sensato, comprando aquilo que necesitamos sen malgastar nun desmedido afán de consumo.

Educación vial Unha vez máis, este tema transversal trátase de forma integrada no material do curso, a través de imaxes que reflicten un comportamento cívico dos personaxes á hora de circular por diversas vilas e cidades, e o hábito de recorrer ao transporte público e á bicicleta para viaxar sempre que lles é posíbel. A continuación ofrecemos unha lista de datas idóneas para motivar a reflexión e o traballo sobre os temas transversais tanto por medio de actividades normais de aula como por medio de actividades extraordinarias.

16 de outubro: Día mundial da alimentación 17 de outubro: Día mundial da erradicación da pobreza 20 de novembro: Día dos dereitos do neno e da nena 1 de decembro: Día mundial da SIDA 3 de decembro: Día internacional de persoas con minusvalías 6 de decembro: Día da Constitución española 10 de decembro: Día dos dereitos humanos 30 de xaneiro: Día escolar da non-violencia e da paz 8 de marzo: Día internacional da muller 15 de marzo: Día internacional do consumidor 21 de marzo: Día internacional contra a discriminación racial 22 de marzo: Día mundial da auga 7 de abril: Día mundial da saúde 9 de maio: Día de Europa 31 de maio: Día mundial sen tabaco 5 de xuño: Día mundial do ambiente

O. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE 1º BACHALERATO

Actividades de ampliación e reforzo Este proxecto editorial parte do recoñecemento de que en toda clase de Secundaria hai

alumnos con diferentes estilos e ritmos de aprendizaxe, e tamén con diversos graos de motivación. Pois ben, New English File Intermediate márcase como obxectivo que todos

Page 27: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

27

os alumnos participen no proceso de aprendizaxe con plena satisfacción e teñan o éxito que corresponda á súa capacidade e interese.

A diversidade de exercicios e actividades utilizados no material do curso fai posíbel que todos os alumnos atopen algún que se adapte ao seu estilo de aprendizaxe. Por exemplo, os enfoques indutivo e dedutivo que se adoptan para o estudo da gramática proporcionan formas diferentes de acceder a un mesmo contido, e, segundo o seu estilo individual de aprendizaxe, os alumnos beneficiaranse dun ou doutro enfoque.

En canto aos ritmos de aprendizaxe, unha gran cantidade de actividades permite que quen o necesite dispoña de actividades de ampliación ou de reforzo.

O material curricular tamén ten en conta que hai alumnos que, sen ter unha capacidade grande como aprendices de linguas, poden con todo ser bos noutros campos como o debuxo ou as ciencias, ou ter algunha afección interesante que o profesor poida aproveitar na clase. Iso aumentará a motivación destes alumnos e demostrará a todos o valor que se lles concede a diversas destrezas ou habilidades, e non só á lingüística. 2ºBACHALERATO: Top Marks for Bacharelato 2 ten en conta a diversidade existente nas aulas en canto ao nivel de coñecementos e ao grao de facilidade para a aprendizaxe que teñen os alumnos/as. Nesta difícil tarefa, proporciónalle abundante axuda ao profesorado, a través daactividades do Student’s Book e do Workbook, das valiosas suxestións no Teacher’s Manual. Como punto de partida tivemos en conta catro ámbitos de diversidade: . A capacidade para aprender Cada alumno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe. Partimos da base de que todos son capaces de alcanzar un nivel mínimo, sempre que sigan un ritmo sostido de traballo, que pode ser diferente para cada un. Consideramos este aspecto tanto na investigación inicial coma en todo o desenvolvemento do curso, segundo se manifesta nas actividades do Student’s Book e no Workbook ao incluír un repaso continuo de estruturas e de vocabulario. Ambos os dous ofrecen tarefas con diferentes niveis de dificultade para poder integrar aos distintos tipos de alumnos/as. Por outra banda, o Teacher’s-All-in-One Pack inclúe amplas oportunidades de reforzo para os alumnos/as con capacidades menos desenvolvidas e á vez, material de ampliación para os de nivel máis avanzado. Con este conxunto de material fotocopiábel ao seu alcance, o profesorado pode elixir e adecuar as tarefas ao nivel concreto de cada alumno/a. . A motivación para aprender A motivación do alumno/a para aprender é moi diversa, sobre todo cando se trata dun idioma, xa que depende moito do historial de éxito ou de fracaso que tivese ata ese momento. En moitas ocasións, a motivación está directamente condicionada polo ambiente e polo contexto no que os alumnos se desenvolven. No noso curso tivemos en conta, tanto este factor coma as diferenzas no ambiente sociocultural do que proceden os alumnos/as, xa que todo iso inflúe notabelmente no nivel

