declaración de compromiso coas artes escénicas

2
DECLARACIÓN DE COMPROMISO COAS ARTES ESCÉNICAS DÍA DO TEATRO 2015 O teatro galego creou e crea espazos de diálogo entre a sociedade e o público espectador. Igual que a cultura e a creación, mais dunha forma moito máis directa ao ser, por excelencia, o xénero da intervención social, o teatro fainos seres máis libres e felices, para alén de ser un dereito básico por servir de elemento en que depositamos o ser colectivo da nosa cultura, tal e como recolle a Declaración dos dereitos humanos no seu artigo 27.1: "Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e no beneficio que xeraren”. Nos momento en que coñecemos datos tan preocupantes para as artes escénicas na Galiza, cómpre facer balance da situación do teatro galego, na perspectiva de que a biografía do teatro galego é a biografía da cultura galega. Os momentos de maior brillantez nas artes escénicas, con presenza de compañías estábeis e a promoción do teatro amador, coinciden con períodos de aposta por converter a cultura nunha prioridade e por entender as múltiplas dimensións que posúe o feito teatral. O dato obxectivo de se desenvolveren cada vez menos representacións, de existir un estancamento dos espazos de teatro na Galiza e de desaparecen 10 festivas teatrais no noso país nos últimos dous anos -segundo o último informe do Consello da Cultura Galega- poñen perante os nosos ollos unha evidencia que o sector xa leva sufrindo estes últimos anos. Xustamente desde as entidades representativas do sector das artes escénicas veñen dando conta desta situación e reclamando que os poderes públicos apoien a nosa cultura e defendan o acceso ao teatro do conxunto do pobo galego. Mais a cultura galega no seu conxunto padece a ausencia dunha política cultural que a dimensione e a impulse como merece, tamén por ser un sector económico estratéxico para o noso país. Moi ao contrario, o goberno da Xunta de Galiza teima en contribuír ao proceso de homoxeneización cultural e dálle as costas á produción propia mentres aposta, descarada e irresponsabelmente, por manifestacións artísticas foráneas e polos espectáculos para un día, no canto de potenciar aquelas cuestións estruturais (potenciación do teatro amador, creación de espazos teatrais de referencia en vilas e cidades, apoio á produción propia...) que implicasen a mellora da situación dun sector con tradición e talento. A escusa da crise non existe, como tivemos ocasión de comprobar, cando se trata de apoiar espectáculos de artistas foráneos, a través da dilapidación de cartos públicos en cantidades que servirían para frear a desesperación de tantas persoas e grupos que tentan sobrevivir na Galiza. Así é como asistimos con escándalo á emigración forzosa de persoas do mundo das artes escénicas pola política cultural do PP. O goberno da Xunta leva practicado nestes últimos anos uns recortes sen precedentes no mundo da cultura e un dos sectores máis afectado é, sen ningunha dúbida, o das artes escénicas. A pesar de todo isto, o teatro galego está vivo. É a imaxe dun pobo que resiste e que se nega a esmorecer afrontando os ataques que sofre día a día. Vive grazas ao traballo e á implicación das pequenas asociacións culturais e dos grupos de teatro, tanto desde a vertente amadora como profesional, que porfían día a día traballando en galego e adaptando pezas teatrais para que se poidan representar en calquera recuncho, desde grandes teatros até pequenas cantinas. Do mesmo xeito, fronte a unha política cultural belixerante co sector, foi o labor continuado dalgúns concellos o que apostou por políticas de apoio e promoción ao teatro, facilitando locais, espazos, concedendo axudas, procurando lugares de visibilización e recuperando a dignidade para a produción teatral tanto amador como de compañías galegas.

Upload: bloque-nacionalista-galego

Post on 26-Jul-2015

127 views

Category:

News & Politics


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Declaración de compromiso coas artes escénicas

DECLARACIÓN DE COMPROMISO COAS ARTES ESCÉNICAS

DÍA DO TEATRO 2015

O teatro galego creou e crea espazos de diálogo entre a sociedade e o público espectador.Igual que a cultura e a creación, mais dunha forma moito máis directa ao ser, por excelencia, oxénero da intervención social, o teatro fainos seres máis libres e felices, para alén de ser undereito básico por servir de elemento en que depositamos o ser colectivo da nosa cultura, tal ecomo recolle a Declaración dos dereitos humanos no seu artigo 27.1: "Toda persoa ten dereitoa tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar noprogreso científico e no beneficio que xeraren”.

