de maio a maiomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/paxinas_03-20132.pdf · cabe salien-tar que, desta...

4
e socias e houbo achegas para poder pagar a súa edición, aos que agradece a súa colaboración, así como a achega do Grupo Marcelo Macías de Ourense. Ao remate da asemblea foi inaugurada a VII edición da exposición Entre amigos. Fotografía etnográfica das socias e so- cios do MPG, nesta ocasión con máis dun cento de fotos e dedicada a Vicente Risco no cincuentenario da súa morte. En canto á asemblea do Padroado, pro- cedeuse tamén á elección da metade dos cargos da Xunta Reitora, resultando reelixidos D. Francisco Javier Sanjiao Otero xuño 3/2013 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores como secretario e, como vocais, D. Manuel Caamaño Suárez, Xunta de Galicia (institu- cional) e Concepción Losada Vázquez. A asemblea aprobou a liquidación do or- zamento do exercicio 2012, e asemade o orzamento para o ano en curso, que en decembro quedara pendente de que se concretase a asignación da Xunta de Galicia. Os recursos previstos ascenden á cantidade de 484.311,27 euros, o que supón unha redución do 4,3% verbo dos orzamentos do ano pasado. Cabe salien- tar que, desta cifra, os ingresos propios representan o 33,1% xuño 1 O pasado mes de maio celebráronse asembleas ordinarias de Socios e de Padroado. Na primeira foron elixidos novos repre- sentantes dos socios e socias no Padroa- do: Esperanza Delgado Rosende, Xosé Manuel González Monje, Iago Isasi Freire, Monserrat Serodio Alonso e Mª Mercedes Vega Cerqueiro, esta última tamén elixida como representante na Xunta Reitora. Os novos representantes, xuntos cos xa electos anteriormente (María Abellei- ra Fontán, Maribel Iglesias Baldonedo, Estefanía Lodeiro Paz, Eduardo Otero Iglesias e Xaquín Penas Patiño) xun- táronse coa intención de continuar coas actividades que viña desenvolvendo a Oficina de Socios, ampliar o marco de actuacións e buscar novas propostas de participación no Museo. Desde aquí fan unha chamada a todas as socias e socios para que se animen a participar e colaborar máis activamente na vida do Museo. Para comunicarse con ela tendes á vosa disposición a conta de correo [email protected] No punto correspondente ao informe da Oficina dos Socios presentouse número 7 de ADRA, Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, publicado no ano 2012, xa que no ano 2011 non se puidera facer por non dispoñer de recur- sos. Fíxose un chamamento aos socios De maio a maio Esperanza Delgado, Eduardo Otero e Fani Lodeiro, representantes electos das socias e socios do Museo .

Upload: phamkhanh

Post on 10-Feb-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

e socias e houbo achegas para poder

pagar a súa edición, aos que agradece

a súa colaboración, así como a achega

do Grupo Marcelo Macías de Ourense.

Ao remate da asemblea foi inaugurada a

VII edición da exposición Entre amigos.

Fotografía etnográfica das socias e so-

cios do MPG, nesta ocasión con máis

dun cento de fotos e dedicada a Vicente

Risco no cincuentenario da súa morte.

En canto á asemblea do Padroado, pro-

cedeuse tamén á elección da metade

dos cargos da Xunta Reitora, resultando

reelixidos D. Francisco Javier Sanjiao Otero

xuño 3/2013

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.es n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

como secretario e, como vocais, D. Manuel

Caamaño Suárez, Xunta de Galicia (institu-

cional) e Concepción Losada Vázquez.

A asemblea aprobou a liquidación do or-

zamento do exercicio 2012, e asemade

o orzamento para o ano en curso, que

en decembro quedara pendente de que

se concretase a asignación da Xunta de

Galicia. Os recursos previstos ascenden

á cantidade de 484.311,27 euros, o que

supón unha redución do 4,3% verbo dos

orzamentos do ano pasado. Cabe salien-

tar que, desta cifra, os ingresos propios

representan o 33,1%

xuño 1

O pasado mes de maio celebráronse asembleas ordinarias de Socios e de Padroado.

