débora campos vázquez

5
ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 49 Tecedores de redes: as estratexias dos galegos e das galegas na diáspora para ser e existir Débora Campos Vázquez (Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. Presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG) Resume Os blogs dos primeiro lustro do século foron mudando en muros nas redes sociais pero o obxectivo é o mesmo: construir dende a diáspora unha pertenenza e un vínculo coa terra, coa súa xente e coas súas institucións para reafirmar a presenza máis alá do país onde se reside. Cando o Estado semella estar en retirada, a comunicación horizontal é o mecanismo que permite a moitos individuos e colectivos non perder a súa condición de actores políticos, culturais e sociais. Palabras chave: galegos na diáspora, redes, comunicación horizontal Abstract Blogs of the first lustrum have been turning in walls in the social media but the goal is the same: to build from the exodus a belonging and attachment to the land, its people and its institutions to reaffirm the presence beyond the country where it resides. When the State seems to be in retreat, horizontal communication is the mechanism that allows too many people and groups not lose their status as political, cultural and social actors. Keywords: Galician people in exodus, networks, horizontal communication Hai dous anos, máis ou menos, un nutrido grupo de persoas que compartían as clases semanais do seu curso de lingua galega na cidade de Bos Aires, foron informadas sobre a cancelación dese programa. Pasmadas e afeitas aos Estados que non dan respostas, decidiron organizarse e reclamar. Mandaron cartas e asinaron peticións, conseguiron enderezos, escribiron mensaxes e fixeron escoitar o seu pedido en non poucos espazos. Presionaron. Con insistencia, presionaron. E, ainda que os cursos non voltaron, o que gañaron foi certamente máis importante: por una banda, conformaron un grupo de estudo autónomo que adianta na súa relación co idioma da Galiza a forza de exercicios, lecturas, películas e actividades que eles mesmos se procuran. E, pola outra, cobraron entidade política tanto na terra como na cidade de Bos Aires. Son O Terzo da Fala e todos saben da súa loita a prol do galego. Como o conseguiron? Comunicando. A rede Internet viviu nos primeiros anos do século a emerxencia dun formato de comunicación, os blogs ou bitácoras que presentaron unha posibilidade expresión, até o momento, inaudita: a capacidade de producir e publicar na rede sen ter (case) coñecementos informáticos. Estas pequenas publicacións, de edición individual en boa parte dos casos, supuxeron un auténtico desafío metodolóxico para comprender os cambios sociais e comunicativos que as novas tecnoloxías están a inducir nas sociedades contemporáneas”, anotaron os integrantes do Grupo de Investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, no seu

Upload: anuario-lusocom

Post on 23-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

ANUARIO LUSOCOM 2013

TRANSCRIPT

Page 1: Débora Campos Vázquez

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 49

Tecedores de redes: as estratexias dos galegos e das galegas na diáspora para ser e existir

DeboraCamposVazquez

(Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. Presidenta da Asociacion

InternacionaldeEstudosGalegos-AIEG)

Resume

Os blogs dos primeiro lustro do século foron mudando en muros nas redes sociais pero o

obxectivoéomesmo:construirdendeadiásporaunhapertenenzaeunvínculocoaterra,coa

súaxenteecoassúas instituciónsparareafirmarapresenzamáisaládopaísondesereside.

Cando o Estado semella estar en retirada, a comunicación horizontal é o mecanismo que

permite a moitos individuos e colectivos non perder a súa condición de actores políticos,

culturaisesociais.

Palabras chave:galegosnadiáspora,redes,comunicaciónhorizontal

Abstract

Blogs of the first lustrumhave been turning inwalls in the socialmedia but the goal is the

same: to build from the exodus a belonging and attachment to the land, its people and its

institutions to reaffirm the presence beyond the country where it resides. When the State

seems to be in retreat, horizontal communication is the mechanism that allows too many

peopleandgroupsnotlosetheirstatusaspolitical,culturalandsocialactors.