Page 28: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

28

das súas motivacións individuais e tamén na forma máis lóxica e funcional de presentarlles os contidos. Para seleccionar os temas incluídos neste curso realizamos unha ampla investigación, abarcando o punto de vista do profesor/a, a través de cuestionarios, pero tamén o propio punto de vista dos alumnos/as, para adaptalos ás súas idades, experiencias e contorno. Seleccionáronse temas que fan posíbel a implicación emocional dos alumnos/as, dado o noso convencemento de que cando se apela ao que directamente lles afecta e lles interesa, a resposta ante o estimulo está asegurada. . Os estilos de aprendizaxe Ao longo dos últimos anos leváronse a cabo toda clase de análises sobre os diversos estilos de aprendizaxe á hora de estudar un idioma. Como é ben sabido, o alumno/a pode ser reflexivo ou impulsivo cando se enfronta ás súas tarefas escolares. Algúns alumnos poden reaccionar moi rapidamente e non obstante necesitar varios intentos para asimilaren unha idea, mentres que outros poden traballar máis a conciencia e aprender máis amodo conseguindo o mesmo resultado. Este factor foi tido en conta dun modo sistemático. Por exemplo, á hora de ensinar as estruturas incluíronse táboas e exercicios para aprender e repasar a gramática punto por punto, e tamén unha ampla repetición e práctica en distintas situacións para aqueles alumnos/as que non usen tanto o estilo analítico cando aprenden. Pensando nos diferentes estilos e niveis de desenvolvemento das capacidades de aprendizaxe deseñáronse varios tipos de actividades que dan cabida aos distintos estilos de aprendizaxe, enmarcadas nunha secuenciación de estratexias para que desenvolvan a súa autonomía en cada destreza comunicativa. Por iso desde a primeira unidade fomentamos a reflexión dos alumnos/as sobre a súa propia aprendizaxe, para que sexan conscientes do seu progreso e tamén aprendan de xeito máis efectivo; isto implica unha maior motivación e responsabilidade por parte do alumnado. Non obstante, no Teacher´s Manual sinalamos o tipo de estratexia que desenvolve cada actividade e o procedemento a seguir para sacarlle o máximo rendemento. Ademais, no Workbook presentamos diversos tipos de reforzo individualizado: táboas, encrucillados e exercicios para os alumnos/as máis analíticos, e moita e variada práctica para os máis impulsivos. . Os intereses dos alumnos/as Está comprobado que os intereses dos alumnos/as se diversifican moito máis en Bacharelato. O seu interese por aprender un idioma varía moito dependendo da súa motivación e/ou necesidade de facelo. Por iso incluímos unha gran variedade de temas, intentando que sexan de interese para a maioría. Ademais, levouse a cabo unha coidadosa selección de funcións co fin de que as poidan poñer en práctica nun futuro próximo, tales como as necesarias para responder un test de cultura xeral, manter conversacións informais entre a mocidade, escribir correos electrónicos, entender a xente da súa idade doutros países, etc. Para rematar, consideramos importante de cara ao profesorado, non só que poida recoñecer o tipo de diversidade que ten nunha determinada clase, senón tamén que a poida prever. A este respecto, incluímos no Teacher’s Manual numerosas suxestións que lle permitirán estabelecer os diferentes graos de coñecemento e de autonomía dos seus alumnos/as e os