Na primeira foron elixidos novos repre-sentantes dos socios e socias no Padroa-do: Esperanza Delgado Rosende, Xosé Manuel González Monje, Iago Isasi Freire, Monserrat Serodio Alonso e Mª Mercedes Vega Cerqueiro, esta última tamén elixida como representante na Xunta Reitora.

Os novos representantes, xuntos cos xa electos anteriormente (María Abellei-ra Fontán, Maribel Iglesias Baldonedo, Estefanía Lodeiro Paz, Eduardo Otero Iglesias e Xaquín Penas Patiño) xun-táronse coa intención de continuar coas actividades que viña desenvolvendo a Oficina de Socios, ampliar o marco de actuacións e buscar novas propostas de participación no Museo.

Desde aquí fan unha chamada a todas as socias e socios para que se animen a participar e colaborar máis activamente na vida do Museo. Para comunicarse con ela tendes á vosa disposición a conta de correo [email protected]

No punto correspondente ao informe da

Oficina dos Socios presentouse número

7 de ADRA, Revista dos socios e socias

do Museo do Pobo Galego, publicado

no ano 2012, xa que no ano 2011 non se

puidera facer por non dispoñer de recur-

sos. Fíxose un chamamento aos socios

De maio a maio

Esperanza Delgado, Eduardo Otero e Fani Lodeiro, representantes electos das socias e socios do Museo .

xuño 2

Un ano máis, na asemblea de Socios im-púxose a insignia de prata do Museo ás persoas que, desde hai 25 anos, veñen apoiando a institución. En 2013 correspon-deulles recibir a insignia e o testemuño da nosa gratitude ás socias e socios incorpo-radas en 1988:

ÁLVAREZ-UDE DE LA TORRE, XAIMEAMIGO SEISDEDOS, Mª RITABARCIA BALIÑAS, DANIEL

2013 vén sendo abundante en recoñecemen-tos ao labor do Museo. Seguindo unha orde estritamente cronolóxica, temos que referir os seguintes:

A Real Academia Gallega de Bellas Artes, en sesión plenaria do 27 de abril, acordou conce-der a Medalla de Honor ao Museo do Pobo Galego, recoñecendo a loita que a nosa insti-tución vén levando a cabo, desde a súa funda-ción en 1976, na investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega en todos os ámbitos, concedendo unha especial importancia aos aspectos antropolóxicos do pobo galego. Tiveron en conta os académicos que este labor “se ha consolidado continua-mente y recibe el apoyo de las instituciones, del mundo empresarial y, sobre todo y de ma-nera muy decidida, de la ciudadanía”.

Tamén o Centro Galego de Barcelona, que decidiu facernos depositarios de dúas impor-

Igual que o ano precedente, en 2012 incor-porouse un grupo nutrido de novas socias e socios. Son cincuenta e catro persoas e dúas entidades as que responderon ao esforzo que entre todas e todos vimos fa-cendo por achegar novos apoios para o Museo. Sabemos que desde o colectivo non se esquece a necesidade de seguir porfiando nesta procura de apoios. Grazas a isto, neste ano tamén se van rexistrando incorporacións regulares.

Damos cordialmente a benvida a:ABELLEIRA GONZÁLEZ, NÁVIAACUÑA TRABAZO, ANAALONSO LÓPEZ, ANA I.ANDRADE CALVO, JOSÉ MANUELARES PÉREZ, XOSÉ CARLOSARIAS RODRÍGUEZ, Mª ELENABABÍO ARCAY, Mª ROSARIOBAS LÓPEZ, CARMENBAS LÓPEZ, JONBAS LÓPEZ, JUNCAL

CONCELLO DE VERÍNCOSTA BUJÁN, PABLOGARCÍA-RODEJA GAYOSO, Mª DEL PILARINST. BACH. “EDUARDO PONDAL”JUEGA PUIG, SANTIAGOLANDEIRA GARCÍA, AGOSTIÑOLESTÓN GONZÁLEZ, RAMÓNMEIJIDE GONZÁLEZ, MANUELMOSTEIRO MARTÍNEZ, Mª ISABELPÉREZ BROCOS, MANUELPILLADO MAYOR, FRANCISCO

tantes distincións entre as moitas que leva re-cibido esta máis que centenaria institución dos galegos na capital catalá, acordou concederlle ao Museo a súa Medalla de Ouro, que recibiu o presidente do Padroado nun acto celebrado o 18 de maio na cidade condal.