Keywords:Galicianpeopleinexodus,networks,horizontalcommunication

Haidousanos,máisoumenos,unnutridogrupodepersoasquecompartíanasclases

semanais do seu curso de lingua galega na cidade de Bos Aires, foron informadas sobre a

cancelacióndeseprograma.PasmadaseafeitasaosEstadosquenondanrespostas,decidiron

organizarse e reclamar. Mandaron cartas e asinaron peticións, conseguiron enderezos,

escribironmensaxesefixeronescoitaroseupedidoennonpoucosespazos.Presionaron.Con

insistencia, presionaron. E, ainda que os cursos non voltaron, o que gañaron foi certamente

máis importante:porunabanda,conformaronungrupodeestudoautónomoqueadiantana

súarelacióncoidiomadaGalizaaforzadeexercicios,lecturas,películaseactividadesqueeles

mesmosseprocuran.E,polaoutra,cobraronentidadepolíticatantonaterracomonacidadede

BosAires.SonOTerzodaFalaetodossabendasúaloitaaproldogalego.Comooconseguiron?

Comunicando.

A rede

Internetviviunosprimeirosanosdoséculoaemerxenciadunformatodecomunicación,

osblogsoubitácorasquepresentaronunhaposibilidadeexpresión,atéomomento,inaudita:a

capacidade de producir e publicar na rede sen ter (case) coñecementos informáticos. Estas

pequenaspublicacións,deedición individualenboapartedoscasos,supuxeronunauténtico

desafío metodolóxico para comprender os cambios sociais e comunicativos que as novas

tecnoloxíasestánainducirnassociedadescontemporáneas”,anotaronosintegrantesdoGrupo

de Investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, no seu

Page 2: Débora Campos Vázquez

50 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013

revelador traballo titulado “A blogósfera en galego: demografía, usos e contidos”17. Según o

documento que os investigadores composteláns asinaron no ano 2007, “na actualidade, existen

cando menos máis de 33 millóns de blogs no mundo”18. Deles, máis de 2 mil están escritos en

galego (dende dentro do territorio de Galicia pero tamén densde fóra del). A revolta que,

certamente, evidencia a irrupción destas páxinas persoais espallábase moito máis alá dos

aspectos tecnolóxicos e comunicativos: inclía xa daquela tamén unha nova meneira de

construción e expresión da identidade. Así, case en paralelo que o formato era analizado o

panorama cambiaba sen piedade. Deste xeito, apenas tres anos despois, a velocidade na

transformación dos soportes e das mecánicas deixou o formato do caderno online, se non en

desuso, cando menos reducido a unha poboación fiel de autores, a mans dun conxunto de

plataformas denominadas redes sociais.

Tanto aquelas primeiras experiencias de comunicación como as presentes plataformas

como o Facebook e o Twitter, provocaron un fantástico cambio nas comunidades de persoas

emigradas. Aínda que non existan demasiados estudos específicos, unha investigación

realizada pola profesora Abril Trigo para o caso da diáspora uruguaia pode achegar algunha

idea sobre esta transformación:

Al querer estudiar cómo se reconstruye la identidad nacional de los

migrantes,cómo se reconstruye la nación fuera del territorio nacional, cómo se

forma la diáspora y la comunidad transnacional, descubrimos que debíamos

incorporar en nuestro trabajo etnográfico un nuevo medio y contexto como el

ciberespacio. Es en él y a través de él es que, a pesar de la distancia física de los

migrantes, se desarrollan relaciones sociales, se construyen imaginarios y se

recrea la nación 19

Trigo no seu documento, deixa en claro que os individuos na diáspora buscan

“reterritorializar” ese espazo “desterritorializado” como estratexia para establecer vínculos

socias “reais” que lles permitan formar unha rede. Así, Internet é fundamental para a formación

destas comunidades no exterior pero, ademais, se constitúen nun ámbito central para a

construción de imaxinarios en torno a elas mesmas e as nacións ás que identifican como

propias.