Page 29: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

29

diversos xeitos en que lles pode presentar os contidos. Ademais atopará unha importante axuda no Teacher’s-All-in-One Pack, que contén:

- un pre-test para diagnosticar as necesidades dos alumnos/as e catro páxinas con exercicios de repaso para poder elixir o material fotocopiábel adecuado a cada un

- un test por cada unidade e dous trimestrais, todos con dous niveis de dificultade - dous exames finais en dous niveis de dificultade - doce follas de traballo sobre cada unidade do Student’s Book en dous niveis de

dificultade (More Practice para os alumnos/as que teñen o nivel do curso e Extension para os de nivel alto)

- un exame extra por cada unidade como práctica para o exame final, cun texto de lectura en cada un e preguntas de comprensión de diversos tipos.

- seis páxinas extra de listening para practicar a comprensión oral con preguntas de opción múltiple (as gravacións atópanse nos Class Audio CD).

- seis listening tests tamén co material gravado nos Class Audio CD. - seis follas extra de speaking para que practiquen a expresión oral. - seis speaking tests que lles servirán de adestramento por se algunha vez fan un

exame de inglés que conteña unha parte oral. - e seis páxinas extra de writing para que repasen e practiquen o vocabulario, as

estruturas e a redacción dos tipos de texto que aprenderon ao longo do curso. Outro compoñente que, sen ningunha dúbida, lle resultará útil ao profesorado é o Digital Teacher’s Pack, que contén tres CD-ROM: - Test Factory and Other Resources CD-ROM: contén todos os exames incluídos no

Teacher’s All-in-One Pack en formato editábel, para poder facer cambios e adaptalos ás distintas necesidades da clase.

- Burlington PAU Examination Builder CD-ROM: proporciona dez textos e ferramentas fáciles de usar para producir unha gran variedade de exames segundo as distintas comunidades autónomas.

- Interactive Whiteboard CD-ROM: preguntas que serven como punto de partida para fomentar a expresión oral, que se apoian en fotografías motivadoras, e análises guiadas dos textos do Student’s Book.

Por outra banda o Student’s Activity Multirom ofrece actividades interactivas de gramática e de vocabulario e listenings adicionais aos do Workbook, para que os alumnos/as con maiores dificultades de aprendizaxe poidan reforzar os seus coñecementos na casa e os máis avantaxados os poidan ampliar. As seccións Grammar, Vocabulary, Exam Practice, Exam Preparation e Check Your Progress foron deseñadas contando cos catro ámbitos de diversidade anteriormente citados e tratándoa dunha forma graduada e á vez ascendente.

Page 30: DEPARTAMENTO DE INGLÉS PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA …centros.edu.xunta.es/iesrosais2/downloads/programacionbac0910.pdf · • Presente simple y continuo, verbos estáticos y de

30

P . ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

- Lectura obrigatoria en 1º de Bacharelato de dous libros, un na primeira avaliación e

outro na segunda.

- Proxección de películas en versión orixinal e elaboración por parte dos alumnos de

material audiovisual sobre os diferentes países de fala inglesa para a súa proxección

no centro.

- Audición de cancións en inglés

- Asistencia dos alumnos de 1º BAC a unha obra de teatro en inglés

- Participación dos alumnos de 1º BAC na salida escolar “Vigo’s Old Town”,

organizada polo Concello de Vigo dentro do programa “Vigo por dentro”. Nela

visitan con un guía a zona vella da cidade e reciben explicacións sobre a historia de

Vigo en inglés. Posteriormente o profesor de inglés realiza unha actividade de

feedback na aula co grupo

- Preparación dun intercambio con alumnos dun centro de fala inglesa

A Xefa de Departamento: María C. Otero Rodríguez