Por último, a Irmandade Moncho Valcarce, que celebra este ano o 20 aniversario do falecemento deste crego, que dedicou a súa vida a loitar po-los máis débiles e defender a identidade de Gali-cia como pobo, acordou outorgarlle ao Museo o Premio Moncho Valcarce pola Promoción da Terra, pola súa dilatada e inxente labor na exal-tación e promoción da nosa identidade en todos os campos que nos identifican como pobo. A entrega terá lugar sábado 31 de agosto.

O colectivo de persoas e entidades que forma o MPG agradece fondamente estes recoñece-mentos, que tanto nos alentan para proseguir no noso labor.

BAS LÓPEZ, SANTIAGOBELLO GARCÍA, JOSÉ ANTONIOBERAMENDI CONDE, MARTABERAMENDI LEDO, BRUNOBERAMENDI LEDO, MARIOBUDIÑO GASAMÁNS, Mª DOS MILAGRESCEBEY NOYA, Mª CARMENCOLLANTES POU, JUANCOLQUHOUN, IAINCORZÓN LEISES, MARÍA DOLORESDÍAZ FERNANDEZ, FERNANDODÍAZ GONZÁLEZ, LEONORDÍAZ JUBLIN, ALICIADIOS OTERO, VÍCTORESPADA SEOANE, ÁNGELFERNÁNDEZ GÜIMIL, Mª LUÍSAFERRERO BAS, PAULAGARCÍA GESTO, ANA BELÉNGÓMEZ LÓPEZ, BERTAGÓMEZ SÁNCHEZ, FCO. JAVIERGÓNZALEZ GURRIARÁN, Mª JESÚSLEDO ANDIÓN, RAMIROLIÑARES BELLO, MONTSE

QUIROGA BARRO, GABRIELREY BARREIRO, JUAN CARLOSREY SEARA, EUSEBIOSÁNCHEZ SALVADO, AGUSTÍNVÁZQUEZ ANGUEIRA, JULIOVILARIÑO VARELA, X. BRAULIOVILLAVERDE LÓPEZ, Mª LUZ

LÓPEZ BEIRAS, CARMENLÓPEZ LÓPEZ, IRENELÓPEZ VILARIÑO, Mª LUÍSAMÉNDEZ NAYA, ISABELMUNÍN PAMPÍN, JOSÉ FERNANDONANTES GONZÁLEZ, FERNANDONOGUEIRA POL, EVARISTOOTERO LÓPEZ, JOSÉ MANUELPENALTA LORENZO, Mª SOLEDADPÉREZ-CARRO GARCÍA, ANDRÉSPINTOS BARREIRO, JUANPORTO RUZA, ANARÍOS PANISSE, ADELARODRÍGUEZ HOLGUÍN, SOCORROSANTAMARINA CABANA, CIDRESANTOS PÉREZ, MARTATATO CENDÓN, ADRIÁNTRIVIUM S.LTUBÍO FERREIROS, Mª DE LOS ÁNGELESVÁZQUEZ GARCÍA, PATRICIAVÁZQUEZ JIMÉNEZ, FERNANDO JAVIERVICENTE “ROXO”, MANUELZURRÓN OCIO

25 ANOS EN 2013

RECOÑECEMENTOS AO MUSEO

NOVOS SOCIOS E SOCIAS

>>

>>

>>

Justo Beramendi recibe de mans do presidente, Manoel Carrete, a medalla de ouro do Centro Galego de Barcelona.

xuño 3

I Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura

O 15 de xuño tivo lugar o primeiro Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. A idea da celebración deste Foro está, por un lado, en abrir un debate sobre o que a cultura propia pode axudar ás empresas a desenvolver a súa actividade e darlle prestixio; por outra, abrir un debate sobre o papel das empre-sas no artellamento da cultura galega, in-tentando estreitar os lazos entre estas e as estruturas culturais por medio de realzar a importancia da súa achega á construción cultural e facerlles ver a necesidade da súa colaboración.