Deste xeito, somos o que mostramos de nós xa que a idea dunha identidade de dominio público

acentúa o carácter colectivo e público da experiencia de publicar artigos nun blog ou

comentarios nun muro. Juan Varela xa o decía claramente:

En la Red somos lo que deseamos ser. Cada uno proyecta un yo perfeccionable, a

camino entre lo que somos y lo que anhelamos, sin el peso de la realidad y

liberados de la física de los átomos. Los bits son más maleables e infinitos. Es la

identidad de dominio público. Un yo construido como una personalidad (o

varias en función de intereses y comunidades) con la que relacionarse con los

demás y con el mundo de la sociedad de la información (público) de una manera

17 O grupo de investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela realizou cutro proxectos

de investigación financiados por organismos públicos e publicou oito libros relacionados co xornalismo

electrónico e coa arquitectura da información. A páxina do equipo de académicos é www.novosmedios.org. 18 Canabal, Silvia; Gago, Manuel; López, Xosé; Isasi, Antonio; Limia, Moisés; Pereira, José: “A blogósfera en galego:

demografía,usos e contidos”. En Blogs´06, Encontro de Blogs de Galicia e Portugal, organizado polo Consello da

Cultura Galega e celebrado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 2006. O traballo pode descargarse da

página www.novosmedios.org. 19 Trigo, Abril: “La patria cibernética”. Disponible no Archivo del Observatorio para la CiberSociedad en

hwww.cibersociedad.net/archivo/articulo.php?art=156. 2003

Page 3: Débora Campos Vázquez

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 51

abierta y transparente, en la que la mayoría de las personas ofrecen mucho

(dominio abierto y participativo, copyleft) de lo que tienen, piensan o son. Un

modo de controlar la privacidad de forma abierta y evitar los problemas de la

invasión de los datos y el Gran Hermano tecnológico. 20

Dous casos: Mulleres e Tercianos

A asociación civil Herbas de Prata xurdiu no ano 2007 en Bos Aires coa intención de

achegarse ás galegas da diáspora para pensar e traballar por e para elas. O colectivo está

integrado por persoas de todas as idades e de todas as profesións que, de xeito transversal ás

institucións e asociacións da colectividade galega na Arxentina e tamén fóra dela, buscan abrir

posibilidades de debate e proxectos colectivos enfocados nas galegas.

A súa intención de percorrer as institucións da colectividade levando actividades e

iniciativas diversas foi recibida con algo de sorpresa: non se entendía que alguén presentase

unha pertenza aberta, compartida. Con todo, o estilo agarimoso destas mulleres foi máis forte

que as desconfianzas iniciais e a calidade profesional do seu compromiso transformounas en

referencia na temática de xénero. Elas lembran aquela orixe:

En el año 2006, en el contexto de la visita oficial que A Xunta de Galiza hizo a

Buenos Aires, la Secretaria General de Igualdad de la Junta, que era parte de la

comitiva, visitó a un grupo de mujeres que se caracterizaba por la amplia

diversidad, sin más relación entre sus integrantes que la de estar todas ellas en

esa mañana en la Asociación Residentes de Vigo. (…) En aquel acto, la funcionaria

dijo algunas palabras y luego hizo algo poco habitual en estas tierras: en primer

lugar, opinó que la colectividad gallega en Buenos Aires era machista. No dijo

“masculina”. Usó la palabra “machista”. Y luego aclaró que venía no a hablar sino

a escuchar. Y preguntó: “¿Qué es lo que necesitan? ¿Qué es lo que quieren?

Quisiera saber qué piensan ustedes”. Las mujeres de más años casi no hablaron.

Muchos años sin ser escuchadas ya habían dejado en ellas una naturalización de

su silencio que no fue posible quebrar en una mañana. Pero las que siguen

luchando y rebelándose frente a la discriminación, frente a los no de todos los

días, frente a la ignorancia y el miedo que tantas veces generan las mujeres con

ganas y decisión, esas sí hablaron.