Nos momento en que coñecemos datos tan preocupantes para as artes escénicas na Galiza,cómpre facer balance da situación do teatro galego, na perspectiva de que a biografía doteatro galego é a biografía da cultura galega. Os momentos de maior brillantez nas artesescénicas, con presenza de compañías estábeis e a promoción do teatro amador, coincidencon períodos de aposta por converter a cultura nunha prioridade e por entender as múltiplasdimensións que posúe o feito teatral. O dato obxectivo de se desenvolveren cada vez menosrepresentacións, de existir un estancamento dos espazos de teatro na Galiza e de desaparecen10 festivas teatrais no noso país nos últimos dous anos -segundo o último informe do Conselloda Cultura Galega- poñen perante os nosos ollos unha evidencia que o sector xa leva sufrindoestes últimos anos.

Xustamente desde as entidades representativas do sector das artes escénicas veñen dandoconta desta situación e reclamando que os poderes públicos apoien a nosa cultura e defendano acceso ao teatro do conxunto do pobo galego. Mais a cultura galega no seu conxunto padecea ausencia dunha política cultural que a dimensione e a impulse como merece, tamén por serun sector económico estratéxico para o noso país. Moi ao contrario, o goberno da Xunta deGaliza teima en contribuír ao proceso de homoxeneización cultural e dálle as costas áprodución propia mentres aposta, descarada e irresponsabelmente, por manifestaciónsartísticas foráneas e polos espectáculos para un día, no canto de potenciar aquelas cuestiónsestruturais (potenciación do teatro amador, creación de espazos teatrais de referencia en vilase cidades, apoio á produción propia...) que implicasen a mellora da situación dun sector contradición e talento. A escusa da crise non existe, como tivemos ocasión de comprobar, candose trata de apoiar espectáculos de artistas foráneos, a través da dilapidación de cartos públicosen cantidades que servirían para frear a desesperación de tantas persoas e grupos que tentansobrevivir na Galiza. Así é como asistimos con escándalo á emigración forzosa de persoas domundo das artes escénicas pola política cultural do PP. O goberno da Xunta leva practicadonestes últimos anos uns recortes sen precedentes no mundo da cultura e un dos sectores máisafectado é, sen ningunha dúbida, o das artes escénicas.

A pesar de todo isto, o teatro galego está vivo. É a imaxe dun pobo que resiste e que se negaa esmorecer afrontando os ataques que sofre día a día. Vive grazas ao traballo e á implicacióndas pequenas asociacións culturais e dos grupos de teatro, tanto desde a vertente amadoracomo profesional, que porfían día a día traballando en galego e adaptando pezas teatrais paraque se poidan representar en calquera recuncho, desde grandes teatros até pequenascantinas. Do mesmo xeito, fronte a unha política cultural belixerante co sector, foi o laborcontinuado dalgúns concellos o que apostou por políticas de apoio e promoción ao teatro,facilitando locais, espazos, concedendo axudas, procurando lugares de visibilización erecuperando a dignidade para a produción teatral tanto amador como de compañías galegas.

Page 2: Declaración de compromiso coas artes escénicas

Os concellos orgullosos da nosa tradición teatral, conscientes da vinculación da nosadramaturxia coa recuperación de espazos públicos para a lingua galega, coñecedores da súapotencialidade, artística e como motor de dinamización económica, e sabedores da necesidadeapoiar e achegar as artes escénicas ao conxunto do pobo galego

COMPROMÉTENSE A:

1. Fomentar as industrias culturais galegas, especialmente nos apartados de edición, artesescénicas (teatro e danza), música, artes plásticas e investigación.

2. Impulsar as artes escénicas galegas e readaptar os espazos municipais para a súarepresentación. Dar apoio e soporte para albergar espazos creativos.

3. Realizar mostras e circuítos de teatro e danza.

4. Apoiar o teatro amador.

5. Colaborar entre diferentes concellos e administracións para xerar redes e desenvolver

circuítos de contratación.

6. Ampliar a cobertura xeográfica da oferta pública de programación de espectáculos de artes

escénicas dentro do concello, promovendo a distribución territorial e achegando o teatro á

veciñanza.

7. Colaborar cos centros de ensino para fomentar a relación do estudantado coas artes

escénicas desde a perspectiva da recepción e a creación. Promover circuitos e mostras de

exhibición do teatro e danza escolar, con intercambio entre centros. Potenciar a formación na

escrita teatral a través de obradoiros, cursos e outras actividades.

8. Apoiar o tecido asociativo cultural na localidade e fomentar a emerxencia de calquera

actividade de promoción e investigación sobre o teatro galego, o seu patrimonio e a súa

historia.

9. Traballar para aumentar os niveis de asistencia a espectáculos de artes escénicas da

poboación, promovendo a fidelización do público.

10. Impulsar a proxección de novas persoas creadoras no sector das artes escénicas.