O acto foi inaugurado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univer-sitaria, Jesús Vázquez Abad, e clausurado por Manuel Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación, en ausencia do con-selleiro de Economía e Industria.

A xornada deu comezo cunha exposición de Anne-Laure Halphen, representante do Institut Supérieur des Métiers, quen falou da etiqueta francesa de Patrimonio vivo como unha marca de recoñecemento por parte do estado para distinguir o bo facer do traballo artesán.

MaravIñas. Quintana Martelo

11 xullo-1 setembro 2013

Organiza: Museo do Pobo Galego. Colabora: Concello de Poio

Manuel Quintana Martelo realiza un con-cienciudo estudo en torno á figura de Ma-nuel Viñas, un pescador de Campelo, en Poio. A serie, formada por incipientes bos-quexos e acabados debuxos así como por escaiolas e bronces de distinto formato, permite internarse nunha obra determinada pola singularidade figurativa e unha marca-da cadencia de formas e ritmos.

Nin os pequenos papeis, magoados polas notas espontáneas ou as moutas cromáti-cas que se pousan sobre eles, nin seque-ra os rudos moldes de escaiola, actúan só como mecanismo de impulso. Máis alá de razóns artísticas ou de aplicacións de ma-teriais, a investigación do autor intérnase, a través de estudos anatómicos, expresións, pegadas, actitudes... do retratado, nun te-rritorio que, abordando o espectro físico e psicolóxico deste experimentado traballa-dor do mar, acábase por introducir no do-minio do antropolóxico.

O Concello de Poio, socio do MPG, presta o seu respaldo institucional para que un proxecto tan singular poida presentarse ao público.

O diálogo creador. Deseño e tradición cultural

18 xullo-5 setembro 2013

Organiza: ESDEMGA – Universidade de Vigo e Museo do Pobo Galego

Un itinerario no que pezas de deseño e moda contemporánea dialogan coa colec-ción do MPG. O proxecto, comisariado por Lola Dopico e Silvia García, presenta traba-llos de Manuel Bolaño, José Castro, Sara Coleman, Anna Champeney, D-Due, Eferro, Isabel Mastache, Silvereira e Sarai Fernán-dez Marqués.

Colaboran na mostra a Xunta de Galicia, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e Tracker laboratorio visual.

ACTIVIDADES

EXPOSICIÓNS

>>

>> >>

Inauguración do Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. De esq. a dta.: Xosé Díaz Arias, Jesús Vázquez Abad, Justo Beramendi e Lino Lema

Por parte galega presentaron a súa experiencia Argimiro Leboso, da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro–Viña Costeira, o deseñador Juan Ares, Xerardo Triñanes, de Asteleiros Triñanes Do-mínguez, e Salvador Vázquez, de Rei Zentolo.

Para rematar a xornada contamos coa ex-periencia portuguesa dos lenços de namo-rados por parte da Aliança Artesanal de Vila Verde, representada por Paula Isaías.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego. San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostela

tel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.es · correo electrónico: [email protected]

xuño 4

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

Aluminios Cortizo, socio patrocinador http://www.cortizo.com/

Aluminios Cortizo é unha empresa fundada en Padrón en 1972, sendo actualmente o primeiro fabricante e distribuidor de sistemas de aluminio para a construción de España e con presenza en 29 países. Parte da súa estratexia de expansión e crecemento está baseada na investigación, deseño e aplicacións tecnolóxicas que se realizan desde o seu propio Centro Tecnolóxico.

Cooperativa Agraria provincial da Coruña, socio protectorhttp://www.capcoruna.com

A Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (CAP) ten a súa orixe nas antigas UTECO. Nace en 1980 para prestar ás explotacións agrarias ser-vizos de asesoramento técnico e de xestión, coa intención de favorecer a

súa mellora técnica e de rendementos. A súa é unha aposta pola efectivi-dade do sector lácteo galego e pola importancia do mesmo para manter o tecido social.