(…) De esa primera reunión, en la que se dejaron datos y correos electrónicos,

surgió una modesta lista virtual cuyas integrantes decidieron llamar en sus

comienzos Queremos Poder, como lazo de continuidad con aquellos pañuelos que

la funcionaria había traído en su primer encuentro. Transcurridos los meses, el

grupo no podía estar ajeno, en esta aldea global del siglo XXI, a la herramienta

más moderna que por estos tiempos conocemos: Internet y sus diversos

servicios. Fue entonces que una de las integrantes, colaboradora desde primera

hora, ofreció su profesionalismo en el diseño para montar un portal multimedia

interactivo propio que fue reflejando las diversas transformaciones que iban

transcurriendo en el mismo grupo de mujeres que a diario crecía. Entonces, el

portal www.herbasdeprata.com.ar pasó a convertirse no solo en un nuevo punto

de encuentro cibernético y virtual de gallegas residentes en las más diversa

partes del mundo, sino que además sirvió como punto de partida para un foro de

debate que llegó a congregar más de mil participantes.21

20 Varela, Juan: “Identidades de dominio público”. 6 de octubre de 2006, na súa páxina Periodista 21, dispoñible en

http://periodistas21.blogspot.com/2006/10/identidad-de-dominio-pblico.html. 21 Herbasdeprata.blogspot.com

Page 4: Débora Campos Vázquez

52 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013

Aquelas procuras iniciais foron acompañadas por un programa comunicacional

consciente e esforzado. As Herbas de Prata entendían que era determinante que as galegas na

diáspora souberan da súa existencia tanto como que na terra o seu nome rolase. Deste xeito,

implementaron un sistema de gacetiñas informativas que espallaban por todos os medios de

prensa e as radios que tiñan ao seu alcance: xornais arxentinos, publicacións da colectividade, e

prensa galega e española.

Deste xeito, Herbas de Prata deuse a coñecer publicamente cun acto celebrado,

precisamente, no Día Internacional da Muller do ano 2007. No salón da Asociación Mutualista

Residentes de Vigo, ateigado de persoas para as que non chegaron as máis de 120 cadeiras

previstas e con momentos de moita emoción, o colectivo lembrou ás emigradas que deixaron a

Galiza para construir unha Arxentina. A ocasión tamén deixou inaugurada unha tradición: a de

distinguir a dúas mulleres cada ano para salientar o seu traballo público ou privado. Eses

nomes xorden dunha votación aberta.

A irrupción do colectivo Herbas de Prata sementou unha delicada serie de

transformacións moi en sintonía coas que se poden apreciar na propia esfera estatal e política

do país que ten presidenta e non poucas ministras, tanto como gobernadoras e decanas e

reitoras.

Dende hai algún tempo, a meirande parte dos centros da colectividade galega celebran o

8 de marzo e buscan visibilizar ás súas mulleres máis alá dos prototípicos espazos adicados a

festas e a comisións de damas.

Por outra parte, Herbas de Prata foi convocada pola (daquela) secretaria xeral de

Igualdade da Xunta de Galicia como a asociación civil que implementase en Bos Aires o

programa ‘Tempo de mulleres’, creado no ano 2007 pola Xunta para que as mulleres puidesen

acceder a información sobre os seus dereitos e dinamizar a súa participación no

asociacionismo galego no exterior.

Na actualidade, o programa que conta con maior presencia son os obradoiros Cousas de

Mulleres que se desenvolven coa coordinación da psicóloga e profesora Patricia Alonso.

Trátase de encontros mensuais que teñen sitio en case que todos os centros da colectividade

nos que comezaron por traballar a autoestima e que, co paso dos anos, pasaron a conformarse

en xuntanzas de reflexión sobre o papel da muller.

Con xogos, teatralizacións, lecturas comúns e sobre todo moito goce, Alonso explica que

a intención do traballo é a de lograr un “fortalecemento interno e unha toma de conciencia da

importancia de ser parte desta sociedade. Asumir que somos tan importantes coma os homes,

nin máis nin menos, e dende ese punto chegarán os cambios”.

Ese vínculo próximo coas galegas de Bos Aires volveunas non poucas veces unha ponte

para otros profesionais. Foi o caso na investigación que deu orixe ao filme A cicatriz branca, da

documentalista e académica Margarita Ledo Andión. E tamén unha referencia na propia Galiza

na que os medios teñen retratado este traballo e dende onde as contactan. Porque existen e

son.

Outro caso, algo máis recente, é o do colectivo O Terzo da Fala. Conformado por avogados,

xubilados, arquitectos, estudantes, coñecéronse nas clases da lingua galega que promovía a

Xunta de Galicia. O escritor, xornalista e académico Víctor Freixanes deu conta do seu traballo

nun artigo publicado na súa columna Vento nas velas do xornal A voz de Galicia:

Cando a nova Administración por razóns económicas decidiu retirar os

profesores, non recuaron, organizáronse asembleariamente e xúntanse unha vez

á semana para seguir estudando, comentando libros, informándose da historia

dos seus avós, noticias da terra, música, libros. Como non acceden doadamente ás

lecturas que necesitan, utilizan fotocopias, e apáñanse coma poden. Tiven o honor

Page 5: Débora Campos Vázquez

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 53

de visitalos e compartir con eles unhas horas no Centro Lalín, onde noutrora por

certo se reunía clandestinamente Raúl Alfonsín cos seus seguidores, traballando a

prol da democracia, en plena ditadura dos militares22

Cunha lista de correo como lazo e unha reunión semanal na que non deixan de estudiar o

galego, o Terzo convertiuse nun interlocutor en Bos Aires e na Galiza. Infórmanse da realidade

do país (dos países, a decir verdade) e teñen boa conta das visitas galegas que chegan á

Arxentina. Entón, contactan cos escritores, funcionarios, músicos, académicos e os convidan a

visitalos no salón no que se reúnen para aprender deles.

So no que vai do ano 2013, recebiron á doutora en Filosofía María Xosé Agra Romero; a

vicepresidente da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos), Olga Castro; a profesora

María Pilar García Negro e Laura Eikilis, premiada en Frankfurt. Tamén se entrevistaron co

gaiteiro Carlos Nuñez.

Ademais, tamén neste ano, implementaron por primeira vez un ciclo de cinema aberto á

comunidade: Cine e churros ofrece un filme galego por mes para disfrutar e reflexionar. Até o

momento, proxectaron "El bosque animado" baseada na obra de Wenceslao Fernàndez Flórez,

"A Lingua dás Bolboretas" sobre contos de Manuel Rivas, e “Os mortos van á présa”. E

prometen que haberá moitas máis.

Non son os únicos. Non é a primeira vez que falo das tertulias do café Tortoni,

por exemplo, animadas por Débora Campos e Andrea CoBas. Antonio Pérez

Prado, recentemente falecido, presidía a asociación Os Gromos, tamén de xente

nova. O colectivo Xeito Novo traballa dende hai tempo cos mesmos obxectivos: a

pervivencia e continuidade da memoria dos galegos entre as novas xeracións de

emigrantes ou descendentes de emigrantes. O grupo Sete Netos leva a música

galega, mesturada con outras músicas celtas, polos escenarios do continente

americano (algunha vez estiveron en Galicia). Máis recentemente, creouse o

colectivo Herbas do Prata? Son algúns casos. Malia os que non o queren ver, a

Galicia exterior existe”, pechaba o seu artigo Víctor Freixanes.

Rematando

Só nos últimos sesenta días, chegaron aos nosos correos o pedido dun historiador na

procura dun vello centro lucense; o enlace a unha entrevista publicada na Galiza por unha

militante polos dereitos humanos na Arxentina; a referencia dunha moza galega que emigra a

Bos Aires e busca traballo. Un destes mails comezaba decindo: “Varias persoas

recomendáronme que me dirixira a Vostede para pregar información encol dun tema que estou

traballando”. Varias persoas que saben que aquí hai grupos e colectivos enlazados, informados,

cunha presenza activa na rede e aos que se pode contactar sen moito esforzo. Varias persoas

que entenden que, se o destinatario non sabe ou non pode, enlazará con outro ou con varios,

que pode que saiban botar unha man. Porque máis alá dos quilómetros de mar e de terra, todos

eles son galegos e, niso, hai un vínculo que reedita e reconstrúe esas relacións que moitos anos

atrás tamén valeron aos seus ao chegar ao novo país.

22 Freixanes, Victor. O Terzo da Fala. En La Voz de Galicia de 1 de maio de 2010. Pode leerse aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/05/02/0003_8456453.htm