Desde 2009 xestiona a granxa O Cancelo, en Miño. Desde aquí submi-nistra directamente ao consumidor o seu leite fresco, así como xeados artesáns elaborados; mantén igualmente unha aula de divulgación desde a que trata de transmitir á sociedade a importancia do sector lácteo a nivel social, económico e medioambiental.

PATROCINADORESAluminios Cortizo S.A.Engasa Energía de Galicia S.A.Fundación La Rosaleda

SOCIOS PROTECTORESBeiras García-Martí, EduardoCooperativa Agraria Provincial da CoruñaCooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Viña Costeira

Fundación Rodríguez IglesiasGadisa Retail S.L.U.Galivalia. Avogados e consultoresI.X.P. Ternera GallegaJ.J. ChicolinoMadeiras Ornanda

O 16 Casa de XantarProgando S.L.R cable e telecomunicacións Galicia S.A.Restaurante La Bodeguilla de San Roque Restaurante María Castaña

>> >>

Premios

Vaia, en primeiro lugar, a felicitación ao patrón Salvador García-Bodaño Zunzunegui pola concesión do VI premio Voz da Liberdade ou-torgado polo Centro Pen Galicia en recoñece-mento á súa defensa da liberdade de expresión.

Expresamos igualmente os nosos cordiais parabéns ao patrón Clodio González Pérez pola concesión dun dos premios Lois Peña Novo, outorgados pola Fundación do mes-mo nome, pola súa traxectoria profesional no eido da historia e etnografía galegas. Estes premios outórganse a colectivos, entidades ou persoas que co seu traballo fan que a lin-gua galega se consolide na vida institucional e social de Galicia.

Un dos socios máis recentes do Museo, Ja-vier Fernández-Catuxo, recibiu o premio Europa Nostra pola súa obra Supra Terram Granaria. Hórreos, cabazos y otros graneros en el límite de Asturias y Galicia. Dez anos de traballo, con máis de cinco mil construcións

documentadas, plásmanse neste volume edi-tado polo Muséu del Pueblu d’Asturies, e que o autor doou á nosa biblioteca.

Felicitamos tamén ao patrón Xosé Carlos Sierra Rodríguez, como director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, pola mención de honor do comité técnico do III Premio Iberoamericano de Educa-ción e Museos outorgado por Ibermuseos, aca-dado polo proxecto Museo Aberto que promove o manexo do patrimonio cultural como ferramen-ta de acción social.

NecrolóxicasCon moito atraso soubemos do pasamento de Dª Josefa Trigo Freire, que se fi xo socia do Museo en 2001 e faleceu o 26 de novembro de 2012 á idade de 92 anos. Seu sobriño Iago Villa-mil Cajoto, que nos comunicou a infausta nova, toma o testemuño e pasa a ser socio conser-vando o número de orde que tiña súa tía.

Igualmente temos que comunicar o pasamento do socio Argimiro Carregal Dacosta, trasla-dando á súa familia as nosas condolencias.

Galicia consegue o dominio .galA Asociación Puntogal, á que o Museo se adheriu desde o inicio, acadou o obxectivo de que Galicia teña un dominio de seu na rede. O pasado 14 d e xuño o ICANN aprobou o recoñecemento do dominio .gal

Congratulámonos e felicitamos á directiva da Aso-ciación Puntogal por este logro longamente perse-guido. O MPG vai emprender en canto sexa posi-ble os trámites para incorporar este novo dominio.

Máis información en www.puntogal.org

CON NOME PROPIO

Para bailar veño eu! Xornada de achegamento ao baile tradicional

20 de setembro de 16h00 a 19h30

A xornada está orientada a persoas adultas sen coñecementos previos. Os contidos tratarán de recoller esa parte festiva da nosa cultura a través dun dos bailes máis representativos: a Muiñeira. O contexto

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL

>> social e a súa evolución tocaranse a través da música e dos pasos concretos para bailala. A xornada vai estar dirixida pola educadora do Museo, Carme Campo, que conta con ampla experiencia neste campo.

Para inscribirse ou obter máis información poñerse en contacto con Educación e Acción Cultural [email protected].

Clodio González Pérez na recepción do Premio Lois Peña Novo, no patio de armas do castelo de Soutomaior.